3 ciencias sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes...

35
O libro Ciencias Sociais para o 3. o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO E EDICIÓN Mar García González Xoán Manoel López Bendaña ILUSTRACIÓN Jorge Arranz Digitalartis Eduardo Leal Quino Marín José Luis Navarro Marcelo Pérez Dina Sánchez Bartolomé Seguí DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno. PRIMARIA Ciencias Sociais 3

Upload: others

Post on 07-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO E EDICIÓN Mar García González Xoán Manoel López Bendaña

ILUSTRACIÓN Jorge Arranz Digitalartis Eduardo Leal Quino Marín José Luis Navarro Marcelo Pérez Dina Sánchez Bartolomé Seguí

DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno.

PRIM

AR

IA

Ciencias Sociais3

Page 2: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros
Page 3: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Presentación do proxecto

Saber Facer fai catro anos. É un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan sobre estes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

Page 4: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao acabar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

Page 5: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Comezamos .............................................................. 9

Unidade 1. Necesitamos a auga e o aire ............... 13

Unidade 2. As paisaxes que nos arrodean ............. 33

Cooperamos ............................................................ 52

MiniLab .................................................................. 54

Unidade 3. O lugar onde vivimos .......................... 55

Unidade 4. En que traballan as persoas? ............... 73

Cooperamos ............................................................ 92

MiniLab .................................................................. 94

Unidade 5. A Terra, un planeta único .................... 95

Unidade 6. Somos detectives do pasado ............. 109

Cooperamos .......................................................... 126

MiniLab ................................................................ 128

Índice

Page 6: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Cadro de contidos

Unidades Información e actividades

Comezamos Como se representa a Terra?

Saber orientarnos

1. Necesitamos a auga e o aire

Como é a auga? O ciclo da auga Estamos rodeados de aire

Os fenómenos atmosféricos

2. As paisaxes que nos arrodean

Descubrimos as paisaxes

Así son os relevos de costa

Así son os relevos de interior

Como se representa o relevo nun mapa?

Cooperamos. 1.º trimestre

Técnica 1-2-4: Propoñemos solucións para coidar as paisaxes

MiniLab Constrúo unha andavía

3. O lugar onde vivimos

Así son as aldeas e as vilas

Así son as cidades

A poboación O goberno do municipio

4. En que traballan as persoas?

Traballamos na natureza

Traballamos en fábricas e en obradoiros

Como é a industria?

Traballamos nos servizos

Cooperamos. 2.º trimestre

Cabezas xuntas numeradas: Acordamos unha posición común sobre a vida nas aldeas e nas cidades

MiniLab Preparo un sementeiro

5. A Terra, un planeta único

A Terra, un planeta do sistema solar

A Terra móvese

Como é a Terra? Descubrimos as caras da Lúa

6. Somos detectives do pasado

Como investigamos o pasado?

A medida do tempo

Como organizamos o pasado?

Da Prehistoria ao tempo dos castelos

Cooperamos. 3.º trimestre

Lectura compartida: Comentamos un descubrimento histórico

MiniLab Constrúo un telescopio

Page 7: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Información e actividades Tempo para ler Saber facer

Tempo e clima non son o mesmo

Os climas da Terra

Coidemos a atmosfera!

Como chega a auga ás casas?

Realizo un experimento coa auga

As paisaxes de Galicia

Así son os ríos O lugar máis bonito do mundo

Interpreto e localizo puntos nun mapa

Os servizos municipais

Circulamos con seguridade

Dereitos para a infancia

Interpreto un gráfico de poboación

Compramos e vendemos

O transporte e o turismo

Unha chamada que salva vidas. Un plan de evacuación

Elaboro o esquema dun proceso industrial

A exploración espacial

Elaboro un modelo do sistema solar

Da época dos castelos á actualidade

Altamira, Patrimonio da Humanidade

Obteño información de fotografías

Page 8: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Sinala as actividades en que traballarás xunto co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades, terás que traballar en equipo.

É o sombreiro do pensamento. Halo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Halo usar para expresar o que sentes e para te poñer no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

Page 9: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Que fan estes nenos e nenas? Onde están? En que estación do ano cres que se encontran?

Que actividades realizaches este verán? Fuches de excursión a un lugar parecido ao da imaxe?

Como te sentes cando estás na natureza?

Para que levarías un mapa a unha excursión?

Comezamos

9

Comezamos Observan un mapa. Están nun bosque. A estación podería ser verán, pola roupa que visten.

Resposta libre (R. L.).

R. L.

Resposta modelo (R. M.). Para orientarse e encontrar os lugares aos que se quere ir cando se vai de excursión.

SUXESTIÓNSLembre as estacións do ano: orde en que se suceden se comezamos, por exemplo, pola primavera, e as características de cada unha.

Page 10: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Como se representa a Terra?

O globo terráqueo

Representa a Terra sobre unha esfera, que é a forma que ten.

OCÉANOPACÍFICO

OCÉANOATLÁNTICO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

OCÉANOPACÍFICO

OCÉANOÍNDICO

OC ÉA NO G LA C IAL A NTÁ RTIC O

ecuador

898545_00_p10_planisferio �sico

A Terra é o planeta en que vivimos. Para estudala mellor temos que representala. Os globos terráqueos e os mapas son representacións do noso planeta en pequeno.

1 Escribe no caderno se as seguintes afirmacións se refiren ao globo terráqueo, ao mapa ou a ambos os dous tipos de representación.

• Mostra como se dispoñen os continentes e os océanos na Terra.

• Parécese á forma real da Terra.

• Permite ver todos os continentes á vez.

• É máis fácil de transportar cando imos de viaxe.

2 TEMPO PARA FALAR. Explicade as vantaxes e os inconvenientes de cada un dos tipos de representación. Por exemplo:

Vantaxes: o mapa é máis práctico para levar de viaxe.

ACTIVIDADES

1. Mapamundi.

O ecuador é unha liña imaxinaria que divide a Terra en dúas metades: o hemisferio norte e o hemisferio sur.

O mapa

Representa a superficie terrestre sobre un plano.

Un mapa é coma se desenrolásemos a esfera da Terra e a estirásemos despois.

Polo norte

Polo sur

10

Actividades1 Mostra como se dispoñen os continentes e océanos

na Terra. Ambos.

Parécese á forma real da Terra. Globo terráqueo.

Permite ver todos os continentes á vez. Mapa.

É máis fácil de transportar cando imos de viaxe. Mapa.

2 Tempo para falar. Vantaxes: o mapa é máis práctico para levar de viaxe. Os globos terráqueos reproducen a Terra con maior

exactitude. Inconvenientes: o mapa non representa a Terra con exactitude. O globo terráqueo non permite ver todos os continentes e océanos á vez.

3 Non, porque non representa toda a superficie da Terra.

Trátase dun mapa político porque mostra entidades políticas, neste caso, as comunidades e cidades autónomas de España.

SUXESTIÓNSÉ recomendable usar na clase un globo terráqueo e un planisferio. Os estudantes comprenderán mellor o globo terráqueo que o mapa, pois este último esixe unha maior capacidade de abstracción.

Page 11: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Comezamos

Non todos os mapas son iguaisOs mapas poden representar toda a superficie da Terra ou parte dela. Se mostran toda a superficie terrestre, chámanse planisferios ou mapamundis. (1)

Villa de Mazo

Tijarafe

Tazacorte

Santa Cruzde La Palma

San Andrésy Sauces

PuntallanaPuntagorda

ElPaso

Garafía

Fuencalientede La Palma

Breña Baja

Barlovento

Breña Alta

Los Llanosde Aridane

O C É A N OAT L Á N T I C O

644537_U03_p007_h2_político La Palma

LA PALMA

Roque de losMuchachos

2.428 m

Santa Cruzde La Palma

Caldera deTaburiente

Punta de Fuencaliente

Punta de Rabisca

Cumbre Vieja1.945 m

Volcán de Teneguía439 m

OCÉANOATLÁNTICO

644537_U03_p07_h1_relieve La Palma

LA PALMA

Barra

ncode

las Angus

tias

Barran co de

los No gales

Os mapas físicos mostran elementos da natureza: montañas, chairas, ríos, cabos…

Utilizan cores para representar as distintas alturas do relevo.

Os mapas políticos representan entidades políticas: países, comunidades autónomas, cidades…

Informan da súa localización, forma, tamaño e fronteiras.

Os mapas temáticos mostran, mediante cores ou símbolos, un aspecto nun territorio.

Por exemplo, o tempo, a cantidade de poboación, a súa vexetación…

3 Observa o mapa e responde no caderno.

• É un planisferio? Por que o sabes?

• Que tipo de mapa é: físico, político ou temático? Por que?

ACTIVIDADES

F R ANC I A

PO

RTU

GA

L

ANDORRA

MAR ROCOS

898545_00_p11_h04_espana_politico

Mar Mediterráneo

OC

ÉAN

O A

TLÁ

NTI

CO

CeutaMelilla

GALICIA

PRINCIPADODE ASTURIAS

CASTELAE LEÓN

CASTELA--A MANCHA

ANDALUCÍA

CATALUÑA

ESTREMADURA

ARAGÓN

C. F. DENAVARRA

CANTABRIA

PAÍSVASCO

A RIOXA

ILLAS BALEARES

REXIÓNDE MURCIA

COMUNIDADEVALENCIANA

CANARIAS

COMUNIDADEDE MADRID

Mar CantábricoN

S

LO

11

O meu primeiro atlas do mundoClasifique os mapas do atlas en físicos e temáticos.

Page 12: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Saber orientarnos

Observar onde se encontra o Sol

O Sol sae polo leste e ponse polo oeste. Por iso, se necesitas orientarte, fai o seguinte:

Nos mapas, a rosa dos ventos indica os puntos cardinais: o norte, o sur, o leste e o oeste. Nisto consiste a orientación, en saber onde se encontran os puntos cardinais.

Pero se non temos un mapa e necesitamos orientarnos, hai outros xeitos de facelo.

1 TEMPO PARA FALAR. Comenta cos teus compañeiros e compañeiras se coñecías estes instrumentos e para que os utilizaches.

ACTIVIDADES

Se ao amencer estendes a man dereita en dirección ao Sol, estarás apuntando o leste.

O sur quedará ás túas costas.

O norte teralo á fronte.

O oeste é o punto que queda á esquerda.

Consultar un compás ou un GPS

O compás é un instrumento parecido a un reloxo, pero en vez de números ten os puntos cardinais. A súa agulla xira e sinala sempre o norte.

O GPS é un sistema que nos indica en que lugar exacto nos encontramos.

FALTA FOTO

N

O S

L

N

S

LO

12

Actividades1 Tempo para falar. R. L.

SUXESTIÓNSRepase o esquema de orientación corporal para lembrar e aplicar os conceptos de esquerda e dereita.

Page 13: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Tempo para falar

Que está facendo o neno da fotografía?

Xogaches algunha vez con burbullas de xabón? Gústache? Por que?

Que se necesita para facer burbullas de xabón? Que sucede cando tocas unha burbulla de xabón?

Necesitamos a auga e o aire

1

SABER FACER

Realizar un experimento coa auga

13

Tempo para falar R. M. Está facendo burbullas de xabón.

R. L.

Cómpre auga, xabón e aire. Se tocamos a burbulla, rompe.

SUXESTIÓNSPara facer burbullas de xabón, como as da imaxe, necesítanse aire e auga, dous elementos esenciais para a vida.

LibroMediaVídeo: Facendo burbullas.

Page 14: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Os estados da augaA auga pode existir de tres maneiras diferentes, que se cha-man estados.

Como é a auga?

• É o vapor de auga, que é un gas que se encontra no aire e que non vemos.

• Non ten forma propia.

• Son o xeo, a neve e a sarabia.

• Ten unha forma determinada, como, por exemplo, unha pedra de xeo.

• É a auga que usamos para beber, lavarnos, nadar, regar…

• Non ten forma propia. Adopta a do recipiente que a contén.

Auga en estado líquido

Auga en estado sólido

Auga en estado gasoso

Realizade un mural co título A auga é un tesouro. Mostrade os distintos usos que facemos da auga as persoas, as plantas e os animais.

CREATIVIDADE

Coidamos a auga!

A auga doce e potable é escasa. Por iso, debemos usala de forma responsable:

• Aforramos auga cando pechamos a billa mentres cepillamos os dentes ou nos duchamos en vez de nos bañar.

• Mantemos a auga limpa se non botamos nela lixo ou residuos e se depuramos as augas xa utilizadas para que non contaminen os ríos e mares en que verten.

SABER MÁIS

14

Creatividade

R. L.

Observa e descubre

Se arrefrías moito a auga líquida prodúcese a súa solidificación, é dicir, a auga pasa de estado líquido a sólido.

Se quentas a auga sólida prodúcese a súa fusión, é dicir, a auga pasa de estado sólido a líquido.

Actividades1 R. M.

Auga en estado líquidoAuga líquida dos ríos, mares, lagos…

Auga en estado sólidoNeve e xeo das zonas elevadas das montañas.

Auga en estado gasoso Vapor de auga do aire.

SUXESTIÓNSAlgúns alumnos e alumnas crerán que a auga «só é auga» cando está en estado líquido. Insista en que tamén o é en estado sólido e gasoso.

SUXESTIÓNSAproveite para pedirlles aos alumnos e ás alumnas que nomeen accións concretas para evitar a contaminación da auga, por exemplo, non usar o inodoro como papeleira.

Page 15: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

A auga cambia de estadoA auga pasa dun estado a outro cando cambia de temperatura.

Existen catro cambios de estado: a fusión, a evaporación, a condensación e a solidifi-cación.

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 1 e 7

1 Completa a táboa con exemplos.

2 VALORES. Algunhas persoas cren que, como o mar é grande e a súa auga é salgada, non importa botar lixo nel. Estades de acordo?

Auga en estado líquido …

Auga en estado sólido …

Auga en estado gasoso …

ACTIVIDADES

A auga existe en tres estados: líquido, sólido e gasoso. A auga pasa dun estado a outro se cambia de temperatura.

OBSERVA E DESCUBRE

• Que cambio de estado se produce se arrefrías a auga líquida?

• E se quentas a auga sólida?

Fusión: Paso do estado sólido ao líquido.

Solidificación: Paso do estado líquido ao sólido.

Condensación: Paso do estado gasoso ao líquido.

Evaporación: Paso do estado líquido ao gasoso.

Xeo Auga líquida Vapor de auga

15

2 Valores. R. M. Os alumnos e as alumnas indicarán que si importa botar lixo ao mar porque os residuos contaminan as augas, o que orixina enfermidades e, incluso, a morte dos animais e das plantas mariñas.

SUXESTIÓNSInsista en que os cambios de estado da auga se deben a modificacións na temperatura e apoie esta afirmación no debuxo da páxina, facendo que os estudantes se fixen na cor das frechas: vermella para o aumento da temperatura e azul, para a diminución.

LibroMediaPresentación interactiva: Os estados da auga e os seus cambios.

Page 16: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Na natureza, a auga realiza unha longa viaxe circular en que cambia de estado moitas veces. Esta viaxe é o ciclo da auga e ten catro fases: (1)

O ciclo da auga

O ciclo da auga é o percorrido da auga dun lugar a outro durante o cal vai cambiando de estado.

1 A evaporación

• O Sol quenta a auga do mar, dos ríos e dos lagos.

• Parte da auga líquida evapórase, é dicir, convértese en vapor e pasa ao aire.

2 A condensación

• O vapor de auga ascende, arrefría, condénsase e forma gotiñas de auga que crean as nubes.

• O vento despraza as nubes dun lugar a outro.

3 A precipitación

• Se as gotiñas das nubes se xuntan moito e forman gotas máis grandes, estas pesan máis e prodúcese a precipitación.

• Caen á terra en forma de chuvia, sarabia ou neve.

4 O retorno

• Unha parte da auga que cae chega aos ríos, que a devolven ao mar.

• Outra parte pasa a través das fendas das rochas e forma as augas subterráneas.

16

Observa e descubre No mar e no río.

Acumúlase nas cimas das montañas.

A auga procedente das precipitacións retorna ao mar a través do río que desemboca nel e da auga que penetra polas rochas e forma as augas subterráneas.

R. M. Para extraer as augas subterráneas e aproveitalas para que beban as persoas e o gando, lavar, fregar, regar os cultivos…

Actividades1 R. L.

R. M. A auga diminuirá ou desaparecerá por completo se era pouca e ía moita calor. Isto débese a que a auga líquida, ao ser quentada polo Sol, evaporarase, é dicir, converterase en vapor de auga.

2 R. M. Non, porque é un ciclo e, como tal, as fases repítense ordenadamente.

SUXESTIÓNSApoie a explicación do ciclo da auga no debuxo da páxina 17 e nas fotos desta páxina. Os alumnos e as alumnas deben entender que é un proceso constante que realmente non ten principio nin fin.

LibroMediaDocumento descargable: A viaxe da auga.

Page 17: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

OBSERVA E DESCUBRE

• Fíxate no debuxo. En que lugares da natureza se pode evaporar a auga?

• Onde se acumula a auga que cae en forma de neve?

• Como retorna ao mar a auga das precipitacións?

• Para que serve o pozo que aparece no debuxo?

1. O ciclo da auga na natureza.

1 Evaporación

4 Retorno

2 Condensación

3 Precipitación

1 Experimentade co ciclo da auga.

• Un día solleiro, poñede un vaso con auga nunha ventá.

• Ao cabo dunhas horas, observade o que ocorreu. Escribide un texto para explicalo.

2 Poden as catro fases do ciclo da auga sucederse noutra orde distinta? Por que?

ACTIVIDADES

Augas subterráneas

Mar

Río

Nubes

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 11 17

SUXESTIÓNSIndique que a evaporación non só se produce nos mares e nos océanos senón tamén en lagos, encoros, torrentes, etc. Así mesmo, pode comentar que a auga procedente da transpiración das plantas se incorpora á atmosfera en forma de vapor de auga.

Material de aulaLámina de pensamento visual: O ciclo da auga.

LibroMediaPresentación interactiva:O ciclo da auga.

Page 18: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Ademais de para respirarmos, os seres vi-vos necesitamos o aire para outros usos:

• Permite o voo dalgúns animais e apare-llos, como os paracaídas.

• Os sons viaxan a través do aire ata os nosos oídos.

• O osíxeno é imprescindible para que un material arda.

Como é o aire?O aire non ten cor nin sabor, pero ten outras propiedades:

O aire é necesarioO aire é unha mestura de gases esenciais para vivir. Os máis importantes son:

Estamos rodeados de aire

Pesa

Un balón pesa máis cando está inflado.

Ocupa un lugar

A auga só entra na botella se sae o aire.

Non ten forma

O aire adopta a forma do globo.

OBSERVA E DESCUBRE

• Ten o balón a mesma forma inflado e desinflado? Por que?

• Que formas adoptou o globo?

Osíxeno. Os seres vivos necesitámolo para respirar.

Nitróxeno. É o gas máis abundante no aire.

Outros gases:

• Dióxido de carbono. Prodúceno os seres vivos ao respirar. Tamén está no fume dos coches, nas fábricas, nos incendios…

• Vapor de auga. É a auga en estado gasoso.

18

Observa e descubre Non ten a mesma forma porque cando está desinflado non ten aire e cando está inflado está cheo del.

R. M. A dun cilindro e un animal.

Actividades1 Tempo para escribir. Os gases máis importantes do aire

son os seguintes:

– O osíxeno: é un gas que os seres vivos necesitamos para respirar.

– O nitróxeno: é o gas máis abundante no aire.

– O dióxido de carbono: é un gas que producimos os seres vivos ao respirar, aínda que tamén está presente no fume dos coches e das fábricas, nos incendios…

– O vapor de auga: é auga en estado gasoso.

2 Apágase porque non hai osíxeno, gas que é necesario para que a chama arda.

SUXESTIÓNSComente que no globo que ilustra a composición do aire se representaron as proporcións aproximadas de cada gas, pero que, en realidade, estes gases están mesturados na atmosfera.

Page 19: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

3 A atmosfera é unha capa de gases que arrodea a Terra. Na atmosfera distínguense varias partes:

– A troposfera. É a parte máis próxima á superficie terrestre e nela prodúcense os fenómenos atmosféricos.

– A estratosfera é a parte situada sobre a troposfera. Nas zonas máis altas da atmosfera apenas hai osíxeno. Na estratosfera encóntrase a capa de ozono, que nos protexe dos raios solares que poden resultar prexudiciais para os seres vivos.

A atmosfera é importante porque protexe a Terra, xa que impide que arrefríe moito durante a noite e que queza en exceso durante o día. Ademais, contén gases, como o osíxeno, que son necesarios para os seres vivos.

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 8

1 TEMPO PARA ESCRIBIR. Enumera os gases máis importantes do aire. Escribe unha característica de cada un.

2 Que lle ocorre a unha candea acesa se a tapamos cun vaso? Por que?

3 Explica o que é a atmosfera, as partes que ten e por que é importante.

O aire é unha combinación de gases. A atmosfera é a capa de gases que envolve a Terra.

A atmosfera arrodea a TerraA atmosfera é unha capa de gases que arrodea a Terra. Protexe o planeta, porque impide que arrefríe moito durante a noite e que queza en exceso durante o día.

Na atmosfera distínguense varias partes: a troposfera e a estratosfera.

Na parte máis próxima á superficie terrestre, prodúcense os fenómenos atmosféricos.

Nas partes máis altas, apenas hai osíxeno. Aquí encóntrase a capa de ozono, que nos protexe dos raios solares.

Troposfera

Estratosfera

ACTIVIDADES

19

LibroMediaAnimación: O aire e a atmosfera.

SUXESTIÓNSSó se incluíron os nomes das dúas capas atmosféricas máis próximas á superficie terrestre. Se o cre oportuno indique que as restantes se denominan mesosfera, termosfera e exosfera. Comente, por exemplo, que nas dúas últimas orbitan os satélites artificiais.

LibroMediaActividade: A atmosfera.

Page 20: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

A brisa é un vento moi suave.

O vendaval é un vento forte.

O furacán é un vento moi forte.

Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na at-mosfera. Hai distintos tipos de fenómenos atmosféricos:

Os fenómenos atmosféricos

O vento

É o aire en movemento. Segundo a súa intensidade, hai varios tipos:

As precipitacións

É a auga que cae das nubes. Pode caer en formas diferentes:

A chuvia é auga en forma de gotas líquidas.

A neve é auga en forma de folerpas.

A sarabia é auga en forma de boliñas de xeo.

As tormentas

Teñen descargas e léc t r icas , os raios; unha parte luminosa, o lós-trego; e outra sonora, o trono.

O arco da vella

Fórmase cando a luz do sol atra-vesa as gotas de chuvia.

20

Observa e descubre Non. Parece que sopra na mesma dirección na imaxe da esquerda e na imaxe do centro e en dirección contraria na imaxe da dereita.

R. M. Un arco da vella é un arco que se forma na atmosfera cando a luz do sol atravesa as gotas de chuvia. Está composto por franxas de varias cores: vermello, laranxa, amarelo, verde, turquesa, azul e violeta.

R. L.

Actividades1 Ver esquema resolto na páxina seguinte.

2 Tempo para falar. Cando o Sol quenta a auga dos mares, ríos e lagos, parte dela evapórase. O vapor de auga pasa ao aire. Cando baixa a temperatura, o vapor condénsase en pequenas gotas de auga que, ao unirse, forman as nubes.

SUXESTIÓNSIndique que a intensidade do vento depende da súa velocidade. Así, as brisas non adoitan superar os 11 km/h mentres que os furacáns superan os 100 km/h.

SUXESTIÓNSAproveite para recomendar algunhas precaucións en caso de tormenta: afastarse das árbores e das reixas metálicas, pechar portas e ventás para evitar as correntes de aire que atraen os raios…

LibroMediaGalería de imaxes: Fenómenos atmosféricos.

Page 21: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

Como se forman as nubes?As nubes son tamén un fenómeno atmosférico. Fórmanse así:

• Cando o Sol quenta, unha parte da auga dos mares, ríos e lagos evapórase.

• Así, o vapor de auga pasa ao aire.

• Cando baixa a temperatura, o vapor condén-sase en pequenas gotiñas de auga que, ao unirse, forman as nubes.

Hai nubes con tamaños e formas diferentes:

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 4, 5 e 6

1 Copia no caderno o esquema e complétao.

2 TEMPO PARA FALAR. Explica como se forman as nubes.

ACTIVIDADES

As nubes grises e irregulares poden traer chuvias.

As nubes altas como pinceladas brancas non adoitan provocar chuvias.

As nubes brancas e esponxosas vense en días de tempo cálido.

Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na atmosfera. Son, por exemplo, o vento, as precipitacións, as tormentas, o arco da vella, as nubes…

… … …

Fenómenos atmosféricos

… …… …… …

… …

OBSERVA E DESCUBRE

• Fíxate nas imaxes do vento da páxina 20. Sopra en todos os casos na mesma dirección?

• Describe como é o arco da vella.

• Observa como está hoxe o ceo. Hai nubes? Parécense ás destas fotografías?

21

SUXESTIÓNSInsista en que as nubes están formadas por gotas de auga, non por vapor de auga.Comente que as nubes que provocan precipitacións son grises porque nelas as gotas de auga están tan apertadas que apenas deixan pasar a luz solar.

LibroMediaActividade: Os fenómenos atmosféricos.

Arco da vella Nubes

Fenómenos atmosféricos

Brisa ChuviaVendaval NeveFuracán Sarabia

Vento Precipitacións Tormenta

Page 22: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

O tempo atmosféricoCando miramos o ceo para saber que rou-pa imos poñer, estamos observando a tem-peratura, a humidade e o vento que hai na atmosfera. É dicir, observamos o tempo que vai.

O tempo atmosférico é o estado da at-mosfera nun lugar e nun momento determi-nados. Cambia coas estacións e, incluso, cada día: uns días chove, outros está sollei-ro, algúns sopra o vento…

Como medimos o tempo?Algúns instrumentos axúdannos a medir os datos do estado da atmosfera.

Tempo e clima non son o mesmo

OBSERVA E DESCUBRE

• Describe o tempo atmosférico neste lugar.

O termómetro

Mide a temperatura do aire.

O anemómetro e o catavento

O anemómetro mide a velocidade con que sopra o vento.

O catavento indica a dirección do vento.

O pluviómetro

Mide a cantidade de auga das precipitacións que caen nun lugar.

O barómetro

Mide a presión atmosférica, é dicir, o peso do aire sobre a superficie terrestre.

22

Observa e descubre R. M. Está chovendo, o ceo está anubrado e as rúas están molladas pola chuvia.

Actividades1 O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar

e nun momento determinados, mentres que o clima é o tempo atmosférico que predomina nun lugar ao longo dos anos.

2 Tempo para falar. É un lugar en que non chove, vai moita calor e non sopra o vento.

SUXESTIÓNSExplique que a dirección do vento se indica tendo en conta o seu lugar de procedencia non o de destino. Así, un vento do oeste procede do oeste, un vento do sur, do sur…

LibroMediaGalería de imaxes: Aparellos para medir o tempo atmosférico.

Page 23: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 2 e 3

1 En que se diferencian o tempo e o clima? Compara.

O tempo atmosférico é…, mentres que o clima é…

2 TEMPO PARA FALAR. Explica como é o tempo neste lugar: o pluviómetro non recolleu auga, o termómetro marca unha temperatura alta e o anemómetro non se moveu.

ACTIVIDADES

O climaO clima é o tempo atmosférico que predomina nun lugar ao longo dos anos. Depende fundamentalmente das tempera-turas e das precipitacións.

O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. O clima é o tempo que adoita ir nun lugar ao longo de varios anos.

O clima das zonas de montaña

As temperaturas son baixas e as precipita-cións son frecuentes e en forma de neve no in-verno.

O clima das zonas de costa

Caracterízase por ter temperaturas suaves ao longo de todas as estacións do ano.

O clima das zonas de interior

Ten temperaturas altas durante o verán e baixas no inverno. As precipi-tacións son escasas.

23

SUXESTIÓNSPropóñalles aos estudantes que indiquen se frases como estas fan referencia ao tempo ou ao clima: «Onte foi moito frío». «Na miña localidade vai moita calor no verán, pero este ano vai moito frío».

LibroMediaActividade: Distintos tipos de clima.

Page 24: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Os climas da Terra

Os climas cálidos

Danse en zonas cálidas, con temperaturas altas todo o ano e chuvias frecuentes. Por iso hai selvas con moita vexetación. Ao afastarse do ecuador hai sabanas, con menos vexetación.

Os climas temperados

Danse en zonas temperadas. Teñen temperaturas intermedias. Nalgúns sitios chove moito e noutros, pouco. Nestas zonas medran bosques e pradarías.

Os climas fríos

Danse en zonas polares e nas altas montañas. Vai frío todo o ano. Chove moi pouco e adoita ser en forma de neve. Hai moi pouca vexetación, só medra a tundra.

Factores que inflúen no climaO clima non é igual en todos os lugares da Terra. Hai climas moi diferentes segundo onde se encontre cada lugar. Esas diferenzas dependen duns factores:

• A proximidade ao ecuador. Canto máis preto do ecua-dor, maior temperatura. Por iso se distinguen varias zonas climáticas: unha zona cálida, arredor do ecuador, dúas zonas temperadas, ao norte e ao sur da zona cálida; e dúas zonas frías, nas zonas dos polos. (1)

• A altura. Nas montañas vai máis frío ca nas zonas baixas.

• A distancia ao mar. Na costa as temperaturas son máis suaves ca nas zonas de interior.

Os climas da Terra Por todo isto na Terra hai diferentes climas que se poden agrupar en climas cálidos, climas fríos e climas tem-perados. Cada clima ten unha vexetación característica.

ECUADOR

zona fría

zona temperada

zona temperada

zona fría

zona cálida

1. As zonas climáticas da Terra.

24

Actividades1 A proximidade ao ecuador, a altura e a distancia ao mar.

A proximidade ao ecuador fai que as temperaturas sexan máis altas. Nas montañas vai máis frío ca nas zonas baixas. Na costa, as temperaturas son máis suaves ca no interior.

2 Climas cálidos, climas fríos e climas temperados. Os climas cálidos danse nas zonas que están arredor do ecuador. Os climas temperados danse ao norte e ao sur da zona cálida.

Os climas fríos danse na zona dos polos e tamén nas altas montañas.

3 Nos climas cálidos hai temperaturas altas todo o ano e chuvias frecuentes. Nos climas temperados hai temperaturas intermedias e nalgúns sitios chove moito e noutros, pouco. Nos climas fríos vai frío todo o ano e chove moi pouco, e cando o fai, a auga cae en forma de neve. Nas zonas cálidas danse selvas e sabanas. Nas zonas temperadas crecen bosques e pradarías. Nas zonas frías polares dáse a tundra.

SUXESTIÓNSPara explicar por que inflúe a proximidade ao ecuador, faga con dous obxectos esféricos o movemento de translación e sinale que o ecuador é o «estómago» da Terra, xa que é o que sobresae máis, e polo tanto o que recibe os raios solares con maior forza. En canto á altura, comente que, canto máis ascendemos, vai máis frío porque o aire é menos denso. En canto á distancia ao mar, explique que no mar se conserva máis tempo a calor que recibe do sol, polo que as temperaturas da costa son máis suaves ca as das terras do interior.

LibroMediaPresentación interactiva: Os climas da Terra.

1. As zonas climáticas da Terra.

Page 25: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 9

1 Cita e explica os factores que inflúen no clima.

2 Que tres grandes climas se dan na Terra? Que zonas do planeta lle corresponden a cada un deles?

3 Como son as temperaturas e as precipitacións de cada zona climática? Que tipos de paisaxes se dan en cada zona segundo a súa vexetación?

ACTIVIDADES

Para coñecer o tempo atmosférico o mellor é consultar un mapa do tempo.

Os mapas do tempo utilizan debuxos sinxelos que representan os fenómenos atmosféricos previstos. En que elementos temos que fixarnos para coñecer o tempo atmosférico? Nas temperaturas, que veñen en graos Celsius, nas precipitacións e nos ventos, que se expresan con debuxos. Por exemplo, a neve é ; e o vento frouxo, .

SABER MÁIS

PRINCIPADODE ASTURIAS

CASTELA E LEÓN

PORTUGAL

667545_03_p37_mapa_tiempo_Galicia

0 30

quilómetros

Escala

N

S

LO sol

nubes

chuvia

tormenta

nubes e claros

vento frouxo

vento forte

neve

mín. máx

4 14

mín. máx

2 12

Santiago• mín. máx

1 11

Lugo•

Ourense•

mín. máx

3 13

mín. máx

6 16

Vigo •

Pontevedra•

mín. máx

2 13

A Coruña•

25

SUXESTIÓNSEntre na páxina web de Meteogalicia, comprobe o tempo que se prevé que vai ir estes días e explíquellelo aos alumnos e ás alumnas.Tamén pode presentar o programa Meteoescolas:https://www.meteogalicia.gal/web/formacion/formacionIndex.action?request_locale=gl

Page 26: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Coidemos a atmosfera!

Por que se ensucia o aire?O aire contamínase por diferentes razóns: (1)

• Causas artificiais. As persoas ensuciamos o aire cos fu-mes das fábricas ou dos vehículos, por exemplo.

• Causas naturais. Algúns sucesos da natureza, como os gases que expulsa un volcán, tamén contaminan o aire.

A contaminación é prexudicialA contaminación do aire ocasiona problemas:

• Provócalles enfermidades ás persoas e aos animais.

• Dana as plantas e pode destruír extensos bosques.

• Inflúe directamente no aumento da temperatura da Te-rra. Isto está provocando un cambio no clima do noso planeta.

• Deteriora os monumentos.

OBSERVA E DESCUBRE

• Clasifica as imaxes desta páxina en contaminación por causas naturais ou artificiais.

1. A contaminación do aire prodúcese por causas artificiais e naturais.

A

C

B

D

Cando o aire se enche de fume, cinsas ou gases prexudiciais para a saúde, dicimos que está contaminado.

26

Observa e descubre A, B e D: causas artificiais. C: causas naturais.

Actividades

1 Tempo para falar. Ocasiona numerosos danos:

– Provoca enfermidades a persoas e animais.

– Dana as plantas e pode destruír extensos bosques.

– Inflúe no aumento da temperatura do planeta, que está provocando un cambio no clima da Terra.

– Deteriora os monumentos.

R. L.

2 R. L.

3 Valores. R. L.

Pensamento

R. L.

SUXESTIÓNSPara que comprendan a importancia da contaminación atmosférica comente algúns dos problemas de saúde que orixina: irritación dos ollos e da pel, problemas respiratorios (asma, infeccións…), dor de cabeza…

LibroMediaPresentación interactiva: A contaminación do aire.

Page 27: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

Que facemos para coidar a atmosfera?

O aire contamínase por causas artificiais e por causas naturais. Entre todos, debemos axudar a manter a atmosfera limpa.

1 TEMPO PARA FALAR. Que danos causa a contaminación atmosférica? Cal vos parece máis grave?

2 Describe un percorrido que fagas frecuentemente e que poidas realizar sen utilizar o coche.

3 VALORES. Ti reciclas? Explica como o fas.

ACTIVIDADES

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 10

Reciclar

Reciclar o plástico, o papel ou o vidro evita a contaminación que produce fabricalos.

Aforrar electricidade

As centrais eléctricas emiten fume para producir electricidade. Apagar as luces se non as necesitamos ou usar lámpadas de baixo consumo contribúen a aforrar enerxía.

Utilizar menos o automóbil

A bicicleta e o transporte público contaminan menos.

Coidar a natureza

Conservar os bosques axuda a que as plantas produzan o osíxeno que necesitamos.

VEXO-PENSO-PREGÚNTOME

Que ves?

Que pensas?

Que preguntas te fas?

PENSAMENTO

27

R. L.

R. L.

LibroMediaActividade: O aire ensúciase.

SUXESTIÓNSAproveite estes contidos para concienciar os estudantes de que coidar a atmosfera é tarefa de todos. Para facelo, pídalles que poñan exemplos concretos de como contribúen na súa vida diaria a evitar a contaminación atmosférica.

Page 28: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

1

1 Explica o que son a auga doce e a auga potable. Escribe tres usos para os que é imprescindible a auga potable.

2 TEMPO PARA FALAR. Ordena estes pasos e explica como chega a auga ata as nosas casas.

• Acumular a auga.

• Distribuír a auga polas casas.

• Potabilizar a auga.

3 Pensade e escribide varias ideas para aforrar auga no colexio.

4 VALORES. Que lle dirías á persoa que botou lixo neste río?

Como chega a auga ás casas?

Para conseguir que a auga chegue ás nosas casas é necesario construír algunhas instalacións.

A auga que utilizamos procede principalmente dos ríos. Recóllese nos encoros (A) e condúcese por unha rede de tubos ata unhas instalacións (B) onde se prepara para que sexa potable, é dicir, para que a poidamos beber.

Nas plantas potabilizadoras, a auga fíltrase, elimínanse as impurezas e engádeselle cloro en pequena cantidade. Desde alí, distribúese a través de tubaxes ata as casas. (C) Así, cando abrimos a billa, sae limpa.

Unha vez utilizada, a auga chega aos sumidoiros e pasa a unha planta depuradora. (D) Alí fíltrase, límpase e devólvese aos ríos. (E)

B

A

E

D

C

TEMPO PARA LER

28

Solucionario

1 A auga doce é a auga que non contén sal. A auga potable é a auga doce que, ademais de non ter sal, se purificou para que non conteña substancias que prexudiquen a nosa saúde. R. L.

2 Tempo para falar. A orde é esta: acumular a auga, potabilizar a auga e distribuír a auga polas casas. A auga que chega ás casas procede sobre todo dos ríos. Acumúlase nos encoros e, a través dunha rede de tubaxes, condúcese a instalacións

especiais para potabilizala, é dicir, para que se poida beber. Nestas instalacións a auga fíltrase, elimínanse as súas impurezas e engádenselle pequenas cantidades de cloro. Desde alí a auga limpa distribúese ás casas mediante numerosas tubaxes.

3 R. M. Os alumnos e as alumnas poden pechar as billas mentres enxaboan as mans, non usar o inodoro coma se fose o caldeiro do lixo, reutilizar auga de chuvia para regar a horta escolar…

4 Valores. R. L.

SUXESTIÓNSFaga que os estudantes reflexionen sobre a necesidade de aforrar auga e non contaminala. Para facelo, pídalles que pensen como sería a súa vida se nunca saíse auga da billa. Indique que este é o caso de miles de nenos e nenas en todo o mundo, que teñen que camiñar moitos quilómetros cada día para conseguir auga.

LibroMediaImaxe interactiva: Como chega a auga ás casas?

Page 29: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

SABER FACER

1 Enche dous vasos de auga: un da billa da auga fría e outro da billa da auga quente. (A)

2 Introduce dúas pedras de xeo en cada vaso e pon en marcha o cronómetro. (B)

3 Copia esta táboa no caderno e anota o tempo que tardan en derreterse totalmente as pedras de cada vaso.

fAuga

quenteAuga fría

Tempo que tarda o xeo en derreterse

… …

4 Obtén conclusións.

• Por que se derreten en ambos os dous casos as pedras de xeo?

• Como afecta a temperatura ao tempo que tarda o xeo en derreterse?

• Que cambio de estado experimenta a auga?

5 TEMPO PARA FALAR. Pensade nun experimento, parecido ao anterior, para comprobar se a cantidade de xeo que se pon no vaso inflúe no tempo que este tarda en derreterse. Explicádelle ao resto da clase a vosa idea.

Realizo un experimento coa augaUn experimento serve para saber como funciona a natureza.

Necesitarás:

• Dous vasos grandes.

• Auga fría.

• Auga quente.

• Pedras de xeo.

• Un cronómetro.

A

B

Obxectivo do experimento:

Descubrir como inflúe a temperatura no tempo que tarda o xeo en derreterse.

1

29

Solucionario1 R. L.

2 R. L.

3 R. L.

4 Porque a temperatura da auga é superior á das pedras de xeo nos dous casos.

Canto máis elevada é a temperatura da auga menos tempo tardan as pedras de xeo en derreterse.

Produciuse unha fusión: a auga pasou de estado sólido (pedras de xeo) a estado líquido (auga líquida).

5 Tempo para falar. R. L.

SUXESTIÓNSAcorde xunto as alumnas e os alumnos unhas normas para a manipulación do xeo, a limpeza da aula, ou o seu secado se se derramase algunha auga. Durante o experimento, recórdelles que a acorda foi común e cumprila é responsabilidade de todos e todas.

Page 30: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

COMPROBO O MEU PROGRESO

3 PALABRAS CLAVE. Define estes conceptos no caderno.

4 Observa o ceo e fíxate no tempo que vai hoxe na túa localidade. Describe como son:

1 ESQUEMA. Copia e completa o esquema no caderno.

2 ESQUEMA. Copia e completa o esquema do tempo atmosférico no caderno.

atmosfera

nube

anemómetro capa de ozono

arco da vella clima pluviómetro

coñécese mediante

que mideque mideque mide que mide que mide

O tempo atmosférico

as temperaturas as precipitaciónso vento

xeo ……

fusión

… …

30

Solucionario

1 Esquema. Ver esquema no Anexo.

2 Esquema. Ver esquema no Anexo.

3 Palabras clave. Atmosfera: capa de gases que arrodea a Terra. Anemómetro: instrumento que se usa para medir a velocidade do vento. Capa de ozono: capa da atmosfera que nos protexe dos raios solares. Arco da vella: fenómeno que se produce cando a luz do sol atravesa as gotas de chuvia. Nube: fenómeno

atmosférico que se produce cando o vapor de auga do aire arrefría, se condensa e se converte en pequenas gotas de auga unidas. Clima: tempo atmosférico que predomina nun lugar ao longo dos anos. Pluviómetro: instrumento que mide a cantidade de auga das precipitacións que cae nun lugar.

4 R. L.

5 A. Chuvia: precipitación en forma de auga líquida que cae das nubes á superficie terrestre. B. Vento: aire en movemento.

SUXESTIÓNSComplete a actividade 4 pedíndolles aos estudantes que se fixen tamén en se o tempo é solleiro ou anubrado, se as nubes son brancas ou grises…

LibroMediaActividade: De que gas se trata?

Page 31: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

15 Escribe no caderno o fenómeno atmosférico que representa cada

imaxe e explica en que consiste.

6 De que fenómeno atmosférico se trata en cada caso?

• Ten descargas eléctricas, luz e son.

• Produce precipitacións.

• Move o aire.

7 Fíxate nos debuxos.

• Es quen de ordenar correctamente os pasos?

• Despois, escribe unha oración para cada un que explique o que sucede.

• Por último, explica o cambio de estado que ocorre en cada imaxe e por que se produce.

A

C

B

D

C

A B

31

C. Nubes: conxunto de pequenas gotas de auga que están suspendidas no aire. D. Raio: descarga eléctrica asociada ás tormentas.

6 Tormenta. Nube. Vento.

7 C. B. A.

C. Varias pedras de xeo quéntanse ao lume e vanse fundindo. B. A auga líquida en que se transformaron as pedras de xeo evapórase pola calor do lume. A. O vapor de auga producido polo quentamento da auga elévase, arrefría e condénsase

formando pequenas gotas de auga que, ao unirse, forman unha especie de nube.

C. Fusión: prodúcese por un aumento da temperatura. B. Evaporación: prodúcese por un aumento da temperatura. A. Condensación: prodúcese por unha diminución da temperatura.

8 A. Para que voe unha ave. B. Para producir un son usando un instrumento musical. C. Para apagar unhas candeas.

9 cálidos. temperados. fríos.

SUXESTIÓNSPídalles aos estudantes que lembren que o vapor de auga é invisible.

SUXESTIÓNSIndique que, aínda que non podemos ver o vento, sentimos a súa presenza cando move as follas das árbores, a herba dos prados, a superficie do mar xerando ondas…

Page 32: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

9 Copia e completa no teu caderno o planeta coas zonas climáticas e completa as oracións.

• Os climas … danse arredor do ecuador. Neles medran selvas e sabanas.

• Os climas … danse ao norte e sur da zona cálida. Neles medran bosques e pradarías.

• Os climas … danse nos polos e nas altas montañas. Neles medra a tundra.

10 VALORES. Escribide unha carta dirixida ao alcalde ou á alcaldesa da vosa localidade. Propoñede medidas para evitar a contaminación atmosférica. Por exemplo, plantar máis árbores, un día sen coches…

11 TEMPO PARA FALAR. Describe o ciclo da auga.

8 Escribe para que serve o aire en cada caso.

COMO O FIXEN? Responde no caderno.

Que palabras novas aprendiches?

Saberías explicar por que son importantes o aire e a auga para a vida?

Que poderías mellorar no teu traballo?

Ponlle nota ao teu traballo nesta unidade.

CA B

COMPROBO O MEU PROGRESO

32

10 Valores. R. L.

11 Tempo para falar. O Sol quenta a auga do mar, dos ríos e dos lagos. Parte da auga evapórase, é dicir, convértese en vapor e pasa a formar parte do aire. O vapor de auga ascende, arrefría, condénsase e forma gotiñas de auga que crean as nubes. Se as gotiñas das nubes se xuntan moito, forman gotas máis grandes, que pesan moito e prodúcese a precipitación, é dicir, a auga cae á terra en forma de chuvia, sarabia ou neve. Parte da auga das precipitacións chega aos ríos, que a devolven

ao mar. Outra parte penetra polas fendas das rochas e forma as augas subterráneas.

COMO O FIXEN? R. L. R. L. R. L.

R. L.

SUXESTIÓNSAproveite este momento para destacar o papel decisivo das plantas na composición do aire.

LibroMediaActividade: Comprobo o meu progreso.

Page 33: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Anexo

Page 34: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Unidade 1. Páxina 30

1

2

xeo

fusión

auga líquida vapor de auga

solidificación condensación

evaporación

que mide

O tempo atmosférico

que mideque mideque mide que mide

a temperatura do aire

a velocidade do vento

a dirección do vento

a auga das precipitacións

o termómetro o anemómetro o catavento o pluviómetro o barómetro

a presión atmosférica

coñécese mediante

Page 35: 3 Ciencias Sociais - back-edupack.santillana.es · viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros

Páxina 50

4

Unidade 2. Páxina 49

1

son

teñen elementos

As paisaxes

o relevo

as augas

a vexetación

naturais

de chaira

de costa

de montaña

os edificios

poden ser

por exemplo

OCÉANO ATLÁNTICO

Mar Cantábrico

Mar Mediterráneo

OCÉANO

ATLÁNTICO

Illas Canarias

Depresión do

Guadalquivir

Meseta Central

Illas Baleares

Depresión do Ebro

Sistema Ibérico

Cordilleira Cantábrica

Sistemas Béticos

Sistema Central

Pireneos

transformados polas persoas