06 tomé de aquino e a escolástica

16
Tomé de Aquino e a escolástica Tomé de Aquino e a escolástica Idade media 1000 anos (S. V a S. XV) Comezo (S. V) Entrada de Alarico (410), fin do Imperio (476) Remate (S.XV). Caída de Constantinopla (1453).

Upload: departamento-de-filosofia-ies-chan-do-monte

Post on 03-Jul-2015

143 views

Category:

Documents


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: 06 tomé de aquino e a escolástica

Tomé de Aquino e a escolásticaTomé de Aquino e a escolástica

Idade media

1000 anos (S. V a S. XV)

Comezo (S. V) Entrada de Alarico (410), fin do Imperio (476)

Remate (S.XV). Caída de Constantinopla (1453).

Page 2: 06 tomé de aquino e a escolástica

A Europa feudalA Europa feudal

Unha sociedade na que o elemento básico é a terra

Estamentos (nobreza, clero e campesiñado).

Fundamentada esta estrutura nunhas relacións de fidelidade e dependencia (vasalaxe) que abranguen todos os aspectos da sociedade.

Os centros de poder político e socioeconómico van estar situados no Castelo e no Mosteiro.

Page 3: 06 tomé de aquino e a escolástica

EscolásticaEscolástica

Patrística IV a VIII

Escolástica: Século IX a XIV

Produción cultural

Escolas catedralicias

Escolas monacais

Universidades

A filosofía é serva da teoloxía

Page 4: 06 tomé de aquino e a escolástica

Contexto de Tomé de AquinoContexto de Tomé de Aquino

O Papado trunfa na súa guerra contra o Imperio.

Ordes relixiosas

Franciscanos

Dominicos

Condénase ás herexías (Dulcinistas)

As clases sociais existen queridas por Deus.

O poder procede de Deus.

Page 5: 06 tomé de aquino e a escolástica

VidaVida

Familia oposta estudos, querían que fose Abade de Montecasino.

Universidade: París.

Orde: Dominicos

Obras: Comentarios, e as Sumas, Cuestións disputadas.

Page 6: 06 tomé de aquino e a escolástica

Diferenzas con AristótelesDiferenzas con Aristóteles

Mundo: Non acepta a eternidade do mundo.

Alma: Defende a inmortalidade da alma

Verdade: Contraponse a tese averroísta das dúas verdades. Só existe unha

Page 7: 06 tomé de aquino e a escolástica

Fe e razónFe e razónNon pode haber conflito entre

ambas. Son distintas pero non contraditorias.

A razón é suficiente para alcanzar a verdade (non precisa axuda da fe)

Colaboración da fe para revisar as conclusións contraditorias.

A verdade só é unha e a mesma para a fe e a razón

Suprarracionalidade (as verdades da fe están por riba da racionalidade)

Page 8: 06 tomé de aquino e a escolástica

Ser creador e seres creadosSer creador e seres creados

Deus existe por si, a esencia é igual a existencia. Deus é Simple.

Os seres son creados por outro, a súa esencia non é existir. Son continxentes. Son compostos de esencia e existencia.

Esencia: Aquelo polo que unha cousa é o que é.

Existencia: Aquelo polo cal unha cousa existe.

Analoxía do Ser: Todos os seres son, pero de distinto xeito. Deus é necesario.

Page 9: 06 tomé de aquino e a escolástica

Acto e potencia: O movemento é Acto e potencia: O movemento é o paso da potencia ao actoo paso da potencia ao acto

A esencia é pura potencialidade, está en potencia para existir.

A existencia é acto, actualiza a potencia.

Deus é acto puro

Non é posible que unha mesma cousa estea a vez en acto e potencia respecto do mesmo.

Page 10: 06 tomé de aquino e a escolástica

Existencia de DeusExistencia de DeusA) Punto de partida: Feito da experiencia sensible

1 Cousas, seres que se moven (paso da potencia ao acto)

2 Seres que teñen unha causa (Fillos, pais....)

3 Seres continxentes (poden existir ou non)

4 Seres con diverso grao de perfección

5 Seres sen intelixencia que actúan ordenadamente

B) Principio de causalidade: Todo ten unha causa

1 Todo ser que se move é movido por outro

2 Ningunha cousa pode ser causa de si mesma.

3 Os seres continxentes esixen dun ser necesario

C) Principio de imposibilidade do proceso ao infinito: Hai unha causa última.

D) Punto de chegada: Final da cadea de causalidades.

Non é evidente (argumento ontolóxico: salto do ideal ao real) senón que é preciso demostrala partindo da realidade. Non a priori, senón a posteriori. Pasos que se dan:

Page 11: 06 tomé de aquino e a escolástica

Vías da demostración da Vías da demostración da existencia de Deusexistencia de Deus

1 Vía: Todo o que se move é movido por outro. É preciso chegar a un primeiro motor que non sexa movido por ninguén.

2 Vía: Se non existira unha causa primeira, non existirían os seus efectos.

3 Vía: O que non existe non empeza a existir máis que en virtude do que xa existe.

4 Vía: A causa das perfeccións ten que ser un ser absolutamente perfecto.

5 Vía: Existe orde no mundo, se ben o seres carecen de sabedoría para construír por eles mesmos dito orde, é preciso un ser intelixente que dirixa todas as cousas naturais ao seu fin.

Page 12: 06 tomé de aquino e a escolástica

A crítica ás víasA crítica ás vías

Se os argumentos son loxicamente convincentes porque non son universalmente aceptados.

Con que dereito se exclúe o proceso ao infinito ou o recurso ao azar.

Tratase a Deus como obxecto dun siloxismo.

A razón humana é limitada para pasar do mundo fenoménico á realidade en si

Probada a existencia de Deus. queda lugar para a fe?

Apoiase na causalidade que logo será cuestionada, e que en calquera caso só ten sentido nos obxectos da experiencia e non naqueles que están máis alá

Page 13: 06 tomé de aquino e a escolástica

Antropoloxía: O ser humanoAntropoloxía: O ser humano

Hilomorfismo:

Forma: Alma racional (homes), vexetativa (plantas), sensitiva (animais)

Alma e corpo pertence a esencia do home. A alma precisa do corpo para exercer a sensación, a intelección. O corpo non é un castigo senón un proveito.

Inmortalidade:

A Alma non depende do corpo (Coñece a natureza dos corpos e a esencia do ser, pode reflexionar)

Por tanto é espiritual e incorruptible.

Nela existe un desexo natural de persistencia.

Page 14: 06 tomé de aquino e a escolástica

CoñecementoCoñecementoCoñecemento Sensible: Obtense a partir dos

sentidos.

Coñecemento Abstracto: Elabora os conceptos a partir dos datos subministrados polos sentidos.

Os sentidos captan o obxecto particular

Queda rexistrado na imaxinación

O entendemento axente abstrae, universaliza o contido.

O entendemento pasivo formula o concepto.

Principio de individuación: O entendemento axente quedase coa esencia universal. Para facer que cada obxecto sexa algo concreto e individual temos a materia que é distinta en cada un deles.

Page 15: 06 tomé de aquino e a escolástica

ÉticaÉtica

Os actos do home son actos libres e proceden da vontade, o obxecto da vontade é o ben

A felicidade é un acto de coñecemento: Ver a Deus.

Tendencias naturais: (conservación, procreación, coñecemento e vivir en sociedade)

A lei natural concretase na lei positiva

Page 16: 06 tomé de aquino e a escolástica

PolíticaPolítica

O home ten un fin sobrenatural que non pode satisfacer o Estado. A igrexa é superior ao Estado.

O Estado é unha institución natural

É necesaria a división do traballo

O home precisa a cooperación cos outros para vivir.

Formas de goberno:

Boas: Democracia observante da lei, aristocracia e monarquía

Malas: Demagóxica, oligárquica, e tiránica

A monarquía é a mellor ponderada por maxistrados: Monarquía constitucional.