240212 acta pleno ordinario

12
ACTA DA SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 24 DE FEBREIRO DE 2012. ASISTENTES: Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 20:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria do Pleno prevista para esta data. ORDE DO DÍA 1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores, acta nº 12/2011 da sesión extraordinaria de 25.11.2011, a petición da oposición, acta nº 13/2011 da sesión ordinaria de 25.11.2011, acta nº 14/2011 da sesión extraordinaria de 30.11.2011, sobre o monasterio de Oia e acta nº 1/2012 da sesión extraordinaria de 30.01.2012. En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer as actas correspondentes ás sesións nº 12/11 de 25 de novembro, extraordinaria, a petición dos propios concelleiros da oposición, nº 13/11 de 25 de novembro, ordinaria, nº 14/11 de 30 de novembro, sobre o convenio do monasterio e nº 1/2012 de 30 de xaneiro, extraordinaria. Os Srs concelleiros din que queren comentalas unha por unha separadamente. ALCALDE-PRESIDENTE: D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP). CONCELLEIROS: D. Camilo González Giráldez ( PP) D. Eugenio Portela Pérez ( PP) Dª Rosa María Miniño Flores( PP) Dª Carmen María Estévez Adrover( PP) D. José Albino Diego Peleteiro ( PP) Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE) D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE) D. Roberto González Martínez (PSOE) Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE) D. José Miguel Giráldez Martínez (BNG) SECRETARIA: Dª María Cabodevila Ros 1

Upload: bng-oia

Post on 21-Mar-2016

236 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

ACTA DA SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 24 DE FEBREIRO DE 2012

TRANSCRIPT

Page 1: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

ACTA DA SESION ORDINARIA DO PLENO DA CORPORACIÓN DE 24 DE FEBREIRO DE 2012.

ASISTENTES:

Na Casa Consistorial do Concello de Oia (Pontevedra), sendo as 20:00 horas, baixo a presidencia do Sr. Alcalde D. Alejandro Rodríguez Rodríguez, coa asistencia da Secretaria, reúnense os señores Concelleiros relacionados ó marxe que constitúen a Corporación do Concello de Oia, ó obxecto de celebrar a sesión ordinaria do Pleno prevista para esta data.

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións anteriores, acta nº 12/2011 da sesión extraordinaria de 25.11.2011, a petición da oposición, acta nº 13/2011 da sesión ordinaria de 25.11.2011, acta nº 14/2011 da sesión extraordinaria de 30.11.2011, sobre o monasterio de Oia e acta nº 1/2012 da sesión extraordinaria de 30.01.2012.

En aplicación do disposto no artigo 91.1 do Regulamento de Organización e Funcionamento das Corporacións Locais, o Sr. Alcalde comeza preguntando ós Srs. Concelleiros se teñen algunha observación que facer as actas correspondentes ás sesións nº 12/11 de 25 de novembro, extraordinaria, a petición dos propios concelleiros da oposición, nº 13/11 de 25 de novembro, ordinaria, nº 14/11 de 30 de novembro, sobre o convenio do monasterio e nº 1/2012 de 30 de xaneiro, extraordinaria.

Os Srs concelleiros din que queren comentalas unha por unha separadamente.Comenzando pola acta da sesión extraordinaria nº 12/11 de 25 de novembro, sobre as riadas, comeza interviñendo o Sr. Jose Miguel Giraldez para decir que agradece a presenza dos veciños no pleno, que teñen dereito a participar na vida política do concello; sigue decindo que xa saben que ao PP non lle gusta ter público pero no ultimo pleno foron capaces de modificar o réxime de sesións ordinarias, pola ausencia de dous concelleiros do grupo de goberno e por iso están aquí hoxe.Di que o Alcalde manifestou ter visto pola tele que houbo riadas en moitos sitios. Di que el quere decirlle que mal de moitos consuelo de tontos. Di que o Alcalde comprometeuse a dar conta dos proxectos que ían vir para o arranxo dos problemas que sufrimos desde as riadas de 2006 e dixo que descubriron as taxeas tapadas.

ALCALDE-PRESIDENTE:

D. Alejandro Rodríguez Rodríguez ( PP).

CONCELLEIROS:D. Camilo González Giráldez ( PP)D. Eugenio Portela Pérez ( PP)Dª Rosa María Miniño Flores( PP)Dª Carmen María Estévez Adrover( PP)D. José Albino Diego Peleteiro ( PP)Dª Rosa María Otero Carballa (PSOE)D. Gerardo Rodríguez Refojos (PSOE)D. Roberto González Martínez (PSOE)Dª Sandra Rodríguez Alonso (PSOE)D. José Miguel Giráldez Martínez (BNG)

SECRETARIA:Dª María Cabodevila Ros

1

Page 2: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

Di que non reuniu a todos os presidentes das Comunidade de Montes; só o de Viladesuso para facer o paseíllo coas autoridades.

A Sra Rosa Otero di que o Alcalde vai a coller gustillo ás sesións plenarias en horario de tarde e non cree que volva a poñelos pola mañá.O Sr. Alcalde di que levan gobernando desde 2003 e nunca se fixo nada a escondidas. Di que as cousas se fan diante da secretaria e con claridade e transparencia.Di que os concelleiros din que o PP ten medo pero é que aquí o PP non existe; aquí hai 6 personas que se preocupan polos veciños; di que son do PP cando hai eleccións pero logo non; que crecen cando toca traballaor por Oia e se a oposición non quere axudar irán solos.Sigue decindo que os compromisos se cumplen; que están repartindo as invitacións para o 28 de febreiro; veñen a presentar o proxecto e estará o Pte de Augas de Galicia.Di que el vai a pregunta por que non o trouxeron no prazo que comrpometeran de mes e medio; di que el xa sabe por que, pero prefire que o digan eles que sona máis creíble. A Sra Rosa Otero di que eso non é así; que xa expuxeron o tema e está recollido na acta; di que tiña que integrarse, si existe unha plataforma veciñal ten que integrarse porque é o alcalde de todos.

O Sr. Alcalde di que se asisten á reunión do martes xa llo dirá o propio presidente. Di que cando el se mete nun lío non necesita plataformas; di que non quere decir que a plataforma esté a máis pero mentres el poida xestionar o tema.................sigue decindo que si eles non cumpren o comprometido denunciará; di que xa o dixo naquel momento; di que non sabe se van a cumprir ou non; que se verá, pero que o proxecto ascende a 800.000,00 € e non minte; di a verdade.Di que cada vez que hai riadas chámano a el e aos que están aquí día e noite e non á oposición.O Sr. Jose Miguel Giraldez di que eso é o que pasa con tódolos alcaldes.O Sr. Alcalde sigue decindo que non ten problema coas reunións; que se levan a cabo xestións e se logo non dan froito pois non dan.Di que igual eles, que son tan demócratas van cunha escopeta a materar a alguén na xunta; el non.O Sr. Jose Miguel Giráldez di que pode retirar esas palabras.O Sr. Alcalde di que o peor que lle pasou a Oia foron os anos do bipartito; di que ata Olmedo dixo daquela que non conseguía una cita co director xeral de urbanismo, ata dentro de dous anos.A Sra Rosa Otero di que debe medir as palabras; que non pode decir que vostede so é suficiente para gobernar todo. Di que está recollida en acta que o grupo socialista dixo aquí que pode convocarnos para o que precise en situacións de emerxencia como esa.O Sr. Alcalde contesta que si se ofrecen chamaraos; di que ata agora non houbo nada diso.A Sra Rosa Otero di que sempre é enriquecedor escoitar aos demáis.O Sr. Alcalde di que sempre os escoita e fai todo o que pode; máis non pode facer; di que o unico que non conseguirán é baixarlle o soldo.O Sr. Jose Miguel Giráldez pregunta por que non se convoca a tódolos presidentes das CCMM e por que non se destapan as taxeas.O Sr. Alcalde contesta que si vai a Viladesuso é normal que veña o Presidente de Viladesuso.O Sr. Jose Miguel Giraldez di que tamén hai problemas en Mougás, Oia e Pedornes.O Sr. Alcalde di que as taxeas, que son 105 ou así, mirounas mentres se facían pero non sabe quen as tapou. Di que agora hai uns equipos de Medio Rural que están destapándoas todas.O Sr. Eugenio Portela Pérez di que Medio Rural destapaba e os veciños tapaban.

2

Page 3: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

O Sr. Jose Miguel Giráldez pregunta por que.O Sr. Alcalde contesta que porque están en contra das tajeas.O Sr. Jose Miguel Giráldez di que será por algo.O Sr. Alcalde di que porque lles entraba a auga nas casas.O Sr. Jose Miguel Giráldez di que menos mal; que xa saben por que.O Sr. Alclade di que se fixo un rego pra o rio.O Sr. Jose Miguel Giráldez pregunta se o problema está agora no rio.O Sr. Alcalde convídavos de novo a vir á reunión con Augas de Galicia o día 28 e alí verán o proxecto, os problemas e as solucións propostas. Di que mentres o monte non colla consistencia teremos problemas, se chove moito. Calculan que teñen que pasar 10 anos.Sometida a votación a acta da sesión 12/2011 de 25.11.2011 apróbase por unanimidade dos asistentes ( 11 votos).

Respecto da acta da sesión 13/11 do pleno ordinario de 25.11.2011, o Sr. Jose Miguel Giraldez di que os plenos son cada 3 meses pero hai unha total falta de iniciativa por parte do goberno municipal; que os proxectos grandes non dan saído e a débeda crece cada vez máis.O Sr. Alcalde di que teñen unha capacidade enorme de xestión; tan grande que o concello quédaselles pequeno.Di que os gastos de reparacións son enormes, e que se fixeron gastos de emerxencia pero todo vai a resolverse neste ano.A Sra Rosa Otero di que fala de gastos de emerxencia por cousas como o campo de futbol ou os parques infantís e eso non son emerxencias.O Sr. Alcalde di que o campo de futbol era unha merxencia porque hai equipos que non tiñan onde xogar.Sometida a votación a acta da sesión 13/2011 de 25.11.2011 apróbase por unanimidade dos asistentes ( 11 votos).Respecto da acta 14/2011 de 30.11.2011 o SR. Jose Miguel Giraldez empeza decindo que non puido asistir por motivos de traballo pola manía de facer os plenos pola mañá.Dito esto, o Sr. Alcalde dice que o PXOM xa está aquí e non sabe a que espera para traelo a Pleno. Di que é unha necesidade básica para a seguridade xurídica dos veciños.O Sr. Alcalde di que levamos en trámite desde 2005; que o 21.04.2010 hubo cambio sustancial no réxime do solo e houbo que adaptalo documento á nova norma; di que agora están sobre a miña mesa; di que logo veu o POL e tamén hai que adaptalo.O Sr. José Miguel Giráldez pregunta si ese documento do que fala, que está na súa mesa, é ou non o definitivo.O Sr. Alcalde contesta que sí; que esta semana falou con Rosa para que veñades a velo polas tardes; di que incluso si prefiren vir o sábado ofrécese a abrir o concello. Di que non ten interese ningún en ocultar nada; vinde a estudialo e cambiade o que queirades. Di que é un documento complicado así que se hai dudas haberá que chamar ao redactor para que veña a explicalo. Di que el pasou unha tarde enteira para correxir cousas e cree que faltan algunhas correccións pero haberá que velo. O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta polo Monasterio; en que fase está.O Sr. Alcalde contesta que hobo outra reunión en Deputación á que asistiron a empresa co abogado e o arquitecto, ademáis de Louzán i eu.

3

Page 4: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

Di que pareceulle mal que o concello puxera todo da súa parte para levar o borrador do convenio a pleno e logo eles recurran o acordo. Di que faloulles claro e díxolles algunha frases fortes diante deles e de Louzán e o día seguinte a Secretaria falou co abogado que lle confirmou que non van a retira-lo recurso pero tampouco lle van a dar trámite.Di que agora están preparando a modificación puntual das NNSS e logo mirarán o tema en profundidade.Sometida a votación a acta da sesión 14/2011 de 30.11.2011 apróbase por unanimidade dos asistentes ( 11 votos).

Finalmente respecto da acta 1/12 de 30.01.2012 o Sr. Jose Miguel Giraldez pide a corrección do parrafo 9 da paxina 3, de xeito que onde di: “veu a decir que o concello está funcionando como axencia de colocación; con unha ETT que usa para................” debe decir: “veu a decir que o concello está funcionando como axencia de colocación; como unha ETT que usa para................”A Secretaria di que toma nota.Sometida a votación a acta da sesión 1/2012 de 30.01.2012 apróbase por unanimidade dos asistentes ( 11 votos).

2.- Informe de morosidade a 31.01.2012, para tramitación ante os organos externos de control.

O Sr. Alcalde da a palabra á secretaria co fin de que explique este asunto.A Secretaria expón que, como xa saben, cada trimestre teñen que tramitar un informe de morosidade por imposición da Lei 15/2010 de modificación da lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade, dando conta ao Pleno, e logo aos organos externos de control ( autonómico e estatal), da situación de morosidade na que se atopa o concello, tendo en conta que se presentan tres informes: facturas que levan máis de un mes sen tramitación, facturas que levan máis de tres meses sen tramitación e facturas que están incumprindo o prazo de pago.Di que os tres prazos se contan a partir da data de entrada no rexistro das facturas en cuestión, ten do en conta que o prazo para pagar é de 40 días neste ano 2012 e era de 50 días en 2011.Sigue explicando que o informe se emite a 31.01.2012 o que significa que ningunha das tres relacións contables que se incorporan ao expediente recollen facturas con entrada no rexistro neste ano 2012, porque a 31.01.2012 non pasara aínda nin o mes natural polo que as facturas deste ano non están en ningunha desas tres situacións; os tres listados recollen facturas de 2011, que, como verán, na meirande parte delas, están no recoñecemento extraxudicial que aprobamos o 30.01.2012, e, nalgúns casos, a día de hoxe, xa pagadas.Di que eso nos leva a concluir que a interpretación que facía antes algún concelleiro de que xa temos outra vez 117.000,00 € de débeda acumulada non é correcta. Non é debeda nova senón que esas facturas xa as coñecíamos, e moitas, incluso están pagadas xa hoxe, aínda que non o estaban a 31.01.2012, cando emitin o informe.

O Sr. Jose Miguel Giráldez pregunta qué previsión de ter listo o orzamento 2012.O Sr. Alcalde contesta que pronto.A Sra Rosa Otero di que o presuposto 2012 esta hipotecado polos gastos excesivos de 2011, así que como é un mal xestor debería pagar do seu bolsillo.O Sr. Alcalde di que on quere facer sangre.A Sra Rosa Otero di que xa sabe que a sangre lévaa moi ben.O Sr. Alcalde di que teñen que velo como unha inversión adiantada.O Sr. Gerardo Rodríguez di que o gasto de luz ascende a 193.00,00 € polo ano 2011.O Sr. Roberto González di que quedan 9.000,00 € para este ano.O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta si chegarán.O Sr. Alcalde di que xa non chegaba o previsto para o ano pasado, e según a oposición xa ía haber un corte en novembro.

4

Page 5: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

A Sra Rosa Otero di que a amenaza de corte existiu.O RS. Alcalde di que están traballando para reducir drásticamente o gasto en luz.O Sr. Jose Miguel Giraldez di que a enfermidade está no goberno local .O Sr. Alcalde di irónicamente que sí; que xa sabe que nestes anos puxemos luz a tódolos amigos. Sigue decindo que hai que ter en conta que a luz subiu cerca de un 50% desde hai 4 anos e que el non está disposto a apagarlle a luz aos veciños.A Sra Rosa Otero pregunta si conseguiu a subvención para a auditoría eléctrica, e para a renovación de bombillas?.O Sr. Alcalde contesta que se tramitan xuntas e que non cree que vaian a faiar.Di que espera sacar rendimento das viaxes que fai a Santiago.A Sra. Rosa Otero pregunta si pensa facer contratos para os servizos fixos do concello.O Sr. Alcalde di que Rajoy sacou un RD que prohíbe a contratación de personal, fora dos servizos esenciais.A Sra Rosa Otero di que se refire aos contratos administrativos de servizos.O Sr. Alcalde di que desde hai catro ou cinco anos non participa nos procesos de selección.Os concelleiros din que está confundindo os procesos; que se refiren aos contratos que ten que sacar a concurso público.O Sr. Gerardo Rodríguez di que a única maneira de evitar estes recoñecementos extraxudiciais é facer un presuposto real porque sempre estiveron inflados e logo non se recada o previsto e resultan deficitarios.O Sr. Camilo González Giráldez di que no orzamento 2012 vai haber partidas concretas para gastos concretos.A Sra Rosa Otero di que haberá partidas hipotecadas.O Sr. Roberto González pregunta si vai a haber máis recoñecementos extraxudiciais este ano.O Sr. Gerardo Rodríguez di que seguro que máis de un.O Sr. Alcalde laméntase de que ZP non viñera a buscalos a eles; di que agora temos España arruinada.A Sra Rosa Otero di que non foi ZP quen a arruinou. Sigue decindo que en breve virá outro recoñecemento extraxudicial.

Sometido o asunto a votación o concello en Pleno, cos votos favorables dos concelleiros do PP ( 6 votos) e os votos en contra dos concelleiros do PSOE e BNG ( 5 votos), adopta o seguinte acordo:

PRIMEIRO.- Que no prazo de 15 días contados desde o seguinte ó día de hoxe se publique no tablón de anuncios do Concello, un informe agregado da relación de facturas e documentos presentados pola Tesourería e a Intervención nos seus respectivos informes, agrupándoos según o seu estado de tramitación.

SEGUNDO.- En cumprimento do artigo 4.4 da lei 15/2010, remitir o Informe de Tesourería ós órganos competentes do Ministerio de Economía e Facenda (Dirección Xeral de Coordinación Financieira coas CCAA e coas EELL) e ós da CCAA de Galicia que teñan atribuida a tutela financieira das Entidades Locais.

3.-Mocións, propostas, escritos dos grupos políticos.

Non se presentaron.

CUARTO: Mocións de urxencia.

O Sr. Alcalde pregunta se hai mocións dos grupos políticos para presentar pola vía da urxencia.

Os concelleiros do PSOE contestan que eles traen tres mocións para tramitar pola vía da urxencia.

5

Page 6: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

O Sr. Alcalde pide que enuncien cada unha das mocións co fin de que o Pleno se pronuncie sobre a consideración das mesmas como urxentes, para o seu debate e votación.

A Sra Rosa Otero Carballa di que a primeira moción que presentan á sobre a plataforma de apoio a SOS Sanidade Pública, e da lectura á exposición de motivos.

A continuación o Sr. Roberto González da lectura á exposición de motivos da segunda das mocións, sobre o Día Internacional das Mulleres.

Finalmente, D. Gerardo Rodríguez lee a terceira moción sobre a circulación e a seguridade vial para o entorno do Mosteiro.

A continuación o Sr. Alcalde contesta, en primeiro lugar a Gerardo decindo que chega tarde por tres días; que eso está xa aprobado na ultima xunta de goberno, así que, entende que esta moción xa non ten razón de ser.Polo que respecta á moción sobre a plataforma de apoio a Sos Sanidade Pública, o Sr. Alcalde di que non quere decir que non por decir, pero o certo é que non se trata dunha moción urxente, e en todo caso, el non coñece a niguén que teña pagado algo por ir ao médico. A Sra Rosa Otero di que todo chegará; que polo pronto xa van a empezar a pagar pola tarxeta sanitaria.Neste punto intervén a concelleira Dª Carmen Estévez Adrover para decir que tamén se paga pola renovación do DNI, ou cando se perde ou por caducidad; que é algo lóxico.Sobre a moción do día internacional das Mulleres, o Sr Alcalde di que tampouco é urxente, ao que os concelleiros do PSOE contestan que sí, porque o día da Muller traballadora é o vindeiro 8 de Marzo e de aquí alá non teremos outro pleno.

O Sr. Alcalde ofrece aos concelleiros do PSOE que accedan a deixalas sobre a mesa co compromiso do Alcalde que se incluiran na próxima sesión do pleno xa na orde do día.

Os concelleiros prefiren votalas polo que sometida a votación a urxencia das mocións, resulta rexeitada por maioría absoluta, cos votos a favor da urxencia dos concelleiros de PSOE e BNG ( 5 votos) e os votos en contra dos concelleiros do PP ( 6 votos).

O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta pola parte da súa moción que se refire a elaboración e aprobación dunha ordenanza en materia de tráfico, e pregunta si tamén a teñen preparada.O Sr. Alcalde contesta que debatirán si é ou non necesaria para por uns sinais.

5.- Control ós organos de goberno:

Rogos e preguntas. Dación de conta de resolucións de alcaldía desde o ultimo pleno ordinario.

No turno de rogos e preguntas, comeza interviñendo Dª Rosa Otero para preguntar pola reunión que o Alcalde tiña prevista co propietario do local alugado para centro de saúde.O Sr. Alcalde contesta que o vindeiro 5 de marzo ten unha reunión coa Conselleira de sanidade e espera traer unha conclusión.

A Sra Rosa sigue preguntando polo proxecto de execución das beirarrúas e pregunta si comeza no camiño que accede ao cemiterio e remata no Batuque.O Sr. Alcalde contesta que si; di que non lle vai pedir que non cumpla co seu deber pero o que non pode ser é que leven dándolle voltas a este tema desde tempos de Olmedo.

A Sra Rosa Otero pregunta polos plátanos cortados.

O Sr. Alcalde di que hai un proxecto na Deputación de continuar a rúa ata a PO-552 E Baltasar Pujales dixo que había que eliminar as arbores; di que anchearán as aceras, para o que facía falta sacar os platanos.

6

Page 7: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

A Sra Rosa Otero pregunta polo depósito das escolas, a quen suministra.O Sr. Alcalde contesta que faise por motivos de cota; di que tanto Paco Alonso como os Enxeñeiros de Eiriña están de acordo; se modificou o proxecto e encargaron as pezas; levará 50.000 litros máis de auga.

A Sra Rosa Otero pregunta polo expediente de reposición de legalidade da Tapería A Camboa e pregunta como está.O Sr. Alcalde contesta que o concello cumpriu coas súas obrigas.O Sr. Jose Miguel Giraldez pregunta en qué consiste a reposición.O Sr. Eugenio Portela contesta por sí mesmo, decindo que está esperando a que Costas diga en qué se excedeu para retirar ese exceso. Di que o aparellador errou nun plano e invadimos a servidume marítimo terrestre, pero que os finalmente perxudicados, ademáis de min, son os veciños de Oia porque este negocio trouxo moita xente a Oia. Sigue decindo que ojalá moitos empresarios fixeran como el.A continuación acusa a Jose Miguel Giraldez de estar facendo obras sen licencia en finca situada frente ao Boa Vista; di que el viu obreiros alí traballando e que lle consta que non hai licencia.

O Sr. Jose Miguel Giraldez contesta que non é certo; que nunca houbo obreiros e que non se fixo nada alí aínda; di que está preparando o proxecto para rehabilitar a casa que hai alí pero que aínda non se fixo nada, nin fará sen a licencia municipal.Reta ao Sr. Portela a velo, visitando a finca con el ao remate do pleno.

O Sr. Alcalde di que non poden saír na prensa desa maneira.O Sr. Eugenio Portela di: “ politiquillos”.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que politiquillos son eles.

O Sr. Roberto González di que el pode certificar que na casa de Jose Miguel non se fixo obra ningunha.

A Sra Rosa Otero pide ao Alcalde que lles conte algo respecto do proxecto de Acuatica.O Sr. Alcalde di que o presidente de Augas de galicia pediu expresamente que non fixera público o contido do proxecto e non vai a faltar a palabra que lle dou; di que o martes 28 veñen os técnicos a expoñelo e xa non vos envío carta de invitación; dádevos por invitados.A Sra Rosa Otero di que esepra que ofrezan garantías de que a obra resultará.O Sr. Alcalde di que eles saben do que tratan.A Sra Rosa Otero di que eso as veces non é suficiente.O Sr. Eugenio Portela di que el ten claro que non lle gusta.

A Sra Rosa Otero pregunta polo Plan de Infraestructuras de Medio Rural e si poden facer propostas de camiños que habería que arreglar.O Sr. Alcalde di que eso xa está enviado porque era urxente, e que se incluiron os camiños de Vilariño en Burgueira e Sobral en Viladesuso.A Sra Rosa Otero di que eles querían propoñer un camiño que é histórico, que está fatal e é unha pena, que é o camiño de Liñares.

A continuación intervén o concelleiro Sr. Roberto González para decir que o goberno municipal fai caso omiso dos acordos plenarios e volve a preguntar si fixeron algo en relación coa moción de urxencia que tramitaron en agosto, respecto do acceso ao mar da urbanización de Viladesuso.

O Sr. Alcalde di que o concelleiro non lee as actas.

O Sr. Roberto González pregunta si se reuniu co presidente da comunidade.

O Sr. Alcalde consta que si; que xa llo dixo no ultimo pleno e non volvín a velo.

7

Page 8: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

O Sr. Roberto González di que o Alcalde é un mal xestor; que non está resolvendo nada e pregunta si ten pensado darlle solución ou non.

O Sr. Alcalde di que o concelleiro non fai máis que protestar.O Sr. Roberto González di que as solucións esta poñéndoas el; que basta con que cedan un metro para garantir o acceso ao mar.

O Sr. Gerardo Rodríguez di que quere falar do instrumento en que se recollen as zonas LIC de Oia; que é un instrumento que prevalecerá sobre calquera norma urbanística que podamos dictar; que o prazo de alegacións remata o vindeiro 16.03.2012 e que cando se aprobe non terá remedio; di que el falou coas CCMM porque son interesadas porque lles afecta e cree que debían facer unha exposición ás comunidades para explicarlles ata qué punto pode afectarlles.

Logo volve a preguntar por qué non se volve aos plenos mensuales; que un pleno trimestral é máis incómodo para todos porque hai situacións que xa pasaron e demasiadas cousas que preguntar e todos se cansan.

O Sr. Jose Miguel Giraldez di que si quere reducir aínda máis as asistencias a sesións para que o gasto sexa o mesmo non hai problema pero debían celebrarse con maior frecuencia.

Os concelleiros Sr Roberto González e Sr. Giráldez Martínez comentan que os de Acciona que constrúen o carril bici están poñendo madeira nas áreas de mirador salvo en Mougás que puxeron un muro que pode causar problemas no futuro se ven unha riada. Di que debían tirar ese muro e sustituilo por unha valla de madeira.

O Sr. Jose Miguel Giráldez engade que siguen sen saber nada do carril bici; que solo saben que se está executando pero non hai maneira de que o alcalde consiga o proxecto. “E logo os politiquilllos somos nós; que vergonza.”

A Sra Sandra Alonso di que por 4ª vez ven a pedir o espello para Cardorío á salida do xardín e volve a preguntar pola presa do parque que está a medias e xa non hai cartel da obra; di que non sabe si eso significa que xa queda así o que; di que non entende que se faga un parque e non se poida usar; eso sí que é tirar os cartos.Di que tamén falta o alcantarillado; quéixase de que o alcalde tenos abandonados.

O Sr. Alcalde di que Pedornes é a parroquia onde máis inversión se fixo nos ultimos anos e non pode ser todo para alí.

A Sra Rosa Otero pregunta si xa funciona o saneamento do Porto.O Sr. Alcalde di que non sabe que vai facer con Fenosa; que non hai maneira de falar con eles; que o saneamento está feito e tamén os novos postes de tendido para darlle corriente, pero que agora faltan os CUPS.

O Sr. Roberto González di que tódolos concellos promoven o camiño de santiago e pregunta si fixeron algo aquí.

O Sr. Alcalde di que este Alcalde foi o inventor do camiño pola costa; di que é certo que non hai sinais senón flechas amarelas como polo resto do camiño; que da sinalización se ocupa o organismo do Xacobeo.

A Sra Rosa Otero di que no colexio, onde dan volta os buses sería bo habilitar unha zona para o xiro onde non cheguen os nenos; di que aquelo está sendo perigoso.O Sr. Alcalde pide á concelleiro Rosa Miniño que explique; ésta di que xa tiñan as vallas preparadas para delimitar a zona e roubáronolas.

O Sr. Roberto González pregunta pola factura de 12.791,00 € de publicidade Oia e a que se refire.

8

Page 9: 240212 ACTA PLENO ORDINARIO

O Sr. Alcalde di que a diversos traballos no campo de futbol.O Sr. Jose Miguel Giráldez fala da rede natura e di que debía ampliarse desde as Orelludas ata a estrada co fin de evitar que se instale alí unha piscifactoría.

O Sr. Camilo González di que ese non é sitio adecuado; di que xa o rexeitaron no seu día nun pleno.

O Sr. Jose Miguel Giráldez di que está prevista no ultimo plan acuícola de Galicia e eso supón que si decinden impulsalo non lle fai falta nin licencia municipal.Pregunta si van a facer o posible por evitar a súa instalación ahí.

O Sr. Alcalde di que xa fixeron unha alegación e contestou a xunta que decía que eu non era quen de falar de impacto ambiental; que chegado o caso sería o organo competente quen se pronunciara sobre eso.Di que despois Carmen Gallego lle recordou que non precisa licencia municipal cando el afirmou que si ía adiante outorgaría a licencia cando non lle quedara máis remedio.

O Sr. José Miguel Giráldez di que o mesmo pasa co parque eólico do Merendón; que sodes o único goberno que está a favor da súa instalación.O Sr. Alcalde di que eso é distinto; que el mantense fiel a súa idea.

O Sr. Camilo González di que el pensa que vai a ser interesante.

O Sr. Jose Miguel Giráldez di que xa sabe por qué o Alcalde está a favor.

O Sr. Alcalde di que a el faille máis dano un eucalipto que un eolo pero que se os veciños queren poñelo non vai a ser el o que diga que non.

O Sr. José Miguel Giráldez di que no monte ten unha repercusión enorme; que os xacementos arqueolóxicos non van a controlarse.

O Sr. Gerardo Rodríguez pregunta polos orzamentos de 2012 e di que mirará a ver como ser recorta o capitulo 1.Pregunta si van a facer alegacións á rede natura.

O Sr. Alcalde di que si; que non afecta de todos modos en nada ás labores agrícolas e a gandeiría etc salvo para plantar especies foráneas, que non é posible, pero di que hai casas que están dentro do que propoñen como rede natura así que vamos a intentar que nos permitan a edificación en planta baixa, que é unha zona moi bonita para eso.

Sen máis asuntos que tratar, cando son as 22.36 horas do 24.02.2012, o Sr. Alcalde levanta a sesión, da que extendo a presente acta, que asina comigo o Alcalde-Presidente.

O Alcalde A Secretaria

Asdo. Alejandro Rodríguez Rodríguez Asdo. Maria Cabodevila Ros

9