2.oraciones primaria (san vicente 2015)_gl

2
ORACIÓNS PARA A SEMANA DO 21 AO 25 DE SETEMBRO 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria LUNS: San Vicente, ti ensináchesme que para seguir os teus pasos hai que servir aos demais. Axúdame a ser servizal, a preocuparme polos demais, a vivir pensando neles. Ensíname a axudar, a ser xeneroso e aberto, a estar sempre disposto para dar unha man. Quero ser solidario e amar os demais con xestos, feitos e actitudes, non só con palabras. MARTES: Señor Xesús, ti que te quixeches facer pobre, fai que teñamos ollos e corazón para os pobres; e que che recoñezamos a ti neles; na súa sede, na súa fame, na súa soidade. Axúdanos a ser caritativos como o foi San Vicente de Paúl. Dános forza e valentía para que como el sexamos xenerosos e esteamos dispostos a axudar a todos, especialmente aos máis necesitados.

Upload: teri

Post on 17-Jul-2016

530 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Oraciones Vicente de Paúl Primaria

TRANSCRIPT

Page 1: 2.Oraciones Primaria (San Vicente 2015)_gl

ORACIÓNS PARA A SEMANA DO 21 AO 25 DE SETEMBRO

3º, 4º, 5º e 6º de Primaria

LUNS:

San Vicente, ti ensináchesme

que para seguir os teus pasos

hai que servir aos demais.

Axúdame a ser servizal,

a preocuparme polos demais,

a vivir pensando neles.

Ensíname a axudar,

a ser xeneroso e aberto,

a estar sempre disposto

para dar unha man.

Quero ser solidario e amar os demais

con xestos, feitos e actitudes,

non só con palabras.

MARTES:

Señor Xesús, ti que te quixeches facer pobre,

fai que teñamos ollos e corazón para os pobres;

e que che recoñezamos a ti neles;

na súa sede, na súa fame, na súa soidade.

Axúdanos a ser caritativos

como o foi San Vicente de Paúl.

Dános forza e valentía para que como el

sexamos xenerosos e esteamos dispostos

a axudar a todos, especialmente aos máis necesitados.

Page 2: 2.Oraciones Primaria (San Vicente 2015)_gl

MÉRCORES:

Dános, Señor, uns ollos atentos para descubrir

as necesidades dos pobres, ao estilo de San Vicente.

Dános, Señor, pés lixeiros para correr e comprometernos

cos que necesitan axuda.

Dános, Señor, corazón grande, ao estilo de San Vicente

para comprender todas as miserias.

Dános, Señor, valentía, coraxe e capacidade de compromiso

para participar en accións caritativas. Amén.

XOVES: Mirar a San Vicente é deixarse contaxiar polo seu amor total cara aos pobres.

A súa vida totalmente entregada aos demais deixou na nosa terra unhas pegadas que

debemos seguir, porque hoxe tamén, son moitas as persoas que esperan axuda.

Vicente de Paúl fíxose como o "Bo Samaritano", co corazón baleiro de si mesmo,

fíxose PRÓXIMO dos máis necesitados da terra.

Señor, dános fortaleza para que sexamos capaces de seguir estas pegadas,

e non volvamos as costas ante as necesidades dos nosos irmáns, os pobres. Amén

VENRES: No día grande da túa festa, queremos felicitarte e pedirche que nos axudes a vivir como

verdadeiros fillos de Deus, irmáns de Cristo e de todos os homes.

Que creamos en Deus Pai, cheo de misericordia.

Que pensemos en tantos irmáns nosos

que hoxe están a pasar fame de pan e necesitados dun traballo.

Que sempre esteamos dispostos a prestar unha axuda con xenerosidade.

Que aprendamos de ti, Vicente de Paúl, a ver en cada persoa necesitada

a imaxe de Cristo que nos interroga.

O amor fai grandes as persoas e o egoísmo empequenéceas.

Que entendamos que nacemos para amar e o AMOR que non se dá, se perde.

San Vicente, ensínanos a valorar a vida e amar de verdade como ti o fixeches. Amén.