a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e...

34

Upload: vuonganh

Post on 22-Nov-2018

229 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director
Page 2: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

ISBN:Depósito legal: ou-44/2006edita: i.e.s. lagoa de antelamaquetación e deseño: sara luisa vázquez guzmán

profesora de debuxo e plástica no iescorrección lingüísticae coordinación: pilar barandela sandianes

profesora de lingua galega e literatura no iescarme gómez garcíaprofesora de lingua galega e literatura no iesuxía nogueira rodríguezprofesora de lingua galega e literatura no ies

imprime: imgrafor

2

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

Page 3: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

3

ÍNDICE . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .3

MARXINADOS POLOS GUSTOS MUSICAIS. ALBA VELOSO RÚA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .4

AS CRÓNICAS DE NARNIA. NOELIA E UXÍA . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5

CRÍTICA Á IGREXA. NATALIA AFONSO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .5

PRÍNCIPE Ó RESCATE... OU NON? MIGUEL J. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .7

POEMA. LUCÍA FERNÁNDEZ MARTÍNEZ . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .8

OS TEMPOS D´ANTES. SUSANA FIDALGO ARROJO . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .9

HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA. paula blanco e vanesa santana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .12

O TABACO É SAN?. ENTREVISTA. alba morán e natalia afonso . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .13

A RELATIVIDADE. maría fernández e maría losada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .15

75 ANIVERSARIO DA REPÚBLICA. agustín suárez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .16

HICHAM E OLMES. HICHAM E OLMES. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .17

CREMA DE MALVA. sonia, josé, lourdes, roberto, estela, cristian, nuria, daniel, silvia e ismael . . .18

LE VOYAGE À LA FRANCE. patricia, sara, nuria e agustín . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .19

CRÓNICA A LODOSELO. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20

UNHA MAÑANCIÑA VERDE. paula limia e sonia míguez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .20

SEIS ANOS NO INSTITUTO. patricia casado . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .21

ONTE E HOXE. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .21

SORRISOS E BÁGOAS. noelia briz e thais sieiro . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .23

RADIOGRAFÍAS. carme gómez . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .24

CHUS PATO. maría fernández, paula blanco e vanesa santana . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .26

CÓMIC. ESCENAS NA AULA. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .28

PALABRAS, FRASES E PARIDAS. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .28

A LIGA DOS HOMES EXTRAORDINARIOS. ana parada . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .31in

di

ce

Page 4: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

MARXINADOS POLOS

GUSTOS MUSICAIS

A sociedade cambiou moito ó longo da historia e xunto

con esta cambian os gustos musicais pero non me estou a

referir só ós ritmos senón tamén ós temas que tratan as

letras das cancións.

Durante a década dos 50 sucéndense unha serie de

acontecementos como a Guerra Civil entre Corea do Sur e

Corea do Norte, o estalido da primeira bomba atómica, a

morte de Stalin, unha serie de avances científicos de grande

relevancia na historia como o descubrimento do

código xenético, a demostración da teoría do Big

Bang e o lanzamento do primeiro satélite ó espa-

zo, sucesos político-sociais como a creación da CEE

(Comunidade Económica Europea), a Revolución

Cubana que leva ó poder a Fidel Castro ou o nome-

amento de Kennedy como presidente dos Estados

Unidos xa en 1960.

Pódese dicir que neste contexto histórico,

entre os anos 1960 e 1965, nace o Rock and Roll con

grupos musicais como The Beatles, The Rolling

Stones, Nirvana, Guns and Roses etc... As letras

destes grupos eran de denuncia contra as inxustizas que se

sucedían naquel entón, inxustizas contra as clases baixas por

parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e

outros moitos temas. En definitiva, o rock xurdiu como forma

de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam

Philips, director de Sun Records dixo no seu día: "Se atopase un

branco que cantase co son e o sentimento dos negros forrarí-

ame". E certamente xurdiron cantantes que puxeron o senti-

mento dos negros plasmado nas súas letras, os seus sentimen-

tos de desesperación e desacordo ante a situación que estaban

a vivir.

Hoxe en día o estilo musical que máis se escoita é o

Reggaeton con letras que non teñen moita lóxica, letras máis

ben machistas. Quizais as persoas escoitan esta música porque

consideran que non hai problemas, é dicir, como están satis-

feitos en maior ou menor medida coa vida que teñen non se

dan conta de que hai xente noutros países e dentro do seu pro-

pio que vive en moi malas condicións.

O outro día estiven falando cun rapaz que me dixo que

el non podía escoitar unha música que dicía "dame más gasoli-

na" xa que considera que hai problemas moi importantes que

denunciar a través da música.

O certo é que hoxe en día a xente á que lle gusta o rock

é tratada pola sociedade como rara ou tola pero cando sucede

algo como o afundimento do Prestige as cancións que denuncia-

ban este desastre eran de Rock ou de Hip Hop e non había can-

tantes ou grupos de Reggaeton que dedicasen algunha das súas

letras á denuncia.

Verdadeiramente habería que pensar un pouco sobre

como debemos empregar a música. Hoxe en día gru-

pos como Maná contribúen con Selva Negra, ONG

creada por eles mesmos que axuda os máis desampa-

rados de Latinoamérica; o grupo doa parte dos seus

beneficios en venda de discos e concertos a esta

ONG ó igual que outros moitos grupos de Rock, como

U2, que participan en concertos benéficos como

Live 8 para recadar fondos e axudar os necesita-

dos.

Considero que é un punto a favor pola súa

parte e un punto en contra para grupos de outros

estilos musicais que o que demostran é que só lles

preocupa o seu benestar.

Concluíndo, e aclarando que esta é só a miña opinión,

prefiro escoitar Rock & Roll, cos seus ritmos, as súas letras e as

súas preocupacións antes que outro estilo musical que nos diga

que todo é moi fermoso e que non existen problemas. Prefiro

estar marxinada ou considerada rara pola sociedade pero a

gusto comigo mesma antes que escoitar a música que á maio-

ría da xente lle gusta e converterme nun ser manipulado pola

sociedade. Agora a decisión é túa, escoita o estilo que che guste e

defende os teus ideais pero non deixes que te manipule unha

sociedade sen preocupacións sociais; como din os Queen nun dos

seus temas: We are the champions, nós somos os gañadores xa

que estamos defendendo os nosos gustos ante unha multitude,

fai ti o mesmo!!! Alba Veloso Rúa, 2ºB bach.Alba Veloso Rúa, 2ºB bach.

4

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

CR

ÍTIC

A

Page 5: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

AS CRÓNICAS DE NARNIAEste libro trata sobre a historia de catro rapaces que, por causa dunha guerra, vense obrigados a trasladarse á casa dun

profesor ancián. Nesta casa métense nun armario que os conduce ao país fantástico de Narnia. Alí participan nunha guerracontra a Bruxa Branca que ten condenada a Narnia a un eterno inverno ao que nunca chega o Nadal.A maxia da BruxaBranca vaise debilitando pouco a pouco e a batalla gáñana os nenos.Os nenos non a gañaron sós, axúdaos o gran león Aslan (overdadeiro rei de Narnia) Ó rematar a batalla foron nomeados reis de Narnia.

· Entre o libro e a película apenas hai diferenzas; o que cambian son algúns feitos que desencadean outros. Porexemplo, que no libro Lucy era loura e co pelo liso e na película é morena e co pelo rizo

· Un dos cambios é o motivo polo que se meten todos no armario.No libro están escapando da ama de chaves e ungrupo está visitando a casa. Na película tamén escapan pero esta vez é porque Edmun rompeu un cristal xogando ó béisbol.

A Noelia e Uxía, lectoras e posteriores espectadoras

1. ¿Que che pareceu o libro e a películado león, a bruxa e o armario?

Noelia: Pareceume un libro moi entretido e moi fácil de ler. Gústamecomo define os personaxes e como narra a historia. Este libro impre-sionoume pola valentía dos rapaces e de Aslan, e pola maldade daBruxa e os seus compinches. A película gustoume por como eran oslugares de Narnia.

Uxía: Eu creo que a película é moi divertida e que expresa moi ben ossentimentos dos protagonistas. Gustoume porque ten moi bos efec-tos especiais xa que case parecen de verdade, por exemplo o leóncando fala e os demais animais fantásticos.O libro tamén me gustoumoito porque conta máis detalles que na película.

2. ¿Pareceuche que a película respecta olibro?

Noelia: A película está moi ben , pero ten algunhas diferenzas. O quemáis me decepcionou foi que Lucy, no libro, ó final, ten o pelo dou-rado de rizo e na película teno moreno e liso. De todos modosencantoume.

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

5

CR

ÍTIC

A

E N T R E V I S T A

Page 6: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

Uxía: Esta película gustoume. Paréceme que respecta o libro xaque as diferenzas que ten non son importantes. O fallo máisimportante paréceme o motivo polo cal entran no armario.

3. Que che gustou máis, libro ou a pelí-cula?

Noelia: O libro, porque conta máis detalles e porque me gusta ler.

Uxía: É unha pregunta moi difícil para min. É o meu libro favori-to, pero tamén a miña película favorita. Recomendo vela e lelo.

CRÍTICA Á IGREXANos tempos en que estamos a Igrexa estase conver-

tendo a cada pouco nun imperio financiero, en vez de se limi-

tar á práctica espiritual da súa relixión. Son capaz de afirmar

isto porque simplemente observei como viven o Papa, os bispos e

os curas. O Papa, por exemplo, ten unha residencia de verán por-

que non lle chega o Vaticano para vivir. As súas roupas, os cáli-

ces para a bendición do viño, etc, son moi caros, o cal é todo o

contrario a como vivía Xesús, o personaxe principal da relixión

cristiá. Polo que investiguei, Xesús andaba vestido co pouco

que tiña, carecía de residencia de verán, xa que non tiña casa,

e o cáliz da Última Cea era de barro. ¿Como pode ser que a

Igrexa non teña en conta estas cousas? Dende o meu punto de

vista a Igrexa estase esquecendo do que predicou Xesús e está

actuando á súa maneira . Hai pouco oín na televisión que a

Igrexa investía en Bolsa. Isto significa dúas cousas: que ten

suficiente diñeiro para arriscalo na Bolsa e que quere diñeiro

para enriquecerse aínda máis. Ademais disto, a Igrexa está

financiada polo Estado como na época do Antigo Réxime.

Á parte dos intereses económicos da Igrexa (que non

son precisamente para axudar os necesitados polos que

eles rezan ), ten outros intereses, como controlar os seus

fieis cunhas normas que se lles ocorreu inventar. Por exemplo,

o uso do preservativo, ocal, segundo a Igrexa, non se debe uti-

lizar, xa que o acto sexual é só para procrear. A causa disto

estanse a producir moitos contaxios de SIDA en todo o mundo.

Outro problema que vén da Igrexa é o machismo. Só

poden ser curas os homes, e hai pouco volveron reafirmar a

imposibilidade das mulleres de ordenarse. Non me estraña que

as persoas sexan tan machistas, posto que na súa relixión predi-

can iso.

En definitiva, a Igrexa tería que preocuparse menos de

como manter a súa fortuna e repartila entre os necesitados,

igual que faría Xesús, e preocuparse máis de adaptarse aos novos

tempos. Co seu conservadurismo só conseguirán que os fieis

crean menos na Igrexa.

Con este artigo non pretendo que ninguén se sinta

atacado nas súas conviccións relixiosas, pois simplemente

estou dando a miña opinión.

Natalia Afonso.

1º A- BAC

6

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

CR

íTIC

A

ENTREVISTA

Page 7: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

PRÍNCIPEÓ RESCATE

... ¿OU

NONA verdade é que o Príncipe estaba come-

zando a arrepentirse de escapar da casa. Tiñafrío, fame e, para alguén coma el, acostumadosempre a comer o mellor e a durmir en sabaslimpas, esta escapada estaba volvéndose unpouco rollo e tiña que admitir que cada vez lleestaba custando máis non ceder aos impulsosde voltar á casa.

Nesas estaba cando chegou a un claronunha fraga. O máis sorprendente era a cúpu-la de cristal que había no medio e na que o solse reflectía, lanzando as súas raiolas en mildireccións. Baixou do cabalo e foi cara a alí amodo, non moi convencido do que ía atopardentro. Vale, era un príncipe, e daquela supo-ñíase que tiña que ser afoutado e temerariopero o certo é que esas eran cualidades dasque non ía especialmente sobrado e se algoaprendera da súa nai foi que se podía evitar osproblemas, pois mellor que mellor.

O que non podía prever foi a cara delelo que lle quedou cando chegou xunto aovidro e viu o que lle agardaba.

Dentro da cúpula había unha moza pre-ciosa que xacía durmida cun traxe de sedaazul.

O príncipe quedou alelado admirando asúa perfecta beleza. Para un tipiño coma el,pouco agrazado, e con non moitas luces, a ver-dade, esta muller era máis do que podía soñar.

O que máis lle amolaba era que sendopríncipe sempre pensou que podería ter asmulleres máis fantásticas do seu reino, é dicir,do reino do seu pai, pero cando empezou afacerse home e o nariz e as orellas comezarona medrar de forma independente, a crúa rea-lidade de chegar virxe ao matrimonio foicobrando cada vez máis forza.

Andaba o príncipe perdido en todo tipode pensamentos cando, de súpeto, se iluminouo interior da cúpula e unha voz en off anun-ciou:" Benvido, descoñecido, estás ante o altar daPrincesa Marabillosa. Leva máis de cen anosbaixo un feitizo e aquel que o rompa converte-rase no seu paladín para sempre. Se desexasque esperte manda un SMS con"Princesa_esperta " ao 7777. O custo da cha-mada é de 3 moedas de ouro."

O príncipe estaba confundido. Por unlado non tiña moi claro que era iso de ser unpaladín e, asemade, non cría que isto fose tanromántico como o que lles pasaba aos prínci-pes dos contos que lle lía a súa nai todas asnoites.

Sacou o seu móbil mentres abría e pecha-ba a tapa, indeciso...

Quizais foi a choiva que comezou a caerde forma pertinaz e que nun minuto o deixoucalado ou quizais unha misteriosa e insonda-ble morriña que se apoderou do seu espírito,pero o caso é que pechou o móbil, botou unhaderradeira ollada á princesa e voltou poronde viñera.

Cun pouco de sorte estaría na casaantes da cea e seguro que a súa nai lle conta-ría un conto de príncipes e princesas... comoDeus mandaba.

Miguel j.

25N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

7

CR

EAC

IÓN

LIT

ERAR

IA

Page 8: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

Lucía Fernández Martínez4ºESO

8

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

CR

EAC

IÓN

LIT

ERAR

IA

poema de

Page 9: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

Os tempos d'antesD.Xosé é un veciño do pobo de Serois e sabe moi ben ós seus 75 anos como era antes a vida e

como é agora. El contestou, amablemente, estas preguntas:

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

9

ENTR

EVIS

TAS

1.-Como era antes a comida?

A comida era moi escasa, pasa-bamos moita miseria, na nosacasa nunca faltaba o caldo,que era moi importante e abun-dante. O pan, outro alimentoque non faltaba, era feitoartesanalmente polas mullerese mozas que había na casa,xuntábanse cada dous veciños ecocíano no forno de pedra queera común a todo o pobo. Estatarefa realizábana cadaquince días xa que nonse podía dispor do fornotodos os días. Os máisafortunados contaban conleite que se conseguíamuxindo vacas ou cabrasdependendo dos animaisque houbera en cadacasa. Os alimentos pro-cedían do campo ou dosanimais.

2.-Como era a escola?

No noso pobo había unha esco-la de pedra e só tiñan unhaaula polo que asistiamos todosá mesma, e non había separa-ción por idades, todos nossentabamos nun gran banco demadeira e apoiabámonos nunhagran mesa común. O mestre con-taba coa súa propia e cun

encerado que era onde realiza-ba as explicacións. Os librosque tiñamos eran moi escasos emoitas veces eran do propiomestre. Durante o tempo de irá escola tiñamos tres librosdiferentes e unha pequena“pizarra” onde realizabamos ascontas e escribiamos. O mestre vivía na "casa daescola", a cal recibía estenome porque estaba ó caróndesta; era unha casa vella conpoucas comodidades, tiña unha

lareira e unha habitación.Os rapaces estabamos desexandoque viñeran as nevadas, entóntodos saïamos na procura deleña para facer unha pequenafogueira que faciamos nunhaesquina da escola, alí quenta-bamos auga e cunha especie depos brancos remexiamos e seme-llaba leite.Para carrexar o libro é mailapizarra contabamos cun maletín

de madeira feito polo carpin-teiro do pobo.Escola habíaa todos os díaspero os nosos pais preferíandeixarnos na casa para reali-zar labores no campo que noncorrespondían á nosa idade.

3.-Como eran antes a roupa?

Antes as mulleres non usabanpantalón, puñan unha saia euns xerseis de lá e por enci-ma poñían un mandil que servía

para escorrentar o frío, nacabeza poñían un pano quelles servía para recoller opelo e ademais do frío, paraos pés utilizaban as chan-cas, que eran de madeira, epor debaixo cubertas de cha-tolas.Os homes utilizabamos pan-talón de pana e xerseis fei-tos de lá das ovellas e paraos pés as chancas de madei-

ra, no inverno poñiamos aszamarras, que eran chaquetasde abrigo.

4.-Como eran antes as casas?

As casas non contaban con tan-tas comodidades coma agora. Acasa tiña a lareira, que écomo agora a cociña; o lumefacíase no chan e alí, ó seucarón, era onde as mulleres

A comida era moi

escasa, pasabamos

moita miseria

Page 10: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

cociñaban con potes feitos deferro. A lareira, ademais,servía para quentar a casa epara curar os chourizos candose facía a matanza. Os utensi-lios da cociña eran o escanobanco largo de madeira e taméno fuelle que se empregaba parasoprarlle ó lumepara que este nonmorrera. Tamén seutilizaba o tres-pés, que eran fei-tos en ferro e seutilizaban parapoñer algún potecoxo.Pola carencia depratos comiamostodos nun barreño,alí comíamos todoagás o caldo, quecomíamos cada unindividualmentenunha cunca debarro.Na casa facíamosunha separación demadeira entre acociña e a habita-ción, só había un cuarto edurmiamos todos alí, cada unnas súas respectivas camas.As camas eran de madeira, e osomier de cordas e os colchónsenchíanse de palla; as sabaseran de flanela ou feitas deliño, as manturras facíanasas tecedeiras de trapos vellose as colchas tecíanse nos tea-res.Como non contabamos con luz,para iluminarnos había faroise as candelexas que ían a gas.Non tiñamos baños e para nos

lavar ás mañás faciámolo nahabitación, nun pequeno mobleque tiña unha palangana e unpequeno espello.

5.-Como se celebraba antes a matanza?

A matanza celebrabámola en

Decembro, duraba tres días exuntabamos a amigos e a fami-liares. O primeiro día, mata-bamos o porco nun carro, ecando se remataba puñamos unmantel encima e tomabamosaugardente e pan.Logo, as mulleres e as mozasda casa repartían a tódolosveciños unha copa e algo decomer que se tiña na casa paraesa ocasión.Despoixa chamuscabamos o porcocon palla. E as mulleres lavá-banlle as tripas que logo se

utilizaban na realización doschourizos. Ese día comíamos ocaldo e o fígado do porco conpatacas.O segundo día desfaciamos oporco e a comida era carneasada no lume e pan. Polatarde salgabamos os touciños

e os xamóns paraconservarlosaínda que des-pois xa se cura-ba todo no lume.Máis tarde, asmulleres contesoiras e oshomes con coi-telos, cortaba-mos para faceros chourizospara o díaseguinte.O terceiro díaenchíanse oschourizos e esedía seguíansecomendo cousasdo porco de anosanteriores.Ó pasar cinco

días da matanza xuntábanse sóos familiares e alí, ó caróndo lume, as mulleres prepara-ban os rixóns do porco e arrozcon costela e contabamos con-tos e cantares e así pasaba-mos toda a noite ata benentrada a madrugada.

6.- Como eran as festas do pobo?

A festa do pobo era e seguesendo a primeira fin de sema-na de setembro, en honra dasvirxes Santa Marta e Santa

10

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

ENTR

EVÍS

TAS

Page 11: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

Bárbara. Santa Bárbara era osábado e a Santa Marta honrá-base o domingo.Á mañá tiñamosunha misa onde despoixa destatodos botaban algo de diñeiropara as virxes e para as fes-tas dos anos anteriores. Logo,os rapaces e as mozas perco-rrían co carro da santa todo opobo.A comida era un año asado conpatacas ou un galo dependendodo que houbera na casa e desobremesa un roscón.Á tarde, mozas e mozos saíanó centro do pobo, que eraonde tocaban os gaiteiros,e alí bailaban ata non moitarde e ceábase o que que-dara do mediodía.

7.-Como se xuntaban os mozos e asmozas antes?

Pois os domingos os mozossaïamos a outros pobos men-tres que as mozas quedabanna casa na espera de quealgún lle tocara na porta éalí, se elas querían, claro,deixábante entrar e falabascon ela, contabamos contos oucousas que nos pareceran. Ópasar tempo, se queriamos osdous, xa se ía falando decasar e falábase cos pais delaa ver se estaban de acordo comatrimonio.

8.- Que oficios había?

No pobo as mulleres que reali-zaban os labores da casa eranlabregas. Tamén eran tecedei-ras e modistas que eran as quefacían a roupa para todo opobo, e tamén as comadroas que

eran as que asistían ó parto.Os homes eran labregos a maiorparte, había algún carpintei-ro, que era o que facía osescasos mobles, e despoixa oxastre, que facía a roupa paraos homes. Tamén había o ces-teiro, que era o que facía ascestas e os cestos, e taménestaba o albardeiro, que era oque facía as albardas para osburros.

9.-Onde a xente realizaba as compras?

As compras eran escasas perono pobo contabamos cunha can-tina, que era de propiedadeprivada e onde había algo detodo. Tamén servía de bar ondese xogaba ás cartas e os homescontaban cousas que pasaban nopobo e tamén contaban os rumo-res que rondaban os veciños.

10.-Como se vivían as festas navideñas?

A festa máis importante era anoiteboa, os homes viñan aXinzo polo polbo para esanoite, e como xa se viña conanterioridade e non había fri-goríficos onde poder conservar

colgábase preto das ventáspara que se puidera ventilar.Aquela noite as mulleres pre-paraban a cea, o máis típicoera comer polbo con patacascocidas e bacallau cocido converzas; de sobremesa, figos,pasas, turrón, noces e galle-tas que se vendían a granel.O día 25 de decembro xa nonera tan festexado. A fin deano comíase un galo con pata-cas e figos, pasas, noces eturrón.

11.-Como vivían antes os cativos osReis?

Os Reis era cando os máiscativos da casa saíanpolo pobo adiante e toca-ban nas portas e lle can-taban os reis á xenteadulta. Todo o mundo dabao que tiña, a maioríadaban un figo, unha nozou unha galleta e osmenos dábanche unhamoeda.

12.-Como era antes o diñeiro?

Escaso, a maior parte eranmoedas xa que os billetes eranescasos. As moedas chamábansecan, cadelas, peseta, peso e oreal segundo o seu valor.

SUSANA FIDALGO ARROJO4º B-ESO

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

11

ENTR

EVÍS

TAS

falábase cos pais

dela a ver se esta-

ban de acordo no

matrimonio

Page 12: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

entrevísta a unhamuller coraxe

- Hoxe 8 de marzo,día Internacional da MullerTraballadora , estamos a falarcunha muller coraxe que loitoutoda a súa vida ,tanto nos boscoma nos malos momentos.Ela é Cristalina Manso, de 79anos, natural de Sandiás.Cóntenos,

- ¿ En que ano emigrou vostede á República Dominicana ?- Emigrei en 1959 sendo monxa para traballar como voluntaria ededicar a miña vida ós máis necesitados.

- ¿ En que consistía a súa actividade como voluntaria ?- O primeiro ano traballei nun colexio e logo nun hospital denenos durante seis meses. Pouco despois houbo unha revoluciónno país e todas as monxas foron expulsadas e repatriadas. Porén,eu tiven a sorte de atopar unha familia que me refuxiou e acolleu.

Durante este tempo namoreime de Rafael, o fillo destaboa xente que me axudou. Ambos eramos dun tempo.

- ¿ A que se dedicaba Rafael ?- El era cirurxián e tiña unha clínica privada de varios socios.Grazas a el puiden aprender certos coñecementos sobre cirurxíae así traballar na clínica de enfermeira.

- ¿ Cal era o seu horario de traballo ?- Traballaba das 8 da mañá ás 12 do mediodía, e dende as 3 datarde ata as 9 da noite.

- ¿ Como eran as condicións de traballo ?

- Moi boas. Os meus compañeir@s tratábanme moi ben , e nuncame sentín discriminada polo feito de ser unha muller estranxeira.

- ¿ Cal era o seu soldo ?- Cobraba 10.000 pesos ó mes (daquela equivalían a 100 dólares).

- ¿ Combinaba este traballo cos labores da vivenda ?- Practicamente non, porque tiña tres empregadas: unha para ocoidado dos nenos , outra para a cociña e outra para lavar, fre-gar, pasar o ferro...Ademais contaba con certas comodidades como lavadora , frigo-rífico, televisor, estufa e mesmo un coche propio.Tampouco tiña moito tempo para a casa, xa que pasaba a maiorparte do día traballando na clínica.

- En xeral , ¿ como definiría a súa vida ?- A miña vida foi bastante boa , aínda que pasei por malosmomentos. Un deles foi durante a revolución xa que me atopeitotalmente desamparada.Tamén a mortedo meu home foiun duro golpe,pois só tiña 36anos e tiven quetraballar arreopara manter enpé a casa e sacaradiante ós fillos.Grazas ó meuesforzo puideronestudar cadansúacarreira universi-taria.O mellor de todoé que nunca per-dín a esperanzae mantívenmesempre optimistaante a dureza davida.

- ¿ Viviu vostede algunha anécdota cando chegou a este país?- Si, o que máis me chocou foron as palabras que empregaban

12

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

ENTR

EVÍS

TAS

HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA HOMENAXE Á MULLER TRABALLADORA

Page 13: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

O tabaquismo é un

hábito co que se ten un

primeiro contacto na

infancia e adolescencia.

Na súa implantación

inflúen diversas circuns-

tancias: a facilidade coa

que calquera adolescen-

te pode compralo de

maneira ilegal,a promo-

ción agresiva da indus-

tria tabaqueira que

vende tabaco xunto a

imaxes de éxito persoal e

o baixo prezo do tabaco

no noso país con respec-

to a outros. Como conse-

cuencia, na actualidade é

a primeira causa de

enfermidade, incapacida-

de e morte prematura

nas sociedades industria-

lizadas.

O tabaco intervén nunha

de cada 5 mortes e, no

caso de persoas de 35 a

69 anos, na metade

delas. O número de víti-

mas producidas polo

tabaquismo é maior cá

suma de mortes por

SIDA, SUI-

C I D I O S ,

H O M I C I -

D I O S ,

I N C E N -

DIOS E

D R O G A S

ILEGAIS .

En España causa cada

ano máis de 40.000 mor-

tes evitables e 4.369 na

C. V. Ademais, a OMS esti-

mou que se persisten os

hábitos actuais de fumar,

no ano 2025, morrerán

2.000.000 de europeos a

causa do tabaco, a meta-

de deles antes dos 70

anos.

NICOTINA.-

A nicotina é a substancia

máis característica do

tabaco debido a que des-

encadea o estado de

dependencia do mesmo.

Un cigarrillo contén

aproximadamente 0´8 g.

de tabaco e de 9 a 17 mg.

25

para nomear certas cousas e obxectos,que ó principio me causaban gracia peropronto me acostumei a escoitar e rema-tei por aprendelas. Por exemplo:acotejar (acomodar), ajumao (borracho),babucha (camisa ancha), buchú (conmoito diñeiro), chin (pouco, pouquiño/ex: dame un chin de auga), chepa(sorte,/ ex: que chepa teño! ),degreñe/depeine (estar despeiteado ouemborracharse, porque segundo osdominicanos "o ron despeitea" ), guagua(autobús) , pana / panita ( amigo, cole-

ga), piquiña ( leve picazón), sirimba (des-maio)... Ademais tamén me atopei condiferentes costumes.

- ¿ Estraña as súas raíces ?- Por suposto. Penso todos os días nos

meus irmáns e na familia de Galicia e sintomoita morriña; pero foi moito peor antes,cando non podía falar tan a miúdo con elespola falta de teléfono. Hoxe grazas a isto emais á internet falamos a diario.Gustaríame estar de novo no meu pobocon eles coma cando eramos pequenos,

pero agora os meus fillos teñen aquí asúa vida e unha familia formada e eunon quero apartarme deles.

Con este testemuño comprobamos comoas mulleres poden afrontar a vida soas esaír adiante sen depender dos homes.Oxalá nun futuro próximo se acade aigualdade total entre os sexos.

Paula Blanco Manso- Vanessa Santana Otero - 1º BAC

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

13

ENTR

EVÍS

TAS

O tabaco ésan?

Page 14: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

de nicotina.

Desta cantidade, un

fumador absorbe, nor-

malmente, en torno a un

10% aínda que esta frac-

ción varía en grande

medida cos hábitos do

fumador e o tipo de

cigarrillo.

E S T R A T E X I A S D A S

T A B A Q U E I R A S . -

A industria tabaqueira

actuou de maneira pre-

meditada e coas mes-

mas estratexias en todo

o mundo para combater

as implicacións que o

tabaco ten para a saúde,

liderada polas compañí-

as americanas. Desde

1963 os fabricantes de

cigarrillos coñecían que

a nicotina estaba clara-

mente relacionada co

fenómeno da adicción e

a tolerancia que produ-

ce o consumo do tabaco.

En ningún momento

fixeron públicos estes

descubrimentos e segui-

rían negando esta rela-

ción, chegando aínda

máis lonxe ao publicar

que tiña un efecto tran-

quilizante ou beneficio-

so sobre a obesidade.

Tamén se demostrou

nun estudo lonxitudinal

que a publicidade está

relacionada co inicio do

hábito nos mozos.

A familia é o grupo

humano con maior capa-

cidade de influír sobre o

neno. Establece exem-

plos ou modelos dos

que o neno aprende nor-

mas acerca daquilo que

está permitido ou prohi-

bido. Neste sentido, a

actitude dos pais e

irmáns é a referencia

inicial dos nenos, e a

actitude familiar ante o

tabaco é un dos aspec-

tos máis determinantes

na conducta fronte ó

mesmo, especialmente

durante os primeiros

anos de risco de inicia-

ción ó consumo. Parece

claro, e unanimemente

aceptado, que a porcen-

taxe de nenos que

fuman é maior se ambos

pais fuman que se o fai

unicamente un deles, e

que cando ningún dos

dous o fan o número de

nenos que fuman é

menor. Debido a que o

90 % das nais que

fuman durante o emba-

razo ségueno facendo 5

anos despois, resulta

difícil separar os efectos

da exposición intrauteri-

na da que sucede des-

pois do nacemento,

aínda que é probable

que ámbalas dúas teñan

un efecto complementa-

rio. As súas principais

consecuencias son:

.- Enfermidades respirato-

rias.

.- Menor peso.

.- Absentismo escolar.

.- Enfermedades otorrino-

larinxolóxicas.

.- Cancro en adultos.

.- Peor dieta.

.- Síndrome da morte súbi-

ta do lactante.

.- Efectos irritantes: É

coñecido que a exposición

involuntaria ó fume do

tabaco ambiental ocasiona

molestias en quen a pade-

ce, tales como picor ou irri-

tación de ollos, cefaleas,

irritación nasal e ataques

de tose.

.- Enfermidades cardiovas-

culares.

.- Asma.

PROBLEMAS DE SAÚDE E

ENFERMIDADES RELACIO-

NADAS CO CONSUMO DE

TABACO.-

.- Caída do cabelo.

.- Cataratas.

.- Engurras.

.- Pérdida de oído.

.- Cancro de pel.

.- Deterioro da dentadura.

.- Enfisemas.

.- Cardiopatías.

.- Discromía dos dedos.

.- Cancro de útero e aborto

espontáneo.

.- Deformación dos esper-

matozoides.

14

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

ENTR

EVIS

TAS

Page 15: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

E N T R E V I S T A AUN FUMADOR E A UN EEXXFFUUMMAADDOORR

1. Cando comezou a fumar?Fumador. Aos catorce anos.

Exfumador. Aos vinte anos.2. Por que motivos?

F. Porque os meus amigos fumaban e porque o non fumar non era de homes.EX. Porque todos fumaban e así considerábame máis home.

3. Había alguén na súa familia que fumase?F. Meu pai fumaba e os meus irmáns tamén.

EX. Meu pai fumaba.4. Sufriu algún síntoma cando fumaba?

F. Cando teño catarro non dou falado e teño exceso de mucosidade.EX. Cando fumaba algún puro sentíame mareado.

5. Intentou deixar de fumar?F. Si, unha vez deixeino durante un ano, pero volvín outra vez.

EX. Si deixeino dúas veces pero á última foi a vencida.6. Como conseguiu deixalo?

EX. Por forza de vontade.7. Por que segue fumando?

F. Porque non son capaz de deixalo.8. Agora ten algún tipo de síntoma relacionado co tabaco?

EX. Tose e cataratas.9. Sabe que lle pode causar algunha enfermidade?

F. Si, pero non me preocupa porque non teño ningún síntoma.10. Cantos anos leva fumando?

F. Levo trinta anos.EX. Botei cincuenta e dous anos fumando.

11. Que tipo de tabaco comezou fumando e cal fuma agora?F. Comezei a fumar Lucky Strike e agora fumo Ducados porque o primeiro xa non me

produce a mesma sensación que cando comecei a fumar.12. Como lle afecta a Lei Antitabaco?

F. No traballo intento aguantar as ganas de fumar, pero resúltame moi difícil.

Autoras do traballo:Alba Morán Martínez 3º D nº 13

Natalia Afonso Nogueiras 1ºBACH-A nº 1

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

15

ENTR

EVIS

TAS

a relatividade

cOnFeReNcIaS no I E SEntrevista realizada a Pilar,representante da fundaciónespañola para a ciencia e atecnoloxía (FECYT)

NÓS: Ola. Bos días. Se nospermite, gustaríanos facerlleunhas preguntas.ELA: Si, si. Con moito gusto.¿ Como se chama a fundación aque pertence?Fundación Española para aCiencia e a Tecnoloxía( FECYT)¿ Como chegou a formar partedesta asociación ?

A través dun anuncio enInternet. Respondín, e fun aunha entrevista a Madrid elogo estiven alí con arredorde setenta persoas de todaEspaña preparando o programa.Cordinámonos por zonas. A mintocáronme as provincias deLugo e Ourense. ¿ Xa ten experiencia no ámbi-to dos discursos, conferen-cias...?Non. Para nada. O único quefixen foi a típica presentacióndalgún traballo na universi-

dade e polo estilo.¿ Que tipo de temas tentratado con anteriorida-de ?Pois como dixen, o únicoé o relacionado cos tra-ballos da universidade.Non tiña experiencia contemas deste tipo.Eh... ¿ Que foi o queestudou?Licenciatura de física.Polo que xa tiña escoi-tado falar da teoría deEinstein e a relativida-de, non si? Algo si, pero non creasque se dá moito. Moi porenriba, xa que só setrata nun tema dunhamateria en toda acarreira.¿Resúltalle doado infor-mar deste tema ó sectorestudiantil?Paréceme que a maneirade abordalo é bastanteamena. Temos vídeos,temos unha presentación.Axudámonos de moitosmedios polo que resultabastante doado. Ademais,en xeral, vós os estu-dantes sodes moi bos,atendedes moito, presta-des atención... A verda-de, é unha delicia. ¿Que tácticas soe empre-gar para facilitar acomprensión e a atenciónpor parte do alumnado?Intento ser simpática, xaque se vou a unha confe-rencia con cara de cannon sería moi oportuno!!!E ademais os experimentosson unha ferramenta moiútil á hora da compren-sión. Cada conferencian-ta adapta a charla segun-do lle pareza. Eu creoque os experimentos e osvídeos son un materialmoi axeitado para a oca-sión.¿Poderíamos afirmar queé unha gran afeccionadaa Einstein e á súa teo-ría?Vou ser sincera. Candome dixeron o tema que metocaba abordar dixen :

Ai, meu Deus!! A sabercomo explico eu istoagora, xa que ó ser unhateoría tan complica-da...Pero, despois dunhapreparación, xa vin quenon había ningún proble-ma.Eh, ¿ Cal é a teoría quemáis lle atrae ?Pois a teoría da relati-vidade, aínda que taménoutras teorías, como a do“Efecto fotoeléctrico”que é bastante interesan-te. Pero a “Relatividade”é un tema no que se podechegar a profundizarmoito en realidade.Por último ¿Como nospodería aconsellar parafomentar o noso intereseno ámbito da ciencia?Eu espero que vos gusta-ra esta conferencia. Amin gustaríame ter tido,cando eu era pequena eestaba no instituto comavós, experiencias desetipo porque creo queacerca moito a ciencia ea física, algo que pare-ce tan raro e dificil.Axudan experiencias comoo exemplo da lata, queexplica os fundamentosda física que en reali-dade están na vida dia-ria.

Moitas grazaspor prestarnos parte doseu tempo, e encantadasde coñecela.

Mª Fernández CasalMª Losada Cuquejo

Page 16: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

aniversarioaniversarioDD A I I R E P Ú B L I C AA I I R E P Ú B L I C A

7575O 14 de abril de 1931 proclámase a II República. O pobo de Madrid sae árúa para ver a Alcalá Zamora esixindo a Alfonso XIII que abandonase España.Era un momento esperado para o pobo español, xa que iamos moi atrasados conrespecto a Europa e a República significaba progreso. O goberno provisional con-vocou de urxencia as Cortes para que promulgase unha nova Constitución quesubstituíse a monárquica de 1876. Niceto Alcalá Zamora foi elixido presidente daRepública e Manuel Azaña presidente do goberno. Todo ía ben encamiñado. Anova Constitución definía España como unha "república democrática de traballa-dores de toda clase" e concedíalle á muller o dereito a votar, o nunca visto na his-toria de España!

Sen dúbida a República foi progreso, evolución e reformas. Dende o 1ºmomento abordou unha serie de medidas:- Medidas secularizadoras: aprobación do matrimonio civil e do divorcio,supresión da relixión nas escolas creando un Estado laico.- Aprobación do Estatuto de Autonomía para Catalunya.- Elaboración da reforma agraria do 1932, na cal se suprimía o latifundio,proporcionando terras ós campesiños pobres. Para aplicar estas medidas creouse oIRE (Instituto da Reforma Agraria)- Fíxose extensivo o sufraxio universal ás mulleres e ós soldados.- Reorganización do exército.- Renuncia de España á guerra e a súa adhesión á Sociedade de Nacións.- Creación do Tribunal de Garantías, que dirimía casos de inconstitucio-nalidade.- Supresión de todo privilexio de clase social e de riqueza e posibilidade desocialización da propiedade e dos principais servizos públicos.- Reforma do ensino co obxectivo de promover unha educación liberal e laicae facer do Estado o garante do dereito á educación estendido á toda a poboación.

En fin...unha chea de reformas que aínda hoxe non se superaron.O 10 de agosto de 1932 o xeneral Sanjurjo dá un golpe de Estado que,

afortunadamente, resulta fallido. Foxe a Portugal. En xaneiro do seguinte ano,1933, prodúcese un levantamento anarquista en Casas Viejas, o cal, sen dúbida,prexudicará a Repúblic. O 8 de setembro caerá o goberno de Azaña. O 9 de outu-bro convócanse novas eleccións e entra no poder a dereita presididindo o gobernoLerroux.

A política do actual executivo será unha fraude para os cidadáns, xaque se adicará a anular as reformas levadas a cabo polo anterior goberno: redúce-lles o salario ós mestres e quítalles as terras ós campesiños. Debido á pésima admi-

nistración, o paro aumentou considerablemente. En maio, tras unha profunda crisedentro do propio goberno, Martínez Barrio, ministro da Gobernación, abandona ocargo.

O 4 de outubro de 1934 a CEDA (Confederación Española de DereitosAutonómicos) entra no poder con 3 ministros, xerando un malestar na esquerda. Ogoberno de Lerroux fará, durante todo este ano, unha política socialmente regresi-va e represiva. O presidente da República, Alcalá Zamora (liberal e de esquerdas)exercerá presión sobre Lerroux para tentar frear as súas tendencias dereitistas.Os 6 e 7 de outubro produciranse levantamentos revolucionarios en Asturias eCatalunya. O goberno de Lerroux intervirá militarmente sometendo os douspobos. No caso de Catalunya deterá o goberno da Generalitat coa supresión doEstatuto de Autonomía. Neses asaltos participará a lexión. En outubro, o escánda-lo do estraperlo provocará que se debilite o goberno.

O 7 de xaneiro de 1936 convocaranse eleccións. A esquerda uniuse for-mando a Frente Popular. O 16 de febreiro, liderado por Manuel Azaña, triunfaránas eleccións. O novo goberno volverá restaurar as reformas suprimidas poladereita. Azaña é elixido presidente o 10 de maio de 1936. Casares será quen presi-da o goberno. Entre os dous aprobarán máis leis reformistas:- Aumento salarial dun 50% para os mestres.- Restauración da Generalitat.- Reorganización do Estado Maior Central e a supresión do Tribunal deXustiza Militar. Pecharase a Academia Militar de Zaragoza, dirixida por Franco.- Aprobación dun decreto o 24 de xaneiro, declarando a extinción daCompañía de Jesús e a confiscación dosseus bens.- Concesión dos mesmos derei-tos que ós fillos nacidos dentro do matri-monio ós nacidos fóra do matrimonio.

Así seguiría a República se non foseasfixiada polas conspiracións das derei-tas. (este mesmo panorama está a suce-der na actualidade, coa terrible divisióndas dúas Españas: a progresista e liberalfronte á arcaica e intolerante)

O 17 de xullo de 1936, as tropas dacomandancia de Melilla, dirixidas porFranco, sublevaranse contra o goberno da República nun pronunciamento militar(golpe de Estado). O 18 de xullo a sublevación estenderase ó resto do territorio espa-ñol. Comenzaba así a Guerra Civil!!!

Agustín Suárez Pelayo 4º C - ESO

a n i v e r s a r i o

16

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

REF

LEXI

ONAM

OS

Page 17: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

Olmes Tapia Oyola. Ecuador

Cheguei no ano 2000 desde Ecuador.Ó principio custoume un pouco adap-tarme ó clima e ó horario, xa que pro-veño dunha zona costeira.Desde que me incorporei ó instituto,nunca me sentín rexeitado polos meuscompañeiros, porén, unha parte dasociedade non me amosou a súa partemáis amable: hai xente reacia a acep-tar a presenza de inmigrantes.

Mais, conforme transcorreu o tempo, as cousas foron cam-biando e as nosas relacións mellorando.Noutro aspecto, algo que nos chamou moito a atención foi alingua. Eu pensaba que en toda España só se falaba o caste-lán e levein unha sorpresa. Pouco a pouco fun comprenden-do o galego xa que, no fondo, moitas palabras son comúns ómeu vocabulario. Gústame porque o miro desde o punto devista de que aprendín outro idioma que me pode abrir portasen Brasil ou Portugal. Tamén me parece moi interesante ahistoria de Galicia, aínda que me sorprende que moitos gale-gos non amosan demasiado interese por ela: eu estaría orgu-lloso.En canto á integración non tiven moitas dificultades porquetemos case os mesmos costumes e, ademais, a diferenza deideas e formas de pensar non é moi grande.O profesorado foi moi comprensivo comigo, porque cando nonentendía algo en galego explicábanmo en castelán. Sempreme souberon apoiar, polo cal lles estou moi agradecido a todos.Todo o vivido aquí, no instituto e fóra, estimulome a seguirestudando e proporme como obxectivo ser profesor: no fondo,gustaríame rematar dando clases no "Lagoa".

25

Hicham Fathallah

Marrocos

Chámome Hicham. Cheguei a

Europa un 15 de outubro do 2002.

Vivín en Portugal un ano e trasla-

deime a Galiza coa miña familia.

Era moi complicado vivir e estudar

noutro país: non tiña amigos, non

sabía falar nin galego nin castelán…

Ao principio resultábame moi

difícil entender os profesores e aos

compañeiros porque non estudara nada de castelán

nin, por suposto, de galego. Ata o inglés era unha

lingua nova para min. Pero pouco a pouco, coa

axuda dos profesores, das clases de reforzo e dos

meus compañeiros, fun aprendendo.

As clases eran distintas ás de Marrocos. Ademais,

aquí podía elixir algunhas materias, mentres que no

meu país as clases veñen dadas e non se pode elixir.

No meu segundo ano xa estudei cun grupo de 3º da

ESO e só suspendín unha. Hoxe estou en 4º e

penso sacar o título ó remate do curso.

Aquí, en Galiza, síntome ben. Teño amigos. Teño o

dereito a estudar e a vivir en calquera lugar. E teño

a oportunidade de seguir estudando. Só hai unha

cousa que me sorprende: moita xente nova non fala

galego nin se preocupa pola súa propia historia nin

pola súa propia cultura. Penso que é un erro no que

non deberían caer.

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

17

REF

LEXI

ONAM

OS

olmeshicham e

Page 18: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

Práctica efectuada durante o mes de Febreiro polos alum-nos e alumnas de 3º de diversificación. Esta experiencia ser-

viu como práctica de laboratorio do tema de física e química.

MESTURASEstudamos no tema distintas técnicas para separar as compo-

ñentes das mesturas heteroxéneas e das disolucións.Unha delas é a extracción de esencia da planta de malva usan-

do substancias. As esencias son substancias olorosas e moi volátiles que obte-

ñen plantas: xa sexa das follas ou das flores. Atópanse en cantida-des moi pequenas, son insolubles en auga, pero si se disolven engraxas.

Para practicar usamos manteiga, como disolvente para extraeras esencias e preparar a crema.

A crema das esencias de malva é tonificante e suavizante.Pódese usar en todo tipo de pel.

RECEITAElaboracións: úsase para todo tipo de pel. Lávanse catro presa de follas

de malva e sécanse ben cun pano.Esmáganse ata conseguir unha pasta, engadir catro culleradas de man-

teiga fresca de primeira calidade. Esta cóase a lume lento nunca cazola devidro ou porcelana, cando a mestura estea espesa cóase cun coador metá-lico. O tratamento dura dez días.

Pódese empregar para a cara, as mans e o pescozo.

PARA SABER MÁIS A CERCA DAS PROPIEDADES DA PLANTACARACTERÍSTICAS:

Planta perenne das familias das malváceas de ata 1.5 cm dealtura. Talos vellosos, leñosa a base, deitados ou erectos.

Follas moi variables xeralmente palmatinervias peduncula-das. Flores de 2 ou 4 cm de cor rosa ou púrpura máis escura. Sépalosde 2 ou 4 veces máis pequenos con pétalos. Froitos con ángulos promi-nentes vellosos, compoñentes activas:Mucílagos, aceite, esencial e taninos.PROPIEDADES MEDICINAIS:Emolientes: sempre que teñamos grans ou foúnculos, chagas, úlcerasou calquera lesión na pel, as propiedades do mucílago contido nestaplanta servirá para as abrandar.

É anticatarral, béquica, pectoral, gorxa: rico en mucílagos,resulta ideal polas súas propiedades emolientes para suavizar os mús-

culos do aparato respiratorio, utilízase nas infeccións dos procesos res-piratorios como "tose" especial-mente da natureza seca,catarros, dor de peito, afonía,rouquén…

Infusión durantecinco minutos dunha cullera-da de flores con follas deeucalipto. (un par de cuncas ódía nun uso externo, realizargárgaras con esta prepara-ción) (gargarismo coa decoc-

ción das flores secas "dor de gorxa")-( infusión durante dez minutos de dúas culleradas de follas secas

por cunca de auga).Dor do peito: para aumentar o seu valor protector pódese tomar con mel.Estreñimento: decocción durate 20 minutos de 30 gramos de flores efollas secas por filtro de auga.

-tomar tres cuncas ó día.Inflamación na boca: enxaugar coa decocción durante dez minutoscunha cullerada de flores por cunca de auga.PROPIEDADES ALIMENTARIAS: a malva tamén pode consumirse como ali-mento. Coñécese dende tempos moi antigos pois xa fora utilizada polosgregos e os romanos que a comían abundante mesturadas con outrasverduras. Á parte dos valores medicinais vistos anteriormente é unhaplanta moi rica en vitaminas: A,B,C,F.Cosméticas: polas súas propiedades emolientes é moi utilizada en cos-mética. Tónicas faciais pódense elaborar compresas para pólas sobre orostro coa cocción dunha presa de follas secas por litro de auga. Olíquido que queda ó ferver un bo puñado de flores constitúe un bo tóni-co facial.Recolección e conservación: A primavera é a mellor estación para reco-ller as flores antes de que abran.As follas deben recollerse cando a planta se atopa ben florecida na pri-mavera ou no verán. Gardalas nun recipiente seco e hermético.

Sonia- José- Lourdes-Roberto- Estela-

Cristian- Nuria- Daniel-Silvia- Ismael

a n i v e r s a r i o

18

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

ACTI

VID

ADES

NA

AULA

CREMA DE MALVA

Page 19: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

ACTI

VID

ADES

EXT

RAE

SCOL

ARES

25N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

19

DÍA 12, 6:00 A.M. AEROPORTO DE VIGO.Ás 7 despegaba o avión e o Agustíne algúns máis...estaban mortiñosde medo. Chegamos a París e alívisitamos o edificio máis alto: atorre Montparnasse. Despoiscollemos o tren que nos levaría aLe Mans, ó montar no vagón foicoma se viaxásemos no tempo, poiso tren era dos anos 40. Patri,Sara e Nuria estaban algo nervio-sas porque non coñecían os seuscorrespondentes, en cambioAgustín, tras sobrevivir á súaviaxe en avión, atopábase verda-deiramente emocionado. Despois debaixar do tren foi superxenial,xa que eles, os franceses, eranmoi simpáticos e divertidos! Enas respectivas casas de acollidaa todos nos foi moi ben.

DÍA 13: Cando nos atopamos no ins-tituto cadaquén contou a súaexperiencia:Agustín: "Ó levantarme da camalevei un hostiazo impresionantecunha viga do teito"(quedáronllesecuelas mentais)Sara: "Liguei co can, non facíamáis que perseguirme e untarme debabas! Anaïs mesmo quería que otrouxese para Xinzo!"Patri: "Sentinme marxinada (ha,ha), Emile estaba co seu mozo, oirmán coa súa moza e eu...coacadela!"Nuria: "Mentres durmía profunda-mente escoitei unha voz quedicía...Nuria, Nuria! Era Simón,"horas de levantarse!...eran,eran as 5:45 da mañá!"

O primeiro día quedamosabraiados coas dimensións do ins-tituto, nada máis e nada menos ca2.200 alumnos! Ata eles mesmos seperdían con tantos corredores eedificios. Cada un destes eradunha cor e logo os clasificamos:

na zona máis erótica, toda de corvermella foi onde nos recibiu avicedirectora.

Pola tarde visitamos o pobo(moi bonito). As casas son total-

mente diferentes ás de aquí e cadadous metros...cagada de can!

Despois fomos todos tomaralgo e fíxose noite.

DÍA DE SAN VALENTÍN: Fomos ás cla-ses de español onde Sara comezoua ler un texto a fume de carozo ea petición dos franceses ralenti-zou a velocidade. Fixéronnos uninterrogatorio para comparar asdúas culturas. Logo fomos ver ocircuito das 24 horas de Le Manse un museo de coches antigos.Saímos do licéu ás 17:00 e cada unfoi co seu correspondente: Sarade compras con Anaïs e súa nai;Agustín e Patri con Simón (conpelo) e Emile a tomar algo e decompras; Nuria con Simón (senpelo) ás clases de batería, poistoca nun grupo de rock boísimo.

Ás 18:00 quedamos todospara ir cear a unha pizzería ealí, como eles viven moito "oamor" regaláronnos unha rosa acada un. Pasámolo xenial! Despois

fomos a un garito tipo cervexeríae ás 22:00 marchamos para a casa.

DÍA 15: fomos a Angers e visita-mos o châteu, aburrímonos porquenon nos enteramos de nada.Despois comemos uns bocadillosnun parking, pois chovía a cánta-ros. Pola tarde visitamos unmuseo e alí invitáronnos "educa-damente" a marchar, convencidosde que non entendiamos nada,cousa que era falsa.

DÍA 16: o noso último día en LeMans!!! Non...! Pola mañá recibi-mos á prensa que nos sacou unhafoto (por certo, ó día seguintesaímos no xornal!!) Logo acudimosá clase de matemáticas, moitomáis divertida que aquí, JoséLuis; e despois de comer (o únicodía que ó Agustín lle gustou acomida) fomos todos de compras,agás Agustín, como non, que acu-diu a unha manifestación en con-tra dos "contratos lixo" que,actualmente, está a provocarmoita polémica en Francia. Candonos atopamos con el apareceucunha bandeira dun sindicato, epor culpa diso tiráronnos pedrase e tetos de mandarina. Que into-lerancia!Máis tarde fomos ó teatro, ondealgunhas persoas (entre eles pro-fesores...) botaron unha sestiña.Despois acabamos na discoteca,onde as despedidas foron o temaprincipal.

Día 17: a París!!! Xa de mañá cedoe entre bágoas, subimos ó TGV(tren de alta velocidade).Pensabamos que iamos tardar unhas2 horas e media e apenas 1 horadespois chegamos a un pobo moigrande, non nos decatamos de queo tren estaba baleiro ata que

Le voyage à la France: diario dunha travesía inesquecíbel

No instituto de Le Mans

Page 20: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

alguén deu uns golpes na fiestra que nos sobresalta-ron: era Oscar con cara de acelerado dicíndonos quebaixaramos. Estabamos en París!! (e nós sen decatar-nos)

Tivemos algúns problemiñas coas portas do metro(pechaban moi rápido, o cal provocou algún incidente)pero pasámolo moi ben. Visitamos o máis importante: aTorre Eiffel (chovía moitísimo, ía moito frío e tira-ba o vento), Nôtre Dame, o museo d'Orsay, o Louvre.Aquí case nos botan fóra por culpa da Sara, que llesacou unha foto á Mona Lisa, o cal estaba prohibido. Oque máis nos gustou, sen lugar a dúbidas, foi o BarrioLatino (Le quartier Latin). Alí atopamos españois etamén galegos. A consumición máis barata custaba 6euros!

Despois dal-gunha anecdotiña(como irse dun barantes de ser servi-dos), chegamos óalbergue, situado noBarrio Latino, e alícoñecemos uns norte-americanos moi sim-páticos. O alberguenon estaba nada mal,pero a ducha nontiña porta, e candoAgustín se duchou inundouse o cuarto! Ademais o wc eramoi pequeno e compartido.

Día 18: mercamos un cariño para as familias: 11 quei-xos "Camembert", tantos queixos nun cuart pequeno,aquilo cheiraba...fatal! Tivemos que deixalos na fies-tra toda a noite porque o fedor era insoportable, e isoque Agustín botaba a súa colonia pola habitación a verse se ía a peste, aquilo só o empeoraba.

Cando chegamos ó aeroporto de Orly (París) pararegresar, o perfume dos nosos queixos era notable. Amellor imaxe foi ver a Sara e a Agustín levando asmaletas coas mochilas cheas de queixo (e o seu respec-tivo olor), dúas rosas sobresaíndo da mochila e os doustentando controlar as maletas porque caían. Despoisdunhas "insignificantes turbulencias"(no! I no sto-len!) chegamos a Barcelona, xa pensando en desembarcaren Xinzo a tempo para continuar a festa, xa que era odomingo corredoiro. Pero por culpa do retraso chegamos1 hora máis tarde. Que experiencia inesquecible!!

Patricia Lamas Rivero- Sara Gómez Rodríguez Nuria Colmenero Gamallo 1º BACAgustín Suárez Pelayo 4º ESO

20

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

ACTI

VID

ADES

EXT

RAE

SCOL

ARES

O 14 de novembro estabamos tódolos rapaces de 1ºA da ESO impacientes por-que o autobús que nos levaba a Lodoselo parecía que non chegaba ata que, desúpeto, parou na porta do instituto. Ó saír do autobús estábannos esperandodous monitores cos que entramos ó piso superior do albergue. Sentamos nasmesas e comezaron a explica-lo que iamos facer. Máis tarde fomos a un anti-go forno no que amasamos pan. Despois fomos de novo ó albergue e fixemosunhas pulseiras a man con coiro de poldro. Deunos tempo a facer unha dasdúas pulseiras porque tiñamos que volver de novo ó forno. Ó chegar vimos quehabía o pan que amasaramos en bolas cunha boliña ó lado. Estabamos moiestrañados porque non sabiamos para que era, pero os monitores explicáronosque coa boliña tiñamos que facer un debuxo por riba da bola. Logo a señora queestaba no forno coceu os pans mentres nós iamos ó albergue a facer a outra pul-seira, a que nos faltaba. A continuación fomos correndo ansiosos para coller osnosos panciños personalizados, e todos comendo o pan polo camiño cara ó alber-gue. Ó chegar xa era hora de xantar e, mentres, contabamos chistes para nonaburrirnos. Despois fomos dar un paseo pola aldea. Ás 3 xogamos todos xun-tos a xogos tradicionais; foi divertido. De seguido formos correndo ó albergueporque tiñamos que celebra-lo ¡Magosto! Todos quedamos negros coma o car-bón e ás 5 tiñamos que vir de volta ó instituto.¡OXALÁ SE REPITA!

Os alumnos e alumnas do I.E.S. Lagoa de Antelarealizamos unha actividade o mércores día 30de novembro ideada polo Departamento deBioloxía. Ademais dos alumnos de 3º da ESO,tamén participaron varios profesores voluntarios.Esta actividade realizouse para celebrar o 25Aniversario do noso ins-tituto.Como conmemoracióndeste feito, oDepartamento deBioloxía, xa citadoanteriormente, decidiuque a actividade fosea plantación dediversas especiesarbóreas; en totalmáis de cen. Estasespecies adáptanse ánosa zona e son: teixo,cerquiño, cerdeira, pra-dairo, bido, capudre,nogueira, castiñeiro, loroportugués, freixo, carballo (o típico da nosazona e mais o americano)...Hai que recoñecer o esforzo levado a cabo, poismoita xente acabou toda enzoufada de terrapor mor da falta de sachos, que estaban todos

nas gadoupas dos máis espelidos. Aínda así oesforzo mereceu a pena (teríades que versachar os profesores...).A razón de plantar árbores, e non regalarcaramelos ós alumnos, é que na Limia estánpouco valoradas e córtanse sen pensar nobaleiro que queda no seu lugar. Por cada árbo-

re que se tala deberí-ase plantar outra, peronon se repara en que adespoboación daTerra está á volta daesquina; de aí a ideade dar vida para podervivir. Por iso nósintentamos dalgunha

forma recompensar anatureza, así como con-cienciarnos e comprome-ternos con ela.

Estase a analizar asituación destas árboresno verán, pois as tempe-raturas nesta estación

adoitan ser elevadas e se non teñen un nivel deauga suficiente poderían secar, por iso seránecesaria a colaboración dalgunha persoa quese encargue de regar.Paula Cristina Limia

crónica a lodoselo

unha mañanciña verdeNo castelo de Angers

Page 21: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

SEIS ANOS NO INSTITUTO..................................Todo comezou un día do 2000;

o reloxo tocara algo cedo e a inque-danza do meu corpo non daba acou-gado. Non era para menos pois ía alu-gar unha nova vivenda para pasarseis anos da miña vida e non só iso,tamén cambiaba de familia.

Son tantas as historias quevos podería contar que non me chega-ba a revista para amosalas, así queun breve resumo ha abondar paradarvos conta da gran aprendizaxeque estades a comezar.

Naqueles primeiros anos noIES "Lagoa de Antela" a vergoña fací-anos amosar unha gran timidez queco tempo se había converter nunhaimportante troula, e os libros que traïamos para estudar trocábanse por cartas de amor que nunca chega-ban ao seu destinatario e mais tamén en cartas de amizade que facían de nós unha gran familia con moitasprobas por superar. Pero algúns compañeiros tropezaron nalgún número ou nalgunha letra ou quizás nal-gunha recta paralela. E outros moitos xa non seguiron; neste artigo lémbrome tamén de todos aqueles quenon puideron avanzar ao noso carón.

Mais nestes seis anos un ve como se vai facendo maior, e non de estatura ou de idade só senón nointerior, coa axuda dos bos profesores e profesoras que loitaron pola nosa educación e... así chegas a 2ºde bacharelato sabendo que... non sabes nada!Pero todo isto non son máis que historias que quedan no meu maxín porque detrás delas hai un gran tra-ballo e sufrimento dos que chegamos ata aquí para poder seguir e loitar por outra vivenda que nos axuda-rá a rematar o camiño.

- Patricia Casado Pérez - 2ºbach C

25N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

21

DIC

INDO

ADE

US

....................................onte e hoxeEste curso 2005-2006 celebramos o

25º aniversario do noso centro, o IES "Lagoa deAntela". Dado que todos nós sabemos como é naactualidade, entrevistamos a dúas mulleres,Concepción e Rosa, que viviron aquel primeirocurso (1980-1981). Lembrando as súas experien-cias axudáronnos moito a facer este artigo.

Concepción, de 39 anos, que aquel anocursara 1º de BUP, e Rosa, de 44, que fixera

COU, están de acordo en que a apertura do cen-tro foi beneficiosa para a economía familiar, xaque non todos podían permitirse o "luxo" de man-dar os seus fillos a Ourense e ter que pagar unhapensión. Isto fixo posible que moitos mozos emozas puideran acceder á educación. Tampoucohabía transporte escolar, como na actualidade,xa que non era unha ensinanza obrigatoria, así queos estudantes utilizaban o transporte público ou

algún seu particular (coche, moto, bicicleta).Tiñan horario lectivo máis extenso

que o actual, xa que empezaban ás 9:15 e saían ás19:30. As clases duraban 55 minutos e entreclase e clase tiñan un pequeno descanso. Comotiñan que quedar a comer en Xinzo todos osdías, e non había comedor, moitos ían ás cafeta-rías ou restaurantes dos arredores; outros tra-ían a comida da casa ou comían no bar do insti-

2ºc BAcharelato

sandra lorenzo e lidia enríquez - 2ºbach a

Page 22: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

tuto, antes situado na actual aula dePlástica, ao lado da conserxaría.

Na actualidade estamos acostuma-dos a que Manolo nos teña os bocadillospreparados e todo listo, pero fai 25 anos osencargados do funcionamento da cafetaríaeran os propios alumnos de COU, que se ama-ñaban moi ben para facer os bocadillos nopouco tempo libre que tiñan, e cando eraépoca de exames axudáballes a muller do por-teiro. Vivían nun piso que aínda está no recin-to do centro se ben en desuso.

Todas as salas que hoxe se encon-tran abaixo: bar, aulas de música, grego e salade proxeccións, era antes un patio onde moi-tos gardaban as motos cando chovía. O edifi-cio do primeiro ciclo da ESO e o actual ximna-sio aínda son moi novos posto que se cons-truíron no ano 1999. Naquel entonces o xim-nasio ocupaba o espazo da actual aula de tec-noloxía.

Neste ano escolar (1980-1981) nonhabía biblioteca como temos agora; senón que

as veces facíaas unha sala onde podíanestudar, aínda que pouco a pouco se foiformando coa progresiva compra delibros.

O alumnado tiña unha relaciónmoi amigable cos profesores, situaciónque viña propiciada polo reducido númerode alumnos. Entre todos os grupos deCOU apenas se chegaba aos 30. O nivelde estudo era máis elevado que o actual,xa que os poucos alumnos que eran e aesixencia dos profesores fixeron posibleque ninguén se quedara atrás. Aínda quetamén a autoesixencia dos estudantesfoi determinante, porque eles eran cons-cientes de que era un paso para cambiar devida. Na actualidade, porén, moitos de nós nonsomos capaces de superarnos porque os nosospais xa nolo dan todo feito, todo aquilo queeles conseguiron con moito esforzo. Outradas causas da falta de nivel é a reforma edu-cativa que, lonxe de axudarnos, prexudícanos.Na ESO os contidos obxecto de estudo son

moi pobres e ao chegar ao Bacharelato temosque dar toda a materia que antes se impartíaen tres ou catro anos.

Aqueles alumnos e alumnas de hai 25anos tamén facían moitas viaxes culturais, afábricas, monumentos... segundo as optativasque se cursasen. Algunhas desas excursiónsforon gañadas en concursos que se facíanentre as clases, decorándoas entre todospolo Entroido ou o Nadal. Os gañadores íangratis á viaxe e os que quedaban en segundolugar pagaban só a metade. Tamén as confe-rencias de personalidades importantes eranfrecuentes: médicos, escritores...

Outro aspecto digno de mención é ocoidado que se tiña co material escolar poroposición á actualidade en que hai algunhaxente que se dedica ao "vandalismo" rompendoportas, mesas. A nós cústanos entender arazón deste comportamento. E isto é unhamensaxe para todos: "O Instituto é de todos.Tanto dos que estamos nel agora como dosque virán atrás. Así que axuda para que se cum-pran outros 25 anos máis. GRAZAS.

a n i v e r s a r i o

22

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

DIC

INDO

ADE

US

2ºa BAcharelato

Page 23: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

S O R R I S O S E

B Á G O A S . . . . .Hai agora seis anos que comezamos esta aventu-

ra. Daquela eramos moitos e só unha parte chegamosata aquí. Os que agora rematamos enfrontámonos aoutra experiencia nova, da que ningún aínda é conscien-te, non sabemos moi ben o que nos agarda, que estecurso é o decisivo, a ponte cara ó noso futuro, candodebemos decidir que camiño escoller, en fin, tomar asrendas da nosa vida, e pensar que a partir de agora nossepararemos e cadaquén seguirá un camiño diferente!Seguirá o seu propio camiño! O que está claro é que moi-tos non nos volveremos ver, e se despois de moitosanos o facemos poderemos lembrar o noso paso poloI.E.S. Lagoa de Antela, aínda que esperamos que as ami-zades aquí "sementadas" non só sigan senón que perdu-ren por moitos anos.

Un paso que deu comezo alá por setembro do2000, naquel temido día no que unha chea de cativosavergoñados e cheos de nervios entraban aquí nesteedificio que daba tanto medo: os profesores, as novata-das... e tratando de asimilar unha nova realidade coaque convivirían durante uns anos. Ese medo esvaeuse econverteuse en cariño xermolado no noso corazón,aprecio, incluso; e aínda que a nosa "cabeciña rebelde"se empeñe en negalo, cara ós profesores. Agora, cando

facemos memoria, sentimos saudade daqueles tempos enque apenas tiñamos preocupacións, aínda que o máismínimo problema nos parecía un mundo.

O paso a terceiro significou deixar atrás a infan-cia; pasabamos ó "escenario dos maiores" en que os pro-fesores nos comezaban a tratar como persoas adultase responsables. Aquí deron comezo as nosas inquietu-des polas cousas do mundo: a guerra de Iraq, oPrestige... e as nosas accións de protesta cara ásinxustizas que ata entón nos pasaran desapercibidas.

No bacharelato comezou a ansiedade, os atafe-gos, os exames diarios... en resumo: as clases intensi-vas. A frase máis escoitada por excelencia: "estadesaquí porque queredes", que aínda nos angustiaba máis.Porén, en segundo se algo destaca é a SELECTIVIDADEque xa nos sae polas orellas.

En definitiva, aqueles xigantes que o primeiro díanos ollaban por riba do ombreiro, agora somos nós, etócanos dicir adeus, non sen antes voltar a vista atráse lembrar... Levamos dentro de nós unha parte de todoaquel que forma esta "gran familia": dende o sorriso dodirector, pasando polos chistes de Moncho, as anécdo-tas de Eloi, as "intensive lessons" de Miriam ata o saúdoafable de cada tarde dos luns da señora da limpeza.

Aquí crecemos e maduramos, rimos e choramos,incluso algún e algunha botou o primeiro mociño, o pri-meiro amor... en fin, que cada un de nós leva un anaqui-ño de todo isto, sentimentos, pensamentos e sensaciónsque nunca esqueceremos, e... por que non? Deixamostamén unha parte nosa aquí impregnada nestes corredo-res que tanto viron e escoitaron.

Cun grande sorriso, aínda que con algunha queoutra bágoa... ATA SEMPRE!

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

23

DIC

INDO

ADE

US

Noelia Briz Cid e Thais Sieiro Sampedro

2ºB BAcharelato

Page 24: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

"Ás veces sentimos a tentación de quitalos do medio. Pero se os

perdemos a escola xa non é a escola. É un hospital que cura sans

e rexeita os enfermos. Convértese nun instrumento de diferen-

ciación cada vez máis irremediable."

Alumnado da Escola de Barbiana. "Carta a unha mestra"

R a d i o g r a f í a sInstituto Lagoa de Antela, levas un nome quehonra a memoria das augas que durante séculosnavegaron estas terras. Instinto de supervivencia.Abrazamos defuntos para que os que nos sobrevivantamén nos abracen.

Soa o timbre, cantas veces reprimiches o desexo dadesobediencia? As luces xa están acesas porque Pacoe Miguel xa pasaron por aquí. Aquí é ese hábitatque nos abriga aínda que, ás veces, o frío conxele osaúdo e o converta nunha blasfemia contra a mal-dita calefacción, outra vez derramada. Aínda se tenque notar o olor a deterxente, non hai xices no chan,nin papeis que engurraron palabras de amor. Ninenvoltorios de chicles, nin farangullas de pan. Elas,as mulleres da limpeza, as invisibles, varreron ontetodos os nosos desperdicios. Entras na aula, nunca pensas, ata agora, cantashistorias diferentes estarán incrustadas no cal destasparedes, se pudiésemos escoitar os ecos dos seus silen-

cios...As broncas. Os risos. Os aplausos. Tantas tantasvoces que falaron. Detalles, anécdotas, como aquel1º día de curso que te presentaches, ridícula, coacamiseta do revés.A 1ª hora todo é lento, ti botas un discurso algo desca-feinado, talvez disperso (esa manía incurable poladispersión), e elas e eles parecen seguir o teu ritmo,pero ti no fondo sabes que as súas neuronas se resistena abandonar o doce sopor da somnolencia. E sábeloporque ti tamén nadaches na outra beira do río, pen-durados os pés en soños imposibles. Hai como unhasmoléculas acuáticas bailando rombos líquidos nasvosas pupilas. Soñades. Que amades, que vos aman,que vos comprenden, que triunfades. Acércaste,parece que os rozas, pero canta distancia entre ti,que falas, e eles, que soñan. Mais... ás veces... ásveces os muros caen e as pedras abrandan, entónmirádesvos aos ollos e sentides o morno tacto das pala-bras. Que se tocan, que falan. E aí, nese recoñece-mento mutuo, nesa mirada profunda é cando se pro-duce ese marabilloso e insólito fenómeno da visibletransparencia. O desenmascaramento. Compartimos,dámosnos. Comunicámonos!! .Chega o recreo e xa está o aire preñado de decibelios,moita hormona e adrenalina. Os corredores, o patioferven de comentarios. Escenas de amor e desamor,confidencias, alardes, intrigas. O pudor contra o des-caro. E viceversa. Todas as paixóns humanas, o

24

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

RAD

IOG

RAF

ÍAS

Page 25: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

drama e a comedia, rebentan en múltiples escena-rios. O noso territorio é unha sala grande e caóticaonde nos consolamos, necesaria a palabra cómplicepero tamén a discrepancia. Fotocopias, informes,risos, todo se confunde. O cansazo co estrés e o estrés coacafeína. Abaixo Lita sempre ten a resposta que pre-cisas, no zulo da fotocopiadora Miguel rumía unhaprovocación-ti sabes que é inofensivo, que ten uncorazón grande, de plastilina. Paco calma a túaansiedade cun bos días e a súa eterna eficacia.Crúzaste con Agustina, querida amiga, ti ben sabesque a neutralidade é para nós unha palabra centrí-fuga; preguntas por esa muller incombustible que éMarisé( seremos capaces de deixar algún día a nosaadicción á nicotina?); topas coa palabra amable deTomás, e procuras, desesperadamente, a Roberto- ohome tranquilo, a paciencia infinita, o xesto conci-liador, lembras, compañeiro, as veas abertas do maren Muxía? Pero, de repente, acórdaste de que falarcon Belén e con Pilar antes de que toque o timbre e,mentres as buscas, tropezas coa simpatía de Miguel...e riste con ganas, na cabeza aquela frase xenialdunha alumna que escribiu que ela o único quesabía facer era cambiarlle as rodas ás bicicletas.Soa o último timbre e xa somos fauna nómada á pro-cura de comida. Volverán as mulleres da limpeza asuavizarlles os corpos ás aulas, baleirarán as pape-leiras, varrerán as pegadas dos nosos pasos. Os encera-dos perderán os números, as fórmulas, as palabras e

iniciarán o seu diálogo coas paredes que lle fixeronun oco xa ás ausencias e os seus ecos. Pero mañá, denovo, regresarán os risos e o pudor, as olleiras, os inte-rrogantes, as interxeccións e as onomatopeas, os dis-parates, as xenialidades, os libros, os cadernos, o nosoinsomnio, os enigmas, as migas de pan, os soños, arutina,...as palabras.

Carme Gómez

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

25

RAD

IOG

RAF

ÍAS

Page 26: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

É un pracer para nós falar en persoa coa

autora do libro que estamos a ler, A

ponte das poldras. Ela é Chus Pato. A

continuación transcribimos a entrevista

que lle fixemos.

NÓS: Ola, bos días, é un pracer para nós

que esteas hoxe aquí.

CHUS PATO: Ola, estou moi contenta de

estar hoxe aquí, neste instituto, que

ademais se chama "Lagoa de Antela"

¿ Cando comezaches a escribir ?

Empecei a escribir nunha clase de

Xeografía cando facía segundo de bacha-

relato e me aburría. Tiña once anos.

¿Como descubriches que o teu era a escri-

tura?

Pois porque insistía, a escritura insistía,

insistía. Francamente, houbo momentos

que non quixen saber nada, non, non me

apetecía, non estaba moi disposta por-

que escribir supón un esforzo grande,

pero a escritura insistiu, insistiu e

segue insistindo, e non hai xeito de libe-

rarse dela .

¿ Podemos dicir que escribir é a túa pai-

xón, á parte do teu traballo?

Non, non, non, o meu traballo é o meu tra-

ballo. A miña paixón é a escritura, o meu

traballo non é a miña paixón

¿ Traballas en algo máis á parte da escri-

tura?

Si, son profesora de Xeografía e Historia

no instituto Ramón María Aller de Lalín.

Vostede como muller, ¿cre que é fácil,

combinar o traballo de escribir coa fami-

lia ?

No meu caso si, porque eu teño dúas fillas

moi maiores, unha de trinta e dous anos

e unha de trinta, que xa non viven comi-

go. Eu vivo co meu home e agora non teño

problemas de ruído nin de nada, de todas

maneiras, aínda nas situacións máis

adversas eu penso que si se pode escri-

bir poemas, ata nas peores condicións, de

feito téñense escrito poemas en condi-

cións moi moi adversas.

¿ Cantos libros escribiches ?

Publicados sete, e á parte diso estou

escribindo o oitavo.

Se tiveras que elixir ¿ Con cal dos teus

libros te quedarías?¿ Por que?

Eu quedaríame con M-Talá, bueno, porque

foi un momento no que creo que fun

capaz de abrir un aspecto poético moito

máis amplo do que ata ese momento den-

tro da miña obra,. De todas maneiras teño

que dicir que iso é a nivel literario, pero

a nivel de corazón co libro que eu me é

quedaría é A ponte das poldras.

Agora farémoslle unhas pequenas pre-

guntas relacionadas co libro A ponte das

poldras.

¿ É o pasado a túa fonte de inspiración ?

O pasado si é fonte de inspiración, é por-

que quero que non se esqueza ese

pasado, de que ese pasado sexa presen-

te.

¿ Como influíu a lagoa na túa vida ?

A lagoa desecouse un ano ou dous des-

pois de que vin ó mundo, é dicir, eu nunca

vin a lagoa, pero a lagoa inda desecada

ten a influencia do mítico, eu teño a

sensación sempre de pertencer a un

territorio completamente mítico, e que

esa lagoa segue existindo e que dalgun-

ha maneira emerxe e emerxe na concien-

cia das persoas.

¿ A que fai referencia o título da obra ?

Fai referencia á Ponte das Poldras, a

ponte pola que atravesaban os coches a

lagoa. É unha ponte de construción roma-

na e medieval e que foi destruída cando

se desecou a lagoa.

¿ Por que non decidiches pórlle un títu-

lo que estivera relacionado co teu pobo

natal?

Si, porque Trasmiras é a miña aldea pero a

terra é a Limia, eu síntome limiá á parte de

ser de Trasmiras.

¿ Que simbolizan para ti as flores, o galo,

o corvo , e a pedra ?

As flores é como un símbolo do noso

estar no mundo, son algo moi fráxil, moi

fermoso e que morre pronto. É coma se

os seres humanos foramos tamén así. É

un símbolo do tempo que foxe e da bele-

za. O galo é un símbolo da Limia, é o galo

que se escoita na lenda da Cidade de

Antioquía, da cidade que está asolagada

na lagoa. O corvo para min representa

un tipo de feminidade ligado ás lendas

artúricas, vencellado a Morgana, a irmá

do rei Artur, sabedes que o rei Artur

tamén está enterrado na lagoa, polo

tanto, é de supoñer que Morgana tamén

estea enterrada na lagoa. Morgana sem-

pre aparecía falando con corvos, por

iso para min os corvos representan a

Morgana, e Morgana representa as

mulleres que teñen poder. A pedra é a

eternidade.

¿ É a infancia o teu paraíso perdido ?

Non, non teño ningun paraíso perdido.

Levo o paraíso dentro e eu penso que

todos podemos acceder ao paraíso

dentro.

¿ Que importancia ten para ti a lembran-

za dos esquecidos?

Eu penso que somos unha cadea sen rup-

tura, eu penso que temos unha conexión

con eles, cando unha persoa que quere-

mos falece déixache en herdanza todo

canto esa persoa tivo, e dunha maneira

eu trato de ser sempre fiel a esa her-

danza. Si que creo na comunidade entre

os vivos e os mortos.

¿ Son reais os nomes que citas?

Si, son reais, a Xesusa, o meu primo Xosé

Manuel, as festas do Rubio etc, etc.

a n i v e r s a r i o

26

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

CON

VER

SAN

DO C

ON...

CHUSPATO

Page 27: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

María Fernández Casal -Paula

Blanco Manso- Vanesa Santana Otero - 1º BAC

Fragmentos do texto lido por Chus Pato o día 17 de

marzo no salón de actos aos alumnos e alumnas de 1º

de bacharelato.

(...) direivos que a miña familia materna é

nativa do Castelo e de Trasmiras e que, como moitas

nenos e nenas fillos dos que tiveron que marchar,

pasei longas, longuísimas tempadas na miña aldea, e

que a medida que foi pasando o tempo e me conver-

tín nesta adulta que hoxe vedes, o vencello que me

une á Limia non só non diminuíu senón que aumen-

tou e tamén se converteu nunha saudade moi fonda;

supoño que para moitos e moitas de vós isto pode

resultar estraño, atentos como estaredes a querer

marchar canto antes por iso de ver o mundo e de que

as nais e o pais non vos anden enriba e ser máis libres,

pero para min é así, cada vez teño máis e máis ganas

de poder retornar e repetir as longas estadías na

aldea; é como unha seguridade, unha calma, un forte

sentimento de pertencer a un lugar no planeta, un

lugar que para min é o máis fermoso da terra.

Penso moi a miúdo no feito de que para unha gran

parte da poboación mundial esta idea de pertenza a

unha terra xa non é posíbel por causa do infinito des-

enraizamento ao que nos vemos obrigados, penso moi

a miúdo nos millóns e millóns de seres humanos que

se ven na obriga non só de abandonar os seus fogares

debido ás guerras, ás situacións conflitivas, á pobreza

e que para unha gran maioría non é posíbel regresar

nunca ao espazo dos seus antepasados e antepasadas,

pensade nos campos de refuxiados, nas dolorosas rin-

gleiras de desprazados por catástrofes de todo tipo,

de tal maneira que hai moitas xentes que xa non

saben de onde proceden e ás que lles é prohibida

toda relación coa súa orixe nativa, para nosoutros

todo isto resómese na emigración da que as persoas

da Limia sabémolo todo, primeiro as nosas avoas e

avós, logo os nosos pais, con todo a nós cábenos a feli-

cidade de poder tornar, de poder seguir paseando os

ollos polas leiras natais, de continuar mal que ben

falando no idioma que desde tempo inmemorial

falaron os nosos ancestros, e isto cando menos para

min é unha especie de calma, de seguridade e forta-

leza ante as incertezas da existencia, de cando en vez

penso, a Limia existe e son tremendamente feliz,

aínda que non pida vivir aquí, aínda que saiba que a

Limia noutros tempos foi a lagoa, a lagoa máis fer-

mosa do planeta e agora a nosa memoria estea como

desecada, aínda que saiba, e isto porque o vivín, que

antes da concentración parcelaria a miña

era un aldea acugulada de carballos e sou-

tos que xa non son, malia a devastación,

malia a partida incesante das xentes, malia

Arxentina, Cuba, Alemaña ou Euskadi,

todos e todas seguimos aquí, sendo parte da

comunidade de vivos e mortos da que for-

maron parte os/as que nos precederon e da

que nosoutras e nosoutros formamos parte,

esta idea de pertenza a esa comunidade

para min, como vos dicía é un motivo de

ledicia e confianza fronte ao mundo.

Pois si ben é certo que somos seres nativos

dun gran mundo, dun mundo desterritorializado,

seres que fomos da gran cultura cosmopolita e seres

posmodernos que somos dunha civilización que se

autoproclama do coñecemento e global; non menos o

é que somos unha especie que provén de dentro,

unha especie nacente, que sae, que vén ao mundo.

Ningún tipo de vida humana é pensable sen un gran

cambio do elemento húmido materno ao enxoito,

desde o océano interno á terra; en tanto que nacidos,

somos un ser de nación, de territorio, de horda e esta

especie que somos e que procede do interno perma-

nece marcada pola necesidade de pertencer a un

espazo social de cobertura, e non en último lugar á

banda audiovisual que permite aos membros da

nación (horda, país, terra, territorio) aboiar nun verse

e nun escoitarse recíproco e permanente. Cada ser

percibe unha sintonización específica, un axuste

selectivo coa sonosfera do seu grupo de nacemento;

tanto, que a ruptura do cordón

umbilical acústico e visual se experimenta como

unha catástrofe existencial, como unha fin do mundo.

Esa banda audiovisual a que eu pertenzo é, no que

respecta ao visual, o territorio da Limia que contén as

súas xentes e a miña sonosfera natal é o galego, o

galego limiá, por iso para min é tan importante ser-

lles leal a esta terra e ao idioma dos seus habitantes

(...)

Desde a miña opinión, un poema constrúese con con-

ceptos, con voces, con imaxes, con emocións, con sen-

timentos pero sobre todo, sobre todo con palabras;

falareivos das palabras... as palabras xa sabedes:

falamos e falamos e non paramos de falar, eu diría

que a maior paixón dos humanos é falar, diría que xa

no ventre materno falamos ou cando menos configu-

ramos os pulmóns, o esterno, a lingua, a boca para

poder falar canto antes e cando nacemos o que máis

desexamos é fundirnos co espazo, ser donos do vento,

camiñar e rapidamente falar, entón falamos e fala-

mos e se non temos a un humano cerca falamos coas

pedras, cos animais, cos metais ou coas estrelas e

somos tan marabillosamente insensatos que por falar

ata facemos que falen os que de ningún xeito teñen

posibilidade remota de falar, falamos cos defuntos e

facemos que nos falen a nós e así, se nos esforzamos,

podemos escoitar as voces de todos os mortos do pla-

neta, desde a primeira muller morta ata nós; falar

falan os verdugos, as vítimas, os personaxes literarios

non paran de falar, falan os actores no teatro, nas

películas, falan os sepultureiros, falamos e falamos e

ninguén nos pode deter... pero hai momentos nos que

non falamos, entón suspendésenos a voz, retíransenos

as palabras, enmudecemos... é cando nos emociona-

mos, cando alguén moi querido morre, cando nos

namoramos, cando estamos ante algo tan fermoso

que non, non dicimos, non damos dito; quedamos sen

palabras. Pois ben, aí, cando non podemos falar,

cando nos fallan as palabras, cando nos quedamos

sen palabras, aí xustamente é cando comeza o poema

e poeta é aquela ou aquel que emprende a aventura

de intentar, aínda sabendo que ao final lle espera o

fracaso, forzar a linguaxe tanto tanto que remate por

dicir esas palabra de quedarnos sen palabras; por iso

as palabras do poema a miúdo nos resultan tan fami-

liares e tan tan estranxeiras, porque son as de sempre,

as de falar e falar sen tregua pero distintas porque

expresan algo que é un deterse da comunicación

común e a imposibilidade de que a lingua diga aqui-

lo que non pode dicir e necesita dicir; así que o

poema forza, violenta e distorsiona a comunicación

cotiá para que poidamos aprender aquilo que non

podemos dicir porque a lingua non dá, non dá dito e

entón un poema é fundamentalmente unha compo-

sición elaborada cunha linguaxe de intensidade

máxima, de extrema potencia.

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

27

CON

VER

SAN

DO C

ON...

Page 28: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

28

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

HUM

OR

cómicescenasna aula

P A L A B R A S , F R A S E S E P A R I D A S r e c o l l i d a s p o r 2 º B b a c h . a o l o n g o d o c u r s o

APARTADO DEDICADO

Ó MONCHO- Despois de cada ovula-ción, exame!- En día de neve: Todosen pelotas que fai moito calor.- Hai que vir a clase comi-dos, dormidos e mexados.- A lei de Tráfico nadaque ver coas autovías (falamos doséculo XIX), refírese ó comercio etampouco de cocaína.- Retraimento, que non éun insulto anque o pareza, nin tennada que ver con problemas esto-

macais aínda que tamén o pareza- Outra constitución quese fixo pa tocarnos as narices é a"Non Nata" de 1856.- Homo erectus... ehh! quenon é polo que pensades quebueno.... tamén- Os porcos dos cristiánsbañábanse unha vez á semana- Vostedes atenden ouestán pensando na morte da becerra?- Isabel II se tiró a toda lacorte mas a alguno de fuera de lacorte.- Cada día son máis pallaso!

MONCHO: Recordan a peseta?,

que peseta recordan?TAMARA (ALUMNA): Todas!MONCHO: Eu referíame á moeda.

A NEREA (ALUMNA) PREGÚN-TALLE Ó MONCHO: Por quevolve O´Donnel ó goberno?O MONCHO (QUE NON O

SABE) CONTESTA: Por esasmovidas que se traían.

MONCHO NO MEDIO DUNHA

CLASE: Vós coñecedes a películaUn vampiro en Nueva York?TODOS: Si!MONCHO: Sabedes como sechama en portugués? "Não me mor-

das o pescoço" e non me preguntena que vén isto agora porque non osei.

MONCHO: No s.XVI ós gays nonse lles chamaba así.TAMARA: Eran "los de la corte deal lado"Tania: No, eran "los que salían dela alcoba"O Moncho pídelle a Tania (alum-na) o seu correo electrónico paraenviarlle unha folla con textos e quefaga o comentario.A Nerea vai bailando pola clasedicindo: Ui Tania, chateando, cha-teando con el profe!

Page 29: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

29

HUM

OR

APARTADO DEDICADO

Ó ELOI-Esfeiras (galeguiza a túa lingua!)-Na casa ten un Mercedes que écomo un tanque e non o mete a arar asleiras porque non lle entra nelas quesenón...-Ou vivimos na realidade ou vivimosen Corazón, Corazón.-Que viu Galileo con ese telescopio?

É como o que teño eu na casa paraver os jabalís que andan a lo monte?-O nivel intelectual é baixo cero,como a temperatura.-Eu teño sorte porque como a miñamuller é moito peor ca min a miñasogra trátame como se fose un fillo.-Federico da aldea do Eloi explicou-lle a este a Teoría dos Cigarróns. Dique o cigarrón de Verín imita o sonidodo macho da cigarra e que por iso selle chama así.-Nós somos unha puta mierda no uni-

verso.-Nós para os nosos pais somos comoos geráneos; régannos e dannos decomer.-Eloi solda as gafas con logtite-Código xenético baixo (partes ínti-mas)-Os ingleses dúchanse unha vez ásemana e eu estou de acordo coneles. Eu creo que é mellor cheirar afumo e a cadáver que ducharse moito.

APARTADO DEDICADO

Á EULALIA 1_ O planeta Sol...2_ Vós bailades esa música....chuza chuza.4_ Escoitai un montón!5_ A ver si queredes calar!6_ Quedas arrastada!7_ Pediríavos un consello, que

vos calarades.8_ Leis de Kleper (parece men-tira pero é así, non dá ditoKepler)

AAnnaa ÁÁllvvaarreezz ((aalluummnnaa))::Joder, é que esto non me sale!(....). Xa, joder, pero eu fíxenodoutra maneira (...)EEuullaalliiaa:: Ana! DEIXA DEJODER!

APARTADO DEDICADO

Á NEREA PROL(alumna):1_ Os musulmáns entran a Españapolos Pirineos.2_ Platón compara unha tabernacun centro comercial. (Saramagocompara unha CAVERNA cun cen-tro comercial pero o máis intere-sante é como pode Platón coñecerun centro comercial en pleno s.IVa.c.)3_ A María de Lengua leva unspantalóns da marca LOIS. Nerea

di: Ala! Leva pantalois!4_ Intenta dicirlle algo á MMaarrííaade lengua e di: Bueno, vamos aexplicarnos.6_ A ver, MMoonncchhoo, tu imagínateque León quere estar dentro deGalicia, quen lle vai dicir que non?Si ise cacho quere meterse dentro!

MMíírriiaamm ((iinnggllééss)):: Si me corté enun pasado el dedo, como lo tengoahora?Nerea: Corto!

Nerea: Podo ir ó baño antes desaír?

VVaarreellaa: Véxocho difícil!

Durante unha clase de bioloxía_Nerea Prol: Podo ir ó baño?

MMaarr:: Non, d´acordo?

Nerea: D´acordo non!

MMaannoollaa eenn mmaatteess:: Quen sabefacer isto?Nerea di algo indescriptibleManola: Ti aprobachesMatemáticas?Nerea: No, eu suspendín, pero foronos nervios...

APARTADO DEDICADO

Á MARÍA1_ Chámalle ó AlejandroAlex, que confianzas!!!2_ 14 muertos fruto de la vícti-ma. ????????3_ Hola, corazones!4_ Yo no me como a nadie,además aquí estamos cuatrogatos.5_ El perro fue rescatado por

la persona que lo había salvado.María: Pero esto es un esque-ma?Borja (alumno): Home!María: Esto parece una chule-ta para un examen!

María: Me estáis atendiendo?Varela (alumno): No!

María: Roberto, has intentadohacer el resumen?Varela: Púxenlle ganas peronon saíu nada.

Page 30: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

30

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

HUM

OR

ESTE APARTADO ÉPARA TODOS OS QUESOLTAN ALGUNHAPARIDA DE CANDO ENCANDO:

Ana Sarria: Na páxina interesante... (na páxina seguinte)Marisa: Esto non ten senso.... Míriam estás pelín

despidadilla.

Manola: Cadra aquí, no punto G.En Bioloxía segundo a Noelia Briz SP é especie

pero segundo a Thais é esperma.

A Sarria, tantos anos como leva de profesión e aínda trae as ins-trucións de uso da calculadora e de vellas parecen o catecismo.Pilar (galego): Qué significa abúlico?

Tamara: Que come moito!

Pilar: No... iso é bulímico!

María (Lengua): Que significa frívolo?Lola (alumna): Que tiene poco apetito sexual.A Pilar (portugués) dixo que vira un Doraemon

no portal de Belén.

O Varela un día dixo que ese profesor traía os pelos de puntaporque ía pola autovía a 80 e quitou a ventanilla pola cabeza (deverdade, a ventanilla pola cabeza e non a cabeza pola ventanilla).O frutero (Alejandro), cando le, parece dos que

participan en "Diez líneas con el Quijote"

O Estanislao Figueras era o de Mareas Vivas segundo aNerea.Thais: A televisión envólvenos coa súa maxia

negra

Pilar: Como dis?

Thais: Si, maxia negra.

Suso: Vouvos trincar!Sindo nunha clase de 3º ESO: Neno, amortigua

o Colacao!

Profesor de lengua: Quien tiene la definición?Alumno: Yo a mediasProfesor: Si, o a calcetinesTamara que levantara a man queda pasmada totalmenteProfesor: A ver Tamara, dilo tú.Tamara (berrando como unha tola): Calceetiineess???Pilar de Galego escribe haVía.

Míriam de Inglés: Vamos a practicar un poquinín.Moncho manda un comentario e como a Nerea

protesta di: Vós oídes chover?

Todos: No.

Moncho: Eu tampouco

Tania: Que chulito!

María de Lengua: Una palabra que lleve el prefijo paro-Lucía (alumna): Petrolífero.Sarria: É tan elemental o enlace metálico que

me sinto imbécil ó explicalo.

José Antonio de CTMA: A un caracol non se lle dá por faceralpinismo.Carme de Mates: Tu xa non ligas por non levar

traballo.

José Antonio de CTMA: A vaca rubia galega é moita vaca.José Antonio de CTMA: Un peixe e unha peixa.

Sophie (de francés): Gilipollas se puede decir, ¿no?Sophie: Aberrojo (abejorro)

Bióloga: Métese cara a fóraJoselu de E.F.: Que lo diga alguien que no lo

sepa.

Marisa: Es menos ocho, entón...O Borja (alumno) non sintoniza con Savater

(el di que non é un dos seus filósofos preferidos)

- 2º BACH. B

Page 31: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

A LIGA DOSHOMES

EXTRAORDINA-RIOS™

UNHA PANDA DE MAFIOSOS TRATA DE APODE-RARSE DO NOSO PLANETA.

PARA LOITAR CONTRA O MAL O GOBERNO CONTRATOU OS MELLORES GUERREI-

ROS E GUERREIRAS

COMO LÍDER DO GRUPO TEMOS :

OO MMOONNXXEE BBUUDDIISSTTAAOO MMOONNXXEE BBUUDDIISSTTAA

ESTE GUERREIRO USA O PODER DA MEDITACIÓN PARA ATRAPAR A ALMA DOS SEUS INIMIGOS

E ASÍ VENCELOS NO COMBATE

A CONTINUACIÓN TEMOS O HONOR DE PRESENTARVOS A TRESANXOS CHEGADOS DO INFERNO ...

OS ANXOS ANXOS DEOS DECHARLIECHARLIE

ESTES TRES ANXOS COMBINAN A SÚA ASTUCIA,A SÚA FORZA E A SÚA VELOCIDADE CREANDO UNHA

MESTURA EXPLOSIVA CAPAZ DE ACABAR CON TODO OQUE SE LLES POÑA POR DIANTE

O SEGUINTE MEMBRO DO GRUPO É

O GUERREIROO GUERREIROZUMALAZUMALACCÁRREGUIÁRREGUI

ESTE GUERREIRO VASCO EMPREGA OS SEUS COÑECEMENTOS SOBRE A CULTURA GREGA PARA DERRI-

BAR OS SEUS ADVERSARIOS , COMBINA ATAQUES PRO-PIOS DOS GUERREIROS GREGOS

CON GOLPES TÍPICOS DO PAÍS VASCO

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

31

HUM

OR

Page 32: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

a n i v e r s a r i o

OLLO AGORA PORQUE CHEGA ...

ELEKTRAELEKTRA

ESTA SUPER GUERREIRA EMPREGA O MÉTODODA SEDUCCIÓN PARA DERRIBAR OS SEUS

ADVERSARIOS. EMITE UNHAS ONDAS MAGNÉTI-CAS QUE PROVOCAN UN EFECTO SIMILAR AO

CANTO DAS SEREAS E MANEXA CON GRAN DES-TREZA OS GARFOS COS QUE SE ENCARGA DE

REMATAR OS ADVERSARIOS

E AGORA UNS HOMES DE PELO EN PEITO ...

OS HOMES DE POS HOMES DE PAACOCO

ESTES TRES PERSONAXES ENCÁRGANSEDOS SISTEMAS DE VIXIANCIA. A SÚA

MISIÓN É CONTROLAR OS INIMIGOS PARAFACILITAR A ACCIÓN DOS SEUS COMPAÑEIROS

E MANTER A SEGURIDADE DO PLANETA

32

a revista do ies lagoa de antela

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

HUM

OR

OS SEGUINTES PERSONAXES SON

JULIO & ISJULIO & ISABEL ABEL IN BLAIN BLACKCK

ESTES DOUS MEMBROS SONEXPERTOS EN ARMAS DE FOGO ,

POSÚEN UNHA PRECISIÓN PARA ODISPARO FÓRA DO COMÚN E

UNHA RAPIDEZ ABISMAL

Page 33: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

25

AGORA PRESENTARÉMOSVOS O BANDO DOS MAFIOSOS LIDERADO POR

ESTÉVEZMANESTÉVEZMAN

NESTE GRUPO TAMÉN ESTÁN

OS KING OS KING OF BOOF BOXINGXING

ESTES DOUS EXPERTOS BOXEADORES ENCÁRGANSE DA FORZA BRUTA

E POR ÚLTIMO...

MIGUELAMIGUELATTOROR

UNHA COPIA DEFECTUOSA DE TERMINATOR

ESTES PERSONAXES TRATAN DE APODERARSEDO MUNDO MEDIANTE UN MALÉFICOPLAN ... PERO CONSEGUIRÁN LEVALO

A CABO? SE PENSAS QUE SI, MANDA UN SMSCOA PALABRA "PLAN SI" AO 456 , SE POLO

CONTRARIO CRES QUE NON O CONSEGUIRÁN ENVÍA "PLAN NON"

(CUSTO SMS 99.99 €)ENTRE TODAS AS MENSAXES RECIBIDAS

SORTEARASE UN MAGNÍFICO LOTE DE VIDEOS DE HUMOR

-- AANNAA PPAARRAADDAA TTRRAAVVEESSOO--11ºº BBAACC

N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o L í m i t e - N o l í m i t e -

33

HUM

OR

Page 34: a n i v e r s a r i o - edu.xunta.gal · parte das clases altas, inxustiza contra a xente de cor e ... de denuncia ó igual que os negros empregaban o Hip Hop. Sam Philips, director

No Límite