uunn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/irimia-790-web.pdf · 2....

16
R E V I S T A Q U I N C E N A L D E C R E N T E S G A L E G O S A terra vai dando froito por si mesma ANO XXIX • Nº 790 - Do 8 ao 21 de xuño de 2009 U U U n n n t t t e e e i i i t t t o o o - - - e e e m m m o o o i i i t t t o o o m m m á á á i i i s s s - - - p p p a a a r r r a a a o o o s s s s s s e e e n n n t t t e e e i i i t t t o o o

Upload: voduong

Post on 20-Sep-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 779900 -- DDoo 88 aaoo 2211 ddee xxuuññoo ddee 22000099

UUUUnnnn tttteeeeiiiittttoooo ----eeee mmmmooooiiiittttoooo mmmmááááiiiissss---- ppppaaaarrrraaaa oooossss sssseeeennnn tttteeeeiiiittttoooo

Page 2: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

A foto que fala

Deán, o ReconquistadorO trasnoDaniel López Muñoz

A bóla global. Porto Príncipe (Haití). Final dacopa de Europa, afeccionados do Barça cele-

bran un gol ante o Manchester.

E abríronse os ceos -se cadra era oteito artesoado, que era divino-, eunha luz branquísima atordou aDeán, o santoheroe, aínda axitado eluscofuscado por unha ansiedade“jubilar” que o mantiña insomne, enmortificada loita e permanente vixíacontra a inmunda –aggggg!–tentación secularista. Un serenísimobaixo continuo invadiu a estancia.Coros de querubíns de indefinidoxénero e número –sobre todoxénero- decoraban o silencio conlenes, perfectas, primorosas –sen poriso deixar de seren diplomaticamenteenérxicas– ladaíñas: a caelo usque adcentrum, a mari usque ad mare, apedibus usque ad caput, absolutumdominiun! (que, tradutore, tradittore,disque significa: benia o pluralismo!;saúde á liberdade; gloria á diferenza!Todo dentro da orde natural dascousas!!).Foi daquela cando, así, sen voz en offnin farrapo de cítara, naquel anacode ceo aberto, acendeu unha sorte depantalla plasma de vaticanasdimensións e Deán, con olloschorosos e amilagrados, tivo aquelabeatífica visión: Multitudescongregábanse na Alameda (ás 12 naAlameda, para sermos exactos),piadosos confrades e cafradas(mmmm, “confradas” quizais?,dubidou Deán, facendo unhaconcesión á linguaxe de xénero)... en

interminables ringleiras deadoradores e adoratrices (outra);masivas procesións confesionais doGaiás ao Gozo e, de gozo en gozo–estritamente espiritual-, enfervoroso viacrucis ascendente, aoSanto Pedroso,... Pedroso, albricias!!,Pedro, Petrus, Santo Padre,Ratzinguer –raios!, digo aleluia!– alíagardando; rosarios de moreas e amoreas, da aurora e do ocaso, da albaao solpor –mesmo con sopor–;homilías purgatorias en altofalantespor todo o espazo público, pero xamenos; ortodoxísimas liturxiassoportadas –aturadas???– en novastecnoloxías, en cada praza, en cadaavenida, en cada bus urbano, en cadaandar do Hipercor...E a Quintana dos mortos, por finreconquistada, inzada de peregrinos,non todos con ideas peregrinas perocunha soa voz: Totus Tuus deánnoster!!(que vén significando: dean oque che dean, que nolo dea Deán).Ás sete soou o espertador. E ás once perdemos outraoportunidade para asentar criteriossobre o espazo que a espiritualidadedebe ter nunha sociedade plural,xuridicamente aconfesional,culturalmente alienada, socialmenteinicua, ecoloxicamente suicida epsicoloxicamente neurótica.

Outra mágoa.

2

Page 3: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

Editorial Eurodepresión

Rumores de esperanza

O proxecto europeo atravesa unha seria crise de confianza por parte das xentes de Europa. Asreiteradas altas taxas de abstención nas eleccións ao Parlamento Europeo, son boa proba diso.

Non fai falta mirar moi lonxe nin facer grandes análises comparando países para ter unha ideado que acontece. A percepción é que fronte aos grandes problemas –conflitos, crises económicas–cada quen actúa ao seu xeito. E a solución dos asuntos domésticos, europeos –por exemplo ofuturo para o mundo rural e o sector lácteo dos países distintos dos “centrais” e fundadores doclub– non parece nin intelixente nin xusta.

Iso fai esquecer con demasiada facilidadea grande importancia que os fondoseuropeos tiveron e teñen namodernización das vías de comunicaciónou na mellora da formación dostraballadores, e mesmo a que non tiveron

–pero poderían ter, iso non é culpa de Europa- no desenvolvemento e mellora da calidade devida rural.

O fortalecemento de Europa é contraditorio. Por unha parte é unha oportunidade de superar esaidea estreita dos estados-nación e avanzar cara a unha Europa da diversidade nacional/rexional,da diferenza como valor, da cidadanía multicolor. Pola outra parece que se produce un fenómenoinverso e decepcionante: o fortalecemento da imaxe de superlíderes nacionais –normalmente dadereita– escandalosos e populistas, o “chauvinismo”, as carreiras polo predominio.

Un feito certo é o famoso déficit democrático na Unión: en realidade o parlamento interesapouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para lexislar. É de feito unhaespecie de xigantesco consello consultivo, no que moitos partidos aparcan aos seus elefantesferidos en combate para asegurarlles un retiro digno. E, ademais, para as identidades nacionaisperiféricas –como Galicia– hai unha permanente decepción, pois non existe a circunscricióngalega: alí onde se xoga parte do futuro de moitos sectores estratéxicos resulta que “ninguén”representa, en rigor, a Galicia.

Neste caso, máis ca nunca, a abstención ten unha lectura política: hai que cambiar o sistema deelección.

Xan Guillén

É decepcionante que non exista unhacircunscrición galega

Di un xornalista televisivo de deportes: “A vida pode ser marabillosa”. Vouvos contar algo quelles pasou a dous amigos irimegos que ben demostra isto. Foron a Pontevedra xogar unhacompetición un sábado á tarde e aparcaron preto do hospital. De súpeto a un quedáronlle aschaves do coche dentro e a porta pechada. Os amigos en pantalón curto buscaron unha solución:

que a muller do dono do coche mandase no autobús de liña dende Ourense a copia da chave.Cando a lei de Murphy funciona non paran as desgrazas, e resultou que oautobús cambiou o cartel e cando se deron conta xa pasara, e eles seguían en

Pontevedra sen chaves, co pantalón curto e a noite e a friaxe achegar. Decidiron chamar a un cerralleiro. Volveron ao hospitalpara buscar un teléfono e nisto atoparon un anxo. Contáronllo a

unha muller que estaba na porta para que os axudase a atopar un cerralleiro,e esta muller fixo o milagre. Deixoulles o seu coche durante toda a noite para que volvesen aOurense a ao día seguinte puidesen regresar xa vestidos e esperar o autobús que ía pasar a noitena Coruña coas súas chaves. A señora e os amigos non se coñecían de nada. Dicían estes amigos que a vida paga a pena vivila só por atopar con xente como a señora quefixo de anxo para eles. Eu coido que si, pero ademais para min a vida paga a pena vivila porqueestes amigos decatáronse que viviran un rumor de esperanza, e non pararon ata localizarme econtarmo para que o poida compartir con vós. Dous milagres nun artigo. Se queredes contarmemilagriños dos grandes, non teñades reparo en facelo. Aquí estou.

3

Page 4: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

4

Celebramos o Día do MedioAmbiente cos PIGMEOS,que loitan pola súa cultura antea invasión do turismo.Nómades dende hai 10 000anos, descendentes do primeiropobo da África Central, vivenda caza e da recolección nunbosque vizoso no que medrano 70% das especies vexetais domundo. A deforestación salvaxeestá a rematar con eles: as cor-tas do sapeli, que acubilla aseirugas, o seu alimento preferi-do. Refúxianse nos bosques,ante o maltrato dos veciñoscampesiños, que os convertenen escravos. Son 50.000 enGabón, Camerún, Congo eCentroáfrica, pero non teñen unlíder que os defenda. Teñenescolas nos campamentos etransmiten a cultura oralmente,de pais a fillos.

A PANDEMIA da menin-xite asola África, sen a alarmado virus H1N1, que afectou aun ceutí. 270 grupos deMédicos Sen Fronteiras urxen avacinación masiva de 7 millónsde persoas. Son 1 900 finadose 56 000 casos declarados,dos cales poden morrer a meta-de sen tratamento e contaxiarseoutros moitos. Hai 10 anosmorreron 25 000 persoas.Nixeria, o país máis afectado,nunha situación mísera, estáobrigada a pagar a vacina.MSF comprometeu o goberno acusteala. Fai desfeitas nos refu-xiados de Darfur, Na foto,María, coordinadora de MSFde Galicia, que trasladou a súasede de Xixón a Santiago.Tampouco se denuncia quemorren 2 millóns de persoas aoano pola malaria, e outros tan-tos por diarrea, enfermidadesque se poden previr e curar.Mentres, a gripe aviar matou250 persoas en 10 anos, perolucrou as empresas farmacéuti-cas, a común, mediomillón/ano.

A MOCIDADE sofre acrise gravemente, con máis dametade sen contrato fixo, uns127 193. A precariedadeacada o 75,5% no sector públi-co. Moitos fan máis de 8 hextra/semana sen cobrar. Un15,4% (50 000) son mulleres eo 17,2% están no paro. Buscansaídas coma fumar, a metadedeles, e máis dun 20% consomecannabis. Están a reducir oconsumo de alcohol, pero haienquisas comarcais que freaneste optimismo. En Chantada, o80% manifesta consumilo amiúdo. O sociólogo EduardoDuque, en Os jovens e a reli-giao na Sociedade actual, doInstituto da Mocidade, fai unhaanálise sobre crenzas, actitudese valores do Distrito de Braga,que incide con lucidez nesteámbito. Mentres, a violenciainza nunha mocidade desespe-ranzada en América Latina,con 25,3 asasinatos por cada100 000, o dobre que no1980.

CIVIPAZ, Comunidade civilde Vida e Paz, en Colombia,loita contra a guerra que osdeprazou. Foi filmada en A vozdas pedras, de Javier Corcuera,unha das 4 historias esquecidasque J. Bardem rescatou no filme‘Invisibeis’. Hai 5 anos, 27familias retornaron, creandounha zona neutral. Agora son800. Na foto, uns cantos roda-dos que lembran 130 asasina-dos ou desaparecidos na gue-rra máis longa de América, demáis de 50 anos e con 4millóns de desprazados, ao péda árbore da vida, que acubillaa memoria dunha terra militari-zada. Foron expulsados polosparamilitares, que se apodera-ron das terras vizosas, preña-das de auga e petróleo. Asmulleres, adoradas por manteras raíces, despois do masacrecambiaron o monocultivodepredador dun exército impu-ne (aceite, coca…) pola biodi-versidade dos cultivos ecolóxi-cos. Fieis a Gandhi: “Non haicamiño para a paz, a paz é ocamiño”.

A peneira

1

1 2 3 4

3

42

Page 5: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

5

O 17 de xuño, Día contra aDesertización. No manancialda AMAZONIA abrollaa metade da auga doce domundo e viven 10 millóns deespecies de animais e plantas,en 7 millóns de km, (214 vecesmáis ca España). Bautizaron orío coma Santa María do MarDoce. O futuro depende dodesenvolvemento dos veciños,acosados polas desfeitas ecoló-xicas na recolleita inmensa defroitos que depara a selva, coatala brutal das árbores. Están adesaparecer 200 tribos e 80idiomas pola destrución dos milafluentes do río, con encorosque matan os peixes que os ali-mentan, e agora asulagan asterras, e coas minas explotadaspor multinacionais. Brasil é undos 10 grandes produtores demanganeso, ferro, uranio, etc.Na foto, un voluntario salvandounha tartaruga xigante dunhapresa das 70 que quere cons-truír Brasil no Amazonas.

XESÚS MATO, na fotoco colectivo de investigaciónetnográfica María Castaña deLugo, é homenaxeado por cenamigos polos seus primeiros 75anos, 50 de crego e 25 namontaña. Nada mellor paradefinilo que o cualificativo deAnxel Fole: “Crego auténtico”,que menciona o seu compañei-ro de Baralla, Manolo do Bolo,no libro que fai memoria, 100olladas sobre as múltiples facia-nas da súa vida. Foi pioneirona liturxia en galego, na inte-gración das e dos discapacita-dos, nuns medios a prol dopaís, no reforzamento da auto-estima da mocidade dos 70,transformando Lugo nun viveirode iniciativas culturais, grazasá achega daquela mocidade daaldea que traía as esencias dopobo, enxertándoas na capital,na recolleita da nosa tradicióne patrimonio. Arrequenta coseu compromiso ducias decolectivos por Galiza adiante.

Hai 292 000 PERSOASDISCAPACITADAS, un11,3% da poboación, e 76 000con discapacidade auditiva, 12000 con certificado de minus-valía. Pero só hai 100 intérpre-tes da lingua de sinais, tannecesaria no ensino con alum-nas/os con esta barreira. Só enLugo capital hai 700, e na pro-vincia mil máis, que son aten-dios por 4 intérpretes. Hai quedotar os servizos de profesio-nais: saúde, asesorías laborais,programas da televisión consubtítulos, asistencias no usodas novas tecnoloxías. A Xuntaproxecta 4 centros para disca-pacitados psíquicos en Nigrán,A Peroxa, e dous en Vigo, cun-has 250 prazas. Dos 27 399clasificados coma grandesdependentes, só 11 000 cobrana axuda.

Escasean mariñeiros eREDEIRAS. En Burelaaprenden caboverdianas/os eperuanas/os, os grupos máisnumerosos polo reagrupamen-to. Os primeiros viñeron no 77con Alumina. Ao non deixalosintegrarse en persoal, uns retor-naron e outros enrolaronse nosbarcos. Na foto, a redeira(dende os 13 anos) Lupe Neira,presidenta de Redeiras daMariña, na caseta 24 de Foz.A maioría das galegas xacumpriron os 55, e reivindicanas enfermidades profesionais eo adianto da xubilación. EnBurela o 10% son inmigrantes:900 de 35 nacionalidades (298caboverdianos). Nun colexiofunciona un método para inte-grar as familias, dende a esco-larización. A investigadora daUSC, Mar Lorenzo, traballoucon 600 en 10 colexios: Burela,Vigo, Negreira, Ames,Vilagarcía, A Coruña eSantiago, cun método a prol dainterrelación, que foi premiadopor Educación.

5 6 7 8

5

6

7

8

Alfonso Blanco Torrado

Page 6: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

6

Xaquín Campo Freire

Como me semella vostede, Señor Presidente da Xunta, aquel home da xanelada Empresa Ribadeo en Lugo.Un neno orfo ten que aprender prematuramente a facer de home e asumirresponsabilidades de adulto que lle exceden. Tería eu daquela uns dez anos escasos, � 1947� , e xa había tres que finara anosa naiciña. Pola enfermidade que seguía habendo na casa, o noso pai nonpodía ausentarse e mandoume a min facer unha xestión a Lugo. Todo foi ben,porque hai xente moi boa no mundo que se doe dos picariños cando intúenneles a necesidade. No meu caso era ben patente, pois cando me preguntaronporque non arranxaba eses asuntos o meu pai, non houbo máis que facilidadescando dei explicacións.O problema xurdiu ao ir pillar o billete de volta na xanela da Empresa Ribadeo.Alí estaba aquel home da convivencia harmónica de linguas. O diálogo foi así:

- ¿Que deseas?- Por favor, un billete para O Alto de Roca na liña que vai á Coruña áscinco da tarde.

- Oye, muchachito, eso no existe en el mapa y además se dice “El Altode Roca”. No te das cuenta que estás en una ventanilla de unaAdministración. Tienes que aprender a hablar bien.

A verdade é que non mo dixo enfadado. Non.Eu non sei se está ben xurar, porque cando se xura sempre é cara para arriba,

para gardar fidelidade ao poderoso. Cara abaixo, non importa. Pois eu aqueldía xurei cara dentro por partida dupla:1º. Non sei se Roca estaba ou non no mapa daquel señor. Pero si que existíano territorio da Galiza. 2º. Que meu pai e miña nai me aprendera a dicir: “OAlto de Roca”. E eles non nos falaban mal.Non sei se está ben, pero eu hoxe volvo facer un dúplice xuramento: 1º. Quenon minto no relato do sucedido. 2º. Que desde aquel día eu souben que eraXaquín, fillo de Xaquín de Roca, que me querían moito e eu tiña fachenda deles. O que xa non me atrevo a xurar é se aquilo foi bilingüismo harmónico, conpermiso do Excmo. Sr. Núñez Feijoo, o Presidente, que coma aquel home taménten unha xanela grande, inmensa, na Administración. Tampouco podería xurar se este relato terá o “placet” desa preciosidadearomatizante, Dona Rosa Díez. Porque bilingüe, bilingüe, só somos os de abaixo. O débil, o pobre, o pobo nonten dereitos. Só obrigas. O de arriba escolle, impera e fai saber. E que Deus noslibre das súas iras. Síntome outra vez orfo de nai. Non podo falar no que ela me aprendeu. Síntooben. Paradoxos da vida: Estraños na propia terra.Sempre seu, Xaquinderoca. De nada.

Eis o bilingüismo harmónico

Bilingüe, bilingüe, só somos os de abaixo

Page 7: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

7

Rubén Aramburu

O Peto do Santo AntónNa última Irimia contábao o amigo Alfonso de Guitiriz: ao xesuíta e cura obreiroBenito Santos, o sindicato CC.OO concedeulle o premio 1º de Maio ao compromisosocial e á solidariedade. Non é moi habitual que un sindicato lle conceda un premioa un cura, non si? O Bieito merecía este premio e máis. Impresionoume sempre o seuaspecto sinxelo e a súa quietude, que reflicten presenza do espírito e vida orante.Cando fala faino sempre buscando o positivo sen deixar de lado o carisma proféticode denuncia, e fala con fondo coñecemento das cousas.A editorial Herder publicou hai pouco un libro moi interesante sobre os curasobreiros en España; é o testemuño de 28 curas que traballaron en distintos sectores.O terceiro da lista é o amigo Bieito. Foi un dos líderes sindicais do sonado conflitodos estaleiros de Ascón en Vigo, coa folga máis longa da historia en España, 8meses entre febreiro e outubro de 1978. O noso cura foi despedido tres veces exulgado polo Tribunal de Orde Pública, e a Garda Civil axexaba as homilías quefacía nas misas.Despois do peche de Ascón e xunto a varios compañeiros, montaron unhacooperativa relacionada co sector naval que se converteu en referente e modelo polaprofesionalidade dos traballadores. Comezaron a gañar millóns, e entón o Bieito,que ten corazón de pobre, decidiu deixar atrás aquela experiencia e dedicou 20anos ao mundo da saúde como enfermeiro.Agora como xubilado segue animando grupos de obreiros como a HOAC eparticipa en numerosos foros e comunidades, sempre irradiando optimismo eesperanza. Leo unha entrevista que lle fai un xornal de Vigo, e quedo con estaspalabras: “ A mirada retrospectiva sobre a miña vida de traballo non pode ser máisca fondamente agradecida. Seguro que puiden facer mellor as cousas… Máis aló dotraballo profesional e sindical sempre busquei crear un clima de cercanía e amizade,de corresponsabilidade e de participación nos problemas do colectivo…, todo istovivido como crente e como cura”.Benaventurados os que teñen espírito de pobres… e os que viven no Espírito comoBieito!

Page 8: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

8

Este acto, que tivo lugar o 21 demaio, veu precedido dunha sentadade 24horas diante da porta do Fogarde San Paio, máis coñecido como a“Gota de Leite”, emprazamentoescolleito e xa parcialmenteacondicionado para tal fin polo IIPlan Galego de Inclusión Social(2007-2013), promovido pola Xuntade Galicia, que pretendía abrilocoma un centro de referencia dentroda Rede de Centros de InclusiónSocial.

Unha realidade: as/os sen teito

Segundo os datos coas que contan asprincipais organizacións quetraballan neste eido, Vigo conta conmáis de 300 persoas que malviven narúa a causa de motivos económicos,sociais e de saúde. Malia aimportancia da poboación afectada, acidade olívica non conta con ningúncentro público que poda atender aeste colectivo, que se ve agravadopara grave carencia de

infraestruturas básicas de urxenciaque permitan intervir con criteriosprofesionais nas necesidades daspersoas sen fogar, constatándose oaumento da demanda e das peticiónsde axuda por parte destes.

Por outra banda, tal como resalta aRede Galicia Sur, estas eivas afectandun xeito dramático ás mulleres que

se atopan en situación de emerxenciae que carecen de domicilio, que nonteñen onde acudir ou non teñen unharesposta inmediata á súa situación, coque na práctica, as mulleres resultandobremente excluídas. Unharealidade en si mesmo terrible, maisque queda sen cualificativos se temosen conta que no que vai de ano 14persoas faleceron en Vigo na rúa.

Unha carencia: os servizos públicospara as persoas sen fogarA cidadanía viguesa mobilízase, maiso problema abrangue a toda Galicia.Segundo os datos que publicaba oxornal Galicia Hoxe de hai menosdun ano, Vicepresidencia da Xunta,de quen era competencia nesemomento esta realidade, recoñecía aexistencia de só 353 prazas en centrosde inclusión, pisos de acollida oualbergues, para as máis de 4.000persoas sen teito que viven no nosopaís, non sendo ningunha destasprazas pública, senón que se trataríade centros xestionados porasociacións, fundacións ou ordesrelixiosas.

Para o edificio da Gota de Leite,centricamente situado, lindantecunha das zonas de maiormarxinalidade social, fíxose desde aVicepresidencia do Bipartito unproxecto piloto, con albergue ecomedor social, pero tamén con“calor e café”, unidade de hixiene,centro de día e espazo para daracollida a xente que inicie unhaestancia máis longa, cando secompromete non proxecto serio deinserción laboral. Obrouse sobre oandar máis baixo, o que dá acceso ao

ActualidadeJ. A. Martínez

Cadeas humanas contra a exclusión

no que vai de ano 14 persoasfaleceron en Vigo na rúa

Que levou a máis de cincocentas persoas a congregarse no centro de Vigo e

arrodear dúas veces, a xeito de cadea humana, un edificio lindeiro á casa do

Concello e proceder á súa simbólica inauguración? A Rede Galicia Sur,

plataforma que agrupa a 24 organizacións que traballan no eido da soli-

dariedade e da cooperación na cidade de Vigo e na súa bisbarra, convocou

este acto reivindicativo solicitando a apertura dun albergue público para as

persoas sen fogar e en situacións de emerxencia e pobreza severa.

A cadea humana arrodeou dúas veces oedificio

Page 9: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

9

nun momento determinado podaatoparse nunha situación deemerxencia ou de exclusión social.Entende que Vigo precisa dundispositivo público deste tipo aocarecer dunha alternativa para unhapoboación que non deixa de medrar.Esixe que acaben coas trabasadministrativas, que se cumpran aspromesas e que se produza unhaapertura inmediata do Centro, sendoasumido este coma un proxectoprioritario e urxente para a cidade,independentemente de quen arepresente dende o Concello.

Para esta Rede, o proxecto de Centrode Inclusión Social da Gota de Leiteé unha oportunidade inmellorablepara atender esta demanda históricae urxente neste lugar: pola súacapacidade, polo espazo dispoñible,pola proximidade aos recursosnormalizados, polo emprazamento epolas súas instalacións. Éfundamental dispor de servizosprofesionais neste eido, pero aíndamáis facilitar un espazo departicipación das persoas sen fogarna sociedade e na vida comunitariaco apoio dos distintos axentes sociais.É unha urxencia á que a criseeconómica non debe servir de escusasenón acelerar a súa posta enfuncionamento.

comedor, e podería comezar afuncionar de maneira progresiva, ataconverterse nun auténtico centro dereferencia dentro do proxecto deRede de Centros de Inclusión Social.

Un proxecto de vangarda, porén, enperigo. Efectivamente, a falla dunhaconcreción orzamentaria específicapor parte da anterior administraciónpara dotalo de persoal e botalo aandar, así como o cambio de gobernona Xunta, permitiu que as manobrasobstrucionistas do alcalde - quepretende que nese inmoble que épatrimonio da Xunta destinado a usosocial se instale a policíamunicipal!!!- sexa a desculpa paraque a nova Xunta se manteña naindefinición, dilatando a súainauguración e entrando no xogo defalar dun novo emprazamento.

Ás hipocrisías de determinadossectores sociais, que buscabanexplicacións heteroxéneas paradesbotar a localización da Gota deLeite, mais sen falar abertamente damala imaxe dos pobres, do seusuposto efecto sobre o comercio local–cando o que se pretende éprecisamente sacar a xente da rúa-,uníronse as tirapuxas políticas,dentro do propio bipartito local, cunBNG, responsable desta área, que sedeclara aliñado co que se promoveradende unha das súas consellerías,fronte a un PsdG, que agora se atopamáis cómodo amparándose nosmedos do PP. E no medio dapolémica, o peche do albergueprovisional sito na antiga Escola deHostalería do Berbés, que volvedeixar ás persoas sen fogarnovamente na rúa.

Unha reclamación: un Centro deInclusión Social na Gota de Leite

A Rede Social Galicia Sur reclama aapertura deste Centro de InclusiónSocial, coma un recurso básico deintervención que facilite dende aatención sociosanitaria básica áintegración do colectivo de persoassen fogar e, en xeral, para a xente que

O acto pechouse coa apertura simbólica do Centro

A cousa vén de atrás2004: Aprobado en Pleno municipal a

creación dun Albergue municipal.

2005: Non se fixo nada.

2006: Houbo múltiples promesas pero nonse concretaron en nada. Fortepolémica porque a Vicepresidenciamanifesta intención de dedicar parteda infrautilizada Hospedaría da casado Mar a albergue.

“Los indigentes vigueses se quedan sinplazas de albergue enVerano“(Atlantico Diario.09.08.2006 )

2007: Xuntanza coa Secretaria Xeral deBenestar Social da Xunta de Galiciano Concello de Vigo. Vicepresidenciadeseña dun proxecto integral no centroSan Paio.

“Siete Sin Techo murieron en Vigo a lolargo del 2006“ (La Voz De Galicia10.01.2007)

2008: Promesa de abrir antes do verán. OAlcalde comeza a manifestar o seudesacordo.

2008-2009. O Concello de Vigo pon enmarcha o dispositivo especial contra ofrío na Escola de Hostelería do Berbés.

Xaneiro 2009: Comezan as obras na Gotade Leite

Maio 2009: O Valedor urxe á Xunta aabrir un albergue en Vigo trala mortede 14 sen teito.

Page 10: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

Horizonte Universal MANIFESTO DE VIENA

As Comunidades Cristiás de Base europeas, formadaspor cidadáns/as, crentes en Xesús de Nazaré, reunidas enViena do 1 ao 3 de maio de 2009, ante a opinión públicaqueremos manifestar que:

A) DENUNCIAMOS, o terrible suma e segue que, tantona Unión Europea como en cada un dos países membros,está supondo unha serie de atentados e infamias talescomo:

Unha Europa Fortaleza que ameaza aos seuspropios cidadáns se acollen, apoian, ou sesolidarizan cos inmigrantes sen papeis.Unhas empresas -e como non a gran banca- queengordaron os seus beneficios a costa do traballodos inmigrantes en tempos de vacas gordas e que,cando chegan as vacas fracas, despídenos sen máis. Unhas redes mafiosas que se aproveitan dalexislación ditaminada polos países europeos(punitiva, restritiva e inhumana), para sacar pingüesbeneficios, mediante pateras, caiucos, ou falsoscontratos laborais que prostitúen a miles demulleres nos prostíbulos da vella Europa e enganana outros miles de traballadores clandestinos.Unha gran cantidade de inmigrantesindocumentados que se atopan nos cárceres dafortaleza europea por delitos tales como venderCDs pirateados, vagar por unhas prazas ousimplemente non ter papeis.E, en definitiva, unha UE que se pecha a si mesma,a través de muros e leis inxustas, que viola senningún pudor a Declaración Universal dos DereitosHumanos e que condena a miles de persoas amorrer afogadas en augas do Estreito de Xibraltar edo Atlántico, sinxelamente por aspirar a unha vidadigna.

B) LAMENTAMOS como a vella Europa, vertebradapola dobre moral xudeocristiana, e inspirada durante 16séculos desde o Vaticano é quen de fraguar o espírito noque se basean os dereitos humanos e de violalos á vez. A mesma que desenvolve programas de cooperación esolidariedade internacional é logo a que vendearmamento e fomenta ou participa en todo tipo deguerras. E a mesma que segue matando ás súas mulleres polosmalos tratos, escandalízase logo por que outras leven veo.

C) COMPROMETÉMONOS, como seguidores/as doespírito de Xesús de Nazaret, a:

Desprendernos desa moral vaticana xudeocristianae a declarar ao Estado Vaticano usurpador eviolador do Evanxeo. Denunciar as leis inxustas da UE, a través decomunicados, manifestacións, peches, e outrasmobilizacións.Participar nas próximas eleccións europeas tratandode elixir a aqueles partidos que defendan acidadanía real, a laicidade e a solidariedade, paraque fronte ao ascenso da extrema dereita europeaque cada día avoga por restrinxir mais dereitos áspersoas inmigrantes, poida ser fortalecido un granpartido da esquerda, verde, solidaria ou socialistaque pare este desastre racista e xenófobo.Realizar a gran marcha europea sobre Roma, paradeclarar caduco o vello sistema capitalista e auguraroutro mundo mais xusto que non só é posible senónnecesario.E, finalmente, abrir as nosas portas -e os nososcorazóns- ás persoas inmigrantes, a modo depequenas fendas que vaian acabando pouquiño apouco coa fortaleza actual.

En Viena a 3 de maio de 2009

10

Page 11: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

Utopía

Todo incremento de alegríaTodo incremento de alegríaque unha cultura poidaque unha cultura poidaofrecer contribuirá máis aofrecer contribuirá máis aeducar os seus membros caeducar os seus membros catodas as ameazas de castitodas as ameazas de casti --go e prédicas de virtudes. go e prédicas de virtudes.

Erich FrommErich Fromm11

Page 12: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

12

Para coñecer, andar ou ler

O xograr Mendiño, alá polo século XIII, situou nesta idílica illa unha dashistorias de amor máis famosas dos nosos cancioneiros medievais: a da mozaque agarda en van polo amigo e non pode saír porque non hai barqueiro ninsabe remar.San Simón e Santo Antonio (así se chaman os dous illotes unidos dende oséculo XIX por unha ponte) estiveron habitados polo home dende aprehistoria, pola súa estratéxica situación. Coa mesma fin tamén seestableceron os cabaleiros templarios e varias comunidades relixiosas de vidacontemplativa, como os pascualinos do franciscano andaluz frei Juan Pascual,que funda aquí un convento en 1517. Pero así como o mar defende este pequeno arquipélago da terra, tamén foipor onde chegaron os barcos piratas para arrasar todo. Dende entón, adiferenza de Cortegada, A Toxa, Sálvora, as Cíes e as Ons, ficaron desertas, xaque o territorio non é apto máis ca para pacer as cabras e as ovellas no verán.

O lazaretoA historia moderna de San Simón comeza en 1838, anoen que se acorda convertela en lazareto, para pasar acorentena aquelas persoas que chegaban enfermas nosbarcos antes de baixar no porto de Vigo. En 1842apróbase o regulamento e a construción dos edificios e daponte e en 1884 inaugúrase a traída de auga dende afreguesía de Cesantes. Os dous illotes convertéronse nunha especie deestablecemento balneario no medio da ría de Vigo, concasas para os médicos e demais persoal, e con pavillóns,enfermería e outras construcións para os doentes esospeitosos de contaxio, sen faltar tampouco a capela e ocemiterio, este situado no extremo da illa de SantoAntonio. O malo era a humidade e o vento, pois polodemais os pacientes ata podían ficar separados consontea gravidade, facendo entón de liña divisoria a ponte,provista de dúas cancelas, de xeito que cando se abríaunha pechábase a outra, e así quedaban no medio osenfermos e os víveres. Ademais tamén se embeleceron con miradoiros, árboresexóticas e xardíns. Sobresae un impresionante paseocentral ao longo de toda a illa de San Simón, enfeitadocon dúas ringleiras de buxos, agora a admiración decantos chegan a este lugar por primeira vez.O lazareto deixou de existir na década dos anos vinte doséculo pasado e as illas quedaron, unha vez máis,abandonadas.

Clodio González Pérez

San Simón: inferno e paraíso

A ponte que une as illas de San Simón e Santo Antonio.

Page 13: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

13

O paseo dos buxos

O campo de concentración A comezos da Guerra Civil foron tantos os detidos polossublevados franquistas que converteron en prisiónsedificios que nunca o foran, dende mosteiros (Celanova,Oseira, Oia...) ata o abandonado lazareto. O 15 deoutubro de 1936 chega o primeiro grupo de prisioneiros,ao que seguirán máis nos anos sucesivos. Algúns sonfusilados alí mesmo contra o muro do vello cemiterio,moitos en Vigo e outros foron “paseados”. Ante a falta desitio en terra para acoller a tantos homes, fondeouse acurta distancia o barco “Upo Mendi”, ateigadoprincipalmente con presos vascos en condiciónsinfrahumanas.

Durante os primeiros anos encargáronse de propagar oterror. Cometéronse toda clase de tropelías, o director daprisión, Lago Búa, o médico forense, Bustelo, e algúndirector espiritual, como o xesuíta P. Nieto. Ao remate da guerra os vencedores deciden trasladar aSan Simón centos de presos maiores procedentes doutroscárceres. As duras condicións do campo, xunto coa famee a miseria causan unha media de entre dez e docefalecementos por día. Cantos morreron? Quizais nuncase saiba de certo o número. E así ata 1943, ano no que seclausura. Nos anos sucesivos converteuse en lugar de veraneo dosmembros da garda persoal de Franco, ata o 22 de agostode 1950, cando se afunde unha embarcación e afogaron43 tripulantes.

A illa da memoriaOs buxos, testemuñas mudas do terror, formaron unsombrizo túnel que, por sorte, chegou case intacto aosnosos días, dos que se di que non só son os mellores daPenínsula, senón de toda Europa. Ai... se falasen! Contarían a triste estadía dos emigrantesretornados de América, e dos que dormen algúns o soñoeterno no pequeno cemiterio de Santo Antonio,arrolados polo bruar das ondas e do vento mareiro. Peromoito máis dos case sete anos de campo deconcentración, resumidos nestes dous últimos versos dunpoema do preso Luís Bouza Brey:

... Ai que mesquiñas elas sonagora as ondas de San Simón.

Todos debiamos visitar unha vez na vida este lugar, nonpor ver o monumento aos trobadores da ría de Vigo(Mendiño, Martín Codax e Xoán de Cangas), osextraordinarios buxos centenarios ou as vistaspanorámicas, senón por saber o que se sente cando sepousan os pés sobre terra amasada con sangue... Ocorazón encóllese no peito ao pensar como o franquismoconverteu nun inferno este pequeno paraíso da Natureza.

[Información para visitas: www.illadesansimon.org,teléfono 986 90 38 84]

Presos en San Simón. Ao fondo, o paseo dos buxos

Page 14: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

14

EDITA: Asociación A. IRIMIA FEITO EN PAPEL RECICLADO

MESA DE REDACCIÓN: Daniel López Munoz, Luís Gómez Aldegunde, Pedro Pedrouzo Devesa, Rubén Rivas Vidal, Lidia CamposChan, Manolo G. Turnes, Lines Salgado Iglesias, José Antonio Martínez. Tlf. 986 10 49 45.

COLABORADORES: Xosé Chao Rego, Victorino Pérez Prieto, Xosé Antón Miguélez, Manolo Regal, Alfonso Blanco Torrado, Xosé LoisVilar, Marta Sopeña, Gumersindo Campaña, Tareixa Ledo, Moisés Lozano, Clodio González Pérez, Antón Martínez Aneiros, Sara PazQuiñones, Manuel Pérez Blanco, Xabier Blanco, Bernardo García Cendán, Valentina Formoso Gosende, Celia Castro Ojea, XerardoCastedo Valbuena, Engracia Vidal, Francisco Xabier Martínez Prieto, Fernando Veiga, Antonio Pinto Antón, Bea Cedrón Vilar, MarianoGuizán Sánchez, Carmen Soto, Rubén Aramburu, Carme Soto, Marisa Vidal e Xan Guillén.

CORRECCIÓN LINGÜÍSTICA: Lidia Campos Chan, Luís Aldegunde.

SUBSCRICIÓNS: Apdo. 980 - 15705 Santiago de Compostela. Telf.: 655 028 253

SUBSCRICIÓNS: ordinaria: 24 Euros. de Apoio: 36 Euros. Correo electrónico - [email protected]

CONTA: Caixa Galicia, CC/2091-0349-45-3040005822 - Urbana, nº 8 - Santiago / BBVA 0182-0267-15-0207905484

DEPÓSITO LEGAL: C-1417-81 TIRADA: 1.300 exemplares DESEÑO E MAQUETACIÓN: Ninfa, Riveiro, Martínez

IMPRIME: Artes Gráficas LITONOR S.A.L. DISTRIBÚE: IMPACTA

EDICIÓN ELECTRÓNICA: http://www.vieiros.com/canais/26/canal-irimia

RR EE VV II SS TT AA QQ UU II NN CC EE NN AA LL DD EE CC RR EE NN TT EE SS GG AA LL EE GG OO SS

A te r ra va i dando f ro i to por s i mesma

AANNOO XXXXIIXX •• NNºº 779900 -- DDoo 88 aaoo 2211 ddee xxuuññoo ddee 22000099

UUUUnnnn tttteeeeiiiittttoooo ----eeee mmmmooooiiiittttoooo mmmmááááiiiissss---- ppppaaaarrrraaaa oooossss sssseeeennnn tttteeeeiiiittttoooo

C'est décevant! On m'a trop déçu!Non escoitastes o que respondeu na entrevista radiofónica que lle fixeronao día seguinte do seu nomeamento?Non lestes o que respondeu na entrevista deste sábado pasado en El País?Non lestes, vistes, ouvistes, sentistes todas as "cousas" que desde o seunomeamento seguiron botando pola boca os seus superiores inmediatosno escalafón arriba, é dicir, o conselleiro de Educación e o presidente daXunta?Non vos decatastes de que non contaron con el, ou se contaron foi paraque achantase, á hora de decidir non requirir un exercicio en galego nasprobas para o acceso á función pública autonómica?Non entendo o voso posibilismo! Non sodes capaces de ver que, se no pasado fósemos un pouco máisesixentes nós -os tépedos galeguistas apartidarios-, outro galo nos estaríahoxe a cantar?E sobre todo non entendo que lancedes de paso unha "pulla" contra osque desconfiamos moito del, tratándonos de "partidarios". E se niso nonpensabades incluírme ou incluírnos -hai moitos que pensan coma min seser do BNG nin da Mesa; por favor lede, navegade por Internet, perdede otempo, que a causa é moi seria-, aínda así sodes inxustos xustamente conaquelas persoas sen cuxo esforzo a grande manifestación do 17 non setería producido.Con todo o anterior e co que vén quero dicirvos que, se Irimia non sabeestar máis "ao loro", falta pouco para que solicite que me deades de baixa,sen esperar a que cumpra o ano que paguei hai pouco.Aínda así, unha aperta.

Xesús Portas Ferro

Page 15: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

15

Boa Nova

A derradeira cea Os acontecementos finais da vida de Xesús sitúanse no marco das festas da Pascua. O texto que hoxenos presenta a liturxia narra a preparación da cea e o momento da institución da Eucaristía segundo aversión do evanxeo de Marcos.O marco temporal no que o evanxelista sitúa a celebración de Xesús cos seus discípulos e o primeiro díada festa dos ácimos, que marca o comezo das celebracións xudías da Pascua no que sacrificaba o añopascual. Esta referencia marca o carácter sacrificial que se lle está dando aos derradeiros días domestre. O feito de procurar un lugar axeitado para a celebración (Mc 14, 12-16) sitúanos na prácticahabitual dos peregrinos que chegan a Xerusalén nestas datas. A narración dálle a esta práctica unsenso de acontecemento marabilloso ao servizo das necesidades do mestre cargada máis de teoloxíaque de historia. Esa mesma noite Xesús celebra a cea cos seus discípulos (Mc 14, 17). Nela concéntrase a existenciaenteira de Xesús e a súa entrega ao Reino (Mc 14, 25). Os xestos que Xesús realiza e a explicación quelles dá (Mc 14, 22-25), supoñen a expresión intensa da súa doazón, e culminan moitos xestos epalabras anteriores. O pan e o viño, visibilizan a salvación que chega na súa persoa e o momentocume que está comezando a vivir. A participación dos seus seguidores nestes xestos, resalta para eles ocompromiso de transmitir o don que chega en Xesús e na súa mensaxe do Reino.

Marisa de Corme

A C

LAV

EDOMINGO 14 DE XUÑO. Festividade do Corpode CristoMc. 14,12-16.22-26

No primeiro día da festa dos Ácimos, cando sesacrificaba o año pascual, preguntáronlle osseus discípulos: “Onde queres que vaiamospreparar a Cea Pascual?”. El mandou dousdiscípulos, dicíndolles: “Ide á cidade, e havossaír ao paso un home, cunha sella de auga. Idetras el e onde entre, dicídelle ao dono da casa:“O Mestre pregunta onde está o lugar no quepodo comer a Pascua cos meus discípulos? Elhavos mostrar no sobrado unha grande sala, xadisposta e arranxada. Vós preparade o quefaga falta”. Marcharon os discípulos e,chegando á cidade, atoparon todo tal como lleloel dixera. E prepararon a Pascua.Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deugrazas, partiuno e déullelo, dicindo: “Tomade,isto é o meu corpo”. E collendo unha copa,dando grazas, pasóullela, e todos beberon dela.E díxolles: “Isto é o meu sangue, da Alianza,vertido por todos. Asegúrovos que xa nonvolverei beber do produto da viña até o día queo beba, noviño, no Reino de Deus”. Despois decantaren os Salmos, saíron para o Monte dasOliveiras.

A P

ALA

BR

A“Falan de oídas”, dise, cando se pensa quealguén estar a falar de algo que verdadeiramentenon coñece. Dende a Idade Media até o VaticanoII moitos fregueses foron “oír misa” cada setedías porque, en realidade, ver non podían vernada. E non digamos xa participar nela, undesexo para moitas/os laicas na que quedamoito por avanzar. E na actualidade moitascomunidades parroquias católicas polo mundoadiante non é que non oian, senón que ninmesmo cheiran, nada relativo co cuartosacramento. Xa se sabe: a pastoral vocacionalnon entende de sentidos.

José A. Martínez

O E

CO

Page 16: UUnn tteeiittoo --ee mmooiittoo mmááiiss--asociacion-irimia.org/iri/IRIMIA-790-web.pdf · 2. Editorial ... pouco porque a xente xa se decatou da súa pouca importancia real para

16

Falando da linguaLidia e Valentina

Lei da función pública

O Fachineiro da lingua

- É que teño unha dor nos cadrís que me reventa… Sóbeme aquí polo medio da cruzarriba e chégame ás costas…- Que tiene que…?

Pois si señoras e señores, estes novos médicos/as, enfermeiros/as, fisioterapeutas, funciona-rios do grupo A, B, C… serán uns grandes profesionais, porque veñen de sabe Deus quelonxe, ou ó mellor mesmo son de aquí de cerquiña, pero da terra non saberán nada. Iso si,por exemplo respecto dos primeiros (e falamos especialmente deste grupo porque seica vanser os primeiros ¿beneficiados?), se entendesen o idioma, que ben ían diagnosticar, porqueseica son uns superprofesionais! E por aí entenderán o mesmo aínda que lles digan que*la dolor le empieza por los cadriles y le va por el medio de la cruz hacia las cuestas… ouque *tiene un proído en las manos por un sarabujo que le salió hai unos días… Si, porque

ó mellor os nosos paisanos e paisanas si que se esforzan en falarlles en castelán, e mesmohaberá moitos/as, moitísimos/as, que llelo saberán dicir en perfecto castelán, pero taménos/as haberá que non teñan intención de expresalo noutra lingua, porque a nosa terra tenlingua de seu, esta é cooficial coa outra lingua do Estado, e entón temos dereito a expre-

sarnos nela, a que nos entendan nela e incluso a Administración, o funcionariado, ten aobriga de difundir o noso idioma, o idioma propio de Galicia, deben posuír o coñecementodas DÚAS linguas oficiais, non da que se tome a liberdade de escoller por sabe Deus que.

Os funcionarios teñen que –como Administración- atender EN GALEGO os cidadáns que asío requiran, deben entendelos oralmente e por escrito e deben facerse entender tamén por eles.Se un funcionario non sabe galego, non pode atender a liberdade individual dos administradosós que atende... Que pasa, que as liberdades duns son máis importantes cás liberdades dosoutros? Non, señoras e señores, porque di o artigo 5 do Título Preliminar do Estatuto deAutonomía que

1. A lingua propia de Galicia é o galego. 2. Os idiomas galego e castelán son oficiais en Galicia e todos teñen o dereito de os

coñecer e de os usar. 3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal e oficial dos dous idiomas e

potenciarán o emprego do galego en tódolos planos da vida pública, cultural einformativa, e disporán os medios necesarios para facilita-lo seu coñecemento.

4. Ninguén poderá ser discriminado por causa da lingua. E isto non é política, isto son dereitos e deberes, democracia, constitucionalidade. E, por sealgún pensa que perdemos o rumbo, estas explicacións veñen a conto porque o novo gobernogalego vai modificar por procedemento de urxencia o artigo 35 da Lei de función pública paragarantir a liberdade de elección do idioma nas oposicións da Administración autonómica.O próximo día, máis.

O que fixo o goberno galego reformando nunúnico punto a Lei da función pública paraeliminar o exame de galego resultaparadigmático do seu xeito de actuar en contrada lingua. Non teñen o menor reparo, pudor ouvergoña en lexislar en contra da lingua propia epractican un xeito de gobernar en contra doidioma dos galegos e en favor dun grupo defundamentalistas. E ese estilo de goberno semellasaírlles gratis: non necesita orzamentos, plans ouimplementacións complicadas. Só se precisa unpapel, unha boa dose de prexuízos lingüísticos emoitas ganas de esmagar o galego. É un reflexo

desta xeración que mira polo noso interese xeral.Xa non é que manteñan unha distancia oudesapego polo galego senón que son capaces deasinar leis na súa contra coma quen fai unhabechamel. Dicía o Secretario Xeral de PolíticaLingüística que a manifestación do 17 de maio forapreventiva -un argumento que deberon facercircular eses días por San Caetano, xa que taménse oíu nos faladoiros habituais- dado que a Xuntaaínda non tomara ningunha media. Aí ten unha.

A.Q.