27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai...

82
CARLA ANDRADE AMINE ASSELMAN PABLO BARREIRO PILAR BOULLOSA MARTA BRAN ABI CASTILLO OLALLA CASTRO SAMUEL CASTRO NICOLÁS COMBARRO IRIA CORTIZO MARCOS COVELA MIGUEL CUBA OLMO CUÑA CARRACELAS CARLOTA DE LEAL ROI DOMÍNGUEZ EDU IAGO EIREOS DAVID FIDALGO OMIL BASILISA FIESTRAS MARTA FORTES JULIA HUETE BERIO MOLINA ROSA NEUTRO ANA PÉREZ VENTURA LARA PINTOS MAR RAMÓN SORIANO MARTÍN RIVAS BRAIS RODRÍGUEZ AARÓN SANROMÁN BORJA SANTOMÉ PAULA SANTOMÉ ANDREA TORRES DENNISE VACCARELLO PABLO VENCE MAR VICENTE XABIER VIEIRO JESU YÁÑEZ 27 _ 10 _ 2017 8 _ 4 _ 2018

Upload: vankiet

Post on 11-Feb-2019

226 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

CARLA ANDRADEAMINE ASSELMANPABLO BARREIROPILAR BOULLOSAMARTA BRANABI CASTILLOOLALLA CASTROSAMUEL CASTRONICOLÁS COMBARROIRIA CORTIZO

MARCOS COVELAMIGUEL CUBAOLMO CUÑA CARRACELASCARLOTA DE LEALROI DOMÍNGUEZEDUIAGO EIREOSDAVID FIDALGO OMILBASILISA FIESTRASMARTA FORTES

JULIA HUETEBERIO MOLINAROSA NEUTROANA PÉREZ VENTURALARA PINTOSMAR RAMÓN SORIANOMARTÍN RIVASBRAIS RODRÍGUEZAARÓN SANROMÁNBORJA SANTOMÉ

PAULA SANTOMÉANDREA TORRESDENNISE VACCARELLOPABLO VENCEMAR VICENTEXABIER VIEIROJESU YÁÑEZ

27_10_2017 8_4_2018

Page 2: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Martiño Noriega SánchezAlcalde de Santiago de Compostela

Branca NovoneyraConcelleira de Acción Cultural

AUDITORIO DE GALICIADirector - xerenteXaquín López González

SubdirectoraSilvia Modia Ferreiro

AdministradoraAna Parga

Responsable de exposicións e actividade culturalChus Busto

Responsables de comunicaciónMíriam F. LouzaoSilvia Roca Baamonde

Gabinete administrativoDavid AréanCarlos MillánÁngeles OteroÁngela Pereira

Persoal asistenteSantiago Cabrera, Rogelio Fernández, Antonio Liñares, José Mayo, Juan Carlos Marcote, Javier Rodríguez, José Rodríguez e Antonio Vieites

CONSELLO REITORPresidenteMartiño Noriega Sánchez

Director – xerente Xaquín López González

SecretarioJosé Ramón Alonso Fernández

InterventoraInmaculada Viña Carregal

VogaisMaite Cancelo MárquezMª José Castro CarballalGonzalo Muíños SánchezBranca NovoneyraGoretti Sanmartín Rei

EXPOSICIÓNProduciónAuditorio de GaliciaConcello de Santiago de Compostela

CoordinaciónChus Busto

DeseñoIdear.com.es

MontaxeDaexga e equipo técnico do Auditorio de Galicia

SegurosAon

Rotulaciónaxeitos &Co

AgradecementosO concello de Santiago e o Auditorio de Galicia queren expresar o seu recoñecemento a todas/os os artistas que se presentan a este Premio

XURADO DO PREMIOBranca Novoneyra, presidentaCarlota Álvarez Basso, directora Matadero MadridCarme Nogueira, artistaIgnacio Pérez-Jofre, artista e profesor de pintura BBAANatalia Poncela, crítica de arteChus Busto, secretaria

e-auditoriodegalicia.netDirecciónChus Busto

TextoCarme NogueiraIgnacio Pérez JofreMembros do xurado

Tradución e revisión Departamento de Lingua, Concello de Santiago

Deseño e maquetaciónIdear.com.es

© desta edición o Auditorio de Galicia. Concello de Santiago de Compostela© dos textos, os autores© das imaxes, os autores© para as reproducións autorizadas, VEGAP, Madrid 2017. Calquera erro ou omisión corrixiríase nas seguintes edicións

Queda prohibida a reprodución total ou parcial desta publi-cación, por cualquera medio ou procedemento, sen contar coa autorización previa, expresa e por escrito do editor.

Avda. Burgo das Nacións s/n 15705 Santiago de Compostela T. +34 981 574 152/53 – +34 981552 290 [email protected]

compostelacapitalcultural.gal

@CCultura

CompostelaCapitalCultural

Page 3: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

O Premio Auditorio de Galicia para novas e novos artistas chega a súa décima edición coa honra de ser un certame consolidado que ten como obxectivo o apoio a arte emerxente do noso país; e chega, sobre todo, coa satisfacción de ter compartido traballo e ilusión con creadoras e creadores de diferentes xeracións. Con elas e eles sumamos unhas catrocentas pezas expostas e conseguimos dar espazo e visibilidade a máis de mil trescentos artistas. 

Estes premios comezaron a súa andaina en 2001 respondendo a demanda de poñer en relación artistas novas e novos –que tiñan e teñen máis dificultade de atopar circuítos profesionais onde amosar a súa obra– co público. Esta iniciativa continúa hoxe na procura de acadar aquel primeiro obxectivo: o de difundir e impulsar o esforzo das novas xeracións e fomentar o seu desenvolvemento profesional. Unha aposta de futuro que hoxe é presente.

Edición tras edición, o xurado, composto por profesionais vinculados á arte e á cultura, achéganos, logo de ter realizado a sempre difícil tarefa da escolma, a arte máis actual que se está a producir en Galicia. Nesta convocatoria, conforman unha mostra cos traballos de trinta e sete creadoras e creadores que, de seguro, sorprenderán á veciñanza de Compostela con propostas anovadoras e de gran calidade.

Aproveito estas liñas para trasladar o agradecemento do Concello de Santiago ao xurado, por ter compartido este sempre difícil traballo, e a todas e todos os artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas e premiados polo seu traballo e doulles as grazas por nos axudar a seguir anovando a arte da cidade.

Desde o Concello de Santiago seguiremos traballando na procura de ser plataforma de interacción entre os diferentes axentes culturais co fin de continuar a dar voz a artistas emerxentes.

Non me queda máis que convidar a todas e todos a gozar, compartir e contribuír á difusión desta mostra.

Martiño Noriega SánchezAlcalde de SantiagoPresidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia

Page 4: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

IgnacioSempre pensei que a arte e a cultura en Galicia están moi condicionadas polo territorio. Se miras un xornal galego, é moito máis fácil atopar fotografías de paisaxe asociadas a noticias que nun de ámbito nacional. Creo que isto é porque a presenza do rural e o natural segue sendo aquí moi importante. E porque hai un substrato cultural de historias e vivencias asociadas a ese espazo. Nas obras seleccionadas para o Auditorio hai unha significativa presenza do territorio (non exclusivamente galego, por suposto). Pero quizá a maneira específica de proxectar esa mirada cara á contorna sexa considerándo máis como un campo cultural que como un espazo físico. Ata en pezas extremadamente baleiras e contemplativas como as de Carla Andrade, o lugar é tomado como motivo de reflexión sobre unha maneira de construír a conciencia. En xeral, entendemos que os espazos están habitados, cargados de connotacións. Vexo en moitos traballos ecos de Perejaume, quen parece considerar a paisaxe, o territorio, como unha instancia esencialmente lingüística. No traballo de Olmo Cuña está moi presente esta vinculación: a referencia ao natural (a froita, a planta) faise a través do texto literario. Ou no de Paula Santomé, que parte dunha situación urbanística dada para realizar unha acción que a sinala á vez que a cuestiona. Ou esa idea de Miguel Cuba, os barrios de París formando un remuíño no espazo. Outras obras que vexo conectadas con esta idea da paisaxe cultural, social ou política son as de Iago Eireos, Amine Asselman, Pilar Boullosa, Dennis Vaccarello, Olalla Castro. CarmeResúltame curioso o que contas da paisaxe. Obviamente, a min, nada nesta cultura, é algo que me resulta complicado percibir, pero seguramente teñas razón porque, ademais, é un tema que me interesa especialmente. Con todo, a pesar de que moitos dos artistas seleccionados teñen unha longa traxectoria e xa os coñecía, como Berio Molina, Mar Vicente ou Nicolás Combarro, só por citar algúns dos que non mencionaches, esta experiencia de participar como xurado nos premios serviume para coñecer un pouco máis cumpridamente os intereses de artistas máis novos. Chamoume a atención que moitos traballos presentados parten do debuxo e da pintura e non tanto da fotografía , do vídeo ou doutros medios. Sei que ti falabas de temáticas e eu introduzo a cuestión da técnica, pero penso que esta moitas veces nos fala da forma de achegarse á arte, dos procesos e por iso a destaco. Impórtame o proceso: de onde veñen e cara a onde van as propostas dos artistas que se reúnen nesta selección.

O TEMA, A TÉCNICA, O CONTEXTOUnha conversa entre Carme Nogueira e Ignacio Pérez-Jofre,membros do xurado do 10º premio

Page 5: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Sei que no exercicio de presentarte a un concurso hai unha posta en escena na que os artistas deben mostrar o seu traballo cunha soa obra. E moitas veces neste proceso quedan fóra moitas outras cousas. Evidentemente un concurso non é o lugar para experimentar, pero si penso que cumpre unha función moi importante máis alá da competición. Primeiro como lugar de encontro, no que confluír desde diferentes lugares con diferentes propostas. Isto é enriquecedor. E en segundo lugar como espazo de visibilización, tamén grazas ao que a min me parece un acerto, a posibilidade de desenvolver o traballo nunha exposición como un dos premios, que fai un acompañamento ao premiado e dá oportunidade de seguir traballando. Non sei se ti, como profesor en Belas Artes, en contacto coa produción máis nova, ves tamén estes intereses. I.Desde o meu punto de vista como profesor, estes concursos teñen unha función moi positiva, que é o de dar visibilidade ao traballo dos artistas que están empezando. O premio do Auditorio, especialmente, supón un nivel de esixencia alto, e é unha das vías de acceso, en Galicia, ao mundo da arte profesional. A idea de dar continuidade aos proxectos mediante exposicións (a propia colectiva do premio e a posterior individual) é a mellor maneira de facelo. A parte mala, como tamén sinalas, é que é ás veces é difícil comunicar e percibir as sutilezas das obras de arte a través de dossiers. Iso fai que queden polo camiño cousas que vistas directamente terían outro sentido. En todo caso, enfronta os participantes a un novo reto: seren capaces de presentar unha obra que funcione ben no concurso. Recordo que, mirando os dossieres, ás veces parecíanos que eran mellores obras que se presentaban como documentación complementaria que as presentadas a concurso.

Eu tamén penso que a técnica supón unha elección decisiva que mostra unha determinada maneira de achegarse á realidade que se está representando ou creando na obra. Pero creo que entre os artistas seleccionados hai quen toman a técnica como medio para traducir eficazmente os seus intereses e outros que parten dunha reflexión sobre ese mesmo medio. Na Facultade puiden ver que as novas xeracións seguen moi interesadas polos medios materiais como a pintura, a escultura ou o debuxo. O que ocorre é que é moi difícil adquirir destreza nestes medios, é algo que se adoita desenvolver unha vez acabados os estudos, aínda que pareza estraño.

Como a ti, algo que me interesou desta selección é o grupo de artistas que parten dunha reflexión sobre os medios. É o caso de Brais Rodríguez, Ana Pérez Ventura, Julia Huete e Aarón Sanromán respecto ao debuxo e a pintura, ou Mar Vicente, quen leva a cabo unha reconstrución dos elementos físicos do cadro (a tea, o bastidor, a pintura), ao estilo do que facía o grupo Support-Surface. Creo que o traballo de Pablo Barreiro, de Marcos Covela ou de Berio Molina parte dunha reflexión sobre

Page 6: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

o medio que cada un deles usa: a cerámica, a escultura en relación ao deseño industrial e o son, respectivamente. O caso de Nicolás Combarro é similar: traballa co lugar e cos materiais atopados como condición ou punto de partida.

Dentro deste pensamento, por así dicilo, estrutural, que atende a maneira en que a obra se realiza, poderíanse incluír artistas que se preocupan polos problemas da percepción e da lectura da obra, como Xabier Vieiro e Jesu Yáñez. E tamén estarían os casos de Pablo Vence e Samuel Castro, que constrúen enxeñosos mecanismos para pór en escena unha acción determinada, en lugar de representala ou documentala.

Pero logo hai artistas que traballan a partir dun presuposto temático e aplican o medio que mellor lles parece segundo as súas inclinacións e a adecuación ao tema. Sería interesante intentar rastrexar cales son esas temáticas. Creo que hai unha preeminencia do figurativo e do narrativo. Xa suxerín o tema do territorio, pero por suposto hai moitos outros. Un bastante claro é a referencia a cuestións vitais, que inclúe os problemas da identidade (Rosa Neutro, Basilisa Fiestras, Mar Ramón), a memoria (Marta Fortes, Roi Domínguez, Carlota de Leal ), o xénero (David Fidalgo) e o status do artista novo (Edu, Lara Pintos). Como ves, nestas categorías caben artistas que traballan en diferentes medios. Non che parece que poderían ser, nestes casos, máis útiles para entender o seu traballo que a disciplina utilizada? C.Se chamei a atención sobre a técnica máis que sobre a temática é porque foi algo que me sorprendeu. Creo, ademais, que é importante buscar ese momento no que a técnica deixa de estar pegada á aprendizaxe para ser unha aliada. Por suposto ambas as cuestións están entrelazadas: como contas as cousas importa, importa a materialidade do traballo, este é tamén un tema en si. Para min, que non estou afeita a verme nesta posición de xurado, foi unha ocasión para reflexionar sobre aqueles camiños que se abren nestas obras que agora se presentan. Interésanme os procesos híbridos, próximos á colaxe, nalgúns dos traballos como en Mar Ramón, Rosa Neutro, Edu ou Berio Molina entre outros. Paréceme que teñen esa capacidade de producir outra cousa. Tamén aqueles que, como ti dis, exploran os límites do medio, xa sexa desde traballos próximos á artesanía, como a cerámica, por exemplo, en Abi Castelo e Pablo Barreiro ou a ilustración en Olmo Cuña. O medio serve aquí como marco e como cuestionamento. E ese cuestionamiento tamén abre perspectivas novas. Esta é unha das cousas que me parece máis importante. I. Por suposto, unha determinada temática, un campo cultural de intereses, atopa unha expresión diferente e alcanza significados novos cando toma corpo nun determinado procedemento. Un caso: outro tema que vexo moi presente na actualidade é a revisión do Surrealismo, feita a través dunha linguaxe e dunha

Page 7: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

iconografía actuais. A presenza do imaxinario, o simbólico e o onírico na obra de Iria Cortizo, Abi Castelo ou de Marta Bran é un exemplo disto. Pero, claro, os distintos materiais, teas no caso de Iria, papel no de Marta e cerámica no de Abi, achegan connotacións e sentidos moi diferentes.

Falaba antes de narratividade. Paréceme que é un compoñente esencial da arte nova da nosa contorna. Penso que uno dos motivos pode ser que as diversas formas de incorporar o narrativo e o metafórico (desde a fragmentación e a apertura de sentido) están moi presentes no ensino das belas artes en Pontevedra. Aínda que é evidente que iso responde a unha tendencia cultural máis ampla. Moitos dos artistas aos que xa nos referimos contan unha historia nas súas obras. No traballo de Borja Santomé tamén vemos unha narración aberta, onde coexiste a descrición dun ambiente, e unhas accións máis ou menos recoñecibles, coa presenza da mancha pictórica como elemento invasivo, asociado á escuridade, á confusión e á inconsciencia. E se pensamos na maneira en que as obras de Martín Rivas e Andrea Torres xogan coa analoxía entre obxectos cargados de significado, darémonos conta de que aquí o medio está ao servizo da metáfora.

C. Creo que é importante destacar, como ti apuntabas antes, que este premio ten unha longa traxectoria e é un momento importante na carreira destes artistas. Nun contexto como o galego, no que non abundan oportunidades para mostrar o traballo, é importante que haxa lugares, como pode ser este concurso, nos que se poida experimentar, mostrar artistas que non estean nos circuítos, novas propostas. Lugares intermedios entre o museo e a aprendizaxe. Para min o valioso sería entender esta oportunidade como un lugar de intercambio, non só como un concurso.

Necesitamos máis lugares intermedios, lugares de produción, de intercambio, de exhibición. Pero tamén protexer os espazos que existen e que están a traballar de forma profesional.

I.Si, é desolador pensar que hai convocatorias de apoio á arte nova que desaparecen por falta de financiamento e apoio, ou centros de arte contemporánea que sofren inxerencias políticas e perden o rigor e a vixencia que mantiveran durante anos. Isto está a pasar en toda España, non só en Galicia. E, ben, só nos queda seguir traballando e resistir para que estas novas xeracións (e as outras) teñan lugares de encontro, debate e intercambio, espazos onde produciren e mostraren o traballo.

Page 8: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLA ANDRADE

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

El paisaje está vacío y el vacío es paisaje Vídeo HD | cor | 15 min | 2017

CARLA ANDRADE

Page 9: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLA ANDRADE

Estudo da nada cando a vemos no esquema cósmico das cousas. O baleiro adquire unha dimensión de obxecto físico, o cero como expresión formal, o baleiro non como unha ausencia senón como a produción de sentido. O baleiro como vacuidade que desafía ser enchida. Percorremos os espazos baleiros do deserto de Atacama que se converterán en espazos case sacros, activamos o oco,para entender a paisaxe como unha escultura.

A paisaxe como espazo de liberación, de tregua ante a lóxica cotiá, aprema unha conciencia crítica afastada da mirada antropocentrista para poder recoñecernos doutro xeito. A paisaxe posúe esa inmensidade do insondable e a súa contemplación é un mecanismo de superación da orde social instaurada, de redefinición dos conceptos aprehendidos e cuestionamento da realidade obrigatoria.

Reflexión sobre a cosmovisión integrada propia da cultura andina, onde os fenómenos naturais están intimamente ligados cos fenómenos míticos e coa vida social. As culturas indíxenas andinas recoñecen a existencia de espíritos da natureza silvestre e dos fenómenos naturais que regulan, controlan e velan polo seu equilibrio, continuidade e benestar. Neste sentido, as potencias sobrenaturais son delegadas en seres mitolóxicos, que teñen poder sobre o respectivo fenómeno ou elemento natural ao seu cargo.

Baixo o título El paisaje está vacío y el vacío es paisaje, frase que remite ao poeta coreano Dalchin Kim e sintetiza todas as ideas expostas; a proposta pretende crear un espazo total que axunte obxectividade e subxectividade, unha realidade-outra, de carácter cuántico, mergullada na vida cotiá, onde non existan as incompatibilidades dos termos opostos. Negación do recoñecemento discriminatorio, pois aquí as cousas xa non teñen o valor do reflexo; para desafiar así os mecanismos de poder occidentais, e restablecer a unidade do home co mundo.

Carla Andrade (Vigo, Pontevedra, 1983) Artista visual licenciada en Comunicación Audiovisual e estudante de Filosofía. Realizou residencias artísticas en Islandia, Suecia, Bilbao, A Rioxa, Nepal, Chile e París. Exhibiu o seu traballo de forma individual no MAC da Coruña, Colegio de España en París, Galería Trinta en Santiago de Compostela, Galería Aldama Fabre en Bilbao, CDAN en Huesca, Casa das Artes de Vigo, Fundación BilbaoArte ou Fundación FIArt en Madrid, entre outros. De forma colectiva, o seu traballo mostrouse en centros de arte contemporánea coma o Museo Guggenheim de Bilbao, MARCO de Vigo, Museo do Traxe de Madrid, Real Academia de BBAA de San Fernando en Madrid, 104 en París, Museo de Pontevedra, a Galería Valid Foto en Barcelona etc.; en festivais de fotografía

e de cinema como PhotoEspaña, Mois de la Photo (París), Encontros da Imagem (Portugal), Festival Internacional de Fotografía de Granada, Emergent (Lleida), Cineuropa (Santiago de Compostela), Filmadrid, L’Alternativa de Barcelona, Zinebi en Bilbao, Festival de cine de documental de Jilhava (República Checa) ou o (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña; e en países como Estados Unidos, Brasil, Chile, Romanía, Suecia, Alemaña, Reino Unido, Francia, Corea do Sur e Portugal. Entre os seus premios destacan o primeiro Premio de Artes Plásticas 2013 da Universidade Complutense de Madrid, Premio Artistas Emerxentes Absolut Casa|Arte 2013, Premio Frac Vila de adquisición 2013 da Galería Luis Adelantado de Valencia, Premio Mulleres-Foro-Dialogo Alliançe Française|Pilar Citoler

2012, Premio de Fotografía Comunidad de Madrid SUMMA 2015 (accésit), terceiro Premio Arte Joven Gobierno de La Rioja 2015, entre outros. Foi bolseira coas axudas de Injuve, BilbaoArte, Agadic, Instituto Francés, VEGAP ou as bolsas de creación artística no estranxeiro de Gas Natural Fenosa.

Mediante a fotografía, o vídeo, o cinema, o son ou a instalación, Carla expón a súa propia linguaxe-realidade para xerar contido e pensamento a través da forma e a experiencia estética. Fai uso da eliminación e da negación para voltar ao máis primitivo e inconsciente; á experiencia directa sen unha carga directiva e sen a necesidade de iluminar coa razón, para situarnos fronte a una certa resistencia á ditadura das estruturas e patróns preestablecidos.

CARLA ANDRADE

carlafernandezandrade.com

Page 10: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

AMINE ASSELMAN

Exposed Pracas de aluminio sublimadas | 120 x 90 cm | 2017

Page 11: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Amine Asselman (Toulouse, Francia, 1989)2015: Estudos de doutoramento creación e investigación en arte contemporánea, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra2014 - 2015: Mestrado de Arte Contemporánea. Creación e Investigación, Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, Pontevedra2009 - 2013: Licenciado en Belas Artes, sección de deseño publicitario, Instituto Nacional de Belas Artes, Tetuán, Marrocos

Exposicións2017– Estética fronteriza I, Fábrica de Identidade,

Museo de Pontevedra, Pontevedra.– Estética fronteriza I, Bajo el Efecto Borde,

Sant Andreu Contemporani, Barcelona.

2016– 40 días en la frontera, The Waiting Room,

Pontevedra.– Frontera cultural. Cultura fronteriza,

saída Art Contemporain, Estampa 2016, Madrid.

– Connected, MULAFEST 2016, IFEMA, Madrid.– Horizontes Inaccesibles, UFOFABRIK,

Contemporary Art Ruhr, Essen, Alemaña.Residencias e bolsas– Participación no III Encontro de Artistas

Novos, do 9 ao 13 de setembro de 2013, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela.

Premios e concursos– Seleccionado para as xornadas e

exposición IDENTITAS(LAB) 2017 co proxecto DULB, Art Mustang Gallery, Elche, Alicante.

– Gañador do Premio Labora Essen 2016 UFOFABRIK Contemporary Art Gallery, Italia.

– Gañador do Premio Concello de Santiago da Feira de Arte Contemporánea Cuarto Público, marzo 2016, Santiago de Compostela .

– Premio de excelencia académica, doutoramento 2015-2016, Universidade de Vigo.

– Seleccionado para o IX Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, Santiago de Compostela, 2015-2016.

– Finalista no concurso de fotografía Sin Fronteras da Alliance Française de Madrid, coa obra Paisaje invadido (1), 2015, Madrid

Publicacións– Asselman, Amine (2017) “Zellige y creación

contemporánea: la visión mística de Younes Rahmoun.” Revista Estúdio, Artistas Sobre Outras Obras ISSN 1647-6158 e-ISSN 1647-7316. 8, (17) xaneiro-marzo. 119-126.

Vivimos nun mundo capitalista, que propuxo ‘a globalización’ como solución aos conflitos da humanidade, unha solución que pretendía abrir fronteiras, pero o que conseguiu realmente foi levantar muros e valos. Unha cultura de fronteiras que forma parte do noso desenvolvemento tal e como nolo explica Reviel Netz no seu libro Alambre de púas. Una ecología de la modernidad.

As fronteiras non son só esas barreiras que separan países en conflito, xa sexa económico ou político... As fronteiras atópanse dentro dun mesmo país ou mesmo cidade. A urbanización actual xera novas formas de mobilidade pero tamén xera fronteiras entre o centro e a periferia, no seu libro Por una antropología de la movilidad Marc Augé fálanos da cidade globalizada onde se ven todas as contradicións do desenvolvemento urbano, cada vez máis marcado polas desigualdades, as barreiras espaciais e a separación entre clases.

Exposed (que significa «exposto» ou «expostos») é unha fotografía dunha cámara de vixilancia, similar á que se usa nos pasos fronteirizos, colocada na esquina dun muro. A imaxe recolle dous elementos (o muro e a cámara de vixilancia) que remiten á separación e ao control fronteirizo, pero o máis importante nesta fotografía é a disposición da cámara de vixilancia que está a apuntar á beira exposta ao sol. Unha ilustración do control globalizado que vivimos hoxe en día, xa sexa nos pasos fronteirizos ou nas nosas propias cidades. A fotografía reflicte como actualmente estamos expostos a unha vixilancia continua por entidades practicamente descoñecidas que se manteñen na «sombra» co fin de vendernos seguridade a través do medo e a cambio da liberdade. En certo xeito, esta fotografía ofrece unha certa interactividade co público grazas á técnica e aos materiais usados para a súa elaboración. Trátase dunha fotografía composta por placas de formato A4 de aluminio reflectores nas que están impresas partes da foto. A4 é un formato formal que me estou impondo cada vez máis pola facilidade de transporte que me permite nos pasos fronteirizos. Este acabado fai que a foto funcione como un espello no que nos vemos reflectidos ou mesmo vixiados por nós mesmos se lle tentamos sacar unha foto á peza. Interactuar coa obra pode levar ao espectador cara a un xogo de ‘vixilancia’ a través de preguntas como: quen vixía a quen?, a que nos estamos expondo? ou realmente necesitamos tanta seguridade?...

AMINE ASSELMAN

amineasselman.com

Page 12: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

PABLO BARREIRO

Aproximación55 elementos barro vermello | medidas variables | 2017

Page 13: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

PABLO BARREIRO

Aproximación*. Resultado inexacto, pero próximo ao exacto, que se obtén nunha medición ou nun cálculo cando non se pode precisar absolutamente. Esta peza pertence á serie Aproximación. É o resultado dunha investigación formal do contedor como forma básica de recipiente|uso|módulo. É a cerámica o material usado por ter ese compoñente histórico | antropolóxico nun afán de conseguir unha achega ao utilitario como reflexión dunha extensión do cotián. Interésame a reflexión mediante a repetición do contedor como valor de uso e á vez a resignificación do contedor ao amorear e procurar `o escultórico´.

Pablo Barreiro (Meaño, Pontevedra, 1982) Estuda Técnico Superior e Técnicas de Reproducción Escultóricas na EAAOO Mestre Mateo , Santiago de Compostela para pasar a completar a súa formación inicial na Facultade de BBAA de Salamanca. Realiza unha residencia de investigación cerámica na fábrica de porcelanas Sargadelos ( Laboratorio de Formas, 2009 ) para poder optar á Bolsa de Formación Artística Deputación de A Coruña na Escola de Arte e Diseño ArCo , Lisboa ( 2012-2013 ). Durante este tempo xurden proxectos expositivos nos lugares de Residencia e Formación: Matadero de Madrid, Facultad de BBAA de Madrid, Sala La Salina Salamanca, Museio da Cidade de Lisboa entre outros. Sendo premiado pola Junta de Castilla y León , Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Deputación de Pontevedra, Gobierno de La Rioja, Arte Laguna VenetoTreviso con distincións de Arte Joven y Emergente. Son destacables a participación nos proxectos expositivos Premio INJUVE, Accésit ( Tabacalera, Madrid, 2012 ); ‘ No inicio foi o lugar´ 2013 ( Santa Caterina, Lisboa ); `Finalistas e Bolseiros (Lisboa , 2013); Veraneantes (MARCO, Vigo, 2013); S|T, Olmo Blanco & Pablo Barreiro (Galeria Bacelos, Vigo, 2013); COPY_error, Chiesetta di Santa Romagna (NUOVE_residency, Bassano - Italia, 2016); Residencias MAC (Museo MAC, A Coruña, 2016), seleccionado no Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, 2015-2016); INMATERIAL, Manuel Blázquez & Pablo Barreiro, (ZINK_Salamanca, 2016). Nos últimos anos Pablo Barreiro foi incorporando a docencia como parte importante do seu traballo; Talleres na Facultade de BBAA de Pontevedra (2016-2017); ArCo - Lisboa (A Porcelana e a súa reproductibilidade , 2016); Arte & Artesanía, procesos de creación cerámica (Escuela Unitaria, Santiago de Compostela, 2016)

cargocollective.com|pablobarreiro

Page 14: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

PILAR BOULLOSA

Luscofusco nº 5 (Tejeda arde) Vídeo HD108i | medidas variables | 2017

Page 15: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

“(...) creo que lo bello no es una sustancia en sí sino tan sólo un dibujo de sombras, un juego de claroscuros producidos por la yuxtaposición de diferentes sustancias”.

El elogio de la sombra, Tanizaki

O meu traballo actual ten como punto de partida a natureza, tanto artificial como natural e a súa constante transformación. Unha investigación artística co obxectivo de condensar os cromatismos e claroscuros das paisaxes pictóricas que lle afectan ao ser humano. Rexistrar esa terapia diaria imperceptible que inflúe sobre a psique humana dunha forma continuada e que está impulsada pola maxia e o poder da luz e da súa ausencia. Como pode variar a percepción dun lugar segundo a hora do día? Ata que punto somos conscientes do continuo cambio cromático e lumínico que se está a producir diante de nós e como este lle afecta á nosa mente? Procuro capturar eses mundos efémeros que son construídos e destruídos constantemente e crear novas paisaxes artificiais a partir dos fragmentos da realidade, reactivando semanticamente os elementos implicados. A fotografía e o vídeo son os soportes empregados para tal fin, capaces de rexistrar o amplo abano de matices presentes na natureza. As obras resultantes non se presentan como intermediarias do que sucedeu entre a toma e o espectador, non son representacións do pasado, exhíbense como pezas que están a ser, invitando a vivir o presente. ‘Luscofusco’ é un proxecto comezado en 2015. Gravacións realizadas na illa de Gran Canaria que son un estudo estético das cores, luces e sombras dun atardecer. Rexistros dun lugar durante a hora previa a unha posta de sol, cun lapso entre cada sección, polo que a pantalla mostra dunha soa vez diferentes momentos dunha mesma localización. Recentemente, o cumio da illa ardeu e o vídeo mostra as consecuencias máis directas do desastre.

Pilar Boullosa (Vigo, Pontevedra, 1987) Licenciada en Belas Artes pola Universitat Politècnica de València (2010) e cun Posgrao en Deseño Gráfico pola University of Arts of London (2013).

2017II Meeting Point. Centro de Arte La Regenta. Las Palmas de Gran Canaria.

Selección “XIV Bienal Fotonoviembre”. Tenerife.

2º Premio Videoarte “Jóvenes Creadores Salamanca”. Ayunatamiento deSalamanca. Selección “MADATAC 08”.

2016Exposición individual. “Relatos (in)visibles”. Fundación Mapfre Guanarteme. Las Palmas de Gran Canaria.

VI Encontro Artistas Novos “Cidade da Cultura”.

Selección “XXIV Premio Internacional Gráfica Máximo Ramos”. Deputación da Coruña.

Exposición individual. “Tradición forzada”. Museo Cristóbal Gabarrón. Fundación Casa Pintada de Mula.

Selección “Festival Internacional de Videoarte de Madrid New Media Festival”. IVAHM.

2015Mención especial Premio Nacional “Valencia Crea 2015”. Videoarte.

3º Premio (compartido) “Xuventude Crea 2015”. Videocreación.

Premio xurado “X Certamen Instalaciones Mujer”. C. Comarcal de Humanidades Cardenal Gonzaga.

20141º Premio escultura “Jóvenes Creadores Salamanca”. Ayto. Salamanca.

Mención especial. “Premio la Gran Máquina”. Embarrat Festival de Creación Contemporáneo.

2013Accésit no XII Certame Internacional Artes Plásticas Deputación de Ourense.

PILAR BOULLOSA

pilarboullosa.com

Page 16: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MARTA BRAN

Ceci n’est pas publicité Instalación | impresión dixital sobre papel posteriormente recortado | medidas variables

Page 17: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLA ANDRADE

Marta Bran (Melide, A Coruña, 1986) Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2017. Combina a creación artística, a investigación, a docencia e escribe textos sobre arte para diferentes publicacións. Entre os seus proxectos individuais máis recentes destacan Once Upon a Time (2017) e Picnic (2014). O primeiro foi presentado na Zona “C” de Santiago de Compostela, e foi premiado na convocatoria para ‘intervencións artísticas’. O segundo foi inaugurado en Trinta, galería de arte compostelá, que a representa como artista desde entón. En 2016, coincidindo coa semana de ARCO, foron da man á feira Drawing Room Madrid. De forma colectiva en Galicia, expuxo en espazos como o MARCO (Vigo), a Fundación Seoane (A Coruña) e o Centro Torrente Ballester (Ferrol) entre outros. A nivel nacional, en diferentes salas de exposicións de León, Bilbao, Madrid e Barcelona. A nivel internacional, en Portugal en a Galería POST de Kaunas (Lituania). En relación aos galardóns recibidos ao longo dos últimos anos, hai que mencionar o terceiro premio da Deputación de Ourense 2015, ademais do primeiro premio Fundación Carriegos 2009. Foi seleccionada en diferentes encontros de artistas a nivel nacional e internacional, tales como Apprentice|Master Project 2015 (Tiburg, Holanda), o I Encontro Cidade da Cultura 2011 (Santiago de Compostela) e Ikas Art 2008 (País Vasco).

“Ceci n’est pas publicité” preséntase ante o espectador como un cadáver exquisito surrealista, no que teñen lugar diferentes actuacións superpostas que xogan co equilibrio e desequilibrio dunha amálgama de liñas de papel delicadas e fráxiles. Trátase dunha narrativa azarosa conformada por un conxunto de filigranas que semellan acróbatas nun espazo de atmosfera lixeira. Asemade, os trazos do debuxo expándense polo espazo arquitectónico para alcanzar unha desexada tridimensionalidade.

MARTA BRAN

martabran.com

Page 18: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

ABI CASTILLO

Aquacrasa Cerámica e ouro | 31 ø x 30 h cm | 2017

Cactus mater Cerámica e ouro | 25 ø x 30 h cm | 2017

Larva lepidóptera caeruleus Cerámica e ouro | 60 ø x 74 x 35 cm | 2017

Floricactus Cerámica e ouro | 34 ø x 35 h cm | 2017

Gusanácea subterráneus espinosa Cerámica e ouro | 40 ø x 35 h cm | 2017

Sacrum ignis cactus Cerámica e ouro | 25 ø x 33 h cm | 2017

Page 19: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Este proxecto está formado por unha colección de plantas e criaturas que nace como unha evolución de todo o traballo que levo realizando en debuxo e pintura durante os últimos anos. O material cerámico brindoume a posibilidade de materializar o meu propio xardín facendo que cobre vida. Este xardín non é un xardín normal, xa que todas as plantas e criaturas que o habitan teñen delimitado o seu espazo cunha parcela de ouro. Ademais están dotados de rostro porque sinto a necesidade de poñerlle cara a todo animal ou cousa para humanizalos. Cada unha das pezas garda a esencia do meu propio autorretrato onde me represento como elemento natural animado e doce, rodeado á súa vez de elementos punzantes a modo de protección. Esta ambivalencia entre o misticismo e o drama e entre o monstruoso e o belo, está moi presente en todo o meu proxecto, coma se todos eses aguillóns formasen parte dunha coiraza para protexer un interior carnoso, zumarento e brando.

Floricactus O cacto florido (“floricactus”), medra nos campos frondosos do norte sobre herba tenra. É unha especie moi apreciada pola súa floración xa que a mantén durante os meses de verán e as súas flores son moi resistentes. Estas recollen a auga da choiva nos seus estigmas e fíltrana ao interior da planta, as gotas pasan a un reloxo interno que gotea moi lentamente. Este líquido que se almacena no seu interior é moi valioso xa que quen o posúe pode ver o tempo futuro. Canto máis anciá é a planta, as súas visións de futuro alónganse máis no tempo. Para protexer o seu interior, esta planta está rodeada de aguillóns velenosos que ao contacto coa pel poden producir insomnio ou polo contrario o sono eterno. De aí que esta planta sempre teña unha das súas caras esperta e outra durmida. As súas raíces son pequenos tubérculos que viven de forma independente e son moi apreciadas entre os roedores.

Gusanácea subterránea espinosaA “Gusanácea subterránea espinosa” crece en terras áridas do sur e pode vivir en condicións climáticas moi secas. Esta planta medra no interior da terra para protexerse do sol e das altas temperaturas, deste xeito mantense fresca e conserva a súa humidade. Só se asoman ao exterior as súas flores, inconfundibles pola súa cor amarela cunha raia negra. Posúe ademais uns afiados aguillóns que impiden que se poida desenterrar. No seu interior viven en harmonía coa planta, uns vermes que lle dan o nome. Estes pequenos invertebrados aliméntanse dela e a súa vez achéganlle mobilidade, xa que cando quedan sen nutrientes, desprazan a “Gusanácea” coma se fosen tentáculos para buscar alimento noutros lugares.

Sacrum ignis cactus Esta cactácea nace en outono entre as follas caídas. Caracterízase por ter tres brazos que florecen nesta estación. A súa flor é amarela intensa con matices verdes. Os seus aguillóns medran en espiral e mantéñense unidos á planta por un pequeno brote que se xesta no seu interior á calor da chama do seu corazón. Unha vez que o aguillón madura, despréndese da planta e comeza unha vida independente ata converterse noutra “Sacrum ignis cactus”. A súa raíz ten forma de “Y” invertida que absorbe alimentos do solo e das follas en descomposición das árbores. Outra característica desta cactácea son as súas cellas que indican a súa idade. Canto máis brillo teñen, máis novo e ardente é o seu corazón.

ABI CASTILLO

Page 20: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Abi Castillo (Vigo, Pontevedra, 1987) Compaxina o seu traballo creativo coa súa faceta de profesora de pintura para nenos. Publicación de O Corazón Tecido de Catarina - Editorial Elvira 2013. Exposición colectiva 28x40x11 Piso Dos, Pontevedra en 2015. Portada para a revista Dot Abril - maio 2016. Ilustracións para o fanzine Ilustrísimas, publicado de forma colectiva en 2016. Ilustración para o fanzine 85C en 2016. Ilustracións para o Mercado Progreso 41 Vigo en 2016. Seleccionada para Unha Ollada Ilustrada Casco Vello Alto de Vigo en 2016. Portada para a revista Croa Magazine en 2016. Exposición colectiva Arte Natura no Pazo Casal de Ferreirós, Poio 2017. Seleccionada para o proxecto Vigo Cidade de Cor do Concello de Vigo e realización dun mural no CEIP García Barbón coa colaboración do escritor Francisco Castro, 2017

AquacrasaA “Aquacrasa” recibe o seu nome por ser unha planta que almacena auga no seu interior. Crece en terreos húmidos. As súas flores teñen unha cor azul cobalto moi característica e filtran a auga da choiva cara ao seu interior onde pode chegar a almacenar varios litros. O seus talos son altos e están recubertos por unha codia que recorda á das árbores. A raíz desta planta, da familia das crasas, ten vida propia e florece no seu interior. Unha vez que esta morre, a raíz despréndese e da súa flor nace unha nova “aquacrasa”. Esta planta, produce uns froitos azuis que son moi valiosos xa que a súa hidratación pode facer que non sexa necesario beber auga en varios meses.

Cactus materO “Cactus mater” recibe o seu nome porque no seu interior posúe unha bolsa a modo de placenta onde alberga un pequeno cacto que medra no seu interior. Ás oito semanas esta cría de cacto xa ocupa todo o interior da nai. Como o proceso de metamorfose nunha crisálida, o novo cacto despréndese da nai e ocupa o seu lugar. O ciclo vólvese repetir unha e outra vez. A súa flor de tons rosáceos posúe estames con néctar moi doce que lles fascina aos insectos. Outra das súas características e que todas as súas púas florecen en primavera.

Larva lepidóptera caeruleusA Larva lepidóptera caeruleus ou máis comunmente coñecida como eiruga azul, é a larva da bolboreta caeruleus de dúas cabezas, un insecto moi pouco común que vive oculto nos leitos dos ríos. Ten o corpo cuberto de escamas, o que lle permite pasar longas tempadas somerxida na auga onde se move con moita axilidade grazas aos seus tentáculos. Sobre as súas escamas crece unha peculiar vexetación útil para camuflarse no bosque as tempadas que pasa fóra da auga. As súas púas de ouro macizo son moi cobizados polos humanos. Unha peculiaridade desta eiruga azul son as súas caras nos extremos do seu corpo, esta dupla faciana permítelle estar sempre alerta. As caras aquéndanse para durmir e vixiar, de tal modo que os seus inimigos nunca a sorprenden despistada.

ABI CASTILLO

abicastillo.com

Page 21: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

OLALLA CASTRO

Cinco murosLibro de artista manipulable | postais de ceos e postais de murallas intercambiábeis entre si | impresión dixital sobre papel Munken Pure 300 g | 21 x 16 x 2 cm | 25 páx. | 2017

[Realizado coas fotografías tomadas entre 2013 e 2017 en Lugo, Ferrol, Viana do Castelo, Dinan e China]

Page 22: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Olalla Castro (Lugo, 1989) Traballa de xeito interdisciplinar arredor da paisaxe como binomio local|global. Estudou Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia, onde residiu ata 2014. Actualmente e tras diferentes estancias en China, Francia e Alemaña, regresou a Galicia e vive e traballa en Lugo. Colaborou na Galerie Mica de Rennes (Francia) durante o ano 2015, e obtivo unha residencia de artista na Casa de Velázquez en setembro de 2016. Destaca o seu traballo en performance xunto a artista romanesa Nicoleta Moise, con quen traballa dende finais de 2013. Xuntas participaron na residencia de artistas Estudio Aberto#4, da Rede Museística Provincial de Lugo, en 2015. Proximamente presentarán o seu traballo na Zona “C” en Santiago de Compostela. Participou en diversas exposicións e mostras, tanto individuais coma colectivas, en centros de sona coma o Van AbbeMuseum (Eindhoven, Holanda), os Art Encounters de Timisoara (Romanía), a Galería BWA SOKOL (Nowy Sacz, Polonia) ou o Centre d’art Lo Pati (Amposta, Tarragona). Presentou así mesmo os seus proxectos videográficos no CGAC no marco do Panorama Galego no XXVIII Festival Cineuropa en 2014.

Desde o final da segunda guerra mundial, unha rede de lugares irmandados xurdiron en todo o mundo. Primeiro, a conexión xuntou cidades fronteirizas, coma vilas francesas e alemás, nun esforzo de acadar a paz e a concordia entre pobos enfrontados. Gradualmente, irmandáronse territorios improbábeis, escollidos polo seu paralelismo en termos de características diversas: xeográficas, estruturais, de nomenclatura, históricas, ou mesmo puramente aleatorias. A miña cidade natal, Lugo, está irmandada con catro lugares: Ferrol, tamén en Galicia; Viana do Castelo, no norte de Portugal; Dinan, na Bretaña e Qinhuangdao, no norte da China. Todos eles teñen murallas de diferentes épocas e estilos. Este libro foi creado entre todos estes espazos. Cinco cidades irmandadas, cinco murallas irmandadas. Muros defensivos que aquí fan de enlace e esvaecen as fronteiras. Configuracións lineais que nos trasladan dun espazo a outro para levar simplemente un lugar a outro lugar. Este paisaxario combina as vistas e os adarves das murallas irmandadas coa vila de Lugo, partindo do local ata chegar ao global. Se as murallas foron construídas para illar, protexer e separar, aquí cumpren a función oposta como enlace de culturas. Créase así unha paisaxe poética entre real e imaxinaria, intercambiando ceos e pedras entre si.

OLALLA CASTRO

Page 23: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

SAMUEL CASTRO

Vórtice divinoInstalación cinética | ventiladores, fío de cobre, tea e circuíto integrado | 250 x 150 x 200 cm | 2017

Page 24: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Samuel Castro (A Coruña, 1981) 2011|2006 - Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo, especialidade de Escultura.2006|2004 - Diploma de Estudos Avanzados (DEA).2004|1999 - Licenciatura en Belas Artes, especialidade de escultura, Pontevedra, Uvigo.

Premios2008 - Primeiro Premio en escultura pública (urbanización A Roseira). Moaña, Pontevedra.2006 - Premio Adquisición de obra Pintor Laxeiro e Feima, Vigo-Madrid.2005 - Premio Novos Valores. Deputación de Pontevedra.Bolsas investigación artística2015 - Bolsa de residencia no MAC. Gas Natural Fenosa, A Coruña.2010 - ATELIER, Rede de talleres e laboratorios. BBAA, Uvigo.2008|2006 - Bolsa predoutoral PARGA PONDAL (+ prórroga), Uvigo.2006|2004 - Bolsa nova adxudicación (DEA), (+ prórroga), Uvigo.

Exposicións individuais2017 - Sistemas dinámicos. Fundación Laxeiro, Vigo.2009 - Reliquias dende a s@ciedade @ccidental. Sala Alterarte, Ourense.

Exposicións coletivas2017 - Isaac Díaz Pardo. Deputación da Coruña.2017 - De estudos abertos. Concello da Coruña.2016 - OSHWDem. Arte e tecnoloxía aberta. Domus, A Coruña.2016 - XXIV Premio Internacional Máximo Ramos. Centro Torrente Ballester. Ferrol, A Coruña.2016 - Recursividade, modelos e sistemas na obra de Samuel Castro [FUENTES, Sara].VII Congreso Internacional de criadores. Facultade de Belas Artes de Lisboa.2016 - VIII Premio Auditorio de Galicia. Concello de Santiago.2015 - Escusa argumental. MAC. Gas Natural Fenosa, A Coruña.2015 - Alterarte. Museo Municipal de Ourense.

O ceo, como imaxe da divindade, é un tema vertebral na historia da arte. A imaxe do paraíso celestial ocupa un lugar prioritario nas representacións artísticas. Vórtice divino evoca este concepto recorrente para a arte antiga dende a instalación cinética. O efecto de ascensión e levedade transportan ao espectador a un plano celestial, imaxe da divindade. O aire ascendente é a materia principal da obra, o seu elemento estrutural, neste sentido non representamos o aire, traballamos con el, xerámolo dende a obra. Todo o dispositivo técnico céntrase en facer visible este aire, en que o espectador o sinta e o entenda. Os tecidos elévanse suavemente como un recordo de vestimentas en ascensión conseguindo este ilusionismo que nos transporta á arte antiga con medios propios da robótica actual. Deste xeito Vórtice divino entronca coas miñas investigacións nas que busco unha concepción dinámica da obra, abríndose ao tempo e transformándose sen cesar. A instalación propón un punto de encontro entre arte e ciencia para achegarnos a un plano divino, ao ceo con todas as súas alusións. A divindade e o pensamento relixioso son ameazados polas formulacións científicas que non deixan espazo imaxinario para a existencia dun Deus, e polo tanto dun plano de existencia divino. (Nietzsche, A orixe da traxedia) A arte, distinta da ciencia nos seus métodos e obxectivos, non ten obrigación de subxugar a realidade ás comprobacións de laboratorio permitindo desenvolver a súa esencia. Esta esencia é distinta tamén das afirmacións relixiosas, desa necesidade de sentido único do todo (mundo), a esencia artística contén un sentido múltiple, diverxente, poliédrico, ambiguo e interrogativo...

SAMUEL CASTRO

samuelcastro.es

Page 25: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

NICOLÁS COMBARRO

Sen título (Múnic) Fotografía cor sobre papel hahnemuhle 285 g | 125 x 165 cm| ed. 1-3 | 2016

Page 26: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

A obra Sen Título (Múnic) é unha intervención realizada dentro do marco do proxecto Under (de) construction en Múnic. Tratábase dunha invitación a traballar sobre espazos industriais en desuso a través da práctica artística. A miña intervención realizouse a partir de materiais de construción recuperados de edificios en obras na contorna inmediata. Estes materiais posúen formas adaptadas a un uso específico no contexto da construción e uns códigos de cor que indican as súas características intrínsecas. A partir deses materiais, e un espectacular espazo de traballo, xerouse unha composición pictórico-escultórica desde un punto de vista determinado que permitise a realización da fotografía que se presenta. O espazo de intervención era unha antiga sala de pintado industrial cuxos restos impregnaban paredes, chan e teito. A toxicidade non permitía a visita do espazo polo que a única visión da intervención so se podía realizar a través do documento fotográfico. A fotografía é, polo tanto, a peza que se presenta que contén todo o proceso de intervención e diálogo co espazo e os materiais. O seu gran formato permite achegarlle ao público a experiencia do lugar e un xogo de escala onde se perden as referencias. Un novo presente xerado a través da transformación artística do contexto e os materiais.

Nicolás Combarro (A Coruña, 1979) Licenciado en Comunicación Audiovisual na Universidad Complutense de Madrid. Expuxo en museos e centros de arte como MARCO (Vigo) Caixafórum (Barcelona e Madrid), Fabra i Coats (Barcelona). Institut Français (Madrid). Sala Palexco. (A Coruña). Galerías como Galería Vilaseco (A Coruña), Galería Taché (Barcelona). Galería Moriarty (Madrid), Pablo Gallery (Manila), Kwanhoon Gallery. (Seúl), e en institucións e eventos como OCEMx (México DF), Under (de) construction (Múnic) ou no 42 Salón Nacional en Colombia (Cartaxena de Indias). Na actualidade prepara unha exposición individual na Maison Européene Photographie, París (en produción) e un novo proxecto para o CGAC de Santiago para 2018.

Recibiu bolsas e premios como o Premio de Fotografía INJUVE, 20 Bolsa Fotopres La Caixa, Premio Saab á mellor exposición Festival Off Photoespaña ou o Premio ENAIRE fotografía. A súa obra atópase en coleccións como a da Fundación de Artes Plásticas Rafael Botín, Colección CGAC, Colección Fundación Mª Cristina Masaveu, Fondazione Isabella Seràgnoli|GD Photoart, ou a Colección ENAIRE. Existen varias publicacións sobre a súa obra como: Arquitectura espontánea. Obra Social La Caixa. Arquitectura e resistencia. Editorial Cabeza de Chorlito. Arquitectura oculta. Concello da Coruña. A Coruña 2013.

NICOLÁS COMBARRO

nicolascombarro.com

Page 27: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

IRIA CORTIZO

Os Cazadores Serie de 4 chapeos | técnica mixta | medidas variables | 2017

Page 28: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Iria Cortizo (Pontevedra, 1987) Graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo no 2013. Mestrado en Arte Contemporáneo. Investigación e Creación pola Universidade de Vigo, 2014. Actualmente está realizando o doutoramento na mesma Universidade. Dende 2012 participa en diferentes exposicións colectivas, destacando Fálame Distante na Galeria Lillliput, XVII Bienal de Arte de Vila Nova de Cerveira, Olladas. A Miña Familia realizada no Pazo San Marcos de Lugo, Do Final e do Comezo no Pazo da Cultura de Pontevedra, Eso Sigue su Curso no Sexto edificio do Museo de Pontevedra, o Festival Iternacional Incubarte de Valencia ou a feira de arte Cuarto Público. Foi seleccionada en varios certames coma o Certame de Artes Plásticas Deputación Ourense, Xuventude Crea, ou o IX Premio Auditorio de Galicia. Obtivo varios galardóns, coma o terceiro premio de Novos Valores, o Premio Adquisição Cãmara Municipal da XVII Bienal Cerveira e o II Concurso 25º aniversario da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo. Foi seleccionada para o IV Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura

OS CAZADORES

Gato 1º A: O outro día escoitei a rapaza falar coa nai. Preocupoume, pois dicía que tiña medo.

Gato 1º B: Medo de que?

Gato 1º A: Non o sei moi ben... De alguén creo. Dixo que vira un deles...

Gato 1º B: Quen é eles? hai máis de un?

Gato 1º A: Non che sei! Quizais... Escoiteille dicir que o vira rodeando a noite, aínda que era un deses que prefería o día. Gustáballe pasear entre a velocidade e a multitude. Gustáballe mergullarse nas conversas das mozas e observar as súas pisadas, mentres esbozaba un elegante e estraño sorriso, brando... e... tremelicoso

Gato 1º B: Tremelicoso?

Gato 1ºA: Si, dixo que a boca se lle movía coma se fose xelatina e os dentes rexían.

Gato 1º B: Mmm irresistible! Sería de amorodo?

Gato 1º A: Iso pensei eu.....

Gato 1º B: E a nai que lle dixo?

Gato 1º A: Ela ría! Antes de saír do cuarto, para continuar coas súas tarefas, díxolle que xa era hora de que deixara esas lerias e cazara un bo de eses, ou que se deixara atrapar, que ía sendo hora de atopar un bo marido.

IRIA CORTIZO

Page 29: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MARCOS COVELA

Mesa alienada Ferro, cristal, soldadura, roscado | 155 x 80 x 82,5 cm | 2017

Page 30: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Marcos Covela (O Irixo, Ourense, 1990) Grao en Belas Artes, Universidade de Vigo, 2012.

Exposicións colectivas2017- Premio Internacional de Artes Plásticas

de Caja de Extremadura-OBRA ABIERTA. Centro Cultural Las Claras, Plasencia, Cáceres

2015- XIII Certame de Artes Plásticas

Deputación de Ourense. Centro Cultural Marcos Valcárcel. Ourense

- XII Bienal Internacional de Lalín Pintor Laxeiro. Museo Municipal de Lalín Ramón María Aller

2014 - Premios Novos Valores de Artes Plásticas

2014. Deputación de Pontevedra. Edificio Sarmiento do Museo de Pontevedra2013 - A sinxeleza do natural. Sala de exposicións

da Área Panorámica de Tui (Pontevedra)

2012 - Do final e do comezo. Traballos de

graduados en Belas Artes. Pazo da Cultura de Pontevedra2010 - ADN Album. Alumnos de segundo curso de

Belas Artes. Salón de actos Residencia de Maiores de Campolongo, Pontevedra

Premios- Accésit XII Certame de Artes Plásticas

Deputación de Ourense 2015- Primeiro premio Novos Valores 2014.

Deputación de Pontevedra

Publicacións- Catálogo XII Certame de Artes Plásticas

Deputación de Ourense 2015- Catálogo XII Bienal Internacional de Lalín

Pintor Laxeiro, 2015- Catálogo Do final e do comezo, 2012

Obra en colección- Deputación de Ourense- Deputación de Pontevedra

A traxectoria práctica, no ámbito industrial e artesán, respecto á fabricación de produtos metálicos acabados, xunto co estudo da arte, ademais da especial preocupación pola linguaxe escultórica, levoume á reinterpretación da miña experiencia e do contorno que me rodea. Isto proporciona as ferramentas clave para operar na busca da plasticidade mediante o traballo co metal.

Mesa alienada forma parte dun proxecto relacionado coa idea de mesa, ese algo cunha superficie plana sostida por un ou varios pés, cunha altura adaptada para realizar calquera actividade.

A obra nace de abaixo cara a arriba. Parte dunha aproximación ao ready made, dadas as características formais e técnicas da peza base con orixes nun achatarremento industrial. A composición vai marcada polo peso visual deste obxecto útil. A partir del constrúese unha estrutura de atado tensionada para crear o equilibrio entre as partes e unificalas, dotándoas de función física. Está coroada por un cristal, que actúa como filtro para optimizar o espazo existente e interactuar co espectador. A cor amarela fai alusión á sinalética e ao acabado de manufacturas industriais, propias de lugares de paso, zonas de certo perigo etc.

MARCOS COVELA

Page 31: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Des arrondissements (Fluctuat nec mergitur) Impresión dixital | 250 x 140 cm | 2017

MIGUEL CUBA

Page 32: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Miguel Cuba Taboada (Lugo, 1982) Miguel Cuba é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Combina a faceta investigadora na Facultade coa súa carreira como artista visual, ilustrador e autor de banda deseñada. Na súa traxectoria gozou, entre outras, de bolsas artísticas na Casa Velázquez en Madrid (2015), no Colexio de España en París (2014) ou na Academia de España en Roma (2013). Ten participado en numerosas exposicións nacionais e internacionais, como JustMadrid (Madrid, 2015), Estación XV (Academia de San Fernando, Madrid, 2014), Espaces ouverts (Cité Internationale Paris, 2014) ou Lavori en corso (Roma, 2013). Das súas mostras individuais, cómpre destacar BD de l’Akrasie (Colegio de España, París, 2015), Iconville. A cidade dos signos (Galería Metro, Santiago de Compostela, 2012), ou Visiones de Babilonia (Galería 9the13, A Coruña, 2010). Foi galardoado con diversos premios, como o certame Isaac Díaz Pardo (2013), o Xuventude crea (2010) ou o Novos Valores. Deputación de Pontevedra (2009). En 2011 publicou a súa primeira novela gráfica, Punto de fuga, que foi galardoada cun dos premios para banda deseñada da Xunta de Galicia. Tamén podemos observar o seu traballo como ilustrador en numerosas publicacións.

Froito das miñas vivencias, e debido especialmente ás sensacións experimentadas durante os longos paseos pola cidade, unha noite París figuróuseme como un enorme remuíño. Acostumado a perderme polas súas rúas e a atopar prazas e ruelas fóra da localización que o meu sentido da orientación lles outorgaba, creceu en min a idea dunha urbe inabarcable, na que as constantes variacións do clima (o denominado jet stream é moi acusado en París) tiñan tamén un eco no ánimo dos seus habitantes e ata na estrutura urbana, propiciando un bulebule en permanente estado de cambio e reorganización. Curiosamente, os distritos en París organízanse en forma de espiral, como a cuncha dun caracol, velaí que cada barrio se chame arrondissement, termo que tamén se podería traducir como ‘redonda’. A obra aquí presente amosa esa cidade caótica que muda en infinitas formas, crecendo cunha sorte de movemento helicoidal, fiel ao lema da cidade: fluctuat nec mergitur (mexida polas ondas, pero non mergullada). A pesar da súa índole metafórica, a peza mantense fiel á arquitectura característica de cada barrio, segundo a vin nos meus paseos: o bulebule parte dos barrios do centro, onde se poden ver as características bufardas parisienses e moitos dos edificios máis icónicos (o Louvre, o Pompidou, o Pantheon etc.), e desde o primeiro arrondissement vai ascendendo e medrando helicoidalmente ata estoupar finalmente nos barrios da periferia, a famosa banlieu parisiense, onde se atopan as grandes torres de vivendas das clases máis desfavorecidas. Queda así expulsada da cidade un tipo de arquitectura ben distinta, con menos glamour e máis sucia, que estraga a postal.

Fotografía: Begoña Zubero

MIGUEL CUBA

miguelcuba.es

Page 33: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

OLMO CUÑACARRACELAS

Aquí nuestros ojos Óleo sobre papel | 20 pezas 200 cm | 2017

Page 34: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Olmo Cuña Carracelas (Vigo, Pontevedra, 1983) Vive e traballa na Cidade de México.Programa educativo SOMA, Cidade de México, 2016SOMA Summer, Cidade de México, 2015Máster en produción artística, Universidade Politécnica de Valencia, 2007Licenciatura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo, 2006

Exposicións individuais2011 72 Notas (1482-2011) Galería PM8, Vigo2009 Paisajes de bolsillo, Sala Alterarte, Ourense2008 Post-it series, Sala La Perrera, Valencia2007 Coleccionables, Ateneo de La Laguna, Tenerife

Exposicións colectivas (selección)2016 La Isla, proxecto final da xeración 2016 do programa educativo SOMA, Cidade de MéxicoUna rosa tiene forma de una rosa, Casa del Lago, Cidade de México2015 On presentation, Centro Cultural Universitario Tlatelolco, Cidade de MéxicoSolar Anus, SOMA Summer, Cidade de México2014 Mirroring, Galería PM8, Vigo

2013 Veraneantes, MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo2012 JUST MAD 3, Galería PM8, Madrid2011 Que baje Dios y lo vea, Centro Amalgama, VigoLa tropa de misteriosas manos flotantes, Centro Torrente Ballester, FerrolNon sei antes pero agora é isto (colectivo Tronquis) Espazo Normal, A Coruña2008 Afinidades Selectivas 2#, Casa Galega da Cultura, Vigo. El Becerro de Plomo, Sala La Perrera, Valencia8.1 Distorsiones, documentos, naderías y relatos, Centro Atlántico de Arte Moderno, Gran Canaria

Bolsas, seleccións e premios2016 Novos Valores, Museo Provincial de Pontevedra. (Premio)2015 Bolsa de excelencia de programas especiais do Goberno de México para estranxeiros2014 Premio de produción artística Fundación Banco Santander. (Premio e residencia en Noestudio, Madrid) Café dossier II, Sala de Ideas da Tabacalera, Madrid

2013 VIII Premio Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Selección)2012 Mostra Internacional Gas Natural Fenosa, MACUF, A Coruña (Premio)INJUVE, Antigo edificio de Tabacalera, Madrid (Premio de produción)2011 INJUVE, Antiguo edificio de Tabacalera, Madrid (Accésit)III Certame de debuxo contemporáneo Centenera Jaraba, Guadalajara (Mención honorífica)2010 Bolsa Leonardo da Vinci de prácticas no estranxeiro, Berlín, Alemaña2009 VI Premio Auditorio de Galicia, sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela (Selección)2008 Novos Valores. Museo Provincial de Pontevedra. (Selección)2007 Novos Valores. Museo Provincial de Pontevedra. (Selección)

Obra en colecciónsMuseo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa, MACUF, A CoruñaColección Alterarte, Deputación de Ourense

Aquí nuestros ojos é una constelación de pinturas en miniatura que compoñen una frase. A composición desta frase está baseada en dous tipos de imaxes moi distintas sobre a paisaxe de México. O traballo reproduce a iconografía dunha pequena colección de etiquetas adhesivas de froitas e hortalizas que comecei como un xogo dende a miña chegada a México en 2015. Interpreto a iconografía sinxela e colorista da miña colección de etiquetas como una sorte de representación simplificada da paisaxe mexicana e dos seus produtos, a través das marcas que o explotan agricolamente. Por outra banda, no tocante ao texto, o traballo incorpora una serie de imaxes poéticas tomadas do libro Visión de Anahuac, escrito polo autor mexicano Alfonso Reyes durante o seu exilio en Madrid e publicado por vez primeira en 1917.

O libro é un estraño híbrido entre o ensaio académico e o poema lírico, pero é o seu emprego da imaxe poética o que me fixo lelo como quen ve un cadro e o que me levou a vincular intuitivamente a súas alusións á vexetación mexicana coas miñas etiquetas de froitas. Outro aspecto que me levou a asociar aquí estes dous tipos de imaxes foi a idea de que calquera representación da paisaxe, sexa no formato dun cadro, dunha etiqueta na froita ou dunha páxina nun libro, non pode ser outra cousa que unha representación en miniatura desa paisaxe, pero sospeito, como Gaston Bachelard na súa Poética do Espazo, que “a miniatura é un dos refuxios da grandeza”. Penso que Aquí nuestros ojos é unha mostra do meu interese, explorado xa noutros traballos, na dificultade que atopo para comprender, interpretar e representar unha paisaxe, especialmente unha paisaxe que non é a nosa, unha dificultade que é tamén a de transcender unha visión sinxela e colorista construída ao servizo da mirada turística.

OLMO CUÑACARRACELAS

Page 35: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLOTA DE LEAL

Avoa Elena Pintura mural | 250 x 250 cm | 2017

SEGUNDO PREMIO

Page 36: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Avoa Elena trátase dunha revisión do retrato costumista feminino e tamén dunha posta en valor da muller rural. Esta muller é unha deusa antiga e moderna. É unha muller flutuante. Figura unha nena sobrevoando o espazo, enganchada por uns simples anzois que non conseguen levala á superficie. Bosquexo para transferir con técnica mural. Deste xeito, desaparece a dimensión íntima do retrato e transfórmase nun ser idolatrable, xigante e de inxenuidade explícita. Trátase dunha proposta pictórica mural, efémera e narrativa. Pódese dicir que ten certo aire naif e incluso cómico porque unha muller rural non se permite voar en bañador, menos aínda publicamente.

Carlota Mª Salgado Leal (Vila de Cruces, Pontevedra, 1988) 2007 || La Performance en el Arte Contemporáneo con Juan Hidalgo |

2010 || Grao en Belas Artes, BBAA de Pontevedra | Xornadas de creación dirixidas pola artista e docente Mónica Ortúzar, El Arte en el Espacio Público | 15 proyectos de espacio para un espacio, Pazo Torrado, Cambados, Pontevedra | XXXI Bienal de Pontevedra | Proxecto IMAN, Casa das Artes, Vilanova de Famaliçao, Portugal | Proxecto IMAN, Casa da Arquitectura, Guimarães, Portugal | X Bienal de Lalín, Pontevedra |

2011 || Máster de arte contemporánea, creación e investigación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra | I Encontro de Artistas Novos A Cidade da Cultura, Santiago de Compostela | Chámalle X, Xornadas de Performances, Pontevedra | ArtistAs, espazo urbano de Pontevedra e Vigo

2012 || Bolsa Leonardo da Vinci. Praga | Arte 40, Museo del traje, Madrid | Outono Fotográfico de Ourense |

2013 || Inicio da tese dirixida por Javier Tudela Sáenz de Pipaón |Concurso Auditorio de Galicia | O fío de Penélope, 9THE13, A Coruña

2014 || Welcome, VIII Premio Auditorio de Galicia |

2016 || Intersticios entre arte e arquitectura, UVIGO + EAUM |

CARLOTA DE LEAL

Page 37: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

ROI DOMÍNGUEZ

Become Instalación | xanela recuperada, vasoira, follas e vídeo | medidas variables | vídeo 42 min | 2017

Page 38: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Roi Domínguez (O Barco de Valdeorras, Ourense, 1989) Exposicións2017_ Oxímoro. Aire centro de arte. Santiago de Compostela (individual).2016_ Pegadas na terra. Culturgal. Pazo da cultura de Pontevedra. Estudio Aberto V. Pazo de Tor. Monforte de Lemos. III Certame de escultura Francisco Asorey. Pazo de Torrado. Cambados. IX Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Santiago de Compostela.2015_ XV aniversario da galería Espacio 48. Santiago de Compostela. XIII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense. Can parade. Festival de Cans. O Porriño Arte x amor. Iskoo espazo multidisciplinar. Lugo Olladas 2.0 Deputación de Lugo. Sala de exposicións Pazo de San Marcos. Lugo. 2014_ Cuarto Público Feira de Arte. Hotel NH Collection. Santiago de Compostela. Novos valores. Deputación de Pontevedra. Edificio Sarmiento. Pontevedra. Eso sigue su curso. Sexto edifico do Museo de Pontevedra. Pontevedra.

I Certame de escultura Francisco Asorey. Exposalnés. Cambados Do tecer. Miradas do téxtil na arte. Galería Metro. Santiago de Compostela 2013_ Do final e do comezo. Pazo da Cultura de Pontevedra.2013_Medidas impopulares (13 estudantes de belas artes contra a crise). O Barco de Valdeorras.2009_ Exposición colectiva EASDPP. Forum Metropolitano. A Coruña. 2008_ Exposición colectiva EASDPP. Forum Metropolitano. A Coruña. 2008_ Artxove 2008. Casa da Cultura. Pontedeume.

Mencións e premios 2016_ Artistas na rúa. Praza da Ferrería. Pontevedra. Residencia artística “Estudio Aberto V”. Deputación de Lugo. Accesit no III Premio de escultura Franciso Asorey.2015_Gañador Can Parade. Festival de Cans. O Porriño.2014_3º premio Novos Valores Deputación de Pontevedra.Seleccionado para o II Encuentro de artistas en red. Museo Arqueológico de Cacabelos. Seleccionado para o III Encontro de artistas novos Cidade da Cultura de Galicia.

Become é posiblemente a peza máis persoal das que realicei. O contorno desta peza sitúase no soar no que anteriormente estaba situada a miña primeira casa, este espazo (no seu momento un espazo íntimo e privado) é agora un lugar devorado pola natureza, que modificou non só as características físicas do propio espazo (sendo agora incluso un lugar de tránsito) senón que transformou totalmente o seu significado.

A parte central da peza consta dun vídeo no que, respectando as divisións orixinais do espazo, realizo a acción de varrer, tarefa que tantas veces vin realizar alí tanto a miña nai como a miña avoa; esta acción mecánica atópase agora totalmente descontextualizada, adquirindo en certa medida características pictóricas ou incluso unha certa temporalidade. Mediante este acto de introspección intento recoñecer un terreo que se tornou descoñecido. O vídeo atópase encadrado dentro dunha xanela recuperada poucos días despois de que a casa fose derruída, e que leva xa varios anos no meu taller agardando o seu momento. Esta xanela, achega na peza a carga indéxica ademais de provocar unha distancia entre a acción e o espectador, facendo referencia a unha certa mirada voyeur. Fronte ao vídeo, no chan, aparece un felpudo, elemento imprescindible en calquera vivenda, intencionadamente modificado; incidindo nesa idea de conversión e transformación: o privado que se torna público, o oculto que se converte en visible, o refuxio vulnerado…

ROI DOMÍNGUEZ

roidominguez.com

Page 39: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

EDU

Artista super emergente Vídeoperformance | 4 min (aprox.) | 2017

Page 40: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Edu Fernández (Bilbao, 1987) Edu é artista e performer. É Máster de arte contemporánea pola Universidad Europea de Madrid e graduado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Estudou durante varios anos no estranxeiro, en países como Alemaña, Bélxica e Brasil. O seu traballo artístico céntrase na identidade, a performance e a arte contemporánea. Séntese moi cómodo utilizando diferentes medios e buscando novos formatos e linguaxes híbridas. A súa obra foi exhibida en museos e galerías, tamén estudada no medio académico en na universidade. Actuou en varias televisións e espectáculos. Actualmente reside na Coruña, onde anda inmerso na procura de historias e persoas de verdade.

Perdido nun escenario tecno-rural que poderiamos definir como unha paisaxe ecoapocalíptica (invitación clara a delirios “quixotescos”) Edu interpreta a canción Artista super emergente. A peza é un vídeo cheo de ironía, con ritmos electrónicos e referencias á música trap e vaporwave. A melancólica voz de Edu (un sadboy en versión galega) é un canto a toda unha xeración de profesionais do mundo da arte, un reflexo da situación laboral e da realidade dos creadores novos. En certo xeito, a peza é un caso de crítica site-specific onde a identidade do artista pasa ao primeiro plano. Un canto a nós mesmos.

EDU

dufpearl.tumblr.com

Page 41: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

IAGO EIREOS

Fronteras V (Nación S.A) Acrílico sobre lenzo | tensores con amarre de carraca | 140 x 100 x 40 cm

Page 42: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Iago Eireos (Lugo, 1980) Iago Eireos é un artista que busca no seu traballo a conxugación de diversas linguaxes plásticas, alternando a narración do medio fotográfico con elementos icónicos e cargas pictóricas, a súa obra presenta unha clara intención de interacción entre o público e a arte contemporánea, mostrando o seu traballo en contornas públicas e urbanas onde busca a interacción e participación desde a proximidade co espectador. Membro fundador do Espazo Lupa, Laboratorio Urbano de Proxectos Artísticos. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo no ano 2008, completa a súa formación académica orientando a súa especialización co ciclo superior de fotografía artística e o ciclo superior artes plásticas en deseño do gravado e técnicas de estampado, ambos cursados na EASD Ramón Falcón, mantén a súa procura como artista en colaboración con diversos centros e universidades de España, Italia, Portugal e Romanía.

Obtivo diversos premios e bolsas artísticas que completan a súa formación, como o premio Art&Environment Montalbano (Italia), bolsa de residencia RAM III (Portugal). Bolsa de residencia Fundación Bienal de Cerveira (Portugal). Representante “19 Rostros por Europa” Comisión e Parlamento Europeo, bolsa Leonardo Da Vinci, bolsa de residencia Plan de Mobilidade Creativa, bolsa Novos Valores 09, bolsa Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia, bolsa Intracity_08, bolsa Iniciarte da Junta de Andalucía ou a bolsa Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores.

As súas instalacións, proxectos Site expecific e workshops foron apoiados por espazos como a Cidade da Cultura GAIÁS, Spazio d’arte Schema Polis (Italia), Colección Nautilus Lanzarote, Centro Internacional Musibéria (Portugal), Espazo Santa María la Rica de Alcalá de Henares, Centro Espacio Joven de Valladolid, Centro Vila de Móstoles, Spazio Ottovolarte (Italia), Museo Camón Aznar en Zaragoza, Museo

Provincial de Lugo, MuBAM, Museo de León, Casa de Galicia en Madrid, Sala Aparte (Romanía) ou no Centre Cívic Pati Llimona en Barcelona, Workshop en L’Accademia dei Belle Arti dei Firenze (Italia). Workshop na Universidade LABA, Firenze (Italia).

Cabe destacar o seu constante labor expositivo, tanto individual como colectivo, sumando ao longo da súa traxectoria un total de 19 exposicións individuais e 40 colectivas. Entre as súas últimas exposicións individuais destacan Memoria del Paisaje Añadido na Fundación Fernando Villalón, Sevilla. OneProject, ArtMadrid 11, Spazio d’arte Sincresis, CentroCentro Cibeles, Madrid. Memoria del Paisaje Añadido na Fundación Casa Pintada –Museo Gabarrón, Murcia. Art&Environment Montalbano na Galleria Schema Polis, Carmigniano (Italia). Memoria del Paisaje Añadido no Centro Internacional Musibéria, Serpa (Portugal). Memoria del Paisaje Añadido no Centro Espacio Joven, Valladolid.

A obra Fronteras V transita entre a instalación e a pintura. A peza presenta un xogo de forzas demarcadas por varios tensores de carraca que trazan liñas físicas sobre unha serie de lenzos sobrepostos. A estrutura da peza presenta diversas lecturas que versan sobre a liña e o seu tránsito, tanto no seu plano lateral, onde a superposición dos lenzos xera un único canto pictórico composto polos tons dos diversos lenzos inferiores, como en superficie, onde o plano se divide en catro veladuras de diversa intensidade, entre as que transita a pintura en forma de pinga furtiva. As liñas divisorias laranxas xeradas polos tensores de carraca son elementos de división espacial, cromática e forza física, que prolongan a pintura permitíndolle saír do seu formato e da linguaxe pictórica. A intención é demarcar fronteiras, onde é posible atopar trazos pictóricos e liñas divisorias que dialogan nunha peza que xera unha estrutura de forzas atopadas, tensións opresoras e fluidez acuosa, rompendo a fronteira do lenzo para transformar a pintura e o seu soporte tradicional nunha instalación que traspasa o trazo a outras fronteiras e dimensións posibles.

O proxecto NACIÓN S.A xorde da procura da identidade individual nun contexto global, onde se cuestionan as figuras, os símbolos e os sentimentos dunha colectividade indeterminada, sendo un factor común e intrínseco a todos os individuos ao longo de toda a historia. O principal obxectivo expón a necesidade de cuestionar, desde unha perspectiva creativa, as ordes históricas, territoriais, políticas e sociais que delimitan o concepto de nación por medio da recreación do nacemento dunha nova identidade, analizando o computo xeral que determina a constitución e a estrutura dun novo símbolo xurídico, ideolóxico e territorial. NACIÓN S.A. é, por tanto, un proxecto ramificado que xera unha rede de imaxes e elementos conectados que falan do territorio, da paisaxe e da memoria colectiva, configurando unha lectura a través da fotografía, do debuxo, do gravado, da pintura e da instalación. A identidade é o punto de partida para establecer unha lectura transversal que traspasa os límites do territorio para pór o acento noutros modos de comprensión ligados á súa memoria relacional e evolutiva.

IAGO EIREOS

iagoeireos.es

Page 43: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLA ANDRADE

SIGLO XXI Vídeoanimación | acrílico sobre papel | 4,06 min | 2017

DAVID FIDALGOOMIL

Page 44: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

David Fidalgo Omil (Lugo, 1989) David é graduado en Belas Artes pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde realizou o Máster en álbum ilustrado e animación e onde cursa actualmente estudos de doutoramento sobre a animación expandida. Leva anos participando en diferentes festivais por todo o mundo, como no Festival de Cans, o Curtocircuíto, o Girona Film Festival, o Barcelona Visual Sound, a XXXV Semana de Cine de Carabanchel, o 34 Festival de Cine de Bógota, a Baixada Animada de Brasil, o Cartoonclub de Italia, entre outros tantos de Arxentina, Romanía, Perú, os EUA, Inglaterra etc.

Amosou as súas obras en diferentes exposicións como Noroeste, en Cangas, Incubarte, en Valencia, Certame de Artes Plásticas de Ourense, Novos Valores, en Pontevedra, etc. Participou tamén en diferentes residencias artísticas como o V Encontro de Novos Artistas de Santiago de Compostela, o I Encuentro de Artistas de Castilla y León, a residencia artística Estudio Aberto en Lugo ou, este mesmo ano, a residencia artística A Quemarropa en Alicante. Tamén conseguiu varios premios e mencións como o primeiro premio Novos Valores de Pontevedra, o segundo premio á mellor curtametraxe do Certame Novos Creadores do Concello de Madrid, o premio á mellor curtametraxe do certame para mozos creadores Ciudad de Castellón etc.

SIGLO XXI é unha reflexión crítica e irónica sobre moitos sucesos machistas acontecidos en televisión este último ano así como unha posta en escena do absurdo que alaga as redes sociais, neste caso localizado no fenómeno dos vídeos de gatiños, nos que moitas persoas botan gran parte da súa vida. Veñen ser unha sorte de “pan e circo” deste século fronte aos problemas que acontecen na sociedade, neste caso o machismo televisivo, que actúa con total impunidade, mostrando a mozos e adultos un tipo de comportamento do que se fan eco. Como noutras das miñas obras, aprópiome do material orixinal e retrato os seus protagonistas como seres absurdos, espidos e provistos dunha capacidade de fala intelixible, onde o que din aparece subtitulado, de maneira que o espectador se ve obrigado a penetrar na peza salientando así o carácter inofensivo que a televisión lle dá a este tipo de declaracións e comportamentos.

Statement

Traballando co concepto do meme que inunda Internet, collendo algo que xa existe para transformalo en algo novo dándolle un sentido irónico e satírico á obra, comezo a traballar en obras cun carácter humorístico moi claro, á vez que crítico, enfocándome en temas como o machismo que se pode ver na televisión, na relixión etc., ou no absurdo dos novos medios, como pode ser Youtube ou as redes sociais. Desta maneira utilizo a animación, que é o meu medio natural, para realizar pezas audiovisuais a partir de feitos reais, transformando os seus protagonistas en seres absurdos intelixibles cuxas palabras aparecen subtituladas para sorpresa do espectador. Retrato o mundo á miña maneira.

CARLA ANDRADE DAVID FIDALGOOMIL

davidfidalgoomil.com

Page 45: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

BASILISA FIESTRAS

Lindes Escaiola e fío | instalación | medidas variables | 2017

Page 46: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Basilisa Fiestras (Pontevedra, 1985) Doutora en Belas Artes, con mención internacional e cualificación de cum laude, pola Universidade de Vigo, ampliou súa formación académica co Máster de arte, museoloxía e crítica contemporánea a través da Universidade de Santiago de Compostela. Foi galardoada con numerosos premios e recoñecementos, entre os que destaca a obtención da bolsa de estudos Novos Valores 2016, outorgada pola Deputación de Pontevedra. Ademais, a súa obra foi seleccionada en numerosas exposicións, entre as que se encontran Proyectos inacabados 25 años. Una Facultad en la maleta, Pavilhão de Exposições. Facultade de Belas Artes. Universidade do Porto, Portugal (2016); La razón salvaje, Galería Aire Cetro de Arte, Santiago de Compostela (2015); 8º Premio Auditorio de Galicia para novos artistas, Santiago de Compostela (2014); Piel y Silencio, Galería Metro, Santiago de Compostela (2014); Dressed, realizada pola Fashion Week, Porto, Portugal (2011), entre outras.

“Miramos, tocamos, escoitamos e medimos o mundo con toda a nosa constitución e existencia corpórea, e o mundo vivencial organízase e articúlase ao redor do corpo como centro. De feito o noso mundo existencial ten dous focos simultáneos: o noso corpo e o noso fogar”. PALLASMAA, Juhani (2014) La imagen corpórea. Imaginación e imaginario en la arquitectura, Gustavo Gili, Barcelona, p. 159.

BASILISA FIESTRAS

basilisafiestras.blogspot.com.es

Page 47: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MARTA FORTES

Horas Acrílico sobre tea | 50 x 100 cm | 2016

Page 48: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

A miña obra explícase desde a fotografía ata a pintura. Desde onde a memoria me permite chegar teño unha especie de obsesión ou case manía nostálxica: consiste en levar de cada lugar un recordo, non calquera tipo de lugar, senón aqueles nos que pasei un bo momento, ben pola compañía ou polo lugar en si. Ás veces podo levar un pano ou unha bolsa de azucre dun bar, unha flor que esmagar nun libro, unha pedra, unha folla e, o máis usual, unha foto. Aos obxectos confírolles un lugar que considero privilexiado, unha caixa orixinal, un álbum…; coas fotos é diferente, convértoas en algo máis persoal, modifícoas, quedo só con aquilo que quero lembrar, obviando paisaxes, persoas ou cousas que non me interesan; deste xeito fago da lembranza algo máis subxectivo que a propia foto, e ao pintala revivo o lugar, o momento, fágoo máis meu. Para tal obxectivo non necesito grandes trazos, nin elocuentes manchas, necesito un pincel pequeno, pouca pintura, necesito que apenas ninguén vexa o que estou a facer, necesito disimular un pracer infantil que se prolonga na idade adulta. Deste modo aparece a miniatura, disposta a ser contemplada por aquel que non busca grandes efectos ou obras que polo seu peso ou tamaño atraian a calquera viandante. A miniatura preséntase para aquel que, aínda vivindo no estrés contemporáneo, presta atención ás pequenas cousas e decide dedicar tempo a contemplalas.

Marta Fortes (Pontevedra, 1980) • 2011. Máster Universitario en arte

contemporánea, creación e investigación. Universidade de Vigo.

• 2007. Licenciada en Belas Artes. Facultade de Pontevedra. Universidade de Vigo.

Premios e bolsas• 2017. Premio do público na XIX Bienal

Internacional de Vila Nova de Cerveira. • 2013. XI Premio de Pintura. Universidade

de Vigo.• 2012. Premio adquisición XV Certamen

de Artes Plásticas, Sala el Brocense. Diputación de Cáceres.

• 2011. Bolsa de pintura. José Fernández López. Novos Valores. Deputación de Pontevedra.

Exposicións• 2017. XIX Bienal Internacional de Vila Nova

de Cerveira.

• 2016. De viaje. Galería 7VI. Bueu. Pontevedra

• 2016. Contemplación estival. Estudio 6. Vigo. Pontevedra

• 2016. VII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña

• 2014. 3ª Edición Cuarto Público. Santiago de Compostela. A Coruña

• 2014. Mostra da 17ª Bienal de Cerveira, Carpe Diem Arte e Pesquisa. Lisboa. Portugal.

• 2013. XXX Certame de Pintura do Concello de Cambre. A Coruña.

• 2013. VIII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña

• 2013. XIII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo. Deputación da Coruña.

• 2013. Concurso Internacional da 17ª Bienal de Cerveira. Vila Nova de Cerveira. Portugal.

• 2012. XV Certamen de artes plásticas, Sala el Brocense. Diputación de Cáceres.

• 2012. XXXIII Certamen de minicuadros 2012. Museo del Calzado. Alicante.

• 2011. Container Inside. Cidade da Cultura. Santiago de Compostela. A Coruña.

• 2011. VII Premio Auditorio de Galicia. Santiago de Compostela. A Coruña.

• 2011. Novos Valores 2011. Museo de Pontevedra.

• 2011. 8º Biennale Internationale de Gravure Contemporaine. MAMAC. Liège. Bélgica.

Obra en colecciónsDiputación de ExtremaduraDeputación de PontevedraColecciones privadas

MARTA FORTES

martafortes.blogspot.com.es

Page 49: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

JULIA HUETE

Las tres heridas: La del amor, la de la vida y la de la muerteFío de ouro bordado a punto de cruz sobre tecido panamá de algodón | 150 x 230 cm | 2017

Page 50: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Julia Huete (Ourense, 1990 ) Desde setembro de 2016 estudos de doutoramento pola Universidade de Vigo. Graduada en Belas Artes e Máster de dirección de arte en publicidade. Intercambios na Universidade do Porto e Guadalaxara Jalisco, México.

Exposicións e premios

2017 Un rolo de papel continuo, Sala X. Pontevedra

Vicios y Virtudes, Galería Lilliput. Vigo

Seleccionada no certame Novos Valores

Terceiro premio no Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense

2016

Unha Facultade na maleta, Universidade do Porto

Cheap, Kvit Gallery, Copenhagen

Seleccionada non certame Novos Valores Pontevedra

Primeiro premio de pintura no Concurso da Uvigo

Animal Collective, CENTRO CENTRO. Madrid

Finalista non certame Xuventude Crea

Fálame distante, Galería Liliput. Vigo

2015

Seleccionada no Certame de artes plásticas da Deputación de Ourense, Centro Cultural Marcos Valcárcel, Ourense.

2014

Onde non hai mares, hai ríos. Sala de Restauración da Facultade de Belas Artes, Pontevedra

Sinsal Festival, Pontevedra

2013

Do comezo ó final. Pazo da Cultura, Pontevedra

Seleccionada para o proxecto ArtistAS. Visibilización da obra de alumnas. Pontevedra

Adquisición de obra no certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo.

Las tres heridas: la del amor, la de la vida y la de la muerte son en realidade unha soa e continua que atravesa tres paneis de tecido en dirección ascendente cara ao que correspondería ao leste, cara ao sol nacente. Bordado en ouro e mediante un lento traballo, o proceso salienta o poder de representación da forma, pois a tarefa remítenos ao seu desenvolvemento nunhas condicións de silencio e illamento propicias para o despregamento espiritual que incrementa o acto ritual da repetición. As teas atravesadas repousan suspendidas como unha tarefa que foi finalizada. O amor como motor, a vida como continuo e a morte como fin unidos nunha liña que non decae e que devolve brillo. O conxunto fai da peza unha proposta lírica, unha reflexión sobre a incerteza e o desexo entre a vida e a morte.

JULIA HUETE

Page 51: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

BERIO MOLINA

Escapes Instalación sonora. Bambú. Látex. Pallóns de gaita. Inflador eléctrico, dous temporizadores e tubos de plástico | 400 x 400 cm | 2017

PRIMEIRO PREMIO

Page 52: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Berio Molina (A Fonsagrada, Lugo, 1979) Artista e cineasta, Berio é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e ampliou os seus estudos cun Máster en arte dixital na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e outro sobre deseño gráfico computerizado no Rochester Institute of Technology (RIT) de Nova York.

Desde 1999 implicouse coa creación colectiva como membro de grupo de performances Flexo, do colectivo arredor da paisaxe sonora escoitar.org, ou do colectivo de arte e acción libre alg-a onde tamén administra a editora de arte sonora Netlabel alg-a.

Actualmente está rematando o filme 7 Limbos que dirixe xunto a Alexandre Cancelo, co apoio das axudas ao talento audiovisual do AGADIC, e está a piques de publicar Setras, unha acción sonora en formato libro que edita Fulgencio Pimentel ao gañar (premio especial do xurado) o Puchi Award concedido por La Casa Encendida neste 2017.

No pasado ano 2016 tamén recibiu o terceiro premio no Festival Internacional de Videoarte FIVA e anteriormente puido ampliar os seu coñecementos artísticas grazas ás bolsas da Fundación Barrié de la Maza ou do Consorcio Audiovisual de Galicia.

O seu traballo ten sido presentado en festivais internacionais como 12th Athens Digital Arts Festival en Grecia, Dança em foco en Rio de Xaneiro, Festival Internacional de Videodanza en Chile, FIVU en Uruguai, Artesons en España, OFF ICMC, LEM e Sonar en Barcelona ou Cleveland Performance Art Festival nos Estados Unidos. O seu traballo foi exposto en museos como MARCO, CGAC, LABORAL, Es Baluard, LCD en Portugal, Hong-Gah en Taiwan, SMAK en Bélxica, KUMU en Estonia ou a Fonoteca Nacional de México.

Escapes está composta por varias formas de látex que emiten son ao seren infladas de aire. Hai unha forma central máis grande que emite un son continuo e constante e catro masas máis pequenas –arredor dela– que emiten sons máis agudos e breves. A masa máis grande é inflada en períodos máis longos e as máis pequenas en períodos máis curtos, creando en conxunto unha composición sonora dinámica que se vai modulando no tempo. Escapes é o resultado dun proceso que o artista leva traballando nos últimos dous anos.

Escapes é unha composición sonora que explora a capacidade dos obxectos de fuxiren (parafraseando a Alberto Ruiz de Samaniego) ‘das determinacións ordinarias. Desbloquear e desocultar relacións tópicas nas que operan sempre os poderes do cotián, ou do normativo, ou do normalizado‘. A través dunha distorsión formal prodúcese unha rendención obxectual que expande o obxecto e o libera das súas cargas sociais, simbólicas e significativas. Converter un fol nun instrumento de fuga. Abrir canles polas que desborde o aire.

BERIO MOLINA

beriomolina.com

Page 53: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

ROSA NEUTRO

Non teño rostro. Non son ninguén. Non estou aquí Instalación | medidas variables | 2017

Page 54: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Rosa Neutro (Cangas do Morrazo, Pontevedra, 1979) Artista visual e fotógrafa, a súa formación pasa pola licenciatura de Belas Artes na Universidade de Vigo e por realizar estudos de deseño gráfico na Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense, disciplina que combina habitualmente co seu traballo creativo. En 2010 gozou dunha estadía artística na Kullturmodel Bräugase de Passau (Alemañ). Recentemente, o seu proxecto Un cuarto propio, comisariado por Rosendo Cid, foi seleccionado por un xurado para formar parte da vindeira tempada de intervencións artísticas da Zona “C” de Santiago de Compostela. Ademais, acaba de ser seleccionada para participar en decembro de 2017 na feira de fotografía Viphoto en Vitoria (País Vasco). Alén da súa faceta artística, nos últimos anos foi coordinadora de diversos espazos como LAB_IN arte múltiple (Vigo), a sala de exposicións Piso dos (Pontevedra) e Espacio Neutro (Marín e Cangas do Morrazo) A súa actividade artística céntrase na fotografía e na fotomontaxe como principal medio para explorar, nos seus últimos traballos sobre todo, os clixés femininos a través de series como “Divas de cine negro” onde explora a memoria desde a súa propia autobiografía así como desde referencias literarias, nunha sorte de enigma para chegar á resolución dun tempo íntimo fóra de calquera acontecer regrado.

“Non teño rostro. Non son ninguén. Non estou aquí... Outras persoas teñen rostro. Están aquí. O seu mundo é o mundo real”.The waves (1931). Virginia Woolf

Non teño rostro.... enmárcase dentro da serie “Mulleres de pedra”, un proxecto que veño desenvolvendo nos últimos tempos centrado nas problemáticas relacionadas coa muller-creadora. Un traballo que reflexiona en torno á imaxe da pedra como metáfora da inmobilidade, da pasividade ou estatismo, ademais da noción de peso á que nos abocou a nosa condición de mulleres ao longo da historia e a dificultade de poder exercer e desenvolver libremente na sociedade as nosas capacidades intelectuais e artísticas. En contrapartida, é tamén un proxecto que fala da necesidade de superar estes obstáculos a través da creación e da arte.

A obra toma o seu título dun fragmento do libro de Virginia Woolf The waves; Rhoda, repítese para si mesma estas palabras ante a súa imaxe reflectida no espello. A relación da autora co seu corpo é explorada nesta novela a través deste personaxe feminino. Sabemos a través dos seus numerosos diarios que a Virginia Woolf sempre a acompañou un profundo rexeitamento cara ao seu corpo e que lle resultaba moi difícil experimentarse a si mesma como alguén real e completa debido aos sucesivos episodios de despersonalización que padeceu ao longo da súa vida.

Na instalación, composta por varias imaxes, a pedra intervén como elemento que interfire na nosa percepción da identidade do personaxe desdobrado, o rostro convertido en pedra móstrase ao espectador como algo alleo, sen trazos definitivos. A cara é anulada a través deste elemento que, igual que a auga, forman parte do imaxinario persoal da escritora que podemos encontrar ao longo de toda a súa produción literaria. Non é casual que ademais fose este un elemento do que se valería para suicidarse no río Serpentine en marzo de 1941 depositándoas nos petos do seu abrigo. A autora clausura así, non só a súa vida, senón tamén un ciclo creativo no que a palabra fora o seu principal sostén contra a enfermidade mental que padecía e que neses últimos tempos deixara de ter sentido para ela. A linguaxe que antes utilizaba a vontade para xerar obras literarias persoais e únicas deixou de ser válida para protexela dos feitos, e di: “As palabras esborrállanse de súpeto sobre min”. “Acumúlanse nas miñas costas en tales cantidades que sería terrible que non fosen outra cousa que auga enfangada”. As palabras, como pedras afundiríanse con ela aquel 28 de marzo.

ROSA NEUTRO

rosaneutro.com

Page 55: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

ANA PÉREZVENTURA

12 Études Acrílico sobre lenzo | 158 x 172 cm | 2014-2017

Page 56: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Ana Pérez Ventura (Santiago de Compostela, A Coruña, 1981) 2009-2011 Universidade Sorbonne-Paris IV | Máster en música | Especialidade música e artes plásticas2003-2008 Conservatorio Superior de Música de Vigo | Título Superior de Música | Especialidade piano1999-2004 Universidade de Vigo | Licenciatura en Belas Artes | Especialidade Pintura

Premios e bolsas2014 Premio da revista Artension | Salon des Réalités Nouvelles 2012 Bolsa II Encontro de Artistas Novos | Cidade da Cultura de Galicia 2010-11 Bolsa Fundación Pedro Barrié de la Maza 2009-10 Bolsa Fundación Segundo Gil Dávila 2003-04 Bolsa Séneca | Facultade de Belas Artes de Barcelona

Exposicións individuais2017 La mesure du Temps | H Gallery | París 2014 Vibrations | Galerie Artemper | París 2013 Espace et répétition | Maison des Étudiants Suédois | Cité Internationale Universitaire de Paris 2012 Le temps comme espace | Maison de la Recherche de l’Université Paris-Sorbonne | París 2010 Études | Colegio de España | Cité Internationale Universitaire de Paris

Exposicións colectivas2017 RN Hors les Murs | Château de la Veyrie | Bernin (Francia) 2016 Réalités Nouvelles 70 ans [4|4] | Abstract projet | París Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París Harmonies constructivistes | Galerie Sisso (comisarias: Hélianthe Bourdeaux-Maurin & Margaux Wetzer) | París Réalités Nouvelles 70 ans [2|4] |Abstract projet | Paris 50 Negros – Misha Bies Golas | Universidade Politécnica de Valencia | Valencia 2015 Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París 2014 RN Hors les murs | Guoyi Art Museum | Beijing (China) | Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París | La Vietnamita | Espacio OTR (comisario Marlon de Azambuja) | Madrid | 8º Premio Auditorio de Galicia | Santiago de Compostela 2013 Salon des Réalités Nouvelles | Parc Floral | París | NordArt 2013 | Kunstwerk Carlshutte | Budelsdorf (Alemaña) |XI Bienal Pintor Laxeiro | Museo Ramón María Aller | Lalín

Na miña obra plástica, a miña experiencia coa música e como pianista clásica ten unha grande importancia. Pasei innumerables horas repetindo exercicios, repetindo pasaxes de partituras que se converten en xestos sobre o instrumento, ata dominalos. O proceso de aprender unha obra musical é algo lento, o corpo necesita interiorizar todos os movementos e iso conséguese mediante a repetición. Todo ese traballo ao final é efémero, acaba desaparecendo, en cambio na pintura todo o tempo que invistas queda aí, gravado. A miña obra nace dun intento de atrapar ese tempo. Investigo as relacións entre o tempo e o espazo a través da repetición. Interésanme as diferentes variacións que se producen inevitablemente en cada repetición. Quero facer un rexistro orgánico do paso do tempo, como un metrónomo humano. Na miña obra o proceso de creación é un elemento importante. O devandito principio vese reflectido directamente nos meus études (estudos). Un estudo é (en música) unha peza de carácter didáctico, destinada a traballar un problema técnico específico (un xesto concreto). Debido a isto teñen unha escritura moi repetitiva. Por causas anatómicas, a maior parte dos xestos utilizados no piano son de natureza circular. Nos meus Études repito de maneira ordenada, enchendo todo espazo pictórico, un xesto rítmico repetitivo circular que vai trazando unha liña continua, deixando unha pegada na superficie pictórica. Continúo co proceso en distintas capas, estratos, que son, á súa vez, unha nova forma de mostrar a pegada do paso do tempo. Levo tempo querendo traballar nunha serie de doce estudos. Hai moitos compositores que escribiron estudos en grupos de doce: Chopin, Debussy, Scriabin etc. Así que en 2014 decidín pintar doce teas coas doce cores do círculo cromático como fondo. Os lenzos quedaron nun recuncho do meu taller ata este ano, no que ao fin rematei a obra.

ANA PÉREZVENTURA

Page 57: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

LARA PINTOS

Juventud artística Óleo sobre lenzo | 116 x 89 cm | 2017

Page 58: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Ante marxes como “Poderán participar artistas que sexan menores de...” xorde a preocupación por manterse novx e atractivx, que non se limita ao terreo físico e persoal, senón que está moi presente no mundo da arte contemporánea. A moda e a publicidade contaminan poderosamente a produción artística contemporánea e forman parte deste marcado tempus fugit nesta sociedade narcisista en formato selfie. A preocupación debe ser maior se o soporte artístico non se corresponde a unha aséptica reprodución dunha imaxe. Por iso pinto un lenzo tradicional ao óleo, no que ironizo sobre a moda na arte con elementos tan recorrentes na decoración e na moda (e nas instalacións) como a palmeira e o ananás, a preocupación por cumprir anos e querer seguir no circuíto da produción artística en forma de globos dourados que enchen os instagrams das blogueiras, e a autorrepresentación nun estado tan íntimo como estar en pixama na casa construíndo esta escena.

Lara Pintos (A Coruña, 1984) Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2010, realiza os seus estudos en Pontevedra e Madrid, logo de titularse en Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña en 2005.

Entre 2010 e 2011 goza da bolsa da Fundación Antonio Gala para novos creadores en Córdoba, onde leva a cabo o seu proxecto multidisciplinar Recuerdos de una silla, que expuxo na Fundación Tres Culturas de Sevilla e nas galerías Sargadelos da Coruña e Ferrol.

A súa obra ten gañado concursos como I Premio de artes plásticas Galiza Crea en 2014, XIII Certame de artes plásticas Isaac Díaz Pardo da Deputación da Coruña, accésit Balconadas de Betanzos 2016. Tamén foi seleccionada noutros certames como Certamen Pintura Joven Ibercaja 2015, Bienal Internacional de Arte de Cerveira (Portugal), Deputación de Ourense 2015, Arte Joven da Fundación María José Jove.

En 2016 expón individualmente Memoria por habitar na galería coruñesa Monty4, onde explora a identidade da casa nas súas pinturas. Preocupada sempre pola figura da muller artista, realiza o proxecto de retratos “The Dinner Party”, que expón na galería compostelá Federica no era tonta en abril de 2017. Actualmente, reside na Coruña, onde continúa a súa produción artística.

LARA PINTOS

larapintos.com

Page 59: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MAR RAMÓNSORIANO

Desnudo. Espacio de juego Táboa de pasar o ferro, cerámica e pintalabios | 77 x 75 x 29 cm | 2017

Page 60: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) Naceu en Valencia en 1993. Estudou Belas Artes e un Máster en creación e investigación na Universidade de Vigo, pasando un ano na universidade de Barcelona. Participou en colectivas como Alén dos xéneros, no Marco de Vigo, mostra presente agora non Auditorio, Así nos ven, así somos, na Pinacoteca de Vigo ou na mostra do 9º Premio Auditorio de Galicia. En 2016 realiza a súa primeira individual na Dadá Gallery en Vigo, co título Doméstico. Domesticar. En 2016 recibe ou 2º premio de artes plásticas no Xuventude Crea coa peza Espido #9. Foi parte das residencias Estudo Aberto #5 non Pazo de San Marcos en Lugo e no V Encontro de Artistas Novos na Cidade da Cultura. Actualmente está realizado un doutoramento en belas artes sobre o obxecto doméstico na escultura, tema moi presente na súa obra.

Falo do espazo de xogo e falo da infancia.Falo do corpo espido, de androxinia, de intersexualidade e de mestura.De como somos definidos e condicionados aos poucos desde que nacemos.Falo do orgánica que é a cerámica. Modéloa, defórmoa, constrúoa de novo.Da soidade dun espido sobre unha peaña, mostrándose como é.Nun espazo de observación, nun espazo de tránsito.Falo da incomodidade dun traxe que non é do teu talle,e falo tamén da idade adulta.

Actualmente na miña investigación e práctica artística traballo a partir de materiais comúns e cotiáns, aproveitándome dos seus significados e á vez desviando as connotacións que achegan. Interésanme por pasar desapercibidos debido ao comúns que son. Á parte destes, están presentes a cerámica e o téxtil, dúas técnicas que teñen moito que ver coa artesanía, co manual e que son técnicas que non pertencen ás grandes formas de facer escultura. A partir destes materiais, que son un punto moi importante na miña obra, trato temas como a intimidade, a protección, o fogar como refuxio e á vez como cárcere, utilizando o individuo, normalmente representado coa cerámica, dunha forma afastada da idea binaria de xénero, poño en cuestión estereotipos e roles de xénero que nos vemos obrigados a seguir. Traballo sobre pezas escultóricas, antropomorfismos, fusións da forma humana con outros elementos da miña contorna. Teas, pezas cerámicas, vendas, cazolas, tampóns, tendais, bonecos, pinzas da roupa... entran dentro do meu imaxinario e dos materiais cos que traballo. Empregando a ensamblaxe uno as diversas técnicas que emprego para construír significados dentro dunha peza, a partir de elementos que todos recoñecemos como próximos.

MAR RAMÓNSORIANO

marramonsoriano.tumblr.com

Page 61: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MARTÍN RIVAS

Memoria en ruínas I Gres, esmalte | 25 x 25 cm c|u | 2015

Page 62: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Martín Rivas (Pontevedra, 1978) Estuda Arquitectura Técnica e Arquitectura na Universidade da Coruña e na Ecole d´Architecture et Urbanisme de Lille. A partir de 2007 colabora como arquitecto con diversos estudos internacionais realizando traballos premiados e publicados en concursos e revistas especializadas. En 2011 cursa o Master de creación e investigación en arte contemporánea na escola de BBAA de Pontevedra, centrando o seu traballo artístico na percepción psicolóxica e social do espazo habitado. Completa a súa formación asistindo a cursos de verán de escenografía e dramaturxia na ESAD de Vigo, ademais de participar en workshops e conferencias especializadas. Pertence ao grupo de artistas Colectivo Intermitente dende 2013, realizando varias exposicións conxuntas e en solitario, actividade que combina coa profesión de arquitecto.

ExposicionsOnce más Uno, exposición colectiva, Galería Sargadelos, Pontevedra, 2012Traza Urbana, exposición colectiva, Galería Sargadelos, A Coruña, 2012Traza Urbana I, exposición colectiva, Galería Sargadelos, Santiago, 2012Eso sigue su curso, exposición colectiva, Museo de Pontevedra, 2012Art Xove, exposición colectiva, Pontedeume, 2013Xerar un ambiente, exposición individual, A Abadía, Caldelas de Tui, 2013Instalación permanente en vivenda unifamiliar en colaboración co artista OlmoBlanco. Pontevedra 2016.Bienal de Arte no Morrazo 2017Exposicións co grupo de artistas Colectivo IntermitenteAuditorio de Cangas, Pontevedra, 2013Galería de exposicións de Noia, 2014Galería Atléntica, A Coruña, 2014Cine Adriano, Fene, 2015Unha mirada a Asia, Xixón, 2017

O feito de observar un espazo abandonado a cotío evoca no espectador unhas determinadas sensacións, recordos, sentimentos ou un estado imaxinario en función do grado de conservación do inmoble, do seu uso, do vínculo co visitante etc.

As antigas fábricas que salpican o noso territorio fomentaron o xurdimento de comunidades e vínculos entre traballadores e familias creados ao longo do tempo que, a miúdo, superan a vida activa das construcións nas que tiveron lugar. O traballo artesanal aparece como elemento vehicular capaz de forxar estas relacións sociais duradeiras, que incluso teñen a súa lectura no urbanismo próximo aos lugares de traballo.

A pesar do celo que poñemos en conservar as nosas lembranzas, compartíndoas e rememorándoas de xeito a veces involuntario, a memoria tamén se vai deteriorando co paso do tempo. As pezas que se presentan aquí pretenden recoller todo este proceso, establecendo un paralelismo entre o deterioro dos inmobles do tecido industrial tradicional e a mente humana, entendidos os dous como elementos contedores onde un acubilla a memoria dos procesos industriais tradicionais e o outro os recordos e relacións sociais xurdidas en torno aos espazos de traballo.

A sensación de nostalxia ou melancolía que xorde de observar a perda das facultades que o paso do tempo produce en cada un destes contedores emprégase aquí como recurso para intercambiar entre eles os trazos visuais característicos do deterioro particular de cada un. Trasládanse deste xeito as fendas que o tempo labra nas construcións abandonadas á representación dun cerebro, entendido como morada da memoria.

Esta representación do cerebro xorde formalmente do contacto entre dúas mans, por seren estas as que co seu traballo xeraron os recordos de convivencia, entrelazándose para dar lugar á forma idealizada daquel. A este obxecto así creado vanlle xurdindo fendas de forma aleatoria mediante a aplicación da técnica do Rakú no proceso de creación.

Xéranse unha serie limitada de 5 pezas tratadas de formas diferentes, das que se presentan dúas na exposición

MARTÍN RIVAS

globalindustrialmemory.blogspot.com.es

Page 63: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

BRAIS RODRÍGUEZ

Liñas verticais Tinta sobre papel | 150 láminas | 29, 7 x 21 cm c|u | 2017

ACCÉSIT

Page 64: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Brais Rodríguez Verde (Brión, A Coruña, 1980) Licenciado en Belas Artes, especialidade de pintura (Universidade de Vigo).

Certame Novos Valores, Edificio Sarmiento, Pontevedra. 2002.Na Vangarda 2004. Artes plásticas. Aula Sociocultural CaixaGalicia. 2004. Santiago de Compostela.VI Premio de artes plásticas Auditorio de Galicia, 2005.4 artistas. Galeria PM8, Vigo (Pontevedra). 2006VI Salón de Outono, Fundación Caixa Galicia. A Coruña. 2006-2007.ValenciaCrea 2007, Sala Greenspace, Valencia, 2007.Gracias por su visita. Galeria Espacio 48. Santiago de Compostela. 2008.Salón internacional de cómic de La Paz, Bolivia, 2008.Salón internacional de historieta de Bos Aires, 2008.Certamen de ilustración y cómic Injuve. Casa de las Bellas Artes, Madrid. 2010. A arte no cómic, Afundación, A Coruña, 2017.

Premios e bolsasPremio Creacomic. Valencia,2009Premio nacional ValenciaCrea, 20091º premio GZcrea, especialidade banda deseñada. Xunta de Galicia.2009Premio Injuve, cómic, 2010Premio Castelao de banda deseñada, 2010Axuda Fadip para a creación, 2011

PublicaciónsA man do diaño (Astiberri | Demo editorial). 2011La chica con el sol en su cabeza (Carne Líquida). 2016Sombra (Carne Líquida). 2017

As láminas teñen unha gramaxe de 160 gr|cm2. Sobre cada lámina hai 21 liñas verticais trazadas con pincel e tinta chinesa cunha separación de 1 cm. Estas liñas verticais describen unha variación secuencial en dous niveis:

Grosor: a secuencia horizontal manifesta unha alteración no grosor das liñas.

Ondulación: a secuencia vertical manifesta unha alteración na ondulación das liñas.

Así mesmo, estas dúas variacións secuenciais actúan conxuntamente na progresión das filas e das columnas.

BRAIS RODRÍGUEZ

Page 65: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

AARÓN SANROMÁN

Soluble I Metacrilato líquido, resina epoxi, acrílico | 105 x 125 cm | 2017

Page 66: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Aarón Sanromán (Vigo, Pontevedra, 1985) Exposicións individuais 2018 HÍBRIDO. Zona “C” (Santiago de Compostela) (en preparación)2017 Eaux d´artifice. Mirat&Co Gallery (Madrid) 2016 VACACIÓN. CEART (Centro de Arte Tomas y Valiente) (Madrid) 2015 MANANTIAL. Fundación Casa Pintada – Museo Gabarrón. (Murcia) MANANTIAL. Instalación en casa deshabitada (Madrid| Bilbao| Barcelona|Lisboa)

Exposicións colectivas, premios e bolsas 2017 ARTMarbella 2017. Mirat&Co. Gallery (Marbella) Foundation François Schneider (Wattwiller, FRANCIA) JUSTMAD8. Mirat&Co Gallery (Madrid) 2016 I Encontro de Artistas de Castilla y León. (Fundación Villalart) FLASHES. Comisariado por Sandra Gómez (La Carolina, Xaén) 4º Premio Mardel - Adquisición (Alacante) IX Premio Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela) 2015 Premio Novos Valores - 4 º Premio. (Deputación de Pontevedra) EANV (5º Encontro de Artistas Novos) comisariado por Rafael Doctor (Santiago de Compostela) 18º Bienal de Cerveira (Vilanova de Cerveira, Portugal) Encuentros de Arte Contemporáneo (EAC XV) (Alacante) The OTHER FAIR. Victoria House. (Londres, U.K.) La NEW FAIR. Comisariado por Semíramis González. La New Gallery (Madrid)

O soluble refírese a toda cousa que poida disolverse ao mesturarse co líquido, como pode ser a cor e a luz na auga. Por iso a obra non trata só da aparencia, da teorización do comportamento dos elementos principais que compoñen a realidade, senón dese longo camiño percorrido pola pintura. Unha evolución narrada nesta peza pola temporización que marca a pintura ao disolverse, na conversión física dun obxecto sólido de cor pura, nun líquido móbil desfacéndose, desintegrándose nos diferentes tons e filtros que compoñen as cores de partida. Nun proceso de regresión, presenciamos nesa caída o que pode traducirse nun acto de rebeldía contra o estatismo e a represión dos elementos impostos.

Esta obra “líquida” loita porque o seu estatismo individual poida solidificarse e permanecer coma un ben duradeiro. Un reflexo dunha sociedade no que as tradición e os costumes xa non perduran e rexen a nosa vida.

AARÓN SANROMÁN

aaronsanroman.com

Page 67: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

BORJA SANTOMÉ

El reloj Stop motion, tinta sobre acetato e papel | 4,47 min | 2017 | edi. 3 + 2 p.a.

Page 68: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Borja Santomé Rodríguez (Vigo, Pontevedra, 1992) Comecei a miña formación na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde empecei a experimentar coa pintura e o stop motion, para logo realizar o meu proxecto final na Universidade de Kingston (Reino Unido). No meu terceiro ano de carreira empecei a traballar con temas de animación, tentando ampliar o meu traballo pictórico e introducirme no vídeo como disciplina de forma case casual, que ao final me valeu para gañar o segundo premio Novos Valores de artes plásticas 2015. A partir deste momento o meu traballo céntrase en producir unha serie de curtametraxes e valeume para estar presente en exposicións e festivais de cinema en Galicia, Reino Unido e Latinoamérica. Actualmente vivo no leste de Londres e sigo traballando en proxectos de stop motion así como en pintura e instalación.

ExposiciónsNovos Valores 2015. Museo de Pontevedra, PontevedraNoveno Premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2016, Santiago de CompostelaSemente, 2016, Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela

Festivais e mostrasCurtocircuíto 2015, sección Planeta GZ, Santiago de CompostelaFestival de Cans 2016S8 Festival Internacional de Cine da Coruña, 2016Curtocircuíto 2016, sección Planeta GZ, Santiago de CompostelaGalician Film Forum Animation Edition 2016, LondresFestival de Cans 2017Festival Primavera do Cine 2017, VigoBAFICI, Buenos Aires Festival de Cine Independiente, 2017, ArxentinaFICC, Festival Internacional de Cine de Cuenca, 2017, EcuadorCinematic 2017 Edimburgo e Glasgow, 2017, Reino UnidoCeltic Animation Film Festival, 2017, Reino Unido

Premios e menciónsNovos Valores, 2015Segundo premio Auditorio de Galicia para novos artistas 2016Premio Planeta GZ, premio Universidade de VigoSegundo premio Festival de Cans 2017Mención de honor, Premio Campos Clinicae, 2017

Sempre sentín fascinación polas cidades, pola súa condición de xungla humana chea de historias. A grande urbe como un colector de asfalto, tráfico e ruído, onde os seres humanos deambulan arrastrados pola marea. Establecendo este escenario como marco para os meus proxectos, pretendo desenvolver historias que sobrevoan a idea de viaxe, o cambio, historias de personaxes perdidos nas que plasmar as miñas experiencias e divagar sobre os sentimentos e emocións de todas esas vidas cruzadas.

BORJA SANTOMÉ

Page 69: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

PAULA SANTOMÉ

Adaptaciones a un entorno urbano, Pontevedra Fotografía dixital, impresión con inxección de tinta | 60 x 40 cm c|u | 3 + 2 p.a. | 2017

Page 70: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

No meu traballo, o equilibrio e a sinxeleza na execución manifestan o modo no que quero relacionarme co mundo. Interésame a relación que se establece entre o suxeito e a súa contorna como aspecto fundamental da construción do eu. Busco captar un momento con certas características, como a levedade das cousas, o equilibrio ou a súa imposibilidade. Crear accións efémeras, que sexan en certo xeito escultóricas, dotalas de valor estético ao executalas premeditadamente, coidando as formas e o movemento e que, á vez, xeren un pensamento máis profundo sobre cuestións aparentemente simples e cotiás. Nesta peza exploro o vínculo que habitualmente establecemos co espazo social, ou como nos axustamos (ou adaptamos) ao que nos rodea, e que expreso mediante micro-accións espontáneas que poden ser entendidas como unha síntese do que en realidade, como seres sociais, facemos cada día. As nove fotografas elixidas para conformar o políptico manteñen uns aspectos estéticos similares, como poden ser o uso do monocromo ou a simplicidade ao traballar no ámbito do cotián, é dicir, na miña contorna máis próxima. É unha serie en proceso que continúo traballando na actualidade.

Paula Santomé (Vigo, Pontevedra, 1994) Grao en Belas Artes2017|2018 Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo2016|2017 Facultad de Bellas Artes de la Universidad Complutense de Madrid2015|2016 Luca School of Arts, Bruxelas, Bélxica2013|2015 Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo

Exposicións2017 Certame de artes plásticas Novos Valores, Museo de Pontevedra2016 Arte y Proceso, Sala de exposicións da Facultad de BellasArtes da Universidad Complutense de Madrid2016 I eye made this these, Greylight Projects, Bruxelas, Bélxica2015 Nowhere|Now here, LUCA Gallery, Luca School of Arts,Bruxelas, Bélxica

PAULA SANTOMÉ

Page 71: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

ANDREA TORRES

¡BOOM! (formas de violencia)Instalación | cerámica | dimensións variables | 2017

Page 72: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

É unha instalación escultórica no chan, composta por unha serie de pezas cerámicas, que mediante unha linguaxe poética, denuncia a violencia da guerra. Enfrontámonos a unha sociedade na que hai moitísimas “formas de violencia” e é necesario tratalas desde o campo da arte. Denuncias acedas e ao mesmo tempo harmoniosas para poder plasmar o cru do que se representan e que son unha constante nos meus proxectos. Por iso, ‘Boom!’ constrúese ironicamente a través de formas naturais como as das coliflores, que pola súa semellanza visual coas explosións contribúen na súa representación dando lugar a este xogo de formas e significados, onde algúns parecen estar a xogar, sementando medo e destrución.

Andrea Torres (Marín, Pontevedra, 1993) Graduada en Belas Artes, pola Universidade de Vigo. 2011-2015. Máster en arte contemporánea, creación e investigación. 2015-2016. Doutoranda en Belas Artes.

- Proxecto ACAMPA (POLA PAZ E O DEREITO A REFUXIO). Sala de exposicións Salvador de Madariaga. A Coruña. 2017

- Proxecto táctil. Arte para tocar. Casa das Campás. Vicerreitoria do Campus de Pontevedra. 2017

- Seleccionada para el BETAFEST. I Festival de video arte de Betanzos. Cine Alfonsetti. 2017

- Proxecto ATALAYA, Noroeste. Auditorio de Cangas do Morrazo. 2017- Participación na acción múltidisciplinar, SINCROONIZA. Cine

Adriano (Barallobre. Fene 2016)- Iso segue o seu curso. Sexto Edificio do Museo de Pontevedra. 2016- Comisariado do proxecto Palabra de artista (Pontevedra, Vigo,

Santiago, Lugo e A Coruña 2016)- Do final e do comezo. Pazo da Cultura de Pontevedra. 2015- Libro de Artista. Sala Sargadelos de Pontevedra. 2014

Premios e bolsas- Bolsa para asistir al VII Encontro de Novos Artistas de Santiago de

Compostela (2017)- Bolsa enmarcada no programa Iniciativa Xove para o comisariado

do proxecto Palabra de artista (Xunta de Galicia, 2016)- Bolsa tipo PC para a formación complementaria do alumnado

nos distintos campus da Universidade de Vigo nos sistemas informáticos e na aplicación das tecnoloxías da información e as comunicacións. 2015-2016

- Primeiro premio na modalidade de vídeo experimental. XIII Concurso de creación audiovisual convocado pola Universidade de Vigo. 2015

ANDREA TORRES

Page 73: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

CARLA ANDRADE DENNISE VACCARELLO

2a | Isla Ficticia II: boceto Bolígrafo sobre papel milimetrado | A3 (42 x 29,7 cm) | 2017

2b | Isla Ficticia II: planta Pigmento de cuncha de mexillón e pigmento de pedra amarela sobre táboa | 61 x 50 cm | 2017

2c | Isla Ficticia II: alzado Pigmento de cuncha de mexillón e pigmento de pedra amarela sobre táboa | 100 x 100 cm | 2017

2d | Pedra amarela 43°22’44.6”N 8°24’29.4”W | 18 x 9,5 x 4 cm | 22|01|2017

2e | Pigmento de cuncha de mexillón 42°27’15.9”N 8°56’00.0”W | 200 gr | 23|05|2017

Page 74: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Dennise Vaccarello (Lugo, 1989) Dennise é unha artista multidisciplinar, graduada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Actualmente está a realizar unha tese sobre cartografías ficticias na Universidade de Vigo, onde tamén cursou o Máster en arte contemporánea, creación e investigación. Realizou varias exposicións de carácter individual en concellos como Vilalba, Xermade, Guitiriz, Caldas de Reis ou Corcubión, e formou parte de diversas exposicións colectivas, entre as que destacan Magical Girls (Casa das Artes: Vigo, 2016), Proxectos inacabados, 25 años (U. Porto: Porto, 2016), (Sala X: UVigo, 2016), 42norte8oeste (SinSal 13: Pontevedra, 2015), Iso segue o seu curso (Fundación RAC: Pontevedra, 2015) ou Degree Show, el camí per fer (Centro Cultural Casa Elizalde, Barcelona: 2011). Participou da residencia de tendencias tecnolóxicas Exploradores15 (Illa de San Simón, 2015) e da VI Residencia da Bienal de Cerveira (Portugal: 2016) onde forma parte da colección da Fundación. Interveu no VI Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura (Santiago de Compostela, 2016), e nas publicacións dos catálogos das exposición antes mencionadas. A súa obra foi recensionada na revista CROMA 8 por Manuel Mata baixo o título “Como rir tarde: unha aproximación á inexactitude na obra de Dennise Vaccarello”.

Na técnica e no proceso agóchase o significado e a beleza do cadro: Esnaquizar os materiais ata facer pigmentos susceptibles de mesturar co aglutinante. Facer pasar unha pedra, acoutada nunha coordenada específica, pola cor dun territorio inexistente, ao revés que nos mapas nos que se condensa un territorio completo nunha única cor. Outorgarlle valor á exactitude da procedencia para imaxinar novos mundos. Illas que non existen pero proceden deste planeta, co que me pregunto, se as atopásemos na realidade, serían un lugar para a utopía ou para o espolio?, illas nas que esnaquizar os materias susceptibles de xeraren riqueza.

DENNISE VACCARELLO

dennisevaccarello.tumblr.com

Page 75: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

PABLO VENCE

Encerrar o movemento Escultura cinética | caixa, metacrilato, motor, poliexpán, rodas, polímero negro, tinta negra e sensor de movemento | 100 x 100 x 100 cm | 2017

Page 76: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Encerrar o movemento consta dunha caixa de cartón en cuxo fondo introduzo un motor parecido ao dun ventilador que ao prenderse por medio dun sensor xera un movemento continuo. Dentro da caixa totalmente pechada engado numerosas bólas de poliexpán que comezan a facer un remuíño co aire do motor e intentan escapar. A parte de arriba da caixa vai pechada por unha tapa de metacrilato a través da que o espectador pode observar ese movemento hipnótico que se produce dentro do espazo cerrado. A caixa é negra tanto por dentro coma por fóra para xerar un contraste de cores, o branco das bólas co negro. Os materiais que utilizo son reciclables, xa que non me interesa o resultado por fóra. É máis, a caixa é fea e só ao achegarse podemos apreciar algo diferente dentro dela. Como di o título, iso é o que consigo, encerrar o movemento. Tamén me interesan as reaccións da xente que se producen ao acercarse á obra.

Pablo Vence (Rodeiro, Pontevedra, 1979) 2009-2011 Ciclo superior de escultura. (Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso, A Coruña)2011-2015 Grao en Belas Artes. (UVIGO. Facultade de Pontevedra BBAA)

Exposicións individuais2013 exposición individual no Museo Municipal de Rodeiro (Pontevedra)

Exposicións colectivas2012-2013-2014 seleccionado certame Novos Valores (Pontevedra)2014 O retorno dos coidadores das hortas. Chantada (Lugo)O retorno dos coidadores das hortas. Ponferrada, León (Universidade de León)Exposición da XII Xuntanza internacional de artes plásticas Fundación Paco Lareo (Museo de Lalín)

Exposición colectivas2015 Fundación Hassis (Florianópolis, Brasil)2015 Rimas polo mundo. Sala X- Facultade Belas Artes. Pontevedra. (itinerante por diferentes países)

Premios, bolsas etc.2014 Participación na XII Xuntanza internacional de artes plásticas Fundación Paco Lareo. A Solaina de Piloño2014 Bolsas propias da UVIGO. Universidade do Estado de Santa Catarina2015 Bolsa Santander. Universidade Federal de Santa Catarina

Nos últimos tempos veño realizando imaxes xeradas por máquinas case rudimentarias ás que incorporo mecanismos e ferramentas de debuxo e pintura. O resultado é unha produción onde a aleatoriedade, o xogo, o infantil..., se articulan e constitúen unha linguaxe propia. Estes aparellos funcionan con motores simples que ao meterlles unha hélice comezan a vibrar. Ao introducir bolígrafos, rotuladores e outros materiais, xeran pinturas aleatorias. Pero isto non é o que máis me interesa dese traballo, senón a propia acción que se desenvolve onde o espectador queda abraiado por ver o percorrido destes aparellos mentres pintan.

PABLO VENCE

Page 77: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

MAR VICENTE

Acumulación de monocromos VII Pintura sobre lenzo e bastidor de madeira | 20 x 40 x 40 cm | 2014

Page 78: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

En xeral, o meu traballo busca outras formas de presentación do “cadro” e do pensamento dentro da disciplina pictórica, lonxe, ou non, das fórmulas convencionais. Para iso emprego materiais tradicionalmente vinculados á pintura cuxa importancia recae unhas veces na posta en escena e outras na variedade da forma, ou en ambas as dúas. Acumulación de monocromos VII fai unha clara referencia á pintura aínda que se presenta coma un obxecto observable desde diferentes puntos de vista. Neste caso, o soporte de madeira amósase perpendicular á parede e cada “monocromo” pregado amontóase un outro no seu interior. Trátase de dar un novo sentido e cuestionar o que serían as funcións convencionais de cada elemento. O bastidor, normalmente oculto, queda ao descuberto e “soporta” o peso da pintura.

Mar Vicente (O Valadouro, Lugo, 1979) Actualmente reside e traballa en Viena.

1999 - 2004: Licenciada en Belas Artes. Especialidade de pintura. Facultade de Pontevedra.

Exposicións _2017_Zerwurfeln. AUSTRIAN KULTURFORUM. Bratislava (SK) _2016_Blicke. Solo Project Fair con CollBlanc. Basel (SZ) _Cuadrado rojo. Solo Project Lima Art Fair. PARC (Perú) _Formensprachen. RITTERGALLERY. Klagenfurt (A) _Light and Geometry. CSIKÁSZ GALLERY. Veszprém (HU) _2014_Posiciones . GALERÍA TRINTA. Santiago de Compostela (E) _Mar Vicente. RITTERGALLERY. Klagenfurt (A) _2011_Verde y azul sobre rojo. GALERÍA COLL BLANC. Castellón (E) _Dimensionen der Malerei. KASSELER KUNST VEREIN. FRIDERICIANUM. Kassel (D) _Cuadrado azul. GALERÍA TRINTA. Santiago de Compostela (E) _Formato. SALA ALTERARTE. Ourense (E) _2010_Mar Vicente. RITTERGALLERY. Klagenfurt (A) _2009_ GALERÍA BACELOS. Vigo (E) _2007_Reflexo de superficies. STIFTUNG LAXEIRO. Vigo (E)

Exposicións colectivas _2017_Aestival. Cloitre des Billettes. Paris (F) _Korrespondenzen und Korrelationen. MONTAGEHALLE. Berlin (D) _ARCC.ART. Viena (A) _2016_Breves episodios. FUNDACIÓN LUIS SEOANE. A Coruña (E) _SeMente. AUDITORIO DE GALICIA. Santiago de Compostela (E)_Experimenta 10+1. Edificio MARCOS VALCARCEL. Ourense (E) _2015_9x9. GALÉRIA UMELCOV SPIŠA. Nová Ves (SK) _Settlemen. MINORITEN GALLERIE. Graz (A) _2014_Subkultan. Atelier Lichtempfindlich-Monat der Fotografie (eyes on). Viena (A) _Future. Rondo. Graz (A) _De lo natural a lo humano. GALERÍA ISKOÖ. Lugo (E) _2013_Veraneantes. MARCO. Vigo (E) _Hotel OBIR Reception. GALERIE VORSPANN. Bad Eisenkappel (A) _Colección. CGAC. Santiago de Compostela (E) _Geo-Neo-Post. MUSEUM VASARELY. Budapest (HU) _2012_A obra elixida. MIHL. Lugo (E)_Premio Internacional GUASCH CORANTY. Barcelona (E) _Premio Internacional Fundación MARÍA JOSÉ JOVE. A Coruña (E) _Mostra Internacional MACUF. A Coruña (E) _2011_”Streng Geometrisch”. MUSEUM MORDERNER KUNST KÄRNTEN (MMKK). Klagenfurt. (A)

MAR VICENTE

marvicente.es

Page 79: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

XABIER VIEIRO

Xogo de azar 9 Fotografía fotoquímica-dixital | inxección de tinta sobre papel Hahnemulhe baritado | 100 x 80 cm | 2016Modelo: Ana González Miranda Agradecementos : Andrés Etxeita · Mariam Marinho · Carlos Rey · Juan Adrio · Carmen Lage

Page 80: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Xabier Vieiro (Santiago de Compostela, A Coruña, 1983) Curso estudos da Licenciatura en Comunicación Audiovisual, en Santiago de Compostela, sempre co interese centrado no mundo da fotografía, e obtiven o DEA cunha análise sobre a obra de Andreas Muhler-Pohle. En 2010 estreo, xunto con Noa García, o documentario 3º GZ 1·10 sobre a carpintería de ribeira no noso país. En 2011 despraceime a Camelle (Camariñas) para recuperar e estudar a obra fotográfica de Manfred Gnädinger como tese de doutoramento baixo a dirección de Margarita Ledo. En 2015 obteño o título de técnico superior en fotografía artística pola EASD Mestre Mateo. Neste centro, obteño o I premio de imaxe corporativa en 2016 coa obra Ferralla. A miña actividade artística conflúe teimudamente na fotografía estenopeica, técnica coa que realizo paisaxes para distintas coleccións particulares, o problema da representación do corpo e a investigación de reflexos anómalos como metáfora da propia fotografía. Colaboro regularmente, ademais, no equipo gráfico do xornal Novas da Galiza.

Xogos de azar reflexiona en torno á fotografía como unha imaxe non fiel do mundo que nos rodea, o problema da representación do corpo, a irrepetibilidade efémera do referente da imaxe e a introdución do acaso como elemento constitutivo da obra de arte. Para conseguilo; púxose en marcha un xogo que introducía condicionantes no uso do dispositivo fotográfico, co-participativo entre modelo e fotógrafo. Alternativamente, e en ausencia un do outro, ambos manchaban aleatoriamente con ceras pigmentadas un espello, sobre o que posteriormente se reflectía o corpo da modelo nunha pose non programada de antemán. Mediante o emprego dunha cámara de placas, o reto consistía despois en trazar un plano de enfoque que atravesase visualmente o reflexo dende a súa superficie ata o reflexo do corpo da modelo; convertendo a superficie do espello nun espazo que, malia estar aparentemente dotado de profundidade, é totalmente inexistente na realidade. Como práctica dunha ecoloxía da imaxe, en consonancia coa filosofía implícita na cámara de placas, acordouse un número clauso de só 35 intentos. Preséntase o resultado número 9, ao saír este determinado polo acaso nunha tirada de dados.

XABIER VIEIRO

Page 81: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

How do the blind see the stars. (Como ven as persoas cegas as estrelas)Mapas estelares en braille (gofrado sobre papel de algodón) | prancha de cinc gravada e carta estelar impresa sobre papel | medidas variables | 2017

JESU YÁÑEZ

Page 82: 27 10 2017 8 4 2018 - e-auditoriodegalicia · artistas participantes, pois son elas e eles quen fai cada ano posible esta escolma. Finalmente, traslado os parabéns a de premiadas

DÉCIMO PREMIO AUDITORIO DE GALICIA PARA NOVOS ARTISTAS 2017

Jesu Yáñez (A Coruña, 1993) · 2015: Graduado en Belas Artes. Facultad de

Bellas Artes, Universidad Complutense de Madrid . Matrícula de honra no traballo de fin de grao e no proxecto final, titorizado por Jaime Aledo Codina.

· 2014: Arts and its Markets Course, Sotheby’s Institute, Londres.

· 2012: Fine Arts Summer Course, Saint Martins College University of Arts and Design, Londres.

· 2016: Taller con Tania Pardo, II Beca de La Colmena, la Casa Encendida, Madrid.

· 2017: Taller con Cristina Anglada, II Beca de La Colmena, La quinta del Sordo, Madrid.

Exposicións individuais e representación en galerías· 2017 - Lo pequeño. Espacio Amén. Madrid. - Gunderkammer project. Galería Sonámbula.

Madrid.· 2016 - Seis estudios sobre el nacimiento

de Venus. Valle Quintana. Madrid. - Representado por Artillery.mx, México DF.

· 2015 - La Naturaleza es caprichosa. Valle Quintana. Madrid. · 2010 - SPAM. Casa de las Atochas, A Coruña.

Exposicións colectivas· 2017 - Devenir Mundo. Exposición de peche

II bolsa La Colmena. Espacio Urg3l, Madrid. - Premio de Pintura Ibercaja 2017. Zaragoza.

- XIX Bienal internacional de arte de Cerveira. Vila Nova de Cerveira, Portugal.

- JustMad International Artfair. La Colmena II. Madrid.

· 2016 - Exposición inaugural II bolsa La Colmena. Espacio Urg3l, Madrid.

- Hoy es 2030. Comisario: Fernando Castro Flórez. Círculo de Bellas Artes, Madrid. Espacio Urg3l, Madrid.

- Certame Obra Abierta, Fundación Caja Extremadura, Plasencia.

· 2015 - Process art - Art in process, sala La Trasera, Universidad Complutense, Madrid.

- Punto y a parte. La Trasera, Facultad de Bellas Artes, Universidad Complutense , Madrid.

- Certamen Jóvenes creadores (Comunidad de Madrid). Madrid.

· 2013 - XVII Premio San Marcos, Sala La Salina, Salamanca.

- Bienal Ramón Portillo, Ciudad de Motril, Granada.

· 2012 - SOBRE LA ESENCIA HUMANA. Fundación Caja Duero, Salamanca.

- Jóvenes Pintores Fundación La Gaceta, Sala La Salina, Salamanca.

Premios, intervencións· 2017 - Finalista no Premio de Pintura Ibercaja

2017. Zaragoza.

- XIX Bienal internacional de arte de Cerveira. Vila Nova de Cerveira, Portugal.

- V Franqueados JustMad. Madrid. - Performance La soberbia. Los siete pecados

capitales no Café Pombo. Madrid. · 2016 - VI Encontro Artistas Novos. Cidade da

Cultura, Santiago de Compostela. - II Convocatoria de La Colmena. Plataforma

La Grieta. - Iniciativa Hoy es 2030. Comisariada por

Fernando Castro Flórez, Colectivo SUR y La Grieta. Madrid.

- Finalista certame Obra Abierta, Fundación Caja Extremadura.

· 2015 - Coordinador e participante en Process art - Art in process Universidad Complutense, Madrid.

- Finalista no certame Jóvenes creadores. Comunidad de Madrid, Madrid.

· 2013 - Seleccionado en XVII Premio San Marcos, Sala La Salina, Salamanca.

- Seleccionado en el V Bienal Ramón Portillo, Ciudad de Motril, Granada.

- Primeiro accésit en XII Certamen Jóvenes Pintores Fundación La Gaceta, Sala La Salina, Salamanca.

How do the blind see the stars. (Como ven as persoas cegas as estrelas) | mapas estelares en braille (gofrado sobre papel de algodón), prancha de cinc gravada e carta estelar impresa sobre papel | medidas variables | 2017

How do the blind see the stars (Como ven as persoas cegas as estrelas) aborda os límites entre o visible e o tanxible, as dúas armas da percepción estética, e afonda desde a sensibilidade no papel imaxinativo dos invidentes á hora de confomar o seu mundo.

Configúrase como unha instalación composta por tres mapas estelares feitos mediante a técnica de gofrado en papel. Imitando o relevo en braille. Ademais, a instalación inclúe a prancha de cinc utilizada no proceso de gravado e a carta estelar a partir da cal se realizaron os relevos. Amosando os principais axentes que forman o proceso de produción dos mapas, e establecendo unha metáfora visual co proceso cognitivo da persoa cega para chegar a imaxinar, se pode, un ceo nocturno estrelado.

Lonxe de limitarme unicamente a unha reflexión sobre a incapacidade das persoas invidentes de estruturar unha imaxe fiable da contorna, ao incluír esta obra na canle artística poño en tea de xuízo a capacidade obxectiva do espectador de relacionarse coa súa contorna e, neste caso, coa obra. Noutras palabras, invitando á reflexión sobre a subxectividade das sensibilidades e a relatividade da percepción, xa que, para eles mesmos, percibir a sutileza deste proxecto será, seguramente, unha tarefa máis complexa do que sería para unha persoa cega, mesmamente desde o seu carácter ontolóxico. Polo tanto, esta obra sérvese da insensibilidade visual que teñen as persoas cegas cara ao mundo para falar da poética enmascarada que se esconde detrás das limitación e subxectividades máis íntimas.

JESU YÁÑEZ