actividades da biblioteca durante o … · web viewa biblioteca é concebida no noso centro como un...

17
ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O CURSO 2012-2013 A biblioteca é concebida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos de ensinanza e aprendizaxe e pon á disposición de todos os fondos documentais existentes en calquera soporte para facer un uso eficaz destes. O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar o hábito lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos relativos ao mundo da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos espazos máis apropiados para o cumprimento de tal fin. A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala, información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental ou acceso a internet…) contribuímos á adquisición das competencias básicas tentando asemade de integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos xeitos de facer de profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado. Deste xeito, o uso da biblioteca e o Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas como un importante recurso para a consecución dos obxectivos e o desenvolvemento das competencias básicas do alumnado en todos os niveis e ciclos. As actividades levadas a cabo desde a Biblioteca Escolar contribuíron a desenvolver as competencias básicas do alumnado, a difundir o fondo documental e a suscitar no alumnado o interés pola lectura como fonte de pracer e como un recurso para aprender. O noso proxecto

Upload: nguyennga

Post on 04-Jul-2018

214 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

ACTIVIDADES DA BIBLIOTECA DURANTE O CURSO 2012-2013

A biblioteca é concebida no noso centro como un espazo ao servizo dos procesos

de ensinanza e aprendizaxe e pon á disposición de todos os fondos documentais existentes

en calquera soporte para facer un uso eficaz destes.

O obxectivo do Equipo da Biblioteca Escolar é difundir o fondo documental e suscitar

o hábito lector a través do préstamo bibliotecario e dar a coñecer todos os aspectos

relativos ao mundo da lectura e da cultura en xeral empregando a biblioteca como un dos

espazos máis apropiados para o cumprimento de tal fin.

A través dos servizos que prestamos e das actividades desenvolvidas (lectura en sala,

información, exposicións, posta en práctica do plan lector, préstamos, proxecto documental

ou acceso a internet…) contribuímos á adquisición das competencias básicas tentando

asemade de integrar a cultura impresa e a cultura dixital, xunto coa Comisión de TIC´s, nos

xeitos de facer de profesorado e nas prácticas de aprendizaxe do alumnado. Deste xeito, o

uso da biblioteca e o Plan Lector figuran nas Programacións Didácticas como un importante

recurso para a consecución dos obxectivos e o desenvolvemento das competencias básicas

do alumnado en todos os niveis e ciclos.

As actividades levadas a cabo desde a Biblioteca Escolar contribuíron a desenvolver as

competencias básicas do alumnado, a difundir o fondo documental e a suscitar no

alumnado o interés pola lectura como fonte de pracer e como un recurso para aprender.

O noso proxecto

“Unha viaxe no tempo”

O mencionado proxecto implicou, un ano máis, a todo o alumnado e persoal docente.

Este ano traballamos os diferentes aspectos da evolución do ser humano ao longo da

Historia: a vivenda, a vestimenta, incidindo na evolución e importancia ao longo da Historia

da escritura e do libro. As adaptacións metodolóxicas e os contidos foron adaptados por

cada titor/a según a idade dos seus alumnos/as.

Desde o inicio da posta en marcha do proxecto “Unha viaxe no tempo” seleccionouse

un determinado número de libros divulgativos sobre as diferentes etapas da Historia para

que alumnado poidese ter un fácil acceso a ese tipo de información e xerase neles o interés

por ese tipo de lecturas.

Delimitouse un espazo suficientemente amplo no primeiro andar do edificio de aulas para

colocar un panel adicado a cada unha das épocas históricas onde expor os resultados das

investigacións. Debaixo de cada imaxe colocase unha pequena lenda a xeito de pé de foto.

Un panel central dá título ao proxecto.

Seleccionárose por parte do Equipo de Biblioteca unha serie de imaxes, unha para cada

aula e para cada fase das catro nas que se desenvolveu o proxecto. Cada imaxe vai

acompañada dunha pequena cartolina onde se escribirá o texto que resulte froito da

pescuda. Achegouse tamén unha carta asinada por Xulieta (a mascota da biblioteca)

animando a todos a participar nesta “viaxe”. Gárdase todo nun sobre convenientemente

rotulado e destinado a cada titoría de Infantil e de Primaria.

A imaxe e máis o seu pé de foto pegaranse no taboleiro correspondente.

En relación ao tema do proxecto un gran número de titorías elaboraron murais e outros

traballos para ambientar os espazos do colexio.

Paralelamente ao desenvolvemento deste proxecto de investigación leváronse a cabo as

seguintes actividades e accións para fomentar os obxectivos marcados:

Recepción dos carteis que publica a Consellería de Educación para o fomento da lectura e

colocación dos mesmos en lugares visibles da biblioteca e outros lugares do colexio.

Solicitude, recepción e reparto de mochilas para préstamo entre todo o alumnado de

Educación Infantil.

Celebración do “Día Internacional da Bilbioteca Escolar”:

- Difusión entre o profesorado da importancia desta celebración.

- Convocatoria dun I Certame de lemas e eslogans para animar a facer uso da biblioteca. A

actividade contou cun amplo respaldo do profesorado e alumnado tanto de Educación

Infantil como de Educación Primaria. Os traballos foron expostos na biblioteca e outros

lugares do colexio.

Comunicación a través dunha tarxeta da concesión do Premio Nacional de Poesía a Antonio

Carvajal. Acompañouse dun seu poema para fomentar a lectura de poesía na aula.

Conmemoración da Semana da Literatura de Tradición Oral entre o 12 e o 16 de novembro.

Comunicouse tamén que nun dos andeis expositores haberá unha selección de libros

relacionados con este xénero literario (adiviñas, trabalinguas, contos populares, chistes,

etc.)

Celebración da Semana da Ciencia baixo o lema “Xulieta con Ciencia”.

Realizouse unha selección de libros científicos dos que conta o fondo da biblioteca para a

súa lectura e consulta en sala.

Creación dun tríptico informando da concesión do Premio Cervantes 2012 a José Manuel

Caballero Bonald. Fíxose eco tamén da concesión do Premio Cervantes Chico a Jordi Serra

i Fabra.

Visita do Moucho Leroucho para contar un conto ao alumnado de Educacion Infantil. Esta

actividade desenvólvese na biblioteca.

Un ano máis, a celebración do Entroido relacionouse co título do noso proxecto, polo que

cada nivel acudiu ao colexio disfrazado segudo a vestimenta da época histórica asignada.

O desfile puxo no pavillón do colexio a secuenciación histórica e a

evolución de determinadas formas de vestir ao longo da Historia así como

música relacionada con cada unha das épocas.

Elaboración dun tríptico sobre Rosalía de Castro editado cos recursos do centro e da

biblioteca o día 24 de febreiro co gallo da publicación de “Cantares Gallegos”. Contén

información sobre a importancia da autora, Da súa obra “Cantares Gallegos”, un poema e

referencias da rede para afondar na súa figura.

Instalación, a carón da porta da bibloteca dun mural titulado “Libros con historia”. Tratábase

de suscitar o interese sobre a lectura de libros con base histórica.

O alumnado, en relación co título do proxecto e a época histórica que tiveron que investigar,

recrearon unha cova prehistórica.

Cómpre sinalar que durante este trimestre tiveron especial significación as actividades

relacionadas coa celebración do Día do Libro.

a. Elaboración dun tríptico.

b. Confección dun gran cartel a carón da biblioteca : “Abril: mes do libro”.

c. Maratón de lectura . Lectura de todo tipo de textos por parte de todo o alumnado do centro

a través da megafonía durante un anaco de tempo do adicado á “hora de ler” desde

mediados de abril ata o mes de maio.

d. Recreos con lectura . Durante a semana do 22 ao 26 de abril varios grupos de alumnos

leron durante o recreo na biblioteca unha selección de pequenos fragmentos elixidos por

eles mesmos ou ben polos seus mestres. Contouse tamén co apoio do equipo de biblioteca.

Para dar a coñecer estas dúas actividades tamén

se instalou un panel con horarios e fotos dos

lectores dos recreos no exterior da biblioteca.

e. Biblioteca móbil . Durante todo o mes de abril trasladouse ao patio, durante a hora de

recreo, un caixón con libros para a súa lectura no espazo exterior.

f. Exposición no interior da biblioteca dunha selección da meirande parte das novidades

adquiridas este curso. Situouse nunha mesa diferenciada das demais nun lugar ben visible

da biblioteca.

g. Feira de libros . Levouse a cabo o día 16 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas.

A actividade contou coa colaboración imprescindíbel do Equipo de Dinaminación Lingüística

e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares. A decoración do salón de

actos baseada na confección de bandeiriñas coa cara de Roberto Vidal Bolaño e os murais

foron elaborados polos alumnos e alumnas do colexio en cada unha das titorías.

O proceso foi o seguinte:

Solicitamos por escrito ás familias que os seus fillos ou fillas trouxesen da casa dous libros

como máximo para intercambiar na feira polo/s doutro neno ou nena. Os libros usados ou

non deben estar en bo estado, A actividade ten un carácter voluntario e que os libros non

serían recuperados xa que pertencerán a outro neno ou nena unha vez trocados na feira.

O equipo de biblioteca encargouse de recollelos e clasificalos.

Os días anteriores preparamos unha gran exposición de libros no salón de actos do colexio.

Elaboráronse uns vales (un por libro entregado) que serve para facer o intercambo.

O alumnado de 3º ciclo de EP, organizados en quendas, responsabilizouse das mesas da

feira para que se intercambiasen os libros con orde e os titores aconsellamos que libro

escoller se había dúbidas.

Elaborouse un gran libro de sinaturas como en anos anteriores que quedará como un

documento para o fondo da biblioteca.

Continuamos coa actividade “Hora de Ler” con todo o alumnado do centro adicándolle un

tempo de 30 minutos de lectura ao subir do recreo.

O alumnado de Educación Infantil desenvolve a final de curso unha obra de teatro

relacionada co proxecto documental. Este ano o título da obra é “Os inventos noxentos”.