1º eso.tema 5 ii.a terra e lúa

6
1 Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia Tema 4 II. A Terra e a Lúa. Apuntamentos: Xacobo de Toro Nome d@ alumn@: 1. A TERRA Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto durante unha exposición moi longa (ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) durante toda a noite, quedaría o rastro do paso das estrelas en forma de estela circular na fotografía. Observa a imaxe e resposta: que demostra isto? Podes localizar a estrela Polar na imaxe? A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 26 segundos en completarse (365,2622 días), co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía Láctea (a nosa galaxia) polo Universo. 1.1. O movemento de rotación da Terra. A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5º respecto á eclíptica (eixo norte –sur). Tarda 24 horas en cada rotación completa producindo deste xeito, o día e a noite nas diversas partes do mundo. A inclinación que teña a Terra nun momento determinado do ano, determinará a duración do día respecto á noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo, por iso o Sol vémolo saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou poñente. Aínda que nos pareza que o Sol se move, non é así, posto que en realidade a que se move é a Terra. 1.2. O movemento de translación A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano) movéndose a unha velocidade de 107.000 Km/h. Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

1º ESOCiencias da NaturezaA terra e LúaApuntamentos elaborados polo profesor Xacobo de Toro

TRANSCRIPT

1

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia

Tema 4 II. A Terra e a Lúa. Apuntamentos: Xacobo de Toro

Nome d@ alumn@:

1. A TERRA

Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto durante unha exposición moi longa (ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) durante toda a noite, quedaría o rastro do paso das estrelas en forma de estela circular na fotografía.

Observa a imaxe e resposta: que demostra isto? Podes localizar a estrela Polar na imaxe?

A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 26 segundos en completarse (365,2622 días), co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía Láctea (a nosa galaxia) polo Universo.

1.1. O movemento de rotación da Terra.

A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5º respecto á eclíptica (eixo norte –sur). Tarda 24 horas en cada rotación completa producindo deste xeito, o día e a noite nas diversas partes do mundo. A inclinación que teña a Terra nun momento determinado do ano, determinará a duración do día respecto á noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo, por iso o Sol vémolo saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou poñente. Aínda que nos pareza que o Sol se move, non é así, posto que en realidade a que se move é a Terra.

1.2. O movemento de translación

A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano) movéndose a unha velocidade de 107.000 Km/h.

O Sol non se atopa no centro exacto da órbita, nin tampouco a Terra describe un círculo, polo que a distancia Sol-Terra varía en función do momento do ano.

Data Distancia Terra – Sol

Finais de xuño 152.100.000 Km (máxima)

Finais de decembro 147.100.000 Km (mínima)

Finais de marzo-setembro 149.600.000 Km (media)

Un ano sidéreo é o tempo que emprega a Terra en dar unha volta ao Sol, e dura 365 días e 6 horas. Un ano oficial é o do calendario: 365 días exactos. O ano bisesto é un ano de 366 días ao cal engadimos 1 día para corrixir o desfase entre os dous anteriores. Disponse un ano bisesto cada 4 anos (posto que cada ano sumamos 6 h máis…6hx4= 24h. ou o que é o mesmo, 1 día máis)

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

2

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de GaliciaAs estacións do ano: solsticio e equinocios

Debido ao movemento de translación da Terra derredor da elíptica existen as estacións do ano: primavera, verano, outono e inverno. As transicións dunha a outra estación chámaselle equinoccios e solsticios. Ao longo do ano distinguimos 4: (toma nota do que acontece en cada un):

21 de marzo. Equinoccio de primavera boreal. 21 de xuño. Solsticio de verán boreal. 22 de setembro. Equinoccio de outono boreal. 22 de decembro. Solsticio de inverno boreal.

A existencia dos solsticios e equinoccios son debidos á inclinación do eixe da Terra e ao movemento desta arredor do Sol. Nos días de solsticio, a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no de verán) e mínimas (no de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. As datas dos solsticios son o paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao inverno nas zonas temperadas. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están cambiadas para ambos hemisferios e por iso sempre temos que especificar se falamos dun solsticio boreal (H.N) ou solsticio austral (H.S).

O Sol podémolo ver máis preto do horizonte durante o outono-inverno e máis elevado no horizonte durante a primavera-verán o cal vai determinar a cantidade de radiación solar que chega ata a Terra e provocará as estacións.

Contrariamente ao que algunha xente pensa non é a distancia da terra ao Sol o que marca as estacións verano/inverno, senón como inciden os raios solares sobre a superficie terrestre. Un exemplo sería cando inclinamos un termómetro sobre unha fonte de calor, se esta é perpendicular a temperatura é maior, que se é oblicua.

Durante o inverno boreal, no Hemisferio Norte (H.N) a terra está máis preto do sol e os raios solares son máis oblicuos, mentres que no Hemisferio Sur (H.S) son máis perpendiculares o que ocasiona o verán austral. No verán boreal do hemisferio norte, a Terra está máis afastada do sol pero os raios son máis perpendiculares á superficie terrestre, facendo que se quente, mentres que no hemisferio sur chegan de xeito oblicuo.

Porén, a sucesión regular das estacións do ano é o resultado de: o movemento da Terra arredor do Sol, a inclinación do eixo de rotación da Terra e a constancia desa inclinación.

Canto máis ao Norte no H.N ou máis ao Sur no H.S, máis se aprecian as estacións, ao contrario do que acontece no ecuador, onde non se aprecia a súa influencia, pois practicamente chega a mesma insolación ao longo de todo o ano. Por iso no H.N o 21 de xuño non se pon o sol en 24 h no círculo polar ártico, pero o 22 de decembro non sae o sol en 24 h.

1.3. Aprendendo a orientarnos:Polo día: polo día, nas latitudes boreais, cando o Sol acada a súa máxima altura (culminación) sobre o horizonte, está sempre sobre o punto cardinal Sur. En consecuencia, a sombra sinalará cara ó Norte ao mediodía solar. Fíxate como son as sombras ao mencer e ao atardecer no esquema de clase.

Tamén podes orientarte cos liques e brións das árbores, xa que son máis frecuentes na parte do tronco orientada ao Norte, xa que é máis húmida e sombría.

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

3

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de GaliciaTamén podemos orientarnos cun compás (agulla imantada) ou un GPS (Sistema de

Posicionamento Global). O noso planeta orixina un campo magnético ante o cal a agulla imantada do compás sempre sinala na mesma dirección: o norte. Hoxe en día tamén existen diferentes aplicacións gratuítas para smartphones que podemos instalar nos nosos teléfonos e nos marcan o norte.

Aprendendo a orientarnos pola noite: grazas a estrela polar que nos indica sempre o norte.

1.4. A estrutura da Terra

A Terra está formada por un núcleo interno, núcleo externo, manto e codia sobre a cal descansan a hidrosfera e atmosfera.

A codia é a capa máis delgada de todas e se a comparásemos cunha mazá, sería máis fina co pel.

CAPA GROSOR (medio) COMPOSICIÓN

Codia 6 – 40 Km Rochas silíceas

Manto 2.800 Km Rochas silíceas

Núcleo externo 2.300 Km Ferro e Níquel fundidos

Núcleo interno 1.200 Km Ferro e Níquel sólidos

Os científicos dividiron a Terra en tres capas concéntricas: a codia, o manto e o núcleo. A codia é a capa exterior da Terra. A súa espesura abrangue entre os 5km (nos océanos) e 70 km (zonas de cordilleiras). O manto é a capa intermedia da Terra e chega ata os 2900 km de profundidade. O núcleo é a capa máis interna da Terra. Acada os 6378 km de profundidade (o centro da Terra). Está constituído por unha aliaxe de ferro e níquel en el diferéncianse dúas rexións: o núcleo externo e o interno.

Existen dúas capas fluídas sobre a codia terrestre: a atmosfera e a hidrosfera. A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra, mentres que a hidrosfera é unha capa formada pola auga salgada dos océanos e a auga doce da superficie e do subsolo. Tamén debemos citar unha terceira capa, a biosfera que está constituída polos seres vivos que habitan o planeta, entre os cales nos incluímos.

2. A LÚA

A Lúa é o único satélite natural da Terra e tarda en completar unha volta completa arredor da Terra uns 28 días.

A rotación en torno ao seu propio eixe tamén dura 28 días. Por isto a Lúa amósanos sempre a mesma cara. De aí que oirades falar da cara oculta da Lúa, pois hai unha cara que nunca podemos ver desde a Terra. Isto é debido a que o período de rotación luar é de 28 días e o de translación arredor da Terra tamén é de 28 días, porén sempre vemos a mesma cara da Lúa.

Como non hai atmosfera, o ceo vese negro dende a superficie lunar, incluso de día. A gravidade na Lúa é moi baixa. Existen unhas formacións chamadas “mares” e aínda que reciben este nome, neles non hai auga. Son, simplemente, grandes chairas do noso satélite.

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

4

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de GaliciaComo a Lúa non ten atmosfera nin fenómenos metereolóxicos como vento ou tormentas.

Porén, non está protexida contra o impacto dos meteoritos o que provocou que quedasen fondos cráteres na súa superficie debidos a colisión destes coa súa superficie ao longo de millóns de anos.

2.1. As fases da Lúa. Por que vemos distinta a Lúa ao longo do mes?

Como consecuencia de su movemento arredor da Terra e a iluminación dos raios do Sol, a Lúa presenta distintas fases, debido a que se iluminan diferentes segmentos da Lúa. Estudando con coidado as diapositivas da presentación podemos deducir que:

A Lúa chea vémola de noite, dende o solpor ata o mencer, porque a luz do sol reflíctese na súa superficie.

A Lúa nova non se ve porque nos amosa a cara non iluminada. Porén, estaría no seu punto máis alto ao mediodía.

A Lúa en cuarto minguante vese dende a media noite ata o mediodía.

A Lúa en cuarto crecente vese dende o mediodía ata a media noite.

2.2. As mareas

A Lúa exerce unha gran atracción sobre a Terra porque está moi próxima a ela. Esta atracción debida á atracción gravitatoria da Lúa sobre a Terra (ao igual que acontece o Sol coa Terra), obsérvase sobre todo no mar, pois a Lúa atrae a masa de auga e esta elévase creando as mareas que son subidas e baixadas do nivel do mar que se repiten con periodicidade.

Cando o nivel do mar ascende prodúcese a marea alta ou preamar, mentres que cando este descende xéranse as mareas baixas ou baixamares (nalgún sitios de Galicia coñécese tamén como “a seca”)

Cando os tres astros ( Terra, Lúa e Sol) están aliñados, á forza de atracción so Sol súmaselle ó da Lúa, e prodúcese unha marea forte chamada marea viva. Cando os tres astros forman un ángulo recto prodúcese unha marea máis feble chamada marea morta.

2.3. As eclipses

A palabra eclipse significa “ocultación”. Unha eclipse acontece cando a Terra, a Lúa e o Sol están aliñados e a Terra ou a Lúa interpóñense entre os dous outros astros.

As eclipses prodúcense porque o tamaño relativo da Lúa e do Sol, visto desde a Terra é idéntico.

A eclipse de sol prodúcese cando a Lúa sitúase entre a Terra e o Sol e oculta a luz do Sol ou parte dela. En función da cantidade de sombra, a eclipse pode ser total, parcial ou anular.

A eclipse de Lúa ten lugar cando a Terra interponse entre o Sol e a Lúa, coincidindo a súa sombra sobre a Lúa.

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO