a caseta do noso patio no cole do incio

20
A CASETA DO PATIO Construímos a nosa casiña

Upload: ana-jato-rodriguez

Post on 08-Jul-2015

227 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Obradoiro de reciclaxe

TRANSCRIPT

Page 1: A caseta do noso patio no cole do Incio

A CASETA DO PATIO

Construímos a nosa casiña

Page 2: A caseta do noso patio no cole do Incio

Motivación

O proxecto nace dunha asemblea onde estabamos a tratar o tema da reciclaxe e elaboración de cousas novas con materiais xa usados.

Entón apareceu a pregunta “..Por qué non facemos nós unha caseta para poder xogar nela?”. Pois no noso patio non temos parque de infantil coma noutros coles.

A idea tivo moi boa acollida, sentíndose todos moi motivados dende o principio.

E así desta maneira nace este proxecto que hoxe en día é todo un éxito entre o alumnado xa que gozan do esforzo do seu propio traballo.

Page 3: A caseta do noso patio no cole do Incio

Obxectivos da realización deste proxecto

Un dos obxectivos principais da realización deste proxecto éfomentar o traballo cooperativo e por outro lado afianzar a autoestima para a realización dunha tarefa común.

A través deste proxecto imos a traballar varias áreas principalmente as matemáticas xa que temos que traballar con cálculos e operacións de lóxica, resolución de problemas. Deste xeito as nenas e nenos aprender dun xeito significativo para eles e a adquisición destas nocións é moito mellor.

Page 4: A caseta do noso patio no cole do Incio

Planificación

O primeiro foi pensar en utilizar os bricks como material con que podíamosconstruíla.

E xa que había que conseguir moitos pedimos a colaboración das familias, para que nos mandaran os envases limpos.

Aproveitamos desta forma material de desfeita e tamén implicamos ás familias no Proxecto de reciclaxe de distintos materiais ( bricks, papel, pilas, cartuchos de tinta…) que estmos a levar a cabo e para o cal se creou un Punto Limpo no centro.

Page 5: A caseta do noso patio no cole do Incio

Elaboración dos tixolos cos bricks

Para poder construír necesitamos facer cos bricks sexan máis resistentes polo que os enchemos de papel de xornais vellos e metemos logo un dentro doutro para reforzalos tixolos.

Page 6: A caseta do noso patio no cole do Incio

Organización dos elementos de construción

Para poder cosntruír necesitamos preparar e organizar os bricks por tamaños e formas.

E tamén separar os tapóns que imos usar para as cortinas dos que mandaremos ao Banco de tapóns para Uxía .

Page 7: A caseta do noso patio no cole do Incio

Vaia gozada aprender matemáticas deste xeito!: Contar, clasificar, ordenar, agrupar, sumar e restar, calcular multiplicando…

Page 8: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

En 1º lugar hai que debuxar no cartón que fará de base o plano da casiña.

En vez de utilizar cemento para unir os bricks utilizaremos cola blanca.

A 1ª fila é moi importante que quede ben fixada ao chan. Polo que hai que poñerlle algo de peso para que pegue ben.

Hai que unir os bricks taméncon cinta de precinto.

Page 9: A caseta do noso patio no cole do Incio

A organización dos membros do equipo é a base dun bo traballo.

Page 10: A caseta do noso patio no cole do Incio

Encolar e colocar ben os tixolos é fundamental

Page 11: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Mentras a nosa casiña íacollendo forma fomos deixando os ocos para a porta e as ventás, ao ir aumentando a altura, aparece un problema que temos que solucionar.....

Page 12: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Fannos falla “ANDAMIOS”, se non non podemos seguir poñendo tixolos, así que utilizamos as cadeiras e mesas..... e a seguir pegando.

Page 13: A caseta do noso patio no cole do Incio

Agora no máis alto traballamos en cadea.

Page 14: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Como cargadeiros utilizamos tiras de cartón duro cortadas ao ancho da parede, pegadas con cola e fixadas con precinto.

E seguimos poñendo máis andamios e máis bricks.

Page 15: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Logo colocamos a base donde se asenta o tellado, para que quede “a dúas augas”, para isto recortamos cartón duro e pegámolo sobre a parede, colocando uns listóns de madeira que servirán de estructura e base para colocar os paneis que formarán o teito.

Page 16: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Despois tócalle ao recubrimento das paredes e o teito, para elo utilizamos cola branca mesturada con auga e iremos pegando papel.

Page 17: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

A continuación aplicamos una man de pintura ao tellado e colocámolo no seu lugar.

Page 18: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Para terminar pintamos as paredes das cores que eles elixan.

Page 19: A caseta do noso patio no cole do Incio

Realización do proxecto

Por fin xa podemos ver a casiña rematada!

Page 20: A caseta do noso patio no cole do Incio

Remate do proxecto

E agora a pasalo ben xogando coas amigas e amigos nela!.