a mezquita - updlimiaverin.files.wordpress.com  · web viewo período de estudo na maioría dos...

49
UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-Verín A MEZQUITA 1 ÍNDICE 1.- METODOLOXÍA. 2.- POBOACIÓN. 2.1.- Evolución Poboacional total. 2.2.- Distribución por sexos. 2.3.- Pirámides de poboación. 2.4.- Saldos vexetativos. 2.5.- índices de poboación. 2.6.- Poboación segundo nacionalidade. 2.7.- Saldos Migratorios. 3.- MERCADO LABORAL. 3.1.- Poboación Activa/Inactiva. 3.2.- Paro 3.3.- Afiliacións. 3.4.- Contratación. 4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL. 4.1.- Dinámica temporal de creación de empresas. 4.2.- Listado de códigos de clasificación nacional de actividades económicas. 4.3.- Distribución sectorial. 4.4.- Tamaño das empresas. 4.5.- Titularidade das empresas.

Upload: vudieu

Post on 07-Feb-2019

216 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

1

ÍNDICE

1.- METODOLOXÍA.

2.- POBOACIÓN.

2.1.- Evolución Poboacional total.

2.2.- Distribución por sexos.

2.3.- Pirámides de poboación.

2.4.- Saldos vexetativos.

2.5.- índices de poboación.

2.6.- Poboación segundo nacionalidade.

2.7.- Saldos Migratorios.

3.- MERCADO LABORAL.

3.1.- Poboación Activa/Inactiva.

3.2.- Paro

3.3.- Afiliacións.

3.4.- Contratación.

4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL.

4.1.- Dinámica temporal de creación de empresas.

4.2.- Listado de códigos de clasificación nacional de actividades económicas.

4.3.- Distribución sectorial.

4.4.- Tamaño das empresas.

4.5.- Titularidade das empresas.

5.- CONCLUSIÓNS.

6.- ANEXOS.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

2

1.- METODOLOXÍA

Nesta análise socioeconómica do mercado laboral utilizouse diversas metodoloxías.

Fundamental fíxose unha análise cuantitativa. Os datos foron extraídos de múltiples fontes.

No seguinte cadro amósase cales son as principais fontes consultadas.

FONTE DATOS EXTRAÍDOSIGE Padrón municipal de Habitantes

Movemento natural da poboaciónIndicadores de poboaciónContrataciónAfiliaciónActividade empresarial

INE Censo de poboación (2001)Taxa de Actividade

IGCC ParoOfertasContratosAfiliaciónEmpresas

SPEG ContrataciónParoOcupacións

INSS Afiliación

O período de estudo na maioría dos casos pretende ser 2000-2009. Danse varias excepcións. Así, na análise empresarial os datos (extraídos do Instituto Galego de Estatística) están actualizados ata o 2007, ou por exemplo, os datos referentes ó Censo de Poboación son do 2001, debido a que o Censo se renova cada 10 anos.

Hai que sinalar que no tocante á estrutura empresarial, os datos referentes ó 2008-2009 son estimacións, posto que se extraeron das Empresas con maior número de contas de cotización, e estes datos viñan en porcentaxe.

No referente ós indicadores de poboación, calculáronse atendendo ás seguintes fórmulas:

ÍNDICE DE ENVELLECEMENTO: (pob> 64 anos)/ (pob < 20 anos) X100 Í.SOBREENVELLECEMENTO: (pob >84 anos)/ (pob <20 anos) X100 Í. DEPENDENCIA GLOBAL: (pob<20 +pob>64)/(pob 20-64) X100 I. DEPENDENCIA SENIL: (pob> 64)/(pob 20-64) X100 I. DEPENDENCIA XUVENIL: (pob < 20) / (pob 20-64) X 100 Í. DE RECAMBIO: (pob 60-64) / (pob 20-24) X 100

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

3

No caso da poboación activa, tamén hai que facer referencia á maneira de calculala. Posto que os datos existentes eran do ano 2001, optouse por asimilar os afiliados á poboación ocupada.

Os casos descritos son os máis salientables. En cada apartado do informe no que hai algunha metodoloxía en particular, detállanse os pasos a seguir.

Por mor do segredo estatístico, algúns datos inferiores a 3 aparecen ocultos baixo “X”

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

4

2.- POBOACIÓN

2.1. EVOLUCIÓN POBOACIONAL TOTAL

Gráfica e táboa: Evolución da Poboación Total

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20081300

1350

1400

1450

1500

1550

1600

Evolución poboación

Fonte: IGE

A variación poboacional entre o ano 2000 e 2008 supuxo unha diminución do 10.72%.

2.2. – DISTRIBUCIÓN POR SEXOS

Gráfica: Evolución da poboación por sexosFonte: IGE

En canto á distribución por sexos, existe maioría de homes en todo o período, aínda que nos tres últimos anos esta diferencia se acentúa. De aquí se desprende que o descenso do número de mulleres é moi significativo.

3.3. PIRÁMIDES DE POBOACIÓNGráficas: Pirámides de poboación

Anos

Total

2000

1549

2001

1521

2002

1510

2003

1468

2004

1406

2005

1387

2006

1385

2007

1406

2008

1383

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

5

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2000

MulleresHomes

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2004

MulleresHomes

0-45-9

10-1415-1920-2425-2930-3435-3940-4445-4950-5455-5960-6465-6970-7475-7980-84

85 e máis

2008

MulleresHomes

Fonte: IGE (elaboración propia)

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

6

Os tramos de idade máis salientables no ano 2000 nas mulleres atópanse entre 75 e 79 anos, ademais de entre 60-64. No caso dos homes, os tramos de idade máis numerosos son 45-49 ; 70-74 e 40-44 anos. No ano 2004, son maioritarias as mulleres de 70 anos e máis, e no caso dos homes de entre 45 e 59 anos.

No ano 2008, a franxa de idade predominante nas mulleres é a que comprende os 60-64 anos, sendo no caso masculino a de 50-54.

2.4- SALDOS VEXETATIVOS

Gráfico: Evolución dos nacementos e mortes

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

5

10

15

20

25

30

35

Nacementos Defuncións

Fonte: IGE (Elaboración propia)

Hai que destacar que as defuncións son moito máis numerosas que os nacementos. Esto fai que o saldo vexetativo sexa negativo. Presenta unha evolución moi variable. O ano máis salientable foi o 2005 cunha cifra moi negativa, aínda que no 2008 tamén se deu un valor do saldo vexetativo moi similar.

Gráfico: Evolución do Saldo Vexetativo

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

-30

-25

-20

-15

-10

-5

0

Saldo vexetativo

Saldo vexetativo

Fonte: IGE (Elaboración Propia)

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

7

2.5. ÍNDICES DE POBOACIÓN

Táboa: Indicadores de Poboación2000 2008

TOTAL HOMES MULLERES TOTAL HOMES MULLERESEnvellecemento 188,48 139,29 255,34 376,92 302,63 481,48Sobreenvellecemento 23,46 11,43 39,81 68,46 39,47 109,26Dependencia Global 82,67 74,78 91,5 81,26 72 92,9Dependencia Senil 54,01 43,53 65,75 64,22 54,11 76,92Dependencia Xuvenil 28,66 31,25 25,75 17,04 17,88 15,98Índice de Recambio 125,88 115,91 136,59 170 162,16 178,79Fonte: IGE (Elaboración propia)

Gráfico: Comparativa dos índices de poboación. Anos 2000 e 2008

En

vell

ece

men

to

So

bre

en

ve

lle

cem

en

to

Dep

en

den

cia

Glo

ba

l

Dep

en

den

cia

Se

nil

Dep

en

den

cia

Xu

ven

il

Índ

ice d

e R

ecam

bio

En

vell

ecem

en

to

So

bre

en

ve

lle

cem

en

to

Dep

en

den

cia

Glo

ba

l

De

pen

den

cia

Se

nil

Dep

en

den

cia

Xu

ven

il

Índ

ice d

e R

ecam

bio

20 00 20 08

0

100

200

300

400

500

600

TOTALHOMES MULLERES

Fonte: IGE (Elaboración propia)

O índice de envellecemento mide a relación entre a poboación maior de 64 anos respecto á poboación menor de 20 anos. Cando este índice é inferior a 100 indica que a poboación maior de 64 anos é inferior á de 20 anos, é dicir, estaría rexuvenecida. No caso do concello da Mezquita, obsérvase que nos dous anos a poboación maior de 64 anos era moi superior a aquela que contraba con menos de 20. Hai que resaltar que este índice é moito maior no ano 2008, polo que indica un envellecemento na poboación. Por sexos, son os homes os que teñen o índice máis baixo.

O índice de sobreenvellecemento mide a relación entre a poboación maior de 84 anos respecto á menor de 20 anos. Atendendo a este índice, pódese observar que no ano 2008 é superior ó do ano 2000, tanto na poboación global como en homes e mulleres. Tamén neste índice o sexo masculino presenta uns valores inferiores ó feminino. Esto tamén se debe a que a esperanza de vida das mulleres é maior que a dos homes.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

8

O índice de dependencia global mide a relación existente entre o conxunto da poboación dependente coa que se atopa entre os 20 e os 64 anos.

O índice de dependencia senil sinala a proporción que existe entre a poboación maior de 64 anos coa de entre 20 e 64 anos; e o índice de dependencia xuvenil mide a relación entre ós que teñen menos de 20 anos cos que teñen entre 20 e 64 anos.

Destes tres indicadores o único que aumenta é o de dependencia senil, diminuíndo os outros dous. Desto se deduce que a poboación maior de 64 anos aumenta, e a de menos de 20 anos diminúe.

O índice de recambio mide a relación entre a poboación que potencialmente vai saír do mercado laboral e a que potencialmente vai entrar nel. Cando este índice é inferior a 100, indica que hai máis persoas que poden comezar a súa vida laboral e comezan a desenvolver a súa actividade produtiva que persoas a punto de xubilarse. Cando o índice é superior a 100, revela que o territorio se atopa na situación inversa (hai máis xente a punto de xubilarse que comezando a traballar). No caso do concello da Mezquita, hai máis xente a punto de xubilarse que en idade de entrar no mercado laboral.

2.6. POBOACIÓN SEGUNDO NACIONALIDADE

Gráfico: Evolución da poboación segundo nacionalidade

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

200

400

600

800

1000

1200

1400

EspañolaEstranxeira

Fonte: IGE (Elaboración propia)

Analizando a poboación segundo a nacionalidade obsérvase como a poboación española decreceu durante todo o período, mentres que a estranxeira creceu ata o 2003, a partir deste ano diminuíu ata o 2005, para voltar a aumentar en número ata o 2008.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

9

2.7 SALDOS MIGRATORIOS

Gráfico: Evolución dos saldos migratorios

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007

-40

-20

0

20

40

60

80

100

120Saldo migratorio

Emigración Inmigración SALDO MIGRATORIO

Fonte: IGE (elaboración propia)

A emigración presenta unha evolución variable, para experimentar un incremento globan en todo o período dun 44%.

A inmigración presenta un incremento dun 200% respecto ó ano de inicio do período estudado.

Ó comezo do período, o concello da Mezquita presentaba un saldo migratorio negativo, aínda que a partir do 2003 este saldo convértese en positivo. No ano 2006 decae para converterse no 2007 en negativo.

En canto á emigración, hai que indicar que a interna refírese a cando o destino é outro concello de Galicia; a externa supón desplazarse a un concello do resto de España ou ó extranxeiro.

A inmigración interna dáse cando a orixe é outro concello de Galicia, e a externa cando a orixe é outro concello do resto de España ou do extranxeiro.

No caso da Mezquita,

referíndose á emigración hai que salientar

que destaca en case tódolos

anos a interna, agás nos anos 2001 e 2004,

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

10

onde é lixeiramente superior a emigración

externa.

No caso da inmigración é

destacable que a inmigración interna supera en todo o

período á inmigración externa.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

11

3.- MERCADO LABORAL

3.1. POBOACIÓN ACTIVA/ INACTIVA.

ANO POB (16-64)

POB.PARADA

POB. OCUPADA

POB. ACTIVA

POB. INACTIVA

2006 802 64 233 297 5052007 815 59 232 291 5242008 808 68 248 316 492

Fonte: IGE (elaboración propia)

Esta é a poboación que se atopa en idade de traballar. Divídese a súa vez en poboación activa e inactiva. Debido a que os datos máis actuais de ocupación son do ano 2001, hai que facer unha aproximación para calcular a taxa de actividade. Por iso, na poboación activa só se inclúen as cifras de paro rexistrado e as afiliacións á Seguridade Social (concepto próximo ó de poboación ocupada). Esto é debido a que a fonte principal que proporciona este dato é a EPA, que realiza o INE, e non desagrega a nivel municipal.

A poboación maior de 16 anos apenas experimentou variación nos 3 últimos anos. Se se analiza a distribución, compróbase que a poboación activa aumentou nun 6.40%, mentres que a inactiva diminuíu nun 2.57%

A maior parte da poboación activa é aquela que está ocupada, sendo no ano 2006 un 78%. Co transcorrer dos anos, esta porcentaxe apenas experimentou variación algunha.

3.2. PARO

PARO SEGUNDO SEXO E IDADE

Táboa: Paro segundo idade e sexoAno-mes HOME<25 HOME 25-45 HOME >45 TOTAL HOME MULLER <25 MULLER 25-45 MULLER>45 TOTAL MULLER TOTAL

2000 5 12 35 53 1 11 8 20 732001 4 16 38 57 3 13 9 25 812002 6 17 39 61 3 15 10 28 892003 5 18 34 58 3 19 13 35 932004 9 16 41 66 3 16 13 33 992005 4 11 33 48 3 12 12 28 762006 2 7 29 38 3 10 13 26 642007 2 6 26 34 3 8 14 25 592008 3 11 24 37 5 11 15 31 68

Fonte: IGCC

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

12

Durante todo o período o paro nos homes é superior ó sufrido polas mulleres, aínda que no 2008 a diferencia non é tan importante como a comezo do período.

Na franxa de idade onde o paro masculino é máis considerable atópase entre os que teñen máis de 45 anos. No caso feminino danse dous períodos: ata o 2004, a franxa máis numerosa era entre 25 e 45 anos, e a partir deste ano pasan a ser destacables as mulleres maiores de 45.

Gráfico: Paro segundo sexo e idade

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080%

20%

40%

60%

80%

100%

HOME<25 HOME 25-45 HOME >45 MULLER <25 MULLER 25-45 MULLER>45

Fonte: IGCC (elaboración propia)

PARO SEGUNDO SECTORES

Sector 1: Agricultura, gandería e pesca.

Sector 2: Industria.

Sector 3: Construción.

Sector 4: Servizos.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

13

Gráfica: paro segundo sectores

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

70%

80%

90%

100%

SECTOR 1 SECTOR 2 SECTOR 3SECTOR 4 SEN EMPREGO ANTERIOR

Fonte: IGCC

No concello da Mezquita, o sector que recolle un maior número de desempregados é Servizos, seguido do sector Construción e sen emprego anterior.

O sector Agricultura ten pouco paro, xa que neste hai moita escasez de afiliados. Ó longo dos anos o paro incrementouse en tódolos sectores.

ANÁLISE 2009

Muller Home TOTAL

Xaneiro 2009 68 56 124

Febreiro 2009 70 54 124

Marzo 2009 63 54 117

Abril 2009 65 58 123

Maio 2009 63 60 123

Xuño 2009 57 50 107

Xullo 2009 43 50 93

Agosto 2009 38 41 79

Setembro 2009 44 47 91

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

14

Ata xuño do ano 2009, predominan as mulleres desempregadas. A partir deste mes, son os homes os máis numerosos.

Se se compara o paro de setembro respecto ó de xaneiro obtense que diminúe nun 26.61%.

PARO LONGA DURACIÓN

Táboa: parados de longa duraciónXaneiro

2009Febreiro

2009Marzo 2009

Abril 2009

Maio 2009

Xuño 2009

Xullo 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Muller 11 11 11 10 11 10 11 9 13Home 10 12 12 10 9 9 9 7 7TOTA

L 21 23 23 20 20 19 20 16 20Fonte: IGCC

Atendendo á metodoloxía utilizada no Observatorio ocupacional, considérase parado de longa duración todo demandante parado menor de 25 anos que leva máis de 180 días inscrito como tal, ou ben o que ten 25 ou máis anos e leva inscrito máis de 365 días.

Como se comproba na táboa anterior, o total de parados de longa duración diminúe nun 4.76% dende xaneiro do 2009 ata setembro do mesmo ano. No caso das mulleres o paro de longa duración aumenta nun 18.18% e no dos homes decrece nun 30%.

Gráfico: parados de longa duración

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

2

4

6

8

10

12

14

MullerHome

Fonte: IGCC

PARO CURTA DURACIÓN

Táboa: parados de curta duración

Xaneiro 2009

Febreiro 2009

Marzo 2009

Abril 2009

Maio 2009

Xuño 2009

Xullo 2009

Agosto 2009

Setembro 2009

Muller 13 14 17 18 14 19 21 18 16

Home 22 22 17 24 26 32 36 38 43

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

15

TOTAL 35 36 34 42 40 51 57 56 59

Fonte: IGCC

Percébese que o paro de curta duración se incrementa nun 68.57% nos 9 meses analizados, sendo moito máis acusado o aumento no caso masculino que no feminino.

Comparando o paro segundo a duración, a evolución é máis positiva no caso do paro de longa duración que no de curta.

Gráfico: parados curta duración

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

5

10

15

20

25

30

35

40

45

MullerHome

Fonte: IGCC

PARO SEGUNDO ESTUDOS

Gráfica: paro segundo estudos

Xaneiro 2009 Febreiro 2009 Marzo 2009 Abril 2009 Maio 2009 Xuño 2009 Xullo 2009 Agosto 2009 Setembro 2009

0

10

20

30

40

50

60

70

Ata Certificado de Escola-ridade*

Titulación Ensinanza Obrigatoria

Formación Profesional

B.U.P / Bacharelato Su-perior / C.O.U

Titulados Universitarios

Fonte: IGCC

Atendendo ó nivel de estudos alcanzado, obsérvase que a medida que se incrementa a educación diminúe o número de persoas desempregadas. Esto tamén é debido a que a medida que aumenta a titulación diminúe o número de persoas nesa franxa.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

16

O maior número de parados atópase naquelas persoas que a súa educación é tan só ata o certificado de escolarización.

PARO SEGUNDO SECTORES

1 Trimestre 09

2 Trimestre 09

3 Trimestre 09

0 10 20 30 40 50 60

SEN ACTIVIDADE S.SERVIZOS S. CONSTRUCIÓN S.SECUNDARIO S. PRIMARIO

Fonte: IGCC

Atendendo ós sectores, compróbase que segue sendo o sector servizos o que ten máis desempregados con máis do 60% dos parados totais en tódos os trimestres.

O seguinte sector que ten máis número de parados segue sendo a construción, cun 13% no primeiro trimestre, para contar no terceiro trimestre cun 20% dos desempregados totais.

3.3.- AFILIACIÓNS

Táboa: Evolución dos afiliados no concello de A Mezquita

XERAL AGRARIO FOGAR AUTÓNOMOS AFILIADOS TOTAIS2004 67 51 3 61 1822005 106 43 3 59 2112006 112 46 4 71 2332007 103 50 4 76 2322008 124 1 3 120 248

Fonte: INSS

Como se pode observar na táboa anterior, o número de afiliados no concello da Mezquita incrementouse nun 36.26%.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

17

O réxime de afiliación que maior crecemento experimentou neste período foi o de autónomos, duplicándose desde o 2004 ata ó 2008. Esto foi debido en parte á Lei 18/2007 do 4 de Xullo, pola que se equipara ós traballadores por conta propia do Réxime Especial Agrario cos encadrados no Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos. Esto tamén explica que no 2008 haxa un 98.04% menos de Afiliados no Réxime Agrario.

A continuación desglósase a afiliación segundo o sector de Actividade.

1.- AGRICULTURA

Non existe ningún afiliado no réxime do fogar neste sector. Como se comentou

anteriormente, a afiliación de autónomos

incrementouse neste período gracias á equiparación do

Réxime Agrario ó de Traballadores por Conta Propia.

Analizando a gráfica anterior, compróbase que neste sector a afiliación aumentou nun 11.47% no período 2004-2008.

No 2004, a afiliación neste sector repartíase entre o réxime Agrario (77%) e o de Autónomos (18%).No 2006, o réxime xeral representaba un 5% dos afiliados totais, o agrario supuña un 77% e autónomos un 18%. No ano 2008 a afiliación repartíase da seguinte maneira:

- 10% estaban afiliados ó réxime Xeral- 2% atopábanse no Agrario- 88% eran Autónomos.

Con todo esto pódese afirmar que o réxime Xeral está collendo máis importancia no Sector Agrícola, posto que pasou de non ter representación algunha a ser un 10% dos afiliados.

2004

2005

2006

2007

2008

0 10 20 30 40 50 60

AUTÓNOMOSFOGARAGRARIOXERAL

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

18

2.- INDUSTRIA

Unha das características deste sector é que os afiliados se reparten en dous Réximes de afiliación: Xeral e Autónomos. É destacable que a comezo do período de análise o réxime destacable era Autónomos (67%), pero a partires do 2005 o Xeral foise incrementando acusadamente, mentres que

os Autónomos apenas experimentaron variación algunha.No concello da Mezquita, aumentou o número de afiliados totais neste

sector de maneira moi acusada, supoñendo este incremento un 566.67%.

3.- CONSTRUCCIÓN

Neste sector non existe ningún afiliado nos réximes Agrario e do Fogar, ó igual que no sector anterior. O peso do réxime xeral sobre os afiliados totais supuña un 75% no ano 2004, e foi diminuíndo ata chegar a ser no 2008 un 63%.

Como se pode observar, a afiliación decrece nun 4%. Hai que sinalar que este descenso está provocado pola caída do número de afiliados no réxime xeral (-21.05%), xa que os autónomos aumentaron nun 50%.

2004 2005 2006 2007 20080

2

4

6

8

10

12

14

16

18

XERALAGRARIOFOGARAUTÓNOMOS

2004 2005 2006 2007 20080

2

4

6

8

10

12

14

16

18

20

XERALAGRARIOFOGARAUTÓNOMOS

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

19

4.- SERVIZOS

2004 2005 2006 2007 20080

10

20

30

40

50

60

70

80

90

XERAL FOGAR AUTÓNOMOS

Aparecen afiliados en Réxime do fogar. Obsérvase que a afiliación neste sector creceu nun 46.24% nestes últimos anos. Este crecemento é debido ó incremento no réxime xeral.

O réxime xeral supuña no ano 2004 un 51% dos afiliados totais, os autónomos un 46% e o réxime do fogar un 3%.

No ano 2008 aumenta a proporción de afiliados no primeiro réxime, pasando a ser ésta do 63%. Os outros dous réximes diminúen o seu peso respecto do total, sendo a afiliación no fogar un 2%, e os autónomos un 35%.

3.4. CONTRATACIÓN

A continuación, analízase a contratación atendendo a diversas variables, como son a tipoloxía de contratos, nivel de estudos, sexo, idade, por actividade económica, finalmente por código de ocupación. Debido á utilización das diversas fontes, os datos poden variar, por mor das distintas metodoloxías empregadas en cada organismo.

CONTRATACIÓN SEGUNDO TIPO DE CONTRATO E NIVEL DE ESTUDOS.

servizos XERAL AGRARIO FOGAR AUTÓNOMO

S TOTAL

2004 47 0 3 43 932005 80 0 3 42 1242006 78 0 4 49 1302007 68 0 4 51 1222008 85 0 3 48 136

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

20

2001 2002 2003 2004 2005 2006 20070

20

40

60

80

100

120

140

160

180

200

OutrosPara a formaciónEn prácticasInterinidadeEventual por circunstancias da produciónDe obra ou servizoFomento do empregoIndefinido ordinario

A contratación presenta ó longo dos anos unha evolución irregular. O saldo global é unha diminución dun 34.81%. Pódese dicir que: o tipo de contrato predominante en tódolos anos é Obra ou servizo, supoñendo esta modalidade en torno ó 70% durante os tres primeiros anos. A partir do 2005, esta modalidade de contratación presentou unha evolución moi irregular, posto que nese mesmo ano, esta tipoloxía representaba tan só un 48% dos contratos totais. Unha singularidade a destacar este ano é que os contratos de formación supuxeron un 38%. A modalidade máis representativa despois de “Obra ou Servizos” foi durante os primeiros anos “Outros”. A partir do 2005 pasou a ser “Eventual por circunstancias da Producción”

Analizando o seguinte gráfico, onde se cruzan as variables tipo de contratación e nivel de estudos, obtense as seguintes conclusións:

Gráfico: Contratación segundo tipo de contrato e nivel de estudos.

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

Tota

l

An

alfa

bet

os

Estu

do

s p

rim

ario

s

Estu

do

s se

cun

dar

ios

Estu

do

s su

per

iore

s

2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008

0

50

100

150

200

250

300

350 Outros

Para a formación

En prácticas

Interinidade

Eventual por cir-cunstancias da produción

De obra ou servizo

Indefinido o rdi-nario e fomento do emprego

Total de contratos iniciais

Fonte: IGE

Os analfabetos contratados tiveron unicamente un contrato “Eventual”.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

21

As persoas con estudos primarios, contrátanse prioritariamente por Obra ou servizo ó longo dos anos, agás no 2005, onde se firmaron maioritariamente nesta franxa de estudos contratos para a formación.

Con estudos secundarios se firman contratos por Obra ou servizo durante tódolos anos, seguido de Eventual por circunstancias da produción.

Por último, os traballadores que teñen estudos superiores son contratados principalmente por “obra ou servizo”.

Conclúese que as persoas máis contratadas son as que posúen estudos secundarios seguidas daqueles que teñen estudos superiores. Nos dous casos, teñen que firmar contratos “de Obra ou servizo”

CONTRATOS CNAE (ACTIVIDADE ECONÓMICA)

Táboa: contratos totais.

ANO HOME MULLER TIP.1 TIP.2 TIP.3 TOTAL2000 67 28 5 87 3 952001 118 65 5 176 2 1832002 53 28 2 77 2 812003 65 23 3 84 1 882004 55 25 6 71 3 802005 92 61 11 87 55 1532006 56 45 15 85 1 1012007 87 43 24 104 2 1302008 91 70 12 119 30 161

Fonte: SPEG

A Contratación no período temporal 2000-2008, ten un comportamento irregular (con importantes subidas e baixadas), pero se se compara o ano 2000 co 2008, apréciase un aumento dun 69,47%.

Ó longo dos anos, a maioría dos contratados son homes. Sen embargo, aínda que a contratación masculina se incrementou nun 35.82%,son as mulleres as que experimentan un incremento moi significativo, posto que supón un 207, 14% .

No que respecta á tipoloxía de contratación, hai que salientar que existe un predominio dos contratos temporais sendo no ano 2000 un 92% dos contratos desta modalidade. Aínda que co transcorrer dos anos esta proporción foi diminuíndo ata chegar no ano 2005 ó 57%. A partires deste ano volve aumentar, ata ser no 2008 o 74%. Durante o período 2000-2007, o a contratación indefinida foi aumentando a súa presenza, chegando a ser no

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

22

2007 un 18%; no 2008 diminúe a súa dimensión ata o 7%. Con todo esto aínda está por niveles superiores ó 2000. No 2008, os contratos de formación supuñan un 19%.

CONTRATACIÓN POR SECTORES

A evolución da contratación por sectores amósase na seguinte táboa:

Gráfica: contratación por sectores.

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

20

40

60

80

100

120

140

160

AGRARIOINDUSTRIACONSTRUCIÓNSERVIZOS

Fonte: SPEG

A raíz da gráfica anterior despéndese que o sector que rexistrou maior volume de contratación foi o Sector Servizos, seguido de Construción.

CONTRATOS POR SECTOR E SEXO (ANO 2008)

Gráficas: contratos x sector e sexo.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

23

HOME89%

MULLER11%

Agricultura

HOME83%

MULLER17%

Industria

HOME100%

Construción

HOME51%

MULLER49%

Servizos

Fonte: SPEG

Ó analizar os distintos sectores obsérvase que:

No de Servizos, a contratación no 2008 é bastante equitativa entre homes e mulleres.

En Industria, hai maior número de contratos masculinos cunha diferenza muy significativa respecto s mulleres.

No da Construción, a contratación feminina é inexistente. E no sector agrario, ocorre o mesmo que en Industria.

CONTRATOS POR SECTOR E TIPOLOXÍA (ANO 2008)

A modalidade en tódolos sectores é a temporal., sendo a única que se rexistrou no 2008 no sector da construción.

Hai que salientar que no sector agrario, a seguinte modalidade máis contratada e a indefinida.

Gráficos: por sector e tipoloxía.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

24

TIP. 133%

TIP. 267%

AgriculturaTIP. 117%

TIP. 267%

TIP. 317%

Industria

TIP. 2100%

ConstruciónTIP. 1

6%

TIP. 273%

TIP. 321%

Servizos

Fonte: SPEG

CONTRATACIÓN POR SECCIÓNS NO SECTOR SERVIZOS

Gráfica: Seccións por Sexo e Tipoloxía (ano 2008)

HOME MULLER Indefinidos Temporais Formación 0

5

10

15

20

25

30

GHIKLMNO

Fonte: SPEG

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

25

En primeiro lugar procedese a una enumeración das distintas seccións que compoñen o sector e teñen presenza no Concello da Mezquita:

G.- Comercio, reparación de vehículos e venda de combustible.

H.- Hostalería

I.- Transporte, almacenamento e comunicacións.

K.- Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servizos empresariais.

L.- Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria.

M.- Educación.

N.- Actividades sanitarias e veterinarias, servizos sociais.

O.- Outras actividades sociais e de servizos prestados á comunidade; servizos persoais.

Como se pode observar no gráfico a Sección na que se firman máis contratos no Concello da Mezquita é fundamentalmente a M, seguidas en importancia numérica pola L, N e K.

Ó analizar as seccións por sexo, obsérvase que nas máis representativas (M, L, N e K) o número de contratos é superior no caso dos homes, agás na sección N, onde existe predominio das mulleres.

Con respecto á tipoloxía dos contratos, en tódalas seccións os temporais superan o 65%, exceptuando á sección principal (M) onde o 65% dos contratos son de formación.

CONTRATOS POR OCUPACIÓN

A evolución total da contratación, ó coincidir o número de contratos coa clasificación por actividade económica, obviase volver a comentala.

EVOLUCIÓN DA CONTRATACIÓN POR OCUPACIÓN

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

26

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 20080

10

20

30

40

50

60

70

80

90

Sector 1 Sector 2 Sector 3 Sector 4 Sector 5 Sector 6 sector 7 Sector 8 Sector 9

Fonte: SPEG.

En primeiro lugar procédese a facer unha enumeración das distintas ocupacións:

o 0.- Forzas armadaso 1.- Dirección de empresas e das administracións públicaso 2.- Técnicos e profesionais científicos e intelectuaiso 3.- Técnicos e profesionais de apoioo 4.- Empregados de tipo administrativoo 5.- Traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e

vendedores dos comercioso 6.- Traballadores cualificados na agricultura e na pescao 7.- Artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras,

a construción, e ao 8.- Operadores de instalacións e maquinaria, e montadoreso 9.- Traballadores non cualificados

SECTOR 1.- Esta ocupación a penas ten representación, existindo tan só unha mínima contratación nos anos 2001, 2003, 2006 e 2008.

SECTOR 2.- A contratación neste sector ocupacional, dende o ano 2000 presenta unha tendencia ascendente, incrementándose o número de contratos nun 500%

SECTOR 3.- Existe un descenso da contratación ata o ano 2003, para comezar a aumentar ata acadar no ano 2007 o maior número de contrato, aínda que no 2008 volve a diminuír ata os niveles rexistrados no ano 2000.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

27

SECTOR 4.- A evolución desta ocupación ven marcada polos constantes vaivéns que presenta ó longo dos anos, aínda que non é unha ocupación moi significativa no concello da Mezquita.

SECTOR 5.- No ano 2000, este sector era o segundo que máis contratos rexistraba. Co paso dos anos foi diminuíndo ata o 2003 onde o volume de contratación foi mínimo, aínda que era o terceiro sector máis contratado. No ano 2008 presentaba un 118.18% máis de contratos respecto ó 2003, e continúa a ser o terceiro sector por volume de contratación.

SECTOR 6.- Presenta cifras de ocupación pouco relevantes no ámbito do Concello da Mezquita, sendo tan só moi destacables os datos de ocupación presentados no ano 2001 onde experimenta un crecemento considerable (un 250% respecto ó ano anterior), para a partir de aí descender, amosando un repunte no 2008. Neste ano produciuse un incremento do 150% respecto ó 2007, e se comparamos co 2000, este crecemento supuxo un 310%.

SECTOR 7.- Nos anos 2001, 2005 e 2007, este sector de ocupación foi o máis contratado, destacando sobre o resto de sectores. A evolución neste caso está marcada polos contínuos incrementos e decrecementos ó longo do período 2000-2008. O saldo fina é un rexistro do 50% máis de contratos que ó comezo.

SECTOR 8.- Neste sector pártese dunha situación desfavorable, posto que apenas presentaba contratos durante os primeiros anos. No 2002 comeza a incrementarse o volume de contratación, ata o 2006, ano no que alcanza o seu máximo. Neste ano hai que destacar que foi o segundo sector onde máis contratos se rexistraron. A partires deste ano comeza un descenso na contratación.

SECTOR 9.- Este sector de ocupación presenta unha evolución desigual, presentando descensos e ascensos ó longo de todo o período. No ano 2006 presenta o menor nivel de contratos rexistrados, aínda que dous anos despois a contratación se incrementou nun 225% respecto ó 2006. Ademáis, no 2008 este sector é onde se rexistran máis contratos

Atendendo ó ano 2008, dado que son os datos máis actuais dos que se dispón, a distribución dos contratos por ocupacións quedaría definida así:

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

28

1%11%

3%2%

15%

20%15%

9%

24%

Contratos por ocupación

S.1 S.2 S.3 S.4

S.5 S.6 S.7 S.8

S.9

Fonte: SPEG

A ocupación na que hai un maior número de contratos, tal e como se amosa no gráfico é no sector 9, seguido polos sectores 6,7 e 5.

CONTRATOS POR OCUPACIÓN: TIPOLOXÍA E SEXO (ANO 2008)

o Sector 1 .- O volume de contratación é mínimo no 2008. Destaca a contratación feminina cun contrato temporal

100%

Homes Mulleres

100%

Indefinidos Temporais Formación

o Sector 2 .- Dáse unha maioría de mulleres sobre os homes.Respecto á tipoloxía dos contratos, hai que dicir que son temporais na súa totalidade.

44%

56%

Homes Mulleres

100%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

o Sector 3 .- A contratación feminina ocupa a maioría desta ocupación cun 80%. Apréciase unha totalidade dos contratos temporais.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

29

20%

80%

Homes Mulleres

100%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

o Sector 4 .- A contratación feminina é a maioritaria chegando incluso ó 67%.

67%

33%

Homes Mulleres

100%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

A contratación temporal é a única que conta con representación neste sector.

Sector 5.- O 88% dos contratos está ocupado por mulleres.

13%

88%

Homes Mulleres

17%

79%

4%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

A tipoloxía de contratos presenta unha ampla maioría de temporais, ocupando os indefinidos tan só un 17% da contratación e sendo os de formación os menos representativos nesta ocupación.

o Sector 6 .- Esta ocupación está maioritariamente representada por homes.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

30

63%

38%

Homes Mulleres

16%

84%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

Como se observa na gráfica, este sector destaca por ter o 84% dos contratos rexistrados na modalidade de Formación, sendo o resto temporais.

o Sector 7 .- A contratación masculina é a única que se rexistra neste sector. A contratación temporal é a máis numerosa, sendo a contratación indefinida e a de formación pouco representativas.

100%

Homes Mulleres

4%

88%

8%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

o Sector 8 .- A contratación masculina ocupa a totalidade deste sector. A contratación temporal ocupa o 80% de contratación, correspondendo os restantes á indefinida, posto que a de Formación non ten presenza significativa.

100%

Homes Mulleres

20%

80%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

o Sector 9 .- Nesta ocupación predomina a contratación de mulleres cun 54%, ocupando a de homes un 46%.Case a totalidade dos contratos realizados corresponden á tipoloxía temporal, acadando a contratación indefinida un 10% e sendo a de formación inexistente.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

31

46%

54%

Homes Mulleres

10%

90%

Indefinidos Temporais Formación

Fonte: SPEG

CONTRATOS NO ANO 2009

1T

2T

3T

MullerHome

Fonte: IGCC

Como se pode observar na táboa e na gráfica, a evolución trimestral amosa un crecemento de contratos no terceiro trimestre respecto ó primeiro duplicándose o número de contratos firmados no último trimestre respecto ó primeiro.

Por sexo, máis da metade dos contratos son firmados polos homes no primeiro e terceiro trimestre, sendo maioría as mulleres no segundo. Cabe salientar que o incremento da contratación incide, no aumento dos contratos firmados polos dous sexos, duplicándose nos dous casos.

1º trimestre 2009

2º trimestre 2009

3º trimestre 2009

Muller 13 15 26

Home 16 12 32

TOTAL 29 27 58

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

32

4.- ESTRATEXIA EMPRESARIAL.

4.1.- DINÁMICA TEMPORAL DE CREACIÓN DE EMPRESAS

Gráfica: Altas, baixas, permanencias e saldo

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007-6

-4

-2

0

2

4

6

8

10

SaldoAltaBaixa

Fonte: IGE

Ó longo dos anos, no concello da Mezquita as altas e baixas foron oscilando, non seguindo un patrón fixo. No 2007, iguálanse o número de empresas que se dan de alta co que se dan de baixa. Debido á evolución irregular que presentan estas dúas variables, o saldo tamén é cambiante, sendo uns anos positivos e outros negativos. O ano que mellor saldo se deu foi no 2004, onse se crearon 8 empresas, e se deron de baixa 3.

As permanencias varían ano tras ano, para finalizar no 2007 cunha variación negativa dun 9,43% respecto ó ano inicial.

2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 200744

46

48

50

52

54

56

Permanencia

Permanencia

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

33

4.2.- LISTADO CÓDIGOS DE CLASIFICACIÓN NACIONAL DE ACTIVIDADES ECONÓMICAS.

(VER ANEXO I)

4.3.- DISTRIBUCIÓN SECTORIAL.

Táboa e gráfico: distribución sectorial

5.66% 18.87%

75.47%

Distribución Sectorial

2 Industria, incluida a enerxía 3 Construcción

4 Servicios

Fonte: IGE

Por sectores:

O sector Servizos, como se pode observar na gráfica, ocupa a meirande parte das empresas do Concello cun 75,47% seguido a gran distancia polo sector da construción cun 18,87% e o da industria cun 5,66%.

1.4.- TAMAÑO DAS EMPRESAS.

Neste apartado divídense as empresas do seguinte xeito:

Actividades Nº empresas

2 Industria, incluida a enerxía 3

3 Construcción 10

4 Servicios 40

Total 53

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

34

Microempresa: nesta categoría estarán aquelas que teñen entre 0 e 9 asalariados.Pequena empresa: contan entre 10 e 49 asalariados.Mediana empresa: entre 50 e 249 asalariados.Gran empresa: aquelas que teñan máis de 250 asalariados.

Se se analiza o tamaño das empresas polo número de asalariados compróbase que o predominio se dá nas microempresas. De feito só existe unha empresa no sector servizos que conte entre 10 e 49 asalariados.

Táboa: tamaño das empresas. Todos 0-9 asalariados de 10 a 49 asalariados

2007 Tódalas actividades 53 52 1 2 Industria, incluida a enerxía 3 3 0 C Industrias extractivas 0 0 0 D Industria manufactureira 3 3 0 E Producción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga 0 0 0 3 Construcción 10 10 0 4 Servicios 40 39 1

G Comercio, reparación de vehículos de motor,

motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico

12 12 0

H Hostalería 16 16 0 I Transporte, almacenamento e comunicacións 8 7 1 J Intermediación financeira 0 0 0

K Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servicios empresariais 1 1 0

M Educación 0 0 0 N Actividades sanitarias e veterinarias, servicios sociais 1 1 0

O Outras actividades sociais e de servicios prestados á comunidade; servicios persoais 2 2 0

Fonte: IGE.

Ó facer un estudo das seccións que compoñen o sector da industria vese que a totalidade das empresas están englobadas na Sección D “ Industria Manufactureira”

O sector Servizos concentra a maior parte das súas empresas na Sección H (Hostalería) cun 40%, seguida da sección G (Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e artigos persoais e de uso doméstico) cun 30%. A sección I (Transporte, almacenamento e comunicacións) ocupa o 20.

Segundo o tamaño das empresas que integran as seccións do sector servizos obsérvase que prácticamente a totalidade de empresas son microempresas, a única excepción dáse na actividade “Transporte, almacenamento e comunicacións”.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

35

4.5.- TITULARIDADE DAS EMPRESAS.

Ó analizar as empresas do Concello segundo a titularidade, no ano 2007 obsérvanse os seguintes datos:

Táboa: titularidade das empresas.

Total Persoas físicas S.A. S.R.L.

2007 Tódalas actividades 53 44 2 7 2 Industria, incluida a enerxía 3 2 0 1 C Industrias extractivas 0 0 0 0 D Industria manufactureira 3 2 0 1 E Producción e distribución de enerxía eléctrica, gas e auga 0 0 0 0 3 Construcción 10 7 0 3 4 Servicios 40 35 2 3

G Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e ciclomotores e artigos persoais e de uso doméstico 12 11 1 0

H Hostalería 16 13 1 2 I Transporte, almacenamento e comunicacións 8 7 0 1 J Intermediación financeira 0 0 0 0 K Actividades inmobiliarias e de alugueiro; servicios empresariais 1 1 0 0 M Educación 0 0 0 0 N Actividades sanitarias e veterinarias, servicios sociais 1 1 0 0

O Outras actividades sociais e de servicios prestados á comunidade; servicios persoais 2 2 0 0

Fonte: IGE

En termos xerais, na maioría de empresas a forma xurídica que predomina é a de Persoas Físicas, acadando unha porcentaxe dun 83% seguida das S.R.L cun 13%, sendo tan só un 4% das empresas Sociedades Anónimas.

Ó facer un estudo por sectores e comparar as distintas formas de titularidade despréndese que:

As Persoas Físicas no sector no que son maioritarias son no de Servizos dado que ocupan o 87% das empresas adicadas a este sector.As S.R.L son a forma de titularidade máis relevante no sector da construción acadando un 30%. As S.A. son pouco significativas no Concello, tendo tan só presenza no sector Servizos cun 5 %, e non tendo representación no Sectores restantes.

TITULARIDADE DE EMPRESAS POR SECCIÓN NO SECTOR SERVIZOS

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

36

A titularidade de Persoas Físicas a única opción nas seccións do sector servizos, agás na G e H, onde se dan S.A. e S.R.L.

5.- CONCLUSIÓNS

O concello da Mezquita perde poboación ó longo dos anos, este decrecemento é superior no sexo feminino, pasando a ser predominante a masculina a partir do 2006.

Nos tramos de idade máis numerosos no ano 2008, predominan as mulleres comprendidas entre 60 e 64, e os homes entre 50 e 54.

o Se se compara con anos anteriores, como se pode observar nas pirámides de poboación, a xente nova foi diminuíndo sobre todo no caso das mulleres.

Saldo vexetativo negativo; dado que o número de defuncións é superior ó número de nacementos.

Envellecemento da poboación co transcorrer dos anos, e este afecta ás mulleres en maior medida.

Diminución da dependencia global producida polo aumento da poboación maior de 64 anos (d. senil), e o descenso da poboación menor de 20 anos (d. xuvenil), sendo este último o que máis incide nesta diminución.

Na Mezquita, hai máis xente a punto de xubilarse que a punto de entrar no mercado laboral.

Incremento significativo da poboación estranxeira. Ó comezo do período, o concello da Mezquita presentaba un saldo

migratorio negativo, aínda que a partir do 2003 este saldo convértese en positivo. No ano 2006 decae para converterse no 2007 en negativo.

Descenso da poboación que non se ve compensada coa entrada de inmigrantes.

Diminución do paro na franxa temporal 2000-2008. Esta reducción supón un 6.85% menos de parados.

Afecta fundamentalmente ó sexo masculino. As franxas de idade onde o paro é superior é nos maiores de 45 anos,

agás no caso das mulleres no que ata o ano 2004 a franxa máis numerosa era a comprendida entre 25 e 45 anos.

O sector que recolle un maior número de desempregados é Servizos, seguido de construción e sen emprego anterior (o sector agrario ten poucos parados, xa que neste hai unha escasez de afiliados).

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

37

No tocante ó paro dos tres trimestres do 2009, se se compara o paro de setembro respecto ó de xaneiro, obtense que diminúe nun 26,61%.

o Segundo o tempo, o número de parados é superior nos de curta duración, descendendo nos dous, aínda que de forma máis significativa nos de curta duración.

o En canto o paro atendendo ó nivel de estudos acadado, obsérvase que a medida que aumenta a titulación diminúe o número de persoas desempregadas.

O sector que concentra a maioría de desempregados é o servizos, posto que tamén é o que acolle un maior número de traballadores.

O número de afiliados incrementouse nun36.26% durante o período 2000-2008. O réxime de afiliación predominante é o Xeral e tamén é o réxime que maior crecemento experimentou, un 85%. O de autónomos tamén aumentou significativamente nun 73.81% debido ó transvase dos afiliados do réxime agrario segundo Lei 18/2007 1.

O sector servizos concentra a meirande parte dos afiliados no Concello. Séguelle o sector da Agricultura. Construción e Industria están a continuación con valores similares.

As persoas máis contratadas son as que posúen estudos secundarios seguidas daqueles que teñen estudos superiores. Nos dous casos, teñen que firmar contratos “de Obra ou servizo”.

Predominio da contratación temporal. Os intentos de incentivar a contratación indefinida, en principio, no deron

tan bo resultado, posto que a contratación temporal, segue sendo moi maioritaria. Isto implica que, dende as distintas administracións se debería seguir a traballar nesta problemática.

O sector con maior número de contratación é o de servizos, seguido da Agricultura e Construción.

No 2008 existe un predominio do sexo masculino na contratación agás no Sector Servizos, onde case existe paridade entre homes e mulleres.

O sector con maior porcentaxe de contratación indefinida no ano 2008 é o da agricultura cunha proporción do 33%.

O maior número de contratos rexistrouse no sector Servizos. Dentro da Industria a sección con maior volume de contratación e a

Manufactureira. As seccións máis representativas do sector Servizos no 2008 son:

M.- Educación

1 Lei 18/2007 do 4 de Xullo coa que se equipara ós traballadores por conta propia do réxime especial agrario con encadrados no réxime especial dos traballadores por conta propia o autónomos.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

38

L.- Administración pública, defensa e seguridade social obrigatoria.

N.- Actividades Sanitarias e Veterinarias. Servizos Sociais As ocupacións predominantes no Concello da Mezquita no 2008 son:

o Traballadores non cualificados.o Traballadores cualificados na agricultura e na pesca.

o Traballadores do servizo de restauración, persoais e vendedores dos comercios.

o Artesáns, traballadores cualificados das industrias manufactureiras, a construción…….

As ocupacións representadas maioritariamente por mulleres: Traballadores do servizo de restauración, persoais e vendedores

dos comercios. Técnicos non cualificados. Técnicos e profesionais de apoio.

Predominio da temporalidade en canto á tipoloxía de contrato. En canto ós contratos de formación, destacan as ocupacións: “Traballadores cualificados na agricultura e na pesca”, “artesáns e traballadores cualificados das industrias manufactureiras”, e “traballadores dos servizos de restauración, persoais, protección e vendedores dos comercios”.

Atendendo á evolución dos tres primeiros trimestres do ano 2009, a contratación duplicouse. Aumento que afectou ós dous sexos por igual. Sen embargo, seguen a ser superiores os firmados por homes.

Respecto á creación de empresas, o saldo é variable ó longo dos anos e no 2008 as altas empresariais igualan ás baixas.

O Sector Servizos ocupa a meirande parte das empresas do Concello, seguido a gran distancia polo sector da Construción e o da Industria.

Dentro do sector da Industria, a única sección con presenza é a Manufactureira.

No sector Servizos as seccións con maior número de empresas en orde de importancia son:

H.- Hostalería. G.- Comercio, reparación de vehículos de motor, motocicletas e

ciclomotores. Nos tres sectores a maioría de empresas contan con menos de nove

traballadores. En función da titularidade, a que ten maior presenza no Concello é a de

Persoas Físicas.

UPD Pacto Territorial De Emprego Limia-VerínA MEZQUITA

39

A maioría das empresas do concello da Mezquita, concéntrase no sector servizos e fundamentalmente, nas seccións de hostalería e comercio, como consecuencia da súa situación fronteiriza, xa que tradicionalmente estas zonas limítrofes adicáronse na meirande parte a estas actividades económicas.

O predominio de microempresas débese á escasa iniciativa privada, dado que existe unha mentalidade que implica que as inversións sexan pequenas, e as miras do negocio estean orientadas principalmente para subsistir e non para inverter e crear beneficio.Co cal, se traduce que esta creación de empresas pequenas (negocios familiares en moitos casos) adopten na súa maioría, a forma de titularidade de persoas físicas.