1º eso.tema 5 (ii) a terra e lúa

6
1 Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia 1. A TERRA Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto cunha exposición moi longa (ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) , tanto coma toda a noite. Quedaría o rastro do paso das estrelas en forma de estela na fotografía. Pensa e resposta: que demostra? Podes localizar a estrela Polar nesta imaxe? A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 26 segundos en completarse, co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía Láctea (a nosa galaxia) polo Universo. 1.1. O movemento de rotación da Terra. A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5ª respecto á eclíptica. Tarda 24 horas en cada rotación completa ocasionando así o día e a noite nas diversas partes do mundo . A inclinación da Terra determinará a duración do día/noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo. Por iso o Sol vémolo saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou Poñente. Aínda que nos pareza que o Sol se move, non é así, posto que en realidade movémonos nos. 1.2. O movemento de translación A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano)movéndose a unha velocidade de 107.00 Km/h. Un ano sidéreo é o tempo que emprega a Terra en dar unha volta ao Sol, e dura 365 días e 6 horas. Un ano oficial é o do calendario: 365 días. O ano bisesto é un ano de 366 días ao cal engadimos 1 día para corrixir o desfase entre os dous anteriores. Hai un cada 4 anos (posto que cada ano sumamos 6 h máis…6hx4= 24h. ou o que é o mesmo, 1 día máis) Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

Category:

Education


7 download

DESCRIPTION

Apuntamento s A Terra e Lúa. 1º da ESO

TRANSCRIPT

Page 1: 1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa

1

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia

1. A TERRA

Se deixásemos o sensor dunha cámara dixital aberto cunha exposición moi longa (ou a película dunha antiga cámara réflex analóxica) , tanto coma toda a noite. Quedaría o rastro do paso das estrelas en forma de estela na fotografía. Pensa e resposta: que demostra? Podes localizar a estrela Polar nesta imaxe?

A terra móvese polo espazo de varios xeitos: rotando sobre si mesma, arredor do sol no movemento de translación na eclíptica (plano orbital da Terra) que tarda 365 días, 5 horas, 48 minutos e 26 segundos en completarse, co Sistema Solar pola galaxia e coa Vía Láctea (a nosa galaxia) polo Universo.

1.1. O movemento de rotación da Terra.

A terra xira sobre o seu eixo de rotación que está inclinado en 23,5ª respecto á eclíptica.

Tarda 24 horas en cada rotación completa ocasionando así o día e a noite nas diversas partes do mundo . A inclinación da Terra determinará a duración do día/noite ao longo das estacións do ano. Vista dende o Polo Norte a Terra rota de Oeste a Leste en sentido contrario ás agullas do reloxo. Por iso o Sol vémolo saír polo Leste ou levante todas as mañás e ponse polo oeste ou Poñente. Aínda que nos pareza que o Sol se move, non é así, posto que en realidade movémonos nos.

1.2. O movemento de translación

A Terra trasládase arredor do Sol describindo unha órbita elíptica e plana que ten o nome de eclíptica. Tarda exactamente 365,2622 días (un ano)movéndose a unha velocidade de 107.00 Km/h.

Un ano sidéreo é o tempo que emprega a Terra en dar unha volta ao Sol, e dura 365 días e 6 horas. Un ano oficial é o do calendario: 365 días. O ano bisesto é un ano de 366 días ao cal engadimos 1 día para corrixir o desfase entre os dous anteriores. Hai un cada 4 anos (posto que cada ano sumamos 6 h máis…6hx4= 24h. ou o que é o mesmo, 1 día máis)

As estacións do ano

Debido ao movemento de translación da Terra existen as estacións do ano: primavera, verano, outono e inverno. As transicións dunha a outra estación chámaselle equinocios e solsticios. Ao longo do ano distinguimos 4: (toma nota do que acontece en cada un):

21 de marzo. Equinocio de primavera

21 de xuño.Solsticio de verán

22 de setembro. Equinoccio de outono

22 de decembro. Solsticio de inverno

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

Page 2: 1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa

2

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia

A existencia dos solsticios está provocada pola inclinación do eixe da Terra. Nos días de solsticio, a lonxitude do día e a altura do Sol ao mediodía son máximas (no de verán) e mínimas (no de inverno) comparadas con calquera outro día do ano. As datas dos solsticios son idénticas ao paso astronómico da primavera ao verán e do outono ao inverno nas zonas temperadas. As datas do solsticio de inverno e do solsticio de verán están cambiadas para ambos hemisferios.

Vemos o Sol máis preto do horizonte cando é outono-inverno e máis elevado cando é primavera-verán.

O movemento de translación terrestre presenta unha serie de características: o eixe de rotación está inclinado 23,5º con respecto ao plano de translación. O eixe de rotación permanece paralelo a si mesmo durante a súa translación arredor do Sol. O Sol non se atopa no centro da órbita que a Terra describe o seu arredor, nin esta é un círculo perfecto, xa que é unha elíptica. Isto implica que a distancia Terra-Sol varía segundo as datas como podemos ver na táboa de embaixo:

Data Distancia Terra – Sol

Finais de xuño 152.100.000 Km (máxima)

Finais de decembro 147.100.000 Km (mínima)

Finais de marzo-setembro 149.600.000 Km (media)

Contrariamente ao que algunha xente pensa non é a distancia da terra ao Sol o que marca as estacións verano/inverno, senón como inciden os raios solares sobre a superficie terrestre. Un exemplo é cando inclinamos un termómetro dunha fonte de calor perpendicular a temperatura é menor.

Durante o inverno,no Hemisferio Norte (H.N) a terra está máis preto do sol e os raios solares son máis oblicuos, mentres que no Hemisferio Sur (H.S) son máis perpendiculares. No verán do hemisferio norte, a Terra está máis alonxada do sol pero os raios son máis perpendiculares á superficie terrestre, facendo que se quente, mentres que no hemisferio sur chegan de xeito oblicuo.

Por tanto, a sucesión regular das estacións do ano é o resultado de: O movemento da Terra arredor do Sol, a inclinación do eixo de rotación da Terra e a constancia desa inclinación.

Canto máis o Norte no H.N ou máis o Sur no H.S, máis se aprecian as estacións, mentres que no ecuador, non existen. Así no H.N o 21 de xuño non se pon o sol en 24 h no círculo polar ártico, pero o 22 de decembro non sae o sol en 24 h. Hai dese xeito zonas moi o Norte ou moi o Sur do noso planeta (nos polos), noites de 6 meses e días de 6 meses.

1.3. Aprendendo a orientarnos:Polo día

Polo día, nas latitudes boreais, cando o Sol acada a súa máxima altura (culminación) sobre o horizonte, está sempre sobre o punto cardinal Sur. En consecuencia, a sombra sinalará cara ó Norte ó mediodía solar. Fíxate como son as sombras ao mencer e ao atardecer no esquema de clase.

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

Page 3: 1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa

3

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia

Tamén podes orientarte cos liques e brións das árbores, xa que son máis frecuentes na parte do tronco orientada ao Norte, xa que é máis húmida e sombría.

Tamén podemos orientarnos cun compás (agulla imantada) ou un GPS (Sistema de Posicionamento Global). O noso planeta orixina un campo magnético ante o cal a agulla imantada do compás sempre sinala na mesma dirección: o norte.

Aprendendo a orientarnos pola noite:

Grazas a estrela polar que nos marca o norte

1.4. A estrutura da Terra

A Terra está formada por un núcleo interno, núcleo externo, manto e codia sobre a cal descansan a hidrosfera e atmosfera.

A codia é a capa máis delgada de todas e se a comparásemos cunha mazá, sería máis fina ca pel.

CAPA GROSOR (medio) COMPOSICIÓN

Codia 6 – 40 Km Rochas silíceas

Manto 2.800 Km Rochas silíceas

Núcleo externo 2.300 Km Ferro e Níquel fundidos

Núcleo interno 1.200 Km Ferro e Níquel sólidos

Os científicos dividiron a Terra en tres capas concéntricas: a codia, o manto e o núcleo. A codia é a capa exterior da Terra. A súa espesura está abranguida entre 5km (nos océanos) e 70 km (zonas de cordilleiras). O manto é a capa intermedia da Terra e chega ata os 2900 km de profundidade. O núcleo é a capa máis interna da Terra. Acada os 6378 km de profundidade (o centro da Terra). Está constituído por unha aliaxe de ferro e níquel. Diferéncianse dúas rexións: o núcleo externo e o interno.

Sobre a codia terrestre, existen dúas capas fluídas: a atmosfera e a hidrosfera. A atmosfera é unha capa gasosa que envolve a Terra. A hidrosfera é unha capa formada pola auga salgada dos océanos e a auga doce da superficie e do subsolo. Tamén debemos citar unha terceira capa, a biosfera, constituída polos seres vivos que habitan o planeta, entre os cales nos incluímos.

2. A LÚA

A Lúa é o único satélite natural da Terra e tarda en completar unha volta completa arredor da Terra uns 28 días.

A rotación en torno ao seu propio eixe tamén dura 28 días. Por isto a Lúa amósanos sempre a mesma cara. De aí que oirades falar ás veces da cara oculta da lúa, pois hai unha cara que

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO

Page 4: 1º eso.tema 5 (II) A terra e Lúa

4

Tema 5. (II). A Terra e a Lúa. Xacobo de Toro. 1º da ESO. Xunta de Galicia

nunca podemos ver desde a Terra. Isto é debido a que o período de rotación lunar é de 28 días e o de translación arredor da Terra tamén é de 28 días, polo tanto sempre vemos a mesma cara da Lúa.

Como non hai atmosfera, o ceo vese negro dende a superficie lunar, incluso de día. A gravidade na Lúa é moi baixa. Os mares da Lúa Aínda que reciban este nome, neles non hai augaa. Son, simplemente, grandes chairas do noso satélite.

Como a Lúa non ten atmosfera, non está protexida contra os impactos dos meteoritos. Isto provovou que quedasen fondos cráteres na súa superficie ao longo de millóns de anos exposta aos impactos .

2.1. As fases da lúa. Por que vemos distinta a Lúa ao longo do mes?

Como consecuencia de su movemento arredor da Terra e a iluminación dos raios do Sol, a Lúa presenta distintas fases. Estudando con coidado as diapositivas da presentación podemos deducir que:

A Lúa chea vémola de noite, dende o solpor ata o mencer, porque a luz do sol refléxase na súa superficie.

A Lúa nova non se ve porque amósanos a cara non iluminada. Porén, estaría no seu punto máis alto ao mediodía.

A lúa en cuarto minguante vese dende a media noite ata o mediodía.

A lúa en cuarto crecente vese dende o mediodía ata a media noite.

2.2. As eclipses

A palabra eclipse significa “ocultación”. Unha eclipse acontece cando a Terra, a Lúa e o Sol están aliñados e a Terra ou a Lúa interpóñense entre os outros dous astros. A eclipse de sol prodúcese cando a Lúa sitúase entre a Terra e o Sol e oculta a luz do Sol ou parte dela. A eclipse pode ser total, parcial ou anular. A eclipse de Lúa ten lugar cando a Terra sitúase

2.3. As mareas

A Lúa exerce unha gran atracción sobre a Terra porque está moi próxima a ela. Esta atracción obsérvase sobre todo no mar, pois a Lúa atrae a masa de auga e esta elévase creando as mareas. Cando os tres astros (a Terra, a Lúa e o Sol) están aliñados, á forza de atracción so Sol súmaselle ó da Lúa, e prodúcese unha marea forte (marea viva). Cando os tres astros forman un ángulo recto prodúcese unha marea máis feble: é a marea morta.

Apuntamentos elaborados por Xacobo de Toro. 1º da ESO