746981 na barriga do dragón

35
ALFAGUAR A HISP ANI C

Upload: others

Post on 23-Jul-2022

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 746981 Na barriga do dragón

ALFAGUARA HISPANIC

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 1

Page 2: 746981 Na barriga do dragón

ALFAGUARA HISPANIC

Na barriga do dragón

Xoán Babarroe Ana Mª Fernández

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 3

Page 3: 746981 Na barriga do dragón

© do texto: 2004, Xoán Babarro e Ana Mª Fernández

© da ilustración: 2004, Víctor Rivas

© desta edición: 2013Edicións Obradoiro, S. L. e Santillana Infantil y Juvenil, S. L.Ruela de Entrecercas, 2. 15705 Santiago de CompostelaTeléfono 981 55 27 40

Segunda edición: xuño de 2013

ISBN: 978-84-8224-434-1Depósito legal: M-33.275-2004Printed in Spain - Impreso en España

ALFAGUARA HISPANICA

NaBarrigaDoDragon2ed.indd 1 20/06/13 10:39

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou transformación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, salvo excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dereitos Reprográficos, www.cedro.org) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra.

Page 4: 746981 Na barriga do dragón

Na barriga do dragón

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 5

Page 5: 746981 Na barriga do dragón

CAPÍTULO 1

Gato

Marcela vivía nunha casa conhorta. A horta estaba rodeada por unmuro de pedra, tan alto coma as pare-des da casa. Na horta había unha pa-rra, unha laranxeira, un pozo e moitasflores. Nela tamén cultivaban allos, fa-bas, leitugas, tomates...

E sabes quen era o rei da horta?Era Piñón.E adiviñas quen era Piñón?Era un gatiño branco coma o al-

godón. O seu pelo lucía suave coma ala das ovellas.

Gustáballe subir ao alto da parrapara darlles sustos aos paxaros.

Pasaba horas velando as toupasonda os seus montonciños de terra;

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 7

Page 6: 746981 Na barriga do dragón

pero elas eran moi agudas e escon-díanselle nos túneles.

Piñón tiña as uñas coma as patasdunha araña, pero, cando che daba aman, escondíaas para non rabuñar. Cosseus peíños de veludo podía correr senproducir o máis pequeno ruído.

Encantáballe xogar ao teatro ecantar ópera diante do espello do ar-mario da nena:

–Miau! Marramiau! Miau! Ma-rramiau!

Marcela ríase e arremedábao:

–Miau! Marramiau! Miau! Ma-rramiau! Toma pastel, sardiña e cacao!

O micho tiña o rabo tan longocoma a trompa dun elefante. Podíaopoñer levantado ata o teu pescozo ou enroscalo coma a cuncha dun cara-col.

A nena xogaba todos os días ápelota co miquiño. El inventáballe unha trasnada en cada momento: esca-páballe co ioió, poñía as gafas dela eun día, na cociña, xogando cos ovos, fi-xo unha tortilla no chan.

8

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 8

Page 7: 746981 Na barriga do dragón

Piñón era un gato, pero saía depaseo coa nena coma se fose un cadeli-ño. Os amigos e as amigas de Marcelacantábanlle:

Piñón, Piñón,barriguiña de algodón,olliños de pillabán,rabiño de tobogán.

A nena e o gato pasaron o veránnun puro xogo. Pero, ao acabaren asvacacións, Marcela tivo que volver áescola.Aquela mañá, deixouno na hor-ta e acenoulle coas mans un adeus:

–Deica o mediodía, Piñonciño!O micho contestoulle cun «miau!»

moi triste, porque pensaba que xa selle acabaran os partidos de pelota eas brincadeiras. A el gustaríalle ircanda a rapaza, aínda que fose sen li-bros.

O Piñón deitouse a pensar no alto da parra sen preocuparse dos pa-xariños chiadores. E así pasou un bocacho. De pronto, levantou a cabeza,ergueu o rabo, púxose de pé e sss...zas!, saltou desde a parra ao alto do

9

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 9

Page 8: 746981 Na barriga do dragón

paredón. No paredón volveu levantaro rabo e, sss... zas!, choutou á beira-rrúa.

–Aaaiii...! –berrou unha señoraao pensar que a atacaba unha fera sal-vaxe.

Onde estaría a Marcela?Busca que te buscarás entre os

coches, busca que te buscarás entre asbicicletas, busca que te buscarás entreos comercios, foina localizar no patiode recreo. Acercouse moi caladiño edíxolle:

–Miauuu!–Ai, que susto, Piñón! Como me

apareces aquí? Non ves que este é ocolexio e ti non podes estar! –rifoulle anena.

Pero o gatiño arrimábaselle áspernas e só dicía:

–Miauuu!Entón, a Marcela, procurando

que ninguén se dese de conta, escon-deuno dentro da bolsa da merenda. Ecomo xa tocaba a sirena o final do re-creo, entrou con el na aula e colgou abolsa na percha dos abrigos.

10

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 10

Page 9: 746981 Na barriga do dragón

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 11

Page 10: 746981 Na barriga do dragón

O mico estaba incomodísimo eapertado naquela bolsiña que ulía apan e a chocolate.

–Miauuu! –empezou a protestarmoi baixiiiño.

–Miauuu! –dixo un pouco máisalto.

–MIAUUU! –berrou altísimo eproduciuse un profundo silencio.

–A ver, quen está facendo de ga-to? –preguntou a profesora.

–É que teño na bolsa da merendao meu Piñón.

Nese momento, a escola encheu-se con todas as risas:

–HA! HA! HA!–HE! HE! HE!–HI! HI! HI!–HO! HO! HO!–HU! HU! HU!

Pero todo o mundo calou candodixo a mestra:

–A ver logo, que quero coñecer oteu gato!

A Marcela sacou da bolsa a bo-liña branca e pousouna por riba damesa.

12

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 12

Page 11: 746981 Na barriga do dragón

O Piñón levantou a cabeza, er-gueu o rabo, púxose de pé, e todoscantaron:

Piñón, Piñón,barriguiña de algodón,olliños de pillabán,rabiño de tobogán.

13

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 13

Page 12: 746981 Na barriga do dragón

CAPÍTULO 2

Dragón

Un sábado Marcela espertouco rebumbio duns altofalantes:

–Pasen pola boca do misterio!Entren na cova de Lupa Lupina!

A nena saltou da cama, vestiuse,peiteouse, almorzou de pé e foi co-rrendo a ver qué pasaba.

Alí, tal coma se unha estrela via-xeira o deixase plantado de noite, apa-recía no medio da praza a xigantescacabeza dun dragón que estendía o seulongo corpo por todos os arredores.

Diante da enorme boca, unha se-ñora moi fermosa vestida de festa pú-xose a falar coa rapaza:

–Como te chamas?–Chámome Marcela. E ti?

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 15

Page 13: 746981 Na barriga do dragón

–Eu chámome Lupa, pero todosme din Lupa Lupina. Son a fada amigadeste dragón.

16

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 16

Page 14: 746981 Na barriga do dragón

–E como é que non estás vestidade fada? –preguntoulle Marce.

–Unha pode ser fada sen levartraxe de fada, nin variña de fada, ninsombreiro de fada.

–E ti es unha fada boa ou unhafada mala?

–Iso depende de cadaquén –con-testou Lupa.

–E este é un dragón bo ou undragón malo?

–Iso depende de cadaquén –vol-veu contestar Lupa.

–E pásase moito medo dentro doteu dragón?

–Iso depende de cadaquén –se-guía contestando Lupa.

Á Marcela parecíalle que a mu-ller guapa vestida de festa falaba algoraro e pensou para os seus adentros«pois debe ser unha fada de verdade».

–Iso depende de cadaquén –re-púxolle Lupa.

Ao comprobar que a señora eracapaz de oír os pensamentos, Marce

17

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 17

Page 15: 746981 Na barriga do dragón

abriu uns ollazos de sorpresa e despe-diuse:

–Xa virei máis tarde cos cur-máns!

Nas festas de setembro os papásde Marcela convidaban a toda a fami-lia: os avós, os tíos e os tres curmáns,Ismael, Manolo e Lola. Esta vez taménesperaban para o xantar a Paula, a me-llor amiga do colexio.

–Mamá, podemos ir esta tarde ao dragón?

–Pero dixéronme que era un dra-gón para nenos grandes. Vós ides pa-sar moito medo. Contáronme que ha-bía pozos misteriosos, momias que seaparecían, pipas rolantes que atropela-ban a xente, palmas de man que dabanlabazadas.

–Que chulo! –exclamou Paula.–Que fenómeno! –responderon

os curmáns.–Ademais, xa todos somos maio-

res; ¿non é, papá? –preguntou Marce.–É certo. Xa sodes maiores. En-

tre os cinco non ides ter medo –con-cluíu o pai.

18

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 18

Page 16: 746981 Na barriga do dragón

Marcela tomou a sopa, tomou aensalada, tomou carne asada e ata to-mou sen chistar un pastel de mel.

Pouco despois, os cinco enreda-dores quedaron libres toda a tarde pa-ra visitar as atraccións da festa.

E o primeiro que fixeron foi plan-tarse ante a boca do dragón de LupaLupina.

–Cantos euros temos que pagarentre os cinco? –preguntoulle o cur-mán Ismael á señora.

–Para pasar pola boca do meudragón non se paga con euros nin conmoeda ningunha.

Entón mostroulles cun dedo oletreiro escrito nun dente do feo bi-choco:

Os cinco festeiros puxéronse moinerviosos e tamén un chisco preocupa-

19

ADIVIÑARÁS E DENTROPASARÁS;

NON ADIVIÑARÁS E FÓRAQUEDARÁS.

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 19

Page 17: 746981 Na barriga do dragón

dos ao pensar que Lupa lles ía poñerunhas adiviñas imposibles de atinar.

–Estades listos?–Estamos –contestaron os cinco

a coro.–Pois velaquí as cinco cousiliñas

que debedes atinar se queredes pasar.

20

A primeira:

Cinco irmánsque están nas mans.

A segunda:Dous máis tresque están nos pés.

A terceira:Cinco lobiños que tiña a lobae todos estaban xuntiños na cova.

A cuarta:

Ornitorrinco,

choca eses cinco.

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 20

Page 18: 746981 Na barriga do dragón

E, como eran tan fáciles, atináro-nas e entraron na boca.

21

E a quinta:Monín,irmancín,rei de todos,furabolos,o que come todo.

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 21

Page 19: 746981 Na barriga do dragón

CAPÍTULO 3

Barriga de sapo

O gato celebrou as festas desetembro ben celebradas:

Non tomou sopa,non tomou ensaladanin tomou pastel de mel.

Pero si tomou un plato de carneasada.

E cando a mamá de Marce reti-rou a fonte das talladas para a cociña...Que fixo o gato lambón? Levantou o rabo, levantou a cabeza, choutou,ssssss......zas!, ao alto da mesa e comeucarne asada, comeu carne asada, co-meu carne asada, ata que se lle puxo abarriga inchada.

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 23

Page 20: 746981 Na barriga do dragón

Ao acabar lambeu o prebe e,ssssss......zas!, volveu saltar ao revés,coma un sapo barrigón.

E cando a familia estaba no sofáda sala xogando aos dados e vendo fo-tos, empezoulle a doer moito a barrigae deu en berrar debaixo da mesa:

–Marramiau! Marramiau! –queno idioma gatuno significaba «Cantome doe a barriga! Canto me doe a barri-ga!».

Non tiña gana de enredar conninguén, nin de perseguir toupas, ninde nada. Retorcíase de dor berrandode novo:

–Marramiau! Marramiau!Dixo o pai:–O Piñón mía moito. Está doen-

te.Entón ergueuse a nai, foi á coci-

ña, viu a fonte da carne lambida, lam-bida e relambida e exclamou:

–Como non vai estar doente, sepapou as talladas todas!

Entón agachouse e fregoulle abarriga coa man:

24

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 24

Page 21: 746981 Na barriga do dragón

–Un oso rompeu un ósoe sandouno con pomada;doía moito...e non doe nada.

Pero o Piñonciño seguía:–Marramiau! Marramiau!–Hai que levalo ao veterinario

–dixo o pai.Entón levantouse o tío Daniel e

falou:–Vou de contado na moto buscar-

lle un remedio á farmacia.O tío arrancou cun ruuuun ace-

lerado e, pi-pi!, pi-pi!, pi-pi!, saltou todos os semáforos como fan as am-bulancias.

Cando volveu da farmacia, abriuun paquetiño e fíxolle nun prato unhaespecie de papas con espuma.

Pero como o micho estaba fartode lamber, non quería tomar a men-ciña.

–Lambe, pequeniño! Lambe, ga-tiño bonito! –pero el non facía caso.

Entón, botou un arroto grandí-simo, brrrok, e saíu correndo coma

25

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 25

Page 22: 746981 Na barriga do dragón

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 26

Page 23: 746981 Na barriga do dragón

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 27

Page 24: 746981 Na barriga do dragón

unha moto pola rúa sen facer caso dabarriga.

A onde iría o pillabán? Poisquería ir ver o dragón que había napraza.

Cando chegou, o dragón acababade cerrar a boca xuntando os dentesde riba cos de baixo.

O Piñón, como non sabía ler,non entendeu nin papa do carteliñoque colgaba do fociño:

O dragón tiña os dentes tan enor-mes e tan mal feitos que non lle cadra-ban os de riba cos de baixo e formába-se un buratiño entre eles.

O micho, que sabía que habíadentro nenos, enganchouse cos seuspés de araña e intentou meterse poloburato. Pobre miquiño! Comera dema-

28

FÓRA QUEDARÁSE NUNCA PASARÁS;

PORQUE PASOU A TRANCADE TRIS-TRAS

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 28

Page 25: 746981 Na barriga do dragón

siada carne e agora non lle cabía a ba-rriga de sapo por entre os dentes.

Pero tanto apertou...e tanto apertou...,que fixo «purrús–purrús!» e pasou.

29

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 29

Page 26: 746981 Na barriga do dragón

CAPÍTULO 4

Alerxia

A fada Lupina púxose moicontenta porque ía ensinarlles os pasa-dizos do seu dragón a Marce, a Paula eaos curmáns. E que foi pasar cando íancomezar a andar? Pois que apareceupor entre os dentes o gatiño Piñón.

Ao momento de ver o gato, a fa-da, que era tan fermosa, transformou-se nunha muller feísima e empezou aberrar enfurecida:

–Quen lle deu permiso a este feofelino para entrar nos meus dominios?

Os cinco, ao vela tan enfadada,puxéronse a tremer de medo, xa quenon esperaban unha reacción así nu-nha fada de sorriso tan agradable. E o

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 31

Page 27: 746981 Na barriga do dragón

Piñón tamén escondeu o rabo entre aspernas, por temor a recibir unha pata-da que o estampase contra o teito da-quela bocaza.

De pronto, a fada Lupa deu enesbirrar desesperada:

–Achís...! Achís...! Achís..! Que seretire de diante este feo felino.Achís...! Que vaia cazar ratos á serra.Achís...!

Entón faloulle a Marcela moi ti-midamente:

–Mira, Lupa, é que ti non tes ga-to?

–Nin falta que me fai! Achís...!–seguía esbirrando Lupina xa co narizcoma un tomate, debido ao catarro re-pentino.

–Que me traian un aerosol.Achís...!

–Pero aquí non hai farmacias ninhospital. E quen é agora capaz de se-parar os dentes do dragón para poderescapar ou chamar un médico? –co-mentou baixiño a Paula.

Realmente non sabían que facercon Lupa, pois, a pobre, parecía afogarentre tanto «achís!».

32

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 32

Page 28: 746981 Na barriga do dragón

Nestas oíuse unha voz rouca queproviña da escura barriga do dragón:

–Quen lle está causando mal ámiña ama?

Á Marcela, á amiga e tamén aoscurmáns pareceulles a voz dun homemisterioso de malas pulgas. E foi tantoo medo que paparon que os seus den-tes parecían cinco campaíñas a baterxuntas, «tin-tin-tin-tin-tin...!».

Cando esperaban que apareceraun home máis alto ca unha torre, virondous cornos coma dúas antenas de co-che, un pescozo longo e unha redondacuncha de caracol. Este caracol eramáis grande ca un raposo e máis pe-queno ca un pónei e, para sorpresa detodos, podía falar.

Por iso, sen que lle preguntasennada, presentouse ao grupo:

–Eu son Rol, mascota e vehículosen motor de Lupa Lupina. Como vosatrevestes a meter no seu labirinto unmicho feo?

Entón, Marce, con algo máis deconfianza, dirixiuse ao caracol xigan-te:

33

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 33

Page 29: 746981 Na barriga do dragón

–É que Piñón entrou el só. Nósnon o trouxemos. Pero, dime, Rol, porque non vos gusta o meu miauciño derabo longo?

–É que a señora Lupa é alérxicaaos gatos. Non os pode ver nin en foto.Estes animais deben manterse comomínimo a sete pasos de distancia dela.Se están máis cerca, xa vedes qué afo-gos lle dan.

34

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 34

Page 30: 746981 Na barriga do dragón

Mentres Rol falaba, Lupa conti-nuaba laiando:

–Ai, meu nariz... Achís...! Ai, quenon podo xogar ao parchís. Achís...!

Así que montou Lupa no seuanimal de compañía con casiña a on-das, desapareceron os dous por unhasenda máis escura ca unha noite senlúa. Mentres tanto, Marce, Paula, Is-mael, Lola, Manolo e Piñón permane-cían apampados coa boca aberta e cosollos redondos.

Cando imaxinaron que o patinarsilencioso de Rol xa ía lonxe, esperta-ron do apampamento:

–E agora que? –preguntou o Ma-nolo.

–Que quedamos sen aventuras–contestou a Lola.

–Vámonos para fóra! –ordenou oIsmael.

E empezaron a recitar ao dereitoe ao revés as cinco cousiliñas dos dedos:

–Que están nas mans cinco ir-máns.

–Que están nos pés dous máistres.

35

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 35

Page 31: 746981 Na barriga do dragón

–E todos estaban xuntiños na co-va os cinco lobiños que tiña a loba.

–Choca eses cinco, ornitorrinco.–O que come todo, o furabolos, o

rei de todos, o irmancín e o monín.Pero non había maneira de que

os dentóns mal feitos do dragón seabrisen. Entón dixo Marce:

–Piñón, vaite polo burato e buscaalguén que nos abra desde fóra!

E o gatiño gatuñou,a barriguiña de sapo apertou,fixo «purrús-purrús!» e pasou.

36

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 36

Page 32: 746981 Na barriga do dragón

CAPÍTULO 5

Morcegos

Marce, Paula e os curmáns pu-xéronse a xogar dentro da boca escurado dragón para esquecerse do medo,mentres esperaban que o gato regresa-se con axuda. Un deles apandaba aga-chando a cabeza e outro tocáballe nacaluga cun dedo ao tempo que dicía:

–Que tes no cocote,palanquín, palancote?

Se atinaba que dedo era o que lleestaba tocando, gañaba, e o perdedorpasaba a apandar. E tanto se animaronque o barullo foi indo a máis e a máis.Non sabían os rapaces que os seus pro-pios berros os estaban acercando a ungrave perigo. No teito da boca drago-

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 37

Page 33: 746981 Na barriga do dragón

nina durmían miles de morcegos, queforon espertando co rebumbio dos xo-gos. Os morcegos, enfadados por inte-rromper o sono, empezaron a voar encírculo para dispoñerse a arremetercontra os nenos intrusos.

E cando oíron o batanar das áspor riba das cabezas, déronse de contado que estaba a punto de ocorrer.

–Que nos atacan! Que nos ata-can! Que nos atacan! –berraban sensaber onde meterse.

O ataque produciuse decontadoe os cinco quedaron aprisionados con-tra os dentes do dragón sen se poderencantear. Cada segundo, un morcegobaixaba veloz, coma se fose un aviónde bombardeo, e pasaba mesmo ro-zando a cara dos nenos.

–Estes van empezar a rabuñarnos!–comentou o Ismael cheo de medo.

–Estannos ameazando! –asegun-dou a Paula moi asustada.

–Aiii! Se non facemos algo, soncapaces de comernos coma chourizos–dixo Lola.

Entón, Marcela, púxose na puntados pés para ser máis alta e empezou a

38

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 38

Page 34: 746981 Na barriga do dragón

pedir auxilio polo burato mal feito quetiña o dragón entre os dentes .

–Socorro! Socorro! Socorro! Fóra, na praza, non respondía

ninguén. Pero a que non sabes quenoíu os seus berros?

Pois si, oíunos o Piñón, que esta-ba pola parte de fóra da boca. O mi-quiño de rabo longo escoitou a voz dasúa amiga, gatuñou, «purrús-purrús!»e entrou.

–Ai, miña boliña de algodón! Xasabía que podía contar contigo. Agoraxa non me dá medo nada –dixo Marce.

O gato, como era real, non podíafalar coma os gatos dos contos, peropodía dicir miau, facer cóxegas co ra-bo, dar unha lambida coa lingua... Encambio, a nena si que falaba con el. Eordenoulle:

–Deféndenos destes bichocos ala-dos!

Mais o gato non tiña ás e non po-día perseguir os morcegos.

Que fixo? Subiuse á cabeza domáis alto, que era o Ismael, e alí cosdentes e as gadoupas de diante en acti-

39

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 39

Page 35: 746981 Na barriga do dragón

tude defensiva, preparouse para lan-zarse contra os mamíferos voadores.

Os morcegos, ao veren o michotan cerca, mexaban por eles de medo edecidiron escapar para un sitio máisescondido.

–Ai, non vos penso seguir por es-ta cova! –queixouse Ismael.

–Eu tampouco! –confirmou Pau-la.

–Pois eu, menos! –xemeu Manolo.–Se vós retrocededes, eu tamén!

–dixo Lola.–E como imos saír agora? –pre-

guntouse a Marcela.E empezou a berrar:–Caracol Roool...!!!Pero só lle respondía o eco alá

lonxe:–... ol...! ol...! ol...!

746981 Na barriga do dragón 1/7/04 10:50 Página 40