admisión e matrícula 2013 2014

11
ESO/BACHARELATO

Upload: ies-francisco-asorey

Post on 30-Mar-2016

232 views

Category:

Documents


13 download

DESCRIPTION

DATAS ADMISIÓN E MATRICULA 2013 - 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Admisión e matrícula 2013 2014

ESO/BACHARELATO

Page 2: Admisión e matrícula 2013 2014

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014

ESO ADULTOS

ADMISIÓN

1-15 Xuño de 2013

MATRÍCULA

1-15 Setembro de 2013

¡¡IMPORTANTE!!

Na ESO para persoas ADULTAS, non existe a Reserva Automática,

polo que todo o alumnado que desexe continua-los seus estudos por

este réxime, deberá solicita-la admisión en tempo e forma, en cada

curso académico.

Page 3: Admisión e matrícula 2013 2014

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014

ESO/BACHARELATO

ADMISIÓN

Prazo finalizado

MATRÍCULA

ORDINARIA 25 Xuño – 10 Xullo de 2013

(Só alumnado que superou tódalas materias na convocatoria de xuño)

EXTRAORDINARIA 1-10 Setembro de 2013 (Resto de alumnado)

Page 4: Admisión e matrícula 2013 2014

PCPI

(Modalidade C-Mixta)

Page 5: Admisión e matrícula 2013 2014

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014

PCPI (Modalidade C-Mixta)

ADMISIÓN e MATRÍCULA

Pendente de Convocatoria (Previsiblemente no mes de Setembro)

REQUISITOS:

TER entre 15 e 21 anos cumpridos no ano de inicio do programa.

NON ter obtido o título de graduado en ESO.

NON ter cursado con anterioridade outro PCPI.

TER Autorización para a incorporación a un PCPI, no seu caso.

Page 6: Admisión e matrícula 2013 2014

FORMACIÓN

PROFESIONAL

Page 7: Admisión e matrícula 2013 2014

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014

FORMACIÓN PROFESIONAL

Probas Acceso a Ciclos

Prazo finalizado

ADMISIÓN Procedemento Xeral Alumnado de novo ingreso

Pendente de Convocatoria (Previsiblemente do 17 Xuño – 2 Xullo de 2013)

MATRÍCULA Procedemento Xeral Alumnado de novo ingreso

Pendente de Convocatoria (Previsiblemente 2ª Quincena Xullo de 2013)

Continúa...

Page 8: Admisión e matrícula 2013 2014

ADMISIÓN E MATRÍCULA 2013/2014

FORMACIÓN PROFESIONAL

...Continuación... Só Alumnado deste Centro Caso A: •Alumnado que teña que repetir 1º Curso.

Deberán participar no Procedemento Xeral. Éste está centralizado na Dirección Xeral de FP, polo que NON se admitirá ningunha solicitude presentada despois das 13:00h. do último día do prazo de admisión.

Caso B: •Alumnado que promociona de 1º a 2º Curso. •Alumnado que teña que repetir 2º Curso. •Alumnado que deba cursar só o módulo de FCT en período extraordinario.

Deberán formaliza-la matrícula neste Centro antes do día 10 de Xullo. Quen non o faga neste prazo, perderá o seu dereito preferente á matrícula, e deberá participar nun novo proceso de Admisión.

Caso Especial (MOI IMPORTANTE): •Para todo o alumnado.

Tódolos alumnos dispoñen dun máximo de 4 convocatorias, para superar cada un dos módulos que compoñen o ciclo formativo; agás no módulo de FCT, en que se disporá de 2 convocatorias como máximo. Quen logo de terse matriculado no mesmo curso dun ciclo e no mesmo centro dúas ou máis veces, deba repetir o mesmo curso por 3ª ou 4ª vez, non poderá facelo no mesmo Centro onde cursou as anteriores. Este alumnado deberá solicita-la matrícula nun Centro distinto, dacordo cos prazos establecidos no Procedemento Xeral. Nembargantes, se nalgún momento do procedemento, o Ciclo é liberado pola Dirección Xeral de FP, o alumnado que estea neste caso poderá solicita-la matrícula no mesmo Centro por 3ª ou 4ª vez, sempre e cando existan prazas dispoñibles.

Page 9: Admisión e matrícula 2013 2014

AXUDAS ESO

Page 10: Admisión e matrícula 2013 2014

AXUDAS ESO

Adquisición libros de texto

PRAZOS: •25 Xuño – 26 Xullo (ordinario)

•2 Setembro – 2 Outubro (extraordinario)

LUGAR: Na Secretaría do Centro docente onde o alumno estea matriculado.

REQUISITOS: •Non repetir curso. •Ser pai, nai ou titor legal dun alumno matriculado na ESO. •Non estar incurso nas prohibicións de obter a condición de beneficiario recollidas na lei. •Ter una RENDA PER CAPITA familiar (referida ó ano 2011) inferior a 9.000€ anuais.

www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria

Continúa...

Page 11: Admisión e matrícula 2013 2014

AXUDAS ESO - Adquisición libros de texto

DOCUMENTACIÓN: Para tódolos solicitantes: •Solicitude cuberta e asinada por tódolos membros da unidade familiar maiores de idade (nos supostos de separación ou divorcio, poderá omitirse a sinatura do proxenitor que non teña a custodia do menor). •Copia do libro de familia ou Certificado de convivencia referido á situación familiar a día 31 decembro 2011. Casos específicos: •Copia da Sentenza xudicial de separación ou divorcio. •Certificado de defunción dalgún dos proxenitores, no seu caso. •Certificado de discapacidade igual ou superior ó 33% referido a 31 decembro 2011. •No caso de situación de violencia de xénero no ámbito familiar: Documentación xustificativa. •No caso de alumnado tutelado pola Xunta de Galicia, non será preciso presentar ningunha documentación, agás o impreso de solicitude.

Determinación da Unidade Familiar e da RENDA PER CAPITA: Considéranse membros da unidade familiar, con referencia desta situación a 31 decembro 2011: •Os pais non separados legalmente, ou os titores legais do menor. •Os fillos menores de idade agás os emancipados. •Os fillos maiores de idade discapacitados ou incapacitados suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada. •Os fillos solteiros menores de 25 anos que convivan no domicilio familiar. A RENDA PER CAPITA, calcúlase sumando os ingresos de tódolos membros da Familia durante o ano 2011, e divindo a cantidade obtida entre o número de membros da Unidade Familiar a día 31 decembro 2011.

Máis Información: 981546521 881997385 981547301 981546516 981546523

Continúa... www.edu.xunta.es/web/gratuidadesolidaria