39064367 caderno-letras-galegas-2007
TRANSCRIPT
1
2
3
C.E.I.P.. B A L A Í D O S
XUÑO 2007 ___________
Neste curso escolar 2006-07 saiu á rúa a nosa publicación máis coñecida, dous números da nosa Revista Breogán, nos que o alumnado deu mostra do seu traballo e colaboracións sobre os temas alí propostos (pintura e poesía). Mais, no segundo trimestre do ano tamén fixemos pescuda sobre a tradición oral, en concreto, na procura e descubrimento de CONTOS ORAIS. Eses que se contaban nas xuntanzas, de novos e vellos, e que se ían transmitindo de xeración en xeración. O labor foi atarefado, pero conquerimos catorce contos que neste pequeno libriño, de agasallo, vos amosamos. A descuberta destes contos tamén fixo que nacese un blog (caderno de internet) ao que lle puxemos de nome:
“A Lareira Dixital do Colexio Balaídos” http://lareiradixital.blogspot.com
Daquela, calquera persoa do mundo poderá ler os nosos contos en internet dende o seu computador. A nosa lareira desexamos que medre, ano tras ano, con novas propostas e traballos sobre o patrimonio contando sempre coa colaboración das familias dos nosos alumnos e alumnas. Todos xuntos converterémonos en “@s detectives do patrimonio”. Unha aperta e BO VERÁN!
4
O HOME E A CORDA
Contoume a miña tia que un dia un home indo para a misa atopou unha corda no camiño. O bo do home entrou coa corda na igrexa e quedou dormido. Entón o cura para que espertase dixolle :
- Acorda pecador, acorda! Enton o home dixo:
- A corda non a roubei... que a atopei.
5
O RAPAZ E O DEMO
Contoume o meu avó, que sendo el noviño oiu a historia dun rapaz. A historia era así: Fixérase noite, e un mozo ía camiñando de volta para a casa por un camiño. De súpeto escoitou un ruido. Ao primeiro non sabía de onde viña, mais logo se decatou de que, quen o fixera, fora un carneiro. O rapaz botou a correr tras del, até que por fin conseguiu collelo. Atouno e púxoo ao lombo. Pero resulta que o carneiro comezou a falar, dicindo: - “Póusame, paso, póusame, paso e non me rompa-lo simbilibaso”. O rapaz para ver o que contecia virouse, e xa non había carneiro. A quen levaba enriba era ao mesmo demo. Sen pensalo tirouno do lombo e botou a correr...coma se tivese un foguete no cú. Dende aquela, dende tal cousa, non se fiaba nin de carneiros nin de cabirtos.
6
O TESOURO DA ILLA DE ONS
Estando de soldado na Africa, un mariñeiro da Arousa escoitou a un mouro falar de tesouros; achegouse a el e o mouro dixolle en segredo:
- Na illa de Ons haiche unha fonte chea caracoliños de ouro.
Cando voltou, cumpido o servicio militar, o mariñeiro aproveitou unha mañá que voltaba de pasear para facer recalada na illa. Andou na procura da fonte e, depois de moito pescudar, atopouna no lugar mesmo que o mouro lle dixera. Entón, sen perda de tempo, foi a Arousa fretou unha dorna ben cumprida e de noite voltou ao lugar da fonte do mouro para enchela de caracoliños.
Colleu unha morea deles, e mentres íalles soprando un por un, encheu a dorna de ouro... facéndose millonario.
7
O COUTO DA MOURA
Ola! Chámome Daniel, e teño 9 anos. A lenda que vos vou contar pertence ao pobo do meu avó Gil, el contouma así,e así vola conto a vós: Trátase dun couto, o couto da Moura. Contan as xentes do lugar, e entre elas o meu avó, que no alto dun couto vivia unha moura, unha moura moi fermosa que tiña unha loira e longa cabeleira. Din que todos os dias cando comezaba a saír o sol, a moura saía da súa casa e subía até un grande penedo, onde peiteaba a súa longa cabeleira cos primeiros raios de sol . A sua cor loira era tan intensa que mesturada coas raiolas do Sol facía uns destellos tan dourados que deslumbraban a mirada de todos aqueles que ollaban para o penedo. Cando o sol se pousaba no ceo, ela, voltaba ao seu couto, e non se volvia a ver até a noite, na que,coa lúa chea volvia ao penedo a peitearse. O brilo da lúa pousabase con agarimo no seu cabelo e este alumeaba o ceo, coma se fosen mesmisimos fios de prata . E asi dia tras dia e... noite tras noite. Tamen din que no inverno, cando o sol era tapado pola néboa, e na noite a lúa estaba agochada entre os nubarrons e non se vía , polo couto viaxaban, aínda que non chovera, finisimos fios de auga . E a xente dicía que a moura estaba a chorar por non poder saír, e subir a peitearse ao seu penedo . Meu avó tamén me contou que sendo cativo coma min, levado pola intriga pero tamen cheo de medo, subiu ata o couto da moura. Ali ollou coma ela se estaba peiteando no seu penedo, ela ao decatarse volveuse hacia el e simplemente sorriulle e logo esvaeuse. Ata aquí a lenda do couto da moura, e se non o credes: vós mesmos podedes ir e ver coma daquel penedo -cando o tempo o permite- aínda se poden ver fios de ouro no dia e fios de prata á noite.
8
MISTERIOS DE CAMBADOS Dende hai moitos anos, en Cambados, no pobo dos meus avós existe unha lenda contada de pais a fillos que di o seguinte: Que no Pazo de Fefiñáns antigamente existian pasadelos subterráneos segredos para que os nobles e señores que alí vivian puidesen fuxir no caso que o precisasen, mesmo por unha invasión inimiga. Estes pasadelos, á súa vez conectaban a través do subsolo con outros castelos e pazos da zona podendo así refuxiarse noutros lugares, facendo case que imposíbel dar con eles. Co paso do tempo e despois de numerosas pescudas, chegouse á conclusión de que na maioría dos castelos e pazos que pertenceron a esta época tiñan agochados pasadelos segredos. Outra historia similar é a do Castelo de Soutomaior que pertenceu a Dona Urraca,aquí tamén se atopan moitos pasadelos subterráneos ainda non descubertos.
9
O CONTO DOS FIGOS
Erase unha vez...tres irmáns que quedaran sen familia. Estes tiñan unha figueira. Un dia, o irmán maior, decidiu levar unha cesta de figos ao mercado. Polo camiño atopouse cunha vella que lle dixo: -Bos dias! Que levas dentro da cesta? Ao que el respostou: -Levo bechos! Enton a anciá díxolle: -Que asi sexa! E cando chegou ao mercado abriu a cesta e viu que no seu interior só habia bechos. Ao dia seguinte, o irmán mediano, decidiu tentalo de novo pero pasoulle o mesmo có primeiro. Ao terceiro dia, encamiñouse o irmán máis pequecho. Polo camiño saiulle a vella, quen lle dixo: -¿Qué levas na cesta? Ao que el respostou: -Levo figos!... ¿quere dous? Entón a anciá díxolle: -Si gracias! E ao chegar ao mercado viu que a cesta estaba chea de preciosos figos e, non só iso, senón que,cando as ía vendendo todas, aparecian mais e mais. Daquela foi que, pola noite chegou á casa cunha morea de cartos.
10
A RAPOSA ENGANADA
Habia unha vez unha raposa que tiña sona de ser moi... moi... lista . Normalmente as raposas son moi listas, pero a esta, sobre todo, ninguén fora quen de enganala nunca. Un dia,unha aguia e algúns paxaros máis que estaban reunidos deron en argallar de ver quen seria o guapo capaz de enganar á raposa. Primeiro falou a aguia, e dixo:
- Veña, pois eu animome a ver se a convenzo dunha cousa. Asi foi que... daquela achegouse a ela e dixolle:
- Ei, raposa! Non sei se sabes que van ser as vodas no ceo ¿Non quererías vir? Vanse celebrar no pico do campanario da igrexa.
A raposa contestou:
- Pero, aguia... eu non che son capaz de chegar até alí! E retrucoulle a aguia
- Non sexas caguichas, muller! Se ti queres vir: sobe enriba miña e lévote eu!
A raposa preguntou:
- Oíches, non me estarás enganando? E contestoulle a aguia, moi seria:
- Eu nunca enganei a ninguén, sempre dixen a verdade. A raposa, xa máis interesada en participar, seguiu preguntando:
- E logo... que vai haber?
11
A aguia, moi argalleira, e sabendo que a raposa picara no anzol, seguiu largando:
- Pois sei que caciñan unha aguia e un corvo, e vai haber galiñas e pitos, doces e tartas.Vaiche haber comida a esgalla!
Tanto comvenceu a aguia na raposa, e tan ben lle puxo o conto que finalmente aceptou o convite:
- Vale, de acordo. Daquela levasme ti, nonsi? A aguia satisfeita contestou :
- Si , claro que te levo! Ti ponte enriba miña e eu levote ata o cume do campanario .
E asi o fixo a raposa. Resulta que chegaron ao alto do campanario e alí non habia nadiña de nada. Cando a raposa baixou do lombo da aguia esta berrou satisfeita:
- Ai, raposa! Ti serás moi lista pero…viches? Enganeite Non hai voda nin tal nada! Asi que agora a ver como te amañas para baixar, que eu marcho sen ti.
A coitada da raposa, comezou a albiscar para un lado e para o outro…Pero, claro, o campanario estaba moi alto e se se chimpaba dende aquela altura, de certo que se mataría. Asi que decidiu agardar, por ver se alguén, véndoa alí enriba tan soíña, sentia mágoa dela e axudábaa a baixar. E sorte que asi foi: Ao pouco pasou por ali un paxaron moi grande que tivo pena dela e dixolle:
- Veña, vén que te baixo! Cando xa voaban cara abaixo, a raposa ia dicindo
- SE DESTAS ME SALVO E NON MORRO, AS VODAS DO CEO NON VOLVO!
12
13
O LADRÓN Contoume unha curmá miña que unha noite un ladron foi roubarlle o xamón
ao cura.
O ladrón meteu o xamón nun saco e foise polo cemiterio, e xusto nese
intre pasou unha persoa que ao ver ao ladrón cun saco ás costas
pensou que levaba un morto e fuxiu correndo... tanto, que perdía o cú.
14
O GATO MICHIÑO
Corrían os tempos da posguerra española, e a miña avoa tiña 4 fillos. Eran
tempos moi duros nos cales custaba moito manter unha familia de tantos
fillos.
A miña avoa adicábase a coser e remendar a roupa por uns poucos céntimos,
era un traballo que facía de sol a sol. Como non podía estar pendente dos
seus fillos,tiña que deixalos moito tempo sós noutro cuarto da casa, mentres
ela cosía e cosía.
Pero, como eran tempos de suciedade, moita pobreza e inmundicia, había
moitas ratas (eran grande e agresivas).
Á miña avoa asustábana moito, polo que foi falar cunha meiga que vivía
preto da casa a contarlle que tiña medo de deixar sós aos nenos, e nestas
que as ratas os trabasen.
15
A meiga regaloulle un gato de cor marrón, grande, precioso, cuns ollos
amarelos escintilantes, e díxolle que ese gato había de coidar os nenos.
Meu dito, meu feito! Aquel gato sentaba no marco da ventá e sempre estaba
pendente dos nenos, non lle compría saír cazar pois tiña a caza na casa.
Ningunha rata volveu asomar xamais pola casa da miña avoa.
O abraiante deste relato é que cincuenta anos despois, na casa da miña avoa
seguia aparecendo un gato marrón e amarelo que sempre seguía a pórse
preto do lugar onde había nenos.
Aquel gato chamábase Michiño, era un animal doce, valente e listo... como
nunca xamais coñecín.
16
AS AVENTURAS DE RICARDO ESTÉVEZ Comezaba o século XX e o meu bisavó Ricado tiña uns trece anos. Como vivían na aldea e tiñan poucos cartos. O seu pai decidiu mandalo de aprendiz de boticario. Entón, meu bisavó colleu o tren para ir ao traballo na botica dun parente. E mentres estaba alí vivindo cos seus parentes coñeceu a un fogueteiro, e aprendeulle como se facían os foguetes. Un día os seus parentes, donos da botica, estaban a traballar no campo mentres Ricado atendía o negocio. De súpeto escoitouse un estourido, e ao pouco tempo achegouse un veciño e díxolle: -Oes, semella que sae fume da botica! Foron alí ás présas. Entraron e viron ao Ricardo tan campante cos cóbados enriba do mostrador e a testa apoiada nas mans. -Pero...que pasou? -preguntáronlle. -Nada! -respostou Ricardo. Máis os pelos de punta e a cara negra dicían outra cousa. Ricardo aproveitara que estaba só na tenda para tentar facer un experimento:o foguete que lle ensinaran. Colleu os ingredentes, e moita pólvora; pero como non tivo ollo estouroulle. Abonda dicir que aquí rematou a súa carreira de boticario. Mandárono para a casa. Todo o que lle aconteceu despois, xa é outra hitoria.
17
UN DÍA NA ALDEA
Era por este tempo, na primavera, o tempo de facer as aradas do campo
para botar as patacas e o millo. Sempre compría madrugar, erguerse cedo.
Pola mañanciña o avó erguíase cedo para xunguir as vacas e marchar para a
nabeira traballar. Mentres, a avoa muxía as vacas e facía o almorzo para
levarllo ao avó á nabeira.
O avó paraba a xugada ao ver chegar a súa muller co almorzo e, cando non
lle traía leite, el collia unha cunca do caldo e enchíaa muxindo nunha das
vacas que tiña xunguidas.
Unha das vacas que estaba xunguida púxoselle de parto, pola tarde cando
estaba a traballar. O avó tivo que axudar a botar a cría atándolle unha corda
ás patas do becerro e turrando por ella coa axuda dalgúns veciños que
chamou.
Cando naceu a cría, o avó botoulle sal na boca e o xato comezou a berrar e
espirrar, meneando a testa. Despois o avó deixouno para que a vaca o
lambese.
18
O CONTO DO PARVO E O LISTO
Eran dous irmáns, un parvo e outro algo máis listo que vivían coa súa nai. Namentres a nai traballou todo foi bastante ben, pero a coitada enfermou e tivérona que coidar os fillos, xa que non tiña a ninguén máis que o fixera. Un día díxolle o listo ao máis parvo:
- Eu vou aos toxos e ti daslle o almorzo á nai. (ningún dos dous fora onda ela desde a noite anterior)
O parvo puxo o pote ao lume, fíxolle as papas e levoulle unha cunca e mailo pote onde a cama. Chamou por ela e non lle respondeu. Entón o parvo púxolle o pote enriba dela e a taza na cama, e díxolle:
- Para que comas cando queiras! (e marchou todo enfadado).
A nai xa non precisaba do almorzo pois a coitada estaba morta. Vai ti saber canto tempo levaba morta! Cando voltou o listo dos toxos díxolle ao seu irmán: -Almorzouche a nai? O irmán parvo respostoulle:
- Non me falou, pero o almorzo quedoulle alí. Que o coma cando queira! -dixo anoxada-
O irmán listo foi onda ela. Chamouna e tampouco lle falou, entón dixo:
- Ela debe estar morta porque está moi fría Que lle fixeches?
O parvo contestoulle:
- Eu non lle fixen nada. A min non me falou e deixeille aí o almorzo para que o comese cando quixese.
- E agora como imos facer para enterrala? Vai ser mellor que collamos esa cancela e a levemos nela á igrexa -dixo o irmán listo-
Como eran dous homes con moita forza, levároona á igrexa sen atrancos. Mais, o que vos son as casualidades!
19
Cando eles chegaban ao adro da capela, saían uns ladróns de roubar na casa do crego. O parvo e mailo listo agocháronse subindo a un carballo eles e a cancela despois de deixar á nai no chan tras dunha árbore. Os ladróns sentaron, por mala sorte, baixo o carballo e puxéronse a contar e repartir os cartos que lle viñan de roubar ao crego. Un dos ladróns tña sede e dixo: − Quen me dera unha auguiña do ceo! E o parvo díxolle ao listo, de vagariño: − Méxolle...méxolle? − Non, non -dixo o listo-, pero xa era tarde e o ladrón bebeu. O ladrón voltou dicir: -Quen me dera unha tortilliña....teño unha fame! O irmán parvo preguntoulle ao listo: − Cágolle...cágolle ? − Non , non -dixo o listo-, pero xa era tarde e o ladrón como tiña moita
fame, era de noite e non se vía, comeuna. Cando rematou de comer dixo: − Ai, se viñera un raio do ceo e nos matase! O parvo non o pensou máis e botoulle a cancela do carballo embaixo. Porrón...pon...pon...pon...! Os ladróns fuxiron a fume de carozo e co medo que colleron e coa présa, deixaron alí os cartos, ¡que non eran poucos! Entón os irmáns baixaron da árbore, colleron os cartos, enterraron a nai e: Viviron felices, comeron perdices, e a nós déronnos coa cancela nos narices!
20
O CONTO DO PIRICO Unha vez, ía un home a Celanova cun pirico para vendelo (antigamente íase andando). Daquel tempo tamén había “cacos”. Deste caso un aprendiz a ladrón e o seu mestre, que andaban polo monte, viron ao home que ía co pirico. O aprendiz tiña que cometer un roubo para pasar a proba, e ser nomeado caco. O reto era roubarlle o pirico ao home. O home viña do outro lado da ponte, entón o ladrón para distraelo tirou un dos seus zapatos ao medio da ponte e ao chegar o home onda el viu que era do seu número. Pero, como só había un, dixo para si que cun só zapato non arranxaría nada e... deixouno alí. O caco que estaba agochado asexando no monte, continuou e guindoulle o outro zapato máis adiante e volveu agocharse. Chegou o home até onde estaba o segundo zapato, anicouse e comprobou que era o compañeiro do que viña de deixar atrás. Decidiu de súpeto, atar o pirico e ir na procura do primeiro zapato, pois xa que eran novos de abondo e os tempos non estaban para rexeitar uns zapatos que el non podería mercar. Cando voltou para recoller o pirico...xa non estaba! Dixo.
- Demo de pirico! Como raio te desataches?
O ladrón levoulle o pirico ao xefe, quen o felicitou e díxolle:
- Agora tes que lle ir quitar os zapatos ao home sen que se decate. Alá foi o aprendiz... Agochouse no diestro berrando como o pirico. Entón o home escoitouno e fuiándose polo son, deixou os zapatos no lindeiro da estrada, e segueu na procura do pirico pero non foi quen de atopalo e, ao voltar á estrada... tampouco estaban os zapatos.
21
Mentres, marchou o ladrón onda o xefe e contoulle o acontecido, e este felicitouno. Só lle faltaba unha proba máis. Tiña que lle sacar os ovos a un paxariño sen que se decatara, pero... estando o paxaro no niño.
- Non me atrevo! – dixo o caco. - Pois vén comigo! – dixo o xefe.
Subiron os dous á árbore e o xefe sacoulle os ovos ao paxaro, gardounos na saca e baixaron caladiños da árbore. Cando xa estaban no chan díxolle o aprendiz ao xefe:
- Ensínamos! Pero o xefe non os tiña na saca, porque o seu parendiz xa llos quitara sen que se decatase. O xefe abraiado díxolle:
- Xa non teño nada que che ensinar. Es máis ladrón ca min.
22
Título do Conto:
Recollido por:
O HOME E A CORDA
Lucia Vazquez Gonzalez 4ºB
O RAPAZ E O DEMO
Denise Pena Lestón - 4ºB
O TESOURO DA ILLA DE ONS
Caleb Iaran – Infantil 5anos B
O COUTO DA MOURA
Daniel Mo Gil -4ºB
MISTERIOS DE CAMBADOS
Noa Novas Padín- 6ºB
O CONTO DOS FIGOS
Nuria Koukolis Lorenzo- 6ºB
A RAPOSA ENGANADA
Gabriela Seijas Vijande – 5 anos B EI
O LADRÓN
Lucia Vázquez González – 4ºB
O GATO MICHIÑO
Gonzalo Fernánez Fernández- 2ºA
AS AVENTURAS DE RICARDO ESTÉVEZ
Irene Barreiro Estévez - 5ºA
UN DÍA NA ALDEA
Thais López Sánchez - 5ºA
O CONTO DO PARVO E O LISTO
Brais Álvarez Escudero- 4ºA
O CONTO DO PIRICO
Álvarez Escudero
Contos recreados por 6º de Educación Infantil: - A Quenlla no Ceo.
- O Tesouro do Pirata.
- A Festa dos Peixes.
- O Volcán.
23
EN 6º DE INFANTIL INVENTAMOS CONTOS COLECTIVOS PARA A LAREIRA DIXITAL A PARTIR DA POESÍA DE MARÍA MARIÑO “VOGAR”
“Tiven medo de bogar, tiven medo de auga crara. Anque fora cuns bos remos anque fora na mar calma, ¡non bogaba!, ¡non bogaba!
O medo xa non sei del. Xa secou aquel mar longo. E sin saber donde veu, si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.”
24
O TESOURO DO PIRATA
25
O V O L C Á N
26
A
F E
S T
A D
OS
P
E I X
E S
27
A
Q U
E N
L L
A
NO
C
E O
28
De seguido podedes ler os dezaoito textos que nos foron premiados no “Certame de email coa palabra PONTE”, organizado pola
Asociación Sociopedagóxica Ponte nas Ondas “Ponte nas ondas será a ponte que unirá a Galicia con Portugal”
Miguel López 5ºA ““Galiza e Portugal unha ponte sen igoal. A axuda entre Portugal e Galiza éche unha ponte con ledicia. Ponte nas ondas ondas no mar, nunca se separan Galiza e Portugal. De Tui sae un río, un río moi fermoso e o seu nome é o Miño. Créase unha ponte, unha unión, que non poderán esquecer estas nacións. Ponte nas Ondas canta e baila. Neste 1 de xuño todos e todas cantamos e bailamos”
Bárbara Núñez – Ariadna Rguez. - Jonathan Martínez e Alejandro Rial 4ºB
“Eu pasei polas PONTES da unión, cantas adiviñas e poemas das dúas nacións.”
CristianGonzález 5ºA “Teño un amigo moi agradable, doulle a man e... fago unha ponte entre Galicia e Portugal.”
Natalia Gil 5ºA
“A PONTE do amar é a mellor unión entre dúas nacións”
Elea Gálvez 5ºA
Adiviña: “¿Qué cousa é ? serve para cruzar se non a hai a Portugal non podes chegar”
Celia Fdez.5ºA
“Galicia e Potugal comparten un segredo: a nosa PONTE é todo un misterio”
Thais López 5ºA
“Eu ollei onte unha PONTE de unión que nos fai irmáns a dúas nacións” Hugo Caride 5ºA
29
“No outro lado do río tiña un amigo. Doulle a man e fago unha ponte entre Galicia e Portugal”
Irene Barreiro 5ºA “A ponte do idioma é o que une Portugal e Galicia”
Yara Rguez. 5ºB
“Ponte nas ondas une os nenos de Galicia e Portugal para facer un mundo mais xenial” Maxi Retamozo 5ºB “Ponte nas ondas Un programa espectacular Que une Galicia con Portugal para divertirnos por igual” Jonathan Benítez 5ºB
“Portugal e Galicia os dous unidos, collidos polas mans como dous irmans” Davis Rodrigues 5ºB
“Un río nos separa unha ponte nos une. unha amizade xúntanos E por iso nós estamos con vós”
Rubén Palomares 5ºB “Tendo en conta unha ponte dúas terras. Tendo en conta unha unión dous corazóns que latexan paseniño. Van por Pontes camiñando e na mesma lingua falando.
Dous corazóns, unha ponte, cruzaremos aínda que sexa polo monte”.
Denise Pena 4ºB
“Na miña ponte falan galegos e portugueses. Rompen as ondas do mar cheas de escuma sobre as madeiras. Galiza e Portugal son coma o mesmo país, grazas a unha ponte de amistade”
Pablo Pereira-Jeni Iglesias 4ºB
“Ponte da vida Ponte do amor que Portugal e Galicia estean en unión. Portugal, o noso amigo. Portugal, o noso amor. Portugal o noso veciño. Levámoste no corazón. Portugueses e galegos unidos deben estare cantando todos xuntos: viva a Felicidade!”
Dani Mo- Manuel Fdez. e Serxio Figueiras
4ºB “Eu desde Galicia a Portugal quero viaxar e para chegar poucas pontes hei de cruzar. Se en vez de vivir en Galiza vivira en Portugal aínda que tivese que cruzar mil pontes: que ben che ía estar!”
Uxia Mouriño e Gonzalo Rguez. 4ºB
30
Contén imaxes de:
���� O MAGOSTO. ���� POLO TEMPO DE NADAL. ���� NO DÍA DA PAZ. ���� CORRENDO O ENTROIDO. ���� SEMANA DAS LETRAS GALEGAS ���� BALAIDOS EN PONTE...NAS ONDAS ���� VARIAS SAÍDAS EXTRAESCOLARES ���� PEQUENOS VIDEOS. ���� OUTRAS IMAXES.
31
32