1º eso. tema 11. o reino plantas

8
Nome e Apelidos 1. O reino das Plantas. As plantas orixináronse a partir dun grupo de algas verdes hai aproximadamente 500 millóns de anos. Foron os primeiros seres vivos que colonizaron a terra. O Reino vexetal agrupa a unhas 260000 especies que poden atoparse no medio terrestre ou no medio acuático. As plantas poden realizar a fotosíntese grazas á clorofila presente nos cloroplastos das súas células. Son capaces de captar a enerxía do sol á vez que incorporando CO2 e sales minerais fabricar a súa propia materia orgánica. No proceso libérase osíxeno e vapor de auga. A materia orgánica empregada na fotosíntese emprégase para rexenerar estruturas celulares, medrar...e na respiración. Consúmese osíxeno e libérase CO2. O zume bruto ou seiva bruta ascende dende as raíces ata as follas polos vasos condutores (condutos que presentan a maioría dos grupos das plantas). Unha vez nas follas e grazas á fotosíntese convértese en seiva elaborada ou zume elaborado. 2.Para clasificar o reino vexetal pódense seguir diversos criterios. Para identificar as plantas podemos buscar unha serie de características que nos axudan a agrupalas en grupos menores: 1.Podemos mirar os vasos circulatorios, a súa presenza ou ausencia: poderemos observar plantas vasculares (con tecidos condutores) plantas non vasculares (sen tecidos condutores). 2. Podemos mirar presenza/ausencia de raíces, talos e follas:

Category:

Education


7 download

DESCRIPTION

1º esoCiencias da NaturezaApuntamentos para á claseProfesor Xacobo de ToroReinos plantas

TRANSCRIPT

Page 1: 1º eso. tema 11. O reino plantas

Nome e Apelidos Nº

1. O reino das Plantas.As plantas orixináronse a partir dun grupo de algas verdes hai aproximadamente 500 millóns de anos. Foron os primeiros seres vivos que colonizaron a terra.

O Reino vexetal agrupa a unhas 260000 especies que poden atoparse no medio terrestre ou no medio acuático.

As plantas poden realizar a fotosíntese grazas á clorofila presente nos cloroplastos das súas células. Son capaces de captar a enerxía do sol á vez que incorporando CO2 e sales minerais fabricar a súa propia materia orgánica. No proceso libérase osíxeno e vapor de auga.

A materia orgánica empregada na fotosíntese emprégase para rexenerar estruturas celulares, medrar...e na respiración. Consúmese osíxeno e libérase CO2.

O zume bruto ou seiva bruta ascende dende as raíces ata as follas polos vasos condutores (condutos que presentan a maioría dos grupos das plantas). Unha vez nas follas e grazas á fotosíntese convértese en seiva elaborada ou zume elaborado.

2. Para clasificar o reino vexetal pódense seguir diversos criterios. Para identificar as plantas podemos buscar unha serie de características que nos axudan a agrupalas en grupos menores:

1.Podemos mirar os vasos circulatorios, a súa presenza ou ausencia:

poderemos observar plantas vasculares (con tecidos condutores) plantas non vasculares (sen tecidos condutores).

2. Podemos mirar presenza/ausencia de raíces, talos e follas:

Sen elas están as briófitas con elas o resto do reino vexetal ou cormófitas.

3. Podemos ver presenza /ausencia de flores:

sen flores son os brións e os fieitos (criptógamas) con flores o resto das cormófitas (fanerógamas)

4. Podemos mirar presenza /ausencia de froitos:

Sen froitos están as ximnospermas que nin tan sequera teñen ovario, polo que os óvulos están espidos nas súas brácteas

Con froitos as anxiospermas, que si posúen ovario e sementes pechadas nel.

Page 2: 1º eso. tema 11. O reino plantas

5. Podémonos fixar no número de cotiledóns ou “folliñas” que saen da semente ao xerminar. Así nas anxiospermas poderemos ver xerminar sementes con:

Un só cotiledón: monocotiledóneas Dous cotiledóns: dicotiledóneas

3. Os Brións (= carrizas) e as hepáticas. División Briophyta.As hepáticas e os brións son os grupo de plantas máis primitivos da Terra. Son de pequeno tamaño e desenvólvense á ras do chan.

As hepáticas non teñen sequera teñen vasos condutores da seiva (=zume, = savia(castelán.)). As súas células absorben a auga e as substancias que precisan directamente do chan e vanas pasando dunha célula a outra (difusión) e moi lentamente. Viven en medios enchoupados de auga e sombríos. Podes atopalas con frecuencias preto das fontes que están cubertas por vexetación e con abundante sombra.

Os brións son os vexetais máis representativos das Briófitas. Teñn un tamaño cativo, ata os 3-4 cm. Son plantas moi sinxelas , sen vasos condutores lignificados ( o resto dos outros grupos si que os teñen lignificados), nin flores e tampouco teñen froitos. O seu habita son medios moi húmidos e sombríos, aínda que resisten ben os momentos de seca. Forman almofadiñas verdes molladas sobre rochas ou muros nos bordos de arroios ou fontes. Necesitan para vivir e reproducirse un ambiente cargado de humidade. Son, xunto aos líquenes, os primeiros colonizadores do ambiente terrestre. Contribúen a formar o chan onde máis tarde se instalasen outros vexetais por iso teñen gran importancia ecolóxica.

Morfoloxía:Os filoides son as “folliñas” dos brións e son verdes ( realizan a fotosíntese), dispóñense helicoidalmente sobre o eixo ou cauloide “(tallito”). Cos rizoides que forman as súas ”raiciñas”, os brións poden tomar do chan sustancias e auga, aínda que moitas especies tamén poden facelo a través de toda a superficie da planta.

Reprodución:Reprodúcense por esporas dentro dunhas cápsulas, cubertas por unha cofia e sostidas por un longo filamento ou fío que sae do cauloide do brión. Nos filoides tamén existen zonas onde se fabrican gametos sexuais. Polo tanto o ciclo dos brións ten reprodución asexual (por esporas) e sexual (por gametos). O gameto masculino nada pola auga ata atopar ao gameto feminino inmóbil.

4. A ESTRUTURA DO CORMOAs plantas cormófitas son os vexetais que colonizaron á perfección o medio terrestre e por iso a súa estrutura presenta unha organización máis sofisticada e precisa que nos brións. Esta organización é o cormo. Na estrutura do cormo diferéncianse: raíz, talo e follas. Son os órganos vexetativos para a realización das funcións de nutrición e relación.

4.1. A raíz

É un órgano que medra cara ao chan. Adoita existir unha raíz principal e outras que saen dela, secundarias. Existe unha zona con pelos absorbentes (zona pilífera). Existen varios tipos: axonomorfa (raíz principal distinta das secundarias que saen lateralmente), fasciculada (raíz principal non se diferenza das secundarias), napiforme (raíz principal moi engrosada na que se acumulan substancias de reserva).

Page 3: 1º eso. tema 11. O reino plantas

Protexendo o extremo da raíz está a cofia que é a que vai penetrando na terra, a zona que vai dende a cofia ata os pelos absorbentes é a zona de crecemento.

As súas funcións son as de ancorar a planta ao chan e asimilar polos pelos absorbentes auga e sales minerais que forman a seiva bruta.

4.2. O talo

É o órgano aéreo que sostén as follas, flores e froitos. Comunica as raíces coas follas. Ten un eixe principal con engrosamentos de onde saen as follas (nós) e espazos entre eles sen follas (entrenós). Tamén posúen xemas, no extremo para o crecemento (xemas terminais) e nos laterais para formar as ramas (xemas axilares). Polo seu interior circulan os vasos condutores que levan a seiva.

Os talos poden ser herbáceos (brandos e verdes), leñosos (resistentes e non verdes). Poden ser árbores (con tronco principal e ramas) e arbustos (ramificado desde a base). Existen talos aéreos e erectos, que son os máis frecuentes, rastreiros como é o caso dos amorodos ou das silveiras, acuáticos como os que presentan os nenúfares, subterráneos como os bulbos e os tubérculos ou rubidores ou gabeadores como é o da hedra

4.3. As follas

Son órganos verdes, xeralmente laminares que saen do talo e das ramas e que teñen a misión de alimentar ao vexetal mediante a nutrición autótrofa: fotosíntese.

Constan de :

Limbo: lámina plana e laminar da folla. O limbo ten:o Face (cara superior) o Envés (cara inferior).

Pecíolo: o rabiño que a une ao talo Nervios: os vasos condutores Estomas: poros por onde se intercambian os gases

As follas poden ter e presentar aspectos moi variables e pódense clasificar atendendo a diversos criterios:

Número de limboso Simples: Limbo formado por unha única pezao Compostas: Limbo dividido en varias pezas ou foliolos. Ex. Folla de Nogueira

Forma do limbo:o Aciculares: forma de agulla. Como no piñeiro.o Lanceoladas: forma de lanza. Como na eucalipto.o Acorazoadas: forma de corazón.o Ovaladas: forma de óvalo. o Redondeadaso Lineares

Polo bordo do limbo o Enteiras: bordes rectoso Serradas: bordes serradoso Lobuladas: Bordes con lóbulos (como no carballo)o Fendidas ou partidas....

Pola forma e disposición dos nervios:

Page 4: 1º eso. tema 11. O reino plantas

o Uninervias: un único nervio, como no piñeiroo Palmatinervias (con forma de palma dunha man). Como na arceo Penninervias (cun nervio principal e de aí saen os secundarios). Como na cerdeira

Pola súa inserción no talo:o Alternas se en cada nó hai unha folla o Opostas se de cada nó saen de dous en dous unha a cada lado)...

5. Os Fieitos (=fentos, felgos). División Pteridophyta.Son plantas que en Galicia non soen sobrepasar dos 1,5m aínda que en zonas tropicais chegan a medir varios metros de altura.

As primeiras plantas con estrutura cormo son as Pteridófitas ou fieitos. Son plantas cormófitas, sen flores, sementes ou froitos que son abundantes en lugares sombríos e húmidos, nos bosques ou marxes de cursos de auga..

Consta de grandes follas (frondes), moi divididas. No envés das frondes aparecen os soros, conxuntos de bolsas (esporanxios) cargadas de esporas (estruturas de reprodución asexual). O talo é subterráneo e del saen pequenos peliños ou raíces con tecidos condutores de seiva. Para a reprodución, igual que os brións, dependen da auga.

Os integrantes de esta división son os vexetais que unha vez mineralizados e fosilizados formaron o carbón hai uns 300 millón de anos durante o período do carbonífero como a hulla ou a antracita.

6. As espermafitasSon as cormófitas que presentan flores e sementes. Habitan nos lugares máis diversos da terra. Presentan órganos protectores que evitan a desecación en ambientes con pouca auga. As flores e as sementes tamén protexen ao embrión da seca. Son plantas independentes da auga para a reprodución. As máis antigas son as ximnospermas, as máis evolucionadas as anxiospermas que á súa vez se clasifican en monocotiledóneas (cunha soa folla ao xerminar a semente) e dicotiledóneas (con dúas follas ao xerminar a semente).

6. 1. A Flor: Órgano para a reprodución:Para a reprodución sexual, as cormófitas presentan uns órganos especiais: as flores. As plantas con flores chámanse fanerógamas e son o grupo das espermafitas. As plantas sen flores chámanse criptógamas (brións e fieitos).

6.2. As anxiospermasAs anxiospermas son plantas máis modernas e se pensa que xurdiron hai uns 150 millóns de anos. Conforman un grupo dunhas 300 familias. Caracterízanse por ter flores, que se insiren no talo grazas ao pedúnculo

As partes da flor dunha anxiosperma son:

Estames (parte masculina) formados por fiamentos e anteras (bolsas onde se forman os grans de pole)

Carpelos (parte feminina). Son un conxunto de follas soladadas ni interior da flor e que forman o pistilo. O pistilo está formado por estigmas, estilos e ovario.

Cáliz (cubertas verdes de protección, formada por sépalos)

Page 5: 1º eso. tema 11. O reino plantas

Corola (follas coloreadas atractivas aos insectos, formada por pétalos).

As flores que teñen os catro tipos de follas reciben o nome de completas, mentres que noutros casos poden carecer de cáliz e corola, chamándoselles núas.

Unha flor pode ser masculina (se só ten estames); feminina (se só ten carpelos) ou hermafrodita (se ten estames e carpelos na mesma flor). Con frecuencia as flores atópanse illadas no talo, pero tamén poden formar grupos chamados inflorescencias.

As anxiospermas caracterízanse porque presentan froitos que son os órganos procedentes do ovario da flor que poden conter unha ou varias sementes. Estes poden ser carnosos (melocotón, tomate..) ou secos (pipas de xirasol ou abelá). A misión do froito é a dispersión das sementes para permitir que xerminen máis afastadas da planta que as orixinou e así colonizar zonas novas.

A dispersión dos froitos pode ser a través dos animais ao inxerir o froito e defecar a semente nas feces. Poden adherirse ao pelo ou plumas dos animais. Poden ser transportados polo vento ao ter diferentes estruturas que ofrecen resistencia ao aire. Como é o caso dos peliños chamados vilanos dos dentes de león. Outros, presentan estruturas de flotación e son dispersados por cursos fluviais e correntes mariñas, como é o caso do coco.

A xerminación levarase a cabo se as condicións son as axeitadas no lugar onde caeu.

6.3. As ximnospermasAs ximnospermas xurdiron na Terra antes que as anxiospermas, hai uns 300 millóns de anos. O grupo máis amplo e coñecido é o das coníferas (a forma da copa é en forma de cono).

Todas son plantas leñosas que poden ser arbustos ou árbores (maioría).

As follas soen ser estreitas e aciculadas (piñeiros e abetos) ou escamosas (como nos cipreses ou xuníperos). Adoitan a ser perennes.

A flor das ximnospermas ou coníferas é moi sinxela. É unisexual, non ten nin pétalos nin pétalos. As flores femininas forman conos verdosos que logo se volven leñosos de cor marrón chamadas piñas (falsos froitos) que ao abrirse soltan os piñóns, as sementes dos piñeiros. As flores masculinas teñen un tamaño menor e conteñen sacos cheos de pole con flotadores que lles axudan a dispersarse polo vento.

6.4. Diferenzas entre anxiospermas e ximnospermas.

As diferenzas residen na morfoloxía da súa e nas estruturas básicas da parte feminina da flor das anxiospermas: a presenza dun ovario que pechan dentro óvulos que se fecundan grazas á chegada do gran de pole que facilita a formación dunha semente encerrada dentro dese ovario que empeza a transformarse nun froito. As ximnospermas, con todo, teñen sobre as súas brácteas de madeira, dispostas de forma helicoidal sobre un eixo, dous óvulos espidos, sen ovario, polo tanto tras a fecundación só prodúcese a semente e nunca aparece o froito.

7. As ESPERMAFITAS NA VIDA COTIÁ:Os vexetais espermafitos repórtannos gran cantidade de beneficios: plantas comestibles, industriais, medicinais, ornamentais, velenosas...

Page 6: 1º eso. tema 11. O reino plantas

8. Actividades4. A partir de que grupo de organismos se orixinaron as plantas?5. Que características presentan os seres vivos que se inclúen no reino Plantas?6. En que se diferencian a seiva bruta da elaborada?7. En que se parecen os brións e as hepáticas?8. Como se absorben as hepáticas a auga do chan?9. Explica de forma breve, a importancia que teñen os brións para o medio no que viven.10. Busca en internet , na wikipedia, por exemplo, que é a turba. Como pensas que se forma?11. Por que pensas que os fentos poden acadar mais altura os fentos que os brión ou as hepáticas?12. Como eran os fentos hai 300 millóns de anos? Que orixinaron os grandes bosques de fentos que

existiron nesa época?13. Que significa a palabra espermatófita? Que grupos de plantas inclúe?14. Cal é a funcións dos pétalos? E a dos sépalos?15. Que características presentan as seguintes flores: completa, masculina, hermafrodita e núa.16. De que forma interveñen os froitos na dispersión das sementes?17. Investiga que partes das plantas ( follas, raíces, froito, sementes, etc) son de utilidade para o ser

humano e indica en que consiste a súa utilidade: aciñeira, millo, feixón, laranxeira, amendoeira, álamo, oliveira, palmeira datileira, cenoria, xirasol, pemento, romeiro, grelos, patacas, pirixel.

18. Pon un exemplo dunha especie anxiosperma dos seguintes tipos: herbácea, arbustiva e arbórea. 19. Que significa ximnospermas? Posúen froito?20. Como son as flores das ximnospermas?21. Que función ten a raíz? Que tipos de raíces existen?22. Que papel desempregan os pelos absorbentes?23. Que é a cofia?24. Cales son as funcións do tallo?25. Que son as xemas? Que tipos coñeces?26. Cita exemplos de talos subterráneos.27. Que quere dicir que as follas son as fábricas de alimentos das plantas?28. En que consiste a transpiración?