a mediaciÓn escolar no...1.- introducción. situación do centro e contexto socio-económico. o ies...
TRANSCRIPT
A MEDIACIÓN ESCOLAR NO
IES “AFONSO X O SABIO”
A BARCALA (Cambre).
Curso 2010-11
1. Introducción.
Situación e contexto do
Centro.
2. A Mediación
Escolar no IES. Protocolo de Mediación.
3. Actividades desenvoltas no presente
Curso.
1.- Introducción. Situación do centro e contexto
socio-económico.
O IES “Afonso X O Sabio” atópase no Concello de Cambre (A Coruña). Trátase
dun concello suburbano, preto da cidade de A Coruña, que dende a década de
1980, rexistra unha rápida expansión demográfica e urbana (conta con 23.231 hbs).
A súa poboación é maioritariamente de perfil urbano, con unidades de
convivencia formadas por parellas xóvenes, con 1-2 fillos pequenos ou
adolescentes, e de nivel socio-económico medio ou medio-baixo, que en gran
parte proceden da propia cidade de A Coruña.
No Curso 1999-2000 comezou a funcionar o IES “Afonso X O Sabio”, que
poucos cursos despois foi ampliado cun edificio anexo.
Actualmente conta con algo máis de 700 alumn@s, que seguen as ensinanzas
de ESO e Bacharelato (Modalidades de Ciencias e Tecnoloxía, e de Humanidades e
Ciencias Sociais), un PCPI (de modalidade mixta), un Ciclo Medio de FP (Xestión
Adminsitrativa) e outro Superior (Adminsitración e Finanzas).
Imparten actualmente docencia 71 profesor@s.
E conta, como persoal non docente, con 10 persoas máis.
O alumnado refrexa a problemática derivada da situación
socio-familiar e económica do entorno (falla de arraigo,
familias desestructuradas, problemas de conciliación da vida
laboral e familiar, escasez de medios económicos, falla de
alternativas para a xuventude…): un alumnado diverso .
Preto do 15% do alumnado require de necesidades
específicas de apoyo educativo; e entre eles, atopamos un
pequeño grupo que pode calificarse de “disruptiv@”.
Algo más do 10% procede do extranxeiro, en gran parte de
Hispanoamérica, ainda que os procedentes doutros países
(N. de África o Leste de Europa) están a medrar rápidamente.
Problemas na convivencia diaria no Centro.
OS INICIOS NA MELLORA DA CONVIVENCIA. Unha
pequena historia…
Xa no curso 2000-2001, dende o Departamento de Orientación, e en
colaboración co CEFORE de A Coruña, xurdiron os primeiros debates e a
necesidade de mellorar a convivencia no Centro: recopilación de recursos, charlas,
conferencias, grupos de traballlo…
A partir do curso 2004-05 os programas a desenvolver fóronse centrando na
Mediación escolar: grupos de traballo, seminarios, visita ao IES de La Robla (León).
Desde o curso 2007-08, impulsado polo Departamento de Orientación, existe un
Equipo de Mediación escolar, que forman 21 persoas voluntari@s: alumn@s,
profesor@s e persoal non docente, así como nais e pais.
A mediación xurdiu, no IES “Afonso X O Sabio”,
como unha oportunidade para
mellorar a convivencia, e promocionar a
educación emocional e de valores.
2.- A Mediación Escolar no IES: Protocolo de
Mediación.
Análisis do entorno.
Análisis teórico de protocolos
de Mediación.
Qué modelo de convivencia construir?
A Mediación figura ou está sendo recollida no
Proxecto Educativo de Centro, no Regulamento de
Réxime Interno, no Plan de Acción Titorial, e no Plan
de Convivencia.
Neste senso elaborouse un Protocolo de Mediación.
O Equipo de Mediación depende:
☼ DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN,
☼ DINAMIZACIÓN DE CONVIVENCIA, e da
☼ XEFATURA DE ESTUDIOS E EQUIPO DIRECTIVO.
PROTOCOLO DE MEDIACIÓN ESCOLAR. IES “AFONSO X O SABIO”.
TAREFA
QUEN ? CANDO ? OBSERVACIÓNS
0.- INICIO - Xefatura de Estudios
- As persoas en conflicto
- Departamento de Orientación
- Dinamización de Convivencia.
Dende Xefatura de Estudios se propón ás persoas en conflicto, como recurso á resolución de conflictos, a Mediación Escolar.
Dende Xefatura de Estudios ou tras acordo da Reunión semanal de Convivencia, entre a Xefatura de Estudios, Departamento de Orientación e Dinamización de Convivencia, se establece se un conflito é mediable ou non.
En caso afirmativo, as persoas en conflito, recollerán en Xefatura de Estudios a Solicitude de Mediación. Darase traslado do mesmo os Titor@s.
1.- ELECCIÓN D@S MEDIADOR@S
- Departamento de Orientación - Dinamizador@ de Convivencia
- A solicitude de Mediación entrégase no Departamento de Orientación. - O Departamento de Orientación e a Dinamización da Convivencia asignan @s alumn@s mediador@s.
@s alumn@s en conflito asinarán a Solicitude de Mediación, na cal darán o consentemento para que @s Mediador@s realicen as súas tarefas, e a entregarán no Departamento de Orientación. @s Mediadores actuarán sempre en equipo.
2.- PREMEDIACIÓN - As persoas en conflito.
- @s alumn@s Mediador@s e Observador@s.
Fase inicial do proceso de Mediación @s alumn@s en conflito reuniranse por separado cos alumn@s mdiador@s, o que suporá unha primeira toma de contacto.
3.- PROCESO DE MEDIACIÓN
- As persoas en conflito.
- @s alumn@s Mediador@s e Observador@s.
Fases sucesivas do proceso de mediación. @s alumn@s mediador@s reuniránse conxuntamente nas sesións que precisen, coas persoas en litixio, empregando as estratexias aprendidas de resolución de conflitos.
4.- CONCLUSIÓN DAS FASES DE MEDIACIÓN
- As persoas en conflito.
- @s alumn@s Mediador@s e Observador@s.
Resolución favorable do proceso de Mediación
As persoas en conflito e @s mediador@s asinan o Acordo Final.
Resolución desfavorable do proceso de Mediación
As persoas en conflito e @s mediador@s non foron capaces de acadar un Acordo Final.
5.- REMATE DO PROCESO DE MEDIACIÓN
- Departamento de Orientación. - Dinamizador de Convivencia. - Xefatura de Estudios.
Cando as persoas en conflito e @s Mediador@s resolven, ó proceso de Mediación.
Dase traslado do acordo final ó Departamento de Orientación, a Dinamización de Convivencia, os Titor@s e a Xefatura de Estudios.
6.- SEGUIMENTO
PERIÓDICO
- @s alumn@s Mediador@s.
- As persoas que mantiveran un conflito. - Departamento de Orientación. - Dinamizador@ de Convivencia.
Sempre que se considere necesario, pola debilidade do acordo acadado, @s Mediador@s farán un seguimento especial do caso. Neste senso, se terá en conta a opinión do Departamento de Orientación e da Dinamización de Convivencia.
En certos casos, cando as circunstancias así o requiran, @s alumn@s mediador@s farán un seguimento periódico do conflicto, co fin de verificar o grado de cumprimento dos acordos.
Obxectivos xerais do noso modelo de mediación: Crear un clima positivo de convivencia de paz e solidariedade dentro do Centro.
Aceptar os conflictos como un feito natural da convivencia diaria.
Fomentar actitudes e estratexias de diálogo e de resolución pacífica dos
conflitos.
Impulsar formas de traballo en equipo: de colaboración e cooperación.
Aprender a utilizar, con eficacia, as estratexias do proceso de mediación.
Formar a alumn@s, profesor@s, membros da ANPA e persoal non docente,
voluntari@s en mediación escolar.
Xenerar unha alternativa posible (?) fronte as medidas sancionadoras.
a.- OFRECE UNHA OPORTUNIDADE PARA O DIÁLOGO.
d.- FORMACIÓN EN ESTRATEXIAS E RECURSOS DE MEDIACIÓN:
O ROL DE MEDIADOR NO IES.
b.- A PARTICIPACIÓN É VOLUNTARIA.
c.- A XESTIÓN É COMPARTIDA. TRABALLO COOPERATIVO.
e.- ESTABLECE CÓDIGOS DE CONDUCTA PARA @S MEDIADOR@S
E PARA AS PERSOAS EN CONFLICTO.
ALGUNAS DAS VENTAXES DA MEDIACIÓN:
f.- FOMENTA A CREATIVIDADE.
QUENES SON MEDIADOR@S:
cualidades ou requisitos previos:
- ser paciente e tolerante,
- amosar capacidade para o diálogo,
- ser responsabilidade,
- gardar confidencialidade,
- capacidade de liderazgo,
- estar predisposto á resolución de conflitos…
asistencia ao Curso de Formación, e
oferta de voluntariedade.
0
5
10
15
20
25
Alumn@s Profesor@s Nais / Pais
2006-07
2007-08
2008-09
2009-10
2010-11
A mediación na Comunidade escolar.
(asistencia aos cursos de formación).
ALUMN@ EN CONFLICTO ALUMN@ EN CONFLICTO
MEDIADOR@ MEDIADOR@
OBSERVADOR@
Cómo REALIZAMOS os PROCESOS DE MEDIACIÓN ?
Cando realizamos a mediación escolar ?
Nos recreos de ESO e Bacharelato.
Onde se realiza ?
Na aula de reunións do Departamento de Orientación.
Na procura dunha Aula de Mediación.
Algúns logros acadados:
Hai mediador@s en todos os niveis educativos: ESO, Bacharelato e
Ciclos.
O número actual de alumn@s mediador@s é de 21.
A maioría deles continúan de cursos anteriores.
Contribuiu á mellora da convivencia no Centro.
Aí ven o de mediación !
A maior parte dos conflictos, nestes últimos anos, acontecen no 1º Ciclo da ESO; diminúen no 2º Ciclo, e son
case inexistentes en Bacharelato e nos Ciclos.
Causas más frecuentes: malentendidos, menosprezos…
e ollo coas redes sociais !
3.- Actividades de MEDIACIÓN ESCOLAR no
presente Curso. Recursos.
FORMACIÓN
DIFUSIÓN
AVALIACIÓN
FASE 2:
Asistencia
Curso de
Formación
(NOVEMBRO).
FASE 3:
Constitución
Equipo de
Mediación.
(DECEMBRO)
FASE 4:
Entrega de
Diplomas e
Carnets
(DECEMBRO).
FASE 5:
Actividades de
Difusión da
Mediación.
(XANEIRO- MARZO)
FASE 6:
Pancarta co
Lema de
Mediación
(XANEIRO-MARZO).
FASE 7:
Xornada de
Convivencia.
(MAIO)
FASE 8:
Avaliación.
(?)
FASE 1:
Captación
Alumn@s
Mediador@s.
(OUTUBRO)
Tríptico informativo de Mediación Escolar. Curso 2010-11
O TRÍPTICO REPÁRTESE NAS CLASES XUNTO COAS SOLICITUDES
DE “QUERO SER MEDIADOR@” E OUTRA PARA AS FAMILIAS…
A. FORMACIÓN (1º Trimestre):
Programa de actividades do Curso de Formación de Mediación Escolar.
Entrega dos Diplomas de asistencia e carnets de Mediador@s.
EQUIPO DE MEDIACIÓN ESCOLAR. CURSO 2010-11
B. DIFUSIÓN (2º Trimestre):
Actividades no Obradoiro de Mediación.
Marzo de 2011
Pancarta con el slogan del Equipo de Mediación.
Curso 2009-10
Xornadas de
Convivencia en Gandarío
(Bergondo): 3º Trimestre.
Ruta de sendeirismo. Costa de Dexo-Seixo Branco (Oleiros). Curso 2008-09.
Alumn@s participantes nun Encontro de Equipos de Mediación.
IES “Fin do Camiño” de Fisterra. Marzo de 2011.
Xornada de Convivencia IES “Neira Vilas” de Perillo (Oleiros) e IES
“Afonso X O Sabio” A Barcala (Cambre) no albergue de Gandarío.
Maio 2011
C. AVALIACIÓN ( ? )
- A: Cuestionario nos sobres de matrícula.
- B: Cuestionario a principios de Curso nas horas de titoría e o remate do
Curso.
FORMACIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO.
CUESTIÓNS A MELLORAR:
a- Ausencia o falla de puntualidade d@s alumn@s en conflicto ou d@s mediador@s,
b- Non entrega do Acuerdo alcanzado no “Buzón dos Acordos”,
c- Falla de seguimiento, en certos casos, xa mediados (? ),
d- Maior implicación do profesorado, do colectivo da ANPA e doutros axentes sociais,
e.- Maior coordinación con outros Centros do entorno,
f- Actualización das actividades na Páxina Web do Centro,
g.- Deseño de plans de prevención e estratexias positivas de convivencia,
h.- Creación dunha Aula de Mediación.
IES “Afonso X O Sabio” (Cambre)
FIN… pese a que ainda queda moito por facer… e
grazas.