2c2ba-eso-explicacic3b3n-verbos.pdf

Upload: conletras

Post on 06-Jul-2018

235 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 8/17/2019 2c2ba-eso-explicacic3b3n-verbos.pdf

    1/3

      AXUDA PARA ESTUDAR OS VERBOS

    PRESENTE (acción actual)

    Os únicos verbos que poden presentar dificultade son o verbo IR ( imos, ides ), LER(les,le,lemos,ledes,len) ou RIR (ris,ri, rimos, rides, rin)

    PRETÉRITO IMPERFECTO (OU COPRETÉRITO): indica unha acción que se está facendo no pasado.Ex. Cando eu cheguei o neno durmía (estaba xa durmido e seguiu durmindo

    Para a 1ª conxugación acaba en – aba, e para a 2ª e 3ª  en – ía 

    Ollo co imperfecto dos verbos IR (ía, ías, ía, iamos, iades, ían) LER (lía, lías...e RIR (ría, rías...)

    PRETÉRITO PERFECTO ( OU PRETÉRITO). A palabra pretérito significa pasado, polo tanto, estetempo indica unha acción xa rematada.

    Ex. Onte recibín unha carta.

       Nos verbos regulares hai que ter en conta as terminacións, sobre todo na 2º persoa singular(cantaches, temiches, partiches) e plural (cantastes, temestes, partistes).

       Nos verbos irregulares é moi importante saber a raíz: SABER (soub-), FACER (fix-), ESTAR ederivados (estiv-), TER e derivados (TIV-), HABER (houb-), PODER (puid-), TRAER (troux-),QUERER (quix-) SER, IR (fun, fuches, foi....)etc.

      Atención ó pasado de verbos como VER (vin, viches, viu, vimos, vistes, viron) ou VIR (vin,viñeches, veu, viñemos, viñestes, viñeron), DAR (dei...) 

    PRETÉRITO PLUSCUAMPERFECTO ( OU ANTEPRETÉRITO). É o “pasado máis pasado”, édicir, indica unha acción que se fixo anteriormente ó pretérito perfecto:

    EX. Cando eu cheguei Pedro xa marchara

      Este tempo se forma engadíndolle á raíz as terminacións: RA, RAS, RA, RAMOS, RADES, RAN.

    Cantara, temera, fixera...

     

     Nos verbos irregulares collemos as mesmas raíces que para o pretérito e engadímoslles asterminacións: RA, RAS, RA, RAMOS, RADES, RAN

    Souberas, puideramos, estiveran

    FUTURO Indica unha acción que se vai facer. Para formalo hai que coller o infinitivo e engadirlle asterminacións: ei, as , a , emos, edes, an. No verbo facer cambia a raíz: far- (farei, farás....)

    Atención ós futuros de verbos como QUERER ou PODER (quererei, poderei..) LER, RIR (lerei, rirei...)

    FUTURO HIPOTÉTICO (OU POSPRETÉRITO) Indica unha condición, unha hipotese (de aí que sechame futuro hipotético). É igual que o futuro pero cambiando as terminacións: ía, ías,ía, iamos, iades,ían (cantaría, cantarías...)

  • 8/17/2019 2c2ba-eso-explicacic3b3n-verbos.pdf

    2/3

     

    Atención ó futuro hipotético de verbos como QUERER ou PODER (querería, podería..) LER, RIR(lería, riría..)

    SUBXUNTIVO

    Indica acción posibles, hipotéticas ou desexos fronte ó indicativo que indica accións reais.

    PRESENTE

    Para identificalo o máis fácil é situalo nun contexto:

    Ex. Quizais, oxalá hoxe →  chova, saiba o resultado, haxa unha festa, estea en casa, poida ir ó cine, queira vir comigo....

    PRETÉRITO IMPERFECTO (OU PRETÉRITO)

      As terminacións son: SE, SES, SE, SEMOS, SEDES, SEN 

    Ex. Cantase, cantases, cantase.....

       Nos verbos irregulares collemos as mesmas raíces coas que formamos o pretérito de indicativo eengadimos as terminacións: SABER (soub-), FACER (fix-), ESTAR e derivados (estiv-), TER ederivados (TIV-), HABER (houb-), PODER (puid-), TRAER (troux-), QUERER (quix-) SER, IR(fun, fuches, foi....)etc.

    Soubese, estivesemos, tiveses, houbésemos, puidesedes, quixesen

    Para identificalo podemos situalo nun contexto:

    Ex. Quizais, oxalá onte →  puidesen ir á festa, estivesen con el, fosen ó cine.

    PARTICULARIDADES

      Os verbos rematados en – CER e – CIR son REGULARES, isto quere dicir que a partir da mesmaraíz formamos todos os tempos: 

    Conduzo, conduces...Conducín, conduciches,conduciu...Conducira, conduciras, conducira....

      Os verbos rematados en UIR son REGULARES, isto quere dicir que a partir da mesma raízformamos todos os tempos: 

    Conclúo, conclúes......Concluín, concluíches, concluíu....

    Concluíra, concluíras, concluíra....

     Atención a verbos como servir e fuxir que teñen alternancia no presente (ver libro e os que seconxugan igual) 

  • 8/17/2019 2c2ba-eso-explicacic3b3n-verbos.pdf

    3/3

    Exemplos de estrutura verbal

    Raíz VT MMT MNPcantafac

    a baía

    mosdes

    Copretérito/ pret. imperfecto

    sab e rá s Futuro

    traball bebe

    ae

    rara

    mosn

    Pret. pluscuamperfecto /anteprérito

     poder e ria des Postpretérito/ condicional

    cantcom

    ea

    desmos

    Presente subxuntivo

    tivcant

    ea

    sese

    sdes

    Pretérito subxuntivo