1.1.- o proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · a restauración da monarquía en...

15
2º BAC - Tema 7- páx. 1 Tema 7.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875-1931] Introdución. A Restauración constitúe unha longa e complexa etapa histórica da España contemporánea, que se estende desde o pronunciamento do xeneral Arsenio Martínez Campos en decembro de 1874 ata o golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera en setembro de 1923. Os historiadores adoitan dividila en dous períodos, vinculados co monarca reinante e as condicións nas que se desenvolve o sistema: 1875-1902: período de establecemento e consolidación do réxime da Restauración borbónica. Nel sucédense dous reinados: Reinado de Afonso XII (1875-1885), durante o cal se configuraron os trazos básicos do sistema. Rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (1885-1902), durante a cal o sistema funcionou sen grandes problemas, ata que a fin de século a perda das últimas colonias ultramarinas (o desastre do 98) destapou as contradicións e desequilibrios do mesmo. 1902-1923: período de deterioro progresivo e sucesivo dos piares do sistema, que remata coa crise da Restauración e o golpe de Estado de Primo de Rivera, o cal implantou un réxime ditatorial. Coincide co reinado persoal de Afonso XIII (1902-1931). Tras o período da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) abriuse unha breve etapa en que a monarquía intentou restablecer o sistema, tentativa que rematou en fracaso cando as eleccións de abril de 1931 deron paso á segunda experiencia republicana en España. 1.- O sistema político da Restauración. 1.1.- O proceso de restauración monárquica. A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo durante o período do Sexenio Democrático (1868-1874). En xuño de 1870 logrou que Sabela II, exiliada en París e odiada pola meirande parte dos políticos e militares españois, abdicase no seu fillo Afonso; pouco a pouco foi conseguindo apoios para el: gran parte do exército, a burguesía catalá, a aristocracia madrileña, os círculos conservadores (militares, relixiosos e empresariais) españois e ultramarinos de Cuba... sectores que temían que as graves tensións políticas e sociais que experimentaba o país provocasen a desintegración de España e a revolución social. Cánovas pretendía que o restablecemento da dinastía borbónica se producise como resultado dun clamor nacional ante o clima de anarquía que padecía a República, e presentou o príncipe Afonso como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal. O propio Cánovas redactou un documento que firmou don Afonso e que se publicou o 1 de decembro de 1874: o Manifesto de Sandhurst (nome da Academia Militar inglesa na que estudaba o príncipe), que anticipaba as ideas básicas do proxecto restaurador: carácter aberto e integrador da monarquía constitucional, necesidade de compatibilizar liberalismo e tradición católica, orde, patriotismo, e superación das Constitucións precedentes (a moderada de 1845 e a democrática de 1869). Por virtude da espontánea e solemne abdicación da miña augusta nai, tan xenerosa como infortunada, son o único representante do dereito monárquico en España. Arranca este dunha lexislación secular, confirmada por todos os precedentes históricos, e está indubidablemente unida ás institucións representativas, que nunca deixaron de funcionar legalmente durante os trinta e cinco anos transcorridos desde que comezou o reinado da miña nai ata que, aínda neno, pisei con todos os meus o chan estranxeiro. Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, é natural que volva os ollos ao seu acostumado dereito constitucional (...). Por todo isto, sen dúbida, o único que inspira xa confianza en España é unha monarquía hereditaria e representativa, mirándoa como insubstituíble garantía dos seus dereitos e intereses desde as clases obreiras ata as máis elevadas. (...) Pola miña parte, debo ao infortunio estar en contacto cos homes e as cousas da Europa moderna, e se nela non alcanza España unha posición digna da súa historia (...) culpa miña non será nin agora nin nunca. Sexa a que sexa a miña propia sorte, nin deixarei de ser bo español, nin, como todos os meus antepasados, bo católico, nin, como home do século, verdadeiramente liberal. Porén, a restauración borbónica produciuse mediante un pronunciamento militar clásico: o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez Campos pronunciouse en Sagunto (Valencia), declarando a Afonso XII rei de España. O Goberno de Serrano e Sagasta dimitiu e cedeu os seus poderes ao propio Cánovas, o cal formou un Ministerio-Rexencia que asumiu provisionalmente o poder ata a chegada de Afonso XII a Madrid (14 de xaneiro de 1875). Remataba así a curta experiencia republicana en España e comezaba unha nova etapa: a Restauración. O pensamento político de Cánovas. 1.- Le este apartado nas páxinas 260-261. Despois identifica os principios básicos do pensamento de Cánovas. 1.2.- As bases do sistema político da Restauración. A.- A Constitución de 1876. O sistema político da Restauración fundaméntase legalmente na Constitución de 1876, a cal estableceu un réxime parlamentario liberal pero escasamente democrático, que pretendía superar os problemas endémicos do liberalismo español do século XIX: os enfrontamentos entre os partidos liberais, a continua intervención dos militares na vida política e a proliferación de enfrontamentos civís. Cando Afonso XII regresou a España nomeou presidente do Goberno a Cánovas. Para asentar as bases do sistema, Cánovas convocou eleccións a Cortes constituíntes, que se fixeron por sufraxio universal en xaneiro de 1876 e foron gañadas polo partido do Goberno. As novas Cortes aprobaron o texto constitucional, que fora elaborado por un grupo de ex-parlamentarios (Comisión dos Trinta e Nove). Caracterízase por ser: Breve (só 89 artigos), flexible (facilmente modificable) e deliberadamente ambigua, coa intención de permitir o exercicio de diferentes programas dentro do sistema monárquico constitucional. Nela tiveron cabida todas as tendencias políticas agás os carlistas e os republicanos. Estable: estivo vixente -polo menos teoricamente- desde a súa aprobación en 1876 ata 1923. Síntese da Constitución moderada de 1845 -soberanía, división de poderes...- e da democrática de 1869 -declaración de dereitos-.

Upload: others

Post on 03-Aug-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 1

Tema 7.- Estado e nación na Restauración borbónica. [1875-1931]

Introdución.

A Restauración constitúe unha longa e complexa etapa histórica da España contemporánea, que se estende desde o pronunciamento do xeneral

Arsenio Martínez Campos en decembro de 1874 ata o golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Rivera en setembro de 1923. Os historiadores adoitan dividila en dous períodos, vinculados co monarca reinante e as condicións nas que se desenvolve o sistema: ✓ 1875-1902: período de establecemento e consolidación do réxime da Restauración borbónica. Nel sucédense dous reinados:

Reinado de Afonso XII (1875-1885), durante o cal se configuraron os trazos básicos do sistema.

Rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (1885-1902), durante a cal o sistema funcionou sen grandes problemas, ata que a fin de século a perda das últimas colonias ultramarinas (o desastre do 98) destapou as contradicións e desequilibrios do mesmo.

✓ 1902-1923: período de deterioro progresivo e sucesivo dos piares do sistema, que remata coa crise da Restauración e o golpe de Estado de Primo de Rivera, o cal implantou un réxime ditatorial. Coincide co reinado persoal de Afonso XIII (1902-1931).

Tras o período da Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) abriuse unha breve etapa en que a monarquía intentou restablecer o sistema, tentativa que rematou en fracaso cando as eleccións de abril de 1931 deron paso á segunda experiencia republicana en España.

1.- O sistema político da Restauración.

1.1.- O proceso de restauración monárquica.

A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio Cánovas del Castillo

durante o período do Sexenio Democrático (1868-1874). ✓ En xuño de 1870 logrou que Sabela II, exiliada en París e odiada pola meirande parte dos políticos e militares españois, abdicase no seu fillo

Afonso; pouco a pouco foi conseguindo apoios para el: gran parte do exército, a burguesía catalá, a aristocracia madrileña, os círculos conservadores (militares, relixiosos e empresariais) españois e ultramarinos de Cuba... sectores que temían que as graves tensións políticas e sociais que experimentaba o país provocasen a desintegración de España e a revolución social.

Cánovas pretendía que o restablecemento da dinastía borbónica se producise como resultado dun clamor nacional ante o clima de anarquía que padecía a República, e presentou o príncipe Afonso como un futuro monarca respectuoso co sistema constitucional e liberal. O propio Cánovas redactou un documento que firmou don Afonso e que se publicou o 1 de decembro de 1874: o Manifesto de Sandhurst (nome da Academia Militar inglesa na que estudaba o príncipe), que anticipaba as ideas básicas do proxecto restaurador: carácter aberto e integrador da monarquía constitucional, necesidade de compatibilizar liberalismo e tradición católica, orde, patriotismo, e superación das Constitucións precedentes (a moderada de 1845 e a democrática de 1869).

Por virtude da espontánea e solemne abdicación da miña augusta nai, tan xenerosa como infortunada, son o único representante do dereito

monárquico en España. Arranca este dunha lexislación secular, confirmada por todos os precedentes históricos, e está indubidablemente unida ás

institucións representativas, que nunca deixaron de funcionar legalmente durante os trinta e cinco anos transcorridos desde que comezou o reinado

da miña nai ata que, aínda neno, pisei con todos os meus o chan estranxeiro.

Orfa a nación agora de todo dereito público e indefinidamente privada das súas liberdades, é natural que volva os ollos ao seu acostumado dereito

constitucional (...).

Por todo isto, sen dúbida, o único que inspira xa confianza en España é unha monarquía hereditaria e representativa, mirándoa como insubstituíble

garantía dos seus dereitos e intereses desde as clases obreiras ata as máis elevadas. (...)

Pola miña parte, debo ao infortunio estar en contacto cos homes e as cousas da Europa moderna, e se nela non alcanza España unha posición digna

da súa historia (...) culpa miña non será nin agora nin nunca. Sexa a que sexa a miña propia sorte, nin deixarei de ser bo español, nin, como todos

os meus antepasados, bo católico, nin, como home do século, verdadeiramente liberal.

Porén, a restauración borbónica produciuse mediante un pronunciamento militar clásico: o 29 de decembro de 1874 o xeneral Arsenio Martínez

Campos pronunciouse en Sagunto (Valencia), declarando a Afonso XII rei de España. O Goberno de Serrano e Sagasta dimitiu e cedeu os seus poderes ao propio Cánovas, o cal formou un Ministerio-Rexencia que asumiu provisionalmente o poder ata a chegada de Afonso XII a Madrid (14 de xaneiro de 1875). Remataba así a curta experiencia republicana en España e comezaba unha nova etapa: a Restauración.

O pensamento político de Cánovas.

1.- Le este apartado nas páxinas 260-261. Despois identifica os principios básicos do pensamento de Cánovas.

1.2.- As bases do sistema político da Restauración.

A.- A Constitución de 1876.

O sistema político da Restauración fundaméntase legalmente na Constitución de 1876, a cal estableceu un réxime parlamentario liberal pero

escasamente democrático, que pretendía superar os problemas endémicos do liberalismo español do século XIX: os enfrontamentos entre os partidos liberais, a continua intervención dos militares na vida política e a proliferación de enfrontamentos civís.

Cando Afonso XII regresou a España nomeou presidente do Goberno a Cánovas. Para asentar as bases do sistema, Cánovas convocou eleccións a Cortes constituíntes, que se fixeron por sufraxio universal en xaneiro de 1876 e foron gañadas polo partido do Goberno. As novas Cortes aprobaron o texto constitucional, que fora elaborado por un grupo de ex-parlamentarios (Comisión dos Trinta e Nove). Caracterízase por ser: ✓ Breve (só 89 artigos), flexible (facilmente modificable) e deliberadamente ambigua, coa intención de permitir o exercicio de diferentes

programas dentro do sistema monárquico constitucional. Nela tiveron cabida todas as tendencias políticas agás os carlistas e os republicanos. ✓ Estable: estivo vixente -polo menos teoricamente- desde a súa aprobación en 1876 ata 1923. ✓ Síntese da Constitución moderada de 1845 -soberanía, división de poderes...- e da democrática de 1869 -declaración de dereitos-.

Page 2: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 2

CADRO RESUMO DA CONSTITUCIÓN DE 1876 [30 de xuño]

PRINCIPIOS

POLÍTICOS Réxime liberal doutrinario / Soberanía compartida entre o rei e as Cortes (preponderancia do monarca) / Declaraba que o Estado era confesional e encomendábaselle o

mantemento do culto, pero introducía a liberdade de conciencia e de culto, se ben limitada ás manifestacións privadas

XEFATURA DO

ESTADO

Monarquía moderada e hereditaria. A persoa do Rei é sagrada e inviolable. Prerrogativas: posúe iniciativa legal, sanciona e promulga as leis / dereito de veto unha vez por

lexislatura / convoca, suspende e disolve as Cortes á súa vontade / nomea xefe do Goberno para que este execute as decisións / posúe o mando supremo das forzas armadas

e dirixe a política internacional...

Poder executivo Reside no Rei e os seus ministros, nomeados e destituídos libremente por el. Os ministros referendan os actos executivos e asumen a responsabilidade dos mesmos

PODER

LEXISLATIVO

Reside nas Cortes co Rei. As Cortes constan de dúas cámaras: elixido cada 5 anos a razón de un deputado por cada 50.000 habitantes. A lei electoral de 1878

estableceu o sufraxio censatario ata 1890 en que se implantou o sufraxio universal masculino / composto por varios tipos de senadores: senadores por dereito

propio (herdeiros do rei, Grandes de España, altos cargos do exército, a Igrexa e a administración... + senadores nomeados pola Coroa + senadores elixidos polas

institucións do Estado e os maiores contribuíntes / As dúas cámaras tiñan iniciativa legal compartida co rei / Non se especifican os procedementos de control do Goberno

polas Cortes, o que implica que as Cortes tiñan un papel subordinado en relación coa Coroa

Poder xudicial Os tribunais administran a xustiza en nome do rei, pero non se fala de como tal. Desaparecen os xuízos por xurados

RÉXIME LOCAL Non se precisa na Constitución, a cal remite a leis posteriores. Estas establecerán un modelo de Estado unitario e centralista ⇒ abolición dos foros vascos en 1876.

Sistema centralizado: control de Concellos e Deputacións polo Goberno ⇒ Lei Municipal de 1877

DEREITOS

INDIVIDUAIS

Declaración de dereitos formalmente semellante á de 1869: / inviolabilidade do domicilio e da correspondencia / liberdade de expresión, reunión e asociación

/ liberdade de residencia, de ensino, de profesión... Porén, o exercicio concreto dos mesmos remítese a leis posteriores que, polo xeral, tenderon a restrinxilos (dereitos de

imprenta, de expresión, de reunión e asociación...), retardaron a súa entrada en vigor, ou mesmo suspenderon os máis importantes (mediante o estado de excepción)

2.- Le e comenta os artigos da Constitución de 1876 que figuran no doc. 1 da páx. 262.

B.- Bipartidismo e quenda pacífica.

O sistema da Restauración baseábase no bipartidismo: a existencia de dous grandes partidos dinásticos -un no Goberno e outro na oposición-

que se alternarían de forma tácita e pacífica no exercicio do poder: o Partido Conservador e o Partido Liberal. Presentaban caracteres comúns: ✓ Ideoloxía similar: defendían a monarquía, a Constitución, a propiedade privada, un Estado liberal unitario e centralista... ✓ Eran partidos de minorías, de notables e camarillas provinciais, cunha estrutura débil e programas difusos e pobres. ✓ Extracción social: as elites económicas e as clases medias acomodadas.

En canto á súa actuación política, as diferenzas entre os partidos eran mínimas: ✓ Os conservadores amosábanse máis proclives ao inmobilismo político e á defensa da Igrexa e da orde social, mentres os liberais defendían

un certo reformismo social, o impulso da educación e un relativo laicismo. ✓ Pero, na práctica, a actuación de ambos partidos no poder non difería moito, ao existir un acordo tácito de non promulgar endexamais unha

lei que forzase o outro partido a derrogala cando volvese ao goberno. Partido Conservador (liderado por Antonio Cánovas del Castillo): formado polos antigos moderados e unionistas, máis un sector católico.

Aglutinaba os grupos sociais máis tradicionais: aristocracia terratenente, alta burguesía, altos funcionarios e oficialidade superior do exército... Defendía o sufraxio censatario, a confesionalidade católica do Estado, o proteccionismo, a restrición das liberdades individuais...

Partido Liberal (liderado por Práxedes Mateo Sagasta): formado polos antigos progresistas, demócratas monárquicos e republicanos moderados. Apoiábase na burguesía industrial e parte da poboación urbana. Defendía o sufraxio universal, a liberdade pública e privada de cultos, o librecambismo, a ampliación das liberdades individuais...

Conservadores e liberais argallaron o sistema da quenda pacífica ou alternancia regular no poder. O sistema funcionaba da seguinte maneira: Cando un Goberno esgotara o período que pode considerarse normal dentro da mecánica do turno, tiña dificultades para gobernar ou sufrira un

forte desgaste político coa resolución dun conflito, o rei nomeaba presidente de Goberno ao xefe do partido que estaba na oposición. Para que puidese gobernar cun amplo apoio parlamentario, o rei concedíalle tamén o decreto de disolución das Cortes.

Desde o poder, o novo Goberno convocaba e preparaba as eleccións, que necesariamente tiña que gañar para ter maioría nas Cortes, cousa que sempre sucedía, grazas á manipulación do voto. O sistema invertía os termos propios dun sistema parlamentario: non eran as eleccións as que formaban o Goberno, senón o Goberno o que fabricaba unhas eleccións (e por tanto unhas Cortes) á súa medida. Deste modo, entre 1875 e 1902, a meirande parte dos Gobernos foron presididos, de forma alternativa, por Cánovas e Sagasta.

C.- Oligarquía, fraude electoral e caciquismo.

A necesidade que tiñan os Gobernos da Restauración de gañar as eleccións e ter a maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento sistemático

e permanente. A alternancia no goberno foi posible grazas a un sistema electoral corrupto e manipulador, que funcionaba de arriba abaixo. Estaba organizado en tres niveis:

Na cúspide estaba a oligarquía dirixente, entre a que se escollían os candidatos. Esta oligarquía estaba formada pola minoría política de Madrid -os homes dos partidos, senadores, deputados, ministros, propietarios de periódicos...- estreitamente conectada, tanto pola súa procedencia social como polas súas relacións familiares e persoais, cos grupos dominantes locais: donos de negocios, de fábricas e terras.

En posición intermedia situábase o Gobernador civil de cada provincia: baixo a orde do ministro de Gobernación, colaboraba na elaboración do encadramento [encasillado], isto é, a distribución e colocación dos candidatos ministeriais e da oposición nas diferentes circunscricións electorais. Para que os planos se cumprisen debían colaborar os alcaldes e a Garda Civil: ✓ Os alcaldes eran nomeados polo Goberno e encargábanse do desenvolvemento do proceso electoral. ✓ A Garda Civil encargábase de manter a orde e de evitar as accións dos opositores.

Na base deste sistema piramidal estaba o cacique, personaxe que gozaba dunha grande influencia sobre as autoridades e os veciños dunha comarca ou territorio, sobre todo rural, e que empregaba esta influencia para garantir o triunfo do candidato do Goberno.

Page 3: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 3

A fraude electoral era sistemática. A manipulación iniciábase coa distribución das circunscricións electorais: A lei electoral de 1878 establecía dous tipos de unidades electorais: distritos uninominais nas zonas rurais: elixían só un deputado e representaban o 83% dos electores / circunscricións nas grandes cidades e capitais de provincia: elixían de 3 a 8 deputados; representaban o 17% do electorado. Neste último caso, formaban parte da circunscrición tamén os pobos próximos á capital, polo que, na maioría dos casos, o número de votantes rurais superaba os da cidade; nestas condicións, os resultados dependían fundamentalmente do voto rural, facilmente manipulable polos caciques e terratenentes.

Calquera método era válido para conseguir o resultado electoral desexado: ✓ Compra de influencias, concesión de prebendas, oportuna resolución de problemas persoais ou colectivos... ✓ Coaccións físicas ou económicas, anulación da propaganda dos opositores, encarceramento dos considerados revoltosos... ✓ Manipulación do censo, resurrección de mortos, falsificación de personalidades, alteración de horarios e convocatorias... ✓ Roubo, ruptura, destrución ou falsificación masiva de actas. Esta última práctica é coñecida como pucheirazo: substitución masiva dos votos

emitidos no pucheiro ou urna electoral en beneficio do candidato oficial.

En último termo, o sistema sustentábase no caciquismo, concepto que podemos definir como a práctica política que falsea a democracia parlamentaria mediante o control e manipulación sistemática das eleccións polos caciques en conivencia co Goberno.

Os caciques eran individuos ou familias que, polo seu poder económico ou polas súas influencias políticas, controlaban unha determinada circunscrición electoral. O caciquismo era máis evidente nas zonas rurais, onde unha boa parte da poboación estaba supeditada aos intereses dos caciques, os que, grazas ao control dos concellos, facían informes e certificados persoais, controlaban o sorteo das quintas, propoñían o reparto das contribucións, podían resolver ou complicar os trámites burocráticos e administrativos e proporcionaban postos de traballo.

O dominio que o cacique exercía na súa circunscrición (o seu feudo) mediante os favores que repartía ou as represalias que podía tomar sobre os veciños (os seus servos), permitía fabricar resultados electorais á medida do partido que acababa de asumir o poder. O reparto aproximado era: 60-70% de actas de deputados para o partido no poder, 20-30% para o partido na oposición.

A forza do caciquismo permitía que moitos distritos fosen sempre controlados pola mesma familia, ou saíse sempre elixida a mesma persoa (distritos enfeudados). O sistema caciquil estivo moi arraigado en Galicia.

1.3.- A oposición ao sistema: os partidos antidinásticos.

O sistema da Restauración marxinou da vida política a amplos sectores sociais, que optaron pola abstención ou pola oposición.

Reprimiu e marxinou a carlistas e republicanos, que foron considerados por Cánovas "inimigos do Estado". Tamén foron excluídos os rexionalistas, que cuestionaban a administración centralista, e as organizacións obreiras, contrarias á orde liberal e capitalista.

Estas forzas opositoras foron débiles e incapaces de beneficiarse da corrupción do sistema e da indiferenza política da maioría da poboación. A súa diversidade e as súas divisións internas impedíronlles presentar una alternativa coherente ao réxime.

A.- O carlismo.

A derrota militar en 1876 supuxo a crise, escisión e reorganización interna do carlismo, que comezou a participar na vida política e situouse na

extrema dereita do arco parlamentario. Nun primeiro momento, moitos efectivos carlistas exiliáronse en Francia, desde onde tramaron diversas conspiracións fracasadas para asentar o seu candidato Don Carlos de Borbón [Carlos VII] no trono de España. Ademais, o Vaticano e a xerarquía eclesiástica apoiaron publicamente a Afonso XII, polo cal o carlismo perdeu influencia social e quedou reducido a un movemento ideolóxico marxinal, circunscrito ao País Vasco e a Navarra, zonas de gran arraigo do foralismo católico.

En 1888 consumouse a disgregación do carlismo en varias tendencias, entre as que cabe citar: ✓ Os integristas, encabezados por Ramón Nocedal, que fundou o Partido Católico Nacional, caracterizado polo antiliberalismo, a intransixencia

católica, o tradicionalismo e o retraemento da vida política. ✓ Os neocatólicos, partidarios de se adaptar á nova situación e de participar na vida política. Esta corrente estivo apoiada pola xerarquía

católica. A súa expresión organizativa foi o partido Unión Católica (1881), dirixido por Alejandro Pidal, que participou nalgúns dos Gobernos conservadores de Cánovas e que acabaría integrándose no Partido Conservador.

B.- O republicanismo.

O republicanismo saíu moi prexudicado da fracasada experiencia da Primeira República: perdeu apoios sociais, foi duramente reprimido polas

institucións e fragmentouse en varias tendencias. En cambio, o ideario republicano, baseado nunha posición anticlerical, na fe no progreso e na defensa de políticas reformistas en materia social, mantívose vivo nos casinos e ateneos, na prensa e nos sectores intelectuais e universitarios.

Os republicanos agrupáronse en diferentes correntes doutrinais e políticas arredor dos antigos líderes do Sexenio. As grandes diverxencias xiraban en torno á organización centralista ou federal do Estado, e á estratexia para alcanzar o poder (a insurrección ou os medios electorais). ✓ Federais [Partido Republicano Federal]. Liderados por Francesc Pi i Margall, inclináronse cara a posicións socializantes e encontraron eco

entre sectores populares urbanos de Cataluña e do litoral valenciano. ✓ Unitarios. [Partido Republicano Centralista]. Liderados por Nicolás Salmerón, eran partidarios da unidade territorial e política do Estado e

representaban o liberalismo dun sector da intelectualidade burguesa. ✓ Radicais [Partido Republicano Progresista]. Dirixidos desde o exilio por Manuel Ruiz Zorrilla, defendían a república unitaria, eran partidarios

da loita armada, e protagonizaron varias insurreccións entre 1875 e 1886, que remataron en fracaso. ✓ Posibilistas [Partido Republicano Posibilista]. Grupo minoritario conservador, liderado por Emilio Castelar, inclinouse polo posibilismo: forma

de actuación política que renuncia á coherencia ideolóxica para conseguir acordos con outros grupos políticos co fin de obter resultados prácticos. Participou no xogo político da Restauración e acabou por integrarse no Partido Liberal en 1893.

Entre 1886 e 1906: intentos fracasados de unión dos republicanos, que non terían influencia política ata as primeiras décadas do século XX.

2.- O funcionamento do sistema. Evolución política entre 1875 e 1902.

Entre 1875 e 1902, durante o reinado de Afonso XII e a rexencia da súa viúva María Cristina de Habsburgo (ata a maioría de idade de Afonso XIII),

o réxime político ideado por Cánovas funcionou sen grandes sobresaltos internos: os reis mantivéronse na máis estrita legalidade constitucional, exerceron as súas atribucións a través dos seus ministros, realizouse con regularidade a quenda pacífica dos partidos dinásticos no Goberno, as forzas monárquicas estiveron agrupadas en torno aos seus líderes...

Page 4: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 4

2.1.- O reinado de Afonso XII. 1875-1885.

A.- O dominio do Partido Conservador (1875-1881).

O reinado de Afonso XII iniciouse coa hexemonía do Partido Conservador, que gobernou entre 1875 e 1881. Esta etapa é coñecida como ditadura

canovista polo forte carácter autoritario do goberno de Cánovas. O seu obxectivo era dobre: garantir a consolidación da monarquía que se acababa de restaurar e construír un sistema político de orde e fortemente centralizado.

Paralelamente á elaboración da Constitución, o Goberno e os militares realizaron novas ofensivas contra os carlistas e os independentistas

cubanos, para concluír estes conflitos pendentes desde a época do Sexenio e lograr a pacificación do reino: A guerra carlista rematou coa derrota de Carlos VII en febreiro de 1876, tras a toma de Montejurra e Estella (Navarra), derradeiros núcleos da

resistencia carlista. Con esta terceira derrota, o carlismo entrou nunha fase de decadencia e reaxuste interno, sen capacidade para a vía militar. A guerra de Cuba tomou un novo rumbo co envío de tropas en 1876 ao mando do xeneral Arsenio Martínez Campos, que conseguiu notables

éxitos contra os insurrectos. As súas xestións lograron asinar a paz en febreiro de 1878 (Paz de Zanjón), que poñía fin a un conflito que provocara máis de 100.000 mortos. España concedía unha ampla amnistía e prometía realizar reformas administrativas e políticas en beneficio da illa. ✓ Pero a tensión non desapareceu e deu lugar a novas rebelións, rapidamente reprimidas (guerra chiquita de 1879-1880). Para sosegar a

rebeldía, entre 1880 e 1886, as autoridades españolas foron suprimindo progresivamente a escravitude aínda vixente en Cuba. A fin das guerras conferiu a Afonso XII o título de rei pacificador.

Así mesmo, seguindo a tradición predominante no liberalismo español, Cánovas e os conservadores impuxeron un modelo de Estado unitario e centralista, que foi apoiado polos liberais. As medidas fundamentais foron:

A abolición dos privilexios forais vascos. A nova derrota do carlismo permitiu ao Goberno abolir definitivamente os privilexios das provincias vascas: a lei de 21 de xullo de 1876 eliminaba as súas peculiaridades administrativas e quedaban sometidas ao sistema común de impostos e de recrutamento de homes para o exército. Pero en 1878, o poder central subscribiu con esas provincias os concertos económicos: o Estado fixaba un cupo anual que as deputacións vascas debían pagar; a cambio tiñan autonomía fiscal para impoñer tributos e administrar os seus recursos.

Control dos concellos polo Goberno. A lei municipal de 1877 eliminou a autonomía dos concellos e a elección popular dos alcaldes. O novo sistema estableceu a designación e nomeamento polo Goberno dos alcaldes das capitais de provincia e das principais cidades, mentres os gobernadores civís, baixo as ordes do Ministerio de Gobernación, se encargaban de controlar o resto dos alcaldes e a xestión dos concellos.

Esta etapa caracterizouse por unha interpretación restritiva dos dereitos e liberdades, que se plasmou en medidas como:

Supresión do sufraxio universal masculino: a lei electoral de 1878 reduciu o censo de votantes aos homes maiores de 25 anos que pagasen ao Tesouro 25 pesetas anuais por contribución territorial; isto supuña privar do dereito ao voto a cinco de cada seis cidadáns.

Control da liberdade de expresión: estableceuse unha férrea censura de prensa, sobre todo a republicana, con peches, suspensións e xuízos. Restrición da liberdade de reunión e asociación: a lei de xuño de 1880 establecía unha división de partidos en legais e ilegais, o que daba marxe

de manobra ao Goberno para reprimir a oposición. Esta lei foi derrogada en 1881 polo Partido Liberal de Sagasta. A política educativa do ministro Manuel Orovio esixiu aos profesores universitarios que xurasen fidelidade ao Goberno e se ativesen nas súas

ensinanzas ás normas oficiais. Esta medida levou a desposuír das súas cátedras a varios catedráticos seguidores da pedagoxía krausista como Francisco Giner de los Ríos, Gumersindo Azcárate ou Nicolás Salmerón, quen en 1876 fundaron a Institución Libre de Ensinanza (ILE).

B.- O inicio da quenda. O Goberno do Partido Liberal (1881-1884).

En 1881 Afonso XII nomeou xefe de Goberno a Sagasta, líder do Partido Liberal, producíndose así a primeira alternancia pacífica. Sagasta iniciou

a apertura do réxime cunha serie de medidas entre as que destacan: ✓ Nova lei de imprenta (1883): suprimiu as leis especiais que limitaban a liberdade de prensa, o cal favoreceu a liberdade de expresión. ✓ Autorizou a actividade legal das forzas opositoras republicanas e das asociacións obreiras. ✓ Adoptou unha política librecambista, que provocou a oposición dos industriais cataláns e vascos, que se beneficiaban da protección dos seus

produtos fronte ás importacións. ✓ Permitiu o retorno ás súas cátedras dos profesores membros da ILE, pero non reduciu a crecente presenza da Igrexa no sistema educativo.

O Partido Liberal tivo que enfrontarse ás disensións internas (escisións dentro do partido) e ao incremento da axitación social e política: Entre todos estes conflitos destacan os disturbios e protestas no campo andaluz, que acadaron gran virulencia en 1883: foron as accións da Man

Negra, unha suposta sociedade secreta anarquista, en Cádiz e Xerez; ademais, o intento de pronunciamento republicano de agosto de 1883. O Goberno reaccionou con dureza: reprimiu as protestas populares e procesou os golpistas, para os que solicitou penas de morte e exilio.

Estes problemas provocaron a destitución de Sagasta, e o rei chamou de novo a Cánovas para formar Goberno en 1884.

2.2.- A rexencia de María Cristina de Habsburgo (1885-1902).

O 25 de novembro de 1885 morreu o rei Afonso XII a causa dunha tuberculose, cando lle faltaban tres días para cumprir 28 anos. O falecemento

provocou unha gran incerteza; a súa viúva María Cristina, coa que xa tivera dúas fillas, estaba embarazada. Ante esta situación, os líderes dos partidos dinásticos acordaron, por un lado, garantir a permanencia do réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno, e, por outro, agardar a proclamar o herdeiro, por se a criatura que ía nacer fose un varón e para evitar calquera intento de insurrección por parte dos carlistas ou dos republicanos; este acordo coñécese como o Pacto do Pardo. Como ratificación do acordo, Cánovas dimitiu e Sagasta foi de novo chamado a gobernar pola raíña rexente; o sistema da quenda pacífica quedaba así definitivamente consolidado.

O 17 de maio de 1886 naceu Afonso XIII, novo rei de España. Ata a súa maioría de idade (1902) gobernou como rexente a súa nai María Cristina de Habsburgo. Aínda que foi unha etapa de continuidade do sistema, os Gobernos da quenda tiveron que facer fronte a novos problemas: a conflitividade social rural e urbana; o impacto do terrorismo anarquista; a crise agraria de finais de século (crise ceralística e crise da viticultura), as divisións internas nos partidos dinásticos; o xurdimento dos nacionalismos; e, sobre todo, a perda das últimas colonias de ultramar en 1898.

A.- As reformas de Sagasta.

Page 5: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 5

1885-1890: Goberno Longo do Partido Liberal. A estabilidade política e social permitiu aos Gobernos presididos por Sagasta introducir importantes reformas que ampliaron os dereitos e liberdades sen alterar os principios básicos do sistema (as prerrogativas da Coroa), e que na práctica resultaron viciadas polo poder do caciquismo, necesario para seguir gañando as eleccións. Entre estas reformas destacan:

Restableceu a liberdade de cátedra (anulada polos Gobernos conservadores) e ampliou a liberdade de imprenta, o que permitiu un gran desenvolvemento da prensa escrita nos anos finais do século.

Lei de asociacións (1887): permitiu a legalización e desenvolvemento das organizacións obreiras, o cal posibilitou a celebración en 1888 dos congresos fundacionais da Unión General de Trabajadores (UGT) e do PSOE (fundado na clandestinidade en 1879).

Lei de xuízos por xurado (1888): favoreceu a liberdade de prensa ao suprimir a censura previa. Código Civil (1889): rematou o proceso de codificación do Estado liberal e consagrou a orde social burguesa, baseada na primacía da propiedade. Lei electoral (1890): establecía o sufraxio universal masculino para os maiores de vinte e cinco anos. Esta medida non serviu para democratizar

o sistema, xa que os vellos mecanismos de manipulación electoral continuaron funcionando con normalidade.

B.- As dificultades do sistema.

1890-1902: Continuidade do turnismo. Malia o sufraxio universal masculino, ambos líderes seguían alternándose no poder, grazas ao caciquismo.

Entre 1890 e 1892 gobernaron os conservadores. Desta etapa o máis significativo foi a aprobación da lei de aranceis de 1891, mediante a cal se establecía unha ríxida política proteccionista, demandada polos grandes propietarios cerealistas (Liga Agraria), os industriais téxtiles cataláns (Fomento del Trabajo Nacional), os siderúrxicos vascos (Liga Vizcaína de Productores) e os produtores de carbón, para facer fronte aos efectos da crise económica europea do último terzo do século XIX.

Os liberais volveron a gobernar desde decembro de 1892. O máis destacado do mandato liberal foi o proxecto de reforma para a administración e goberno das colonias (Cuba, Porto Rico e Filipinas), que coñecían entón un auxe dos movementos independentistas; foi presentado en 1893 por Antonio Maura, ministro de Ultramar, pero tropezou coa oposición pechada dos intereses indianos, polo que acabou sendo retirado.

En febreiro de 1895 (Goberno de Sagasta) produciuse a insurrección que daría lugar á guerra de Cuba. Este grave problema condicionou a evolución política dos anos finais do século XIX, e a marcha do conflito marcou a sucesión de Gobernos conservadores e liberais.

Nesta última década do século, os Gobernos da quenda tiveron que afrontar o incremento das tensións internas, esencialmente: Aumento da conflitividade social, tanto rural (axitacións e motíns dos xornaleiros, como en Xerez en 1892) como urbana (incremento de folgas

e protestas obreiras). A partir de 1890 as organizacións obreiras celebraron a xornada reivindicativa do Primeiro de Maio. Sucesión de atentados anarquistas contra os representantes da orde burguesa, que provocaron graves alteracións da orde pública: atentado

contra o xeneral Martínez Campos (1893), bombas no teatro Liceo de Barcelona (1893) e na procesión do Corpus (1896)... O asasinato de Cánovas, xefe de Goberno naquel momento, polo anarquista Michelle Angiolillo (8 de agosto de 1897), foi un duro golpe para o sistema. Con el desaparecía o principal piar do réxime, aínda que os mecanismos constitucionais seguiron funcionando contando con Sagasta.

Incremento da oposición política, exercida tanto polos republicanos como polos novos movementos rexionalistas e nacionalistas. A finais do século XIX e principios do XX, como reacción á imposición dun Estado centralizador e unitario, foron xurdindo na periferia do Estado diversas organizacións que reivindicaban o emprego da lingua propia e novas fórmulas de organización do Estado. ✓ En Cataluña a Unión Catalanista redactou un proxecto autonomista -Bases de Manresa (1892)-, rexeitado polos Gobernos da quenda. ✓ No País Vasco as reivindicacións nacionalistas estiveron dirixidas por Sabino Arana, fundador do Partido Nacionalista Vasco (1895). ✓ En Galicia xurdiron as primeiras organizacións rexionalistas (Liga Galega, 1897), que reclamaban a autonomía política e administrativa. O

rexionalismo galego foi formulado desde dúas posturas ideolóxicas diferentes: unha liberal liderada por Manuel Martínez Murguía e outra conservadora, tradicionalista e católica representada por Alfredo Brañas.

3.- O Desastre de 1898. A perda das últimas colonias.

A finais do século XIX o sistema da Restauración coñeceu a súa primeira gran crise: a perda das últimas colonias. Este feito desenvolveuse nun

contexto internacional caracterizado polo imperialismo colonial europeo: as grandes potencias forman imperios coloniais en todo o mundo. Situación de España: carencia dunha adecuada preparación militar / marxinación da política internacional de alianzas. Cánovas seguiu unha

política illacionista; o partido liberal intentou incorporarse ao escenario internacional, pero só logrou algúns pactos.

3.1.- A marcha cara á guerra.

Causas do estalido da insurrección cubana:

Incumprimento das promesas de autonomismo da Paz de Zanjón (1878), que puxera fin á primeira guerra de Cuba (1868-1878). As únicas medidas que se aprobaron foron a abolición definitiva da escravitude (1886) e que os cubanos tivesen representación propia nas Cortes; as propostas presentadas polos liberais (1893) para dotar a Cuba de autonomía e reformar o estatuto da colonia foron rexeitadas polas Cortes.

Oposición de Cuba á política fortemente proteccionista imposta por España, que consideraba a illa como espazo reservado para os produtores españois e dificultaba mediante elevados aranceis o comercio cos Estados Unidos, principal comprador de produtos cubanos.

Crecente intervencionismo dos Estados Unidos, que tiñan grandes intereses económicos e políticos na illa. Nos anos 90 os presidentes Cleveland (1892-96) e Mac Kinley (1896-1900) manifestaron publicamente e a través da prensa o seu desexo expansionista nas illas do Caribe e do Pacífico.

Formación de partidos de carácter nacionalista que reclaman a independencia e lideran a guerra contra España: no ano 1892, José Martí fundou o Partido Revolucionario Cubano, protagonista da revolta independentista iniciada o 24 de febreiro de 1895 (o grito de Baire).

3.2.- A evolución da guerra en Cuba e Filipinas (1895-1898).

A insurrección cubana (1895-1898):

A insurrección comezou na parte oriental da illa (cun levantamento coñecido como grito de Baire) e entre os seus dirixentes contou con Antonio Maceo e Máximo Gómez, que conseguiron estender a guerra á parte occidental da illa, tradicionalmente menos rebelde.

O Goberno, presidido por Cánovas, respondeu enviando un exército a Cuba ao mando do xeneral Martínez Campos, considerado o militar idóneo para combinar a represión militar coa flexibilidade necesaria para chegar a acordos que puxesen fin ao levantamento.

A falta de éxitos militares decidiu o relevo de Martínez Campos polo xeneral Valeriano Weyler (xaneiro de 1896), que chegou á illa coa vontade de empregar métodos máis contundentes que acabasen coa insurrección pola forza.

Page 6: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 6

✓ A ofensiva de Weyler foi acompañada da "concentración" dos campesiños nunhas aldeas cerradas para illalos das tropas insurrectas. Pero a dificultade de provelos de alimentos e de facilitarlles asistencia médica, tanto ao exército coma aos campesiños, trouxo consigo unha elevada mortaldade entre a poboación civil e os soldados. Ademais, a guerra provocou a destrución de enxeños azucreiros, de plantacións e de numerosas vías férreas, e a economía cubana resentiuse notablemente.

Tras o asasinato de Cánovas (8 de agosto de 1897) un novo Goberno liberal (Sagasta) decidiu desesperadamente probar a estratexia da conciliación. Relevou a Weyler do mando e concedeulle a Cuba autonomía (22 de novembro de 1897), o sufraxio universal, a igualdade de dereitos entre insulares e peninsulares e a autonomía arancelaria. Pero as reformas chegaron demasiado tarde: os independentistas, que contaban co apoio dos Estados Unidos, negáronse a aceptar a fin das hostilidades, que foi unilateralmente declarada polo Goberno español.

A insurrección filipina (1896-1897): Neste arquipélago, a presenza española era máis feble ca nas Antillas e limitábase en boa medida ás ordes relixiosas, á explotación dalgúns

recursos naturais como o tabaco, e á súa utilización como punto comercial con China. A falta de reformas nas illas provocou a aparición dun movemento emancipador formado por nativos e mestizos, que en 1892 fundaron a Liga Filipina, liderada por José Rizal.

A insurrección filipina iniciouse en 1896: os dirixentes independentistas José Rizal e Andrés Bonifacio promoveron unha insurrección xeral nas illas, que foi reprimida polo xeneral Camilo García Polavieja, que mandou executar a Rizal. O novo líder filipino, Emilio Aguinaldo, asinou co xeneral Fernando Primo de Rivera (Capitán Xeneral de Filipinas) unha paz transitoria ata que Estados Unidos interveu na guerra en 1898.

Intervención directa dos EUA no conflito colonial (1898), que declarou a guerra contra España en dúas frontes: Cuba e Filipinas. Co obxectivo de acabar coa rebelión, as autoridades españolas reforzaron os seus efectivos militares nas colonias, enviando numerosas tropas.

Pero o exército español presentaba amplas carencias e debilidades: estaba escasamente dotado de medios modernos e contaba con soldados mal preparados e recrutados entre as clases máis pobres; ademais, as enfermidades tropicais causaban moitas baixas e numerosas mortes. A guerra agravouse polo apoio que os insurrectos recibían dos EUA, en plena expansión imperialista e interesados en desprazar a España da zona do Caribe e do Pacífico; de feito, fixeran diferentes proposicións de compra da illa de Cuba, que o Goberno español sempre rexeitou.

No ano 1898 os Estados Unidos decidíronse a declararlle a guerra a España. O pretexto foi a explosión dun dos seus buques de guerra, o acoirazado Maine, ancorado no porto da Habana (15 de febreiro de 1898). O Goberno dos EUA enviou un ultimato ao Goberno de España: dáballe un prazo de 3 días para retirarse da illa, o que equivalía a unha declaración de guerra (20 de abril).

A exaltación patriótica da opinión pública, das autoridades, dos políticos e incluso dos eclesiásticos, así como a confianza na vitoria e nas virtudes heroicas do soldado español, levaron o Goberno de España a declarar a guerra aos EUA (25 de abril). Unicamente algúns intelectuais, políticos e as organizacións obreiras se opuxeron a esa medida.

A guerra foi rápida e contundente polas grandes diferenzas entre os dous exércitos: a escuadra española, formada por antigos e vellos cruceiros, non podía competir fronte aos poderosos acoirazados norteamericanos, unha forza catro veces superior e moito máis moderna. Os escenarios das batallas foron Santiago de Cuba, Cavite e Manila, onde se produciu en poucos días unha rápida e contundente derrota. ✓ No Caribe: destrución da flota mandada polo almirante Pascual Cervera (3 xullo 1898), o cal provocou a rendición de Santiago (12 xullo). ✓ No Pacífico: desastre naval de Cavite (na baía de Manila, o 1 de maio) e capitulación de Manila (14 de agosto de 1898).

Tras a destrución da Mariña española e o desembarco das tropas norteamericanas en Cuba, Porto Rico e Filipinas, o Goberno español, ante a superioridade militar dos EUA, solicitou o armisticio.

Sagasta tentou negociar a paz a través do Goberno francés, pero Estados Unidos impuxo as súas condicións na Paz de París (10 decembro 1898). España cedeu a Estados Unidos: Cuba, Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam a cambio dunha compensación económica de vinte millóns de dólares.

En febreiro de 1899 vendeu a Alemaña as últimas illas que lle quedaban no Pacífico: Marianas, Carolinas e Palaos por 25 millóns de dólares. Estados Unidos e Alemaña impulsaban entón a súa política imperialista, mentres que España puña fin ao seu imperio en ultramar. O desastre

colonial do 98 culminaba o proceso de emancipación que comezara tras a Guerra de Independencia.

3.3.- As consecuencias do Desastre.

Malia a envergadura do desastre e do seu significado simbólico, as súas repercusións inmediatas foron menores do que se agardaba. A crise do

98 foi fundamentalmente unha crise moral e ideolóxica, que causou un importante impacto psicolóxico entre a poboación.

A.- Consecuencias políticas.

Non houbo unha gran crise política, como se vaticinara, nin creba do Estado, nin perigou a Monarquía, e o sistema da Restauración acomodouse

aos novos tempos e á retórica da rexeneración. En 1899, o Goberno de Francisco Silvela, novo líder do Partido Conservador, desenvolveu unha política aparentemente reformista: deu entrada

no Goberno a figuras alleas á política da quenda de partidos (como o xeneral Camilo Polavieja); elaborou proxectos de descentralización administrativa e impuxo unha política orzamentaria que incrementaba a presión fiscal. Esta medida provocou unha folga de contribuíntes que rematou coa dimisión dos ministros máis renovadores; así as promesas de “rexeneración” quedaron en mera retórica, sen que tivesen incidencia real na vida política do país. Os mecanismos do sistema da Restauración adaptáronse ás circunstancias e sobreviviron case intactos ao Desastre.

Os movementos nacionalistas coñeceron unha notable expansión, sobre todo no País Vasco e en Cataluña, onde a burguesía industrial comezou a tomar conciencia da incapacidade dos partidos dinásticos para desenvolver unha política renovadora, e orientou o seu apoio cara ás formacións nacionalistas, que reivindicaban a autonomía e prometían a modernización da estrutura do Estado.

B.- O impacto económico e social.

Tampouco houbo crise económica, malia a perda dos mercados coloniais protexidos e a débeda causada pola guerra. Nos primeiros anos do

século XX produciuse unha inflación baixa, unha redución da Débeda Pública e un considerable investimento procedente dos capitais repatriados.

A derrota causou en España un forte choque na opinión pública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases medias. Os militares sentiron unha profunda frustración e resentimento, responsabilizaron do fracaso aos políticos e pecháronse progresivamente nunha

actitude de defensa corporativa dos seus intereses e de desprezo á sociedade civil e ao sistema liberal. Os intelectuais desenvolveron unha reflexión crítica sobre España marcada pola desmoralización, o pesimismo e a idea de decadencia. As clases populares respiraron tranquilas de non ter que enviar os seus fillos a morrer a Cuba.

Page 7: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 7

C.- O rexeneracionismo e a xeración do 98.

A crise colonial favoreceu a aparición de movementos que, desde unha óptica cultural ou política, criticaron o sistema da Restauración e

propugnaron a necesidade dunha rexeneración e dunha modernización da política española. Estiveron protagonizados fundamentalmente polas clases medias, e en conxunto son coñecidos como o rexeneracionismo.

O rexeneracionismo foi unha corrente intelectual, política e literaria que impregnou a vida pública española de finais do século XIX e comezos do XX. Os seus trazos básicos foron: a crítica ao sistema da Restauración, a análise das causas da decadencia nacional, a busca de solucións aos males do país e o propósito de renovar e modernizar a realidade política, social e económica de España, e superar o atraso cultural.

Aínda que non existe unha única liña de pensamento, para os membros deste movemento os problemas de España derivaban da existencia dun Estado ineficaz e dunha clase política corrupta e oligárquica, da falta de educación, e dun escaso e deficiente desenvolvemento dos recursos económicos. Para mellorar o país cumpría sanear e democratizar o Estado, é dicir, rexeneralo, e reorganizar e reforzar a súa estrutura produtiva. Nestas ideas inciden os escritos de Lucas Mallada (Los males de la patria y la futura revolución española, 1890), Ricardo Macías Picavea (El problema nacional, 1899), Rafael Altamira (artigos en La España Moderna) ou Joaquín Costa (Oligarquía y caciquismo, 1901).

O máis destacado representante das ideas rexeneracionistas foi Joaquín Costa (1846-1911). A través dos seus escritos e da súa actuación persoal, defendeu un amplo programa renovador "desde dentro e desde arriba, para conxurar -dicía- as revolucións das rúas e dos campos", que se resume no seu lema "Escola e despensa": propugnaba a necesidade de deixar atrás os mitos dun pasado glorioso, modernizar a economía e alfabetizar a poboación. Defendía a necesidade de organizar os sectores produtivos da vida española á marxe da quenda dinástica, cunhas novas formulacións que incluísen o desmantelamento do sistema caciquil e a transparencia electoral. A fortaleza que mantiña o caciquismo levouno a xustificar a necesidade de contar cun cirurxián de ferro, é dicir, cun gobernante que actuase de forma autoritaria pero temporal, para reconducir o país e acabar cos seus profundos males. As súas propostas renovadoras tiveron unha gran influencia sobre a opinión pública e os políticos.

Ademais, o desastre deulle cohesión a un grupo de intelectuais, coñecido como a xeración do 98 (Unamuno, Valle Inclán, Pío Baroja, Azorín...). Todos eles se caracterizaban por un profundo pesimismo, pola súa crítica fronte ao atraso peninsular e formularon unha seria reflexión sobre o sentido de España e o seu papel na Historia.

En conclusión, a crise do 98 suscitou a necesidade de importantes cambios para coñecer e mellorar as condicións de vida do pobo (a “España

real”), modernizar a sociedade e a economía, reformar o sistema político e recuperar o prestixio perdido no 98. Todo isto intentarase nas diversas etapas do século XX, comezado durante o reinado de Afonso XIII.

3.- Elabora un breve comentario dos seguintes textos:

1.- Art. 2. As tres provincias quedarán obrigadas, desde a publicación desta lei, a presentar nos casos de quintas ou recrutamentos ordinarios e

extraordinarios do exército, o cupo de homes que lles corresponda, de acordo coas leis.

Art. 3. Quedan igualmente obrigadas as provincias de Biscaia, Guipúscoa e Álava a pagar, na proporción que lles corresponda e con destino aos

gastos públicos, as contribucións, rendas e impostos ordinarios e extraordinarios que consignen os orzamentos xerais do Estado.

Afonso XII: Decreto. 21 de xullo de 1876.

2.- Entramos nun novo período político. O Ministerio presidido por Cánovas prestou relevantes servizos, rematando a guerra civil en España e en Cuba.

Pero non soubo coroar a orde acadada polos sacrificios de todos, coa liberdade de todos. E a nación (...) ama os principios liberais. E débolle dicir

que o señor Sagasta os aplica con sinceridade (...). Pendurou a Lei de Imprenta no Museo Arqueolóxico das leis inútiles; abriulles a Universidade a

todas as ideas e a todas as escolas; deixou un amplo dereito de xuntanza que usa a democracia segundo lle peta e entrou nun período tal de

liberdades prácticas e tanxibles que non podemos envexarlles cousa ningunha aos pobos máis liberais da terra.

CASTELAR, Emilio: Discursos parlamentarios. 1881.

3.- Non esperamos marabillas do sufraxio universal; non cremos que vaia facer o milagre de transformar nun día os malos hábitos dos comicios españois,

non o consideramos como a panacea dos numerosos padecementos que afectan ao noso país; pero entendemos que é a cláusula final do tratado de

paz entre os elementos políticos máis poderosos da nosa nación, eses que veñen librando un combate desde fai máis de medio século e ao mesmo

tempo debe ser, a longo prazo, o último dos problemas de carácter puramente políticos.

"El Imparcial" [diario matutino de ideoloxía liberal, 1867-1933]. 23 de febreiro de 1890.

4.- O Senado e a Cámara dos Estados Unidos reunidos no Congreso acordan:

Primeiro: Que o pobo de Cuba é e debe ser libre e independente.

Segundo: Que é deber dos Estados Unidos esixir, e polo presente escrito o seu Goberno esixe, que o Goberno español renuncie inmediatamente á

súa autoridade e ao goberno de Cuba e que retire as súas forzas terrestres e navais da illa.

Terceiro: Que se autorice ao presidente dos Estados Unidos, que se lle encargue e se lle ordene que utilice todas as forzas militares e navais dos

Estados Unidos e chame ao servizo activo ás milicias dos diferentes Estados da Unión (...) para levar a efecto as medidas aquí dispostas.

Cuarto: os Estados Unidos negan que teñan ningún desexo nin intención de exercer xurisdición nin soberanía, nin de intervir no goberno de Cuba se

non é para a súa pacificación, e afirman o seu propósito de abandonar o dominio e o goberno da illa ao seu pobo unha vez realizada dita pacificación.

CONGRESO DOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA. Declaración. 18 de abril de 1898.

5.- Hai que elevar a cultura do país convertendo a ensinanza de bachareis e doutores en educación de homes formados para as loitas da vida e de

cidadáns útiles á súa Patria. Hai que organizar os Tribunais de modo que entre eles e a conciencia popular se restableza aquela confianza que os

desaforos da política lles arrebataran. Hai que restaurar a facenda fundándoa en prácticas de sinceridade, traendo a tributar todas as manifestacións

da riqueza, facendo efectivo o principio da proporcionalidade nas cargas (...). E hai, sobre todo, que purificar a nosa administración, e destruír sen

compaixón e sen descanso ese afrontoso caciquismo do que me dá noxo falar, pero na extirpación do cal me empregaría con tal empeño que, por só

non a acadar, habería eu de considerar fracasados todos os meus intentos(...).

Camilo POLAVIEJA (xeneral): Manifesto. 1 de setembro de 1898.

6.- Non é a forma de goberno en España a mesma que impera en Europa (...); o noso atraso neste respecto non é menor que en ciencia e cultura, que

en industria, que en agricultura, que en milicia, que en administración pública. Non é (...) a nosa forma de goberno un réxime parlamentario, (...)

senón, pola contra, un réxime oligárquico, servido, que non moderado, por institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro modo, non é

o réxime parlamentario a regra e excepción dela os vicios e as corruptelas (...); ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas constitúen o

réxime, son a mesma regra (...).

Joaquín COSTA: Oligarquía e caciquismo. 1901-1902.

Page 8: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 8

4.- O reinado de Afonso XIII (1902-1931). A crise do sistema da Restauración.

Esquema da evolución política do reinado de Afonso XIII [1902-1931]: etapas básicas e crises graves

Etapas Cronoloxía Causas da crise Consecuencias da crise

Cris

e d

o s

istem

a d

a R

estauració

n

Fracaso d

os p

roxectos d

e

refo

rm

a d

esde a

rrib

a

de 1902

a 1916

1906 Imposición do poder militar sobre o poder civil:

a Lei de xurisdicións. 1907

Fortalecemento do catalanismo: creación de Solidaritat

Catalana, coalición de partidos catalanistas.

1909 Estalido da tensión social: a Semana Tráxica

de Barcelona. 1909

Antimaurismo ⇒ caída de Antonio Maura.

Formación da conxunción republicano-socialista.

Creación da CNT (1910).

1912 Asasinato de José Canalejas, presidente do

Goberno. 1913

Afundimento dos partidos dinásticos, escindidos en

diversas faccións enfrontadas entre si.

Descom

posic

ión e

quebra d

o s

istem

a

de 1917

a 1923

1917 Crise militar: as Xuntas de Defensa.

Crise política: a Asemblea de Parlamentarios.

Crise social: a folga xeral.

1917

a

1923

Afundimento progresivo dos piares do sistema.

Sucesión de Gobernos de concentración incapaces de

solucionar o deterioro político e social do país.

1921 Desastre militar de Annual (Marrocos). 1922 Aluvión de críticas contra o exército e o rei.

Esixencia de responsabilidades: o expediente Picasso.

Golpe de Estado de Primo de Rivera (13-setembro-1923).

Ditadura de

Primo de

Rivera

de 1923

a 1930 1925

Institucionalización e perpetuación da

ditadura: substitución do Directorio Militar

polo Directorio Civil.

desde

1926

Incremento das críticas á ditadura e á monarquía.

Dimisión de Primo de Rivera (xaneiro 1930).

Reorganización da oposición: pacto de San Sebastián.

Fin da

monarquía 1930

1931 1930

Imposibilidade de retornar ao sistema

constitucional (a Ditabranda). 1931

Proclamación da Segunda República (14 de abril).

Caída da monarquía e exilio do rei.

PAR

TID

OS

E O

RG

AN

IZACIÓ

NS

OB

REIR

AS

(1

90

2-19

23

)

DENTRO DO SISTEMA

(PARTIDOS

DINÁSTICOS)

Partido

Conservador Mauristas (Antonio Maura).

Idóneos (Eduardo Dato).

Partido Liberal Reformismo Liberal (José Canalejas).

Disputas polo liderado entre o Conde de Romanones, Manuel García Prieto e Santiago Alba.

Á MARXE DO SISTEMA

(PARTIDOS

ANTIDINÁSTICOS)

Carlistas Lexitimistas ou Xaimistas, participan nas eleccións (Juan Vázquez de Mella).

Integristas, defenden o retraemento electoral (Ramón Nocedal).

Nacionalistas

Cataláns Conservadores: Lliga Regionalista (1901, Enric Prat de la Riba, Francesc Cambó).

Progresistas: Centre Nacionalista Republicà (1906), Partit Republicà Català

(1917), Estat Català (1922, Francesc Macià)...

Vascos Partido Nacionalista Vasco [1895], divido en dúas tendencias: autonomistas

moderados / independentistas radicais.

Galegos Irmandades da Fala (1916, irmáns Vilar Ponte).

Republicanos Unión Republicana (1903, Nicolás Salmerón).

Partido Republicano Radical (1908, Alejandro Lerroux).

Partido Reformista (1912, Melquíades Álvarez).

Obreiros

Socialistas Partido Socialista Obreiro Español (1879, Pablo Iglesias).

Unión Xeral de Traballadores (1888).

Escisión no PSOE: fundación do Partido Comunista de España (1921).

Anarquistas Solidariedade Obreira (1907) ⇒ Confederación Nacional do Traballo (CNT),

fundada en 1910 (Salvador Seguí, Ángel Pestaña...).

Durante o reinado de Afonso XIII produciuse a crise do sistema da Restauración, que comezou co desastre do 98, precipitouse a partir da crise

de 1917, e rematou co golpe de Estado de Primo de Rivera en 1923. A progresiva desarticulación do sistema estivo provocada pola incidencia conxunta e progresiva de diferentes factores:

Fraccionamento e descomposición dos partidos dinásticos tras a desaparición dos seus líderes históricos. Persistencia e mantemento da fraude electoral e do caciquismo. Incremento da conflitividade social: espiral de violencia entre as organizacións obreiras de tendencias revolucionarias e a represión de patronal

e Goberno + sucesión de atentados anarquistas, que afectaron as principais institucións do Estado liberal. Crecente contestación política ao sistema e auxe do republicanismo e dos nacionalismos periféricos. Enfrontamento irreconciliable entre o catolicismo intransixente da Igrexa e as correntes anticlericais. Crecente intervención do exército na vida política. Sucesivas derrotas militares na ocupación do norte de Marrocos: a denominada "cuestión marroquí" provocou graves tensións políticas, militares

e sociais.

Page 9: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 9

4.1.- Os inicios do reinado e as propostas de reforma (1902-1916).

4.2.- A quebra do sistema da Restauración (1917-1923).

A.- A crise de 1917.

B.- A quebra da quenda.

C.- O aumento da conflitividade social e política.

A crise económica que seguiu á fin da Gran Guerra e o estímulo do triunfo bolxevique en Rusia (1917) provocaron numerosas folgas e conflitos

(sobre todo en Barcelona, Andalucía e Estremadura), e un incremento vertixinoso da afiliación sindical, que incidiu no aumento da conflitividade social urbana e rural. A radicalización e a violencia foron crecendo de forma imparable, tanto na represión gobernamental como na resposta das organizacións obreiras, especialmente do sindicato anarquista CNT (Confederación Nacional del Trabajo), fundado en 1910 en Barcelona.

As principais manifestacións do descontento social foron:

1.- O trienio bolxevique en Andalucía (1918-1921): violentas revoltas campesiñas (queima de colleitas, ocupacións de terras, repartición de propiedades...) impulsadas por anarquistas e socialistas, motivadas por: ✓ Situación de miseria do campesiñado: salarios paupérrimos, aumento dos prezos, deterioro constante das condicións de vida... ✓ A fame de terras: reivindicación tradicional do campesiñado, consecuencia dun réxime de propiedade inxusto e anquilosado. ✓ Influencia da revolución soviética, que alimentaba as esperanzas e os soños do campesiñado na transformación da sociedade. A rebelión social estendeuse pola Mancha e Estremadura e foi duramente reprimida polo Goberno: a declaración do estado de guerra, a clausura das organizacións obreiras e a detención dos seus líderes, puxéronlle fin á rebelión.

2.- A conflitividade campesiña coincidiu cunha virulenta vaga de folgas nas rexións industriais (Biscaia, Asturias, Madrid...). O momento culminante da tensión social alcanzouse en Barcelona en 1919 coa folga da Canadense, como se coñecía popularmente a compañía que subministraba electricidade á cidade. Pola súa duración (44 días) e intensidade (deixou practicamente paralizada a cidade e a produción que dependía da electricidade), foi a folga máis importante da historia sindical española e converteuse nun problema de alcance nacional. O conflito, laboral na súa orixe, derivou nunha auténtica "guerra social" entre o Goberno e os empresarios por un lado, e a CNT polo outro.

3.- A conflitividade laboral dexenerou nunha radicalización extrema das posturas da patronal e dos sindicatos, que crearon unha espiral de violencia, aproveitada polas autoridades militares para facerse co control e exercer unha brutal represión. Foron os anos do pistoleirismo, nos que se produciron máis de 800 atentados nos que morreron 226 persoas, entre elas empresarios e dirixentes sindicais.

Algúns grupos anarquistas practicaron un activismo violento: atentados contra autoridades (asasinato de Eduardo Dato, presidente de Goberno en 1921), patróns e forzas da orde. Destacan os Solidarios, liderados por Buenaventura Durruti, Juan García Oliver e Francisco Ascaso.

Os empresarios crearon a Federación Patronal para enfrontarse aos sindicatos mediante o uso da forza: contrataron sicarios para asasinar os dirixentes obreiros (Salvador Seguí, da CNT, en 1923), recorreron ao lockout para frear as reivindicacións dos traballadores, e impulsaron os Sindicatos Libres: organización sindical constituída en Barcelona por militantes carlistas baixo a protección da patronal e do gobernador civil para acabar co predominio sindical da CNT mediante a organización de atentados contra os seus líderes.

O Goberno declarou o estado de guerra, suspendeu as garantías constitucionais e cedeulles a orde pública aos militares. O xeneral Severiano Martínez Anido (gobernador civil de Barcelona) protexeu os pistoleiros da patronal, exerceu unha dura represión contra os sindicalistas e impuxo o terrorismo policial mediante a aplicación da lei de fugas (execución extraxudicial alegal que se aplicaba na suposta fuxida dun detido que era abatido a tiros co pretexto de que quería escapar).

As forzas políticas da oposición incrementaron as súas críticas ao sistema, pero non conseguiron afianzar un programa alternativo e unha posición coherente e sólida. Os sectores opositores eran:

A oposición republicana. Os republicanos acusaron unha forte debilidade debido ás súas continuas divisións internas. As dúas correntes máis destacadas do republicanismo, o Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux e o Partido Reformista de Melquíades Álvarez, foron incapaces de mobilizar as masas, evolucionaron cara ao conservadorismo social e perderon apoios electorais.

Os movementos rexionalistas e nacionalistas acrecentaron a súa actividade. A Liga Rexionalista, aproveitándose da súa influencia no Goberno, dos seus bos resultados electorais e do seu control das institucións catalás, pediu abertamente a autonomía política para Cataluña. O Partido Nacionalista Vasco ampliou a súa implantación nas provincias vascas. En Galicia, as Irmandades da Fala defenderon a autonomía integral para Galicia. Estas demandas causaron na sociedade española fortes temores que contribuíron a radicalizar o ambiente político con acusacións de separatismo, repulsas dos partidarios da unidade nacional e aumento da oposición ao réxime entre os nacionalismos periféricos.

O PSOE multiplicou a súa afiliación, conseguiu maior presenza nos concellos e renovou os seus cadros dirixentes (Julián Besteiro, Indalecio Prieto...). Defendía o sistema parlamentario e unha práctica política reformista e moderada. O impacto da Revolución Rusa (1917) provocou a escisión dun sector do PSOE partidario de apoiar o réxime bolxevique e ingresar na III Internacional (Komintern ou Internacional Comunista), sector que en 1921 fundou o Partido Comunista de España.

D.- A cuestión marroquí e o desastre de Annual.

O desastre de Annual, coas súas enormes perdas en homes, material, territorio e prestixio, provocou un forte impacto na opinión pública: acentuou a impopularidade da guerra e do exército, desatou un diluvio de críticas, e numerosos grupos políticos e periódicos esixiron responsabilidades políticas. O Goberno de Antonio Maura tivo que crear unha Comisión de Responsabilidades, presidida polo xeneral Juan Picasso, para elaborar un expediente sobre o sucedido. O exército opoñíase porque temía as responsabilidades militares, que chegaban ata o mesmo rei Afonso XIII, que obrigara o xeneral Silvestre a efectuar a arriscada incursión militar.

O Expediente Picasso acusaba de neglixencia a varias decenas de mandos militares e o propio xeneral Dámaso Berenguer, Alto Comisario do protectorado de Marrocos. As responsabilidades políticas suscitaron agres debates nas Cortes e violentas disputas entre todos os partidos políticos. Poucos días antes de que o informe elaborado pola comisión chegase ás Cortes, o xeneral Miguel Primo de Rivera encabezou un golpe de Estado (Barcelona, 13 de setembro de 1923), declarou o estado de guerra e suspendeu a Constitución de 1876. Remataba así o réxime da Restauración e comezaba a etapa da ditadura militar (1923-1930).

4.- Elabora un breve comentario dos seguintes textos:

Page 10: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 10

1.- Art. 1º. O español que tomase as armas contra a Patria baixo bandeiras inimigas ou baixo as de quen loitasen pola independencia dunha parte do

territorio español, será castigado coa pena de cadea temporal no seu grao máximo a morte.

Art. 2º. Os que de palabra, por escrito, por medio da imprenta, gravado, estampas, alegorías, caricaturas, signos, gritos ou alusións, aldraxasen a

Nación, a súa bandeira, himno nacional ou outro emblema da súa representación, serán castigados coa pena de prisión correccional. En igual pena

incorrerán os que cometan iguais delitos contra as rexións, provincias, cidades e pobos de España e as súas bandeiras ou escudos.

Art. 3º. Os que de palabra ou por escrito, por medio da imprenta, gravado ou outro medio mecánico de publicación, en estampas, alegorías,

caricaturas, emblemas ou alusións inxurien ou ofendan clara ou encubertamente o Exército ou a Armada ou as institucións, armas, clases ou corpos

determinados do mesmo, serán castigados coa pena de prisión (...).

Art. 5º. (...) Das causas (...) coñecerán os tribunais do fuero de Guerra e Mariña (...).

Dado en Palacio a vinte e tres de marzo de mil novecentos seis.

2.- Considerando que a guerra é unha consecuencia final do réxime de produción capitalista. Considerando, ademais que, dado o sistema español de

recrutamento do exército, só os obreiros fan a guerra que os burgueses declaran. A asemblea protesta enerxicamente:

1. Contra a acción do Goberno español en Marrocos. (...)

3. Contra o envío á guerra de cidadáns útiles á produción e, en xeral, indiferentes ao triunfo da cruz sobre a media lúa, cando se poderían formar

rexementos de curas e de freires que, ademais de estar directamente interesados no éxito da relixión católica, non teñen familia, nin fogar, nin

son de utilidade ningunha ao país, e

4. Contra a actitude dos deputados republicanos que, ostentando un mandato do pobo, non aproveitaron a súa inmunidade parlamentaria para

poñerse á fronte das masas na súa protesta contra a guerra.

Chama á clase obreira a concentrar todas as forzas, por se houbese que declarar a folga xeral para obrigar ao Goberno a respectar os dereitos que

teñen os marroquís a conservar intacta a independencia da súa patria.

COMITÉ DE FOLGA. Proclama. 21 de xullo de 1909.

3.- Os representantes de Cataluña nas Cortes, ante a gravidade e transcendencia dos momentos actuais (...) coinciden en afirmar:

A.- Que é vontade xeral de Cataluña a obtención dun réxime de ampla autonomía.

B.- Que é de gran conveniencia para España transformar a organización do Estado baseándoa nun réxime de autonomías (...).

E en adoptar os seguintes acordos:

1º Pedir ao Goberno a inmediata reunión das Cortes para que as mesmas, en funcións de constituíntes, deliberen e resolvan sobre a organización

do Estado e a autonomía dos Municipios e dean solución inmediata ao problema militar e aos que as circunstancias actuais provocan con urxencia

inaprazable para a vida económica de España.

2º Comunicar o anterior acordo ao Goberno, e, en caso de non obter a inmediata convocatoria das Cortes, invitar a todos os senadores e deputados

españois para que concorran a unha Asemblea extraoficial que delibere sobre os extremos consignados no acordo anterior, e cuxa primeira

reunión tería lugar nesta cidade o día 19 do corrente.

ASEMBLEA DE PARLAMENTARIOS. Declaración. 5 de xullo de 1917.

4.- Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación algunha, os propósitos anunciados polos representantes

da UXT e da CNT no manifesto subscrito por estes organismos no mes de marzo último. (...)

Pedimos a constitución dun goberno provisional que asuma os poderes executivo e moderador, e prepare, previas as modificacións imprescindibles

dunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras dunhas Cortes constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas

fundamentais da Constitución política do país. Mentres non se consiga este obxectivo, a organización obreira española está absolutamente decidida

a manterse na súa actitude de folga.

Cidadáns: Non somos instrumento de desorde como na súa impudicia nos chaman con frecuencia os gobernantes que padecemos. Aceptamos unha

misión de sacrificio polo ben de todos, pola salvación do pobo español, e solicitamos o voso concurso. Viva España!

COMITÉ DE FOLGA UXT-PSOE. Manifesto. 12 de agosto de 1917.

5 Data de nomeamento Carácter político

1917

19 de abril

11 de xuño

3 de novembro

Concentración liberal (García Prieto)

Conservador (Dato)

Concentración liberal (García Prieto)

1918

22 de marzo

9 de novembro

5 de decembro

Concentración nacional (Maura)

Concentración liberal (García Prieto)

Liberal (Conde de Romanones)

1919

15 de abril

20 de xullo

12 decembro

Conservador (Maura)

Conservador (Sánchez de Toca)

Concentración (Allendesalazar)

1920 5 de maio Conservador (Dato)

1921

8 de marzo

13 de marzo

14 de agosto

Goberno interino (Bugallal)

Conservador (Allendesalazar)

Concentración (Maura)

1922 8 de marzo

7 de decembro

Concentración conservador ( Sánchez Guerra)

Concentración liberal (García Prieto)

6.- Os superviventes corren outeiro abaixo, en cego tropel. Choven

as balas arredor, son perseguidos a través do barranco,

cazados no camiño que serpea entre montes. Caen, caen, en

bárbara carnicería. Non hai feridos: o que dá en terra, morre a

coiteladas. E caen tantos por debilidade, por non poderse ter

en pé! Dos 300 chegan 25 a Annual, uns mudos, outros tolos.

Catro falecen ao probar a auga; algúns, rebentados pola

carreira, morren ao parárense.

Augusto VIVERO. O derrubamento. 1922.

7.- Abandónase a posición con todos os seus elementos, sen

instrucións, con présas, sen coñecer plan nin dirección, revoltas

as forzas, confundidas, sen xefes, pode dicirse, acosados polo

inimigo e sen máis idea visible que a da salvación individual pola

fuxida, vergoñenta nuns, inexplicable noutros e lamentable en

todos, onde foran inútiles os esforzos duns cantos para conter

esta avalancha, que tan impremeditadamente se deixara

desbordar. É imposible facer a descrición exacta deste

momento de pánico (...).

Expediente Picasso, 1922.

8.- Españois: Chegou para nós o momento máis temido que esperado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando a Patria non ven para

ela outra salvación que liberala dos profesionais da política, dos homes que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventuras e

inmoralidades que comezaron o ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso. A mesta rede da política de concupiscencias colleu

nas súas mallas, secuestrándoa, ata a vontade real (...).

Pois ben, agora imos esixir todas as responsabilidades e gobernar nós ou homes civís da nosa moral e doutrina. Non temos que xustificar o noso

acto, que o pobo san demanda e impón. Asasinatos (...), atracos, depreciación da moeda (...), rastreiras intrigas políticas tomando por pretexto a

traxedia de Marrocos (...), precaria e ruinosa a produción agrícola e industrial, impune propaganda comunista, impiedade e incultura, xustiza influída

pola política, descarada propaganda separatista (...). Non vimos a chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles pronto e radical remedio, para o que

requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter provisional encargado de

manter a orde pública e asegurar o funcionamento normal dos ministerios e organismos oficiais.

Miguel PRIMO DE RIVERA: Manifesto ao país e ao exército. 13 de setembro de 1923.

Page 11: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 11

4.3.- A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930).

O 13 de setembro de 1923, o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, acaudillou un golpe de Estado contra o Goberno constitucional

que puxo fin ao sistema político da Restauración, afectado por unha profunda crise desde 1917, e implantou un réxime ditatorial. Primo de Rivera presentou a Ditadura como unha medida excepcional e transitoria coa que pretendía solucionar os graves problemas que padecía España.

A Ditadura de Primo de Rivera foi un réxime cun vago programa rexeneracionista (o ditador críase o cirurxián de ferro do que falara Joaquín Costa), inspirado no modelo intervencionista e corporativista dos réximes autoritarios en auxe na Europa de entreguerras. Durante a Ditadura sucedéronse dous tipos de goberno: o Directorio Militar (1923-1925) e o Directorio Civil (1925-1930). ✓ Na primeira etapa, o ditador tentou resolver os problemas políticos, sociais e militares do país: reformou a administración, restableceu a

orde pública, defendeu a unidade da patria fronte ás reivindicacións dos nacionalismos periféricos, reforzou o esforzo bélico en Marrocos... ✓ Na segunda etapa, Primo de Rivera intentou consolidar o réxime mediante a creación de novas institucións e a potenciación do

desenvolvemento económico e social. O fracaso da institucionalización da ditadura, o incremento da oposición e a carencia de apoios obrigaron a Primo de Rivera a dimitir e marchar ao exilio en xaneiro de 1930.

A.- O golpe de Estado (13 de setembro de 1923).

O contexto en que se fragua a rebelión militar. Os argumentos xustificadores do golpe de Estado. A actitude do rei. Apoio, aceptación ou indiferenza da maioría da sociedade española. Escasa oposición inicial (PCE, CNT, intelectuais, estudantes...).

B.- O Directorio Militar (setembro 1923 - decembro 1925).

O Directorio Militar proclamou o estado de guerra, suspendeu a Constitución de 1876 e as garantías constitucionais, disolveu as Cortes, implantou

a censura de prensa e prohibiu as actividades dos partidos políticos e dos sindicatos. Impuxo a orde pública con duras medidas represivas contra a CNT e o PCE, declarados ilegais; reprimiu toda manifestación do nacionalismo, acusado de separatista, e abordou con éxito o conflito marroquí.

B.1.- A rexeneración da vida política.

B.2.- O restablecemento da orde pública.

B.3.- A defensa da unidade da patria.

B.4.- A fin da guerra de Marrocos.

C.- O Directorio Civil (decembro 1925 - xaneiro 1930).

Logrados os seus propósitos iniciais, Primo de Rivera decidiu afianzarse no poder, poñer fin á ditadura militar e constituír un Directorio civil.

Nesta segunda fase o ditador afirmou a vontade de construír un réxime inspirado nas ditaduras autoritarias e de corte corporativo vixentes na Europa de entreguerras. Os principais proxectos da ditadura nesta nova etapa foron:

C.1.- Intento de instauración dun réxime corporativo.

A Organización Corporativa do Traballo. A Asemblea Nacional Consultiva. A lexislación laboral e social. C.2.- A potenciación do desenvolvemento económico.

Contexto: a política económica da ditadura beneficiouse da conxuntura expansiva internacional da década de 1920. Caracteres: intervencionismo estatal (regulamentación da produción e do mercado), e nacionalismo económico (proteccionismo). Obxectivos : impulsar a industria nacional mediante elevados aranceis, a concesión de axudas ás grandes empresas e o aumento do gasto público. Realizacións (multiplicación das obras públicas) e balance desigual: crecemento económico a costa dun gran déficit público e dun forte

proteccionismo sen cambios estruturais.

D.- Incremento da oposición ao réxime e caída da Ditadura.

O intento de perpetuación da Ditadura e as sucesivas medidas do Goberno xeraron fortes resentimentos e decepcións en numerosos colectivos,

o cal posibilitou a formación dunha ampla fronte de oposición ao réxime, os membros da cal converxen en dous obxectivos comúns: abolición da Ditadura e da Monarquía / proclamación da República e convocatoria dunhas Cortes constituíntes.

4.4.- A fin da monarquía borbónica (1930-1931).

1.- Goberno de Dámaso Berenguer: a Ditabranda. [xaneiro 1930-febreiro 1931] Obxectivo: restablecer a normalidade política e as liberdades públicas segundo a Constitución de 1876. Unha volta ao pasado fracasada. A lentitude das reformas necesarias acelerou a organización da oposición: firma do Pacto de San Sebastián (agosto 1930). Na reunión constituíuse

un comité revolucionario, presidido por Alcalá-Zamora, que chegaría a ser o Primeiro Goberno Provisional da Segunda República Española. Fracaso dos intentos de establecer a república pola vía do pronunciamento: Jaca e Cuatro Vientos (decembro de 1930).

2.- Goberno de concentración, presidido polo almirante Juan Bautista Aznar. [febreiro-abril 1931] A monarquía intentou frear o deterioro da situación e a crecente axitación política e social, mediante o cambio de Goberno. Obxectivos: convocar eleccións graduadas -primeiro as municipais e despois as xerais- e darlle ás novas Cortes un carácter constituínte, para

volver á normalidade como se nada sucedese. Eleccións municipais do 12 de abril de 1931: presentadas como un plebiscito a prol ou en contra da Monarquía; o triunfo das candidaturas

republicanas nas grandes cidades provocou a caída da Monarquía e a proclamación da Segunda República (14 de abril de 1931).

Page 12: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 12

5.- Nación e nacionalismos en España.

Introdución.

Nacionalismo e nación: as dificultades de definición. ✓ Nacionalismo: conxunto de teorías que defenden o dereito dos pobos a dispoñer de si mesmos, manter a súa soberanía e independencia e

formar o seu propio Estado, dereito que pode (e debe) ser reclamado e defendido por todos os medios. ✓ Nación: comunidade de individuos unidos pola conciencia de posuír uns lazos que os unen -un territorio, un pasado común, uns vínculos

económicos e culturais (lingua, tradicións, costumes, folclore...)-, e que lles confiren unha identidade particular, diferente das demais, e que, polo tanto, ten dereito a decidir libre e colectivamente o seu destino.

As múltiples definicións do concepto de nación poden agruparse en dous modelos básicos que apareceron no século XVIII e difundíronse no XIX: ✓ O modelo francés propuña unha definición política: a nación nace do contrato entre cidadáns libres e iguais, e agrupa a todos os que deciden

vivir en común baixo unhas mesmas leis e compartir os valores da liberdade e a igualdade.

Esta concepción chámase liberal voluntarista. ✓ O modelo alemán define a nación como a alma colectiva dun pobo, unha entidade metafísica anterior e superior á vontade dos individuos,

que existe desde o principio dos tempos, e que está definida por unha raza, unha cultura, unha historia, unhas tradicións, uns costumes e, sobre todo, unha lingua particulares e distintos aos dos demais.

Esta concepción chámase orgánico-historicista. A cuestión nacional en España segue a ser un problema inconcluso e polémico: nacionalismo español fronte a nacionalismos periféricos.

5.1.- O nacionalismo español.

A orixe da idea moderna da nación en España: a Guerra da Independencia (a nación en armas contra os franceses) e a Constitución de 1812 (a

nación como corpo político independente e soberano, formado por todos os españois, que teñen as mesmas leis e os mesmos dereitos. A división do liberalismo en dúas correntes -doutrinaria e democrática ⇒ aparición de distintas interpretacións da nación española.

A.- O nacionalismo español conservador (Cánovas, Menéndez Pelayo...).

Responde ao modelo orgánico-historicista: a nación é un ente colectivo, froito dunha historia ao longo da que se forxou o carácter español. Os seus sinais de identidade son: a Coroa, o catolicismo, o territorio (a península como crisol de culturas) e a unidade da patria (centralismo).

B.- O nacionalismo español liberal-democrático (Pi i Margall, Ortega y Gasset, Azaña...).

Responde ao modelo liberal e voluntarista: nación = construción política formada pola vontade dos individuos unidos baixo as mesmas leis. Os seus sinais de identidade son: a soberanía popular, a defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns, e o laicismo. Considera compatible a unidade da patria co mantemento dos particularismos locais (descentralización / federalismo).

5.2.- Rexionalismos e nacionalismos periféricos.

Movementos culturais e políticos que xurdiron na segunda metade do s. XIX na periferia peninsular e defendían a existencia de nacións propias.

A.- A orixe dos nacionalismos periféricos: factores.

A diversidade cultural e lingüística orixinada na Idade Media. Os cambios xurídicos, políticos e culturais derivados da implantación do Estado liberal: unitarismo, supresión dos foros, castelanización... O desigual desenvolvemento capitalista: desequilibrios entre capacidade económica (Cataluña, País Vasco...) e decisión política (Madrid). A débil nacionalización española, é dicir, a insuficiente identificación dos españois cuns valores nacionais comúns para todos. Causas:

✓ A falta de consenso sobre o sistema político e os símbolos nacionais. ✓ O fracaso da política nacionalizadora e uniformizadora do Estado.

O descontento e a desilusión pola evolución do país: a sensación da decadencia e desprestixio de España, "vergonza" de ser español...

B.- A creación e consolidación dunha conciencia nacional: fases e manifestacións.

Fase inicial: unha minoría de intelectuais burgueses estuda e difunde os compoñentes culturais da comunidade (lingua, historia...). Despois: axitación política que aspira a conseguir cotas de autogoberno e amplía as bases sociais (catalanismo, biscaitarrismo, galeguismo). Progresiva radicalización das reivindicacións: do rexionalismo ao nacionalismo.

✓ Rexionalismo: movementos culturais e políticos que reivindican a descentralización administrativa e o autogoberno (desde década de 1880). ✓ Nacionalismo: movementos que defenden o recoñecemento da comunidade propia como nación con dereito a dispoñer de soberanía e de

goberno propio, ben dentro do Estado español, ben como Estado independente (finais do século XIX e comezos do XX).

5.3.- O catalanismo.

Corrente heteroxénea de defensa dos intereses xerais de Cataluña, formada desde mediados do século XIX, que se caracterizou pola

multiplicidade de manifestacións e a variedade ideolóxica, social e estratéxica.

A.- A personalidade diferencial de Cataluña.

Elementos que contribuíron á creación dun sentimento de identidade colectiva.

✓ A existencia dunha lingua propia, empregada pola maioría do corpo social, exaltada no movemento da Renaixença (desde 1833).

Page 13: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 13

✓ A permanencia dos costumes e do dereito tradicional catalán. ✓ A conciencia dun pasado histórico glorioso, do que proceden numerosos símbolos identificativos da personalidade catalá. ✓ O desenvolvemento industrial, que contrastaba fortemente co resto de España, predominantemente agrario. ✓ A marxinación política fronte á centralización na toma das decisións en Madrid.

B.- O rexionalismo catalán.

O rexionalismo foi un movemento esencialmente burgués, que non pretendía destruír a unidade nacional de España, senón que propuña un

sistema descentralizado, no que as rexións obtivesen un réxime de autogoberno con institucións propias. B.1.- A tendencia progresista.

Encabezada polo federalista Valentí Almirall: reivindicación política catalá vinculada á idea de modernización do país. Fundou os primeiros organismos e publicacións catalanistas: Diari Catalá (1879), Centre Catalá (1882), Lo catalanisme (1886). En 1885 presentou un Memorial de agravios ao rei Afonso XII: criticaba a política do Goberno e propuña modificar a estrutura centralista. B.2.- A tendencia conservadora.

Foi a que tivo máis capacidade de actuación e de influencia na vida política española. En 1887 fundouse a Lliga de Catalunya (Enric Prat de la Riba, Josep Puig i Cadafalch, Francesc Cambó...). En 1891 fundouse a Unió Catalanista, federación de diversas entidades, que en 1892 publicou as Bases de Manresa, proxecto autonomista de

carácter conservador.

C.- O nacionalismo catalán.

O catalanismo político foi evolucionando cara a posicións nacionalistas desde finais do século XIX. Foi Enric Prat de la Riba o primeiro en identificar

Cataluña como nación, con dereito a autogoberno no seo dun Estado federal español. C.1.- O nacionalismo catalán conservador.

As ideas de Prat de la Riba foron a base do nacionalismo catalán conservador, apoiado polos sectores burgueses e tradicionalistas.

✓ En 1901 fundaron a Lliga Regionalista de Catalunya co obxectivo de participar activamente na vida política catalá e española. ✓ En 1906, tras a a imposición da Lei de Xurisdicións, a Liga integrouse na coalición Solidaritat Catalana, cuxos éxitos electorais reforzaron o

catalanismo e provocaron que os Gobernos da Restauración buscasen a colaboración da Liga e os seus dirixentes. ✓ En 1911, a Liga elaborou un proxecto para a creación dunha institución administrativa única para Cataluña, a Mancomunitat Catalana, que

asumiría todas as competencias das deputacións provinciais e outras que delegaría o Estado. ✓ En 1913 o goberno conservador de Dato aprobou a Lei de Mancomunidades. ✓ En 1914 constituíuse a Mancomunitat de Catalunya: primeiro recoñecemento da personalidade política e xurídica catalá, vixente ata 1925

(suprimida pola ditadura de Primo de Rivera). ✓ A influencia da Liga seguiu crecendo: Francesc Cambó, formou parte de diferentes gobernos de Madrid (1917-1922). ✓ Tras a fin da Primeira Guerra Mundial, reactivación do catalanismo co obxectivo de conseguir para Cataluña unha autonomía completa: a

Liga elaborou un proxecto de estatuto de autonomía (1919) que foi rexeitado polo Goberno central. C.2.- O nacionalismo catalán progresista e republicano.

Paralelamente, desenvolveuse tamén un nacionalismo progresista e republicano.

✓ Antoni Rovira i Virgili defendeu a idea de Cataluña como nación forxada na vontade dos cataláns, e a creación dun Estado catalán baseado na democracia, as liberdades cidadáns, o reformismo social, o laicismo e o republicanismo.

✓ Organización: fragmentación e vinculación co republicanismo (Centre Nacionalista Republicá, 1906; Unió Federal Nacionalista Republicá, 1910-17; Partit Republicá Catalán, 1917).

✓ Primeiras organizacións independentistas, dirixidas por Francesc Maciá (Federació Democràtica Nacionalista, 1919; Estat Catalá,1922). Ditadura de Primo de Rivera: anulación de todas as reivindicacións catalanistas ⇒ radicalización e reagrupamento das forzas da esquerda

nacionalista e republicana: en 1931 formaron Esquerra Republicana de Catalunya, forza hexemónica en Cataluña durante a Segunda República.

5.4.- O nacionalismo vasco.

A orixe: o estatus especial das provincias vascas e o Reino de Navarra desde a época medieval (os privilexios forais).

A.- Carlismo e foralismo.

O impacto da revolución liberal ⇒ eliminación dos privilexios forais, proceso que se desenvolveu en sucesivas fases:

✓ Constitución de Cádiz ⇒ eliminación dos privilexios vascos e de Navarra ⇒ forte sentimento de oposición a estas medidas. En 1814, a restauración do absolutismo por Fernando VII reinstaurou o sistema foral do Antigo Réxime.

✓ Primeira Guerra Carlista (1833-1839): enfrontamento entre centralismo liberal e foralismo ⇒ Convenio de Vergara: acordo ambiguo de respectar os privilexios forais en todo o que non fose contra a unidade constitucional de España.

✓ Lei paccionada de 1841: o reino de Navarra converteuse nunha provincia especial que mantiña a súa autonomía fiscal e administrativa. ✓ Espartero suprimiu os foros vascos en 1841; en 1844 o Goberno moderado restableceunos parcialmente (eliminou algúns privilexios). ✓ Terceira Guerra Carlista (1872-1876) ⇒ abolición dos foros vascos. En 1878: Réxime do concerto económico, vixente ata 1937.

Abolición dos foros + industrialización ⇒ pensamento nacionalista fortemente independentista e belicoso encabezado por Sabino Arana.

Page 14: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 14

B.- Sabino Arana Goiri.

Liñas básicas do pensamento e das realizacións de Sabino Arana:

✓ Oposición frontal ás transformacións que o liberalismo e a industrialización estaban producindo nas provincias vascas: consideraba que ameazaban a supervivencia da sociedade tradicional vasca.

✓ Defensa vehemente da independencia dos territorios vascos fronte a España e Francia, e da súa unión nunha nova entidade: Euskadi. ✓ En 1882 comezou a elaborar as súas propostas nacionalistas (domingo de resurrección, data convertida no Día da Patria Vasca). ✓ En 1894 fundou en Bilbao o Euskaldun Batzokija, sociedade político-recreativa creada para defender o restablecemento dos dereitos e

costumes vascos, así como a independencia de Euskadi.

Este novo Estado estaría formado pola confederación de todos os territorios vascos e basearíase en: un lema (Deus e leis antigas), unha bandeira, a ikurriña; unha lingua, o euskera; e un inimigo, os maketos (inmigrantes españois, que amezaban as esencias vascas).

✓ Elementos que definen a nación vasca: a raza, o integrismo católico, os foros, o euskera, os costumes e o folclore tradicionais. Fronte a eles, os maketos representan a desvasquización, o españolismo, o liberalismo e o ateísmo.

C.- O Partido Nacionalista Vasco.

Fundado por Sabino Arana en 1895, a partir de 1898 presentouse ás eleccións xerais, logrando os primeiros éxitos. Tras a morte de Sabino Arana en 1903: organización (constitución do Euzkadi Buru Batzar) e definición dos seus estatutos (1906). En 1911, os nacionalistas vascos fundaron o sindicato Solidariedade de Traballadores Vascos, (orixe do actual ELA-STV) para contrarrestar a

influencia socialista e anarquista nos medios obreiros. O movemento nacionalista foi crecendo e ampliando a súa influencia e poder ⇒ dúas tendencias diferenciadas pola estratexia:

✓ Radical independentista: separatista e defensora da independencia. ✓ Moderada e posibilista: partidaria do autonomismo e de conseguir a plena reintegración foral sen romper coa unidade de España.

1916: novo nome -Comunión Nacionalista Vasca-, para reflectir o seu carácter de partido católico defensor de toda a comunidade. En 1921, as tensións entre o sector radical e o posibilista ⇒ ruptura da Comunión Nacionalista Vasca.

✓ O sector radical (os aberrianos), expulsados da CNV, decidiron refundar o PNV. Ditadura de Primo de Rivera: represión do nacionalismo vasco, relegado a actos culturais, folclóricos e deportivos. En 1930, as dúas tendencias do nacionalismo vasco uniranse de novo no PNV.

5.5.- O galeguismo.

Heteroxéneo movemento que, desde mediados do XIX, reivindica o recoñecemento dos intereses de Galicia, a lingua galega e o autogoberno.

O seu grao de implantación na sociedade foi escaso: no século XIX estivo limitado a determinados círculos minoritarios de intelectuais e políticos; as masas populares non participaron de forma activa nas reivindicacións galeguistas ata ben entrado o século XX.

Proceso evolutivo en tres fases: provincialismo (1840-1885), rexionalismo (1885-1916) e nacionalismo (1916-1936). ✓ Elementos comúns: denuncia da pobreza, atraso e afastamento de Galicia + sentimento de aldraxe pola súa marxinación polos Gobernos.

A.- Os alicerces do galeguismo: o provincialismo.

Provincialismo: movemento que trataba de recuperar a idea da provincia galega, é dicir, Galicia como un todo, como unha unidade diferenciada,

superando a división artificial en catro provinciais imposta polo Estado liberal. ✓ Os provincialistas consideraban que Galicia é un pobo con personalidade propia, que debe gobernarse mediante institucións que lle permitan

desenvolverse de forma autónoma, polo que criticaron o centralismo político. A.1.- A xeración de 1846.

Grupo de mozos universitarios e profesionais liberais vinculados ao progresismo, entre os que destaca Antolín Faraldo. Defenden a singularidade de Galicia e critican os problemas que padecía: carencia de industrialización, ruralización, atraso económico,

marxinación política, excentralización (carencia de articulación interna)... Formulan as primeiras manifestacións dun pensamento político que defende o autogoberno mediante institucións propias.

✓ Posta en práctica destas ideas: pronunciamento de Miguel Solís contra o goberno moderado de Narváez en abril de 1846. ✓ Pese ao seu fracaso, as súas propostas foron continuadas polos rexionalistas e os republicanos federais.

A.2.- O Rexurdimento.

Activo movemento de recuperación da literatura e historia de Galicia, centrado nas décadas de 1850 e 1860.

✓ Literatura: defensa do emprego do galego como lingua non só popular senón tamén literaria (Rosalía de Castro, Manuel Curros Enríquez...). ✓ Historia: Bieito Vicetto e Manuel Murguía desenvolven traballos de recuperación e interpretación do pasado de Galicia, que subministraron

argumentos ao nacente galeguismo para reivindicar o dereito a dispor dunha organización política propia.

Estes traballos incidiron nos trazos específicos de Galicia: situación xeográfica, lingua, costumes, pasado glorioso e orixes vinculados a unha raza superior, a raza celta (celtismo).

B.- O rexionalismo galego.

Movemento que defende o emprego da lingua galega e a consecución da autonomía política e administrativa de Galicia sen rachar a unidade do

Estado español. Xorde na década de 1880 desde dúas posturas ideolóxicas diferentes: ✓ A tendencia liberal: Manuel Martínez Murguía.

Galicia é unha nacionalidade diferente ás demais por razóns idiomáticas, xeográficas, étnicas e histórica. Polo mesmo, ten dereito a acadar autonomía política mediante a descentralización administrativa e económica

Page 15: 1.1.- O proceso de restauración monárquica. · 2021. 7. 10. · A restauración da monarquía en España foi un proceso coidadosamente preparado polo político conservador Antonio

2º BAC - Tema 7- páx. 15

✓ A tendencia conservadora, tradicionalista e católica: Alfredo Brañas.

Defendeu a idea da dobre patria (a grande e a pequena) para poder conxugar reivindicacións rexionalistas e unidade de España. Considerou o catolicismo como trazo da alma galega, e o corporativismo como base das futuras institucións políticas.

Realizacións prácticas do rexionalismo galego: ✓ Primeiras organizacións de tipo galeguista (Asociación Rexionalista Galega, 1891; Liga Galega, 1897) ✓ Creación de institucións de defensa da lingua (Real Academia Galega, 1906). ✓ Fundación de periódicos para a difusión dos seus ideais (A Rexión Galega, 1886; A Patria Galega, 1891; A Nosa Terra, 1907). ✓ Creación de organismos políticos: Solidariedade Galega (1907) naceu coa intención de agrupar a todas as persoas e grupos defensores da

descentralización (desde carlistas a federais), de participar na loita electoral e de contribuír ao fomento da riqueza de Galicia . A súa maior achega foi a concienciación do ámbito rural, a través do movemento agrarista.

C.- O nacionalismo galego.

A partir de 1916, o pensamento político galeguista afirmou con rotundidade que Galicia é unha nación singular e caracterizada por: lingua, raza,

espírito, cultura e historia propios. ✓ O labor de Antón Vilar Ponte, Vicente Risco, Ramón Vilar Ponte, Castelao...: recolleron, fundamentaron e divulgaron os trazos esenciais da

nación galega, analizaron os problemas que padecía e propuxeron solucións e alternativas. C.1.- A doutrina nacionalista galega: trazos comúns e tendencias.

Trazos comúns:

✓ Predominio dos elementos organicistas, culturais e históricos fronte aos elementos políticos. ✓ Denuncia do atraso económico e da opresión cultural de Galicia por Castela. ✓ Apoloxía da modernización da produción agropecuaria. ✓ Defensa da autonomía integral de Galicia. ✓ Rexeitamento do separatismo e desexo de conseguir unha federación ibérica na que se puidese reintegrar Portugal.

As diferenzas entre eles xorden por motivos políticos e sociais: ✓ Nacionalismo tradicionalista: Antón Lousada, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde... ✓ Nacionalismo democrático: Xoán Vicente Viqueira, Castelao, Alexandre Bóveda...

C.2.- Evolución do nacionalismo galego desde 1916 a 1931.

No terreo organizativo, o nacionalismo galego manifestouse inicialmente a través das Irmandades da Fala.

✓ Obxectivos: defensa, dignificación e cultivo do galego, potenciación da propia identidade e busca de solucións aos problemas de Galicia.

A primeira fundouse na Coruña en 1916, estimulada por Antón Vilar Ponte ⇒ rápida extensión por toda Galicia.

En 1918, en Lugo, celebrouse a primeira asemblea das Irmandades da Fala, a I Asemblea Nacionalista, na que se definiu o seu programa político: a busca da autonomía integral de Galicia.

✓ Na IV Asemblea Nacionalista de Monforte en 1922, o movemento escindiuse en dúas liñas diferentes en canto a ideoloxía e estratexia:

A maior parte das Irmandades, dirixida por Vicente Risco, decidiu fundar a Irmandade Nacionalista Galega, de orientación basicamente cultural e partidaria do abstencionismo electoral.

A Irmandade da Coruña, a de maior numero de afiliados, liderada por Luís Peña Novo, decidiu a participación política nas eleccións.

Creación de órganos de difusión da cultura galega: a revista Nós, (1920, dirixida por Risco), e o Seminario de Estudos Galegos (1923). ✓ A xeración Nós: grupo de intelectuais galegos novos que realizaron un intenso labor de estudo, creación e divulgación de todas as

manifestacións da realidade galega (literarias, artísticas, históricas, xeográficas, etnográficas...).

O nacionalismo galego durante a Ditadura de Primo de Rivera: ✓ Represión de calquera tipo de actuación ou propaganda política dos nacionalismos periféricos ⇒ as actividades galeguistas quedaron

reducidas só ao ámbito cultural. ✓ A partir de 1929, varios grupos de galeguistas e republicanos organízanse para volver á acción política:

Fundación da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) en 1929. O seu principal dirixente foi Santiago Casares Quiroga.

Fundación do Partido Galeguista (1931), que tivo un gran protagonismo durante a II República.