a función-autor-propietario nun paradigma en descomposición

49
Poréticas da Crise A Función-Autor-Propietario Nun paradigma en descomposición

Upload: proxectoderriba

Post on 17-Aug-2015

125 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

Poréticas da Crise

A Función-Autor-Propietario

Nun paradigma en descomposición

Page 2: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

Arkhé, recordemos, nomea á vez o comezo e o mandato.

Este nome coordina aparentemente dous principios nun: o

principio segundo a natureza ou a historia, alí onde as cousas

comezan -principio físico, histórico ou ontolóxico-, mais tamén

o principio segundo a lei, alí onde os homes e os deuses

mandan, alí onde se exerce a autoridade, a orde social, nese

lugar dende o cal a orde é dada -principio nomológico.

J. Derrida. Mal de Arquivo

Page 3: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

SENDEIRO

1. Auto(r)-xenealoxía

2. Transferencias

3. Aporías

Page 4: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1. Auto(r)-Xenealoxía

1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.

1.2 Biopolítica e Episteme(s)

1.3 Economía, Lexislacións e Cultura(s)

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio

Page 5: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.● Soporte: Determina as posibilidades enunciativas.

O sentido dun texto, xa sexa canónico ou ordinario, depende das

formas que o dan a ler, dos dispositivos propios da materialidade do

escrito.

Chartier. Escuchar a los muertos con los ojos

Do rolo manuscrito ó Códice (IV): unha transformación radical das

maneiras de ler -os contidos do volume ordenados nun "índice" -, dos

procesos de elaboración -varias intervencións de individuos diferentes,

que dan a "forma" final ao libro-obxecto- e das prácticas de distribución

-amplificadas logo coa aparición da imprenta-.

Page 6: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.Proliferación textual:

● Multiplicación das copias de forma incontrolada.

● O papel da Propaganda nas Guerras de Relixión.

● Control da Copia como forma de censura: patentes.

Pode perfectamente Vosa Señoría [GR. Pietro Carafa] xulgar a

ameaza que a difusión deste tipo de ideas pode representar para a

Cristiandade e moi en particular para a Santa Sé, no caso de que

gañasen aceptación. Se logo o libriño encontrase o aplauso entre os

notables da Igrexa, podería estalar unha epidemia de consenso para

os protestantes no seo da Igrexa de Roma. Luther Blissett. Q

Page 7: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.

Textualidade

● Do Libro-Obxecto ó Libro-Texto. Separación do soporte con respecto ó

significante.

● Texto que non muta coa copia: replicabilidade que produce a identidade

(material).

● Soberanía do Autor sobre o Significante-Texto: Producción colaborativa e

distribuida vs individuación e propiedade da “forma”.

Page 8: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.1 Tecnoloxía: a imprenta no Renacemento.

Unha segunda innovación do século XIV reside na vinculación

establecida entre o libro como obxecto, como manuscrito, a

obra, como texto ou conxunto de textos, e o autor. Esta

identidade, materialmente manifestada entre unha unidade

textual, garantida polo nome propio, e unha unidade

codicolóxica, visible na materialidade do libro, non acontecía,

durante moito tempo, cos textos vulgares ou, máis

xeralmente, con todos os textos que non pertencía ao corpus

das obras canónicas, cristiás ou antigas.

Chartier. Entre el poder y el placer

Page 9: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.1 Tecnoloxía: Replicabilidade e soporte.

Tres desprazamentos:

1. Actor Vs Auctor

2. Escritura como acto que funda discurso

3. Orixinalidade.

Page 10: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s) · FoucaultNa súa forma primeira, tal como foi dado por Deus ós homes, a linguaxe

era un signo absolutamente certo e transparente das cousas, porque se

lles parecía.

A linguaxe proponse a tarea de restituír un discurso absolutamente

primeiro, pero non o pode enunciar senón por aproximación, tratando de

dicir ó respecto cousas semellantes a él e facendo nacer así ó infinito as

fidelidades veciñas e similares da interpretación.

Representar é escoitar no sentido estrito: a linguaxe representa ó

pensamiento, como éste se representa a sí mesmo.

Foucault. Las Palabras y las cosas

Page 11: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault

Eséxese Vs Discurso: Representa-la representación do pensamento.

Cando a Logique de Port Royal afirmou que un signo podía ser inherente ao

que designa ou estar separado diso, mostrou que o signo, na época clásica,

non está xa encargado de achegar o mundo a si mesmo e facelo inherente ás

súas formas, senón pola contra, de despregalo, de xustapoñelo segundo unha

superficie indefinidamente aberta.

Foucault. Las Palabras y las cosas

Page 12: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault

● Control do discurso mediada pola identificación do Autor Responsable.

Segundo Foucault, a primeira forma de apropiación [da obra] foi de

carácter penal: os textos comezaron a ter autores cando foron

considerados non como obxectos físicos senón como actos humanos

susceptibles de ser castigados; non como bens dos que o autor é

produtor e propietario, senón como accións das que o autor é axente

e, polo tanto, responsable ante a lei (civil ou relixiosa). Soamente a

fins do século XVIII e comezos do XIX, a "obra" asinada "comeza a

ser considerada, ante todo, como unha mercadoría.

Campillo. El Autor, la ficción, la verdad

Page 13: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault

● Lexitimación do discurso: conxura-a ficción

O autor é a figura ideolóxica grazas á cal se conxura a proliferación de

sentido, [posibilidade sempre presente da ficción]

El [o autor] é certo principio funcional grazas ao cal, na nosa cultura,

se delimita, se exclúe, se seleccióna; en resumo, grazas ao cal se

impide a libre circulación, a libre manipulación, a libre composición, a

descomposición e a recomposición da ficción.

Foucault. ¿Qué es un Autor?

Page 14: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s) · Foucault

● Desplazamento da Ciencia ó Campo Literario

Dende o século XVII, esta función non deixou de escurecerse no

discurso científico: apenas funciona máis que para dar o nome a un

teorema, a un efecto, a un exemplo, a un síndrome. Pola contra, na

orde do discurso literario, e a partir desa mesma data, a función do

autor non fixo senón reforzarse.

Foucault. ¿Qué es un Autor?

Page 15: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.2 Biopolítica e Episteme(s)

A aparición da filosofía e da literatura teñen lugar cando os escritores

deixan de ser meros escribas, meros redactores ao ditado do deus ou do

monarca. Son eles agora os que se converten en auctores: o termo latino

designa os creadores e responsables dalgunha cousa, pero tamén as

testemuñas, fiadores e garantes do valor desta; neste caso, trátase da

creación e do valor dun discurso subscrito como propio. Son estes

auctores os que agora subscriben, con plena auctoritas, os seus propios

textos. E, ao facelo, adquiren tamén o privilexio da inmortalidade, ata entón

reservado aos deuses e aos reis, aos heroes guerreiros e aos guías

relixiosos.

Campillo. El Autor, la ficción, la verdad

Page 16: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Venecia

● Venecia (1486). Primeiro recoñecemento real da autoría: Marc’Antonio

Sabellico, Decades rerum Veneratum.

● Ata ese momento, e durante toda a Idade Media:

– O propietario dun manuscrito -obxecto físico- era o único posuidor

deste.

– Dereito de impresión: patente real.

Page 17: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterra

● Stationer's Company (1557): dispón do monopolio absoluto na distribución e

comercialización das obras.

● Segunda metade do século XVI constitúese en rexistro de obras impresas de

obrigado cumprimento para todo libreiro.

● Prohibición do anonimato e obriga de rexistro.

● Aparato de censura.

Page 18: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterra

to take special order that the Printers do neither print or reprint any thing

without the Name and Consent of the Author

Issued in a moment of anxiety at the prospect of an uncontrolled press,

the edict was primarily intended to hold authors and printers responsible

for books deemed libelous, seditious, or blasphemous

M. Rose. Authors and Owners. The invention of copyright.

Page 19: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterra

Estatuto de Ana (1710)

● Tentativa de limita-los dereitos de reproducción ata entón ilimitados.

● Manobra dos libreiros editores de Londres para facerse co control total

dos dereitos de reproducción.

● Invención do Autor-Propietario. Dereitos inalienables, aínda que

mercantilizables.

Page 20: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Inglaterra

En 1709, a monarquía inglesa decide limita-la duración do copyright a 14

anos e permitir ós autores conservalo para eles. Os libreiros de Londres

poñen en marcha estratexias de defensa, unha das cales foi a creación do

autor moderno (...) O autor non é máis que un instrumento estratéxico na

loita dos libreiros londinenses contra a lexislación real, unha lexislación

que sustentaban aqueles que se beneficiaban dela.

Chartier. Le droit d'auteur est-il une parenthèse dans l'histoire?

Page 21: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Francia

● Beaumarchais. Primeiro en reivindica-los dereitos sobre os manuscritos

nas funcións teatráis. Funda o Bureau de Législation Dramatique (1777),

futura Société des Auteurs et Compositeurs Dramatiques (SACD)

● Diderot: Producións do espírito. Dereitos moráis.

● Condorcet: Fragments sur la Liberté de la Presse (1776). Bens escasos

Vs Bens abundantes.

● Balzac: Carta Dirixida ós Escritores (1834). Equiparación de bens

materiáis a produccións inmateriáis.

Page 22: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.3 Economía, lexislacións e cultura · Francia

Séntese que non pode haber ningunha relación entre a propiedade dunha

obra e a do campo, que só pode ser cultivado por un home; dun moble,

que non pode servir máis que a un home, e, por conseguinte, cuxa

propiedade exclusiva está fundada na natureza da cousa.

Condorcet. Fragments sur la Liberté de la Presse (1776)

Page 23: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

● Nacemento da Opinión pública Ilustrada. De Voltaire a Rousseau.

● Despotismo Ilustrado -> Intelectual educador do pobo.

O autor é un personaxe moderno, producido indubidablemente pola

nosa sociedade, na medida que esta, ao saír da Idade Media e grazas

ao empirismo inglés, o racionalismo francés e a fe persoal da

Reforma, descobre o prestixio do individuo ou, dito doutro xeito máis

nobre, da "persoa humana"

Barthes. A morte do Autor

Page 24: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

● Recuperación da teoría estética clásica: Platón

La Musa, por acción propia, inspira a determinados individuos y luego, por

medio de estos inspirados otros llegan a disfrutar del entusiasmo de la

inspiración, formándose de este modo la cadena. Porque todos los poetas

épicos, de los buenos poetas hablo, producen sus hermosísimos poemas no

como efecto de un arte que poseen, sino por ellos mismos inspirados y

poseídos por un dios. [...] y ninguna está en disposición de crear antes de

haber sido inspirado por un dios, de estar fuera de sí y no contar ya con su

razón, pues mientras conserve esta facultad todo ser humano es incapaz de

poetizar y de proferir oráculos.

Platón. Ión

Page 25: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

Giordano Bruno (XVI)

● "A poesía non xorde sobre a base de regras, ou, dito doutro xeito, que as regras xorden máis ben da poesía"

Diderot

● Inutilidade das regras para a creación artística.

● Exclusividade do “don”

Kant

● Natureza como fonte de inspiración dos elexidos

● Xenio exclusivamente na Arte

● Orixinalidade

Page 26: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

A verdade é un ben común; ela é xeneralizable; enunciala, é ao mesmo

tempo comunicala, intentar asegurarlle o recoñecemento universal; no

límite, ela non é máis a palabra do outro, ela devén o discurso de todos,

do que só pode distinguirse a voz do xenio que tería sido o primeiro en

descubrila

STAROBINSKI, J.: Diderot et la parole des autres

Page 27: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

Xenio é o xeito en que a Natureza dá a regra á Arte.

É un talento de producir aquilo para o cal non pode darse regra.

No científico, pois, o máis grande inventor non se diferencia do laborioso

imitador e do estudante máis que no grao, e, en cambio, diferénciase

especificamente do que recibiu pola natureza dotes para a arte bela.

Non pode recollerse nunha fórmula e servir de precepto, pois entón o xuízo

sobre a beleza sería determinable segundo conceptos; senón que a regra debe

abstraerse do feito, é dicir, do produto no que outros poden probar o seu propio

talento, servíndose del como modelo, non para copialo, senón para seguilo.

Kant. Crítica del Juício

Page 28: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

Romanticismo

● Absoluto non teolóxico como eixe central das investigacións filosóficas

● O absoluto, a infinitude non accesible no inmediato -> Arte

● O artista ten o labor de plasmar a infinitude inasible na finitude da obra.

Page 29: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

1.4 Ilustración, Romanticismo e Teoría do Xenio.

Ha de chamarse afortunado e é, ante todo, digno de eloxio, o artista a quen os

deuses prestaron este espírito creador

SCHELLING, F. W. J. “Espíritu Creador y Ciencia de la Naturaleza”

Descubrir o espírito da natureza e penetralo, acollelo e transmitilo con todo o

corazón e o ánimo entregados, é tarefa da obra de arte.

FRIEDRICH, C. “La Voz Interior”.

Page 30: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

Transferencias

Page 31: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

Transferencias

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

2.2. Capitalismo Cognitivo

2.3. Da cultura como dereito á cultura como recurso

2.4. Autor Productor · Benjamin

Page 32: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

A Emerxencia das redes como novo espacio de produción, leva á

metamorfose de todo este ecosistema cultural.

1. Reapropiación dos medios de producción no capitalismo cultural. Open

Source.

2. Novos dispositivos de producción significante: descentralizados, non

xerarquizados, descontrolados. Guerrilla da comunicación. Contra (a)

información

Page 33: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

● Richard Stallman (FSF) proxecto GNU + Linus Torvalds = GNU/Linux.

1. A liberdade de executar o programa sexa cal sexa o propósito.

2. A liberdade de modificar o programa para axustalo ás túas

necesidades. (Para que se trate dunha liberdade efectiva na práctica,

deberás ter acceso ao código fonte, dado que sen el a tarefa de

incorporar cambios nun programa é extremadamente difícil.)

3. A liberdade de redistribuír copias, xa sexa de forma gratuíta, xa sexa a

cambio do pagamento dun prezo.

4. A liberdade de distribuír versións modificadas do programa, de tal forma

que a comunidade poida aproveitar as mellóra introducidas.

Page 34: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

● Copyleft. Do software libre ós bens comúns culturáis

● O Redescubrimento do Procomún: D. Bollier, recupera o debate en torno

ós bens comúns, opostos ás lóxicas capitalísticas de producción e

mercado.

● O que a inflación de bens intanxibles, de producción distribuída,

descentralizada e colaborativa sinala, é a posibilidade dunha lóxica

económica que supere a hexemonía sobre os bens inmateriáis, a súa

produción e usufructo.

Page 35: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

● L. Lessig: Creative Commons e cultura libre

● Non contra a autoría -> devolverlle ó autor o poder de decisión sobre copia, modificación, lucro, distribución.

● Construir modelos económicos postindustrialistas.

● Discurso da innovación aberta.

● Ética Hacker VS Ética Protestante. A creatividade contra o esforzo.

● Copyfarleft: revisión da cláusula de liberdade de uso con fins de lucro.

Page 36: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

Un non-suxeito da enunciación

● En termos de producción significante -prácticas culturáis concretas- a

doazón de coñecemento -saber, experiencia, opinión- nas dinámicas

reticulares abertas a partires da explosión dixital e a implosión progresiva

das fronterias -físicas e virtuais- consolida a posibilidade de intervención

nas sedimentacións semánticas.

● Produción distribuída e intervención directa no espacio de mediación

simbólica.

Page 37: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.1. Tecnoloxía: Internet, Open Source, CC

A través da aplicación da abstracción, a clase hacker produce a

posibilidade da produción, a posibilidade de facer algo de e co mundo - e

de vivir do excedente producido pola aplicación da abstracción á natureza

- para calquera natureza.

A través da produción de novas formas de abstracción, a clase hacker

produce a posibilidade do futuro - non só O futuro, senón un conxunto

infinito de posibles futuros, o futuro en si como virtualidade. (…)

Mckenzie Wark. Manifesto Hacker

Page 38: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.2 Capitalismo Cognitivo

● 70s: Esgotamento do modelo de acumulación Fordista.

● Financiarización + bens intanxibles como novos territorios de valorización:

ARTE, biopatentes, ADN.

● Políticas culturáis como mecanismos de control.

● Explotación da creatividade VS Taylorismo: da división do traballo á

explotación do coñecemento e a creatividade.

● Supervivencia artificial do modelo propietario.

Page 39: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.2 Capitalismo Cognitivo

Industrias culturáis

● Incorporación da producción cultural na lóxica industrial: cultura como

elemento de consumo masivo. A cultura perde a autonomía e entra na

esfera da valorización, coa dinámica de produción masiva de símbolos e a

producción biopolítica de individuos.

● Cultura compensatoria. Prácticas artísticas despolitizadas e acríticas. No

Estado Español: CT

● Museos, turismo cultural, xentrificación

Page 40: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.3 Da cultura como dereito á cultura como recurso

● Vía de valorización: as categorías que asentan a hexemonía sobre a

producción de valor fortalécense. Autoría, Orixinalidade, Creación...

● Copyright, ACTA, Ley Sinde, Sinde-Wert, CISPA, etc

● Cultura como mercadoría que precisa da mitoloxía do autor propietario

para lexitimar a soberanía sobre os intanxibles.

● Cambio nos modelos de xestión cultural cara a obtención de rentas.

Page 41: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

As ideas das clases dominantes son tamén as ideas dominantes en cada

época; ou, dito doutro modo, a clase que ten o poder material dominante na

sociedade ten tamén o poder ideolóxico dominante. A clase que dispón dos

medios de produción materiais, dispón ao mesmo tempo dos medios de

produción ideolóxicos

Marx, C. E Engels, F. (1982) La Ideología Alemana

O autor da modernidade, nacido do asentamento dunha nova clase social en

occidente, proceso acompañado da tecnificación da produción e a nova

episteme, está ao servizo da dominación de clase e polo tanto toma parte a

favor da burguesía sequera como ferramenta da ideoloxía.

Page 42: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

● O autor e o lector/espectador reproducen a oposición de clase: o un como

axente de enunciación, o outro como obxecto pasivo.

Mentres o escritor experimente a súa solidariedade co proletariado só

como suxeito ideolóxico, e non como produtor [intelectual], a tendencia

política da súa obra, por máis revolucionaria que poida parecer, cumprirá

unha función contrarrevolucionaria.

Benjamin. El Autor como Productor

Page 43: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

Relativizar as formas nas que se encarna a produción estética:

Non sempre houbo novelas no pasado, non sempre deberá habelas. (...)

As formas de comentario, de tradución e mesmo de plaxio non sempre

foron variantes marxinais da literatura; tiveron a súa función.

Benjamin. El Autor como Productor

Page 44: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

O autor revolucionario non o é na medida que trata temas revolucionarios, na

medida que converte en mercadoría os conflitos sociais, senón na medida

que se posiciona en contra da lóxica capitalista, anulándose como "creador",

cuestionándose como "xenio" e permitindo que a súa posición de privilexio se

disolva na abolición do antagonismo de clase.

Se ben o Estado soviético non expulsará o poeta, asignaralle tarefas que non

permitan sacar a relucir, en novas obras mestras, a riqueza xa hai tempo

adulterada da personalidade creadora.

Benjamin. El Autor como Productor

Page 45: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

Canto que posuidor dos medios de producción de sentido que adquiriu polo

seu acceso á educación, ten o deber de transmitir as súas ensinanzas ó

proletariado, facendo de estes productores simbólicos. Traición de clase.

Un autor que non ensina nada os escritores, non ensina a ninguén. (...) É

capaz de guiar outros produtores cara á produción e de poñer á súa

disposición un aparato mellorado. E neste aparato é mellor mentres maior é a

súa capacidade de trasladar consumidores cara á produción, de converter os

lectores ou espectadores en colaboradores.

Benjamin. El Autor como Productor

Page 46: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

La obra de arte en la época de su reproducibilidad técnica. Contra a

noción de orixinalidade -hic et nunc fundamento do rito relixioso-.

A replicabilidade anula a potencia do aura, elemento básico para postula-la

Autenticidade. Imposibilidade de discernir entre o orixinal e a copia.

Desaparece a posibilidade da mercancía-fetiche.

É en efecto a través da súa realización na orde do mercado como un sistema

de articulación da representación asenta o seu establecemento como réxime

despótico da regulación xenérica do mundo.

Brea. La Obra de Arte y el fin de la era de lo singular

Page 47: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

2.4 Autor Productor · Benjamin

Estetización da Realidade. Arte polo Arte. Fascismo.

As tendencias evolutivas do arte nas condicións presentes da produción (...)

desbotan una serie de conceptos tradicionáis -creación e xenio, valor de

eternidade e misterio-, cuxa aplicación incontrolada conduce á elaboración

dos feitos nun senso fascista.

...e unha aposta pola repolitización da Arte, como resposta á estetización da

política á que nos conduciu a adopción das formas e categorías estéticas do

Romanticismo.

Page 48: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

O destinatario natural da cultura deixa de ser o suxeito-individuo, ese suxeito ilustrado que

resultaría do proceso da bildung. A cultura deixa de operar como dispositivo formativo do

individuo concibido -precisamente nesa adquisición cultural que define a súa competencia

singular- como singularidade competencial, como "persoa", como alma bela (dirían os

románticos). Ao mesmo tempo desaparece esa singularidade egrexia do outro lado, do

lado do artista-xenio, como home tamén singular e diferencial que vén -precisamente na

súa exemplaridade distante do común- a epitomizar ese carácter discreto e singular,

afastado da tribo e a especie, do ser suxeito-individuo -en canto inscrito no espazo do

cultural como argumento de diferenciación (de distinción, diría Bourdieu) (...) Non se trata

agora de pensar que a cultura se dirixe ás masas, que -digamos- desprazou o seu

destinatario: senón máis ben de pensar que ela agora produce ese novo tipo de suxeito:

colectivo, indiferenciado e multitudinario. (...) A posta en evidenciación de que son os

acontecementos culturais -os actos de enunciación e praxe en que consisten as prácticas

de produción simbólica- os que no seu curso producen ao suxeito, e non este o que

precedéndoas as produce a elas.

J. L. Brea. La obra de arte y el fin de la era de lo singular

Page 49: A función-Autor-Propietario nun paradigma en descomposición

@danhauser

[email protected]