· 1 salvemos monteferro, asociación de defensa medioambiental número 2006/009642-1 no rexistro...

69
1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar Dirección Xeral da Conservación da Natureza San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela Asunto: Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia Anuncio de sometemento á participación pública: DOG do 2 de xaneiro de 2012 Anuncio de ampliación do período de participación pública: DOG do 16 de febreiro de 2012 Remate do período ampliado: 1 mes a partir da publicación do anuncio de ampliación. Data legal de remate do período (lei 30/1992, modificada pola lei 4/1999, art. 48-2): 17 de marzo de 2012. D. --- --- --- , con D.N.I. -- --- --- -, actuando en nome e representación da Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro, inscrita co número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións, e designando como domicilio a efectos de notificación --- --- --- ---, comparece e, por ser lexítimo o seu interese, presenta este documento de alegacións á Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia. 1. Os espazos naturais protexidos en Galicia son moi escasos en comparación co valor ambiental do territorio 2. A proposta de ampliación da Rede Natura 2000 é insuficiente 3. A ampliación da Rede Natura 2000 debe incluir a superficie do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia 4. A Rede Natura 2000 de Galicia non constitúe unha verdadeira Rede, pois carece de corredores ecolóxicos protexidos 5. A proposta de ampliación da rede natura 2000 carece de Avaliación Ambiental Estratéxica 6. O alcance desta alegación 7. LICs que pernamenecen sen cambios, pero que deberían ser ampliados 8. LICs dos que se amplía a superficie, pero nos que a superficie ampliada é insuficiente 9. Novos LICs incluidos na proposta, pero cuxa superficie é insuficiente 10. Demanda de novos LICs non incluidos na proposta

Upload: others

Post on 24-Jun-2021

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar Dirección Xeral da Conservación da Natureza San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela Asunto: Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia Anuncio de sometemento á participación pública: DOG do 2 de xaneiro de 2012 Anuncio de ampliación do período de participación pública: DOG do 16 de febreiro de 2012 Remate do período ampliado: 1 mes a partir da publicación do anuncio de ampliación. Data legal de remate do período (lei 30/1992, modificada pola lei 4/1999, art. 48-2): 17 de marzo de 2012. D. --- --- --- , con D.N.I. -- --- --- -, actuando en nome e representación da Asociación de Defensa Medioambiental Salvemos Monteferro, inscrita co número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións, e designando como domicilio a efectos de notificación --- --- --- ---, comparece e, por ser lexítimo o seu interese, presenta este documento de alegacións á Proposta de ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia.

1. Os espazos naturais protexidos en Galicia son moi escasos en comparación co valor ambiental do territorio

2. A proposta de ampliación da Rede Natura 2000 é insuficiente

3. A ampliación da Rede Natura 2000 debe incluir a superficie do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia

4. A Rede Natura 2000 de Galicia non constitúe unha verdadeira Rede, pois carece de corredores ecolóxicos protexidos

5. A proposta de ampliación da rede natura 2000 carece de Avaliación Ambiental Estratéxica

6. O alcance desta alegación

7. LICs que pernamenecen sen cambios, pero que deberían ser ampliados

8. LICs dos que se amplía a superficie, pero nos que a superficie ampliada é insuficiente

9. Novos LICs incluidos na proposta, pero cuxa superficie é insuficiente

10. Demanda de novos LICs non incluidos na proposta

Page 2:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

2 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

RELACIÓN DOS LICS COMENTADOS NESTAS ALEGACIÓNS

7. LICS QUE PERMANECEN SEN CAMBIOS, pero que deberían ser ampliados

7.1 LIC Estaca de Vares 7.2 LIC Ortigueira-Mera 7.3 LIC Cabo Udra 7.4 LIC Costa da Vela 7.5 LIC Enseada de San Simón 7.6 LIC Illas Estelas - Monteferro

8. LICS DOS QUE SE AMPLÍA A SUPERFICIE, pero nos que a superficie ampliada é insuficiente

8.1 LIC Costa Ártabra 8.2 LIC Fragas do Eume 8.3 LIC Xuvia-Castro 8.4 LIC Betanzos-Mandeo 8.5 LIC A Ramallosa – Foz do Miñor

9. NOVOS LICS INCLUÍDOS NA PROPOSTA, pero cuxa superficie é insuficiente

9.1 LIC Esteiro do Río Baxoi 9.2 LIC Rio Belelle 9.3 LIC Río Sor 9.4 LIC Río Baleo

10. DEMANDA DE NOVOS LICS NON INCLUÍDOS NA PROPOSTA

10.1 LIC Ría de Ferrol 10.2 LIC Encoro das Forcadas (Valdoviño) 10.3 LIC Montes e carballeiras do Morrazo 10.4 LIC Xunqueira do Lagares 10.5 LIC Río Tea 10.6 LIC Gándaras de Budiño

• Descrición e historia • Hábitats de interese comunitario • Valoración da superficie do LIC • Proposta de ampliación (Zonas 1 a 10) • Proposta de redución (Zona 11)

Page 3:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

3 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

1. OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS EN GALICIA SON MOI ESCASOS EN COMPARACIÓN CO VALOR AMBIENTAL DO TERRITORIO Biodiversidade e hábitats en Galicia Galicia alberga unha media de 17,4 hábitats de interese comunitario por cada 100 km2, dos que unha alta proporción son hábitats prioritarios. Isto é máis do dobre do conxunto da península ibérica, que se sitúa en 8,3 hábitats/100 km2. Galicia é a terceira comunidade do estado en número de hábitats de interese comunitario (só por detrás de Cataluña e Andalucía). A actual listaxe de lugares de importancia comunitaria (LIC) en Galicia foi considerada insuficiente pola Comisión Europea (Decisións 2004/813/CEE e 2006/613/CE), quen determinou a necesidade de mellorar, nos estado español, a representatividade de determinados tipos de hábitats, dos que Galicia conta cos tipos prioritarios Queirogais húmidosatlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e E. tetralix (Nat-2000 4020*), Turbeiras altas activas (Nat-2000 7110*), así como o hábitat de interese comunitario asociado a estes, os Mires de Transición (Nat-2000 7140), Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Nat-2000 91E0*) e os Prados de sega de baixa altitude (Nat-2000 6510). O propio Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural-IBADER, que asina a proposta, manifesta, tras a realización de diversos estudios:

• "Tendo en conta os datos existentes para o conxunto do territorio español, Galicia é a terceira Comunidade Autónoma do estado en número total de hábitats, así como naqueles tipos prioritarios. Ademais conta con 4 hábitats de interese comunitario inventariados soamente dentro do territorio galego, son o Nat2000 1220 -Vexetación perenne de coídos, o Nat2000 7120 - Turbeiras altas degradadas, Nat2000 8240* -Pavimentos calcarios e o Nat2000 91F0 - Bosques mixtos das veigas dos grandes ríos” (2008, Os hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e valoración territorial, p.89).

• "Tendo en conta a distribución dos tipos de hábitats de interese comunitario nas diferentes Comunidades Autónomas do territorio español, obsérvase destacada a Cataluña, cun número sensiblemente superior ao resto de comunidades españolas, incluíndo un total 93 hábitats de interese comunitario dos que 23 son tipificados como prioritarios. Seguindo a Cataluña atópanse Andalucía en segundo lugar, e Galicia en terceiro, con 75 e 72 hábitats de interese comunitario respectivamente. Cabe salientar o caso de Galicia pola importante diversidade de hábitats que mostra, tendo en conta que se atopa practicamente por completo dentro do dominio bioxeográfico atlántico e conta cunha extensión máis reducida que outras Comunidades Autónomas como Andalucía ou Castela e León” (2008, p.81).

• "A elevada diversidade galega de hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE é tamén apreciable

observando a súa distribución por cuadrículas UTM de 100 Km2. A media de tipos en Galicia situaríase en 17,4 hábitats/100 Km2, máis do dobre do valor obtido para a Península Ibérica (8,2 hábitats/100 Km2) de acordo coa información da Axencia Europea do Medio Ambiente (EEA).

Page 4:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

4 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

(...) Débense sinalar aquelas cuadrículas UTM nas que se superan os 35 hábitats de interese comunitario, xa que unicamente é posible atopalas en Galicia dentro do estado español. Contabilízanse cinco destas cuadrículas, catro delas na provincia de A Coruña e unha na de Lugo" (2008, p. 91).

A Rede Natura 2000 actual en Galicia A pesar dos datos anteriores, a Rede Natura actual abrangue tan só o 11,7% da superficie terrestre de Galicia (o 5,7% do territorio da Coruña, o 15,5% do de Lugo, o 16,6% do de Ourense e o 6,2% do de Pontevedra). A media estatal entre comunidades é do 24,5%. O conxunto do Estado aporta á Rede o 27,4% do seu territorio, e a Comisión Europea solicitou a súa ampliación. Alén de moi escasa, a Rede Natura galega está moi desequilibrada entre provincias. Sorprende o seu escaso desenvolvemento na Coruña e Pontevedra. Os estudos realizados polo IBADER amosan que a provincia de Lugo presenta o maior númerode hábitats de interse comunitario de entre as 4 provincias, o que pode explicar a seu peso relativo, pero Ourense é a provincia co menor número de hábitats no territorio galego, e é a que aporta máis porcentaxe do seu territorio á Rede. 2. A PROPOSTA DE AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000 É INSUFICIENTE Coa ampliación proposta, a Rede Natura acadaría o 15,2% da superficie terrestre de Galicia (o 9% do territorio da Coruña, o 20,5% do de Lugo, o 19,2% do de Ourense, e o 8% do de Pontevedra). A ampliación segue situando a Galicia moi por debaixo do conxunto do estado, e mantén o desequilibrio entre provincias, se ben se invirte a situación entre Lugo e Ourense, e entre Coruña a Pontevedra, en porcentaxe de territorio aportado. A proposta xustifica a ampliación indicando que, con ela, Galicia superaría a 12 países da UE, entre eles, Dinamarca, Paises Baixos e Bélxica, en territorio aportado á Rede Natura. Pero a Península Ibérica caracterízase pola súa rica biodiversidade e pola presenza de multitude de hábitats únicos e exclusivos de Europa. E os países citados están extensamente artificializados e non se caracterizan precisamente por presentar unha ampla diversidade de hábitats e especies endémicas. Utilizalos como referencia reflicte a ínfima porcentaxe de territorio protexido que se propón neste documento. Consideramos que, dado o valor ambiental do territorio galego, a superficie dos espazos naturais protexidos en Galicia debería superar a media estatal, e acadar alomenos un terzo (33%) da súa superficie terrestre continental. Os espazos mariños protexidos deberían experimentar un aumento parello. Isto representa 2,2 veces a superficie actual da Rede Natura galega. O equivalente teórico nas catro provincias sería 5,8 veces a superficie actual na Coruña, 2,1 veces en Lugo, 2 veces en Ourense e 5,3 veces en Pontevedra. Pero a distribución real deste aumento debería ser ponderada e adaptada aos hábitats existentes no territorio de cada provincia.

Page 5:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

5 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Non se trata dun aumento desmesurado. Trátase de que o nivel de protección actual é desmesuradamente baixo. Á luz destes datos, a proposta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza é tan escasa que resulta incomprensible. Incluso contando con que a protección do territorio galego se acadaría por conxunción e solape entre a Rede Natura e a Rede Galega de Espazos Protexidos, a proposta debería acadar, como mínimo, a porcentaxe de superficie terrestre equivalente á do conxunto do estado, que neste momento é do 27,2 %. E o propio habería que facer coas áreas mariñas segundo a súa riqueza biolóxica. Pero para isto é necesaria unha conciencia clara do valor do medio como soporte de toda vida, como vínculo identitario, como legado interxeracional, como fonte de emprego sustentable e como inversión vital, cultural e socioeconómica a corto, medio e largo prazo. 3. A AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000 DEBE INCLUIR A SUPERFICIE DO REXISTRO XERAL DE ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA A ampliación debe contar coa superficie incluída no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia, que contén hábitats de interese comunitario, e cuxos espazos contan dende 1991 cunha protección legal que prohíbe neles todo tipo de edificación, permitindo só a “explotación racional dos recursos vinculados ao medio que non atente contra os valores esenciais que se protexen”. A historia do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia En 1989 aparece a lei estatal 4/89, do 27 de marzo, sobre conservación dos espazos naturais da flora e fauna silvestre. Esta lei, segundo o seu preámbulo, tenta establecer as medidas necesarias para garantir a conservación “atendiendo preferentemente a la preservación de los hábitat, y se trasponen al ordenamiento jurídico español las Directivas de la Comunidad Económica Europea sobre protección de la fauna y de la flora”. Como aplicación en Galicia aparece o decreto 82/1989 do 11 de maio, que regula a figura de espazo natural en réxime de protección xeral. Este decreto é emitido pola Consellería de Agricultura da Xunta de González Laxe e crea o Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia. Coa publicación da Orde do 3 de abril de 1991, a Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas (José Cuíña) disponse a entrada en vigor dos proxectos de revisión das Normas Complementarias e Subsidiarias de planeamento das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Estas normas entraron en vigor segundo resolución desa consellería do 10 de xaneiro de 1990 e foron publicadas nos DOG núm. 13, 15, 16, 17, 18, e 20, do 18, 22, 23, 24, 25, 26, e 29 de xaneiro respectivamente, e incluían a definición, cartografía e normativa dos espazos naturais protexidos pertencentes ao Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia. O artigo 28 desas normas determina os usos prohibidos e permitidos nos espazos naturais:

Page 6:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

6 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

“No ámbito de aplicación desta norma non se autorizará a construción de ningunha clase de edificación, permitíndose a explotación racional dos recursos vinculados ao medio que non atente contra os valores esenciais que se protexen”. A Rede Natura 2000 A Rede Natura 2000 é creada segundo a directiva 92/42/CEE do Consello, de 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais de fauna e flora silvestre (Directiva Hábitats). Pola súa proximidade no tempo, os traballos de definición dos espazos incluídos no Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia tiveron que ter forzosamente en conta os criterios de selección aportados pola Directiva Hábitats. A lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, (Manuel Fraga), articula de xeito novo os espazos naturais, creando a Rede Galega de espazos protexidos, partindo de cero

e sen definir qué sucede co antigo Rexistro.

A Resolución do 30 de abril de 2004, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Diario Oficial de Galicia número 95, do 19 de maio) dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da cartografía onde se recollen os límites dos 73 espazos naturais declarados zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril (Diario Oficial de Galicia número 69, do 12 de abril). En este decreto aparece a proposta de LICs e ZEPAs para formar parte da Rede Natura 2000, declara estes mesmos espazos como Zonas de especial protección dos valores naturais ZEPVN e os fai entrar na Rede Galega de Espazos Protexidos. Segue sen aparecer por ningures o Rexistro nin os espazos nel citados. Coa Decisión da Comisión de 7 de decembro de 2004 (DOCE L387 de 29/12/2004), a Comisión Europea aproba os LICs e ZEPAs propostos, que entran a formar parte da Rede Natura 2000. A evolución e a situación actual dos espazos do Rexistro A día de hoxe, tanto os espazos do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia como os da Rede Galega de espazos protexidos atópanse nun estado moito máis degradado que no momento da súa declaración. Existía un prazo máximo de seis anos para a implementación de plans reitores que dirixiran a conservación dos espazos e os seus valores naturais e así acadar a consideración de ZEC (Zona de Especial Conservación). Este paso aínda non se ten dado, nin se aplica o principio de precaución ante actividades humanas que están deteriorando, nalgúns casos moi gravemente o estado natural nas zonas que nominalmente se pretende protexer. Sen embargo, a maioría das áreas do Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia excluídas da Rede Natura seguen existindo e mantendo a calidade ambiental necesaria para ser incluídas na ampliación dos espazos da Rede Natura xa existentes, ou como novas incorporacións, O Suido, a serra da Groba e o Argallo, Montes do Morrazo ou a Carballeira de Coiro son exemplos de zonas nas que existen hábitats de interese comunitario e hábitats considerados como prioritarios, e que deben formar parte da Rede Natura para non hipotecar ecoloxicamente o porvir dunha parte importante do patrimonio natural galego, e para non deixalo nas gadoupas da especulación urbanística e industrial. De feito, pódese

Page 7:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

7 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

analizar zona por zona os porqués da non inclusión destes espazos na Rede Natura, e atópanse claros e demostrables intereses especulativos: canteiras, parques eólicos, piscifactorías, urbanización do litoral. O Rexistro Galego de Espazos Protexidos é necesario, pero probablemente non é suficiente A superficie aportada polo Rexistro Galego de Espazos Protexidos é necesaria para ampliar a Rede Natura, pero probablemente non sexa suficiente para acadar a protección dun terzo do territorio galego. 4. A REDE NATURA 2000 DE GALICIA NON CONSTITÚE UNHA VERDADEIRA REDE, POR CARECER DE CORREDORES ECOLÓXICOS PROTEXIDOS É precsio desenvolver ou restablecer axeitadamente os corredores ecolóxicos, tal e como se recolle no apartado 7.2.2. das Directrices de Ordenación do Territorio, tento en conta os cursos fluviais, as áreas de montaña e outros posibles elementos lineais que sirvan de enlace entre diferentes formacións ecolóxicas. No borrador cítase o concepto "corredor" unicamente en catro ocasións facendo referencia en exclusiva a cursos fluviais e a figura 26 permite constatar o escaso desenvolvemento dos corredores ecolóxicos na proposta actual, o que pon en risco a conectividade ecolóxica e a viabilidade biolóxica, mantendo os problemas de fragmentación dos hábitats. Para que a Rede Natura sexa realmente coerente na Galiza e como o seu proprio nome indica, debería facerse un esforzo adicional na procura de intercomunicar cada un dos LICs ao amparo do artigo 10 da Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio. Entendemos que, para acadar ese fin, non debería ser necesario que os elementos da paisaxe que se aluden neste artigo teñan que albergar necesariamente algún tipo de hábitat de interese comunitario, pois abondaría con que cumprisen o obxectivo de facilitar a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres. 5. A PROPOSTA DE AMPLIACIÓN DA REDE NATURA 2000 CARECE DE AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA A proposta de ampliación da Rede Natura non foi elaborada incorporando a Avaliación Ambiental Estratéxica na sua redacción. Isto impide unha verdadeira diagnose da situación dos espazos naturais do País; da cantidade e distribución dos espazos e corredores que son necesarios para manter e recuperar a biodiversidade galega e que, polo tanto, é necesario protexer; das ameazas que penden sobre eses espazos; e dos efectos que terían as diferentes alternativas de ampliación. A carencia de AAE impide en definitiva, a planificación racional da ampliación da Rede Natura 2000 de Galicia.

Page 8:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

8 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

6. O ALCANCE DE ESTA ALEGACIÓN O estudio pormenorizado do territorio e do mar de Galicia constitúe unha misión que está fora do noso alcance, e que lle corresponde á Xunta de Galicia. Polo tanto, queremos deixar constancia de dous aspectos:

• A nosa alegación non se circunscribe aos espazos descritos nos puntos 7 a 10 deste documento, senón que abrangue todo o territorio galego, sobre o que solicita a aplicación dos criterios expresados nos puntos anteriores.

• Salvemos Monteferro, integrado en Galiza Non Se Vende, asina outras dúas alegacións

específicas, sobre A Serra da Groba e A Serra do Galiñeiro, presentadas conxunta e solidariamente por 40 colectivos e asociacións.

Page 9:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

9 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

7. LICs QUE PERMANECEN SEN CAMBIOS, pero que deberían ser ampliados 7.1 LIC ESTACA DE VARES (ES1110010): Sobre este LIC, gostarianos saber cales son as razóns polas que a área mariña proposta no ano 2008 desapareza da proposta actual, tendo en conta que nesa área existen hábitats e especies dos que se require unha maior representatividade e precisión a nivel do conxunto da Unión Europea (en diante U.E.) como Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña (1110), Recifes (1170), así como presenza estabel de especies como o Tursiops truncatus e a Phococea phococea. Supoñemos que a exclusión desta área mariña do LIC Estaca de Vares pode estar motivada polo rexeitamento do sector pesqueiro, ao considerar a protección desta área como un aspecto negativo para os seus proprios intereses. Sexa como for, demandamos que dita área mariña se incorpore novamente como ampliación do LIC Estaca de Vares. Por outra banda, ainda que a cartografia oficial recolle a denominación Bares con “B”, en realidade, o topónimo xenuino é Vares con “V”. De feito, tanto na fachada da igrexa parroquial de Sta. María de Vares como nalgunha sinalización viaria existente, o devandito topónimo todavía mantense escrito correctamente, por canto suxerimos que o LIC se designe co nome correcto. 7.2 LIC ORTIGUEIRA-MERA (ES1110001): Outro dos LICs que permanecen sen cambios na proposta do 2011 é o de Ortigueira-Mera. Non obstante, consideramos a necesidade de incluir neste LIC o Rego Pulgueira dado que, ademáis de albergar Fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Cod. 91E0*), tamén están presentes comunidades vexetais como Woodwardia radicans, Dryopteris aemula e Himenophillum tumbriguensis. 7.3 LIC CABO UDRA Solicitamos ampliación do LIC Cabo Udra ata a delimitación do Espazo Natural 7. Punta Udra segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, abranguendo dende a praia de Mourisca ata a praia de Beluso, coas praias de Tulla e Sartaxéns, así como o val do rio Nosedo. 7.4 LIC COSTA DA VELA Solicitamos a ampliación do LIC Costa da Vela ata a delimitación do Espazo Natural 6. Barra - Cabo Home segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, dende Punta Couso ata Punta Area Brava, e dende Nerga ata Punta Balea (incluído o complexo dunar de Liméns e furnas de Balea), así como a ampliacion da proteción do complexo dunar Nerga-Barra ata a delimitación da estrada Hio-Donón.

Page 10:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

10 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

7.5 LIC ENSEADA DE SAN SIMÓN Solicitamos a ampliación do LIC Enseada de San Simón, ata a delimitación do Espazo Natural 5. Mar de San Simón segundo as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da Provincia de Pontevedra, polo monte de Cabalo, Larache, punta de Paredes, desembocadura do río Verduxo, do río Maceiras e praia de Cesantes. 7.6 LIC ILLAS ESTELAS - Monteferro Solicitamos a ampliación do LIC á península de Monteferro, e nova denominación LIC Monteferro – Illas Estelas, de acordo coas seguintes consideracións:

1. Monteferro, un espazo natural valioso rodeado polo LIC Illas Estelas 2. Flora e fauna no LIC Illas Estelas

3. Fauna no LIC na península de Monteferro

4. A vexetación de Monteferro e a súa rexeneración

5. O valor paisaxístico de Monteferro

6. O valor arqueolóxico de Monteferro

7. O valor de Monteferro como zona de protección do LIC Illas Estelas

8. As ameazas que penden sobre Monteferro

9. A necesidade de conservar a naturalidade de Monteferro

10. Solicitude de inclusión de Monteferro no LIC actual ANEXO: LIC Illas Estelas - Relación de hábitats e especies Moitas das aves que habitan o LIC-ZEPVN Illas Estelas aniñan nos cantís de Monteferro, e a maioría delas frecuentan a península, terra adentro dos cantís, fora do LIC actual

Page 11:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

11 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

1. Monteferro, un espazo natural valioso rodeado polo LIC Illas Estelas O espazo natural conformado pola península de Monteferro e as Illas Estelas constitúe unha das máis valiosas riquezas do patrimonio natural, arqueolóxico e cultural do concello de Nigrán e de Galicia. Monteferro é na actualidade o único espazo natural costeiro conservado e sen urbanizar en toda a ribeira sur da Ría de Vigo, é dicir: o último reducto natural nos 15 quilómetros do litoral sur da ría. A península de Monteferro penetra no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Illas Estelas (Código: ES1140012), de feito que está rodeada por él. O LIC, que tamén constitúe unha ZEPVN da Rede Galega de Espazos Protexidos, comprende os cantís de Monteferro, a súa contorna intermareal e marítima, as Illas Estelas e os illotes chamados (pedras) Serralleiras. O LIC comprende 707 Ha de augas mariñas, con fondos superiores a 15 m na súa maior parte. 2. Flora e fauna no LIC Illas Estelas En canto á flora e á vexetación, as illas Estelas e os cantís de Monteferro albergan matogueiras costeiras galaico-portuguesas, pertencentes á asociación Cisto salvifolii-Ulicetum humilis. As uceiras secas atlánticas costeiras de Erica vagans conforman hábitats de interese comunitario incluídos no Anexo 1 da directiva 92/43/CEE. No que se refire á fauna, existen poboacións de lagarta ibérica (Podarcis hispanica) nas dúas illas maiores, de especial interese polo seu carácter insular. Entre a avifauna nidificante, cabe destacar a colonia de gaivota patiamarela (Larus michahellis) (150-200 parellas) e, nos cantís de Monteferro, un dos poucos puntos de nidificación do escaso vencello real (Apus melba) na costa de Galicia (3-5 parellas). Hai unha presenza frecuente de aves mariñas durante os pasos migratorios e a invernía, como corvos mariños (Phalacrocorax aristotelis y Phalacrocorax carbo), pentumeiros (Melanitta nigra), alcas (Alca torda) e carráns (Sterna spp). No verán e outono pódense observar bandadas estacionadas de pardelas baleares (Puffinus mauretanicus), endemismo en perigo crítico de extinción. Nas augas do LIC é relativamente frecuente a presencia de mamíferos mariños, como o arroaz (Delphinus delphis), o golfiño mular (Tursiops truncatus) e a marsopa (Phocoena phocoena) 3. Fauna no LIC na península de Monteferro Moitas das aves que habitan o LIC-ZEPVN Illas Estelas aniñan nos cantís de Monteferro, e a maioría delas frecuentan a península, terra adentro dos cantís, fora do LIC actual. 4. A vexetación de Monteferro e a súa rexeneración A vexetación actual de Monteferro é na súa meirande parte de masa forestal de repoboación. A súa composición aproximada é: 50 % Pinus pinaster, 15% Eculayptus globulus, 2,5% Pinus radiata, 2%

Page 12:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

12 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Acacia melanoxylum, 17,5% de masas mixtas das anteriores especies, máis exemplares dispersos doutras especies de árbores (carballo, carballo americano, castiñeiro, loureiro, ameneiro, abruñeiro, estriperio, choupo negro), e 13% de arbustos (sanguiño, xesta branca, xesta negra, herba salgueira), matogueira (toxo, silva, carrasco, carqueixa, queiruga, carpaza, trobisco, xilbarbeira) e diversas herbáceas. A vexetación de Monteferro constitúe parte fundamental do seu valor paisaxístico. Por outra parte, consideramos que éste é un espazo idóneo para a recuperación progresiva da súa vexetación autóctona orixinaria. Ésta sería a carballeira de outeiro húmido ou hiperhúmida e acidófila, que, ademáis de carballos, contaría con as outras especies de árbores e arbustos (castiñeiro, loureiro, acivro, estripeiro, sanguiño, albedro), matogueira e herbáceas (xesta, silva, fento, pereira brava, xenxibre, hedra, herba salgueira, uvas de can, violeta) que lle son propias. 5. O valor paisaxístico de Monteferro Monteferro, debido á súa conformación, ás súas masas arbóreas e a súa localización, entre a enseada de Baiona e á Ría de Vigo, constitúe un fito paisaxístico de enorme beleza, e unha mostra de cómo era hai medio século o litoral da Ría de Vigo. Isto foi oficialmente recoñecido polo goberno da Xunta 2005-2009, que iniciou os trámites para a catalogación de Monteferro como Paisaxe Protexida, trámites que inclúen a sinatura do alcalde actual (marzo de 2012) de Nigrán, pero aínda non os materializou. 6. O valor arqueolóxico de Monteferro Monteferro conta cun patrimonio arqueolóxico único. No seu límite occidental, á beira dos cantís, destaca o petróglifo das Penisas Pequenas, que contén 17/19 muíños naviculares, o número máximo de muíños coñecidos nun mesmo soporte, asociados a gravados podomorfos humanos con indicación dixital e liñas curvas. Xunto a eles figuran outros gravados con coviñas e microcoviñas. Teamén existe un conxunto de 8/10 muiños naviculares no promontorio rochoso da Meda, no vértice noroccidental da península. Todos eles están constatados arqueolóxicamente no fenómeno tumular, IV e III milenio, na Idade do Bronce; e na Cultura Castrexa, dende o III milenio ata a súa fusión coa cultura romana, da que tamén existen restos arqueolóxicos no monte. 7. O valor de Monteferro como zona de protección do LIC Illas Estelas Monteferro forma parte do arco natural Costa da Soavela-Cabo-de Home-Barra (LIC), Illas Cíes (Parque Nacional) e as propias Illas Estelas (LIC), conformando o extremo Este do conxunto. Monteferro está prácticamente incrustado no LIC Illas Estelas, e constitúe unha barreira natural de protección entre o LIC e a zona urbanizada comprendida entre Panxón e Patos, que impide a meirande parte dos impactos que a urbanización e a presenza humana podería ter no LIC.

Page 13:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

13 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

8. As ameazas que penden sobre Monteferro A conducta humana irrespetuosa (circulación de automóviles e motos polas pistas e sendeiros ata a mesma beira dos cantís; eliminación innecesaria de matogueira, valiosa como hábitat, incluso nos propios cantís; xogos de guerra cuxos participantes estragan a matogueira e esparcen polo chan balíns de plástico; acumulación de lixo; ruido) ameaza con degradar este espazo natural e desprazar dos cantís ás especies do LIC. A presión urbanística (invasión progresiva do monte e da ribeira con construcións moitas veces ilegais) e e o intento de facer da península unha mistura de zona residencial e parque artificializado ameazan a propia conservación deste espazo natural. 9. A necesidade de conservar a naturalidade de Monteferro Dados os valores de Monteferro importa, e moito, non caer na tentación de converterlo nun parque urbano, artificializando a paisaxe e trocando o seu carácter. O gran valor desta península derívase precisamente da súa case milagrosa conservación ata os nosos días como espazo natural a penas modificado. Neste sentido cómpre resaltar esa tendencia que xa desde hai anos vai crecendo na maioría dos países desenvolvidos, onde grandes espazos preservados, mesmo próximos ás grandes cidades, son conservados como espazos naturais, sen mobiliario urbano, iluminación nin artificialización ningunha, nun novo concepto de parque: área natural para o lecer da cidadanía. Por citar só algúns exemplos: O Charlottenlund Palace Gardens, en Dinamarca, cuxos bosques circundantes, autóctonos, foron conservados como espazos naturais non artificializados e son mantidos sen a penas intervención humana. O paseo fluvial de Nantes, onde a única intervención foi a de abrir algúns camiños de xabre para o paseo conservando intacta a flora autóctona, significa hoxe un dos principais atractivos da cidade. Toda a contorna de Oslo está rodeada por un cinto de parques que conservan intacto o seu carácter de natureza viva, sen mobiliario urbano, nin iluminación, nin intervención humana... Espazos naturais cada vez máis escasos canto máis próximos esteamos a zonas altamente urbanizadas e, por iso mesmo, máis valiosos. 10. Solicitude de inclusión de Monteferro no LIC actual Por todo o exposto:

• Solicitamos para Monteferro a protección real e eficaz que precisa como espazo natural valioso.

• Consideramos que Monteferro debe ser, cando menos, clasificado como Zona Periférica de Protección do LIC Illas Estelas, de acordo co artigo 37 da Lei (estatal) 42/2007, do 13 de decembro, do Patrimonio Natural e da Biodiversidade.

• Sin embargo, solicitamos, por considerar que é o correcto, que Monteferro sexa incluido no LIC Illas Estelas, do que xa forma parte natural, e que o espazo resultante pase a chamarse LIC Monteferro-Illas Estelas.

Page 14:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

14 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ANEXO: LIC Illas Estelas - Relación de hábitats e especies Segundo as Directivas 92/43/CEE e 2009/147/CE, o RD 139/2011, e o Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Moitas das aves que habitan o LIC-ZEPVN Illas Estelas aniñan nos cantís de Monteferro, e a maioría delas frecuentan a península, terra adentro dos cantís, fora do LIC actual. Tipos de Hábitats do Anexo I da DC 92/43/CEE Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña Chairas lamacentas ou areosas non cubertos pola auga na baixamar Grandes calas e baías pouco fondas Arrecifes Vexetación anual sobre argazos Vexetación perenne de coídos Cantís con vexetación das costas atlánticas e bálticas Dunas móbiles embrionarias Dunas móbiles litorais con Ammophila arenaria ("dunas brancas") Queirogais secos europeos Pseudoestepas de gramíneas e anuais da orde Thero-Brachypodietea Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica Rochedos silíceos con vexetación pioneira 12,23 1,69 Furnas mariñas Catálogo Galego de Especies Ameazadas Invertebrados Echinus esculentus Eunicella verrucosa Aves Puffinus mauretanicus Mamíferos Phocoena phocoena Tursiops truncatus

Page 15:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

15 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Especies da DC 92/43/CEE e DC 2009/147/CE

Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial RD 139/2011

Peixes Alosa alosa Alosa fallax

Aves Aves Chlidonias niger Haematopus ostralegus Hydrobates pelagicus Larus argentatus Larus cachinnans Larus canus Larus fuscus Larus marinus Larus melanocephalus Larus ridibundus Lullula arborea Melanitta nigra Puffinus mauretanicus Sterna hirundo Sterna sandvicensis

Alca torda Calidris alba Calidris maritima Charadrius hiaticula Chlidonias niger Haematopus ostralegus Hydrobates pelagicus Larus canus Larus marinus Larus melanocephalus Phalacrocorax aristotelis Puffinus mauretanicus Sterna hirundo Sterna sandvicensis Tachymarptis melba

Mamíferos Mamíferos Delphinus delphis Phocoena phocoena Tursiops truncatus

Delphinus delphis Phocoena phocoena Tursiops truncatus

Invertebrados Charonia lampas subsp. Lampas

Nucella lapillus Patella ulyssiponensis

Réptiles Podarcis hispanica

Page 16:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

16 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

8. LICs DOS QUE SE AMPLÍA A SUPERFICIE, pero nos que a superficie ampliada é insuficiente: 8.1 LIC COSTA ÁRTABRA (ES1110002) Neste LIC, a superficie mariña que se propuxo no documento do 2008 veuse reducida considerabelmente na proposta actual. Nesa área existen hábitats e especies dos que tamén se require unha maior representatividade e precisión a nivel do conxunto da U.E. como Bancos de area cubertos permanentemente por auga mariña (1110), Recifes (1170), así como presenza estabel de especies como o Tursiops truncatus e a Phococea phococea. Supoñemos que a redución da área mariña para o LIC Costa Ártabra tamén estaría motivada polo rexeitamento do sector pesqueiro. Sexa como for, demandamos que dita área mariña se amplie, cando menos, nos mesmos termos da proposta do 2008. En aplicación do artigo 10 da Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio e co obxecto de facilitar a migración, a distribución xeográfica e o intercambio xenético das especies silvestres, todos os cursos fluviais que desembocan na Costa Ártabra, por moi cativos que sexan, deberían formar parte na súa integridade deste LIC; independentemente de si albergan hábitats de interese comunitario ou non. Na maioría dos casos só se inclue o curso baixo dos mesmos cando se constituen en humidais costeiros na súa conexión co mar, descartando os tramos medios e altos, que os fan máis vulnerabeis ás agresións, non impedindo que estas tamén repercutan negativamente no tramo baixo. É de xustiza que se incluan na súa integridade o rego tributario da Lagoa de Doniños (curso medio e alto) e o Regato de San Xurxo cos seus regos tributarios (incluidos prados e brañas), no Concello de Ferrol; o Rio Magno e o Rego do Vilar que desembocan na praia e na lagoa da Frouxeira (Valdoviño), respectivamente, entre outros. Estes cursos fluviais albergan Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*), ademáis de Prados de sega de baixa altitude (Cod. 6510) nas suas marxes. (Ver imaxe 7.2.1-1. Proposta de ampliación LIC-ZEPA Valdoviño, Río Magno.) Incluso os humidais costeiros que xa figuraban no LIC así como as novas incorporacións que se propoñen actualmente protéxense de xeito parcial, ficando fora algunas zonas ligadas aos mesmos. Tal é o caso da marxe Leste da Lagoa da Frouxeira, segregada por unha pista de terra transformada en paseo peonil e vial de servizo, así como a zona comprendida entre os lugares de Taraza e Chan do Areal na parroquia de Meirás. A marxe Leste da lagoa esta constituida por terreos hidromorfos con representación de Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0)*, hábitat prioritario que está a ser sustituido por eucaliptais, ademáis de Prados de sega de baixa altitude (Cod. 6510). A zona entre Taraza e Chan do Areal alberga Queirogais húmidos atlánticos de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralis (Cod. 4020*), Queirogais secos europeos (Cod. 4030*) e Queirogais secos atlánticos costeiros de Erica vagans (4040*), todos eles hábitats prioritarios. As roturacións e reforestacións efectuadas con eucaliptos e piñeiros están a facer desaparecer estes hábitats. (Ver imaxe 7.2.1-2. Mapa de superficie de ampliación LIC Costa Ártabra e 7.2.1-3. Mapa de superficie de ampliación LIC Costa Ártabra).

Page 17:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

17 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

O Monte da Vela e Montes de Meirás (parroquia de Meirás – Valdoviño), fican parcialmente incluidos dentro do citado LIC. Debido á falta de nitidez da cartografía, non podemos precisar que proposta de ampliación se fixo nesta zona mais, debido a que se trata dunha zona potencial do hábitat Fragas galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica (Cod. 9230), con predominancia desta última especie, pese ás repoboacións masivas de eucaliptos e aos lunes forestais, debería integrarse toda a ladeira interior (Leste) até alcanzar a estrada que comunica Campelo con Meirás (Valdoviño). Ademais, nestes montes existen antigas minas de arsénico e instalacións militares abandonadas onde están citadas varias especies de morcegos Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros (ambas incluidas no Anexo II da Directiva de Hábitats). (Ver imaxe 7.2.1-4. Mapa de superficie de ampliación Zona Montes de Meirás-Monte da Vela-1.) Debido tamén á falta de nitidez cartográfica, non podemos precisar se o humidal e o “monte” comunal de As Cabazas (Ferrol) foron incluidos na sua integridade no LIC Costa Ártabra ou, polo contrario, só de forma parcial. Semella que a cabeceira do citado humidal, constituido polo Rego de Soagraña, fica fora da proposta de ampliación. Sen lugar a dúbidas, este é un espazo de primordial importancia debido á presenza de endemismos botánicos como *Omphalodes littoralis, Iberis procumbens ou Silene scabriflora nas *Dunas fixas costeiras con vexetación herbácea (Cod.2130*), con presenza tamén de Corema álbum, ou de hábitats con carácter hidromorfo como “Mires” de transición (Cod. 7140), Depresións calcareas con Cladium mariscus e especies de Phragmition (Cod. 7210*), Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*), entre outros. Resultaría un erro lamentabel que ficase fora do LIC algunha parte deste enclave, moi maltratado pola construción de pistas da concentración parcelaria, recheo de zonas hidromorfas e repoboación con chopos (Populus sp.) e piñeiros nas zonas onde se atopan ditos hábitats. No Inventario de Humidais de Galicia ven coa denominación de Rego de Soagraña (Código 1110181), establecendo unha superficie de 74,11 Ha. Por conseguinte, demandamos que este enclave sexa incluido na súa integridade no LIC Costa Ártabra. (Ver imaxe 7.2.1-5. LIC Costa Ártabra. ZEPA. Costa de Ferrolterra-Valdoviño. Concello de Ferrol). Nas proximidades do areal de Sta. Comba (Ferrol), a delimitación inicial do LIC deixou fora do mesmo unha extensión importante dunha braña existente, coincidente cos mananciais que fornecen de auga ao rego que constitue este humidal e que desemboca na parte central da Praia de Sta. Comba. Sería de recibo que se incorporase toda a braña, seriamente afectada pola construción de pistas da concentración parcelaria. Esta zona excluida está constituida, entre outros hábitats, por Prados húmidos mediterráneos de hervas altas do Molinion-Holoschoenion (Cod. 6420). Na zona do Prioiro, na área comprendida entre o areal de Sta. Comba e a península do Cabo Prioiro (na cartografía oficial denomínase como Prior), a nova delimitación do LIC nesta zona debería coincidir coas delimitacións reflictidas na cartografía do Plan Xeral de Ordeamento Municipal do Concello de Ferrol, nomeadamente coas calificacións urbanísticas de Espazo Natural e de Proteción de Costas para que, neste caso, non haxa discordancia entre as diferentes figuras de protección existentes.

Page 18:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

18 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Tamén debería incorporarse ao LIC a zona onde se atopa a vella mina de época romana, no lugar de Covarradeiras, na que están citados especies de morcegos como Rhinolophus ferrumequinum e Rhinolophus hipposideros (ambos no Anexo II da Directiva de Hábitats). Ademáis, é zona potencial dos hábitats de Soutos de Castanea sativa (9260) e de Masas de Ilex aquifolium (9380) que, debido ás sistemáticas repoboacións con eucaliptos e á frecuencia dos incendios forestais, sobreviven con grande dificultade. Por outra banda, consideramos moi acertada a inclusión da fachada costeira do concello de Ares neste LIC, mais falta por incorporar a denominada Xunqueira de Ares; constituida polos ríos da Xunqueira e do Cacho, con Fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Cod. 91E0*), Prados con molinias sobre sustratos calcareos, turbosos ou arxilo-limonicos -Molinion caeruleae (Cod. 6410) e Prados húmidos mediterráneos de hervas altas de Molinion-Holoschoenion (Cod. 6420). (Ver imaxe 7.2.1-6. LIC Costa Ártabra. ZEPA. Costa de Ferrolterra-Valdoviño. Concello de Ferrol) 8.2 LIC FRAGAS DO EUME (ES1110003) A respeito deste LIC, a inclusión do esteiro do Rio Eume debería prolongarse até Centroña (Pontedeume), pois neste tramo de riveira existen representacións do hábitat denominado como fragas galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica con presenza do felgo macaronésico Woodwardia radicans. A necesidade de garantir a conservación e bo estado das augas do río Eume esixe a protección daqueles cauces e ribeiras que se ben ameazados pola actividade humana de tipo industrial, construción de infraestructuras, falta de depuración das aguas, explotacións mineiras, etc. De aí a necesidade de incluir no LIC Fragas do Eume o rego do Gallel e o río Maciñeira (do cal é tributario o rego do Gallel), que á súa vez é afluente do río Eume. Do conxunto de hábitats que integran o LIC das Fragas do Eume non poden quedar excluídos os hábitats asociados ás brañas e pequenas fragas existentes na Serra do Forgoselo, pois constitúen pezas imprescindibles de ecosistemas asociados ao bosque atlántico. As características topográficas, climatolóxicas e edafolóxicas do Forgoselo configuran un espazo singular que engade valores ás Fragas do Eume. Por outra banda, a conservación das fragas existentes dentro da Serra do Forgoselo son imprescindibles para asegurar a viabilidade de moitas especies propias deste ecosistema, constituíndo un lugar de acubillo, alimentación e cría. O Monte Fontardión constitúe o corredor ecolóxico entre o As Fragas do Eume e o LIC Xuvia-Castro, xa que a contorna circudante atópase moi alterada a consecuencia do establecimiento da escombreira da Central Térmica de ENDESA e o Encoro do Eume, que actúan como barreiras de difícil franqueo para as distintas especies. É fundamental incluir na ampliación da Rede Natura 2000 un corredor que garanta a conservación mediante a interconectividade do LIC Fragas do Eume e o LIC Xuvia-Castro, asumindo e desenvolvendo para esta zona a proposta anterior de ampliación da Rede Natura 2000 do ano 2008.

Page 19:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

19 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

8.3 LIC XUVIA-CASTRO (ES1110013) A ampliación da Rede Natura 2000 debería seguir criterios de concetividade ecolóxica que favorezan a viabilidade dos ecosistemas e hábitats que a conforman, ademáis dunha maior extensión onde se inclúan os hábitats reais existentes e zonas de amortecemento. A proposta de mínimos actual en relación aos LIC Xuvia-Castro, LIC Fragas do Eume e LIC Río Belelle, unicamente se debuxa seguindo o criterio de corredor ecolóxico fluvial, dentro do propio espazo protexido; pero se poñemos en relación os tres espazos citados, aparecen como “illas”, o que responde a unha protección sobre o mapa pero sen garantías reais, e dando pé a explotacións industriais, enerxéticas ou mineiras próximas que exerzan unha forte presión. De igual xeito, sorprende a proximidade do LIC Serra do Xistral ao LIC Xuvia-Castro, e máis aínda ao LIC Fragas do Eume, sen que se desenvolvan corredores ecolóxicos, tento en conta a continuidade dos ecosistemas e tentando aliviar a presión sobre o medio exercen a antiga mina, a escombreira e a central térmica e de ciclo combinado de As Pontes. En relación ao LIC Xuvia-Castro, deberíase incluir o Rego Carboeiro, tributario do Rio Castro, dado que, ademáis de albergar Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0)*, tamén ten representacións do felgo macaronésico Woodwardia radicans. A protección da Serra do Forgoselo debería extenderse ás estribacións no chamado Monte das Louseiras, e a conseguinte inclusión de corredores ecolóxicos que conectasen o LIC Xuvia-Castro co novo LIC Río Belelle hacia os lugares de “O Couce” e “Cabalar”. 8.4 LIC BETANZOS-MANDEO (ES1110007) Os regos tributarios do Rio Mandeo deberían integrarse no LIC, tanto por albergar Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*) como felgos do do tipo Dryopteris aemula (Anexo II do Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e Woodwardia radicans (Anexos II do Catálogo Galego de Especies Ameazadas e da Directiva de Hábitats); moi especialmente os regos do Velorio, da Fraga e do Vexo (ou das Fervenzas), incluida a Zona de Policia do Dominio Público Hidráulico (en diante D.P.H.) onde debido á extensión das fragas de riveira así o requira. O Canón do Inferniño, considerado o tramo máis encaixado do Rio Mandeo, tamén debería integrarse no LIC. Ademáis da existencia de Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*), atópase nesta zona unha importante povoación de Lacerta montícola (Catálogo Galego de Especies Ameazadas). Nas proximidades da Vila de Betanzos, augas arriba, o rio está orlado por xunqueiras e carregais que fican fora da proposta de ampliación. Entre outras especies, está citada a presenza da Emberiza schoeniclus subsp. lusitanica, catalogada como En Perigo de Extinción. Resulta chamativo que o LIC neste tramo se limite á canle principal do rio, cando as xunqueiras e canaveirais son parte inherente do mesmo, sendo considerados no seu conxunto como D.P.H. A Praia de Sumiño ou Pequena de Miño non está totalmente incorporada no LIC. Debido á presenza de Zostera mariña na zona intermareal debería incluirse na súa integridade.

Page 20:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

20 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Tamén o Rio Lambre debería formar parte do LIC na súa integridade e non soamente as marismas da súa desembocadura. Ademáis de albergar Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*) tamén existen felgos do tipo Vandenboschia speciosa (Anexos II da Directiva de Hábitats e do Catálogo Galego de Especies Ameazadas) e Hymenophyllum tunbrigense (Anexo II do Catálogo Galego de Especies Ameazadas). Na ria de Betanzos, algunas partes da marisma fican fora do LIC como os lugares de Miodelo e de Mar Pequeño, polo que deberían incorporarse. Na nosa opinión, o LIC non só debería abranguer o ámbito correspondente ao D.P.M-T. senón tamén incorporar os 100 primeiros metros da súa Zona de Servidume de Proteción. 8.5 LIC A RAMALLOSA (FOZ DO MIÑOR)

1. Unha ampliación positiva, pero incompleta Celebramos a proposta de ampliación do LIC A Ramallosa, pero consideramos que está incompleta. • Xa tiñamos previsto solicitar a ampliación do LIC aguas arriba. Dadas as características

da Foz do Miñor (configuración, ecosistemas, extensión xeográfica) o actual LIC estaba incompleto sin a zona alta do esteiro e o último treito do río Miñor, augas arriba da ponte. Celebramos a ampliación do LIC nesta zona.

• Sen embargo, consideramos que o LIC debe ampliarse tamén no mar, entre a barra da Ladeira e, polo menos, a liña comprendida entre Monte Lourido (ao N) e Santa Marta (ao S). O LIC A Ramallosa ten continuidade física e ecolóxica no mar, no exterior da barra da Ladeira, e por iso o Rexistro Xeral de Espazos Naturais de Galicia de 1990 establece que a franxa mariña descrita forma parte do Espazo Natural da Foz do Miñor.

2. O valor natural do LIC A Ramallosa – Foz do Miñor

Queremos incidir no valor natural de este espazo, e engadimos, nun anexo, unha relación extensa das especies vexetais e animais presentes na Foz do Miñor, relación que vai alén das consideradas como Hábitats de interese comunitario e Especies animais catalogadas.

3. Os impactos da presión antrópica no LIC A pesar da súa condición de LIC, a Foz do Miñor está sometida a unha grande presión antrópica e aos seus impactos: • Presión urbanistica en todo o contorno do LIC. É moi salientable a urbanización parcial da

barra da Ladeira con un complexo formado por restaurante, piscina, bungalows e camping. Os edificios do complexo, incluido o campig, que está delimitado por muros de formigón,

Page 21:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

21 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

constituén unha barreira que impide a dinámica dunar. Os bungalows teñen sentenza firme de derrubo por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza dende 2004, pero aínda permenecen e pé.

• Contaminación por augas residuais, fundamentalmente, pero con toda probabilidade non só, urbanas. É moi salientable a existencia de varios puntos de verquido incontrolado de augas residuais. Os efectos son devastadores: a Foz do Miñor é Zona Pechada ao marisqueo dende agosto de 2010.

• Artificialización progresiva das súas ribeiras e accesibilidade progresiva ao interior do LIC. Son moi salientables dous paseos artificiais. Un deles, chamado sendeiro panorámico, intérnase no LIC actual, percorrendo o borde dunha zona de terra firme que se adentra na Foz. O outro está constituido por unhas pasarelas cuxo obxecto é facilitar o acceso cómodo entre diversos tramos da barra da Ladeira, na súa cara interior, en pleno LIC. Os impactos resultantes son: a presenza humana en lugares ata agora non frecuentados, o ruido, as molestias conseguintes para a fauna e a degradación do hábitat. A apertura do “sendeiro panorámico” provocou que as aves nidificantes abandoasen a zona.

4. Solicitude

Polo anteriormente exposto, solicitamos: • Que a Xunta de Galicia proceda a ampliación proposta, augas arriba, pero que amplíe tamén

o LIC A Ramallosa no mar, na franxa comprendida entre a barra da Ladeira e a liña que une Monte Lourido e Santa Marta.

• Que a Xunta de Galicia realice unha xestión e unha protección eficaz do LIC.

• Que a Xunta de Galicia faga uso das súas competencias e resposabilidades, e interveña para poñer fin aos problemas descritos, e ao seus impactos.

• Que a Xunta de Galicia proceda á rexeneración da Foz do Miñor respecto da degradación sufrida polos impactos descritos.

Page 22:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

22 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ANEXO: Vexetación e fauna do LIC A Ramallosa (Foz do Miñor)

Vexetación:

• Verdello (Enteromopha sp.) • Verza (Ulva rígida) • Ceba (Zostera sp.) • Corbela (Fucus vesiculosus) • Bocho bravo (Ascophyllum nodosum) • (Fucus ceranoides) • (Halimione portulacoides) • Distintas especies do xénero Juncos • (Spartina marítima) • Herba salgada (Salicornia ramosissima)

Fauna:

Invertebrados

• Gasterópodos (Hydrovia ulvae) Moluscos

• Croque (Cerastoderma edule) • Ameixa fina (Venerupis decussata) • Cadela (Scrobicularia plana)

• (Nephthys sp.) Anélidos Poliquetos

• Miñoca (Nereis diversicolor) • Glycera convoluta o Tripa (Lanice conchilega)

• Cangrexo (Carcinus maenas) Artrópodos decápodos

Vertebrados

• Víbora de Seoane (Vípera seoanei) Réptiles

• Lagartixa galega (Podarcis bocage) • Sapoconcho (Emys orbicularis)

Page 23:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

23 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

• Ra patilonga (Rana ibérica) Anfibios

• Pintafontes común (Triturus boscai) • Saramaganta (Chioglossa lusitanica)

• Lontra (Lutra lutra) Mamíferos

Aves

MOBELLAS – Familia Gaviidae • Mobella Pequena (Gavia Stellata) • Mobella Ártica (Gavia Arctica) • Mobella Grande (Gavia Immer)

SOMORGULLOS - Familia Podicipedidae

• Somorgullo Pequeno (Techibaptus ruficollis) • Somorgullo Cristado (Podiceps cristatus) • Somorgullo Real (Podiceps auritus) • Somorgullo Orelleiro (Podiceps nigricollis)

PARDELAS – Familia Procellariidae

• Fulmar (Fulmarus glacialis) • Pardela cincenta (Calonectris diomedea) • Pardela Mediterránea (Puffinus mauretanicus)

PAIÑOS – Familia Hydrobatidae

• Paiño do mal tempo (Puffinus pelagicus) MASCATOS – Familia Sulidae

• Mascato (Sula bassana) CORVOS MARIÑOS – Familia Sulidae

• Corvo Mariño Real (Phalacrocorax carbo) • Corvo Mariño Cristado (Phalacrocorax aristotelis)

Familia Fregatidae

• Rabiforcado (Fregata magnificens) GARZAS – Familia Ardeidae

• Garza Mediana (Bubulcus ibis) • Garzota (Egretta garzetta) • Garza Real (Ardea cinerea)

Page 24:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

24 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Familia Threskiornithidae • Mazarico Mouro (Plegadis falcinellus) • Cullereiro (Platalea leucorodia)

PATOS, PARRULOS e MERGOS – Familia Anatidae

• Pato Asubión (Anas penelope) • Cerceta Real (Anas creca) • Lavanco Real (Anas Platyrhynchos) • Parrulo Chupón (Aythya ferina) • Eider (Somateria mollisima) • Parrulo rabudo (Clangula hyernalis) • Parrulo Pentumeiro (Melanotta nigra) • Parrulo Pentumeiro Americano (Melanitta perpicillata) • Parrulo Mourelo (Melanitta fusca) • Nergo Cristado (Mergus strepera) • Parrulo Cristado (Aythya fuligula)

RAPIÑAS – Familia Accipitridae

• Azor (Accipiter gentilis) • Gabián (Accipiter nisus) • Miñato común (Buteo buteo)

FALCÓNS – Familia Falconidae

• Falcón pequeno (Falco subbuteo) • Falcón Peregrino (Falco peregrinus)

Familia Rallidae

• Rascón de Auga (Rallus aquaticus) • Galiña de Río (Gallinula chloropus)

LIMÍCOLAS – Familia Haematopodidae, Familia Recurvirostridae , Familia Burhinidae, Familia Caradriidae, Familia Scolopacidae

• Gabita (Haematopus ostralegus) • Patuda (Himantopus himantopus) • Avoceta (Recurvirostra avosetta) • Pernileiro (Burthinus oedicnemus) • Píllara Real (Charadrius hiaticula) • Pillara Rabirrubia (charadrius vociferus) • Pillara Papuda (Charadrius alexandrinus) • Pillara Dourada Grande (Pluviales apricaria) • Pillara Cincenta (Pluviales squatarola) • Avefría (Vanellus vanellus)

Page 25:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

25 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

• Pilro Groso (Calidris canutus) • Pilro Bulebule (Calidris alba) • Pilriño Patimouro (Calidris minuta) • Pilro Cubranco (Calidris ferruginea) • Pilro Concento (Calidris marítima) • Pilro Común (Calidris alpina) • Becacina Cabra (Gallinago gallinago) • Arcea (Scolopax rusticola) • Mazarico Rabinegro (Limosa limosa) • Mazarico Rabipinto (Limosa lapponica) • Mazarico Galego (Numenius phaeopus) • Mazarico Curlí (Numenius arquata) • Bilurico Común (Tringa totanus) • Bilurico Pativerde (Tringa nebularia) • Bilurico Alinegro (Tringa ochropus) • Bilurico Bailón (Actitis hypoleucos) • Píllara Riscada (Arenaria interpres)

PAPAMERDAS – Familia Stercorariidae

• Papamerda Parásita (Stercorarius parasiticus)

GAIVOTAS – Familia Laridae • Gaivota Pequena (Larus melanocephalus) • Gaivota Gallada (Larus minutus) • Gaivota Chorona (Larus ridibundus) • Gaivota de Delaware (Larus delawarensis) • Gaivota Papota (Larus Canus) • Gaivota Escura (Larus fuscus) • Gaivota Común (Larus cachinans) • Gaivota Hiperbórea (Larus hyperboreus) • Gaivotón (Larus marinus) • Gaivota Tridáctila (Rissa tridáctila) • Gaivota Alegre (Larus atricilla)

CARRÁNS – Familia Sternidae

• Carrán Cristado (Sterna sandvicensis) • Carrán Carrán (Sterna hirundo) • Carrán Artico (Sterna paradisaea) • Carrán Pirrí (Sterna albifrons) • Carrán Mouro (Chlidonias nigra) • Carrán de Bico Curto (Gelochelidon nilotica)

Page 26:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

26 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ARAOS – Familia Alcidae • Arao dos cons (Uria aalge) • Arao Romeiro (Alca torda) • Arao Piro (Alle alle) • Arao Papagaio (Fratercula artica)

Familia Alcedinae

• Martiño Peixeiro (Alcedo atthis)

LAVANDEIRAS – Familia Motacillidae • Lavandeira Verdeal (Motacilla Flava)

Familia Sylviidae

• Picaxuncos (Cisticola juncidis)

OUTRAS AVES Consideramos necesario relacionar, ademais, outras aves ás que lles prestamos menos atención, por seren doadas de observar noutros lugares, pero que non por iso son menos importantes:

Familia Corvidae • Pega (Pica Pica) • Corvo Viaraz (Corvus corone corone)

Familia Motacillidae

• Lavandeira Branca (Motacilla alba)

Familia Trogodytidae • Carrizo (Troglodytes troglodytes)

Familia Turdidae

• Paporrubio (Erithacus rubecola) • Rabirrubio Tizón (Phoenicurus ochruros) • Chasco Común (Saxicola torquata) • Merlo (Turdus merula)

Familia Sylviidae

• Fulepa Amarela (Hippolaris polyglota) • Papuxa Cabecinegra (Sylvia melanocephala) • Papuxa das Amouras (Sylvia atricapilla) • Picafollas Común (Phylloscopus collybita)

Page 27:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

27 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Familia Muscicapidae • Papamoscas Negro (Ficedula hypoleuca)

Familia Paridae

• Ferreiriño Común (Parus ater) • Ferreiriño Abelleiro (Parus major)

Familia Sturnidae

• Estorniño negro (Sturnus unicolor)

Familia Passeridae • Pardal (Passer domesticus)

Familia Fringillidae

• Xirín (Serinus serinus) • Verderolo (Carduelis chloris) • Liñaceiro Común (Carduelis cannabina)

Page 28:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

28 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

9. NOVOS LICs INCLUIDOS NA PROPOSTA, pero cuxa superficie é insuficiente: 9.1 LIC ESTEIRO DO RIO BAXOI (ES1110018): Valórase moi positivamente a creación deste novo LIC, mais deberíase incluir na sua integridade o sistema dunar da Praia Grande (tomando como referencia o deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre), a Enseada de Bañobre entre Pta. Redonda e Pta. Satareixas, así como todos os cauces fluviais tributarios da enseada e da marisma, nomeadamente: Rio Xario, Rio Baixoi (incluidos regos tributarios), Regato dos Xordos, Rio Grande, etc. Estes cauces, ademáis de albergar Fragas aluviais de Alnus glutinosa (Cod. 91E0*), serven de corredores ecolóxicos para intercomunicar a marisma con outros espazos, de acordo co artigo 10 da Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio, evitanto que o humidal fique como un enclave aillado no medio de urbanizacións, infraestruturas viarias, etc. Por esta razón, a delimitación do LIC debería coincidir coa liña que delimita a Zona de Servidume de Proteción do Dominio Público Marítimo-Terrestre (en diante D.P.M-T), a modo de zona de amortecemento de impactos, ante a constante ameaza do avance urbanístico. A Enseada de Bañobre alberga ademáis o hábitat denominado fondos areosos permanentemente somerxidos (Cod. 1110) e fronte a Pta. Satareixas está presente o hábitat denominado como baixos rochosos tanto somerxidos como emerxidos (Cod. 1170). Na franxa riveirán desta punta hai Matogueiras arborescentes de Laurus nobilis (Cod. 5230*). O sistema dunar está composto por Dunas móviles embrionarias (Cod. 2110) e Dunas móviles do litoral con Ammophila arenaria (Cod. 2120). Por outra banda, ainda que a cartografía oficial recolla a denominación Baxoi, en realidade, tanto o río principal como a marisma son popularmente coñecidos como Baixoi, polo que suxerimos que o espazo se designe co nome xenuino e pase a chamarse “LIC Marisma de Baixoi”, sustituindo “Esteiro do Rio…” por “Marisma de …”, de acordo coa denominación do Inventario de Humidais de Galicia (Código 1110037). (Ver imaxe 7.3.1. LIC Marismas de Miño) 9.2 LIC RIO BELELLE (ES1110024): En canto ao LIC Rio Belelle, debería incluirse na súa integridade, pois hai treitos fluviais do curso alto que fican fóra da nova proposta pese a albergar representacións de fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Cod. 91E0*) ademáis de especies botánicas como Dryopteris aemula e Himenophillum tumbrigensis. Así, a proposta de novo LIC debería abarcar dende as fontes do Rego Cernadas ou Rego da Cernada tributario do río Belelle (lugar de Pico Vello) e o Rego das Figueiras, os cales conflúen e pasan a denominarse río Belelle entre os lugares de A Lobeira e Casa Uría. O lugar de Pico Vello é unha zona de turbeiras altas activas, identificadas na Directiva 97/62/CE, do Consello da Unión Europea e figurando no Anexo 1, que relaciona Tipos de hábitats naturais de interese comunitario cuxa conservación require a designación de zonas de especial conservación, identificado no anexo co código 7110, como un hábitat prioritario. Nas beiras do rego Cernadas

Page 29:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

29 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

apréciase, como xa se referiu, a presenza do felgo macaronéstico Dryopteris aemula (especie que figura como Vulnerable no Catálogo de Especies ameazadas de Galicia). É de destacar tamén a cuberta liquénica dos troncos das árbores, salientándose a aparición de especies do xénero Usnea, indicadores de boa saúde atmosférica. En canto aos pasteiros, presentan un estado de conservación óptimo, con prados de sega na súa maior parte, con índices de produción alta debido ás caracterísiticas climatolóxicoas e edafolóxicas da zona, o que dá lugar a explotacións gandeiras moi productivas. A protección do curso alto do Belelle e o desenvolvemento dun corredor entre As Fragas e o Forgoselo, permitiría conectar o LIC Fragas do Eume e o LIC Xuvia-Castro co novo LIC Río Belelle, resultando en figuras de protección lóxicas e acordes coas realidade da zona e as necesidades de conservación. 9.3 LIC RIO SOR (ES1120018): A respeito do novo LIC Rio Sor, valórase moi positivamente a súa creación, mais deberíase abarcar moita máis superficie nas serras da Faladoira, Coriscada e Montalén co obxecto de acadar unha maior representatividade de hábitats correspodentes a matogueira (4020* e 4030, principalmente) e fragas, fortemente ameazadas por repoboacións forestais de eucalipto e de piñeiro. Asimesmo, deberianse integrar no novo LIC as zonas de pastoreo, así como os pequenos “núcleos” rurais existentes na zona de Grañas do Sor co obxecto de dar maior homoxeneidade ao citado espazo. 9.4 LIC RIO BALEO (ES1110019): Valórase moi positivamente a súa creación, mais deberíanse incorporar todos os regos tributarios.

Page 30:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

30 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

10. DEMANDA DE NOVOS LICs NON INCLUIDOS NA PROPOSTA 10.1 LIC RÍA DE FERROL: Deberiase crear un novo LIC na Ria de Ferrol no que se incluan as enseadas de Cariño e San Filipe-Laxe (Ferrol), zona do Castelo da Palma (Mugardos), enseadas do Baño e da Barca (Mugardos), Rio Baa (Mugardos), así como toda a cabeceira da ria, entre a Ponte de As Pias e as desembocaduras dos ríos Freixeiro, Xuvia e Belelle (Narón-Neda). Todas estas zonas da ria presentan diferentes tipos de hábitats, nomeadamente: Esteiros (Cod. 1130); Pasteiros atlánticos salinos (Cod. 1330); Chairas lamacentas ou areosas non cubertas na amaré baixa (Cod. 1140), con presenza de Zoostera noltii; Bancos de area permanentemente cubertos por auga mariña pouco fonda (Cod. 1110), con presenza de Zoostera marina. Ademáis, moitos tramos da riveira desta ria están orlados por formacións boscosas do tipo Fragas galaico-portuguesas con Quercus robur, Q. pyrenaica e Laurus nobilis (Cod. 9230), seriamente ameazados pola construción de paseos marítimos, vías rodadas ou vivendas. Son de especial importancia as representacións existentes na riveira do Concello de Neda, entre a ponte do ferrocarril e a Praia de San Valentín (Fene); riveira de Narón, entre A Gándara e O Couto (formacións intermitentes); riveira das enseadas da Barca e do Baño (Mugardos) ou no Rio Baa (Mugardos). Asimesmo, nas proximidades da base naval de A Graña (Ferrol), existe un importante souto no Monte Fontelo no que, ademáis de predominar o Castanea sativa, tamén está presente o Quercus robur, constituindo o hábitat denominado como Soutos de Castanea sativa (Cod. 9260). Nas proximidades, a douscentos metros de altitude sobre o nivel da ría, atópase unha extensa chaira de sustrato granítico coñecida como Monte Cha, na que existen representacións de Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix (4020*). Ambos enclaves tamén deberían incluirse no LIC Ria de Ferrol que se propón. Desde o ponto de vista ornitolóxico, tamén debería incluirse no novo LIC a Enseada da Malata (Ferrol), con importante presenza de aves invernantes asociadas a este sistema intermareal, con representación de Chairas lamacentas ou areosas non cubertas na amaré baixa (Cod. 1140). Nesta enseada desemboca o Rio da Sardiña, con numerosas representacións de Fragas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Cod. 91E0*) en toda a cunca fluvial e Fragas galaico-portuguesas con Quercus robur, Q. pyrenaica e Laurus nobilis (Cod. 9230) na zona de Menáncaro, onde tamén está citado o felgo Dryopteris guanchica (Anexo II do Catálogo Galego de Especies Ameazadas). Tanto o Rio da Sardiña como a Fraga de Menáncaro deberían formar parte tamén do novo LIC Ria de Ferrol que se propón.

Page 31:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

31 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

10.2 LIC ENCORO DAS FORCADAS (VALDOVIÑO): Este encoro ven cumprindo dende hai anos un importante papel como zona de paso, de invernada e de cría de numerosas especies de aves tales como Pandion haliaetus, Pernis apivorus, Buteo buteo, Falco subbuteo, Falco peregrinus, Circus aeruginosus, Anas crecca, Anas querquedula, Anas strepera, Anas acuta, Anas clypeata, Anas platyrhynchos, Anas carolinensis, Aythya ferina, Aythya fuligula, Aythya collaris, Aythya affinis, Netta rufina, Fulica atra, Bucephala clangula, Tringa ochropus, Tringa nebularia, Tringa flavipes, Charadrius hiaticula, Tachybaptus ruficollis, Phylloscopus trochilus, Gallinula chloropus, Gallinago gallinago, Podiceps cristatus, Ardea cinerea, Ardea purpurea, Egretta garzetta, Porzana parva, Phalacrocorax carbo, Chlidonias hybrida, Chlidonias niger, Sterna sandvicensis, Sterna hirundo, Hirundo rústica, Riparia riparia, Ficedula hypoleuca, Phylloscopus collybita, Lanius collurio, Alcedo atthis, Oenanthe oenanthe, Emberiza schoeniclus, etc. Destaca este espazo como zona de cría de Podiceps Cristatus e Tachibaptus Ruficollis, entre outras. Ademais son habituais neste espazo mamíferos como a lontra (Lutra lutra), o porcoteixo (Meles meles), ou o corzo, entre outros. Entre os morcegos están citados os do xénero Rhinolophus. Por suposto, o encoro cumpre tamén un importante papel no que se refire á presencia de anfibios e réptiles, entre os que se encontra Hyla arborea. Consideramos que se debería protexer unha área mínima de 100 m dende a máxima liña de inundación, incluíndo tamén aqueles hátitats próximos ao encoro que sexan de especial interese, nomeadamente prados húmidos e bosques de ribeira e de galería. Tamén cremos que se debería prohibir a caza en toda a zona protexida para asegurar a viabilidade do espazo. (Ver imaxe 7.4.2. Mapa para a creación do LIC Encoro das Forcadas.)

Page 32:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

32 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

10.3 LIC MONTES E CARBALLEIRAS DO MORRAZO Propoñemos incluir na ampliación da Rede Natura un novo LIC de nome de Montes e Carballeiras do Morrazo. Esta proposta recolle unhas áreas núcleo (Montes do Morrazo e Carballeira de Coiro), ampliables a unhas áreas de transición cara unha rede de corredores naturais protexidos, dende a base da península do Morrazo nos Montes de Lourizán, pasando polo Outeiro de Campolongo/Monte Cernello, Montes de Ardán e Montes de Cela ata a Serra da Magdalena e o monte Borrallido, perto do LIC de Cabo Udra e dos Montes do Hío, nas proximidades do LIC da Costa da Vela. A proximidade entre os Montes do Morrazo e o LIC Enseada de San Simón complementaría este sistema, e potenciaría a súa calidade ambiental e a súa pervivencia.. Pártese da base que o bosque climax é a carballeira de subclima oceánico atlántico e áreas de bosque de ribeira, e da importancia natural das breixeiras tanto de ecosistemas secos ou húmidos como de influencia do clima mediterráneo, de hábitats prioritarios e non prioritarios de interese comunitario que se da na península costeira do Morrazo dentro do piso termocolino galaico-portugués, feito que a parte da existencia de áreas conservadas tamén se pode apreciar inclusive nas máis degradadas pola implantación de especies foráneas, onde as especies autóctonas dos ecosistemas mencionados sempre están presentes, mesmo nos solos empobrecidos despois de incendios forestais, ós que por outra parte axudan a rexenerar. E neste senso tamén temos que salientar que a mesma Directiva Hábitats que rixe a Rede Natura contempla a recuperación dos espazos degradados. Prétendese, con esta conexión de corredores naturais protexidos, evitar a fragmentación da imprescindible conectividade biolóxica entre os distintos ecosistemas existentes, dende as zonas mais montanas, ata as do litoral da península morracense, e avitar tamén unha maior degradación dentro dunha zona moi antropizada e cunha alta especulación a nivel urbanístico dun xeito totalmente insustentable. Ao mesmo tempo, suporía unha mellora na posta en valor das áreas naturais propostas, xa que a figura de proteción solicitada melloraría a reordenación dos seus recursos naturais e potenciaría a produción sustentable dos mesmos, coma no sector forestal e o gandeiro, coma o atestigua a necesidade no mercado de certificacións ecolóxicas cunha procedencia do produto de xestión sustentable do medio natural. Da mesma maneira que suporía unha importante mellora na posta en valor dos recursos sociais, culturais e turísticos dunha zona cun alto potencial como da fe a grande cantidade de patrimonio natural e cultural existente. O LIC Montes e Carballeiras do Morrazo comprendería os espazos seguintes:

1) Espazo Natural 19. Montes do Morrazo, incluido no Rexistro Xeral de Espazos Naturais, actualmente catalogado de solo rústico de proteción de espazos naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias Planeamento da provincia de Pontevedra. Este espazo comprende 3735 Has., distribuidas entre os concellos de Marín, Vilaboa e Moaña, e as

Page 33:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

33 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

parroquias de San Xián, Santomé de Piñeiro, Ardán, San Martiño, Meira, Domaio, San Adrián de Cobres, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa.

O espazo natural sitúase na rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués e, dentro deste, ao subsector miñense. Hábitats de interese comunitario (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE): Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. Breixeiras húmidas atlánticas de zonas atemperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. Breixeiras secas europeas. Breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga. Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae). Rochedais silíceos con vexetación pioneira de Sedo-Scleranthion, ou de Sedo albi-Veronicion-dillenii. Fauna - Directiva Hábitats Rhinolophus hipposideros Anexo II Chalcides Bedriagai Anexo IV Coronella austriaca Anexo IV Lacerta schreiberi Anexo II, IV Natrix natrix Anexo II, IV Podarcis hispanica Anexo IV Alytes obstetricans anexo IV Bufo calamita Anexo IV Chioglossa lusitanica anexo II, IV Discoglossus galganoi Anexo II, IV Fauna - Directiva Aves Accipiter gentilis Anexo I Accipiter nisus Anexo I Alauda arvensis Anexo II Alcedo atthis Anexo I Alectoris rufa Anexo II, III Anas plathyrynchos Anexo II,III Caprimulgus europaeus Anexo I Certhia brachydactyla Anexo I Columba livia Anexo II Columba palumbus Anexo I, II, III Corvus corax Anexo II

Page 34:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

34 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Dendrocopus major Anexo I Falco peregrinus Anexo I Fringilla coelebs Anexo I Gallinula chloropus Anexo II Garrulus glandarius Anexo II Larus ridibundus Anexo II Lullula arborea anexo I Parus ater Anexo I Pica pica Anexo II Pyrrhula pyrrhula Anexo I Rallus aquaticus Anexo II Streptopelia decaocto Anexo II Streptopelia turtur Anexo II Sylvia undata Anexo I Troglodytes troglodytes anexo I Turdus merula Anexo II Turdus philomelos Anexo II Turdus viscivorus Anexo II Valores naturais: • As carballeiras que dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass.

quercetosum suberis se convirten en bosques mixtos de carballo (Quercus robur) asociado principalmente coa sobreira (Quercus suber) nos montes de Domaio e Vilaboa e onde esta última especie chega a ser predominante (Sobreira e Postemirón).

• Asi mesmo as carballeiras dos montes de San Xián, Monte Gagán, Pouso da Maceira, Regadantes , montes de Meira, Campo Labrado, Outeiro da Carballosa, monte Agudelo, e Chan das Bolas.

• Bosques mixtos de repoboación forestal onde ademais da substitución dos monocultivos de eucalipto polos de piñeiro se está a repoboar por parte das comunidades de montes con especies autóctonas coma o carballo, a sobreira, o castiñeiro, a cerdeira, o freixo ou o bidueiro. A propia Consellería de Medio Rural proxectou a creación dun corredor verde cunha plantación de 15.000 árbores frondosas entre Castiñeiras e a Cruz da Maceira.

• Sotobosques formados principalmente por loureiros (Laurus nobilis), pereiras bravas (Pyrus cordata), estripeiros (Crataegus monogyna) e sanguiños (Frangula alnus).

• Os parques forestais de Castiñeiras e de Chan de Arquiña, de interese botánico e con notable presenza de árbores autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiras,...).

• Queirogais con alta variedade de breixos (Erica cinerea, E. ciliaris, E. arborea, E. umbellata, E. tetralix, E. australis, Calluna vulgaris, Daboecia cantabrica) e matogueira rica en carpazas (Cistus salviifolius, C. Psilosepalus, Halimium aliyssoides) e toxeira (Ulex europaeaus, U.

Page 35:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

35 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

minor) máis a presenza específica nalgunhas zonas como Chan de Castiñeiras de especies de solos turbosos como a xanzá (Gentiana pneumonanthe).

• Nacemento e ribeira dos ríos Lameira, Loira, da Fraga, Barranco do Faro, da Freixa, Miñouba, Riomaior e Toimil.

• As áreas de ribeira dentro do bosque ripario Osmundo-Alnion (Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae), especialmente do río da Fraga, están cubertas pola asociación de ameneiro (Alnus glutinosa) e salgueiro (Salix atrocinerea) acompañado nalgúns tramos por outras especies como carballos (Quercus robur), bidueiros (Betula celtiberica), abelaneiras (Corylus avellana) ou freixos (Fraxinus excelsior) e a presenza dunha gran variedade de pteridófitas, fento real (Osmunda regalis), fento femia (Athyrium filix-femina), fento macho (Dryopteris filix-mas), fento das pedras (Polypodium vulgare), fenta (Blechnum spicant), fento das boticas (Asplenium trichomanes) ou a reliquia macaronésica da cabriña (Davalia canariensis), entre outras.

• Fervenzas do río da Fraga, e do Miñouba (Poza da Moura).

• A Lagoa de Castiñeiras, brañas de Castiñeiras, de Corno Pineda e de Monte Sobreira, integradas no Inventario de humidais de Galicia.

• Os altos de Cotorredondo, Coto do Home, Monte Faro de Domaio, Monte Formigoso, Outeiro da Carballosa e Monte Agudelo, e as serras de Domaio, Domego e Basil, entre os 450 e os mais de 600 mtros. de altitude (Monte Faro 622 ms. e Coto do Home 624 ms como máximas cotas), con formacións graníticas singulares e un alto valor paisaxítico e ambiental nas Rías Baixas entre as rías de Vigo e a de Pontevedra.

• Debido a súa proximidade ó LIC da Enseada de San Simón, e por estar tamén aí a desembocadura dos ríos da Freixa, Miñouba, Riomaior e Toimil fai a función de corredor natural necesario para ese espazo natural protexido.

• Valor paisaxístico-natural sobre as rías de Vigo e Pontevedra.

• Sendeiro Ecolóxico de Grande Percorrido (GR-59) do Morrazo.

• Sendeiro municipal de Pequeno Percorrido (PR-G 106) dos muíños de Vilaboa.

• Sendeiro municipal de Pequeno Percorrido (PR-G 102) dos muños de Riomaior (Vilaboa).

• Sendeiro municipal do río da Fraga (Moaña).

• Sendeiro municipal dos ríos Freixa-Miñouba (Moaña).

• Sendeiro municipal de Bicis Todo Terreo (BTT) de Marín. Patrimonio cultural: • Complexo Rupestre do Pornedo, Petróglifos dos Sete Camiños, Conxunto de gravados

rupestres de Piñeiral do Caeiro, Complexo Rupestre da Carrasca e Complexo Rupestre de Champás nos montes de San Xián que xunto con outros xacementos da limítrofe parroquia

Page 36:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

36 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

de Lourizán forman parte do proxecto de creación do espazo arqueolóxico dos Sete Camiños.

• As 20 mámoas megalíticas rexistradas en Chan de Castiñeiras, Pedralonga, Chan de Ombra, Chan de Armada, Outeiro de Ombra, Chan de Fonteseca, Chan de Lagucheiras e Chan de Arquiña que forman parte dunha rota de sendeirismo subvencionada con fondos PRODER da UE.

• As 10 áreas arqueolóxicas de petróglifos da Idade do Bronce dos montes de Meira (Pozo Garrido, Os Meáns I, II e III, compexo ruprestre de A Escada, Xesteira I e II, muíño lítico de O Vieiro, Pedra Furada, A Borna).

• Mámoas de Outeiro do Aviador, A Fanequeira e Viduido e o asentamento calcolítico da Fontenla .

Valores socioeconómicos: • Actividades tradicionais do sector forestal e a agrogandería en monte comunal e privado.

2) Espazo Natural 20. Carballeira de Coiro, incluido no Rexistro Xeral de Espazos Naturais, actualmente catalogado como Solo Rústico de Proteción de Espazos Naturais polas Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Pontevedra. Este espazo comprende de 542 Has., distribuidas entre os concellos de Moaña, Cangas e Bueu, e as parroquias de San Martiño, Coiro, Meiro e Ermelo. Este espazo natural sitúase na rexión eurosiberiana, provincia atlántica-europea e subprovincia cántabro-atlántica, adscribíndose ao sector galaico-portugués e, dentro deste, ao subsector miñense. Hábitats de interese comunitario (incluídos no anexo I da Directiva 92/43/CEE):

• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. • Rochedais silíceos con vexetación pioneira de Sedo-Scleranthion, ou de Sedo albi-

Veronicion-dillenii. Fauna da Directiva Hábitats e da Directiva Aves: Similar ás do espazo natural dos Montes do Morrazo. Valores naturais: • Por ser a segunda maior extensión de bosque mixto caducifolio de subclima atlántico das

Rías Baixas, que dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass. Quercetosum suberis, predominando o carballo (Quercus robur) da nome o espazo natural, presenta a formación contínua de carballeiras a traveso dos lugares de Foxonobal,

Page 37:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

37 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Boxacoba, A Paralaia, O Xestoso, O Bolelo, Tomada Nova, Fonte das Aguas, A Cruz da Maceira, Esperón, Ermelo, A Pena, Coiro, O Carballal, e Parada.

• A formación de bosques mixtos de repoboación onde existen plantacións de frondosas autóctonas (carballos, castiñeiros, bidueiros, freixos, pradairos, cerdeiras,...) en zonas como A Paralaia, Chans de Ermelo, Outeiro do Cruceiro, Pouso das Cruces, A Pena, Espiñeiro, Carballal e Os Lagos.

• Matogueira de monte baixo con formacións naturais de carrasqueira, xesteira e toxeira en Chans de Ermelo, Xestoso, Bolelo, Outeiro do Cruceiro e A Pena.

• Os nacementos e área de ribeira dos ríos do Inferno, Saíñas, Bouzós, Bispo e Frade.

• Ten relevante importancia os bosque riparios de asociación Osmundo-Alnion (Senecio bayonensis-Alnetum glutinosae), especialmente os do río Bouzós, principal curso fluvial que atravesa o espazo natural, cubertas pola asociación de ameneiro (Alnus glutinosa) e salgueiro (Salix atrocinerea) acompañado nalgúns tramos por outras especies como carballos (Quercus robur), bidueiros (Betula celtiberica), abelaneiras (Corylus avellana) ou freixos (Fraxinus excelsior) e a presenza dunha gran variedade de pteridófitas, fento real (Osmunda regalis), fento femia (Athyrium filix-femina), fento macho (Dryopteris filix-mas), fento das pedras (Polypodium vulgare), fenta (Blechnum spicant), fento das boticas (Asplenium trichomanes) ou a reliquia macaronésica da cabriña (Davalia canariensis), entre outras.

• Sotobosques formados principalmente por loureiros (Laurus nobilis), pereiras bravas (Pyrus cordata), estripeiros (Crataegus monogyna) e sanguiños (Frangula alnus).

• As formacións rochosas do monte da Paralaia, alto do Xestoso, Pedra da Pena, e a Serra de Coiro.

• Valor paisaxístico-natural sobre as rías de Vigo e Pontevedra.

• Sendeiro Ecolóxico do Morrazo (GR-59).

• Sendeiro de Pequeno Percorrido dos abades-Ermelo (Bueu) Valores culturais: • Xacemento neolítico de Outeiro da Paralaia, xacemento medieval do monte da Pena,

necrópole de Chan de Coiro da Idade do Bronce/neolítico, asentamento de Os Laguiños da Idade do Bronce.

• A proximidade do núcleo rural de Ermelo coa súa ermida do século XIX e vestixios dun pasado monacato con orixe do século X.

• Contorna natural da Cova da Paralaia e Pedra da Pena, con referencias á mitoloxía popular. Valores socioeconómicos: Actividades tradicionais do sector forestal e a agrogandería en monte comunal e privado.

Page 38:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

38 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

3) Espazos Naturais de transición: 3.1) Espazo natural de Monte Cernello/Outeiro de Campolongo, de 83 Has., sito nas parroquias de Santo Tomé de Piñeiro e Ardán do Concello de Marín, integrado no Inventario de hábitat Ulici europaei-Ericetum cinerae /Ulici europaei Cytisetum striati polo Ministerio de Medio Ambiente.

• Breixeiras secas europeas. • Breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga. • Rochedais silíceos con vexetación pioneira de Sedo-Scleranthion, ou de Sedo albi-

Veronicion-dillenii. Valores naturais: • Matogueira, pasteiros e zonas higrófiloturbosas con presencia da xanzá (Gentiana

pneumonanthe). • Paisaxístico-natural de Outeiro de Campolongo sobre a ría de Pontevedra. • Importancia botánica, entomolóxica e ornitolóxica. • Sendeiro Ecolóxico de Grande Percorrido do Morrazo (GR-59) e do sendeiro BTT do

Concello de Marín. Valores culturais: • Mámoa de Pastoriza do neolítico. Valores económicos: • Actividades tradicionais do sector forestal, a silvicultura e a agrogandería en monte

comunal. 3.2) Montes de Ardán

• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus 38lbum38nic. • Breixeiras húmidas atlánticas de zonas templadas de Erica ciliaris e Erica tetralix.

Sitos na parroquia de Ardán, no Concello de Marín, acollería as áreas naturais de Porteliña, A Telleira, Mingarella, Monte Furcos, Pedra da Pousa, Mingarella, Cadeliñas, Coto de Sarridos, A Bugalleira , Outeiro da Teixugueira, Os Picotes, A Gaiba e monte de Ardán.

Page 39:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

39 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Valores naturais: • Carballeiras de Pastoriza cun sotobosque moi conservado con presenza de pereiras

bravas, sanguiños, loureiros, carrascas e acivros.

• Áreas de ribeira do río das Gorgadas, afluente do río Loira, con presenza de ameneiro, salgueiro, carballo, e bidueiral e breixeiras húmidas atlánticas de zonas atemperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix máis especies endémicas do noroeste ibérico vulnerables ou en 39lbu de extinción como a saramaganta (Chioglossa 39lbum39nica) tamén incluída na Directiva Hábitats, Narcissus cyclamineum e a única cita na provincia de Pontevedra de Veratrum 39lbum.

• Única cita galega da especie de quiróptero Myotis Bechsteinii, catalogada en vías de extinción.

• Carballeira de Outeiro da Teixugueira de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass. Quercetosum suberis.

• Rochedal granítico con formacións singulares e paisaxístico-natural sobre a ría de Pontevedra de Outeiro da Teixugueira.

• Sendeiro de Grande Percorrido do Morrazo (GR-59).

• Sendeiro municipal de Bicis Todo Terreo (BTT) de Marín. Valores culturais: • Monte Castelo de Ardán no Outeiro da Teixugueira, antigo asentamento castrexo da

Idade de Ferro e posterior altomedieval.

• Asentamento calcolítico dos abrigos de monte Agudelo. Valores socioeconómicos: • Actividades tradicionais do sector forestal e agrogandeiro.

3.3) Montes de Cela

Sitos na parroquia de Cela, Concello de Bueu, acollería as áreas naturais de Coto do Reboiro, Chans de Cela, Chans Maiores, alto da Telleira, Costa Grande, As Centeiras, Borras, Monte de Grilo, Parabúa, Porteliña, Río Vello e Fontefría.

Valores naturais:

• Carballeiras de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass. Quercetosum suberis e bosque mixto con abondancia de bidueiras (Betula celtiberica).

Page 40:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

40 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

• Sobreiras de Costa Grande.

• Área de ribeira do nacemento do río Barranco do Inferno e do Amieiro mais zonas de brañas.

• Área de breixeiras secas europeas en monte aberto de Chans de Cela.

• Valor paisaxístico-natural sobre a ría de Pontevedra dende o Alto da Telleira.

• Sendeiro Ecolóxico de Grande Percorrido do Morrazo (GR-59)

• Sendeiro de Pequeno Percorrido de Chans.

Valores culturais:

• Mámoa Forno das Arcas do neolítico. • Ruínas da capela barroca de San Lourenzo.

3.4) Montes de Lourizán

• Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica. • Breixeiras húmidas atlánticas de zonas templadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. • Estanques temporais mediterráneos. • Breixeiras secas europeas. • Breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga.

Sito na parroquia de Lourizán (Pontevedra) acollería as áreas naturais de Alto e Lomba da Encavada, Cavada do Pito, Nabás, Chan da Lagoa, Alto do Pornedo, Louredo, Monte Catadoiro, Montiño, Baliñas, Pardecelas, Cavada Grande e Monte de Roque. Valores Naturais: • Carballeiras de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris

subass. Quercetosum suberis.

• Humidais e brañas de importancia comunitaria.

• Bosques de repoboación con frondosas en Montiño, Baliñas e Pardecelas.

• Nacemento e áreas de ribeira do río Louredo e do río Cubeiro, afluente do río Gafos.

• Presenza da saramaganta (chioglossa lusitanica) endemismo do noroeste ibérico e especie vulnerable da Directiva Hábitats.

Page 41:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

41 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Valores culturais • Mámoa de Chan da Lagoa, nº 1 e Mámoa de Chan da Lagoa nº 2 , a Mámoa do

Catadoiro , a Mámoa de Sete Camiños, Abrigo Rochoso de Catadoiro, Conxunto de gravados rupestres do Regato dos Buratos – Outeiro da Mina , Petróglifo da Cachada do Vello, Petróglifo de Pumariño e Mámoa de Cavada do Pito, que xunto con xacementos arqueolóxicos da limítrofe parroquia de San Xián forman parte do proxecto de creación do espazo arqueolóxico dos Sete Camiños.

Valores socioeconómicos: • Actividades tradicionais do sector forestal e agrogandeiro.

3.5) Serra da Magdalena e monte Borrallido

Sita nas parroquias de Coiro, Darbo e Aldán do Concello de Cangas e o lugar de A Portela no Concello de Bueu, acolle as áreas naturais de Monte Liboreiro, Ameán, Outeiro Agudo, Mesa de Montes, Fontedola, Alto do Carballiño, Fentiña, Pico do Fial, Lagos de Baxín, Pico Castelo e Pico Garita. O monte Borrallido, sito na parroquia de Aldán, do Concello de Cangas e na de Beluso do Concello de Bueu acollería as áreas naturais do Monte Borrallido e Pinar de Barbén. Valores naturais: Carballeiras de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass. Quercetosum suberis. • Breixeiras secas europeas de monte aberto.

• Humidais de Fontedola e lagos de Baxín.

• Nacemento e áreas de ribeira dos ríos Nosedo, Orxas, Fials, Presas e Bispo.

• Acevedo do río Fials.

• Importancia paisaxística sobre a Ria de Aldán.

• Formacións graníticas singulares.

• Sendeiro ecolóxico do Morrazo GR-59. Valores culturais: • Asentamento da Idade do Bronce-Ferro-Romano-Medieval de Castro de Liboreiro,

asentamento da Idade do Bronce-Idade Moderna do xacemento do Monte Vixía-Monte

Page 42:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

42 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

da Garita, asentamento do calcolítico de Mesa de Montes, petróglifo da Idade do Bronce das Abelaires, petróglifo da Idade do Bronce de Pinal do Rei-Monte das Fentiñas, asentamento da Idade do Bronce-Ferro-Romano-Medieval do Castelo, Achado da Idade do Bronce de Monte Borrallido.

Valores socioeconómicos: • Actividades tradicionais do sector forestal e agrogandeiro.

3.6) Montes de Varalonga

Sitos nas parroquias de Darbo e Aldán do Concello de Cangas acolle áreas naturais de Montes de Varalonga e Outeiro da Raposa. Valores naturais: • Carballeiras de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris

subass. Quercetosum suberis.

• Breixeiras secas europeas de monte aberto.

• Nacemento do río do Pontillón. Valores socioeconómicos: Actividades tradicionais do sector forestal e agrogandeiro.

3.7) Montes do Hio

Sitos na parroquia de Hio, Concello de Cangas, acolle as áreas naturais de Outeiro Batente, Alto da Fanica, Outeiro da Vela, Outeiro das Hedras, Varalonga, Laguinos e A Cruz. Valores naturais: Carballeiras de Quercus robur dentro da asociación Rusco aculeati-Quercetum roboris subass. Quercetosum suberis. • Breixeiras secas europeas de monte aberto.

• Nacemento dos ríos de Donón e de Vilanova.

• Rochedal granítico con formacións singulares.

• Sendeiro ecolóxico do Morrazo GR-59.

Page 43:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

43 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

• Importancia paisaxística sobre a ría de Aldán e a entrada da ría de Vigo. Valores culturais: • Achado da Lapa dos Santos da Idade do Bronce, petróglifo da Idade do Bronce de Alto

da Serra, necrópole neolítico-medieval de Cova da Loba, asentamento neolítico-medieval de Corral de Barra.

Valores socieconómicos: • Actividades tradicionais do sector forestal e agrogandeiro.

10.4 LIC XUNQUEIRA DO LAGARES - VIGO Solicitamos a creación do LIC Xunqueira do Lagares polas razóns que indicamos a continuación:

1. OS VALORES AMBIENTAIS DA XUNQUEIRA DO LAGARES 1.1 Un valioso ecosistema

1.2 Cinco Hábitats de Interese Comunitario

1.2.1 Un Hábitat de Interese Comunitario considerado Prioritario

1.2.2 Catro Hábitats de Interese Comunitario

1.3 Fauna

1.3.1 Avifauna

1.3.2 Mamíferos

1.3.3 Herpetofauna

1.3.4 Ictiofauna

1.4 Especies ameazadas e catalogadas a nivel estatal e autonómico

1.4.1 Especies incluídas no Libro Vermello dos Vertebrados de España

1.4.2 Especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas

1.5 Valor Paisaxístico

2. HISTORIAL DE ACCIÓNS ANTRÓPICAS E IMPACTOS AMBIENTAIS 3. SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DA XUNQUEIRA NA REDE NATURA 2000

Page 44:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

44 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

1. OS VALORES AMBIENTAIS DA XUNQUEIRA DO LAGARES 1.1 Un valioso ecosistema, que alberga hábitats e especies incluidos nas Directivas 43/92/CEE e 79/409/CEE, e que está incluido no Inventario de Humidais de Galicia A Xunqueira do Lagares é o humidal conformado pola foz natural da desembocadura do río, é dicir, un medio natural fluvial-marismán-mariño que, na súa orixe, non tiña alteracións de orixe antrópica. Este humidal, a pesar de que sofreu un grave proceso de colmatación forzada por accións antrópicas irracionais, aínda constitúe un ecosistema valioso, que na actualidade alberga hábitats, flora e fauna incluidos nas Directivas europeas 43/92/CEE (de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres) e 79/409/CEE (de Conservación das Aves Silvestres), e que incluso pode, e debe, ser rexenerado ata recuperar boa parte das súas condicións orixinais. A Xunqueira do Lagares está incluida dentro do Inventario de Zonas Húmidas de Galicia realizado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia.

1.2 Cinco Hábitats de Interese Comunitario Atendendo á Directiva 43/92/CEE, do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres, a Xunqueira do Lagares alberga cinco Hábitats de Interese Comunitario, un deles considerado Prioritario. 1.2.1 Un Hábitat de Interese Comunitario considerado Prioritario A Xunqueira aínda conserva unha parte dos seus bosques de ribeira aluviais ou pantanosos, no lugar da Carrasqueira. En concreto, o bosque aluvial de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae), está catalogado como Hábitat de Interese Prioritario pola Directiva 43/92/CEE (cód. 91 E0). Ademáis, posúe uhas características únicas no concello de Vigo. Deste hábitat queda a parte que non sepultou a actual EDAR e, de levarse a cabo o proxecto da nova EDAR, desaparecería por completo A propia Carrasqueira conserva, ademáis, outras especies características deste ecosistema, coma Quercus robur, Laurus nobilis ou Ruscus aculeatus. Tamén aparecen algunhas especies de escasa distribución no Concello de Vigo, como Osyris alba. E todo a pesares de estar este hábitat moi ameazado nalgunhas zonas pola eucaliptización, sobre todo despois dun lume que se deu en 2005. O propio anteproxecto da nova EDAR do Lagares declara: “Os bosques pantanosos tenían maior relevancia pola súa rareza e a súa consideración de Hábitat de Interés Prioritario, e probablemente erixiríanse nas formacións vexetais de maior interese na de estudio”.

Page 45:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

45 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Sen embargo, o anteproxecto asume os graves danos que inflixiría a este valioso hábitat: “O anteproyecto de la E.D.A.R. afectará maioritariamente á unidade de vexetación dos bosques pantanosos”. As teóricas medidas protectoras e correctoras previstas polo anteproxecto para a fase de construcción, “Medidas de protección da vexetación, Hábitas de Interere Comunitario e espazos naturais de interese”, no caso do amial da Carrasqueira non servirían de nada, xa que directamente sería sepultado. 1.2.2 Catro Hábitats de Interese Comunitario Nas xunqueiras propiamente ditas hai que salientar varias especies características, coma Salicornia sp., Hamilione portulacoides e Aster tripolium. Ademáis, hai presenza de flora exótica como Cotula coronopifolia e Cortaderia selloana. Deste xeito, ademáis do bosque aluvial da Carrasqueira, a Xunqueira presenta outros catro Hábitats de Interese Comunitario: 1) Vexetación anual pioneira con Salicornia e outras especies de zonas lamacentas ou areosas (cód 1310).

2) Pasteiros de Spartina (Spartinion) (cód. 1320).

3) Matogueiras halófitas mediterráneas e termoatlánticas (cód. 1420).

4) Lagos eutróficos naturais con vexetación Magnopotamion ou Hydrocharition (cód. 3150). No propio anteproxecto da nova EDAR cítase a importancia destes cinco hábitats en diferentes parágrafos. Nun deles coméntase o seguinte: “Á marxe da flora catalogada, as especies e poboacións de maior interese son aquelas asociadas a marismas, bosques pantanosos e ambientes doce-acuícolas, pola súa relativa escaseza no contexto xeográfico”. Noutro parágrafo do anteproxecto incídese sobre o mesmo argumento: “Os cinco hábitats de Interese Comunitario localizados na área de estudio son hábitats escasos no contexto xeográfico galego, por estaren vinculado a ambientes de extensión reducida, como son os marismáns, lagunares e pantanosos. Aínda que de todos eles existen mellores representacións no entorno da ría de Vigo, o seu interese é elevado, pola súa relativa escaseza”. 1.3 Fauna 1.3.1 Avifauna A Xunqueira cumpre a importante función de lugar de invernada e de descanso nos pasos migratorios para moitas especies de aves, algunhas delas incluídas na Directiva 79/409/CEE. A poboación de aves na Xunqueira pódese resumir do xeito seguinte:

Page 46:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

46 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

1) Unha comunidade de aves conformada por máis de 100 especies diferentes, entre estivais, invernantes e sedentarias.

2) Once especies de aves presentes na zona afectada polo anteproxecto figuran no Anexo I da Directiva 79/409/CEE, do Consello, de 2 de abril de 1979, relativa á conservación das aves silvestres. Entre estas especies salienta a folosa acuática (Acrocephalus paludicola) que só cría de xeito escaso na zona sur do Mar Báltico, e que na Xunqueira do Lagares atopa un lugar de descanso nas súas migracións. As outras son: a papuxa do mato (Sylvia undata), o papoazul (Luscinia svecica), o picapeixe (Alcedo atthis), a garzota (Egretta garzetta), o falcón peregrino (Falco peregrinus), a píllara dourada común (Pluvialis apricaria), o mazarico rabipinto (Limosa lapponica), a gaivota cabecinegra (Larus melonocephalus) e o cullereiro (Platalea leucorodia). Hai que salientar que, tras a construción da actual EDAR, deixáronse de observar moitas especies na marisma, algunhas delas en grave perigo de extinción a nivel mundial, como a folosa acuática (Acrocephalus paludicola). Sen embargo, unha destas especies, o rascón de auga (Rallus aquaticus), que desapareceu durante lustros, volveu aparer agora nun lugar da Carrasqueira que sería arrasado se se levase a cabo a nova EDAR. 1.3.2 Mamíferos Poboacións de mamíferos da Xunqueira incluidos na Directiva 92/43/CEE: 1) Poboacións de lontra (Lutra lutra) e arroás (Tursiops truncatus), presentes na zona afectada polos verquidos da EDAR, tanto convencionais como de “By-pass”. Estas dúas especies están incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

2) Poboacións de morcegos das especies Myotis myotis, Rhinolophus hipposideros e R. ferrumequinum, tres das especies incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

3) Poboacións de morcegos das especies Plecotus auritus, Pipistrellus pipistrellus e Eptesicus serotinus, tres das especies incluídas no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE.

4) Poboación de ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus), unha das especies incluídas no Anexo IV da Directiva 92/43/CEE. Neste apartado hai que referir tamén fauna exótica invasora, como é o caso do visón americano. 1.3.3 Herpetofauna A herpetofauna incluida na Directiva 92/43/CE é a seguinte: 1) Poboacións de lagarto das silveiras (Lacerta schreiberi) e sapiño pinto (Discoglossus galganoi) presentes na zona afectada, dúas das especies incluídas nos Anexos II e IV da Directiva 92/43/CEE.

Page 47:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

47 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

2) Poboacións de limpafontes verde (Triturus marmoratus), estroza (Hyla arborea) sapiño comadrón (Alytes obstetricans) e cobra lagarteira común (Coronella austriaca), catro das especies incluídas no Anexos IV da Directiva 92/43/CEE. 1.3.4 Ictiofauna 1) No río Lagares existe unha poboación de vermella (Chondrostoma arcasii), endemismo da Península Ibérica e especie incluída no Anexo II da Directiva 92/43/CEE. 2) Toda a comunidade ictícola presente na zona se vería afectada polas obras de demolición da actual EDAR do Lagares, a construcción da nova EDAR e os verquidos de by-pass do emisario. 1.4 Especies ameazadas e catalogadas a nivel estatal e a nivel autonómico Na “Xunqueira do Lagares” habitan especies de animais incluídas no “Libro Vermello dos Vertebrados de España” e no “Catálogo Galego de Especies Ameazadas”. 1.4.1 Especies incluídas no Libro Vermello dos Vertebrados de España 1) Peixes: Anguilla anguilla catalogada como vulnerable.

2) Anfibios: Triturus marmoratus catalogado como indeterminada (isto significa que pode pertencer ás categorías “en perigo”, “vulnerable” ou “rara”).

3) Aves: Platalea leucorodia catalogada como vulnerable, Accipiter nissus e Accipiter gentilis catalogadas como insuficientemente coñecidas (isto significa que poden pertencer ás categorías “indeterminada” “en perigo”, “vulnerable” ou “rara”), Falco subbuteo catalogada como insuficientemente coñecida (isto significa que pode pertencer ás categorías “indeterminada” “en perigo”, “vulnerable” ou “rara”), Falco peregrinus catalogada como vulnerable.

4) Mamíferos: Rhinolophus ferrumequinum catalogada como vulnerable, Rhinolophus hipposideros catalogada como vulnerable, Myotis myotis catalogada como vulnerable, Plecotus autirus catalogada como indeterminada (isto significa que pode pertencer ás categorías “en perigo”, “vulnerable” ou “rara”), Eptesicus serotinus catalogada como insuficientemente coñecida (isto significa que pode pertencer ás categorías “indeterminada” “en perigo”, “vulnerable” ou “rara”).

1.4.2 Especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas I) Especies catalogadas como vulnerables:

1) Aves: Luscinia svecica. 2) Mamíferos: Rhinolophus ferrumequinum, Rhinolophus hipposideros, Myotis myotis.

Page 48:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

48 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

II) Especies catalogadas como de interese especial:

1) Anfibios: Salamandra salamandra, Triturus marmoratus, Triturus boscai, Discoglossus galganoi, Alytes obstetricans, Hyla arborea.

2) Réptiles: Lacerta schreiberi, Anguis fragilis, Natrix natrix, Natrix maura. 3) Aves: Egretta garzetta, Ardea cinerea, Platalea leucorodia, Accipiter gentilis, Accipiter

nissus, Buteo buteo, Falco subbuteo, Falco peregrinus, Charadrius hiaticula, Pluvialis apricaria, Calidris ferruginea, Calidris alpina, Numenius phaeopus, Actitis hypoleucos, Larus melanocephalus, Tyto alba, Strix aluco, Apus apus, Alcedo atthis, Upupa epops, Picus viridis, Dendrocopos major, Hirundo rustica, Anthus pratensis, Anthus petrosus, Anthus spinoletta, Motacilla flava, Motacilla cinerea, Troglodytes troglodytes, prunella modularis, Erithacus rubecula, Phoenicuros ochruros, Saxicola rubetra, Saxicola torquata, Oenanthe oenanthe, Cettia cetti, Cisticola juncidis, Sylvia undata, Sylvia melanocephala, Sylvia communis, Sylvia atricapilla, Phylloscopus collybita, Phylloscopus ibericus, Phylloscopus trochilus, Regulus ignicapillus, Muscicapa striata, Ficedula hypoleuca,

1.5 Valor paisaxístico Aplicando o método taxonómico do “Atlas da paisaxe de España” e analizando as características da Xunqueira do Lagares pode comprobarse como a súa calidade paisaxística califícase como alta, a súa fraxilidade visual como alta, e a súa capacidade de acollida como baixa. 2. HISTORIAL DE ACCIÓNS ANTRÓPICAS E IMPACTOS AMBIENTAIS NA XUNQUEIRA DO LAGARES

• Até o S. XVIII, a Xunqueira do Lagares foi unha foz natural cun medio natural fluvial-marismán-mariño sen alteracións de orixe antrópica. Ademais, tiña moita máis influencia mariña que na actualidade, xa que a entrada do río no mar non tiña a barreira da ponte da foz e o seu correspondente recheo. O lugar chamábase A Curva da Vella, e era unha zona rica en croques e navallas. Debido ao perigo das correntes no río e na ría, os maiores dicíanlle aos nenos que había unha bruxa no lugar, para que non fosen mariscar alí. Os nenos ían igual mariscar, pero un deles quedaba esculcando por se viña A Vella a por eles. Naquel tempo, onde hoxe está a ponte un barqueiro pasaba á xente de Navia a Coruxo e de Coruxo a Navia.

• No S. XVIII ten lugar o primeiro impacto ambiental na zona coa construcción do muro

con comportas das "Saíñas de Coruxo" que modifica totalmente o interior da marisma para facilitar a extracción de sal.

• No S. XX levántase a estrada da marxe N do Lagares pola que ía a liña do tranvía, e que

modifica totalmente o curso natural do Lagares, eliminando os meandros do seu treito final.

Page 49:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

49 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

• No S. XX tamén se levanta a derradeira ponte do río antes de chegar ó mar na Foz, ponte que leva consigo un recheo; este xunto cos apartamentos que se levantan na marxe S da foz, e co muro das saíñas reducen a influencia mariña no ecosistema marismán, o que implica que se comece un proceso de colmatación artificial da Xunqueira que na actualidade é moi patente xa que unha grande parte do que antaño foi marisma hoxe xa é unha pradeira de gramíneas.

• No S. XX tamén se cubre de formigón durante moitos anos a ponte de pedra de Muíños,

que tras a construcción da EDAR se voltará descubrir e restaurar.

• A partires da década de 1970 comezan a verquerse residuos industriais no río coa construcción dunha fábrica de lixivias río arriba provocando como primeiro impacto visible pola poboación, a desaparición da flora propia do río e como vindeiros e correlacionados, a desaparición de moitas especies de peixes, a desaparición das londras (Lutra lutra), e, como consecuencia de todo esto, a perda da relación histórica das xentes co Lagares: ir pescar, ir mariscar á "Curva da Vella", ir lavar, ir bañarse, ir disfrutar do río. A contaminación do río cada vez vai a máis ate chegar a estar moitos anos entre os tres máis contaminados de Galicia converténdose nunha especie de cloaca fluvial.

• Na década de 1980 xurde entre certos sectores políticos da cidade a idea de aterrar a

Xunqueira para facer campos de fútbol e entre a cidadanía coméntase que podería ser un bo lugar para facer un camping.

• A finais da década de 1980 e comezos de 1990 realízanse tres pistas sobre recheo de

neumáticos no medio e medio da Xunqueira, actuación que agrava aínda máis o proceso de colmatación da marisma; tamén se arrasa o sector de bosque de ribeira que había máis ó leste (perto de Muíños) que pasa a ser un verquedoiro ilegal de entullos de obras.

• A comezos da década de 1990 comeza a cernerse sobre a marisma unha nova idea de

sepultala, mais agora cunha EDAR, idea que choca frontalmente cos posicionamentos do ecoloxismo vigués da época que, encabezado polo Grupo Erva de Estudo e Defensa da Natureza, logran que esta idea non se leve a cabo. Erva promoveu a campaña Salvemos a Xunqueira do Lagares, organizou un encadeamento ás excavadoras en 1990 e conseguiu que a Xunqueira e o seu entorno aguantaran uns anos máis como se achaban nesa época.

• No ano 1995 comezan as obras da actual EDAR, que será inaugurada en 1997 polas

autoridades municipais e da Xunta de Galicia con Xosé Cuíña, Manuel Fraga e Manuel Pérez á fronte vendendo esta obra como a solución á contaminación do río e ó problema de contaminación hídrica de Vigo en xeral. Este proxecto voltou contar coa oposición do Grupo Erva, que alegou en contra del argumentando que non se debía realizar alí xa que afectaría directamente á Xunqueira, sepultaría un bosque de ribeira de amieiros, hábitat considerado prioritario na Directiva Hábitats, e faría que Vigo perdera definitivamente a oportunidade de conservar o seu único ecosistema marismán. A única alegación que se

Page 50:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

50 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

aceptou foi a de plantar unha pantalla vexetal que separase a Xunqueira da EDAR, alegación que nunca se puso en práctica e que agora se está levando a cabo grazas á laboura da Asociación Fontaíña de Voluntariado e Medio Ambiente. O menosprezo pola Xunqueira do Lagares e polas zonas húmidas en xeral é un dos factores que levou a realizar a EDAR nese lugar.

• No ano 1997 prodúcese un verquido de hidrocarburos ó Lagares, feito que ocasiona a

morte de centos de parrulos autóctonos e outros de outras partes da península que foran soltados polo conselleiro Xosé Cuíña e entre os cales había algunha especie en perigo de extinción. A marea negra fluvial ocasiona tamén a morte da maioría da vida acuática do río e produce unha rápida resposta da Coordenadora Ecoloxista de Vigo que trata sen éxito algún recuperar ós parrulos atopados aínda con vida que morrerían horas ou días máis tarde no Centro de Recuperación de Fauna de Cotorredondo. Crese que o verquido, que quedou impune, provocouno unha empresa que limpou un depósito de gasoil durante a fin de semá, cando a inspección non traballaba.

• Neste mesmo ano e coa EDAR xa en funcionamento prodúcense verquidos líquidos e

sólidos por debaixo da pranta de tratamento, verquidos que chegan directamente á Xunqueira. Cúbrese parte do leito do río con formigón armado.No ano 1998 comézase a primeira fase do levantamento do paseo perimetral da Xunqueira do Lagares que unirá a marxe N do Lagares na Foz co antigo alfolí, edificio que se destruiu a pesares de ser unha construcción catalogada e que databa do S. XVIII, no que se empregaba para a almacenaxe de sal. No lugar do alfolí constrúen un edificio de pedra que é expoliado ate quedar sen fiestras, portas, tuberías,... e que agora presenta un aspecto ruinoso. O paseo produce que o tránsito pola Xunqueira se intensifique chegando a observarse un camión circulando polo mesmo, amais dalgún coche, ciclomotores (habituais) e peóns. Segundo un estudo realizado por investigadores da Universidade de Vigo, o paseo ten un impacto severo sobre a biodiversidade da Xunqueira. Afortunadamente, a segunda fase desestimouse.

• Na primeira década do S.XXI a situación agrávase con avarías na EDAR, que producen

un grave problema ambiental no río Lagares e na Ría de Vigo, e de saúde pública entre a cidadanía, verquidos permanentes ao río dende casas particulares, empresas e ate instalacións municipais como o mesmo polideportivo de Samil, construcción de casas ilegais na Carrasqueira (marxe SO da Xunqueira) e un longo etcétera que fai que a situación do espazo natural sexa cada día máis alarmante.

• En 2007 o Concello de Vigo recoñece que hai 41 empresas verquendo de xeito

totalmente ilegal ó colector de beira e ó Lagares aínda que seguramente sexan moitas máis.

• 06/09/2008 prodúcese un brutal verquido de lixivías, deterxentes e alcohois dende o

parque industrial ilegal do Gorxal, na parroquia de Cabral, tras o incendio dunha nave de

Page 51:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

51 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

almacenamento. Este verquido tornouse nunha catástrofe ecolóxica ó acabar coa a vida acuática do río.

• Os problemas de contaminación derivados dos erros de diseño e as avarías da actual

EDAR do Lagares (construida con fondos da Unión Europea), unidos aos problemas da rede de saneamento de Vigo (ausencia de separación de augas residuais urbanas e pluviais; ausenza de tratamento de augas residuais industriais en orixe) no provocaron unha remodelación da rede de saneamento nin o deseño dunha rede de pequenas depuradoras interconectadas. No seu lugar, preténdese construir unha nova EDAR e demoler a actual (sen interrupción do servicio) no ámbito da mesma Xunqueira. Isto suporía a súa degradación definitiva e a súa perda irreversible como espazo natural.

• Dende o movemento ecoloxista vigués sempre se loitou por conservar este espazo natural realizando alegacións a proxectos (EDAR...), denuncias (verquidos, construccións ilegais, arquetas ilegais...), limpezas de RSU, divulgación dos valores naturais, esixencia ás administracións de que non se afecte máis á Xunqueira, plantíos de especies autóctonas, erradicación de alóctonas...

3. SOLICITUDE DE INCLUSIÓN DA XUNQUEIRA DO LAGARES NA REDE NATURA 2000 A Xunqueira do Lagares é un ecosistema valioso e necesario, que aínda subsiste a pesar de todas as agresións ambientais sufridas, e a pesar do irracional proceso de colmatación ó que se veu sometida, e que agora se pretende completar coa demolición da actual EDAR e a construcción dunha nova no ámbito deste espazo natural. No punto 1 deste apartado descríbese, polo miúdo, cómo a Xunqueira alberga hábitats e seres vivos considerados de interese comunitario, e incluidos nas Directivas europeas 43/92/CEE (de Conservación dos Hábitats Naturais e da Fauna e Flora Silvestres) e 79/409/CEE (de Conservación das Aves Silvestres). O feito de que estea incluida dentro do Inventario de Zonas Húmidas realizado pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia constitúe un recoñecemento oficial expreso do seu valor ambiental. Por desgraza, e por irracional que resulte, isto non garante a súa conservación. A Xunqueira do Lagares, ademáis de ser ecosistema valioso, pode ser rexenerado ata acadar boa parte das súas condicións orixinais. Polo tanto, reinvindicamos a súa protección, a súa rexeneración e a súa conservación. E o primeiro paso debe ser a súa incorporación á Rede Natura 2000 galega.

Page 52:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

52 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

10.5 LIC RÍO TEA O espazo protexido do río Tea comprende un total de 342 ha da súa bacía. Esta protección na actualidade está limitada a uns poucos metros a cada beira do río, o que deixa fóra formacións boscosas e especies de grande interese que deben ser conservadas. O traballo de investigación titulado “Catálogo Florístico de la Cuenca Alta del Río Tea” (Rubido, M. 2006), realizado na Universidade de Vigo, recolle o estudo realizado durante un período de dous anos no curso alto do citado río, abarcando principalmente os afluentes Alén e Caraño. A biodiversidade detectada durante as investigacións, con 333 especies de plantas vasculares, reflicten a importancia desta zona e a grande cantidade de hábitats presentes, destacando tramos ben conservados de de bosque de ribeira, manchas de carballeiras de Quercus robur L. nas ladeiras (principalmente na marxe dereita do río Alén) e, nos tramos de maior altitude (Fofe, A Graña), urceiras de considerable valor polas especies endémicas que acubillan (Anemone trifolia L. subsp. albida (Mariz) Ulbr., Ulex gallii Planch. Subsp. breoganii (Castrov. & Valdés Berm.) Rivas Mart. et al, etc) e pequenos fragmentos de Quercus pyrenaica Willd. en proceso de rexeneracion. É de salientar, nas marxes dos ríos Alén, Caraño e os seus pequenos afluentes, a presenza de fentos de grande interese botánico, algúns dos cales son considerados raros en toda Galicia e de distribución moi restrinxida:

- Dryopteris affinis (Lowe) Fraser-Jenkins subsp. borreri (Newman) Fraser-Jenkins. Único lugar onde está citado na provincia de Pontevedra.

- Dryopteris aemula (Aiton) O. Kuntze: Segunda cita provincial. Este fento está recollido no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, coa categoría de “Vulnerable”.

- Dryopteris expansa (K. Presl.) Fraser-Jenkins & Jermy: Segunda cita provincial.

- Dryopteris carthusiana (Vill.) M. P. Fuchs: Terceira cita para a provincia.

- Dryopteris guanchica Gibby & Jermy: considerado “Vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.

- Woodwardia radicans (L.) Sm.: Segunda cita para a provincia. Esta especie está incluída, ademáis de no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (na categoría de “Vulnerable”, no Anexo II da Directiva Hábitats como especie de interese comunitario.

- Blecnum spicant (L.) Roth subsp. spicant var. homophyllum Merino ex Christ: Endemismo presente unicamente nas provincias de Coruña e Pontevedra.

- Lastrea limbosperma (All.) J. Holub & Pouzar: Atópase de xeito moi disperso pola metade Norte peninsular, e na provincia de Pontevedra presenta poboacións moi pouco abondosas.

A actual protección apenas garante a conservación destas especies únicas e en claro proceso de declive en toda a nosa xeografía, xa que restrinxe a protección unicamente aos individuos máis próximos ao curso fluvial e deixa fóra a aqueles que se alonxan un pouco do curso do río.

Page 53:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

53 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Sen unha ampliación do LIC Río Tea, ademáis das especies anteriormente citadas, quedarían fóra do LIC hábitats de interese comunitario como son:

- Urceiras secas europeas

- Urceiras húmidas atlánticas de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix (hábitat prioritario)

- Urceiras oromediterráneas endémicas con Ulex

- Bosques aluviais de Alnus glutinosa (hábitat prioritario)

- Carballeiras galaico-portuguesas con Quercus robur e Quercus pyrenaica Tamén é de grande interese a presenza dun pequeno bosque de Ulmus glabra Huds. na marxe dereita do río Alén. Esta especie, ademáis de estar escasamente distribuída pola nosa xeografía (na provincia de Pontevedra unicamente está citada nas fervenzas do río Toxa), sufre un gravísimo problema de extinción debido á existencia da grafiose, enfermidade que está a acabar coas últimas poboacións silvestres da Península. Por todo isto, é de extrema importancia ampliar a actual superficie recollida dentro da Rede Natura 2000, incluíndo como zona protexida todo o curso alto do río Tea, abarcando tamén os tramos de maior altitude (A Graña, 80 m.s.m.) e ampliando a franxa de protección a un mínimo de 100 metros a cada lado do cauce do río. Deste xeito quedarían salvagardados os principais valores ecolóxicos deste espazo e estarían representados os hábitats máis valiosos do lugar. Ademáis, a posibilidade dun futuro incremento das temperaturas a nivel global fai cada vez máis necesaria a disponibilidade de maiores superficies de bosque que axuden a manter as condicións ambientais necesarias para a supervivencia das especies máis sensibles. Esta zona sería un lugar axeitado para iso, debido á ausencia de grandes poboacións e de vías de comunicación importantes.

Page 54:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

54 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

10. 6 LIC GÁNDARAS DE BUDIÑO (ES 1140011) O val da Louriña, un dos principais sistemas brañegos da Galiza, foi macizamente ocupado por instalacións industriais e infraestruturas viarias dende finais dos anos cincuenta até o de agora, embora algunhas construcións son anteriores como o camiño de ferro que data de finais do século XIX. En 1999 a Consellaría do Ambiente, en cumprimento da Directiva Hábitats (92/43/CEE) determinou que era precisa unha superficie protexida de 958,5 hectares para garantir a conservación dos seus 6 hábitats de interese comunitario e das especies de flora e fauna rexistradas nos diferentes catálogos de especies ameazadas e nos anexos II e IV da citada directiva. No ano 2001 a superficie protexida foi reducida en 120 hectares para facilitar a construción da autoestrada Puxeiros-Tui (paralela a unha existente libre de portaxe) e a ampliación do polígono das Gándaras e doutras zonas industriais. En 2004, suprimíronse outros 110 hectares para permitir a culminación do polígono (construído encol da gándara e lagoa de Budiño como se pode apreciar nas fotografías aéreas antigas) e o espallamento de áreas industriais sobre chans rústicos sen nengunha clase de servizos. Na súa meirande parte aínda figuran nas normas urbanísticas municipais como SRPEN (Sólo Rústico de Protección de Espazos Naturais) ou SRPAG (Solo Rústico de Protección de Augas). De facto, boa parte deles áchanse na chaira de inundación do río Louro e nas dos seus afluentes. HÁBITATS DE INTERESE COMUNITARIO (* indica os hábitats prioritarios)

• 3110 Augas oligotróficas moi pouco mineralizadas das planicies areosas (Littorelletalia uniflorae).

• 3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación da Magnopotamion ou da Hydrocharition. • 4020 * Uceiras húmidas atlánticas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix • 7130 Turbeiras de coberta (* turbeiras activas). • 7150 Depresións en substratos turbosos da Rhynchosporio n. • 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion

incanae, Salicion albae). O menosprezo á lexislación vigorante chegou até o ponto de tirar do LIC hábitats prioritarios onde se encontran especies de flora en perigo de extinción a nível estatal e de fauna na mesma situación a nível galego. Precisamente a UE está a exixir ao estado español que protexa máis superficie dalgúns destes hábitats como é o caso do hábitat prioritario 4020 parcialmente excluído en 2004 do LIC das Gándaras de Budiño. Mais tamén o patrimonio cultural sufrirá unha maior degradación por mor do Camiño Portugués a Santiago ter que atravesar novas zonas industriais ao Sul e ao Norte da parroquia de Ribadelouro que se construirán encol de terreos excluídos do LIC tamén en 2004.

Page 55:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

55 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

VARIACIÓN DA SUPERFICIE DO LIC

ANO SUPERFICIE

INCLUÍDA NA REDE NATURA

NORMATIVA AUTONÓMICA

DATA PUBLICACIÓN OFICIAL (DOG)

1.999

958 ha

Orde de 28 de Outubro 9 de Novembro de 1999

2.001

834 ha

Orde de 7 de Xuño de 2001

19 de Xuño de 2001

2.004

727 ha

Decreto 72/2004 de 2 de Abril

19 de Maio de 2004

Estas operacións especulativas que precisaron do visto e prace da Consellaría e do Ministerio do Ambiente xunto con outras omisións históricas como os abandonos do Centro de Interpretación da Natureza (dende 2002), da depuradora de Guillarei (dende 2006) e do Proxecto de Recuperación parcial das Gándaras de Budiño (cuxas orixes se remontan ao ano 1992), poden levar a unha rápida desaparición dos hábitats e especies que a UE obriga a protexer. Para tratarmos de frear este proceso, Verdegaia apresenta este proxecto de ampliación alicerzado nos seguintes aspectos:

1. Recuperación de parte da superficie eliminada do LIC nos últimos anos.

2. Presevación dos afluentes occidentais do Louro cos obxectivos de evitar o empioramento da calidade das súas augas e potencialos como corredores biolóxicos cara o Parque Natural do Monte Aloia e do resto da Serra do Galiñeiro.

3. Mantemento de zonas de transición

, aĺí onde aínda é posíbel, entre os hábitats de interese comunitario e as zonas industriais e infraestruturas como medio imprescindíbel para a conservación dos mesmos.

4. Creación, tamén na medida do posíbel, de límites fixos e facilmente identificábeis (autoestrada, estradas, camiños, etc.).

5. Conservación da Lagoa de Budiño, da turbeira do Cerquido e dos seus hábitats de interese

comunitario gravemente ameazados de desaparición pola modificación do réxime hidrolóxico (redución do nível freático e dos aportes de augas, canalizacións, dragaxes), aumento dos arrastres de terra, fragmentación, etc.

6. Tentar de satisfacer as demandas dos viciños do núcleo rural de Orbenlle, primeiramente

afectados pola construción do polígono industrial das Gándaras e agora mixiricados polas restricións de usos no espazo natural.

Page 56:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

56 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

Salvemos Monteferro apoia o traballo de Verdegaia neste espazo natural e comparte o seu obxectivo de que o espazo acade aproximadamente 860 hectareas: as 727 ha actuais, máis 135 ha que na súa meirande parte se recuperarian da proposta técnica do ano 1999, menos 2 ha do núcleo rural de Orbenlle. Esta superficie non garante a conservación dos hábitats, nin da flora e a fauna ameazadas, porén é a única que resta sen urbanizar dunha antiga chaira húmida de arredor de 2.000 hectareas. Nas vindeiras páxinas concretamos a nosa proposta coa seguinte información:

1. Mapa da supeficie do LIC en 1999, 2001 e dende 2004.

2. Mapa da superficie do LIC actual, zonas a engadir ao LIC e zona a excluír.

3. Descrición das distintas áreas da nosa proposta e os valores naturais que as caracterizan.

Page 57:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

57 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

MAPA DOS LÍMITES DO LIC EN 1999, 2001 E DENDE 2004 Límite do LIC en 1999 (amarelo), en 2001 (azul) e dende o 2004 (vermello). Parque Natural do Monte Aloia (verde) e LIC do Baixo Miño (marrón).

Page 58:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

58 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

MAPA DOS LÍMITES ACTUAIS DO LIC E DAS ZONAS A INCLUÍR E EXCLUÍR DO LIC

Límite do LIC dende o ano 2004 (vermello), zonas a incorporar (en verde do 1 ao 10), zona a excluír (número 11, en amarelo) e autoestrada Puxeiros-Tui (gris).

Page 59:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

59 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

PROPOSTA DE AMPLIACIÓN

ZONA 1

Localización: Perto da aldea de Santo André na parroquia de Pontellas (Porriño), ao noroeste do LIC. Superficie: 4,5 ha. Características físicas: Pequena faixa de terreo situada entre a autoestrada e o LIC. Ocupada principalmente por masas florestais e cultivos. As zonas máis achegadas ao LIC fican ocupadas por vexetación autóctone que orla dous hábitats prioritários (o bosque de ribeira e pequenas gándaras) Estado legal: Excluido da Rede Natura no ano 2001 para facilitar o paso da autoestrada AP-9. Clasificado como SRPEN no PXOM do Porriño. Ameazas á súa conservación: 1) Ampliación ilegal dunha industria graniteira (novas naves e entulleiras). 2) Expansión da vexetación alóctone encol dos hábitats prioritarios próximos. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Definir a autoestrada como límite estável e doadamente indentificábel. 2) Imposibilitar de vez a súa reclasificación urbanística. 3) Manter unha faixa de terreo cunha función dupla: protección dos hábitats prioritários e amortecemento dos impactos negativos sobre o LIC. 4) Facilitar a recuperación dos ecosistemas preexistentes á construción da autoestrada. Hábitats de interese comunitario

• Os dous hábitats prioritarios. Hábitats prioritarios

• 4020 * Uceiras húmidas atlánticas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. • 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,

Salicion albae). Outros valores en destaque

• Consérvanse as máis extensas gándaras da marxe direita do Louro.

Page 60:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

60 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 2

Localización: Perto das aldeas de Quintela e do Monte na parroquia de Pontellas (Porriño) e da aldea do Cruceiro na parroquia de Ribadelouro (Tui), ao oeste do LIC. Superficie: 33 ha. Características físicas: Faixa de terreo situada entre autoestrada e o LIC ocupada por masas florestais, bosques de ribeira, prados húmidos e lameiros. Estado legal: Meirandemente excluída da Rede Natura no ano 2001. Diversas clasificacións do chan: SRPEN, SRProtección Agropecuaria, SRProtección Ordinaria no PXOM do Porriño e SRPEN na proposta de novo PXOM para Tui. Ameazas á súa conservación: Construcións ilegais e reclasificacións urbanísticas. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Estabelecemento da autoestrada como límite estável e facilmente identificábel. 2) Conservación dos regos do Folón e da Miñoteira (ou de Centeáns), corredores biolóxicos entre o LIC e a serra do Galiñeiro. 3) Presenza dun hábitat de conservación prioritaria para a UE. 4) Zona de expansión do sapoconcho común (Emys orbicularis), especie clasificada en perigo de extinción no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Hábitats de interese comunitario

• Un hábitat prioritario. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Paisaxe tradicional ben conservada representativa dos socalcos fluviais da Louriña: mosaico de

bosques de ribeira, cómaros e prados enchoupados. • Presenza ocasional do sapoconcho común.

Page 61:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

61 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 3

Localización: Parroquia de Ribadelouro (Tui) entre as aldeas de Vides e Madalena. Superficie: 35 ha. Características físicas: Tramo baixo do río Pexegueiro situado entre a autoestrada e o LIC. A metade da superficie proposta está ocupada por bosques de ribeira. O resto fica ocupado por prados húmidos na chaira e masas florestais nas infestas. Estado legal: Excluída parcialmente da Rede Natura no ano 2001 e totalmente no 2004. Trátase de chans rústicos que se reclasificarán no novo PXOM de Tui (pendente de aprobación pola Consellaría de Política Territorial) para terreo industrial. Ameazas á súa conservación: 1) Desaparición total. 2) Grave degradación do LIC ao lle chantar no seu límite unha área industrial que provocará a morte do río Pexegueiro nese tramo, maior carga contaminante para o río Louro e Miño, contaminación sonora, vertidos sólidos, invasión do LIC por aterramentos ilegais nas estremas, degradación da paisaxe do LIC, etc. 3) Afectación directa o Camiño Portugués a Santiago. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Evitar a pronta e irreversíbel degradación dunha zona de alto valor ecolóxico e patrimonial. 2) Estabelecemento da autoestrada como límite estável e facilmente identificábel. 3) Manter a importante función do Pexegueiro como corredor biolóxico entre as Ribeiras do Louro e a Serra do Galiñeiro. 4) Garantir de vez a imposibilidade de reclasificación urbanística. Hábitats de interese comunitario

• 3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación da Magnopotamion ou da Hydrocharition. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Camiño Portugués a Santiago e ponte medieval da Madalena (GA • Roteiro Circular das Ribeiras do Louro • Canles e pozas estacionais. • Zona de expansión do sapoconcho común. • Alto valor paisaxístico.

Page 62:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

62 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 4

Localización: Parroquia de Ribadelouro (Tui), ao Sul da aldea da Madalena e ao Oeste do LIC. Superficie: 23 ha. Características físicas: Terreo ocupado na súa meirande parte polo val do río San Simón. Estrema ao Oeste coa autoestrada. Estado legal: Excluída da Rede Natura no ano 2001. Trátase de chans rústicos que se reclasificarán no novo PXOM de Tui (pendente de aprobación pola Consellaría de Política Territorial) para terreo industrial. Ameazas á súa conservación: 1) Desaparición total. 2) Grave degradación do LIC ao lle chantar no seu límite unha área industrial que provocará unha forte degradación do río San Simón nese tramo, maior carga contaminante para o río Louro e Miño, contaminación sonora, vertidos sólidos, invasión do LIC por aterramentos ilegais nas estremas, degradación da paisaxe do LIC, etc. 3) Afectación directa e total do Camiño Portugués a Santiago que atravesa polo medio esta zona. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Evitar a pronta e irreversíbel degradación dunha zona de alto valor ecolóxico, patrimonial. 2) Estabelecemento da autoestrada como límite estável e facilmente identificábel. 3) Manter a importante función do San Simón como corredor biolóxico entre as Ribeiras do Louro e o Parque Natural do Monte Aloia. 4) Garantir de vez a imposibilidade de reclasificación urbanística. Hábitats de interese comunitario

• Un hábitat prioritario. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Vista panorámica das Ribeiras do Louro e Monte Aloia. • Camiño Portugués a Santiago e Roteiro Circular das Ribeiras do Louro. • Os socalcos superiores funcionan como áreas de transición ou ecotonos entre as Ribeiras e as

aldeas, fucrais para o mantemento do espazo natural tanto polo valor ecolóxico de seu como por amorteceren os impactos negativos sobre o LIC.

Page 63:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

63 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 5

Localización: Parroquia de San Bartolomeu de Rebordáns (Tui), ao Sudoeste do LIC Superficie: 4 ha. Características físicas: Pequena faixa de terro entre o Louro e o Camiño Portugués a Santiago con presenza de bosques de ribeira, prados húmidos e cultivos florestais. Estado legal: Figura na proposta do PXOM de Tui como SRPEN na ribeira do Louro e como Espazo Libre de Uso e Dominio Público na zona leste. Existe unha pequena finca con vivenda clasificada como chan urbano que se podería excluír da proposta. Ameazas á súa conservación: Degradación xeral da zona. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Evitar futuras transformacións por expansión do núcleo urbano de Tui. 2) Protexer as dúas beiras do Louro, único tramo do LIC en que isto non acontece. Hábitats de interese comunitario

• Un hábitat prioritario. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Camiño Português a Santiago e ponte da Veiga (GA36055031) • Castros de Santa Eufemia (GA36055030) e do Arraial (GA36055022) nas proximidades.

Page 64:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

64 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 6

Localización: Lagoa de Budiño, parroquia de San Salvador de Budiño (Porriño), ao Leste do LIC. Superficie: 3,5 ha. Características físicas: Terreo totalmente ocupado polo bosque de ribeira e pequenas lagoas resultado da framentación e colmataxe da lagoa e gándara de Budiño. Estado legal: Excluída do LIC no ano 2004. Clasificada como parcela de Usos Desportivos no Plano Parcial do Polígono das Gándaras. Ameazas á súa conservación: Pode ser aterrada en calquera momento. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Altísimo valor ecolóxico (hábitats e especies de interese comunitario) 2) Da súa conservación depende en boa medida o futuro do que resta da lagoa de Budiño. Hábitats de interese comunitario

• 3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación da Magnopotamion ou da Hydrocharition. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Zona de entrada do principal aporte de auga a lagoa de Budiño. • Superficie totalmente cuberta por hábitats de interese comunitario. • Morada do sapoconcho común e da avifauna da lagoa de Budiño. • Paso do Camiño Portugués a Santiago polo seu límite Leste.

Page 65:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

65 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 7

Localización: Coto de Orbenlle, parroquia de San Salvador de Budiño (Porriño). Superficie: 8 ha. Características físicas: Chaira formada pola excavación do Coto de Orbenlle con aproveitamento mineiro. Malia que a exlotación abandonouse hai anos, na altura estase a usar pontualmente como depósito de terra. Presenza de residuos perigosos depositados durante a “rexeneración” da zona ao fin da explotación. Estado legal: Descoñecemos o estado da concesión mineira mais, en cumprimento da Lei de Minas, debería de ter caducado hai anos. Formou parte do LIC até o ano 2004. Clasificada como SRPEN no PXOM do Porriño. Ameazas á súa conservación: Risco de reclasificación urbanística para terreo industrial. Motivación da súa inclusión no LIC: 1) Evitar a reclasificación urbanística. Os usos industriais provocarían unha forte degradación das ribeiras do Louro e da lagoa de Budiño (ruídos, contaminación das augas, vertidos sólidos, circulación de vehículos, etc. 2) É urxente a recuperación da zona para evitar o continuo arrastre de terra cara a lagoa de Budiño (habitats 3150 e 91EO). Os movementos de terra están a favorecer tamén a colonización da zona por especies invasoras. 3) Terreo ideal para albergar os principais servizos do espazo protexido: aparcadoiro, casa de baño, miradoiro, centro de interpretación ( se acabar por estragar o construído no ano 2002). Estas instalacións darían continuidade ao merendeiro e o Centro Veciñal da Asociación “A Lagoa” de Orbenlle. Hábitats de interese comunitario

• Nas proximidades. Hábitats prioritarios

• Nas proximidades. Outros valores en destaque

• Roteiro Circular das Ribeiras do Louro.

Page 66:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

66 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 8

Localización: Ao Norte da turbeira do Cerquido, parroquia de San Salvador de Budiño (Porriño), ao Leste do LIC. Superficie: 1 ha. Características físicas: Ocupada por un antigo aterro ampliado ilegalmente hai poucos anos encol do LIC e por un piñal na parte Sudoeste. Antigamente era unha gándara que estremaba coa turbeira do Cerquido. Estado legal: Excluída do LIC en 2004. Clasificada como SRPEN no PXOM do Porriño. Ameazas á súa conservación: 1) Risco de reclasificación urbanística ou de construcións ilegais. 2) A actuación da propia Consellaría do Ambiente: logo de cinco anos ainda non obrigou a retirar o aterro encol do LIC. Motivación da súa inclusión no LIC: Conseguir a retirada de todo o aterro encol do LIC e a recuperación da zona ao seu estado anterior, o que favorecerá a conservación de hábitats, flora e fauna da turbeira funcionando a parte da parcela máis próxima ao polígono industrial das Gándaras como superficie de amortecemento de impactos. Hábitats de interese comunitario

• Nas proximidades Hábitats prioritarios

• Nas proximidades Outros valores en destaque

• Barreira do Pozo Negro (ao pé do aterro).

Page 67:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

67 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 9

Localización: Turbeira do Cerquido, parroquia de San Salvador de Budiño (Porriño). Superficie: 22,5 ha. Características físicas: Zona ocupada pola turbeira, gándara e barreira do Cerquido. Importantes aterros da banda da autovia nos últimos anos. Estado legal: Formou parte do LIC até o ano 2004. Clasificada como SRPEN no PXOM do Porriño. Existe unha explotación de arxila da que descoñecemos o estado da concesión embora, en cumprimento da Lei de Minas, debería de ter caducado hai anos pois foi usada en varias ocasións como vertedoiro de entullo e residuos perigosos. Ameazas á súa conservación: 1) Reclasificación urbanística cara usos industriais. 2) Aterramento directo (xa producido en varias ocasións pola explotación mineira e recentemente pola empresa Transportes Marsou encol de dunha superficie de 6.000 m². 3) Desaparición da flora en perigo de extinción. 3) Aterramento da barreira do Cerquido. Motivación da súa inclusión no LIC: Conservación do lugar máis valioso de todo o espazo natural. Hábitats de interese comunitario

• 3110 Augas oligotróficas moi pouco mineralizadas das planicies areosas (Littorelletalia uniflorae). • 3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación da Magnopotamion ou da Hydrocharition. • 7130 Turbeiras de coberta (* turbeiras activas). • 7150 Depresións en substratos turbosos da Rhynchosporion.

Hábitats prioritarios

• 4020 * Uceiras húmidas atlánticas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix. • 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae,

Salicion albae). Outros valores en destaque

• Tres especies de flora en perigo de extinción en España (Libro Vermello da Flora Vascular

Española): Succisa pinnatifida, Rhynchospora modesti-lucennoi e Genista ancistrocarpa. • Presenza do sapoconcho común (catalogado en perigo de extinción na Galiza). • Abundante flora e fauna pouco común e fráxil (Drosera, andoriñas das barreiras...) • Sendeiro das Greas e Roteiro Circular das Ribeiras do Louro.

Page 68:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

68 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

ZONA 10

Localización: Retapán, parroquia de Atios (Porriño). Superficie: 0,5 ha. Características físicas: Bosque ribeirego cruzado pola pista onde decorre soterrado a caneira xeral do saneamento da Louriña. Existe unha lagoiña que seca no verán. Estado legal: SRPEN, fora do polígono industrial das Gándaras. A súa exclusión do LIC no ano 2004 débese tan so a un erro da Consellaría do Ambiente no cartografado que aínda non foi corrixido. Ameazas á súa conservación: Aterramentos ilegais ou construción de infraestruturas Motivación da súa inclusión no LIC: Manter o estado actual da zona situada na ribeira mesma do Louro. Hábitats de interese comunitario

• 3150 Lagos eutróficos naturais con vexetación da Magnopotamion ou da Hydrocharition. Hábitats prioritarios

• 91E0 * Florestas aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae).

Outros valores en destaque

• Ponte de Retapán ou da Celousa. • Castro de Castrelos (GA36039012) nas proximidades

Page 69:  · 1 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións Á XUNTA DE GALICIA Consellería do Medio Rural e do Mar

69 Salvemos Monteferro, Asociación de Defensa Medioambiental

Número 2006/009642-1 no Rexistro Central de Asociacións

PROPOSTA DE REDUCIÓN

ZONA 11 Localización: Aldea de Orbenlle, parroquia de San Salvador de Budiño (Porriño). Superficie: 2 ha. Características físicas: Terreos do núcleo rural de Orbenlle (vivendas e airas situadas nas zonas máis altas). Estado legal: Incluídos no LIC. As parcelas ocupadas polas vivendas están clasificadas como Chan de Núcleo Rural e as airas anexas como SRPEN. Motivación da súa exclusión no LIC: O desacordo dos veciños de Orbenlle. Cómpre ter en conta que estes paisanos xa foron afectados pola construción do polígono das Gándaras. A superficie excluída non debería ultrapasar os dous hectares afectados no núcleo rural para non pór en perigo a viabilidade do LIC nesa zona. Valores en destaque

• Paisaxe tradicional. • Carballeiras nas proximidades.

Por todo o exposto ao longo deste documento, SOLICITO: Que estas alegacións sexan tidas en conta, e que a Xunta de Galicia aborde unha ampliación da Rede Natura 2000 acorde co que Galicia precisa e merece. Nigrán, 16 de marzo de 2012

Asinado: --- --- ---