a cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿cega co moa u ciso caa ao? ¿seía imoa asasia a...

26
Off revista das letras 399 Off 1 3 Off postal de Nadal. ¿Temos dereito a sentirnos indignados? ¿É necesario sacrificar tanta nécora nos altares na felicidade humana? ¿É posible disentir, contestar, revoltarse contra o Nadal e as pautas das multinacionais? ¿Debemos prestar atención á mensaxe do rei e imaxinar un significado profundo? ¿Estamos abrigados a admirar a alguén como Penélope Cruz? ¿Podemos confiar na calidade do champán? ¿Chega con montar un cristo cada ano? ¿Sería inmoral asasinar a Santa Claus? ¿Existen mecanismos legais para combatir a horterada, o cutrerío e a iluminación municipal? ¿Como denunciar os abusos no precio da coliflor? ¿Por que ese esquecemento sistemático da figura de Herodes nos beléns? ¿Non sería recomendable sustituir os abetos por eucaliptos? ¿Que fai o gobemo mentres estamos ocupados en ser felices? ¿Non deberían os sindicatos reclamar das empresas cestas de Nadal dignas e competitivas? ¿Por que o Vaticano non contrata nunca a Anthrax no Concerto de Noiteboa? ¿De onde sae tanto pingüín a noite de Fin de Ano? ¿Por que a policía non fai nada? ¿Que significa exactamente a palabra "Cotillón"? ¿Quen inventou as panxoliñas? ¿Canto cobra Juan Pardo por imitar a Gayoso? ¿É posible amármonos os uns aos outros nestas circunstancias? Última liza: entrevista a Herman Hesse: "Aquela mirada dicía: "0lla, estes monos somos nós! 0lla, así é o home!' E toda celebridade, toda discreción, todas as conquistas do espirito, todos os avances cara ao grande, o sublime e o eterno dentro do humano, caeron a terra e eran un xogo de monos." Carlos Santiago Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves. Coordinacion, A.R. Lopez e Soedade Noia. Deseño, Anton Lopo: Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Seoane. Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto Rivadulla. E-mail. [email protected] A crítica da razón árabe

Upload: vannhi

Post on 08-Feb-2019

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

Offrevista das letras 399Off n° 1 3

Off postal de Nadal. ¿Temos dereito a sentirnos indignados? ¿É necesariosacrificar tanta nécora nos altares na felicidade humana? ¿É posible disentir,contestar, revoltarse contra o Nadal e as pautas das multinacionais? ¿Debemosprestar atención á mensaxe do rei e imaxinar un significado profundo? ¿Estamosabrigados a admirar a alguén como Penélope Cruz? ¿Podemos confiar nacalidade do champán? ¿Chega con montar un cristo cada ano? ¿Sería inmoralasasinar a Santa Claus? ¿Existen mecanismos legais para combatir a horterada, ocutrerío e a iluminación municipal? ¿Como denunciar os abusos no precio dacoliflor? ¿Por que ese esquecemento sistemático da figura de Herodes nosbeléns? ¿Non sería recomendable sustituir os abetos por eucaliptos? ¿Que fai ogobemo mentres estamos ocupados en ser felices? ¿Non deberían os sindicatosreclamar das empresas cestas de Nadal dignas e competitivas? ¿Por que oVaticano non contrata nunca a Anthrax no Concerto de Noiteboa? ¿De onde saetanto pingüín a noite de Fin de Ano? ¿Por que a policía non fai nada? ¿Quesignifica exactamente a palabra "Cotillón"? ¿Quen inventou as panxoliñas?¿Canto cobra Juan Pardo por imitar a Gayoso? ¿É posible amármonos os uns aosoutros nestas circunstancias?

Última liza: entrevista a Herman Hesse: "Aquela mirada dicía: "0lla, estes monossomos nós! 0lla, así é o home!' E toda celebridade, toda discreción, todas asconquistas do espirito, todos os avances cara ao grande, o sublime e o eternodentro do humano, caeron a terra e eran un xogo de monos."

Carlos Santiago

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves. Coordinacion, A.R. Lopez e Soedade Noia.Deseño, Anton Lopo: Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Seoane.Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto Rivadulla.E-mail. [email protected]

A crítica da razón árabe

Page 2: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E02SR02 -- EDI: JAN02

A razón árabe

2 O Correo Galego 2/1/02 O Correo Galego 2/1/02 3

Neste principio de século, o pensamento árabe pa-rece desgarrado entre un fundamentalismo quequere reconstruír o presente, a partir dun pasadoidealizado, e unha modernidade que rexeita a tra-dición. No ensaio ‘Crítica da razón árabe’, o filósofoMohammed A. al-Yabri rexeita esta falsa alternati-va e explora unha vía de acceso filosófico orixinal ámodernidade árabe. Nun momento en que as con-vulsións sacoden o seo do mundo do Islam cos múl-tiples enfrontamentos entre as forzas políticas

fundamentalistas e occidentais, as aportacións deAl Yabri cobran un especial significado. Nacido enMarrocos e profesor de Filosofía desde 1967, Al-Ya-bri é militante activo da esquerda marroquí e unhadas figuras principais da filosofía árabe contempo-ránea. O seu traballo de clarificación epistemolóxi-ca e de renovación do pensamento árabe desem-bocou na súa ‘Crítica da razón árabe’ –subtitulada‘Nova visión sobre o legado filosófico andalusí–,que se publicou en 1982 en Beirut. Agora, a editorialespañola Icaria analiza de publicar o volume, doque rEVISTA DAS lETRAS o capítulo no que explica asbases da súa teoría.

Page 3: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E02SR04 -- EDI: JAN02

4 O Correo Galego 2/1/02 O Correo Galego 2/1/02 5

de vez en cando, escóitanse voces críticas que veñen poñer encuestión a necesidade de preocuparse polo pasado culturalárabe: ¿por que todo ese interese polo patrimonio cultural?¿Non significa isto, acaso, abxurar do compromiso intelectual?Algúns chegan a dicir, incluso, que se trata dun fenómeno pato-lóxico, dunha ‘‘neurose colectiva’’ que afectou ós intelectuaisárabes trala derrota de 1967 e lles fixo dar marcha atrás refu-xiándose no legado cultural. Os que manteñen esta idea quéi-xanse de que o interese polo pasado cultural nos desvía da mo-dernidade e das súas esixencias. Cegados pola súa crenza,pensan que a tradiciónárabe-islámica, como toda tradición,noné máis que unha rémora da historia que convén relegar ó pasa-do e da cal só teñen que ocuparse –no caso de que fora necesa-rio– os especialistas no tema. O interese pola tradición deberíaquedar, pois, enclaustrado nas aulas universitarias ou nas re-vistas científicas especializadas. Noutros termos, segundo ascitadas voces críticas, o interese dos intelectuais árabes de ho-xe polo legado cultural non sería máis que unha preocupacióngratuíta e inútil vivida a conta da modernidade.

Ó noso parecer, esta postura entraña unha clara minusvalo-ración da problemática formulada pola cultura árabe. En efecto,o que caracteriza a esta cultura, desde a época de Codificación(‘asr at-tadwin) ata os nosos días, é o feito de que a súa dinámi-ca interna non se basea na producción do novo, senón na repro-ducción do antigo. A partir do século VII H./XIII C., estadinámicareproductiva caeu nun estado de inercia, repregamento e reite-ración. Desde entón, dominou, e segue a dominar, na culturaárabe-islámica o que demos en chamar unha ‘‘lectura tradicio-nal da tradición’’. Neste caso, unha das esixencias primordiaisda modernidade é, desde o noso punto de vista, supera-la ‘‘lec-tura tradicional da tradición’’ para alcanzar unha visiónmodernada tradición. Para nosoutros, a modernidade non significa fuxirda tradición, nin romper co pasado, senón máis ben eleva-la no-sa maneira de relacionarnos coa tradición no ámbito do que co-ñecemos polo nome de ‘‘contemporaneidade’’, ou sexa, incor-porarnos decididamente ó progreso logrado a escala planeta-ria. Certo que a modernidade debe busca-la validación dosseus presupostos no interior do seu propio discurso, a saber, odiscurso da ‘‘contemporaneidade’’ e non no discurso da ‘‘tradi-cionalidade’’ (asala), que pretende aferrarse e inspirarse nosfundamentos da tradición. Pero non é menos certo tampoucoque a modernidade no pensamento árabe contemporáneo non

alcanzou aínda este nivel e que se limita a inspirarse na moder-nidade europea da cal extrae os seus fundamentos e as condi-cións de validación o seu discurso. Agora ben, anque a moder-nidade europea se presente actualmente como modernidade aescala ‘‘universal’’, a súa simple pertenza á historia cultural es-pecífica de Europa, aínda nos casos de contestación interna, in-capacítaa para establecer unha comunicación crítica e renova-dora coa cultura árabe, que ten unha historia diferente. Allea ácultura árabe e á súa historia, a modernidade europea vese asíimpedida para establecer un auténtico diálogo coa cultura ára-be capaz de suscitar no seu seo algún movemento de transfor-mación, prólogo que se comporta máis ben ante a citada culturacomo un ente desafiante que a empurra a ensimesmarse e a re-pregarse sobre si mesma. Na nosa opinión, polo tanto, ocamiñocara a unha modernidade propiamente árabe debe partir nece-sariamente de espírito crítico producido pola nosa propia cultu-ra árabe. Só deste xeito poderemos desencadear unha dinámi-ca de cambio no interior da nosa cultura. Desde esta perspecti-va, a modernidade significa, en primeiro lugar e ante todo, ela-borar unha metodoloxía e unha visión modernas do patrimoniotradicional coa finalidade de libera-la nosa concepción docitadopatrimonio da carga ideolóxica e afectiva que pesa na nosa con-ciencia e que nos forza a concibir a tradición como unha realida-de absoluta que transcende a historia, en vez de percibila comoalgo relativo e histórico.

Aquí encóntrase, precisamente, o peculiar da modernidadeno que á nosa cultura árabe se refire, é dicir, o papel específicoda modernidade na cultura árabe contemporánea, o que a con-verte por dereito propio nunha modernidade árabe. De feito nonexiste unha modernidade absoluta, universal e a escala plane-taria, senón múltiples modernidades, diferentes dunha época aoutra e dun lugar a outro. Noutros termos, a modernidade é unfenómeno histórico, e como tal, está condicionada polascircunstancias nas que se manifesta, e circunscrita a uns límites espa-cio-temporais marcados polo devir da historia. A modernidadedifire segundo o lugar e segundo a experiencia histórica. Porexemplo, a modernidade europea é diferente da modernidadechinesa ou da xaponesa. Hoxe en día, fálase en Europa de‘‘posmodernidade’’ entendendo que a modernidade concluíu afinais do século XIX como o gran período histórico subseguinteó Século da Luces (s. XVIII), o cal viñera superar, polasúaparte,ó ‘Renacemento’ (s. XVI).

A situación no mundo árabe é totalmente distinta: o ‘Renace-mento’, as ‘Luces’ e a ‘Modernidade’ non representan no nosoámbito cultural etapas sucesivas de superación, senón que setrata máis ben ó contrario, deetapasqueseentrelazanecoexis-ten no seo da nosa mesma contemporaneidade, o comezo dacal se remonta a pouco máis dun século. Por iso, ó falar de ‘‘mo-dernidade’’, debemos evitar –no que a nosoutros se refire– en-tendela nomesmosentidoqueaentendenos intelectuaisepen-sadores europeos, para quen a modernidade é a etapa querompe co Século das Luces e co Renacemento, o cal se funda-ba, ademais, no intento de revitaliza-la tradición da Antigüidadeclásica nunha certa maneira de asumila. A modernidade árabe,tal como se presenta na nosa situación presente, é á vez o Re-nacemento, as Luces e a superación das dúas etapas, polo quetódalas expresións da modernidade deberán xirar en torno ósprincipios de racionalidade e democracia. Os citados principiosnon son, por outro lado, artigos de importación, senón prácticasconcretas que responden a unhas regras ben definidas. De se-guro que se non poñemos en práctica a racionalidade dentro danosa tradición e non desenmascarámo-los elementos de des-potismo que a habitan e denunciámo-las súas manifestacións,

Page 4: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E02SR06 -- EDI: JAN02

6 O Correo Galego 2/1/02 O Correo Galego 2/1/02 7

seremos incapaces de construí-la nosa propia modernidade, édicir, unha modernidade na que comprometernos e na que ac-tuar, con e a través dela, como axentes da modernidade univer-sal e non como simples pacientes.

Quizais poidan obxectar algúns propagandistas da moderni-dade que eles perciben a modernidade ‘‘universal’’ tal como é,como unha presencia independente que se basta a si mesma.Pese a que témo-las nosas dúbidas de que unha tal situaciónpoida darse realmente, é dicir, que un intelectual poida vivirunha modernidade que se baste a si mesma, estamos dispos-tos a admitir dialecticamente esta tese, pero só como solución aproblemas individuais. Quen sosteñen esta tese, non fan máisque medi-la cuestión da modernidade cun baremo estrictamen-te persoal restrinxindo o problema ó puro ámbito da experienciae das circunstancias individuais. Para algúns, esta postura po-de ser considerada verdadeiramente moderna, partindoda ideade que a modernidade consagra o valor do individuo como tal,polo que estariamos ante unha modernidade ‘‘individualista’’.Sen embargo, pensamos que esta forma de explica-la moderni-dade é errónea, porque de ser así, os intelectuais citados nonsentirían necesidade ningunha de critica-lo interese que outrosdemostran polo pasado cultural. ¿Que lles importaría, en tal ca-so, ese ‘‘outro’’ se a modernidade fose, como din, unha simplepostura individual?

Non; a modernidade non é unha cuestión de postura indivi-dual, máis que na medida en que dá libre curso á expresión doespírito crítico e á creatividade no seo dunha determinada cultu-ra, entendendo a crítica e a creación como actividades indivi-duais realizadas por individuos en tantoque individuosenonco-mo representantes dun grupo. Pero aínda así, a modernidadenon representa unha actitude negativa, de retiro ou de reprega-mento sobre o eu. A modernidade, pese á importancia que lleconcede ó individuo como valor en si mesmo, non é un fin por sisoa. É, polo contrario, un fenómeno que ten lugar a escala glo-bal e coas miras postas na totalidade dos fenómenos da culturaen que se produce. A modernidade pola modernidade é unhaidea absurda. A modernidade é unha mensaxe e un impulso re-novador: modernización tanto da mentalidade, como dos crite-rios intelectuais e perceptivos. Pero, cando a cultural dominantea que nos enfrontamos é unha cultural tradicional, o discurso enpos da modernidade deberá orientarse primordialmente cara átradición co fin de facer unha relectura de todo o legado culturale presentar unha visión contemporánea del. Dirixi-la moderni-dade, co seu discurso, o seu método e a súa visión do mundo,cara ó legado cultural é a única formaposible, nasactuaiscondi-cións, de facer que a maior parte dos intelectuais, da poboacióninstruída e do pobo en xeral, abracen a modernidade e que ospostulados desta sexan levados a efecto. Fronte a iso, o repre-gamento cara a un individualismo narcisista conduce necesa-riamente a un exilio suicida e á automarxinación.

Certos intelectuais que se presentan entre nosoutros comopartícipes da ‘‘modernidade’’, levantan a bandeira da democra-cia reducíndoa a unha simple cuestión de liberdade individual eó mesmo tempo rexeitan a racionalidade co pretexto de que es-ta impón a ‘‘orde’’ e restrinxe a ‘‘liberdade’’. Desta maneira, es-tes intelectuais limítanse a imitar pura e simplemente certas ten-dencias da modernidade europea, ignorando –ou facendo co-mo que ignoran– a enorme diferencia existente entre a nosa si-tuación eadeOccidente.ÉverdadequenoOccidente industria-lizado, o racionalismo invadiu tódolos sectores da vida indivi-dual e colectiva, e que chegou a dominar por completo o con-xunto das relacións sociais e a concepción do mundo, así comoa xeneralidade do pensamento e dos comportamentos huma-

nos. Os efectos dunha organización racional da economía, daadministración, dos aparatos do Estado e das institucións, aca-baron por incidir na totalidade da existencia individual e colecti-va. A revolución tecnolóxica e informática impúxolle-lo seu ca-rácter sistemático a tódolos aspectos da vida humana,poñendoen perigo o estatuto ético do home, e incluso a súa especificida-de como ser libre, ou mellor dito, como ser a liberdade do cal é acondición necesaria para a súa completa realización existen-cial. Pero aínda hai máis, o racionalismo extralimitouse en moi-tos outros campos explotando a ciencia e a tecnoloxía –quedesde este mesmo punto de vista racionalista, deberon estar óservicio da liberdade humana e do dereito dos pobos– para pro-ducir innumerables xeitos de aniquilación de masas e de perso-as perseverando na diversificación dos instrumentos de exter-minio e no incremento das súas cualidades técnicas. Obvia-mente, a reacción humana, xusta e natural, incluso desde opunto de vista da modernidade, foi a de rebelarse contra esteabsurdo irracional no que desembocou o racionalismo moder-no. Esta rebelión fixo caer a algúns por diferentes razóns, asmáis das veces persoais –como a capacidade para afirmarsena sociedade– nas poutas de tendencias místicas, relixiosas ounon, que os levaron a adoptaren posicións hostís a toda formade racionalidade.

Algúns dos que proclaman entre nosoutros a ‘‘modernidade’’,adoptan esta posición irracionalista, polas razóns menciona-das, imitando así posicións carentes de xustificación na realida-de árabe.

O mundo árabe sofre, actualmente, o dominio doutro tipo deirracionalismo completamente diferente ó irracionalismo da Eu-ropa contemporánea. Trátase dun irracionalismo puramentemedieval con todo o que iso supón de relación tiránica entre go-bernantes e gobernadores, tanto no plano ideolóxico como nosocial. Ante un irracionalismo retrógrado desta especie, faisepalmariamente necesario o racionalismo como única arma efi-caz. ¿Como é posible concretar unha modernidade sen razónnin racionalismo? ¿Pódese acaso aspirar a un renacementosenunha razón renovadora?Ahostilidadeeosataquescontraoracionalismo nunha situación como a nosa evidencian unha ac-titude puramente escurantista e irracional. Quen se introducepor esta senda escurantista, está condenado a camiñar a ce-gas. A razón é unha lámpada que o ser humano ha de acender,non só para alumearse nas tebras, senón incluso para orientar-se tamén a plena luz do día.

Tal é a nosa concepción da modernidade no sentido de cómodebería ser definida atendendo a nosa realidade árabe contem-poránea. Ha de consistir en dous principios ineludibles: raciona-lidade e democracia. O tratamento racional e crítico de cada undos aspectos da nosa existencia árabe –onde o patrimonio tra-dicional (turat) representa o feito máis actual e enraizado en no-soutros– é a única e máis xenuína tendencia cara á modernida-de. Así, a ‘‘necesidadedepreocuparsepola tradición’’ véndicta-da pola necesidade de moderniza-la nosa relación co patrimo-nio tradicional árabe-islámico cunha dobre finalidade: dun lado,para que ese patrimonio sirva á modernidade, e, doutro, paraconseguir arraiga-la modernidade dentro da nosa propia espe-cificidade histórica.

mOHAMMED aBED aL-yABRi

Page 5: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves. Coordinacion, A.R. Lopez e Soedade Noia.Deseño, Anton Lopo: Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Seoane.Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto Rivadulla.E-mail [email protected]

A guerra fraticida

PAG: ElOSR01 -- EDI: JAN10

Offn° 14

Off regresa do seu breve letargo invernal reivindicando o colapso sinóptico, alicantropía e os abrazos contranatura. Off promete novos haikus electrónicos, novasepidemias e infeccións subcutáneas, novos itinerarios subversivos, caldo de galiñapara disidentes esfameados e puzzles cognoscitivos no abrente do ano capicúa. Encatro palabras: a cousa sigue fodida. Isto, poñamos por caso, é un vírus, unidadeínfima de palabra e imaxe. Somos máis cultos, mais vellos e mais intelixentes quehai un par de semanas. Necesitamos cambios. Autofagocitación. Canibalismocelular. Un salto evolutivo. O cerebro, célula de células, debe asimilar a súa propiamitocondria: expansión psicofónica da neurona. Pensar produce ruido. Peropodemos deducir novas harmonías. Millóns de seres humanos procuran unha novarelixión no caos, no azar e nas borras do café. Fodorowski afirma en televisión que oinconsciente acepta a metáfora. O amigo do amigo do amigo dun fascista non tenpor que ser un fascista. Tres conceptos irreductibles da amizade colisionan nestasecuencia. A orixe de todas as traxedias reside en malentendidos deste tipo. PeroOff celebra cínicamente o cambio climático. As novas divinidades, os novos heroes,e as epopeias futuras nacerán nas oficinas de bancos, inmobiliarias e compañías deseguros, alí onde o sistema é incapaz de pensar as súas propias contradiccións.Kafka, Topor/ Stockhausen, Off vota por vós!

OFF CONCURSO RELIXIOSO: Off sorteará tres bonecas vudú entre os lectores queenvíen propostas para organizar un motín dadaísta na Catedral de Santiago einventar un novo deus. Envía as túas ideas, planos e orzamentos a .

Última liña. Entrevista a René Thom: "Se os feitos non nos sorprenden, nonaportarán ningún elemento novo á comprensión do universo. O mesmo tenignoralos".

Carlos Santiago

revista das letras 399

Page 6: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E10SR02 -- EDI: JAN10

Caxemira 1947-2002

2 O Correo Galego 10/1/02 O Correo Galego 10/1/02 3

Na fronteira onde India e Paquistán concentraron as súas tropas, osincidentes son diarios e anque as dúas potencias nucleares non es-tán en guerra, aquí domina o medo. Decenas de miles de habitantesdesta zona fronteiriza fuxiron dos disparos cotiáns de artillería, demorteiro e de armas automáticas deixando tras eles vilas fantasmas,unha situación inédita desde o terceiro e o ata agora último conflictobélico de 1971. Durante este conflicto, o exército paquistaní logrouapoderarse do distrito de Chamb, de maioría hindú, e uns 1.800 refu-xiados foron instalados polas autoridades indias na zona estratéxicalindante con Chicken’s Neck (Pescozo de polo), que é como se co-

ñece unha estreita franxa que rodea a fronteira da India caxemita.Neste territorio, eixo de boa parte dos combates que manteñen in-dios e paquistanís desde hai anos, os impactos de bala nos muros eos pequenos cráteres deixados polos obuses de morteiro son a mos-tra do perigo que paira permanentemente sobre a poboación. Aquí,os nenos teñen o reflexo de botarse inmediatamente ó chan candoescoitan unha detonación. A maioría das escaramuzas prodúcenseá noitiña ou de madrugada e algunhas abandonan de noite as súasresidencias para regresar en canto chega a mañá. Este é o panora-ma de Caxemira, unha terra mítica para os indios que os paquistanísreclaman para a fe de Mahoma e que foi escenario, repetidamente,de guerras que provocaron miles de víctimas, desprazamentos hu-manos e o desamparo de boa parte da poboación. O xa tradicionalreceo entre ambos países, eixo deste monográfico de rEVISTA DASlETRAS coa colaboración especial de Xulio Ríos, fíxose especialmen-te tensa coa crise desatada polo atentado suicida do 13 de decem-bro contra o parlamento federal indio, a raíz do cal Nova Deli esixiuás autoridades paquistanís prohibir as actividades das organiza-cións islamistas implantadas no seu territorio.

Page 7: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E10SR04 -- EDI: JAN10

Conflictofratricida

4 O Correo Galego 10/1/02 O Correo Galego 10/1/02 5

Na mítica da sociedade india establécese que o lugar máis fermoso do mundo é Caxe-mira, embricada esta crenza no feito de que os deuses descansan nas montañas e énos cumios –tan próximos os de Caxemira ó Himalaia– onde reside a pureza. Manteresta terra idealizada baixo os seus dominios estalle custando á Indiaun longoconflictobélico, miles de mortos, a inestabilidade política e a sombra da ameaza nuclear co seuirmán Paquistán, terra tamén escindida traumaticamente da ‘nai India’ por mor dosfundamentalismos relixiosos. E é que os actos máis crueis danse especialmente entreirmáns. rEVISTA DAS lETRAS analiza neste monográfico algunhas das claves dunconflicto que naceu, mesmo, coa independencia conxunta dos dous países.

ahistoria da India é unha historia ateigada de guerras e de san-gue. Sangue que, sobre todo, correupolosviolentosenfronta-mentos entre islámicos e hindús desque, no século XI, come-zou a invasión musulmana. Convén aclarar que esta India daque falamos non é o moderno estado xurdido da independen-cia da Gran Bretaña en 1947, senón a gran rexión hindustaní,que abrangue o Paquistán actual, o Bangla Desh, Sri Lanca ealgunhas das terras que ocupou a China. Porque India –a Ba-rath ‘‘terra nai’’– conforma unha área de pasado común quearrinca na Civilización do Indo e no Val do Ganxes para alon-garse nas raíces dravídicas e a cultural Tamil, desde a cordi-lleira do Himalaia e o Beluchistán ós ollos rasgados de Mani-pura, desde a cordilleira do Himalaia ó Cabo Comorín, onde osol nace e se pon polo mar. E esta India, superposición de cul-turas e de linguas, de razas e cronoloxías, é tanto o resultadodun proceso que se alicerza no hinduísmo e as invasións in-doeuropeas como na impronta deixada polo islamismo ou opouso de tez escura que quedou encunicado ó sur do Dec-can.

O proxecto para dotar de entidadenacionalaesteconxuntoheteroxéneo, de odios interraciais continuamente reavivadospola mitoloxía das súas comunidades, foi o máis apaixonanteproxecto de primeiros do século XX que se rexistrou en Asia,sebenaorixedestavontadearrincado romanticismodoXIXeconstrúese a partir da entidade que a Gran Bretaña, coa ocu-pación colonial, lle dá á área: por vez primeira, a grande Indiaten un inimigo único e común ó que combater, sen distinciónde razas ou relixións. O que fora unha masa máis ou menosmórfida transformouse, en prol da liberación, nunha resisten-cia que, gracias á Literatura e a unha singular experiencia po-lítica, canaliza a dispersión e as leas nunha vontade compac-ta.

Cronoloxicamente, o nacionalismo indio comezou a tomarpulos ó tempo que en Galicia aparecía o Rexurdimento, édicirna segunda metade do século XIX. Como en Galicia, tamén,omovemento non pretendía ó primeiro a independencia senónunha caste de reforma constitucional que liberalizaran o réxi-me británico. É un movemento intimimamente ligadoódesen-volvemento cultural de corte occidental entre a burguesía na-cional, os profesionais e os estudiantes, que culminaría en1885 coacreacióndunhagran formaciónpolítica laica,decor-te frontista: o Partido do Congreso, ó que se filiaron desde as

correntes máis conservadoras e moderadas ás independen-tistas.

Xa nestes primeiros intentos de vertebrar a resistencia anti-colonialista, o dominio británico deixou clara cal sería a súapolítica para dividir a resistencia e converterse no árbitro im-prescindible: acirrar as diferencias relixiosas que, a pesar dolaicismo declarado do Congreso, seguía encistada nos islá-micos e os hindús. O síntoma desta orientación estratéxicaamosouse cando a administración da coroa decidiu partirBengala en dous estados: o occidental, de maioría hindú e ca-pital Calcuta (actual Cólcata), e o oriental, de maioría musul-mana e capital Dacca, actual Bangla Dex.

A estratexia iría logrando os seus éxitos pouco a pouco e, amedida que o Partido do Congreso se ía convertendo en he-xemónico dentro dos primeiros banzos de autonomía que apotencia colonial lle concedeu á India, as divisións fixéronsemáis fondas e no 1906, naceu a Liga Musulmana, unha for-mación de neto corte confesional.

[Liga Musulmana]Coa caída do imperio mogol (en decadencia desde o séculoXVIII, anque o último emperador dunha dinastía mogola nonfoi expulsado ata 1858 polos ingleses) e a conquistabritánica,os musulmáns perderan o papel de protagonistas políticosque desempeñaran durante centurias. A súa decadencia aín-da fora máis grave no plano económico-social, xa que os hin-dús eran máis numerosos, máis ricos e máis cultos, e a des-confianza de que a independencia fose liderada polos hindúsacabou por mobilizar as empobrecidas masas do Islam nu-nha cada vez máis radical postura fundamentalista.

De feito, esta división chegaría a impedir moitos dos acor-dos entre os nacionalistas do Partido do Congreso (no que ta-mén había militancia musulmana) e os británicos. Mesmo,chegou á situación de que a Liga Musulmana se opuxese, en1940, á solicitude de independencia e presentase a alternati-va de crear estados islámicos nas rexións con maioría de po-boación desta relixión. O enfrontamento resultou irreversiblecando, finalmente, o Partido do Congreso logrou o compromi-so da independencia por parte da Coroa británica que, antesde abandonar a colonia, e ante unha escalada de violenciaentre as dúas relixións, decidiu escindir o país en dous esta-dos: a India hindú, con capital en Deli, e o Paquistán musul-mán, con capital de Carachi. Este último estado, quedou divi-dido en dúas áreas que distabanmáisdedousmil quilómetrosentre si e que, despois dunha conflictiva peripecia históricadevarias décadas, se asentaría con dous países: Paquistán eBangla Dex, independente desde 1971.

[A división]Coa división, ademais, Gran Bretaña quería apuntarse untriunfo a posteriori, xa que, entre as súas previsións, agarda-ba que indios e paquistanís non tivesen máis remedio que, ófinal, regresar os seus ollos á patria nai e pedirlle que mediaseno conflicto, prolongando así a coroa a súa presencia naárea,a máis rica e de maior productividade de cantas posuía o im-perio británico.

As disputas polo establecemento das fronteiras políticasprovocou unha sanguenta loita fratricida e un dos éxodos mi-gratorios máis vastos da historia humana: dez millóns de per-

Page 8: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E10SR06 -- EDI: JAN10

6 O Correo Galego 10/1/02 O Correo Galego 10/1/02 7

soas abandonaron a súa residencia a un lado e outro da liñaque dividiu India e Paquistán e que, entre outras consecuen-cias, levou a partir o Puñab en tres estados: un paquistaní,outro indio e, finalmente, Harllana, onde se concentraron oshindús puñabís.

O símbolo desta traxedia con miles de mortos foi o asasi-nato de Gandhi, líder do Partido do Congreso, a mans dos ra-dicais hinduístas, facción practicamente irrelevante no pro-ceso da India que se nutriu do odio musulmán. Gandhi, naci-do en 1869, é sen dúbida ningunha a figura máis importantedo pacifismo mundial do século XX gracias á súa non violen-cia, filosofía que logrou estarrecer os alicerces do imperio bri-tánico e, sen impoñer a violencia, lograr a independencia.

Gandhi dirixiu as grandes campañas de desobediencia ci-vil e foi o máis vehemente defensor da integridade da Indiafronte a musulmáns secesionistas e hindús compracentescos británicos. A súa visión encaixaba perfectamente coaidea que tiña do qué debería ser a India: un estado pluricultu-ral e laico. De feito, a filosofía de Gandhi deu pé a un afervoa-do movemento sincrético que tratou de fundir desde o budis-mo ó cristianismo, pasando polo hinduísmo e o islam.

A súa intervención directa no conflicto de matanzas e éxo-dos conseguiu atenuar o conflicto nas rexións orientais (fron-teira de Bangla Dex) pero, ó mesmo tempo, provocoulle oodio dos fundamentalistas hindús, que nel vían, como cabe-za visible do Congreso, o responsable máximo da escisiónda India, xa que, para estes fundamentalistas, India era ho-moxenamente hindú, sen cabida para a relixión que impuxe-ran os invasores musulmáns. O odio levou a que o máis aci-rrado dos fundamentalistas asasinase a Gandhi só seis me-ses despois de que a India lograse, no 1947, a súa indepen-dencia.

[Paradoxos do destino]Paradoxos do destino, a sociedade india actual levou nas úl-timas eleccións ó poder ó conglomerado de partidos hindús–desde moderados a radicais, incluídos os que asasinaron aGandhi– baixo as siglas do BJP (Partido do Pobo da India),encabezado polo primeiro ministro Atal Bihari Vajpayee, unpoeta solteiro de probada honradez que cada día debe facerequilibrios para temperar as furias fundamentalistas e ó queanovaescaladabélicaconPaquistán lleestádandonotablescotas de popularidade. É a mesma sociedade que, hoxe,desmitifica a Gandhi, caído no desprestixio do seu pacifismoe ridiculizado pola mercantilizada xuventude india por des-prezar o poder que lle correspondía, xa que Gandhi rexeitoucalquera cargo político trala independencia para seguir osseus principios de pobreza e non violencia.

O actual enfrontamento entre India e Paquistán é un capí-tulo máis das liortas que ambos estados mantiveron desde1947. O foco polo que se manifesta esta tensión é Caxemira.Xa o foi en decembro dese 1947, só dous meses despois daindependencia, nunha guerra que se prolongou dous anos eque acarreou a partición de Caxemira en dúas áreas: unhade control indio ó sur e outra paquistaní ó norte. As desavin-zas foron aproveitadas pola China para anexionarse outroanaco do territorio ó leste, en pleno Himalaia. A partir de en-tón, o conflicto entre os dous países irmáns regresa periodi-camente á actualidade, con miles de mortos xa no seu hiso-

trial e un maior recruamento apartir dosanosoitenta.Paquis-tán elixiu, ademais da vía bélica, o apoio de distintos gruposterroristas fundamentalistas que, con insistencia, asolan aCaxemira india e chegaron á súa máis espectacular misiónatacando o pasado decembro o Parlamento indio, co mesmoVajpayee dentro.

Parelamente, as dúas superpotencias da guerra fría, Esta-dos Unidos e a Unión Soviética, tiveron os seus respectivosaliados na zona. O sucesor de Gandhi no Partido do Congre-so foi Jawaharlal Nehru, primeiro xefe do Goberno da India epai da saga que gobernaría o país ata primeiros dos anos no-venta, coa súa filla Indira Gandhi como máximo expoñente.As preocupacións sociais centraron o seu goberno, cunhaaproximación á Unión Soviética que se fixo máis firme tralaguerra coa China, en 1962. Indira, na última etapa do seu go-berno, estreitou aínda máis aqueles lazos, con principiospróximos en certos aspectos ó comunismo soviético, carac-terísticas que provocou o malestar de Estados Unidos, teme-roso da ameaza vermella que se abría en Asia. Este temoralentou a aproximación a Paquistán do que se converteu enfervente aliado ata hoxe, mesmo a pesar da escasa tinguidu-ra democrática que tiveron os sucesivos réximes paquista-nís.

[Potencias nucleares]Por se non abondasen as escaramuzas, tanto Paquistán–con axuda tecnolóxica dos seus protectores– como a India–coa da extinta Unión Soviética– desenvolveron un progra-ma nuclear que colocaron a ambos países no selecto clubdas potencias nucleares. Con este novo estatus, non tardouen saltar a alarma do mundo enteiro cando ambos países co-mezaron en 1998 as súas probas nucleares, o que lles valeuo boicó de Estados Unidos, roto posteriormente ante a cruza-da de Busch contra o terriorismo internacional. Iso non impi-de que tanto Paquistán como India continúen á obra. Infor-mes da CIA, por exemplo, só relativos a India, revelan que opaís conseguiu nos últimos anos asistencia estranxeira parao seu programa civil de enerxía nuclear, principalmente deRusia, e conta así mesmo con asistencia estranxeira para odesenvolvemento de mísiles.

A isto engádense os acordos asinados recentemente conRusia, cun investimento de case 3.000 millóns de euros. Adesculpa da India para este dispendio armamentístico nunpaís no que a fame se extinguiu pero continúa encabezandoos índices de pobreza é restablecer o equilibrio militar conPaquistán, incansable nos seus investimentos bélicos pesea ter índices aínda máis alarmantes de pobreza que os seusirmáns. Tampouco se poden esquecer os lazos comerciaisque, na última década, estreitaron a India e Israel, especial-mente na fabricación de armas.

E todo isto nun momento en que tanto a India como Rusiaou China –tradicional aliado de Paquistán en Asia e acérrimoinimigo da India por acoller desde 1959 ó Dalai Lama– seper-filan como as grandes esperanzas para o reactivamento domercado internacional, xa que India e China comezaron nosanos noventa a súa apertura comercial exterior e, deste xei-to, abriron un mercado potencial de case tres mil millóns depersoas.

s.nOIA E a.r. lÓPEz

Page 9: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E10SR08 -- EDI: JAN10

¿A ondepodemos ir?

8 O Correo Galego 10/1/02 O Correo Galego 10/1/02 9Unha familia hindú abandona a súa aldea na fronteira de Paquistán

mMentres se escoita o son dos morteiros no leste, un convoi decamións cheos de campesiños, equipaxe e animais de granxasaíu da cidade o domingo pasado, en dirección oposta, partedun éxodo de centos de miles de persoas que temen que Caxe-mira volva converterse nun campo de batalla.

Desde os desertos da provinciadeSindhnosur, áschairasdePunjab e ás montañas do Himalaia en Caxemira, un gran núme-ro de pobos da fronteira entre a India e Paquistán quedáronsebaleiros na última semana. Despois de case un mes de inter-cambios verbais subidos de ton entre a India e Paquistán e deescalada militar nas dúas partes da fronteira, a guerra non es-toupou aínda oficialmente. Pero aquí en Caxemira, a parte máispolémica da fronteira, as baixas civís son cada vez máis, condúas ducias de mortos e centos de feridos tan só na parte pa-quistaní da fronteira.

Na fronte diplomática, os líderes dos dous países, estreitarona súa man a pasada fin de semana e moitos membros dos seusgobernos expresaron con cautela a súa esperanza en que as

tensións se relaxen nos próximos días. Pero despois de tresguerras, dúas delas por Caxemira, e varios enfrontamentos mi-litares desde 1947, a xente chegou á conclusión de que perma-necer aquí é demasiado arriscado. ‘‘Eramos optimistas sobreque a situación podería mellorar, pero todo foi a peor, así que fu-ximos’’, di Malik Latif, de 42 anos, que recrutou 15 familiares eabandonou Javra, unha localidade situada a pouco máis dunquilómetro da Liña de Control. ‘‘Non sei se haberá guerra ounon, pero non vou quedarme para averigualo’’.

[Están sós]A maioría das familias fuxiron fóra do alcance da artillería india,algúns tan lonxe como a Rawalpindi ou Islamabad, un camiñode seis horas en coche a través de estradas en moi mal estado.Outros, sen embargo, non teñen onde ir e acampan á beira decamiños que atravesan as montañas da rexión, segundo ase-guran fontes locais.

‘‘Moita xente está en condicións penosas’’, di Hamid Mumtaz,un administrador civil de Hajira. ‘‘Son un funcionario do gober-no, e dígoche que están facendo moi pouco por esta xente. Es-tán sós’’.

Sayyad Uzam, un voluntario na localidade de Kotli, di que ca-tro civís foron asasinados e que outros 150 foron feridos nestedistrito, por non mencionar a perda de vacas e búfalos acuáti-cos. Segundo asegura, arredor de 3.000 persoas foron evacua-das dos pobos do leste de Kotli e espérase que a cifra aumenteen pouco tempo. As balas voan en ambas direccións, pero a In-dia animou a xente a abandonar a súa parte da Liña de Control,polo que reduciu o número de baixas. Paquistán, sen embargo,non fixo ningún esforzo para convencer a xente de que abando-ne a zona máis perigosa, polo que aínda quedan moitos campe-siños nesta área. Moitos din que a súa familia viviu nesta sec-ción de Caxemira durante xeracións, e por iso son remisos a ir-se, a pesar dos riscos. ‘‘Esta é a nosa casa. Aquí é onde vivimossempre’’, di Mohammad Afzar, que evacuaba a súa familia des-de Javra para irse con outros familiares a un localidade a unsvinte quilómetros de alí. ‘‘¿A onde máis podemos ir?’’.

cRAIG wITLOCk

Page 10: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E10SR10 -- EDI: JAN10

Caxemira vivetradicionalmente nunhasituación de grandeinestabilidade e violenciapor mor da sucesión deinterminablesenfrontamentos entrediferentes grupos armados

Longa crise

10 O Correo Galego 10/1/02 O Correo Galego 10/1/02 11

no fondo do actual enfrontamento, o escenariode Caxemira, territorio disputado polos douspaíses, recupera a súa actualidade. Como é sa-bido, todo comezou coa independencia de Indiae Paquistán (1947) que non soamente implicouun dos maiores desprazamentos humanos dahistoria recente (10 millóns de persoas) senónque deixou sen solución algúns conflictos terri-toriais cun enorme potencial desestabilizador.Por aquel entón o maharaja hindú que dirixía oreino de Caxemira, partidario da independenciapero cunha poboación maioritariamente musul-mana, renunciou a unha proclamación secesio-nista ante o temor de suscitar unha rebelión po-pular que o levaría directamente aos brazos dePaquistán. O Exército de Islamabad interveudaquela para apoiar unha revolta que parado-xalmente produciu o efecto contrario ao dese-xado e inclinou a balanza a favor de India en ou-

tubro de 1947. A petición do maharaja, NovaDeli enviou as súas tropas a Caxemira concluín-do a guerra en 1949 cun acordo de cese de hos-tilidades e a rexión dividida en dous anacos,unha parte controlada por Paquistán (AzadKashmir ou Caxemira libre) e outra baixo domi-nio de India (Jammu e Caxemira). A segundaguerra indo-paquistaní de 1965 non modificousubstancialmente estas posicións.

Paquistán segue a reclamar a totalidade darexión e a organización dun referendo de auto-determinación baixo supervisión de NaciónsUnidas, tal e como a India de Nehru se compro-meteu a realizar no seu momento. A India, polasúa banda, considera que Caxemira chegou aser parte do país de forma totalmente legal (se-gundo a normativa que regulaba a transferenciade poderes entre a antiga administración britá-nica e as novas autoridades paquistanís e in-dias,omaharaja,a titulo individual, tiñaodereitode opción sobre a integración do seu reino nunou noutro país) e que sendo un Estado laico,non pode aceptar que unha parte do seu territo-rio poida ser obxecto de reivindicación externaen función da confesión relixiosa –musulmana–dos seus habitantes. Para Nova Deli, a idea doreferendo xa caducou: Caxemira é hoxe un Es-tado cun nivel de autonomía superior ao de cal-quera estado hindú e dispón da súa propiaAsemblea lexislativa e goberno.

A terceira guerra produciuse en 1971, na par-te oriental de Paquistán e culminou co acordode Simla de 1972 (que sinalou a vixente liña decontrol ou fronteira de feito entre os dous paísesna zona de litixio), o nacemento de Bangla Deshe a oposición de India a todo intento de interna-cionalización do conflicto. Dende entón, a parteindia de Caxemira vive tradicionalmente nunha

situación de grande inestabilidade e violencia pormor da sucesión de interminables enfrontamen-tos entre diferentes grupos armados (pro-paquis-tanís, pro-hindús e o exército).

No verán de 1999 a tensión a grande escala vol-veu á rexión cando se enfrontaron novamente nochamado incidente de Kargil, localidade da Caxe-mira india que foi ocupada por guerrilleiros afgánse paquistanís apoiados por unidades de elite doexército de Islamabad. As presións de Bill Clintonsobre Nawaz Sharif, o entón primeiro ministro,surtiron efecto e aínda que de mala gana ordenoua retirada transformando a inicial victoria nunhasevera humillación que finalmente acabaría porcustarlle o posto. Este fracaso conduciu directa-mente ao golpe militar de setembro e ao ascensode Musharraf.

A disputa territorial de Caxemira, sempre conresultados desfavorables para Paquistán, está nocerne das motivacións nucleares de ambos paí-ses que procuran establecer unha igualación cri-ble en materia militar ata o punto de sacrificar paraiso as necesidades máis elementais das súas res-pectivas cidadanías, afirmando estar dispostos ‘‘acomer herba de ser preciso para ter unhabomba’’,como sinalaba o presidente Ali Bhuto. En conse-cuencia, ata que non se solucione este problemadificilmente poderá comezar a falarse en serio dedesnuclearización ou incluso de plasmación efec-dos compromisos asumidos por ambos países demoratoria sobre probas nuclearesouasinaturadoTratado para a prohibición total das probas nucle-ares. Con todo, é importante tamén sinalar que nocaso de India, na opción nuclear pesa non soa-mente Caxemira senón tamén os tradicionais re-ceos cara ó veciño chinés.

xULIO rÍOs

Page 11: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

Jürgen Habermas

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves. Coordinacion, A•R. Lopez e Soedade Noia.Deseño, Anton Lopo: Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Seoane.Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto [email protected]

A Europa de Habermas

PAG: E17SR01 -- EDI: JAN17

No marco nacional, a política ten sen dúbida cada vez máisdificultades para seguir o paso dunha competenciaglobalizada. A única alternativa satisfactoria, desde unpunto de vista normativo, que poda poñer en marcha algonovo, véxoa unicamente na configuración federal dunhaUnión Europea capaz de actuar no campo da política sociale económica, que poda orientarse cara ó futuro dunha ordecosmopolita sensible ás diferencias e compensadora dasdesigualdades sociais. Unha Europa que se comprometa aloitar pola domesticación de calquera forma de violencia,mesuro de índole social e cultural, estaría inmunizadafronte á recaída postcolonial no eurocentrismo. Unhaperspectiva deste tipo, suficientemente descentrada, podesatisfacer tamén as esixencias do discurso intercultural sobreos dereitos humanos. O concepto de autonomía pertencetamén á autocomprensión da modernidade e suxire unargumento contra a recentemente discutida donación deorganismos humanos.

riísta das letras 400

Page 12: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E17SR02 -- EDI: JAN17

¿Unha constituciónpara Europa?

Jürgen Habermas

2 O Correo Galego 17/1/02 O Correo Galego 17/1/02 3

O filósofo e científico alemán Jürgen Habermas propugna neste artigo a necesi-dade de que a Unión Europea teña unha Constitución, primeiro banzo para con-seguir a ‘‘solidariedade entre estraños’’. É o que el denomina unha democraciaposnacional capaz de termarse do mutuo recoñecemento das diferencias en-tre as culturas nacionais. Europa, en calquera caso, apunta Habermas, é un pro-xecto que só sairá adiante se conta co apoio dos cidadáns e, por esa mesma ra-zón, debería iniciarse cun referendo constitucional tras un amplo debate en to-da a Unión.

existe un estraño contraste entre as expectativas e asdemandas daqueles ‘‘europeos do primeiro momen-to’’, que inmediatamente despois da Segunda GuerraMundial interviñeron a prol da integración política deEuropa e que deliñaron o proxecto necesario para al-canzar ese obxectivo, e os que hoxe teñen a tarefa deproseguir ese proxecto. O que chama a atención non ésoamente a diferencia de énfase retórica, senón taméno contraste entre as metas previstas. Mentres que a xe-ración dos pioneiros invocaba ‘‘os Estados Unidos deEuropa’’ e non temían en comparar o seu proxecto code Estados Unidos de América, a actual discusión dis-tanciouse completamente deses modelos. Incluso apalabra ‘‘federalismo’’ é sospeitosa. A actual situacióneuropea non se pode comparar coa dos ‘federalistas’ou dos deputados da Asemblea Nacional gala. Tras200 anos de práctica constitucional non soamente es-tamos percorrendo sendas coñecidas, senón que acuestión constitucional non é a clave para solucionarproblemas que debemos resolver. Así é, o reto do Esta-do nacional europeo superando as súas fronteiras etransferíndoos a outro formato; o único novo é a entida-de que xurdirá nesa empresa.

A principal forza impulsora da integración, presenteata na xeración de políticos como Helmut Kohl, foi avontade de acabar definitivamente coas cruentas gue-rras en solo europeo. Outro motivo foi a aposta pola in-tegración de Alemaña en Europa, co obxectivo de apla-car a desconfianza –historicamente xustificada– anteunha nación central inestable politicamente, pero quepronto se recuperou economicamente. Non obstante,desde un comezo houbo un terceiro elemento de ca-rácter exclusivamente económico na integración euro-pea. Desde a formación da Comunidade Europea doCarbón e do Aceiro (constituída en 1951), cada vezmáis países fóronse integrando, mediante o intercam-bio libre de persoas e productos, nun proceso que con-

cluíu co xurdimento do mercado común e a moeda eu-ropea. Sen embargo, as expectativas económicas nonson suficientes como motivo para mobilizar o apoio po-lítico da poboación para o arriscado proxecto políticodunha Unión Europea que realmente mereza ese no-me. Para alcanzar este obxectivo, é necesario ademaisunha orientación baseada en valores comúns.

As novas democrácias de Europa central e orientalque desexan adherirse á Unión Europea deben enca-rar os desafíos extremos que formula a fractura do sis-tema; a resposta deses países foi o retorno ó Estadonacional. Neses países a poboación non está dispostaa transferir os dereitos soberanos recén recuperadosás instancias europeas. En vista da escasa motivacióndas dúas partes, máis resalta aínda o insuficiente queson as razóns simplemente económicas. É imprescin-dible vincular esas razóns con ideas dunha naturalida-de completamente diferente, se queremos gañar á ma-ioría da cidadanía dos Estados da Unión Europea paraque apoie a empresa de cambiar o status quo político. Énecesario vincular esa idea coa preservación dunhacultura e unha forma de vida específica, que hoxe estáen perigo. A gran masa dos cidadáns europeos estádisposta a cerrar filas para defender unha forma de vidaque, con excepción do ámbito que quedou tralo Panode Aceiro, puideron conformar durante os últimos doustercios do século pasado. Desde logo que o rápido cre-cemento económico foi o alicerce do Estado social, nomarco do cal se rexeneraron as sociedades de posgue-rra. Sen embargo, o único resultado desa xeración foiun modo de vida baseado no benestar e a seguridade,que serviron de base para o florecemento da diversida-de nacional dunha cultura centenaria que se renovarade forma atractiva.

[Alen do mercado]As vantaxess económicas da integración europea sonun bo argumento para seguir ampliando a UE máis aláda dimensión económica, no contexto dun atractivocultural de grande alcance. A ameaza desta forma devida e o desexo de preservala incentiva para elaborarunha visión da futura Europa que estea en condicións–de forma innovadora– de encarar os retos dos nosostempos. No seu magnífico discurso do 18 de maio de2001, o primeiro ministro francés, Lionel Jospin, sina-lou que ‘‘o modo de vida europeo’’ é o contido do pro-xecto político: ‘‘Ata hai pouco, os esforzos da Unión Eu-ropea concentrábanse en crear a Unión Económica eMonetaria... Sen embargo, agora necesitamos unhaperspectiva cun alcance maior; en caso contrario, Eu-ropa decaerá e converterase nun mero mercado, que

Page 13: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E17SR04 -- EDI: JAN17

4 O Correo Galego 17/1/02 O Correo Galego 17/1/02 5

sufrirá ante o embate da globalización. Porque Eu-ropa é, por certo, moito máis ca un mercado, é sinó-nimo dun modelo de sociedade que ten profundasraíces históricas’’.

Sen embargo, cabe preguntarse se os nosos pe-quenos ou medianos Estados nacionais, cada un enpor si, poderán manter a súa capacidade de resistira paulatina asimilación a aquel modelo social quetrata de impoñer o réxime económico mundial pre-dominante nos nosos días. Na medida en que os eu-ropeos se propoñan compensar as crecentes con-secuencias sociais negativas, por exemplo en cantoá distribución de bens, e traten de establecer certasregras reguladoras da economía mundial, maior de-bería ser o seu interese nas posibilidades dunhaUnión Europea que participe de igual a igual no cír-culo dos ‘Global Players’.

Coa data de ingreso dos Estados de Europa cen-tral e oriental, a mesma UE obrigouse a abordar asreformas, posto que a adhesión de doce países rela-tivamente heteroxéneos en canto á súa economía esociedade aumentará necesariamente a complexi-dade dos mecanismos de acordos e decisiósn. Epara poder enfrontar esas novas tarefas, é necesa-rio, desde logo, afondar na integración. Desgracia-damente, o Cume de Niza non levou á práctica as re-formas necesarias; non foi posible aproveitar o pro-blema actual da ampliación como panca para solu-cionar problemas profundos de carácter estructural.

Eses problemas maniféstanse, sobre todo, na re-lación desequilibrada entre a densa integracióneconómica, por unha parte, e os vínculos políticosque son máis ben frouxos; ademais, outro tema é,desde logo, o déficit de democracia que caracterizaos procesos de toma de decisións no marco da UE.

A discrepancia entre a integración económica,que por certo está moi avanzada, e a integración po-lítica que a duras penas trata de alcanzala, poderíasuperarse mediante unha política que apunte á for-mación de niveis políticos crecentes, co obxectivode seguir o ritmo dos mercados desregulados. Senembargo, a coordinación de máis campos políticosimplica, desde logo, unha concentración de faculta-des e atribucións que agrava outro dilema.

O tupido manto das decisións europeas, a incom-prensibilidade das súas orixes e a imposibilidade dacidadanía europea de participar na súa elaboraciónprovocan, naturalmente, desconfianza na base. Oseuroescépticos rexeitan un cambio do fundamentoda lexitimación da UE –de tratados internacionais aunha constitución europea– argumentando que‘‘non hai un pobo europeo’’, como indica o ex xuízconstitucional alemán Ernst-Wolfgang Bockenfor-de. É dicir, o que parece faltar é o suxeito dun proce-so constituínte, aquel colectivo singular chamado

‘‘pobo’’ que se pode constituír a si mesmo como na-ción de cidadáns. Sen embargo, esa ‘‘tese do nondemos’’ recibiu fortes críticas, tanto polas catego-rías que usa como desde o bando empírico. Destamaneira, indícase que non é admisible confundir anación de cidadáns cunha comunidade prepolíticaque comparte un mesmo destino, e que está unidapor unha orixe, idioma e historia comúns, posto queesa definición non abrangue o carácter voluntariodunha nación de cidadáns. Así mesmo, os críticosindican que a identidade colectiva dunha nación decidadáns non se pode considerar illada do procesodemocrático que foi o seu berce.

Este contraste de nación de cidadáns e nacióndun pobo reflicte, tamén, o gran logro do Estado na-cional democrático, que mediante o estatus da ‘‘ci-dadanía’’ deu a luz unha solidariedade completa-mente inédita posto que é abstracta, e que é trans-mitida polas leis.

Anque o idioma e a forma de vida comúns facilita-ran o proceso de formación de conciencia, o feito deque a democracia e o Estado nacional se desenvol-vesen ó mesmo ritmo non permite supoñer unhaprioridade do pobo ante a república. Máis ben tráta-se dun proceso circular, no transcurso do cal a con-ciencia nacional e a cidadanía democratica se esta-bilizaron reciprocamente.

Os dous elementos, conxuntamente, desembo-caron no novo fenómeno da solidariedade baseadaque desde entón é a masa aglomerante das socie-dades nacionais. Esta é a historia do xurdimentodos Estados nacionais europeos, que nos permiteaprender que as novas formas de identidade nacio-nal teñen un carácter artificial que se constituíu uni-camente en determinadas circunstancias históri-cas, durante un longo proceso que abrangueu todoo século XIX.

A formación de identidade é froito dun dolorosoproceso de abstracción, o que finalmente acaboucoas lealdades locais e dinásticas, e cunha coroa-ción que é a conciencia de cidadáns democráticosde pertencer á mesma nación. Se este postulado seapega á verdade, non hai razón para supoñer que aformación dese tipo de solidariedade baseada noente estatal se esgote, necesariamente, nos límitesdo Estado nacional.

Non obstante, as condicións en que naceu a con-ciencia nacional recórdannos ás premisas empíri-cas que deben ser satisfeitas para que unha forma-ción de identidade tan improbable supere tamén asfronteiras nacionais: primeiro, a necesidade dunhasociedade cívica europea; en segundo lugar, o xur-dimento dunha opinión pública europea cunha claraconciencia política, e en terceiro lugar, a formacióndunha cultura política.

Page 14: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E17SR06 -- EDI: JAN17

6 O Correo Galego 17/1/02 O Correo Galego 17/1/02 7

[Ocomezo:oreferendo]Estas tres premisas funcionais dunha Unión Europeacun ordenamento democrático tamén se poden com-prender como puntos de referencia de evoluciónscomplexas pero converxentes. Eses procesos podenser acelerados e focalizados nun punto de converxen-cia mediante unha constitución que teña, por así dicir,un efecto catalizador. Europa tense que aplicar a simesma, de formareflexiva,a lóxicadaquelprocesocir-cular no marco da cal o Estado democrático e a naciónse procrearon mutuamente. Por esta razón, é necesa-rio iniciareseprocesocun referendoconstitucional trasun amplo debate en toda Europa. O proceso consti-tuínte é, por si mesmo, un excelente medio dunha co-municación que sobrepase os límites nacionais. Unhaconstitución europea non soamente poría manifesto odesprazamento dos centros de poder que tivo lugar ta-citamente, senón que tamén impulsaría novas conste-laciónsdepoder.

[Primeiro]Unha vez que a Unión Europea poida cobrar os seus pro-pios impostos, alcanzando así a súa autonomía financei-ra, e unha vez que a Comisión Europea e un Consello Eu-ropeo consolidado compartan funcións gobernamentais,o Parlamento Europeo –que estaría desempeñando unhafunción lexislativa competitiva– tamén tería que estar encondicións de aproveitar mellor as súas xa considerablesatribucións e ‘‘poñerse mellor en escena’’. Deste modo, oeixe político inclinaríase, das capitais nacionais, a Bruxe-las e Estrasburgo. A superposición transnacional de inte-reses e valores paralelos favorecería, qué dúbida cabe, oxurdimento dun sistema europeo de partidos políticos e deorganizaciónseredes transnacionais.

[Segundo]É indubidable que o déficit democrático que afecta a UEunicamentesepoderá repararcunhaopiniónpúblicaeuro-peaquesirvademarcoóprocesodemocrático.

[Terceiro]Por unha parte, a opinión pública europea depende do im-pulso vital dos actores da sociedade cívica; non obstante,tamén necesita o marco dunha cultura política común. A

pesar de que, evidentemente, ata o século XIX os intelec-tuais non viron ningún motivo para cavilar sobre a idea e anatureza de Europa, entrementres se está levando a caboun aflixido debate. Aflixido porque os logros da cultura eu-ropea se estenderon por todo o mundo; tómese comoexemplo o cristianismo e as súas misións, ou as conquis-tas seculares como os logros científicos e técnicos, desdeo dereito romano e o Código Napoleónico, ou o Estado na-cional, a democracia e os dereitos humanos. Sen embar-go, dúas experiencias específicas de Europa atoparon uneco notable. Na súa historia, Europa viuse enfrontada aconflictos profundos e estructurais, tanto na dimensión so-cial coma na temporal. Eses conflictos foron moito máisgraves cós que afectaron a outras culturas. Esas raícesexplican, por certo, a disposición á expansión agresiva e oaltopotencial deviolenciaenEuropa.Nonobstante,oseu-ropeos tamén reaccionaron de forma productiva ante esasituación, e sacaron dúas leccións principais: vivir conconflictos duradeiros estabilizados e unha postura críticaanteoseupropiopasado.

Nesta dimensión social, a Europa moderna desenvol-veu procedementos e institucións para encarar os conflic-tos intelectuais, sociais e políticos. No transcurso da súa amiúdo dolorosa e patética histórica, Europa aprendeu aencarar exitosamente a competencia e a contenda entreos poderes eclesiásticos e os seculares, así como o abis-mo entre a fe e a ciencia, a loita endémica entre as súas di-ferentes confesións relixiosas; ó final,Europa taménpuidoresolvera inimizadee rivalidadeentreosseusEstadosna-cionais belicistas. Estes logros conseguímolos non solu-cionando eses conflictos, senón que facéndoos perma-nentes mediante a súa ritualización, converténdoos enfonte de enerxías innovadoras. Ós quebros, discontinui-dades e tensións que se produciron na dimensión tempo-ral –inmanentes a tódolos procesos de modernización– aEuropadaRevoluciónFrancesacontestoucoacompeten-cia ideolóxicaentreospartidospolíticos.Osistemaclásicodos partidos garante a reproducción dun amplo espectrode interpretacións conservadoras, liberais e socialistas damodernización capitalista. Á zaga dunha apropiación he-roica dun riquísimo legado xudeu e grego, romano e cris-tián,Europaaprendeuaencontrarunhaposturaadecuadaante o carácter dobre, cal rostro de Jano, da Modernidade.En todo caso, o universalismo igualitario e individualista–que ata hoxe non segue dando a súa impronta– non é omenordos logrosdaModernidadeeuropea.

Aesenciada identidadeeuropeaé,desde logo–máiscócarácter deses dolorosos procesos de aprendizaxe– osseus resultados. O recordo do abismo moral ó que nos le-vou a tiranía nacionalsocialista concédelle á nosa actua-ción o valor dun verdadeiro logro. Este trasfondo históricopodería achandar o camiño a unha democracia posnacio-nal que se apoie no mutuo recoñecementodasdiferenciasentre as culturas nacionais, orgullosas de si mesmas. Nina ‘‘asimilación’’ nin a simple ‘‘coexistencia’’ son os mode-los da nosa historia, unha historia que nos ensinou a forxarformas cada vez máis abstractas dunha ‘‘solidariedadeentreestraños’’.

Page 15: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E2451101 -- EDI: JAN24

A cidade muda de pel coma unha serpeabrupta,corazón.A cidade corazón.O corazón da cidade que vai cambiando de color.Coma unha serpe, cambiando de color.A cidadea túa, a miña, a nosacidade, corazón.De color.A cidade vai cambiando o corazón.Coma unha serpe de color,corazón,vivimos nunha serpe que vai cambiandoa color do corazón.

fRAN aLONSO

Suplemento de O Correo Galego que aparece os soves. Coordinacion, A.R. Lopez e Soedade Nola.Deseño, Anton Lopo:Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Secarle.Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto Rivadulls•E-mail.Rd1Belcorreogallego.es

revista das letras 401

As paisaxes de Galicia

Page 16: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E24SR02 -- EDI: JAN24

Paisaxesurbanas eresidenciaisen Galicia

Por RománRodríguez González

2 O Correo Galego 24/1/02 O Correo Galego 24/1/02 3

cando se fala de paisaxe a imaxe mental que se proxecta na maiorparte da poboación é dun val, un monte, unha praia ou a panorámi-ca de calquera espacio natural. Normalmente o perfil dunha cida-de, a vista oblicua dela, ou unha praza significtiva, non se interpre-tan nun primeiro momento como unha paisaxe, como unha paisa-xe urbana. Sen embargo as imaxesmentaisepercepcióncolectivade localidades, rexións ou países normalmente aparece vencella-da a perspectivas urbanas. Máis concretamente a compoñentes

monumentais urbanos que se identifican e se asocian en moitasocasións cun territorio. Así, por exemplo, o símbolo perceptivo porexcelencia de Francia é a Torre Eiffell, o de Rusia o Kremlin, o dosUSA a liña de edificación de Manhattan, ou en Galicia a Praza doObradoiro coa fachada da catedral. Con contadas excepcións, co-mo as cataratas do Niágara, ou as Victoria, o canón do Colorado,ou o volcán Fuji Yama, en Galicia podería ser a panorámica dunharía, as paisaxes naturais móstranse como identificativas para ogran público dun territorio determinado.

A paisaxe, entendida como a percepción visual que existe dunespacio, adquire, segundo María de Bolós, un evidente valor sub-xectivo asociado a aqueles elementos singulares que favorecen ocoñecemento cognitivo do mesmo. Na maior parte das paisaxesexistentes a acción humana está presente. Pero esta vai ser espe-cialmente forte nas urbanas, ata o punto de que os elementos an-trópicos anulan e substitúen por completo os posible elementosbióticos existentes (vexetación natural, cursos fluviais, formas to-pográficas...) que son transformados e, na maior parte das oca-sións, fanse desaparecer. A paisaxe urbana débese entender, en-tón, como unha construcción social que reflicte as cambiantes ca-racterísticas socioculturais e os intereses dos grupos humanosque a constrúen ó longo do tempo. Por esto, aanálisedaspaisaxesurbanas é, en definitiva, a análise da historia socioeconómica e po-lítica dos grupos humanos que as construíron e, moi especialmen-te nos últimos anos cando as porcentaxes de poboación residenteen áreas deste tipo, tamén en Galicia, aumentan de modo progre-sivo.

Como manifestación humana a diferenciación dunha paisaxeimplica falar de modelos sociais, culturais e de rendibilización doespacio tamén diferentes. No marco dun encontro deste tipo, cen-tro no feito diferencial da paisaxe galega, é necesario cuestionarseata qué punto é posible defender a existencia dunhas paisaxes ur-banas individualizadas e diferenciadas. Pois esta circunstanciaimplicaría unha ausencia de relacións e influencias nos modelosde facer cidade e unha carencia de fluxos de información no queatinxe avaloresestéticos, técnicasconstructivas,emesmonases-tratexias dos axentes urbanos que, na nosa opinión, non foron co-múns ó longo da historia, senón que cada vez son máis patentestendéndose cara a paisaxes urbanas cada vez máis uniformes, eglobais. Proba desto é que moitos dos máis significativos proxec-tos arquitectónicos dos últimos anos, definitorios dunha parte sig-nificativa das paisaxes urbanas contemporáneas, nos son obrasde arquitectosgalegos.AsíapresenciadeJ.P.Kleihues,deÁlvaroSiza ou de Isozaki, e a formación adquirida por moitos arquitectosgalegos no exterior (tamén a posta en marca de intervencións pro-pias), son síntomas inequívocos da continuada interrelación exis-tente.

Esta situación non debe entenderse en clave de aculturación. Ócontrario, supón un enriquecemento que, por outra parte, non é na-danovo,poisdesdeaconstruccióndaMuralladeLugoas interrela-cións e as influencias entre os diferentes territorios son continuas,especialmente no eido das paisaxes monumentais. Tampouco noespacio urbano cotián se debe falar dunha exclusividade, xa queos distintos estilos arquitectónicos tiveron a súa representaciónnas nosas cidades. Nos últimos anos a tendencia uniformizadorafaise moi patente, pois dous dos procesos máis significativos quese están a experimentar son comúns en numerosos asentamen-tos. Así as recentes paisaxes urbanas de carácter residencial fí-xanse nas periferias coa construcción, cada vez máis intensa, deurbanización de chalés e emparellados, e pequenos núbleos saté-lites. SégueseomodelourbanísticodosUSA, tendocadavezunhamaior presencia na nosa percepción do que son as cidades e nasimaxes que se perciben mesmo a través de medios tan poderososcomo a TV (Médico de familia...) ou o cine (Adosados, Show deTruman...).

Un segundo proceso de interese, xeral para as urbes galegas, epara outras moitas, é a recuperación e rehabilitación das áreas his-tóricas das cidades. Neste caso téndese a seguir uns mesmos cri-terios estéticos (materiais nobres, arranxo de fachadas...) e funcio-nais (servicios de ocio, culturais, comercio especializado...) que

Page 17: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E24SR04 -- EDI: JAN24

4 O Correo Galego 24/1/02 O Correo Galego 24/1/02 5

están dando como resultado que aqueles espacios máis definito-rios dentro das cidades, e que deberían ser os máis diferenciados,están nunha situación de progresiva estandarización. Esta situa-ción poténciase coa colocación de novo mobiliario urbano que, enmoitas ocasións, é o mesmo para cidades moi dispares, está dan-do lugar á aparición do que xa se está comezando a coñecer comoo ‘no lugar’, onde, quizais, os principais elementos de diferencia-ción estriben nos materiais empregados (granito, calcaria, ladri-llo...) e nas diferentes solucións técnicas ofrecidas na adaptacióndas edificacións ós elementos climáticos e ambientais (ocos exter-nos, orientación, forma das cubertas....).

Retomando a idea da paisaxe como unha manifestación social,ó ser concibida e trazada polo home en función dos seus interesesespecíficos, é necesario ter en conta, en primeiro lugar, que asimaxes e as formas urbanas fórmanse ó longo do tempo e, en se-gundo termo, que a cidade reproduce de xeito máis ou menos line-al a estructura social tanto na súa morfoloxía como na súa propiaorganización interna. Así os sucesivos momentos históricos pre-sentan unhas pautas concretas de concibir o espacio urbano enresposta ás necesidades de cda un. Os axentes determinantes naacción urbanística e paisaxística, as tecnoloxías aplicadas á edifi-cación, o contexto socioeconómico, os valores ideolóxicos ou cul-turais, ou, entre outros aspectos máis, o modelo de relación entreos distintos grupos humanos, evolucionan dando lugar, neste ca-so, á aparición de diferentes fases e xeitos de concibir as paisaxesurbanas que se poden observar na actualidade. Pola súa parte es-tas, ó ser a correspondencia entre as formas arquitectónicas e osistema de organización social, non son uniformes dentro de cadacidade. Identifícanse moitas paisaxes dentro de cada unha, núcle-os históricos, barrios de vivendas sociais, ensanches burgueses,urbanizacións periféricas... onde os elementos edificativos, a súafunción dentro do tramado urbano interno, ou a poboación que re-side neles son diferentes, e as paisaxes resultantes tamén o son.Apaisaxe urbana evoluciona así coa sociedade ó longo do tempo ereprodúcese as súas características máis definitorias e, tamén, assúas propias contradiccións.

[As paisaxes urbanas galegas]Ó falar das paisaxes urbanas dun territorio concreto, neste casoGalicia, un primeiro paso a dar é delimitar o que se considera urba-no ou non. É moi clara para o noso país a utilización desta cualifica-ción para as sete cidades principais, pois nelas móstranse tódoloselementos definitorios do que se considera unha cidade. Sen em-bargo complícase a reflexión se introducimos dentro do mundo ur-bano outros núcleos como as vilas, ditos sistemas de relación so-cial, os carácteres socioeconómicos e culturais dos residentes encada espacio ou as propias funcións económicas non residenciaisque nel se dan.

Deste xeito as paisaxes urbanas como percepción visual non sóestán formadas por elementos arquitectónicos e físicos. Estes, pe-se a ser os máis relevantesnasvistaspanorámicas, intégranse for-mando un sistema de interrelacións coas súas funcións que se de-senvolven no seu interior, coas características socioeconómicasda poboación e cos sistemas de relación sociocultural. Para identi-ficar estes últimos é necesario abordar a súa análise a unha escalaespacial máis reducida que dá lugar a unha sectorización intraur-bana da cidade e das súas paisaxes.

Para Galicia, e centrándonos neste caso nas sete cidades prin-cipais é factible formular a existencia de diferentes paisaxes urba-nas que tenden a reproducirse nelas. Desde os núcleos históricosós novos espacios urbanos das periferias, as cidades galegas es-tructúranse internamente en diferentes barrios e sectores que res-ponden a sucesivas e diferenciadas formas de actuar sobre a cida-de e de crear, por conseguinte, as súas paisaxes. Tense levado acabo un exercicio de aproximación ás posibilidades de marcar osdistintos sectores urbanos que con maior ou menor linealidade seidentifican nas urbes do país.

En primeiro lugar topámonos cos núcleos históricos, moitos de-les de orixe medieval no trazado da súa planta, se ben os elemen-tos arquitectónicos son máis recentes predominando pegadasdasedificacións construídas nos séculos XVIII e XIX. Correspóndensecos espacios intramuros primixenios, co cal o sistema de rúas ten-de a reproducir unha forma circular, organizándose a partir das dis-tintas prazas públicas que abren as perspectivas visuais, presen-tando certa irregularidade e unha habitual estreiteza. Dentro del lo-calízanse os elementos referenciais de carácter monumental e pa-trimonial que constitúen as paisaxes de referencia (igrexas, cate-drais, pazos urbanos...). Ata mediados do pasado século practica-mente eran a parte máis importante da cidade, tantocuantitativamentedebidoócativo tamañodasmesmas,comocua-litativamente ó seren os principais centros comerciais e cívicos.Tras un período de crise urbana e forte degradación paisaxística efuncional, especialmente intensa nos anos 1970 e 1980, no finaldadécada dos 1990 experiméntase un proceso xeral de rehabilita-ción dos mesmos. Santiago colócase, neste sentido, como símbo-lo e referente, e a súa estratexia, común por outra parte ennumero-sas cidades de valor patrimonial semellante, é seguida por outrascomo Pontevedra, Ourense ou Vigo que poñen en marcha diver-sos proxectos de recuperación. En todos eles apóstase por unhavalorización das escenas urbanas con fortes intervencións de me-llora paisaxística, acompañadas da potenciación das funcións re-creativas e culturais. Estase producindo, neste sentido, unha co-mún reconversión e especialización funcional que se ben teñengrande éxito na mellora das propias paisaxes, sen embargo a niveldemográfico non son capaces de reducir o avellentamento e a per-da de poboación, corréndose o risco de converter, alomenos nal-gunhas partes dos núcleos históricos, en parques temáticos mo-numentais de exclusivo consumo turístico (neste sentido o casomáis espectacular é Santiago de Compostela), outras zonas resi-denciais de luxo (polo elevado prezo das restauracións), ou en zo-nas exclusivas de ‘marcha’ nocturna.

No século XIXpóñenseenmarchanascidadesgalegas,proxec-tos de apertura de novas rúas nas áreas extramuros, seguindo aidea do ensanche burgués. Créase así unha nova paisaxe urbanainspirada no modernismocaracterísticadebarrioscomoaMadale-na de Ferrol, a Pescadería da Coruña ou Príncipe-Areal en Vigo. Adiferencia do anterior márcanse unha estructura urbana internasobre unha trama de rúas xeométricas e regulares en contraste coanterior espacio. Convértense nos novos centros urbanos a nivelcívico e comercial, carácter que aínda manteñen hoxe pese a queno plano comercial teñen experimentado unha certa perda de pro-tagonistmo pola presión das novas áreas comerciais periféricas.Funcionalmente emprázanse aquí actividades necesitadas dunhagran centralidade intraurbana como servicios financeiros ou dexestión. Seguen a manter un considerable volume demográficodentro da cidade pese a que tamén se identifican síntomas deabandono dalgunhas edificacións.

Durante a primeira metade do pasado século apareceunnovo ti-po de paisaxe urbana. Neste período prodúcese tanto unha densi-ficación dos espacios xa construídos especialmente nos centroshistóricos, como un impulso constructivo centrado na construcciónde polígonos residenciais de vivendas sociais, moitas delas pro-movidas desde o réxime franquista. A escena definitoria delas vaiser a de edificacións dun estilo funcional e impersoal, con moi es-casos motivos decorativos, asentadas nas proximidades dos en-sanches burgueses e sobre unha trama xeométrica e regular.

Na segunda metade asístese a un crecemento das cidades senprecedentes vencellado ó ‘boom’ desenvolvementista. É unha fa-se na cal se define unha parte importante, alomenos a nivel cuanti-tativo, das formas urbanas actuais. A necesidade de acoller un cre-cente número de persoas procedentes do éxodo rural levou a unselevados ritmos constructivos, fenómeno común na maior partedas cidades do Estado, estando asociados a unhadesvalorizaciónda calidade arquitectónica. Pódese individualizar a creación detres tipos diferentes de paisaxes urbanas. O primeiro asóciase ácreación de grandes barriadas residenciaisepolígonosdevivendade iniciativa oficial, necesarios para ofertar aloxamento a unha po-

Page 18: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E24SR06 -- EDI: JAN24

6 O Correo Galego 24/1/02 O Correo Galego 24/1/02 7

boación urbana en marcada alza. Destacan zonas como Coia enVigo, Elviña na Coruña ou Caranza en Ferrol, que coinciden nundeseño de bloques de edificios dunha altura relativa, exentos, ro-deados de áreasverdes, sobreun tramadoviario regular.As fomasarquitectónicas son así mesmo regulares, e de certa pobreza vi-sual polo seu carácter xeométrico e a non utilización de materiaisnobres. Unha segunda tipoloxía paisaxística característica nestesanos é a aparición de espacios urbanos de edificación pechada eedificación de certa altura. O papel neste caso da Administraciónsó é a apertura de rúas e a promulgación dunhas mínimas orde-nanzas sobre a altura máxima dos inmobles. A construcción realí-zase en rueiros pechados, de xeito espontáneo por parte dos pro-motores privados e cunha carencia total de espacios verdes ou deequipamentos sociais. Son áreas de gran densificación, cunha for-te carga residencial e cunha utilización comercial dos baixos. A es-tética das edificacións é dunha baixa calidade pola proliferación demateriais pouco representativos e polos propios deseños dos in-mobles. Casos moi significativos neste sentido son o Ensanchecompostelán ou o Orzán e a zona da Ronda de Nelle na Coruña.Por último neste período comezan a xurdir nas periferias dos nú-cleos asentamentos de autoconstrucción e chabolismo que for-man paisaxes urbanas claramente diferenciadas. Neste caso pre-dominan vivendas de 1 ou 2 plantas con grandes carencia de todotipo, habitadas por minorías étnicas ou familias de moi modestosrecursos. Forman colectividades pechadas sobre si mesmas e illa-das da cidade, con problemas sociais fortes, delincuencia, tráficode drogas, que elixen de modo espontáneo o emprazamento con-creto dentro da cidade.

A finais dos anos 1980 e durante os 1990 créanse nas cidadesgalegas novos modelos de paisaxes. Despois da contracción con-structiva do 1980 na década seguinte vívese outro intenso períodode crecemento baixo dúas estratexias principais. Unha, centradana posta en marcha de plans parciais, centrouse na construcciónde barrios e grandes urbanizacións nas periferias próximas ó es-pacio consolidado. É o caso de Fontiñas en Santiago ou Os Rosa-les na Coruña. Recóllense neste caso parte dos presupostos dasdécadas pasadas: érguense bloques de edificios exentos rodea-dos de zonas axardinadas. A novidade radica en que, ademais daintroducción duns criterios estéticos máis esixentes, planifícase aintroducción netes novos barrios de centros comerciais e cívicosque contribúen a xerar unha vida social ausente nas grandes pro-mocións das décadas anteriores. Na súa ocupación predominanclase media, funcionarios, empregados e profesionais urbanos,enrazón da caracterización e o aumento da oferta laboral destesanos.

A outra estratexia está ligada ó forte crecemento edificativo ex-perimentado nas periferias urbanas. O atractivo duns espacios,marcadamente rurais ata non hai moitos anos, medra de xeito con-siderable nos últimos anos. Xorde así unha nova paisaxe onde sefusionan caracteres urbanos e rurais sen solución de continuida-de. Esta expansión lévase a caboseguindovariosmodelos: chalésunifamiliares exentos dentro de parcelas axardinadas, urbaniza-cións de emparellados ou semellantes, e a aparición de núcleossatélites situados nas vías principais de acceso ós núcleos. A es-cala galega esta situación enmárcase dentro de modelos de ex-pansión e carácter metropolitano, pois o característico é que estetipo de expansión se leven a cabo en concellos limítrofes. Aquí pro-dúcense na actualidade as máis elevadas ratios de crecementopoboacionl ó seren estes espacios os elixidos por gran parte da po-boación moza para mercar vivenda (prezos máis asequibles e xe-neralización do transporte individual). As paisaxes aquí diferén-cianse entre os pobos de nova creación nos que predomina a edifi-cación pechada de certa altura, e as urbanizacións de chalés uni-formes e pequenas zonas axardinadas. En todas elas o automóbilé un elemento fundamental e necesario e tamén se pode identificarun marcado contraste na súa ocupación en función do horario (mo-vementos pendulares para desprazarse á cidade central). Asímesmo predomina unha percepción visual e paisaxística de mes-tura entre áreas construídas, espacios agrarios, restos do tradicio-nal hábitat rural, polígonos ou instalacións empresariais e grandes

infraestructuras de acceso á cidade (Foto 11).Ata este momento fíxose unha modelización dos principais tipos

de paisaxes que se poden identificar nas cidades do país. Esta ba-seouse en criterios morfolóxicos, funcionais e estructurais. Entén-dese que nunha achega como a presente é practicamente imposi-ble levar a cabo unhas, por otura parte necesarias, análises máisprofundas. Tampouco se entrou a valorar cáles foronoselementosexplicativos da formación das propais paisaxes. Exercicio que sefai a continuación centrado nas pequenas cidades e vilas do inte-rior de Galicia.

[As paisaxes das pequenas cidades]Vistas as diferentes paisaxes existentes nas cidades galegas, acontinuación enfócase un modelo de análises para analizar os ele-mentos que interveñen na súa formación, mais neste caso aplica-do ós pequenos núcleos urbanos e vilas do interior. Estes asenta-mentos, como xa se ten posto de manifesto noutras contribucións(Rodríguez González 1997, 1999), presentannasúltimasdécadasun intenso proceso de urbanización e crecemento en tódalas súasvariables socioeconómicas e espaciais. No marco desta transfor-mación creáronse unha serie de paisaxes urbanas característicase definitorias delas. Na súa formación interviñeron diversas circun-stancias e axentes de modo interdependente. Nas formasurbanasdébese ter en conta o emprazamento concreto de cada vila, a dis-posición da rede viaria e as accións que se levan a cabo polos dis-tintos axentes humanos dentro dun marco legal determinado. Poroutra parte, a súa estructura interna, e por conseguinte a diferen-ciación paisaxística, vai ser resultado da conxunción de distintosfactores que xeran unha segregación funcional interna dos usosdo solo, en relación coa loita e competencias que as diferentes fun-cións levan a cabo para situárense dentro da trama urbana. Daconxunción destes elementos xorden como resultado as diferen-tes paisaxes urbanas que hoxe en día se poden observar.

A función que deu motivo para o xurdimento da vila, circunstan-cia que vai fixar o seu emprazamento, marcaahistoriaea formaur-bana, e en boa medida vai condicionar a forma do plano mesmo apartir dos anos 1960. Pese a que unha das características definito-rias das cabeceiras é a xuventude da maior parte do seu espacioedificado, algunhas delas presentan unha fonda tradición históricadesde época medieval como asentamentos destacados no seucontorno, vinculados a unha funcionalidade e a un emprazamentofundamentalmente defensivo (Ribadavia, Monforte, Viana do Bo-lo, Vilalba...). Tamén teñen importacia aquelas localizadas ó caróndos camiño de peregrinación a Santiago de Compostela (Arzúa,Melide e Sarria, –as dúas últimas combinan a súa situación na rutaxacobea cun emprazamento de carácter defensivo–). Por outrabanda, as vilas de menor antigüidade que as anteriores xorden co-mo lugares de intercambio económico situadas en cruces de cami-ño ou en vías de comunicación singulares a partir de primixenioslugares que mostran un rueiro similar ó dunha entidade rural. Estasituación dáse en cabecerias como Xinzo, O Carballiño, Lalín, Qui-roga...

Este último aspecto vai ter un valor fundamental na expansiónconstructiva das últimas décadas. Adisposicióneo trazadoasvíasde comunicación é referente fundamental na fixación das novasedificacións. Esto dá lugar a que as formas lineais, e en estrela,pois moitas asócianse a cruces de estradas, sexan moi frecuentesnestas poboacións. Ante a ausencia dunha planificación urbanísti-ca favorecedora da apertura de rúas, as estradas que atravesanasvilas vanse converter no soporte e espacio de fixación das viven-das construídas nas últimas décadas. Esto dá como resultado aconversión das estradas en travesías urbanas que, case sempre,se converten nas rúas principais de cada núcleo. O trazado dasvías de comunicación vai ter, tamén, gran incidencia no tocante áapertura dos rueiros modernos, pois téndese a aproveitar os seusespacios intersticiais.

Osespaciosurbanosdascabeceiras teñenun importantecrece-

Page 19: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E24SR08 -- EDI: JAN24

8 O Correo Galego 24/1/02 O Correo Galego 24/1/02 9

mento derivado das transformacións que afectaron os modelos derendibilización económica e os esquemas culturais e de comporta-mento. No referente á secuencia de crecemento urbanístico inter-veñen numerosos actores que establecen un xogo de forzase inte-reses particulares na procura de acadar un beneficio económicona meirande parte das ocasións. Este obxectivo, fundamental entoda a secuencia de crecemento edificativo dos centros comarcaisnos últimos anos, pode cumprirse gracias á conxunción de douselementos, tamén intervenientes no proceso, dos que a actitudediante do mesmo permite e/ou favorece este modelo de expan-sión: a sociedade civil e os poderes públicos.

A sociedade local, inmersa nun momento de cambio brusco dosesquemas de comportamento e racionalidade colectiva, pasa nunlimiar temporal moi rápido, dun sistema cultural e social precapita-lista e rural, a outro onde tódolos órdenes da vida en convivenciavan verse supeditados a un novo esquema de organización socio-lóxica no que os aspectos derivados do modelo económico capita-lista van ser o eixo central. Non é tampouco estraño, por esto, queos habitantes ds vilas vexan nos movementos especulativos e noconxunto de tódolos ‘‘atentados’’ urbanísticos que se fixeron, so-bre todo a densificación en superficie, e o incremento en altura e asubstitución da vivenda tradicional, un símbolo de avance e mo-dernidade. Se a esto lle sumamos o feito de que o proceso supón aformación dun sector económico potente que dá traballo a un im-portante número de individuos, tódalas accións levadas a caboson lexitimadas socialmente. E ó ser popularmente defendida seasimiladas polo groso do corpo social daquel entón, tampouco éestraño que as autoridades que poderían establecer os mecanis-mos necesarios para corrixir os caóticos e desartellados, na súameirande parte, desenvolvementos urbanísticos das cabeceirasnon interviñesen de forma decisiva no control e na planificación daconstrucción do espacio. Pois esto suporía levar a cabo medidasimpopulareseconxelarundosmotoreseconómicosmáisdestaca-dos do progreso dos centros comarcais (Fotos 12 e 13).

Non obstante este período brusco de transformación cultural eeconómica é asimilado progresivamente. A finais dos anos 1980 enos comezos do 1990 pódese identificar xa un cambio de actitudeno sistema sociopolítico onde, e unha vez vistos os erros e os pro-blemas que supuxo este ‘‘desenvolvementismo’’ aultranza,medraa conciencia da necesidade de establecer mecanismos regulado-res que introduzan formas máis axeitadas de facer espacio urba-no, mesmo a estas escalas tan reducidas. De aí provén a progresi-va toma de conciencia por parte dos poderes públicos e a socieda-de civil de promover un desenvolvemento constructivo harmónico,máis humano, que non reproduza as disfuncionalidades e os moi-tos ‘‘atentados’’ da anterior fase.

En toda esta secuencia, evidentemente, os axentes que partici-pan directamente actúan con diferentes motivacións. Os propieta-rios do solo, unha vez introducido este dentro das leis da oferta e ademanda da economía de mercado, interveñen de dúasmaneiras,tanto como vendedores dunha mercadoría a outros axentes (sen-do lóxico que se procure acadar o maior prezo posible), como pa-sando a desempeñaren un papel de promotores, urbanizando asúa propiedade co afán de capitalizaren as ganancias do procesode construcción e venda. Por otura banda, e tendo en conta a ex-trema parcelación da terra en Galicia, e como queira tamén que noproceso edificativo os propietarios da mesma van intervir comopromotores ocasionais, é importante ver como ambas circunstan-cias teñen unha destacada repercusión na modelación do espaciourbano. Esto dificulta a posta en marcha de programas de planifi-cación en superficie pois cada propietario en particular manténunha estratexia e un proxecto propio para a súa finca ou solar quecase sempre tende a entrar en litixio co interese da colectividade.As vivendas adáptanse na súa disposición ós antigos campos decultivoquesevanconverterensolares.Estacaracterísticaédefini-toria da totalidade dos asentamentos comarcais. A forma da fincavai condicionar a forma da edificación que sobre ela se asenta. Asímesmo, e como consecuencia dos impulsos individuais de crece-mento prodúcese unha alternancia de solares ocupados ebaleirosque contribúen a dar unha imaxe de desartellamento nas escenas

urbanas. Como terceira consecuencia da estructura da propieda-de e da iniciativa individual das accións constructivas prodúcese,nas áreas da inmediata periferia que rodean o espacio urbano con-solidado, unha cada vez máis forte edificación de vivendas unifa-milaires. Estas localízanse sobre terreos rústicos a través da súadisposición en vellos camiños rurais dando unhas paisaxes nestasperiferias de mestura de usos sen ningún tipo de planeamento.

Respecto ós axentes encargados de materializar fisicamente to-do o proceso, constructores e promotores, non se aporta nada no-vo ó recordar que actúan sobre o espacio cun único criterio: acada-ren beneficios económicos da súa actividade. Nos centros comar-cais os constructores ben poden realizar obras por encarga de par-ticulares, ben poden converterse en promotores das vivendas poreles mesmos construídas. Así algún exemplo identifícase a pega-da que certos empresarios do sector deixaron na paisaxe urbana,fundamenyalmente nos anos iniciais do proceso, cando este seatopaba nun estado embrionario, onde este colectivoeramoi redu-cido e desempañaba unha auténtica función de líderes no procesode dar forma ó crecemento dos núcleos.

Pola súa parte, a Administración, encargada na teoría de velarpolos intereses xerais e de organizar o crecemento físico, vai se-guir na práctica unha táctica de actuación que se pode considerarcomo un ‘‘laisser faire’’. Como xa é sabido, as autoridadespúblicasdesempeñan un papel fundamental no desenvolvemento dos nú-cleos a que, por unha parte, deben introducir mecanismos lexislati-vos de control e ordenación do crecemento urbano, e dos usos eaproveitamentos do solo e, por outra, deben dirixir o crecementoespacial dos centros basicamente a través da clasificación do soloe das actuacións previstas e programadas nel.

Sen embargo nosasentamentoscomarcaisosanteriorespresu-postos non se levan a cabo, especialmente nas primeiras décadasdo proceso, coincidíndose por parte de tódolos investigadoresdesta temática, na defensa da idea de que esto derivou nun inten-so crecemento do espacio edificado realizado baixo un marco le-gal pasivo e/ou cómplice cos axentes constructivos.

Esta actitude permisiva derívase da rapidez e a intensidade coaque se produce a expansión edificativa que colle por sorpresa ósresponsables municipais sen plans urbanísticos, sen un sistemade rúas onde localizar os inmobles... cando, ademais, se trata depequenos concellos que carecían da capacidade de xestión nece-saria. Pola súa parte na conciencia social existe, sobre todo nosanos iniciais, unha interpretación pola cal o dinamismo e o progre-so das vilas asóciase na mentalidade colectiva a unha imaxe de al-tos edificios, imitando paisaxes urbanas das cidades maiores, nunperíodo no que o sector da contrucción convértese nun motor fun-damental do desenvolvemento económico dos núcleos, co cal asautoridades competentes estimulan a súa actividade e, nalgunhasocasións, forman parte directa dela. Ademais o marco normativonecesario para canalizar o desenvolvemento urbanístico de cadavila chega tarde nalgúns casos, a meirande parte das vilas inicianos seus traballos de planeamento a finais dos 1970 cando moitasactuacións estaban xa consolidadas; e noutras ocasión establé-cense regulamentos moi flexibles coa finalidade de favorecer entodo momento os intereses edificativos individuais. Perfílase asíun divorcio entreo marco lexislativo e a praxe urbanística que afec-ta á meirande parte dos núcleos comarcais galegos dentro dun de-nominador común para todo o territorio nacional (Foto 14).

As paisaxes son, como se está a ver, un producto social que seconstitúe a partir da acción dos diferentes axentes intervenientes.Nelas pódense diferenciar dous compoñentes básicos: os usos dosolo e as formasurbanas.Mentresoprimeiro relaciónasecoas fun-cións e actividadesqueoespacioacolle,o ‘contido’davidaurbana,o segundo é a plasmación física, arquitectónica e do sistema derúas, que conforman o ‘continente’ da vila.

É característica definitoria destas poboaciónsocontrastequesetopa entre unha organización funcional, baseada en criterios desegregación de usos, e unha desorganización edificativa, basea-da pola súa parte nun difícil xogo de intereses entre os axentes in-tervenientes. Na distribución das funcións urbanas polo planoexiste unha orde económica, na que o seu principal aspecto direc-

Page 20: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E24SR10 -- EDI: JAN24

10 O Correo Galego 24/1/02 O Correo Galego 24/1/02 11

tor é o custo do solo, que marca a zonificación dos usos e activida-des. Xunto a esta organización convive unha desestructuraciónpaisaxística no concernente á disposición e tipoloxía das edifica-cións que contribúe a dotar dunha imaxe, na maior parte das oca-sións, caóticaemoipobredas formasurbanas.Estasituaciónépo-tenciada polos axentes investidores (perseguindo un claro afán debeneficio), permitida polos poderes públicos (cunha indecorosapermisividade) e aceptada pola sociedade civil (debido, ó noso pa-recer, a unha errónea concepción do progreso económico e urba-no).

O custo do solo é o principal elemento a ter en conta para inter-pretar cómo se distribúen as actividades comerciais e de servicios,cómo se sitúan dentro da vila os grupos sociais de maior ou menorpoder adquisitivo e, en definitiva, cómo se estructura internamentea vida urbana como elemento definitorio das súas paisaxes. A estaescala, émoi fácil observarcómono interiordecadanúcleoexistenrúas ou sectores especializados en ofertar unha ou outra función.En calquera vila ímonos topar cun espacio central onde se locali-zan as actividades directrices e de maior rango funcional (delega-cións financeiras, o comercio de maior especialización...). Moitasveces estas son o orgullo da poboación local, as rúas dopaseo,on-de se atopan, tamén, as cafeterías de maior ‘caché’, e onde as vi-vendas e os baixos acadan os prezos máis elevados. Son o centrodestas pequenas cidades nas que se evidencia unha clara segre-gación funcional. Tópanse taménnasproximidadesdoanteriorou-tras rúas que xa non son o mesmo. A vivenda é máis barata e osbaixos están baleiros. Nas saídas das estradas localízanse talle-res e almacéns de diversa índole. E tamén é común identificarunha zona escolar e deportiva con colexios, piscinas, parques eoutros equipamentos públicos. Esta compartimentación é o resul-tado da lóxica establecida polas diferentes actividades económi-cas e individuos por apropiárense do espacio, baixo un prisma in-terpretativo no cal o axioma ‘maior centralidade igualamaiorcusto’é aceptado por tódolos membros intervenientes (foto 15).

A consecuencia desta evolución, rápida no tempo e sen uns cri-terios claros de rigor e planificación, dá como resultado queoespa-cio construído, as paisaxes urbanas das vilas, se caracterizan porunha máis que patente desorganización. Esta afectou tantoasáre-as de nova creación, as posteriores ós anos 1960, como os núcle-os antigos daquelas vilas de maior tradición. Respecto destes últi-mos, ó inicio da secuencia de crecemento van experimentar unhaevolución ambivalente de conservación/degradación segundo odiferente grao de presiónexercidosobreeles.Nosnúcleosdemáiscativo tamaño, e menor crecemento relativo, consérvanse nun ni-vel aceptable as tipoloxías e as construccións tradicionais, man-téndose unhas paisaxes continuistas ó longo das últimasdécadas,diferenciándose (polo deseño das edificacións e os materiais em-pregados) das construccións actuais. Sen embargo, naquelas po-boacións de maior desenvolvemento, ó contrario, experiméntanseprocesos de abandono dos núcleos históricos e movementos es-peculativos. O abandono está motivado porque estes sectorespresentan unha serie de disfuncionalidades de cara ós novos mo-delos de comportamento social. A trama urbana, irregular e estrei-ta, é contraria á imperante ‘cultura do automóbil’ e, tamén, a anti-güidade das vivendas é un factor que psicoloxicamente fai perderatractivo ós seus potenciais habitantes, xa que a desocupación demoitas delas introduce percepcións negativas. Noutros casos xé-ranse movementos de especulación sobre os espacios tradicio-nais, vindo a saldarse pola substitución de casas antigas por inmo-bles de varias plantas en moitos casos sen ningún rigor urbanísti-co, auténticas ‘feridas’ incurables que orixinan unha percepcióncaótica e sen referencias do espacio construído.

Pódese definir o desenvolvemento urbanístico das vilas a partirde 1960 como un proceso de crise e desestructuración arquitectó-nica do espacio edificado. Ata o inicio do proceso de urbanizaciónestas eran lugar de vivendas ‘nobres’ construídas en cantería, conbalconadas e galerías que ofrecían unha imaxe de prestixio e cali-dade. Estes conceptos pérdense coa brusca e moi forte multiplica-ción edificativa do seu espacio físico. Nas novas construcciónsdasúltimas décadas non importa tanto a imaxe de ‘nobreza’ como nos

anos anteriores, senón que o que máis se valora é acadar o máxi-mo beneficio económico posible da actividade promotora.

Así, as novas tipoloxías constructivas caracterízanse pola súaindiferenciación e a súa impersonalidade, sendo bloques de edifi-cios que, nun primeiro momento, presentaban uns baixos niveisdecalidade nos materiais e acabados, xa que, diante da forte deman-da existente, topaban un rápido acomodo no mercado inmobiliario.Recentemente, e como xa sedixo,aspaisaxesconstruídas tendena mellorar pola introducción de novas calidades, mellores materia-is, dotacións e servicios, e máis coidados deseños (circunstanciadebida a que cada vez existe unha maior competencia entre osconstructores).

En definitiva, as paisaxes urbanas resultantes deste procesotransmiten unha imaxe de pobreza arquitectónica e simbólica on-de os desequilibrios en altura, as carencias dotacionais, a baixacalidade dos modelos arquitectónicos e materiais, e outras defi-ciencias máis predominan nun número considerable das cabecei-ras de comarca.

rOMÁN rODRÍGUEz

...................................................................................................................

Román Rodríguez González é profesor na Facultade de Xeografía e Historia naUniversidade de Santiago de Compostela. Participou ademais con esta ponen-cia nas xornadas sobre o Feito Diferencial Galego, organizadas polo Museo doPobo Galego. Foto 1 (páxina 2): Os elementos urbanos marcan a percepcióncolectiva dos territorios. Foto 2 (páxina 5, superior): a actividade nas cidadesgalegas de arquitectos de renome internacional é catalizadora de innovaciónsnas formas de facer paisaxe. Foto 3: (páx. 5, inferior): As paisaxes residenciaisperiféricas son cada vez máis habituais e tenden cara á uniformización. Foto 4(páx. 6, superior):osnúcleoshistóricosestánaexperimentar interesantesproce-sos de rehabilitación nos últimos anos. Foto 5 (páx. 6, no medio): As vilas e pe-quenas cidades reproducen o modelo das de maior entidade. Foto 6 (páx. 6,abaixo): Os cascos históricos constitúenpaisaxesurbanasde fortecaráctermo-numental e patrimonial. Vista aérea de Santiago nos anos 1950. Foto 7 (páx. 7,marxe superior): Paisaxe urbana da Madalena de Ferrol. Foto 8 (páx. 7, medio):O ensanche de Santiago é bo exemplo do ‘‘desenvolvementismo’’ edificativo.Foto 9 (páxina 7, inferior): En Caranza a paisaxe urbana está formada por blo-ques exentos. Foto 10 (páxina 10, superior): Equipamentos comercial e lúdicode Área Central no Polígono de Fontiñas. Foto 11 (páx. 11, superior): Bertamiránsxorde nos últimos anos como unha pequena cidade dormitorio respecto deSantiago. Foto 12 (páx. 10, medio): Nas paisaxes das vilas e pequenas cidadesmestúranse elementos rurais e urbanos. Foto 13 (páx. 11, medio): Os desequili-brios en alturas son característicos das paisaxesdestesnúcleos. Foto14(páx.10,inferior): Exemplo de paisaxe residencial dunha vila de tamaño medio: Chanta-da. Foto 15 (páx. 11 inferior): Mesmo nas vilas de máis reducido tamaño é posi-ble individualizar diferentes paisaxes urbanas, como é o caso da Fonsagrada.

Page 21: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

Suplemento de O Correo talego que aparece os soves. Coordinacion, A.R. Lopez e Soedade Nola.Deseño, Anton Lopo:Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras e Chicho Secarle.Infografia, Teresa Tojo, Fran Dominguez e Alberto Rivadulla.E-mail.Rd1Belcorreogallego.es

Libros

PAG: E3151101 -- EDI: JAN31

A LUME MANSOA Jume manso. Estudios sobre historia social da alimentación en Galicia é un

libro de Xavier Castro publicado por Galaxia hai case tres anos. Un libro escrito -como indica oseu titulo- a lame manso... Un libro pensado, recreado e cocido lentamente. Un libro que levaa cintura caracterlal e o modo de ser de Xavier. Un libro repousado e amasado con todos osdetalles da nasa cociña, da nasa historia e da nasa vida. Un libro, por cerio, do que eu fago estarecensión malta tempo despois de seren publicado e con ocasión da súa traducción recente óespañol (Ayunos y yantares. Usos y costumbres de la historia de la alimentación,Ediciones Nivola,Madrid 2001).

Xavier Castro _que nos deleita ces seus arriaos sobre a historia do vilo en Galida (esobre todo na comarca do Salnés) oestes últimos tempos de O Correo_ é un historiador culto edelicado en temas "alimenticios", milis que alimentarios. As súas marabillosas digresiónsobre a historia do chocolate e as chocolatadas, por exemplo, son unha verdadeira deliciahistórica e culinaria. Ou os aspectos sociais e culturais... Basta con reparar nos súasinterpretación sufilísimas sobre "os banquetes fúnebres,ánimas e velorios".

Si o libro de Nivola -edición española- ten un desalo de impacto, o de Galaxia -do queTalamos, por ser o primeiro e por ser milis noso- aparece caldudo e elegante, coma un invitadonun banquete de vedas. Ensaio color crema finísimo. Libro de historia "materialista"consecuente e homenaxe aun tempo ós milis grandes "artífices" da alimentación de "parte" donasa pobo popolo grasso, polo menos). Estou a hilar de Picadillo, claro está. Sulilandotamén, ó mermo tempo -como fai Xavier-, as penurias alimenticias do popolo minuto, porempregar -como tamén fui Xavier Castro na súa investigación- as coñecidas expresiónrenacentistas italianas á hora de caracterizar as modas sociais daquil tempo (boza compdríafular milis ben de causas nutro tempo tan impensables como a anorexia ou a bulimia). Éevidente que a moda impón os criterios dos dados e delgados frente 6s grasos e ben mantidos.Ou, polo menos, nasas estamos...

Un toque serio pero, ás veces, tamén irónico sobre o papel da igrexa na nasaalimentación ro tempo da vixilia e o rundon") ponlle o remoce ó libro. Por último, a profusión defontes e bibliografía consultada avísanos de que estamos diente dun traballo científico fondo.Nunha palabra, Xavier Castro investiga, informa, divide e deleita en dous dos libros milisserios que se tañan escrito sobre a historia social da nasa alimentación.

hERMINIO bARREIRO

revista das letras 402

Page 22: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E31SR02 -- EDI: JAN31

Igor Lugris:Poesía contra

‘‘a poesía’’

2 O Correo Galego 31/1/02 O Correo Galego 31/1/02 3

coñecín a este interesante poeta hai anos en Santiago. Eu sempre andabadetrás del pedíndolle que me prestase poemas seus para lelos.Gustábame–e gústame– a súa poesía. Poesía crítica, sinceira, divertida. Dalgún xeitoasúa é unha poesía contra "a poesía". O poeta lanza un cristal roto contra oespello no que se reflictan moitas ideas da poesía. Devólvelle á palabra to-do o tacto humano do mundo. Dálle ao verso vida, movemento e mesmo hu-mildade. Ensaiapoemascomoquen fai xogosda infancia, comoquencons-trúe música, como quen conta un conto ou baila un baile.

Publicaba en 1997 o seu primeiro libro, titulado Quen nos defende a nósdos idiotas? na editorial "Letras da Cal". Referíndonos a aquel título segueafirmando Igor dun xeito comprometido, lúcido, que "estamos totalmentegobernados por idiotas e póla incultura". Agora acaba de sacar á rua unhaautoedición co título Mongolia. Despois de petar nas editoriais todas senachar un oco. Considera que para os poetas novos segue sendo moi difícilpublicar. "A autoedición supón esforzo económico e de traballo humano"afirma, pero tamén confesa que "che dá maior liberdade" de xeito que unhacousa compensa á outra.

Mongolia é o libro dun neno ferido. Mongolia é un país inventado para es-capar do país noso, para reinventar o país noso. Mongolia é unha canciónde filosofía e beleza. É un conxunto vivo de poemas vivos e libres. É un be-rro con moito, moitísimo humor. Igor é un mozo de trinta anos que te miracon timidez e bondade. Igor anda pola cidade de Santiago como quen andapor un conto feliz. Igor é un poeta precisamente porque non vai de poeta.Ten unha mirada amable que fai que estando con el te sintas ben.

Empezou a escribir poesía en 3º de BUP pois no seu instituto fixeron va-rios talleres nos que participou e nos que desfrutou. "Descubrín que a poe-sía non era ese asunto serio reservado só para uns poucos" di, e empezoudende entón a entender a literatura como "un xogo" e tamén como "un ofi-cio". Máis que na inspiración Igor cre no traballo diario, escribir e ler moito,ter os ollos moi abertos, practicar, soñar. El escribe tódolos días, como vi-vindo unha bonita historia, a historia máis bonita do mundo. Opina que haique entender a literatura como unha "necesidade" e non como un "capri-cho" se non queremos que o noso sistema literario falle.

Mongolia está lonxe e cerca. É un lugar literario pero ás veces Mongolia éGalicia. Galicia respirando baixo as palabras e as ideas. Galicia baixo unhaidea de humor. Baixo un cristal fino de querer romper a realidade. Opina es-te poeta novo que "a literatura ten unha utilidade que é axudar a entender omundo, porque o mundo aínda hai que transformalo". Para conseguilo omellor camiño que o autor encontra é a ironía. Un riso que pretende ser pro-vocador e mesmo incomodar. Afirma que "o humor está moi mal visto polopoder, a risa é preocupante paraopoder".Pero "paraquéserve realmenteohumor?" pregúntolleeel contestaque "ohumorservenonsóparapresentar

as cousas dunha forma máis amable senón tamén para facerunha reflexiónprofunda sobre a realidade". Tamén é unha forma máis doada de achegar-se ao público. Igor Lugris fai rir nos seus recitais, cargados de humanidade,e posiciónase en contra dos "recitais que máis ben parecen velatorios" on-de todo é solemne, aburrido, frío.

"Eu non me considero poeta" di, e reflexiona sobre os poetas que adop-tan unha imaxe de "sobrenaturais, divinos, superiores". El non quere eso.Elquere incendiar a palabra. El quere criticar aspectos, rirse de cousas, pasa-lo ben, axudar a pasalo ben, entender a literatura como un arma lúdica dedestapar as cousas, desacralizar a creación, debuxar palabras tristes e in-cómodas, chegar á xente, baixar do escenario, reintegrar todo, recitar comoquen rompe cousas, facer rir, reinventara felicidadepasandopor todooma-lo.

Opina que quizais non podamos falar de "xeración de poetas dos noven-ta" xa que as liñas dos distintos autores son moi diferentes e o único quenosune é o feito cronóloxico. Afirma de todos xeitos que tamén nos une certa"militancia na poesía", esa tentativa de levar a poesía á xente, aos recitais,aos bares. E falando dos recitais opina que "houbo un boom, facíanse moi-tos recitais, e agora hai un momento de declive desta forma de comunica-ción da poesía co público". "Unha das formas máis gratificantes da poesía époder recitala" para este poeta da poesía contra "a poesía". Recitar, con-frontar, vivir a palabra impresa e morta, espirse, facer teatro, comunicaciónmarabillosa, resistir, reaxir, coller forza. Algo pasa para que os recitais xanon estean de moda. Algo pasa para que xa non se pense na poesía.

A poesía de Igor Lugris foi considerada moitas veces pola crítica comopoesía "social" e a el non lle gusta moito o termo. Xa que non fai "panfletos"nin tampouco fai "ensaio en verso". El fai o que lle sae do corazón. Eu, máisque poesía social,diría que a poesía de Igor é unha obra moi "humana", moichantada na realidade, moi apegada á xente toda e especialmente á moci-dade, moi enxeñosa, con metáforas sorprendentes e ideas intensas e pala-bras exactas e unha filosofía ou liña de pensamento moi orixinal, moi perso-al, moi normal. Digo "normal" no sentido de que é a expresión de Igor unhaexpresión marabillosa sen deixar de ser cotián e sen abandonar unha lin-guaxe moi actual e moi viva.Sabe facer inmensas obras de arte con ideaspequenas. Sabe ensaiar unha gran obra de teatro sen facer caso do "poeti-camente correcto". Porque non hai que esquecer que napoesía taménhaio"correcto e o incorrecto" e as cousas singulares aínda asustan e non seaposta por elas. O que nos chama a atención é curiosamente o máis rexei-tado no mundo literario,pormedo,por incultura,por ignorancia.Semellaab-surdo, pero é verdade.

E así Igor recorre á autoedición. E sorprende cun libro en xeral ben acep-tado pola sociedade. Andou por toda Galicia facendo presentacións en ci-dades e vilas, nesa militancia súa calada pero insurxente. El é tímido e pou-co falador pero a súa expresión nos poemas é unha expresión moi viva, ex-plosiva, con motivos, con armas, con motivos para estar atentos e vivos eser faladores, moi faladores.

Porque na vida hai que dicir cousas, hai que facer cousas, hai que actuar."Sobreactuar" dise moitas veces dos actores, e poderíase tamén dicir demoitos poetas, que sobreactúan, que teñen unha "pose", e todo é hipocri-sía, pero no caso de Igor non podemos dicir eso, senón todo o contrario, ealegrarnos, e celebralo, e escoitalo recitar, e ler os libros que nos ofrece.

Son libros cheos de naturalidade, mesmo de narratividade, e con moitohumor, un humor necesario, un humor intelixente e atrevido e eficaz.

Os seus principais escritores referenciais son Cortázar e Ferrín, delesarranca a súa inspiración, aínda que el non sabería dicir se se nota a súa in-fluencia na súa obra ou non. Escribe moito e desbota moito. Non cre en queo que escriben os escritores poida ser "marabilloso todo" senón que pensaque o propio escritor debe seleccionar.

Contra "a arte pola arte", contra posturas escapistas, apegado á realida-de, contra a poesía pseudoerótica, contra a poesía para elites, contra a ideade que a "poesía só a len os propios poetas", xorde Igor,calado pero irreve-rente, silencioso pero radical,forte. Expresando cousas novas e dun xeitonovo, comunicando alegría e tristeza, integrando a política nas cousas,buscando o oculto na sociedade, facendo xurdir a risa, debuxando unha po-esía ante todo moi humana. Escapando do cinismo, dicindo a verdade. Nonsendo aceptado no mundo editorial, xa que abre portas novas amundosno-vos. Moi activo en xeral na sociedade. Novo pero maduro dende sempre.Dende aqueles poemas que me deixaba ler hai anos e que tanto me gusta-ban. Porque eran diferentes, únicos, especiais. Porque me falaban -e falan-de cousas moi normais pero dun xeito extraordinario, forte, vívido, orixinal.

lUPE gÓMEz

Page 23: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E31SR04 -- EDI: JAN31

Os materiais literarioscaracterísticos dos librosanteriores de Xabier Cordalfanse máis transparentes. Apenas quedan pegadas,esluídas, da parodia, daprofusión metaculturalista, dohermetismo, da condensación,da retranca...

Pé lunar

4 O Correo Galego 31/1/02 O Correo Galego 31/1/02 5

reaparece Xabier Cordal como poeta, e sae da súarelativa inactividade poética pública con feridas deestranxeiro. Como se o territorio poético que nospon por diante o vise desde fóra, como se non o/serecoñecese. Ese alleamento, esa renuncia á épicae esa aposta pola lírica, mesmo testemuñal, son ocallo deste novo receitario poético, ferido pero cal-mo. Lamento non saber explicar mellor a impresiónque me viña do libro nada máis comezar a ler nel,dominado pola desolación interior e pola acepta-ción resignada da supervivencia sen máis que do-mina o poema final.

Catro anos despois de ter publicado Fruto do tei-xo, reaparece con A vella peneira a noite, publicadopor Baía Edicións. Segundo se explica na contraca-pa, este xiro lingüístico emprégase nalgunhas re-xións para se referir ás xeadas (¿el que quererá di-cir con ‘‘rexión’’ o poeta?). O título sorprenderá ósque seguen a súa traxectoria desde o comezo contítulos como Arianrod e Afásia, porque anunciaunha postura poética menos experimental, mais in-trospectiva e sincera. Por iso recomendo comezara lectura, de vagariño, por esa contracapa quesitúanunha contemplación estrañada o eu lírico. (Fáise-me raro falar de eu lírico con Cordal).

Os materiais literarios característicos dos librosanteriores fanse máis transparentes. A penas que-dan pegadas, esluídas, da parodia, da profusiónmetaculturalista, do hermetismo, dacondensación,da retranca... Botando man do que se di no segun-do poema do libro, Tras do espello, a visión, unhaautopoética que marca a viraxe de rumbo, poderia-mos dicir que neste libro se ofrece unha ‘‘restaura-ción do chan acristalado’’, do material que se pisa.E no lousado debúxase, convenientemente orde-nadas a partes do libro: autopoética, a cuestión daestranxeiridade con respecto á nación, a cuestiónda palabra como tixolo idiomático e como materialpoético, un himno civil e unha serie de textos de ho-menaxe / autorreflexión sobre avangarda.A lingua-xe faise máis próxima. O poeta trasvístese de na-rrador e conta historias e, de feito, unha das partesdo poemario titúlase A ollada fixa e outros relatos,onde se fai memoria da represión, do silencio e dainmobilización da diferencia no museo e no exotis-mo turístico. E non lle poñen medo as formas tradi-cionais de pulo épico que, por un momento, nos re-cordan ó Anxo Angueira de O valo de Manselle.

Dicía que estoutro Cordal adopta unha actitudesincera. Sinceridade empregada como unha vonta-de de non derivar cara á ficción nin a metapoesía,de non enlear ós lectores na arte poética, de non si-tualo continuamente diante de encrucilladas e in-

cógnitas, de guialo engordiño por medio dapantallapoética á procura da autenticidade. Unha autentici-dade que se sitúa inevitablemente no territorio daidentidade (eu, nós) e, por suposto, da linguaxequereforza as paredes da construcción nacional. Por-que tamén aquí aparece simbolizada a nación bai-xo a metáfora da casa, que fan pensar, por exem-plo, en Casa ou sombra de Rafa Villar ou na recenteA casadeshabitadada familiaPenadeRaúlGómezPato.

Non é este o Cordal máis sorprendente, insubmi-so e incontrolable. Non é esteoCordalmáis rebeldee xoguetón. Estoutro Cordal, como poeta de pé lu-nar, deixapegada feridae transparenta trasosveosdas palabras o seu desencantamento vital. En cal-quera caso, eu e nós confúndense e converxen ó fi-nal nunha reflexión sobre as fanadas singradurasdo heroe, dígase Manuel Antonio, dígase XabierCordal. O libro remata con postura de homenaxevangardista que nos devolve ós seus anteriores li-bros. Esta última parte titúlase As hélices brancasda serra do caxado e Manuel Antonio todo o cobre.Nel hai, non pouco de repaso á paisaxe logo da ba-talla do combate entre a vangarda como posiciónética e como proposta estética fronte á asimilación.E hai, sobre todo, un diálogo sobre a derrota e oconformismo. Esta parte remata cunha dedicatoriaa Méndez Ferrín pechando un diálogo poético que,desde fóra, son incapaz de formular. Léase con va-gar este último poema: toda unha declaración exis-tencial.

RecollendopalabrasdopropioCordal,benvidose-xa, entón, o pé lunar. / El restaura o chan acristalado /e a palabra que oculta. Que recuperaamemoria,quefai reconto dos danos colaterais (sempre os máis im-portantes logo da batalla), que non imposta a pala-bra,queseamosanudiantedoespelloeenprazapú-blica.

hELENAgONZÁLEz

Page 24: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E31SR06 -- EDI: JAN31

A poesía de Luís G. Tosarnon engana, é dunhafondura telúrica abraiante.Tamén dunha riquezalingüística e musicalsobranceiraFondura

6 O Correo Galego 31/1/02 O Correo Galego 31/1/02 7

anda o Luís G. Tosar a darlles voltas aos seus poemasde sempre, o que non é dicir pouco, a desenguedellaros vellos argumentos cada vez máis pulidos e perfec-cionados, a facer do seu canto causa común con al-gúns dos diferentes idiomas que se falan na penínsu-la. Anda, en fin, o LuísG.Tosarnoseucamiñosenllei-ro, seguidor da escola de sí mesmo, criando igual-mente escola, o que demostra cando menos que o fu-turo da súa poética está garantido (tamén a súa difu-sión extraterritorial).

Vén isto a conto pola aparición dun novo-vello volu-me do autor bonaerense en edición bilingüe gale-

go-catalán (lembremos que o seu libro de poemasanterior, Madeira do meu canto (1998) publicára-se en galego e español) con prólogo –todo pure-za– de Pere Gimferrer, un dos mellores poetaspe-ninsulares modernos. Chámase anovísimaentre-ga de Luís G. Tosar Inovocació d’un temps / Invo-cación dun tempo (Viena Edicións, Barcelona2001) e leva como subtítulo o de poesía,1986-2000. A parte do limiar de Pere Gimferrer,todo pureza e brancura, para que aprendan osprologuistas innecesariamente herméticos ou pe-sadamente eruditos, que de todo hai na famosavi-ña, aparece neste volume unha nota do autor, áque me remito para que fique ben explicado deque falamos cando falamos da obra de Luís G. To-sar como a dun oleiro que dá voltas no torno aoba-rro feito proxecto artístico. Proxecto e tamén reso-lución.

Quérese dicir que Luís G. Tosar volve decoteásorixes e vai desde estas aos finais deixándolle es-pacio e tempoao lectorparaqueno interinalenteetome folgos por mor de continuar nadando entretanta fondura. Quérese dicir igualmente que en In-vocació d’un temps / Invocación dun tempo estánen boa parte as diferentes obras e antoloxías des-te autor teimosamente lírico e tenramente épico,inserindo nel anacos de Campás de recalada, li-bro de poemas a dicir do autor ‘‘iniciado en 1993 eagora, por fin, definitivamente rematado e á espe-ra de poder editalo en Galicia’’.

Isto último semella un chisco preocupante.¿Como é que este poeta, auténtico poeta, ten pro-blemas –semella inferirsedasúadeclaración–pa-ra que a súa poesía vexa a luz entre nós? ¿El logonon quedaramos en que Galicia é un dos sitios domundo onde é máis doado publicar libros de poe-mas? Aquí en verdade publican poesía Pelé,Melée o rabo da vasoira, o que en verdade non axuda a

que a xente do común saiba distinguir e afastar asárbores da fraga. Así as cousas algo estraño estápasando cando Luís G. Tosar, quen fora de Gali-cia publica en editoras prestixiosas como Visor ouViena non teña facilidades na propia terra. Cou-sas veredes...

A poesía de Luís G. Tosar, en fin, e este libromesto e fluído non engana, é dunha fondura telúri-ca abraiante. Tamén dunha riqueza lingüísti-ca-musical sobranceira. E é que en poesía a pala-bra, o manexo sabio dela, é algo obviamenteesencial. Logo hai un Tosar irónico, cando non de-cididamente sarcástico, que ten moito que aportara unha poesía como a nosa, tal vez excesivamen-te beatífica, un pouco ás veces como tirada dunbeaterio. Está igualmente o Luís G. Tosar viaxei-ro, que a minéoqueme tenmáisdubitanteporquepenso que unha cousa é a emoción viaxeira e ou-tra ben diferente o vivacartaxenismo máis ou me-nos deslumbrante; unha a conmoción aventureirae outra, tan distinta, a estampa postal na que ásveces incorre o autor bonaerense, aínda que nonprecisamente cando se move por Venecia, aí, ne-se espasmo turístico (e belísimo, claro) e onde po-demos atopar a un Tosar desmedido, sanamentedesmedido, sen concesións ningunha a outra ga-lería que non sexa a dos seus fantasmas (e fan-tasmóns) particulares que son uns cantos.

Mais moi por riba de todo isto aparece o Luis G.Tosar, xa se dixo, telúrico-telurista e tamén o queprovoca unha fervenza de humanidade, e nonaquela da que naufraga en resesas e periclitadasaugas político-sociais. A traducción catalana dovolume é de Pau Joán Hernández, fiel e xa que lo-go en absoluto recreativa. O fermosísimo prólogode Pere Gimferrer exacto na súa brevidade.

vINCENTE aRAGUAs

Page 25: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E31SR08 -- EDI: JAN31

Katherine Mansfield

My favoritethings

Antes da publicación de Lolita, cando aínda daba clases polasuniversidades norteamericanas, Vladímir Nabókov repetía de-cote unha frase ós seus alumnos de literatura: Agarimade os de-talles. O peiteado de Emma Bovary, a lousa no patio dos Guer-mantes ou o departamento do tren no que viaxaba Ana Kareninde Moscova a San Petersburgo son algúns deses pormenoresnos que o escritor ruso insistía de xeito teimudo e que para elconstituían un elemento esencial da ficción literaria. Pois se nanovela son eles os que poden aumentar tanto a verosemellanzacoma a capacidade simbólica do na-rrado, no conto eses ‘‘detalles signifi-cativos’’ viran esenciais por mor daeconomía esixida á narración, na quecalquera compoñente da ficción, pormínimo que sexa, nunca pasa desa-percibido.

Esta é a idea que predomina namente do lector logo de ler As fillas dodefunto coronel, un libro no que Edi-cións Xerais, dentro da serie As Litera-tas da súa colección de peto, publica atraducción galega de tres dos contosde maior sona de Katherine Mansfield,escritora neocelandesa que durante oprimeiro tercio do século XX viviu enInglaterra, onde tratou ben de pretoxente coma Virginia Woolf e o seu Gru-po de Bloomsbury ou D. H. Lawrence.O seu segundo home, o editor e críticoJohn Middleton Murry, axudaría gran-demente á difusión póstuma da obrada escritora publicando os seus coñe-cidos diarios.

Como afirma Teresa Caneda, tra-ductora e autora da introducción, a tra-xectoria literaria de Katherine Mans-field viuse determinada polo ‘‘esforzodunha vida dedicada a explorar os lí-mites do socialmente aceptable’’. E éesta arela por subverte-la orde social aque se ve reflectida, de maneira distin-ta e en diferente grao, nos contos recollidos aquí.

As fillas do defunto coronel, publicado por primeira vez en1922 xunto con A festa do xardín, conta, nun ton entre humorísti-co e costumista, a situación de marasmo na que quedan dúasmulleres solteiras logo da morte dun pai que gobernaba a súa vi-da (repárese en que o pai era coronel), pero faino sen a penastraslucir esa ambigüidade simbólica que noutros casos arre-quenta o texto literario, e que tenta expresar unha mensaxe re-volucionaria pero que tamén é a mostra da loita da propia autorapor aceptarse a si mesma. Ambigüidade que si se amosa clara-mente en Estar no ceo (1920), relato sobre unha xuntanza deamigos que en realidade podía ser un manifesto, abofé que unchisco temesiño, sobre unha sensibilidade diferente para a que

‘‘a civilización –ou as convencións, diriamos nós– é ben máis canecia’’. Desta volta trátase dunha muller casada que ve nunhasimbólica pereira ‘‘alta, ateigada de moreas de flores [...], inmó-bil e perfecta, debuxando a súa serenidade contra un ceo verdexade’’ o vencello coa misteriosa señorita Fulton, quen, maliasentar na butaca ‘‘máis fonda e máis baixa’’ podía albisca-lo quea árbore significaba para as dúas mulleres: se cadra un mundode plenitude que se lles ofrecía xenerosamente e no que os de-sacougantes gatos –grises e negros, ¿os homes?– xa non arras-

traban o seu bandullo pola herba.Pola súa banda, A festa do xardín, o

último conto do libro, é o que deixa vermáis claramente unha crítica socialcara á clase dominante. Unha familiarica organiza unha festa no seu xardín,con todo tipo de luxos e mesmo or-questra, pero unha das fillas, Laura,acaba sabendo por casualidade quenas casas de xente humilde da súa ve-ciñanza un home morreu nun acciden-te; por iso pretende suspende-la festa,para que no dó non sintan a música daorquestra. Neste conto, o traballo queKatherine Mansfield leva a cabo cosdetalles significativos acada o seu ma-ior logro: o abraio de Laura ante a sen-sibilidade amosada por un traballadorque ‘‘arrincou unha ramiña de lavan-da, levou o polgar e o índice ata o narize uliscou o recendo’’; as casas ‘‘pe-quenas e pintadas de cor chocolate’’da xente humilde, que estaban ‘‘aláabaixo, na escuridade dunha valgadafonda’’, en comparanza co tirador daporta ‘‘grande e de cristal’’ que dabaacceso ó cuarto da súa nai; ou o extra-ordinario uso que a escritora fai dunsombreiro novo, ‘‘negro e reberetadode margaridas douradas’’, que a nai lleregala a Laura para a convencer deque non deben suspende-la festa e

que de ser ‘‘extraordinario’’ e ‘‘deslumbrante’’ ós ollos dos convi-dados vira auténtico estigma da inxustiza social.

O librodeKatherineMansfieldparécenos, logo,unboexemplodu-nha das importantes achegas que está a face-la serie As literatas ónoso panorama editorial: outro tipo de literatura para outro tipo delector, aquel ó que lle presta xebrar no texto –unha das nosas teimaspreferidas– en procura deses detalles que cómpre agarimar para ti-rarda literaturamáisdoquesemellaofrecernos.

hADRIÁNlOUREIRo

Plenaxuventude

Hai unha xuventude que se copia do modelo ó uso pra vendersea baixo prezo nos mercadillos da literatura e outra que só seconquista envellecendo, como escribiu Michelet, pra ceibalados seus grilletes e vivir de acordo ó seu impulso orixinal.

Aprender a morrer ébastante pra un filósofo;o artista debe aprendera morrer novo.

A xuventude está ho-xe en día moi despresti-xiada. Equivócase coasúa aparencia externa ecoa persistencia de cer-tas maneiras infantís.Nunha sociedade quepretende dilatar a infan-cia ata confundila coamadurez, a verdadeiraxuventude a penasacontece; cando ten lu-gar é fulgurante comonas épocas da tubercu-lose. Ollo o meu derre-dor e non vexo máis quenenos e vellos de cal-quera idade.

Camilo José Cela, unpúxil da literatura nunpaís e un tempo nos queas verbas foron –e son–máis motivo de rifa queregulamento de boxeo,morreu en plena xuven-tude. Seguirémolo a ler:Como dixese Maeter-link, nós, os máis orgu-llosos dos primates, nonsabemos dar unha pu-ñada.

A laboura realizadapor Cela na descons-trucción dos costumes li-terarios ibéricos non tenparangón. Ninguén foicapaz de manter o seuritmo, ata o punto de que

as súas grandes obras semellan completamente alleas á histo-ria recente da literatura española que, salvo excepcións (JuanBenet, Juan Goytisolo, Julián Ríos), deixou pasar o século XXmirándose a si mesma e ignorante do que sucedía polo mundo.A min interésame o Cela posmoderno, que publicou Oficio de Ti-nieblas 5 e Cristo versus Arizona mentres a narrativa en caste-lán se refuxiaba na flaccidez do realismo máxico e Raymond

Carver e os seus epígonos popularizaban en Norteaméricaunha versión minimalista do costumismo picaresco. El esco-lleu, en cambio, manterse no camiño cirúrxico, extirpando oBeckett oculto entre as letras de Quevedo, de Baroja e de Va-

lle-Inclán como Picassoextraera o cubista e Ba-con o expresionista quese agachaban en Veláz-quez.

Desafortunadamente,aínda a estas alturas doséculo XXI, os experi-mentos formais soen sertomados por excentrici-dades secundarias áhistoria relatada. Aíndahoxe, moitos dos críticosque eloxian a Cela des-pachan esa parte esen-cial da súa obra como‘‘tentativas de ruptura decalquera molde narrati-vo tradicional’’ ¿A quetradición se refiren?¿Non é Beckett tradi-ción? ¿Non é Céline tra-dición? ¿Non é Guyotattradición?

¿E que dicir dos su-postos ‘‘novos’’ que otratan de anticuado porperseverar nas súas ob-sesións argumentais? Aninguén se lle ocorreríaconsiderar rancio a Ba-con por pintar papas ninantigo a Picasso por re-petir meninas, pero boaparte da comunidade li-teraria manifesta sínto-mas dunha estraña de-crepitude prematuraque os fai completamen-te cegos ás formas (qui-zais por eso se lle prestatanta atención ó espec-

táculo mediático, que resulta moito máis colorista)Hai lecturas perigosas, porque rexuvenecen.

gERMÁN sIERRa

8 O Correo Galego 31/1/02 O Correo Galego 31/1/02 9

Page 26: A cíica a aó áae - aelg.gal · caiae o camá? ¿Cega co moa u ciso caa ao? ¿Seía imoa asasia a Saa Caus? ¿Eise mecaismos egais aa comai a oeaa, o cueío e a iumiació muicia?

PAG: E31SR10 -- EDI: JAN31

Nietzsche¿hoxe?

‘‘¿Queda algún modo de sermos nietzscheanos hoxe?’’ Eis o inquérito queencabeza o capítulo con que remata o último libro de Francisco Sampedro,Aristocracia imposible: O discurso político de Nietzsche (Laiovento, 2001),unha viaxe lúcida e perspicaz ao bosco onde se acubilla Nietzsche, o anti-poeta e o antifilósofo, como o cualifica o autor do Limiar, Méndez Ferrín, unantinietzscheano radical e furibundo sen ningún xénero de dúbidas.

Mais antes de nos internar nas espesuras onde mora, gorecido, o pensa-mento de Nietzsche queremos salientar unha vez máis o que vimos reite-rando desde hai anos. Primeiro: nun intre en que para algúns falar de filoso-fía significa voltar á Idade Media, as achegas de Francisco Sampedro, haicatro anos aquela esculca sobre o imaxinarioideolóxico, hoxe este percorrido polo discur-so político de Nietzsche, convértense en li-bros de pensamento forte, asentados nunhanidia vontade de verdade e nos proxectos hu-manistas e liberadores da Ilustración. Segun-do: as publicacións de F. Sampedro non sesitúan nas beiras da creación literaria, senónna súa cerna. Son unha falsidade –para má-goa seguramente do mesmo Nietzsche–, co-mo xa o deixou claro Dióxenes Laercio, asafirmacións dalgúns falangueiros que atri-buían o invento da filosofía a meigas, ximno-sofistas e druídas, pais, sen que ninguén opoña en dúbida, da literatura. Sen embargo,iso non empece para que aqueles libros de fi-losofía que cumpren coa primeira das condi-cións da literatura, a de ser creación , debanser encadrados dentro dos diferentes siste-mas literarios, no sistema literario galego nocaso que nos ocupa.

En efecto,Aristocracia imposible:Odiscur-so político de Nietzsche non se limita unica-mente a xeneralizar o coñecemento, non bai-xa dunha maneira divulgativa os saberes pa-ra a comprensión lectora. Trae consigo algomáis: a novidade, a verdade singularísima dopensar, revoltas lóxicas como diría Rimbaud.Endalí que libros coma este deban ser incluí-dos con toda xustiza dentro do noso sistemaliterario.

E feitas estas precisións, acompañamosxa, aínda que só de lonxe, a F. Sampedronesta singradura difícil a arriscada polas au-gas revoltas e enigmáticas moitas veces poronde discorre o pensamento político deNietzsche, un dos puntos ‘‘cegos’’ máis im-portantes do filósofo antifilósofo nacido en Rocken.

O propósito do libro non é outro que acender algunhas luces que permi-tan situar dunha forma máis xusta a Nietzsche en relación coa política. Conesa finalidade ofrécenos o autor algunhas claves para facilitarnos a com-prensión das partes máis escuras e perversas dos textos nietzscheanos.Entre elas, a referencia a involucración que fai Nietzsche da súa persoa nasúa obra, o feito de ser o paradigma da antifilosofía, é dicir, un sofista xenial,e a representación maiúscula da contradicción (‘‘unha ruptura en dous de simesmo’’ A. Badiou). Daquela, que na escrita de Nietzsche,noseuestilosin-gular, podamos atopar unha verdadeira pluralidade de sentidos. Pero haialgo que unha lectura do discurso político de Nietzsche non pode obviar: arecepción que o pensador tivo logodasúamorte.Assúasambigüidades,osseus equívocos, as súas explosións retóricas, o seu primitivismo frenético,deron pé a que os seus escritos foran usurpados tanto por reaccionarios,como por revolucionarios, polo nazismo, pero tamén pola extrema esquer-

da revolucionaria. A nazificación de Nietzsche constitúe unha verdadeiracaricatura elaborada polo III Reich, pero algúns dos seus escritos prestá-banseádevanditausurpación.Nietzsche,nonoesquezamos, foi aclamadode xeito case unánime, como o inspirador do nazismo. Foi o libro de A.Bäumler, Nietzsche filósofo epolíticooque lleabriuasportasánazificación,explotando as ideas nietzscheanas da vontade de poder e da concepcióndas masas como material plástico e doadamente configurable. Mais todo ti-vo un antecedente: un libro que xamais foi escrito, A vontade de poder. Ho-xe sabemos que a obra que se publicou en 1906 con ese título, non é outracousa unha manipulación grotesca de fragmentos póstumos do tolo de Tu-

rín, realizada por un dos seus discípulos, Pe-ter Gast en colaboración con Elisabeth, a ir-má de escritor, unificando e depurando al-gúns retallos de escritos nietzscheanos caraa adaptalos a unha ideoloxía racista e antise-mita. Mais, como pon de manifesto Sampe-dro, hai algo de común entre Nietzsche e onazismo: a ideoloxía xerárquica antidemo-crática e anticomunista e algo tamén no queson totalmente antitéticos: o racismo, a xeno-fobia e o populismo.

F. Sampedro argumenta as súas ideasanalizando polo miúdo algúns tópicos verboda nazificación de Nietzsche: a relación conación alemana, a cuestión xudía e o socia-lismo como fase superior do cristianismo. Fi-nalmente o autor responde a esa preguntaque nos servía de encabezamento. Nietzs-che, que resiste dun xeito incombustibleopa-so do tempo ¿ resulta aproveitable no día dehoxe? Aproveitable, claro está para todosaqueles que empurran o carro dunha políticada emancipación entendida como proceso.O ensaio de F. Sampedro resístese a deixartodo o discurso nietzscheano en mans dosreaccionarios. Pero antes, como filósofo quese move por unha vontade de verdade, rexei-ta categoricamente o espírito antirracionalis-ta da filosofía nietzscheana. É precisamenteesa negación da categoría de verdade, nú-cleo e matriz na obra de Nietzsche, a que tenconsecuencias políticas perigosas e arrisca-das.

Así pois, hoxe Nietzsche pode camiñar aonoso lado non como o guía que nos ofrece re-medios mesiánicos, senón como o acompa-ñante que fai que se derruben verdades, ide-

ais e valores solidamente alicerzados durante séculos.Coma o pensador que combate a gregarización que ten hoxe un correlatoexemplar na uniformización xurdida na sociedade industrial e na democra-cia entendida coma o enclaustramento absoluto dunha sociedade baixounha doxa totalitaria e que triúnfa dun xeito irrefreable no modo de produc-ción capitalista. Xa que logo, tomemos a Nietzsche como medio, non comopensamento resolutivo e moito menos como oráculo como conclúe este li-bro de F. Sampedro.

f.mARTÍNEZ bOUZAs

Presadasde salDefinitivamente, onde mellor se move Santiago Jaureguizar –literariamen-te falando– é na distancia curta. Volve onda ós seus lectores cando aíndaconservamos a impresión contradictoria deixada pola súa anterior novelaAs horas sucias e unha, que se engaiolara cando a aparición, van xa alá ca-se sete anos, de Fridom speak, e que dende aquela tivo ocasión de apren-der que as arroutadas entusiásti-cas case sempre se esgotan en simesmas, alomenos en tratándosede literatura, ve agora confirma-das as súas daquela simples intui-cións.

É a Breve crónica universal daclase obreira aculpabledestemeunovo arrauto de fascinación xuve-nil, un texto co que Jaureguizar ga-ñou o Premio Lueiro Rey de nove-la curta 2001, relegando á catego-ría de finalista Como levar un mor-to, outra obra excelente que supu-xo o regreso dun Rábade Paredesque levaba xa ben tempo afastadodos eidos narrativos. Esta deci-sión do xurado bota por terra unhavez máis o tan manido tópico quelles atribúe ós xurados un carácterconservador e que os convertenun foro onde se debaten escurosintereses de capelas comerciais eideolóxicas, tópico espallado porun feixe de escritores frustradosque non ven abondo recoñecidosos seus supostos méritos litera-rios. Se alguén analiza cun serenodistanciamento a lista deobrasga-lardoadas nos últimos anos nestenoso país non terá máis remedioque recoñecer que non faltou deci-sión á hora de recoñecer a auda-cia, no fondo e na forma, por botarman dunha división binarista máisque superada no eido dos estu-dios literarios pero coa que osmeus lectores e máis eu ben nosentendemos.

Voltando a Jaureguizar e ó Pre-mio Lueiro, cónstame que quizaispor idade e mesmo por relacións humanas o xuradopodería ter concordadomáis coa extraordinariamente madura obra de Rábade: que finalmente seinclinase pola Breve historia universal di moito a prol da súa valentía e a súavisión de futuro. O texto de Jaureguizar é coma unha puñada na mesa, co-ma bañar en auga fría un neno con febre, coma tragar unha presada de sal.

Artellado en secuencias breves, vagamente identificables con esa unida-de de extensión e significado que chamamos ‘capítulo’, a historia remataonde empeza: nun arrabalde urbano que serve ‘‘de parque temáticoparaosnenos da clase proletaria’’ que alí soñan cun futuro liberado concretadonunascenso fulminante no star-system do balompé. Ese é o pórtico que nosabre paso ó mundo no que viven Raúl e Leticia, un mundo rexido polas im-placables leis hipotecarias e polas máis implacables leis dun neocapitalis-mo da perra chica que nos impón a todos –de aí que esta sexa unha crónica‘universal’– os parámetros da precariedade laboral como única fórmula po-sible de realización. A acción avanza a bo ritmo gracias á contundencia esti-lística de Jaureguizar, a súa capacidade para construír un discurso esen-

cialista –narrativamente falando– e de recorrer ó diálogo, en doses axeita-das e con apoiaturas propias do guión cinematográfico. Así, atopámonosaxiña cunha Leticia amablemente despedida do seu traballo nun super pormor do seu embarazo, e cun Raúl no paro que, desesperado, se introducenunha sorte de mercado laboral paralelo, clandestino e fantástico, no que

irá adicándose a actividades tanpintorescas como actuar deXesúsCristo nun paso de Semana San-ta, coa súa coroa de espiñas e to-do, ou substituír o político de turnona inauguración dunha empaca-dora, converténdose así en bran-co das iras, os ovos e os tomatesdo vecindario. O punto de inflexiónmárcao a ocasión de facer de tou-ro nunha corrida, para divertimen-to dunha banda de ricos: a perdatotal da dignidade de Raúl conlevaa da condición humana, isto é, davida.

Mais o gran acerto de Jauregui-zar é que vai espallando, polo me-dio do relato principal, unha seriede crónicas xornalísticas (¿xorna-lísticas?) que nos informan, contodo luxo de detalles e cifras, donúmero de nenos que no mundoviven e traballan na rúa, da vendade sangue na India, dos ecomen-saxeiros que en París e Londressobreviven a base de facer máisde cen quilómetros ó día en bici-cleta, da unidade de exterminado-resde ratosquecadanoitepatrullaBombai, ou do que cobran as tri-bos maias de Belice ou as mulle-res-xirafa birmanas por seren con-templadas polos turistas. As situa-cións que relatan estas brevescrónicas son tan alucinantes quecase resultan incribles; tanto, queobrigan o lector a dubidar da súaveracidade: son tan reais que se-mellan inventadas pois todos sa-bemos que a realidade sempre,sempre, supera á ficción. E aí o

lector vese atrapado na súa propia contradicción, obrigado a un exerciciode sinceridade que non sempre lle resulta grato. Sabemos que esas cróni-cas podémolas atopar mañá en calquera páxina de calquera xornal, e poriso mesmo meten medo, por iso mesmo preferimos dubidar do seu estatutofenomenolóxico (xa se sabe, isto é literatura, e en tratándose de literatura,sempre nos queda a dúbida...).

Pero non vale facer trampa. Xa lles dixen que Jaureguizar é implacablecomo unha presada de sal, coma un baño de auga fría, como un puñetazona mesa. Sen sermóns, sen vougos adoutrinamentos, sen retórica, convér-tenos en cómplices. Porque a literatura tamén pode abrirnos os ollos, anes-tesiados por tanto aparente exceso de información. Pechado o libro, nin-guén é xa nunca máis, inocente.

dOLORES vILAVEDRa

10 O Correo Galego 31/1/02 O Correo Galego 31/1/02 11