1º cleopatra

9

Upload: patrisantos

Post on 23-Jan-2018

33 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1º cleopatra
Page 2: 1º cleopatra
Page 3: 1º cleopatra

CLEOPATRA naceu nunha familia que reinaba en Alejandría (Egipto), unha

cidade moi rica, das máis ricas do Mediterráneo. Era unha cidade tan rica

que había xente que se bañaba en leite de burra con mel.

Na súa familia casaban

entre eles para conservar o

poder, de feito os seus pais

eran irmáns.

Cando Cleo tiña 18 anos, os

seus pais morreron, tiña que

reinar pero para elo debía

casar co seu irmán Tolomeoque tiña 12 anos.

Cleo e Tolomeo levábanse moi mal así que Cleo tivo que fuxir a Siria.

O pai de Cleo, antes de morrer, encargoulle a Julio César, que era un xefazode Roma, que cuidara deles, que se levaran ben e non pelexaran.

Page 4: 1º cleopatra

Julio César namorouse dela e enviou a Tolomeo e á irmá menor a unhas illas.

Estes enfadáronse moito e atacaron Alejandría pero foron capturados. Tolomeo

morreu e Cleo e Julio César tan namorados estaban que se quedaron

embarazados a pesar de que el podía ser o seu avó.

Julio César

chegou a

Alejandría para

poñer orde

entre Tolomeo

e Cleo.

Ela chega de

Siria envolta

nunha alfombra

escondida.

Page 5: 1º cleopatra

Julio César e Cleo estaban felices en Egipto, país que era moi rico pero cando

ían ter un fillo, Julio César tivo que ir a unha guerra. Cleo botábao de menos ecando o fillo tiña una ano foise con el a Roma.

En Roma Cleo non

era moi feliz e os

romanos non a

querían, pensaban

que mandaba

moito e non

estaban

acostumados a

que unha muller

tivera tanto poder.

así que mataron a

Julio César e Cleo

tivo que fuxir aEgipto.

Page 6: 1º cleopatra

Cando volve a Egipto atópase que o seu país está feito un desastre así que se

puxo a ordenar todo como unha gran gobernante. Tívose que casar con outro

irmán pero como non o quería envenenouno para gobernar soa.

En Roma, Julio César deixa o poder a un sobriño seu chamado Octavio que

enfada a Cleo pois pensaba que lle deixaría algo ao fillo que tiñan.

Tamén se enfada

Marco Antonio, un

gran amigo de Julio

César, que pensaba

que lle deixaría todo

a el.

Roma estalla nunha

querra e quedan sin

cartos, necesitaban

a axuda dos cartos

de Egipto.Gaña a guerra Marco Antonio que quixo coñecer a

Cleo. Namóranse perdidamente.

Page 7: 1º cleopatra

Cleo queda embarazada de Marco Antonio e cando ía ter aos seus xemelgos,

Marco Antonio marcha para casar cunha irmá de Octavio, que como non, se

chamaba Octavia.

Cleo púxose moi triste e Marco Antonio tamén o estaba por ter que separarse.

Catro anos despois, Marco Antonio volve a Alejandría para estar con Cleo ecasan a pesar de que Marco Antonio xa estaba casado con Octavia.

Page 8: 1º cleopatra

FIN

Octavio, irmán de Octavia, decláralle a guerra a Marco Antonio.

Cleo e o seu exército van xunto ao de Marco Antonio pero perden e fuxen ao

palacio de Cleo.

Cando Marco Antonio chega, dinlle que Cleo estaba morta e el suicídase,

Cleo, cando se entera, tamén fai o mesmo, non soportaba pasar a vida sin el.Os fillos son levados a Roma e criados por Octavia.

FIN

Page 9: 1º cleopatra