a alta idade media 2020. 9. 18. · alta idade media. o marco xeogrÁfico • a europa feudal...

8
A ALTA IDADE MEDIA

Upload: others

Post on 14-Oct-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

A

ALTA

IDADE

MEDIA

Page 2: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

O MARCO XEOGRÁFICO

• A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata o Norte de Italia inclusive (Bélxica, Holanda, Luxemburgo, Alemaña e Francia)

ao que debemos engadir Inglaterra, seguindo un eixo que vai desde Londres a Milán. Dous marcos secundarios: o primeiro formado polos reinos hispánicos que loitan contra o Islam na Península Ibérica e pola parte de

Italia que queda por debaixo do río Po, moito tempo baixo influencia bizantina e musulmá; e o segundo, polas terras ao leste do ríoOder, onde están os pobos eslavos.

Page 3: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

O FEUDO

O traballo do campo organízase en grandes latifundios ou feudos pertencentes a un señor e que traballan os viláns eos servos da gleba.Hai dous tipos de posesións:• A reserva: son as terras propiedade directa do señor, traballadas por servos e tamén por vasalos. Consistían en

terras de cultivo, pastos e fragas.• Os mansos: terras dos vasalos-vilánsDebía haber unha relación entre a extensión das terras do señor –terra indominicata- e o número de mansos quedependían delas.O sistema de cultivo era o barbeiro.A gandaría era principalmente de ovellas e cabalos.Con todo, a agricultura experimentou algúns avances: o arado pasou de ser o romano a un arado de veso e sobrerodas; o tiro pasou a utilizar collera e ferradura; os muíños eran de auga, os de vento chegarían no século XII-XIII

Page 4: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata
Page 5: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

O VASALAXE

• É unha relación persoal de poder. Xúrase obediencia ao inmediatamente superior.• A relación racha no momento da morte dun dos contratantes.• Desta maneira creouse unha pirámide feudal de títulos, onde os máis importantes, simbolicamente,

eran o Papa e o Emperador, e de aí para abaixo ata os servos da gleba.• O contrato de vasalaxe supoñía dereitos e obrigas.• De señor a señor: prestación de axuda mutua, tanto na guerra como nos consellos e tribunais.• De nobre a vilán: o señor tiña que protexer aos viláns en tempos de guerra; estes, pola súa banda

debían pagar por esa protección con traballo e con parte da colleita, ademais de ter que utilizar osservizos dos que era dono o señor –muíño, pago de peaxes...- e tamén tiña que pedir permiso paramarchar a outras terras ou casar

• O señor gozaba de privilexios –xurisdicións- sobre os vasalos

Page 6: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

A sociedade feudal era unhasociedade estamental, é dicir, ao quepertencía a un grupo éralle moi difícilsaír del.Dividíase en dous grupos:• Privilexiados: nobres e clero

(especialmente os altos cargos daIgrexa)

• Non privilexiados: todo o resto dapoboación, desde os burgueses eartesáns das vilas e cidades ata osservos da gleba que traballabannas posesións do señor.

Page 7: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

A IGREXA. SEÑOR FEUDAL

A Igrexa asumíu a estrutura dos feudos. Así, bispados e abadías eran grandes feudos, coas súas terras e vasalos.Os mosteiros tiveron gran importancia no ordenamento do territorio durante este período.Eran feudos, con dependencias arredor da igrexa cercadas por un valado; dispoñían de terras cultivables, prados e fragas traballados polos seus propios servos, así como vasalos-viláns en mansos distribuídos no territorio de influencia do mosteiro.Outro ámbito de importancia do mosteiro foi o Cultural:• Son responsables da evanxelización • Funcionaron como granxas-modelo• Foron os conservadores da cultura

Page 8: A ALTA IDADE MEDIA 2020. 9. 18. · ALTA IDADE MEDIA. O MARCO XEOGRÁFICO • A Europa feudal abranguía as seguintes zonas: O núcleo: ocupado polos países á beira do río Rin ata

A CULTURA FEUDAL

Era unha cultura reducida aos ideais das clases dirixentes.A base fundamental era o cristianismoA Igrexa é a que ostenta o poder cultural, relixioso e político, xa que todo debe estar en función de Deus para garantir a salvación.O outro elemento é o ideal do guerreiro imposto pola nobreza e transmitido pola literatura épica do período.

O ROMÁNICO

É a arte deste período. Fundamentalmente cristiá e rural.O edificio máis importante é a Igrexa, que aparece tanto nas cidades coma no campo, nos mosteiros, aldeas e castelos.Normalmente son edificios pequenos, aínda que hai excepcións; construído en pedra, de planta basilical (ou de cruz latina) cunha nave principal e un transepto que se encontran no cruceiro. A nave principal remata, pola parte do altar, nunha ábsida semicircular.Estes edificios adoitan ser cubertos por bóvedas de pedra, de medio canón e de aresta, substentadas por grosos muros, piares e contrafortes.Estaban decoradas con esculturas e pinturas. As esculturas estaban situadas sobre todo nas fachadas e nos capiteis e formaban escenas que adoitaban representar o Antigo e o Novo Testamento. Non son figuras naturalistas, pero si teñen gran expresividade, tanto as esculturas como as pinturas tiñan unha fin eminentemente didáctica: buscaban ensinar e lembrar as pasaxes da Biblia aos fieis.As pinturas adoitaban adornar os muros, especialmente preto do altar maior, que se decoraba cun Pantocrátor ou coa Virxe co Neno si a igrexa estaba dedicada a ela.