tomé de aquino

208
A filosofía medieval Tomé de Aquino (1225-1274)

Upload: nieveslopez

Post on 24-May-2015

1.109 views

Category:

Education


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tomé de Aquino

A filosofía medieval

Tomé de Aquino (1225-1274)

Page 2: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274)

Contexto históricoBiografíaInfluencias: Aristóteles e ToméA teoría do coñecemento: a razón e a feA ontoloxía tomistaAntropoloxíaMoral e política

Page 3: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274)

Contexto histórico

Page 4: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

Historicamente a IdadeMedia comprende o período que transcorredesde a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 d. C.ata a caída de Constantinopla no 1453.

Page 5: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

En filosofía considérase o comezo da filosofía medieval o ano 529 d. C., data da apertura do mosteirobenedictino de Montecasino e da clausura da Academia platónica. Mais as orixes do pensamento medieval atópanse xa no século II d. C., cando filosofía e cristianismo converxen no mundo romano e a temática filosófica deriva cara a temas relixiosos.

Page 6: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

A filosofía medieval que imos abordar cíngueseaos límites espaciais da Europa occidental feudal, herdeira do que fora a parte occidental do Imperio Romano, asentamento dos pobos xermánicos e posteriormente do Imperio Carolinxio.

Page 7: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

Cómpre ter presente que esta non foi a única continuación da filosofía antiga, que seguiunoutro curso no Imperio Bizantino e logo no mundo árabe e xudeu. Faremostamén referencia a estesoutros desenvolvementos, namedida en que resultaron decisivos para a evolución do pensamento occidental.

Page 8: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

Os sinais de identidadedeste período veñenmarcados pola relixióncristiá que cimentarátoda esta etapa e proporcionará a visión do mundo presente no feudalismo, a vida dos mosteiros, e o xurdimento das cidadese as universidades

Page 9: Tomé de Aquino

ETAPAS No pensamento medieval:

Filosofíapatrística(s. I-V d.C.)

I d.C. s. VIII

Período de transición e renacementocarolinxio

s. XIV

Auxeda escolástica(s. XIII)

s. XIII d.C.

Crise da escolásticae nominalismo(s. XIV)

Page 10: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

Podemos dividir o período do pensamentomedieval en catroetapas fundamentais, que se corresponden coas diferentes etapas históricas polas que pasou o mundo do medievo:

Page 11: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

Filosofía patrística (século I-V d.C.): é a época dos primeirosPais da Igrexa, que se desenvolve no mundo romano. Pasa por dousperíodos:1. O período apoloxista (s. I-IV), onde o cristianismo se defende ante os ataques externos e internos.2. O período de apoxeo (IV-V) onde se van a elaborar os principais dogmas da relixióncristiá.

Agostiño de Hipona (354-430) constitúe o cumio do pensamento patrístico.

Page 12: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

-Período de transición e renacemento carolinxio: coacaída do Imperio Romano de occidente prodúcese unha etapa onde non existen circunstancias favorables para a cultura. O renacemento carolinxio (séculoVIII) supuxo unha breve saídadeste decaemento gracias aocarácter cultural que Carlomagno imprime á súa conquista. Durante o feudalismo volverasea vivir outra etapa de pobreza no que se refire á cultura, quedando restrinxida aos mosteiros, ondeos monxes se adican a recompilar e compendiar o saber antigo.

Boecio (480-526) foi traductor e intérprete das obras lóxicas de Aristóteles e o máis famoso mediador entre a antigüedade e a Idade Media; neste baixorreleve aparece xunto a Símaco.

Page 13: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

-Auxe da escolástica (século XIII): o xurdimento das cidades e o contacto co mundo árabe e xudeu a través das Cruzadas, a Escola de Traductores de Toledo e presencia de médicos árabes e xudeus nascortes cristiás, van abrir novas posibilidades. O mundo occidental redescobre a Aristóteles, o que supuxo un fito na historia da filosofía. A filosofía medieval acadaas súas grandes sínteses.

O aquinate é o cumio da escolástica

Page 14: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval

-Crise da escolástica e nominalismo(século XIV): como consecuencia da crise do século XIV as síntesesescolásticas esmorecen e os príncipes cristiáns enfróntanse ao papa defendendo a autonomía do seu poder e a primacía sobre o papado. Considérase un erro fundamentar a revelación coa filosofía, pois a fe abóndase a si mesma. O nominalismo supón un aferramento ao concreto en todos os ámbitos e marcará o tránsito cara ao mundo moderno.

Ockham (1280-1349) é o pensador máisInteresante da escolástica serodia.

Page 15: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

O feudalismo é a estructura económica e política que rexe a Europa dos séculos IX-XIII. A palabra feudo significa «posesión territorial dun señor». É pois un sistema baseado na propiedadede amplas extensións de terras(latifundios) posuídas por unhaminoría de señores feudais que viven nos seus castelos formando núcleos independentes política e economicamente, e traballadaspola maioría de campesiñossometidos a estes.

Page 16: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

A sociedade feudal é unhasociedade estamental, dividida en dous grande grupos: os privilexiados (nobreza e clero) e os non privilexiados(campesiños).

Page 17: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

Os primeiros eran os donosda terra e adicábanse águerra e á oración; non tiñan que pagar impostos, impartían xustiza, daban permiso para casar oupara marchar das terras, e só tiñan a obriga de recoller aos campesinos no castelo en tempos de guerra.

Page 18: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

Pola contra os campesiñostraballaban a terra e mantiñan a guerreiros e clérigos, debían pagar unha parte da colleita aoseñor, traballaban gratis as súasterras determinados días ao ano, tiñan que pagar por usar o muíño, por cruzar a ponte, por levar a pastar o gando... A Igrexa cobráballes a décima parte da colleita (o décimo). Pertencíase a un estamento por nacemento, co cal non se podía saltar dun a o

Page 19: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

Pertencíase a un estamento por nacemento, co cal non se podía saltar dun aolongo da vida. A relación entre estamentos era a vasalaxe. Unha persoa que necesitaba axuda para defenderse facíase vasalodoutra e xuráballefidelidade ata a morte.

Page 20: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

Creouse así unha pirámide feudal: no cume situábase o Papa e o Emperador; por baixo os reis; cada un deles podía ter nobres señores sometidos, que ásúa vez dominaban outros máispequenos; e todos, na base da pirámide, tiñan como vasalos aoscampesiños dos seus feudos. Entre estes, había os campesiños libres (viláns) que posuían certas terras (os mansos) polas que pagaban ao señor, e os servos da gleba, que traballabanas propiedades directas do señor feudal e eran case que escravos.

Page 21: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O feudalismo

A Igrexa tiña a mesma estructura feudal e os mosteiros eran tamén feudos. Constaban dunhaigrexa con outras dependencias fortificadas e tiñan terras, pastos e bosques traballados por servos e viláns. Tiveron moitaimportancia económica e sobre todo cultural, pois foi nas súasbibliotecas onde residiu e se cultivou todo o saber da época.

Page 22: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades

A partir do século XI comezan a reaparecer as cidades e prodúcese un intercambio comercial entre o mundo rural e urbano: o campo produce materias primas e alimentos e a cidade proporciona productos manufacturados. O sistema feudal mantívose e as cidades nesta época foron só un elemento secundario dentro do sistema social, acollendo a man de obra excedente do campo.

Page 23: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades

Mantívose a sociedade estamental pero xurdiu un novo grupo social dentro dos non privilexiados que foi a burguesía. A burguesía foi o grupo social dominante no mundo urbano. Eran homes libres, independentes do señor feudal, que baseaban o seustatus na riqueza. Pronto existiu unhaalta burguesía, formada polos ricos banqueiros e comerciantes, e unhapequena burguesía de artesáns. A alta burguesía ocupou os postos máisimportantes nos núcleos urbanos e axudou aos monarcas a aumentar o seu poder fronte á nobreza feudal.

Page 24: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades

Nas cidades o traballoorganizouse por oficios, aparecendo os gremios, asociacións de artesáns que tiñan como obxectivo facilitar as materias primas, fixar os prezos de venda...

Page 25: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades

Os séculos XI-XIII foron tempos de florecemento económico, e Europa ampliou as súas relaciónscomerciais gracias á ruta marítima do Mediterráneo (que permitiu os contactos co Próximo Oriente) e a establecida entre o mar do Norte e o mar Báltico (que levou a un contacto cos pobos eslavos), ademais das rutas terrestres que cruzaron o continente.

Page 26: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A reaparición das cidades

A Igrexa continuou a dominar a sociedade medieval adaptándose ás cidades. Apareceron novas ordesrelixiosas mendicantes como os franciscanos e os dominicos, que crearon conventos urbanos e se adicaron á evanxelización e ao estudio da teoloxía.

Page 27: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno

A finais do século XIII e durante todo o XIV Europa vive momentos de crise en todas as frontes que rematarán co sistema feudal: unha época de malas colleitas e fame deu lugar a unha fonda crise económicaque provocou moitas revoltascampesiñas como a dos Irmandiños;

Page 28: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno

a Peste Negra asolou o continente provocando unhacrise demográfica; a baixadada poboación e as malas colleitas levaron a unha crisecomercial e de producciónque supuxo a crise das cidades;

Page 29: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A crise do sistema medieval e o tránsito cara ao mundo moderno

no ámbito relixioso houboconstantes loitas entre o papado e a monarquía e o ascenso de numerososmovementos místicos e de correntes empiristas. Isto supuxotamén unha crise cultural, que leva ao derrubamento das síntesesescolásticas.Haberá que agardar ao século XV para atopar os primeiros indicios de recuperación xa na Idade Moderna.

Page 30: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

Filosofía e cristianismo atópanse a partir do século II no ámbito do Imperio Romano. O cristianismo éunha relixión e, como tal, baséase nacrenza, na fe. O seu obxectivo non ébuscar a verdade, pois esta xa foirevelada por Deus aos humanos coamensaxe de Xesús, senón que pretende ser unha doutrina de salvación con afán universalista -de aplicación a todos os seres humanos-, e exclusivista, ao afirmar que o seuDeus é o único e verdadeiro(monoteísmo).

Page 31: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

O Deus cristián é un Deus creadoromnipotente, que creou o mundo e os seres a partir da nada. Esta era unha idea impensable para o mundo grego, que desbotara a idea do non ser e concibía as cousas como necesarias. Co cristianismo, se as cousas son é debido á vontade divina e, polo tanto, a existencia das criaturas é unha gracia de Deus.

Page 32: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

É ademais un Deus persoal, un Deus-Pai que acolle aos seusfillos e que se fai home en Xesúspara contar ao mundo a Boa Nova. Como pai é providente, ocúpase dos asuntos humanos, e como fillo entra directamente nahistoria para mostrarlle áhumanidade que é da súa única competencia salvar aos homes.

Page 33: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

E é un Deus misericordioso e redentor, que salva e redime aoshumanos e os acolle no seu seo. Isto implica unha concepción moral moi diferente á grega. Para a filosofía antiga a ética forafundamentalmente intelectualista: quen sabe non pode facer o mal. Co cristianismo aparecen as ideas de culpa e pecado; o pecado non é ignorancia senón unhainfracción que comete o individuo.

Page 34: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

Deus creou os humanos con vontade libre e polo tanto deullesliberdade para actuar, e istoconleva a posibilidade de elixir tanto o ben como o mal. Quenobra mal é culpable, pecador. Mais Deus é misericordioso e perdoa os pecados dos seus fillos.

Page 35: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

A filosofía, pola súa banda, ten como obxectivodescubrir a verdademediante a utilización da razón. Polo tanto, diverxe do cristianismo desde os seusalicerces.

Page 36: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

Desde o século I o cristianismo estendeuse por todo o Imperio Romano, calando fundamentalmente nas clases populares, e mantívose dun xeitoclandestino e sufrindopersecucións.O panorama vai cambiar cando no 313 o emperador Constantino recoñece e tolera a relixión cristiá, e no 380 Teodosio a converte narelixión oficial do imperio.

Page 37: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

A filosofía grega estendérase polo Mediterráneo na época helenística e fora aceptada e asumida polos pensadores romanos. A filosofía amosárase sempre tolerante coasdistintas escolas, mentres que o cristianismo presentábase como a verdade, co cal o diálogo non íaresultar excesivamente sinxelo.

Page 38: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

Os primeiros contactos entre filosofía e cristianismo foronacollidos con receo por ambas as dúas partes E mesmo con indiferencia. Pero desde o momento en que se converten aocristianismo xentes educadas nafilosofía grega, non faltaron os que tentaron buscar algún xeito de unión que posibilitara a conciliación dos dous saberes.

Page 39: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Cristianismo e filosofía

Nun primeiro momento a filosofía acollida polos cristiáns será a neoplatónica e platónica, que parecía máis semellante á verdade cristiá. No século XIII reaparece no mundo occidental a obra de Aristóteles con tanta forza que os filósofos e teólogos tentarán compaxinala tamén coascrenzas relixiosas. Os teólogos cristiáns recollen así categoría filosóficas para expresar a súamensaxe, e con elas, os termos filosóficos cambiar radicalmente de sentido impregnándose de connotacións relixiosas.

Page 40: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Estamos a delimitar o nosoobxecto de estudio na filosofía medieval europea, ta e como se desenvolveu a partir da caída do Imperio Romano de Occidente. Mais este non foi o único rumbo tomado, nin a única derivación da filosofía grecorromana. O Imperio Romano de Oriente deviu no Imperio Bizantino.

Page 41: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

En Arabia, Mahoma funda a relixión islámica no século VII e a partir de aí comeza a expansión do Islam. Desde a península Arábiga os musulmáns expándense cara ao norte e conquistan nunprimeiro momento o sur do Imperio Bizantino, ou sexaSiria, Exipto e Palestina.

Page 42: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Alí, fundamentalmente en Siria, permanecían moitas obras da Grecia clásica, en especial as de Aristóteles, que eran descoñecidas para os filósofos occidentais. Os árabes entran en contacto con elas, e comezan a traducilas do grego ao árabe, do grego a siríaco, e deste ao árabe. Deste xeito o mundo islámico fíxose portador do saber grego que elaborou e interpretouconfrontándoo coa verdade do Corán.

Page 43: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Os árabes continúan a súaexpansión por todo o norte de África e no 711 conquistan a península Ibérica, facendo da cidade de Córdoba o centro cultural do occidente musulmán. Ademais de introducir a súa cultura e coñecementos, achegan a Europa o legado grego que a súafilosofía estaba a comentar e traballar. É así como o mundo occidental recupera novamente a totalidade da filosofía grega.

Page 44: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

A cultura árabe inflúe nos xudeusque vivían dispersos polo territorio musulmán e que, aínda que mantiveron as súas tradiciónsimpregnáronse tamén da cultura islámica. Durante moito tempo traballaron conxuntamente napenínsula Ibérica estudiosos árabes, xudeus e musulmáns.

Page 45: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Co fin de lograr unha difusión sistemática do saber greco-xudeu-islámico, o arcebispoRaimundo de Sauvetat organizou en Toledo, no século XII, unha Escola de Traductores na que se traduciron tratados médicos de Galeno e Hipócrates, da astronomía de Tolomeo, da matemática de Euclides (é nesta época cando se introduce a notación numérica arábiga, o que facilitou o cálculo), o Corán, obras árabes e xudías e as obras de Aristóteles, xunto cos comentarios que lle fixeran a estas os autores musulmáns. E así, no primeiro tercio do séculoXIII o occidente cristián redescobre un mundo culturalmente novo e descoñecido ata aquel intre.

Page 46: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Entre os filósofos musulmánscómpre nomear entre outros a Al-Kindi, o primeiro gran pensador da filosofía islámica; Al-farabí, o introductor do aristotelismo nacultura árabe ou Avicena, o primeiro comentador de Aristóteles, con forte influencia neoplatónica. Ímonos deter brevemente nas dúasfiguras claves da filosofía árabe e xudía: Averroes e Maimónides, respectivamente.

Page 47: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Averroes (Ibn Rush, en árabe) foiun importante médico, xurista e filósofo, nacido en Córdoba no 1126 e finado en Marrocos no 1198. É o gran comentador de Aristóteles, de quen fai paráfraseslibres dos textos (Comentarios medios), compendios sen relación estricta co texto e Grandes Comentarios, onde reproduce os textos do estaxirita analizados parágrafo a parágrafo.

Page 48: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Para el, «a doutrina de Aristóteles coincide coa verdade suprema». Confía totalmente na razón, o que o levará áconfrontación coa dogmática islámica. Por citar tres exemplos, non acepta a idea da creación a partir da nada que defende a relixión, pois é contraria á razón. Do mesmo xeito afirma a inmortalidade do espírito suprapersoal, pero non defende a inmortalidade da alma individual. No ámbito moral avoga pola necesidade de facer o ben por si mesmo e non polaconsecución de premios na outra vida.

Page 49: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Cómpre destacar a súaconcepción sobre a relación fe-razón, pois tamén na filosofía árabe se suscita o problema aotentar conciliar as verdades da razón coa verdade do Corán. Averroes defende que a mesmaverdade se transmite pola filosofía e pola teoloxía.

Page 50: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

A filosofía enuncia a verdade en estado puro e, polo tanto, sóaccesible a algúns individuos. O Corán tenta achegar a verdade dunxeito máis sinxelo, para chegar a máis xente, a toda aquela que non pode chegar ás profundidades da filosofía. No caso de conflicto «épreciso poñerse do lado dos filósofos», e buscar un sentido interno ao libro sagrado (pois o sentido externo está elaborado para os individuos menos preparados).

Page 51: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Maimónides (Moshe BenMaimun; Córdoba, 1135-Alexandría, 1204) foi filósofo, médico e xurista xudeu. A súa obra máis importante é a Guía de perplexos, que dirixe a todos aqueles que están confundidos polas aparentes contradicciónsentre razón e fe. Defende que ambas as dúas coinciden e que a filosofía é un instrumento eficaz para comprender a fe.

Page 52: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Filosofía hebrea e musulmana

Se nalgún punto aparece unhacontradiccióno mellor será buscar unha clarificación racional e interpretar alegoricamente as escrituras. Esta concepción fíxolletamén entrar en conflicto cos rabinos ortodoxos máis estrictos. Por outra banda, Maimónidesanticipa algunha das probas da existencia de Deus (Deus como primeiro motor, como ser necesario e como Causa Primeira) que posteriormente elaborará Tomé de Aquino.

Page 53: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico

0 termo escolástica procede do latín scholasticus que significa «quenensina nunha escola», referíndoseao mestre que ensinaba nas escolasmonacais as artes liberais: o Trivium(que constaba de gramática, retórica e dialéctica) e o Quadrivium (que comprendía os estudios de música, aritmética, xeometría e astronomía). Pasou por extensión a significar ademais a materia ensinada e o método empregado para o ensino.

Page 54: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico

Coñécese tamén a escolástica como a filosofía elaborada dentro do dogma católico, o que a leva máis alá das fronteiras da Idade Media. A filosofía medieval foi máis que escolástica, pero pode afirmarse que foi o elemento máis importante dentro do pensamento do medievo.

Page 55: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico

0 método escolástico comprendía dous momentos: comezábase coalección (lectio) que consistía nalectura dun texto da Biblia ou dunhaautoridade por parte do mestre. A medida en que o lector foi facendoanotacións aos textos que lía apareceron na literatura escolástica os comentarios, que recollían o texto orixinal máis as glosas e anotacións dos lectores.

Page 56: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico

A continuación procedíase á disputa (disputatio), onde mestre e alumnos defendían e impugnaban a tese da lectio seguindo un ríxido esquema argumentativo que remataba coasíntese e conclusión do mestre. Como consecuencia apareceron as cuestións (quaestio), que reflectíanas interpretacións contrapostas sobre un tema. Un desenvolvemento máissistematizado das quaestio foron as sumas (summas), compendios sistemáticos do saber.

Page 57: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O método escolástico

A escolástica non pretendía atoparunha verdade que xa sabía de antemán pola Revelación, nin o seumétodo tiña este obxectivo, senónque era un xeito de fundamentala e interpretala mediante o pensamentoracional co fin de conseguir un amplocoñecemento das verdades de fe. Para a xustificación e lexitimacióndas ideas era constante a apelacióná autoridade (Agostiño di...; a Biblia demostra...).

Page 58: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

As universidades responden ao novo sistema de vida que trae consigo a aparición das cidades. A súa orixeatopámola nas escolasmedievais do século XIII, ásque acudían estudiantes e profesores de toda Europa (as máis importantes eran as de París, Chartres e San Víctor)

Page 59: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

Pouco a pouco, debido ás súascomplexas estructuras de funcionamento, por mor dunhademanda cada vez maior, e cun afán de liberarse dos ríxidos e intransixentes criterios dos bisposque dominaban as escolas, vanse ir transformando en asociacións de mestres, ou mestres con alumnos que van elaborar estatutos propios.

Page 60: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

Baixo o papado de Inocencio III no século XIII foron protexidas co fin de mantelas baixo a ortodoxia cristiá. Xorden así as universidades: en 1158 nace a Universidade de Boloña, en 1180 a de París, en 1214 a de Oxford, cun recoñecemento legal da súa función académica, os seusestatutos e os seus privilexios, obtendo o dereito a outorgar o grao correspondente aos estudios seguidos.

Page 61: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

A Universidade de París, protexidapolo papado, será a máis importante desta época. Por ela pasan os filósofos e teólogos máis importantes, como S. Boaventura, San AlberteMagno, San Tomé de Aquino, Sixerde Brabante, Raimundo Llull, DunsEscoto e outros.

Page 62: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

As universidades constaban de catrofacultades: a de Dereito (no que se especializou a Universidade de Boloña), a de Medicina (ondesalientan as universidades de Montpellier e Salerno), a de Artes e Letras e a de Teoloxía (nestas dúasdestaca a Universidade de París), que era a máis importante.

Page 63: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. As universidades

As facultades estaban dirixidaspor un decano, e habitualmente o decano de Artes e Letras era nomeado rector. O idioma universitario era o latín. Franciscanos e dominicos rexentarán as cátedras máisimportantes, o que orixinarádisputas entre as distintas universidades.

Page 64: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. Os temas da filosofía medieval

Tres son os temas fundamentaisdos que se ocuparon os filósofos-teólogos medievais:

1. O problema da fe-razón.2. O problema dos universais. 3. A demostración da existencia

de Deus.

Page 65: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema da fe-razón

É o problema das relacións entre relixión e filosofía, ou sexa, dunsaber comprometido na comprensión da revelación e un saber baseado naargumentación pola razón. As orixesdo problema atopámolas no século II, nos primeiros contactos entre ambos tipos de coñecemento, e vaiconverterse nun dos temas centraisda reflexión medieval. Podemos sinalar catro respostas básicas aoproblema:

Page 66: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema da fe-razón

-Oposición entre fe e razón: deféndese a incompatibilidade entre os dous tipos de saberes. A fe éautosuficiente e non necesita para nada da filosofía, nin para xustificarse nin para comprenderse. É a posición defendida por Tertuliano cando afirma «creo porque éabsurdo». Isto levouno a soster a teoría do latrocinio, que di que se ha¡algo de verdade na filosofía antiga épor un plaxio do Antigo Testamento.

Fe RazónVs.

Page 67: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema da fe-razón

-Conciliación de fe e razón: a verdade única, en sentido estricto, é a verdade da revelación e, tanto a fe como a razón, perséguena. A razón axuda a facer comprensible a verdade cristiá. A fe, pola súabanda, ilumina e orienta o coñecemento racional, e permite acadar coñecementos non accesibles doutro xeito. É a postura que defenderán Agostiño, Boecio, Anselmo, Pedro Abelardo, etc.

FeRazón

Page 68: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema da fe-razón

-Separación de fe e razón:razón e fe son autónomas, independentes e igualmente verdadeiras. O averroísmo latinodefende a teoría da dobreverdade: existe unha verdadefilosófica e outra relixiosa que poden ser contradictorias pero ningunha é superior. Esta postura non foi aceptada polaortodoxia eclesiástica e os seusdefensores foron considerados herexes.

FeRazón

Page 69: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema da fe-razón

-Intersección entre fe e razón: fe e razón son autónomas e difiren en canto ao seu método e punto departida, mais manteñen unha boa sintonía e unha zona común. As dúas tenden á verdade, pero no caso de conflicto, a verdade é a da teoloxía, onde non é posible o erro.

Fe Razón

Page 70: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema dos universais

Enténdese por universal unhanoción xenérica ou entidadeabstracta que fai ndo referencia a unha totalidade plural de obxectos(«ser humano», «árbore») a difeedi rencia das entidades concretas («esta muller»...). Trátase de determinar que forma de existencia teñen, que clase de entidades son.

O universal “silla”engloba estas sillasParticulares.

Page 71: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema dos universais

O problema fora formulado por Platón e Aristóteles. Pero na IdadeMedia adquire unha esencial relevancia a partir dunha pasaxeda Isagogé de Porfirio e adquirirárepercusións ontolóxicas, lóxicas, epistemolóxicas e relixiosas.

O universal “silla”engloba estas sillasParticulares.

Page 72: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema dos universais

As principais solucións serán:Realismo extremo ou esaxerado: os universais existen realmente precedendo ás cousas (universaliaante rem). Esta postura ten a súaorixe na ontoloxía platónica coadivisión dos dous mundos e o grao de verdadeira existencia que se ¡le concede ao mundo das ideas. Agostiño de Hipona situará os universais na mente divina e polo tanto daralles un grao de existencia previa e máis real que as cousasconcretas.

O universal “silla”engloba estas sillasParticulares.

Page 73: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema dos universais

Realismo moderado: os universaisexisten realmente como formas das cousas particulares (universalia in re). Aparece en Aristóteles cando afirma que o universal é parte inmanente dos seres, constitúe a súa esencia, que é captable polo entendemento. Esta postura será recollida por Tomé de Aquino.

O universal “silla”engloba estas sillasParticulares.

Page 74: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. O problema dos universais

Nominalismo: os universais non son entidades que existen na realidade senónque só teñen existencia lóxica e mental (universalia post rem). Dentro desta postura cómpre destacar a posición conceptualista, que afirma que os universais son abstraccións a partir das cousasparticulares. Outros, como Ockham afirman que son simples voces, simples nomes que se usan para falar máis comodamente de cousas semellantes. Só existen obxectosindividuais, pero como hai obxectossemellantes utilizamos un universal para nomealos.

O universal “silla”engloba estas sillasParticulares.

Page 75: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A demostración da existencia de Deus.

Os filósofos e teólogos cristiánsconsideraron importante poder demostrar a existencia de Deus, a pesar de non poñela en ningún momento en dúbida. Non o fan por tentar descubrir se Deus éreal, pois iso xa o saben: é o primeiro dato da Revelación.

Page 76: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A demostración da existencia de Deus.

Se tentan probar a súaexistencia é para facercomprensible e accesible árazón humana ese dato. Existen tres camiñosfundamentais:Interiorización: Agostiño non vai formular probas sistemáticas sobre a existencia de Deus pero afirma que a alma pode descubrir verdades eternas que teñen que ternecesariamente como fundamento a Deus, pois só el é eterno e inmutable.

Page 77: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A demostración da existencia de Deus.

Argumentación a priori. O argumento ontolóxico de Anselmo de Canterbury: trátase dunha proba de existencia que parte do mesmoconcepto de Deus. Todos os homes, cando pensan en Deus, teñen a idea do ser máisperfecto. Polo tanto, Deusexiste na realidade, pois se non existira faltaríalle a máxima das perfeccións.

Page 78: Tomé de Aquino

Contexto histórico da filosofía medieval. A demostración da existencia de Deus.

Argumentación a posteriori. As vías tomistas: de acordo coasúa teoría do coñecementoTomé de Aquino afirma que as demostracións da existencia de Deus deben partir dos datos da realidade, pois o nosocoñecemento comeza coaexperiencia sensible. Elaboraráasí as súas cinco vías.

Page 79: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274)

Biografía

Page 80: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

Nace en Rocca Secca(Italia) en 1225, perto de Aquino. Fillo do conde de Aquino, parente de Federico Barbarossa (en loita co papado).

Page 81: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1230-1239: ingresa como oblato na abadía benedictina de Montecasino

Page 82: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1239-1243: Cursa estudios na Universidade de Nápoles.

1244: Ingresa na Orde de Predicadores (Dominicos). Secuestrado por desexo da súa nai, que se opoñía ádecisión de Tomé, queda retido no castelo de Rocaseca.

Page 83: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1245: Fuxe de Rocaseca. Continúa o seu noviciado.

1247: É enviado a París para cursar estudios co mestreAlberte Magno.

1248-1251: Prosigue os seusestudios en Colonia taméncon Alberte Magno.

Page 84: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1251: É ordenado sacerdote. Inicia a súa carreira docente en Colonia.

1252: Trasládase a París, ondesigue exercendo a docencia como bachiller bíblico. Inicia a composición de comentarios a diversos libros da Sagrada Escrita: Exposición ao profeta Xeremías.

Page 85: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1254: Continúa exercendoa docencia en París, en calidade de mestresentenciario. Escrito verbo dos catro libros das Sentencias do mestre Pedro Lombardo. Algúns biógrafos sitúan nesta época a redacción do seu opúsculo De ente et essentia.

Page 86: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1256: Mestre rexente de teoloxía en París. Inicia as Cuestións disputadas sobre a Verdade (1256-1259), así como as Cuestións Quodlibetais.

1259: Trasládase a Italia e instálase en Agnani. Comenza a Suma contra os xentiles.

Page 87: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1262: Pasa a residir en Orvieto.

1264: Conclúe a Suma contra os xentiles

1265: Trasládase a Roma.

1266: Comenza a escribir a Suma de Teoloxía da que a terceira parte quedaráinconclusa. Tamén inicia os comentarios a diversas obras de Aristóteles.

Page 88: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

1268: Exposición aos oito libros da Física de Aristóteles. Comenza a Exposición aosdoce libros de Metafísica, que non concluirá ata 1272.

1269: volve a París para loitarcontra o averroísmo latino e o conservadorismo dos franciscanos e agostiños. Compón De Anima, as Quaestiones quodlibetales, o De unitate intellectus contra Averroístas e o De Aeternitate mundi contra murmurantes.

Page 89: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

En 1272 o papa Gregorio X chámao a Italia para confiarlleo ensino de teoloxía naUniversidade de Nápoles. Aquí escribe as dúas últimas obras: In ll libros de generatione et corruptione, In Epistolam ad Romanos e a parte III da SummaTheologica, que comezaraanos atrás e que non rematará.

Page 90: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274).Biografía

Morre o 7 de marzo de 1274 no mosteiro cisterciense de Fossa Nova, onde se detivo, presa da enfermidade, cando la camiño do concilio que tiña lugar en Lyon. Foicanonizado en 1323 polo papa Xoán XXII despois de anos de hostilidade cara ásúa obra por membros da Igrexa. Os seus restos forondepositados na Universidadede Toulouse, de onde forontransportados durante a Revolución Francesa ábasílica de Saint Sernin.

Page 91: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino (1225-1274)

Influenzas: Aristóteles e Tomé

Page 92: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Influencias: Aristóteles

As obras de Aristóteles, perdidas para Occidente durante séculos, fan a súaaparición na Idade Media gracias ao pensamento árabe e xudeu, e causan un gran conmoción no pensamentoeuropeo, dominado ata o momento pola interpretación platónica do mundo e o ser humano.

Page 93: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Influencias: Aristóteles

Co redescubrimento da obra aristotélica íntegra e os comentarios que fai Averroesda mesma, créase un movemento filosófico coñecido como AverroísmoLatino, que mantiña dúasteses baseadas nacosmoloxía e antropoloxíaaristotélicas, contrarias ádoutrina cristiá:

Page 94: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Influencias: Aristóteles

1. A eternidade do mundo, preconizada polo pensamento de Aristóteles, atenta contra a crenza cristiá de que o mundo foi creado por Deus. Para Aristóteles, Deus non é máis que o motor inmóbil que moveeternamente un mundo eternamente existente, pero este Deus non creouo mundo nin ten ningunharelación con el.

Page 95: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Influencias: Aristóteles

2. A alma de cada ser humano non é inmortal, senón que morre e corrómpese se, sendo o entendemento o único inmortal. O entendementoao que se refería Aristóteles está presente en cada ser humano, pero é único para toda a humanidade e identifícasecon Deus.

Page 96: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

O catálogo das obras de Tomé de Aquino sobrepasa os centotrinta títulos, cunhadiversidade bastante amplia, tanto no referente á temática, como ao xéneroexpositivo ou áextensión.

Page 97: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Soubose servir, por exemplo, dunha metodoloxía tan tradicional na Escolástica como é a disputatio(“disputación”). Na disputatioaparecen diversos tipos de obxecións, conclusións e respostas en torno a un determinado tema. O espíritu didáctico do aquinate atopanela un instrumento de gran valor para plasmar por escrito o resultado de diversos estudios e investigacións.

Page 98: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Entre as obras do Santo figuran unha ducia de Quodlibetales (disputaciónsde carácter xeral) e 14 series de Cuestións disputadas (de carácter monográfico en torno a un tema determinado. Outramostra atopámolo no Escrito sobre as Sentencias do Mestre Pedro Lombardo.

Page 99: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Tamén utiliza modelos expositivos escolásticos mixturados. Redacta, así, os comentarios a diversas obras de Aristóteles en forma de lectiones, ou dota dunhaestructuración en capítulosmoitas das súas obras, como a Suma contra os xentiles (de singular importancia apoloxética), o opúsculo Verbo do ser e a esencia, etc. Pero todo elo non supón óbice para que se recoñeza o valor dialéctico e pedagóxicoda técnica disputativa.

Page 100: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Existía, ademais, certocostume, entre os mestres medievais, de elaborar compendios máis ou menos sistemáticos, sobre determinadas materias, baixo o título de “Sumas”, atendendo, en liñas xerais, ao esquema típico da “disputación”.

Page 101: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Tomé tamén redacta Sumas pero, fiel ao seuespíritu innovador nametodoloxía, adopta outra metodoloxía, tanto na Suma contra os xentiles, como na Suma de Teoloxía.

Page 102: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

A Suma de Teoloxía éunha obra mestra, o cumio no seu xénero. Tomé proponse con elaelaborar unha especie de enciclopedia teolóxica dirixida áensinanzae retoma a forma expositiva da disputación.

Page 103: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

A Suma de Teoloxía éun grande compendio de teoloxía –con importantísimas aportacións filosóficas-que consta de tres partes. Cada parte estádividida en cuestións e istas, en artigos.

Page 104: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

A estructura de cada artigoatense ao seguinte esquema:Tras suscitar un determinado problema (título), aparece unha serie de dificultades ouobxeccións, nas que recollenopinións máis ou menos vixentes ou de recoñecidaascendencia que se afastanda tese defendida polo autor (“Videtur...”, “Parece que...”).

Page 105: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Na maioría das ocasións, a proposta de tales dificultades surte o efecto dunhaverdadeira dúbida metódica. Logo figura un argumento ousentencia a prol. Normalmente é un argumentode autoridade (“Sed contra...”, “Por outra parte...”). Todo elovén a constituir unha especie de status quaestionis (estado da cuestión), de grande valor científico, en torno ao punto que se trata.

Page 106: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

No corpo do artigo atópase a resposta aoproblema suscitado cos argumentos e distinciónsaxeitados ( “Respondeodicendum...”).

Page 107: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Núltimo lugar figuran as solucións ás dificultades, coas aclaraciónspertinentes en cada caso. (“Ad primum...”, “Ad secundum...”, etc.). Evidentemente, o meollo do pensamento do autor tense que buscar no corpo do artigo e nasrespostas ás obxecións.

Page 108: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Mais o Santo de Aquino, amén de bon pedagogo, foiun destacado exemplo de espíritu aberto e progresista. Non dubidou en mostrar franca simpatía polo sistema filosófico de Aristóteles, nunha época en que un número nada reducido de autoridades eclesiásticas e teólogos éralle francamente hostil.

Page 109: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

En 1215 foran prohibidas naUniversidade de París as obras aristotélicas que versaran sobre metafísica oufilosofía natural. Apreciábaseo valor da lóxica aristotélica, pero, polo demáis, o Estaxirita era considerado un filósofo pagano no cal as súas doutrinas chocaban abertamente coa revelación. Ex., a súa defensa da eternidade do mundo.

Page 110: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

O teólogo dominico estudiouno a fondo, redactouextensos comentarios ássúas obras fundamentais e asumiu moitas das súasteses básicas como entramado perfectamente válido para desenrolarexplicacións filosóficas e teolóxicas. Cando o cita noméao como “o Filósofo”.

Page 111: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Ademais asume comentarios de Averroes, denominado Comentator –”o Comentador”-, algo chocante pois era un filósofo musulmán, o que, no mundo cristiano medieval véna ser sinónimo de “xentil”, ouse se prefire “infiel”. Como o era Avicena, ao que taméncita con certa frecuencia. Lembremos que no séculoXIII continuaban as Cruzadas e as loitas da Reconquista en España.

Page 112: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Paradigma de mestre: metodoloxía e actitude intelectual aperturista

Tomé de Aquino, como teólogo cristiano, tiña a certeza de que as verdades máis transcendentaisproviñan da luz da revelación; pero tamén era conscente de que a razón, usada rectamente, podía alcanzar moitas verdades que non entraban no ámbito da fe e mesmo vislumbrar algunhasdas reveladas por Deus. E en ningures estaba escrito que o uso correcto da razón fora un privilexio dos cristiáns.

Page 113: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

A pretensión de racionalizar a fe, de compatibilizar as súasverdades coas verdades da razón, foi unha constante ólongo da ldade Media. O problema das relacións entre razón e fe consiste en tratar de poñer en relación e comparar os contidos da fe e os da filosofía.

Page 114: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

A disputa versa sobre a primacía da fe sobre a razón, ou da razón sobre a fe. Durante a Idade Media, existen principalmente dúasposturas á hora de tratar estas relacións. Unharepresentada polos «dialécticos», que consideran que a razón é moi beneficiosa para a fe, para axudar a crer, e noutra polos «antidialécticos», que afirman que a filosofía é nociva para a fe e opóñense ásposibilidades da razón.

Page 115: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

A escolástica imprimira un seloespecial á filosofía cristiana, e a entendera como ancillatheologiae, serva da teoloxía. A fe primaba sobre a razón. Durante a Alta Idade Media, cando co nomede “filosofía” solía facersereferencia case exclusivamente álóxica ou a arte dialéctica –agásno caso de Xoan Escoto Eríxena-, en tanto que a lóxica era utilizada polos teólogos como un “instrumento” do que se servían para explicitar a verdaderevelada.

Page 116: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Pero na Escolástica do século XIII, na que a metafísica alcanzara un desenrolo nada despreciable, e, de forma especial, no pensamento de Tomé, a situación merece unha consideración notablemente distinta.

Page 117: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Tomé de Aquino entende que a razón e a fe representan dousfeitos distintos, pero non diverxentes, de coñecemento:a) Afirma que son distintos porque a fe se basea na revelaciónsobrenatural, mentres que a razóné unha facultade que corresponde ás persoas sobre a base da súapropia natureza.b) Sostén que non sondiverxentes porque entre elas non pode darse contradicción, dado que teñen unha orixe común: a fonte da verdade (Deus).

Page 118: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Rexeita, polo tanto, a tese dalgúns averroístas, a teoría da dobre verdade dos averroístas latinos, acerca da existencia de dúasverdarles de signo contrario: a da fe e a da razón.

Page 119: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Tomé de Aquino describe un triple ámbito de verdades:

a) Verdades ás que se pode acceder só coa razón natural e que non inciden no ámbito da salvación. Por exemplo: as verdades das matemáticas ou as da ciencia natural.

Verdades da

Razón

Page 120: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

b) Verdades que o ser humano podería acadarcoa súa razón, pero que son importantes para a salvación da especie humana e que por tanto requiren tamén a intervención da fe. Estas non son «artigos de fe», senón «preámbulos da fe».Por exemplo: a inmortalidade da alma, a demostración racional da existencia de Deus.

Artigosde Fe

VerdadesDa Razón

Preámbulosda Fe

Page 121: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Artigosde Fe

c) Verdades que están contidas nos «artigos dafe» e que exceden as posibilidades naturais da razón humana. Para estas resulta imprescindible a fe. Por exemplo, os misterios da Trindade ou da Encarnación.

Page 122: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Desde estas tres perspectivas épreciso entender as relaciónsentre a razón e a fe, ou entre a filosofía, como saber racional, e a teoloxía, como saber fundado narevelación, sobrenatural. Son relacións de autonomía e de mutua colaboración. Polo tanto, razón e fe harmonízanse e compleméntanse.

Page 123: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. As relacións entre a fe e a razón

Por iso resulta lexítimo o uso da razón para aquelas verdades que o coñecemento humano pode acadar e ó mesmo tempo a fe prolonga a capacidade de coñecemento humano máis aládos límites da nosa razón. Nestecontexto, a filosofía comeza a deixar de ser a «criada» dateoloxía (ancilla theologiae), édicir, a consideración de que a razón está ó servicio da fe; pois a razón ten o seu propio ámbito de aplicación, autónomo, dentro desaverdade única, ó igual que ocorrecoa fe.

Page 124: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

Os conceptos de esencia e existencia son novos e o noso autor recíbeos en herdanza especialmente do pensador árabe iraniano Avicena. Tomé de Aquino distingue coidadosamenteentre o que as cousas son (esencia) e o feito de que existan ou non (existencia).

Page 125: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

A esencia é un conxunto de características que fan que unhacousa sexa o que é, a súasingularidade, que a fan distinguirse doutras. Por exemplo: a esencia do ser humano é ser «animal racional». Existencia é o acto de ser, recibido na esencia pola intervención de «causas segundas» (pais) ou da «causa primeira» (Deus), que é acto puro.

Page 126: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

En Deus, esencia e existencia identifícanse, non hai distinción. Deus éun ser necesario: existe e non deixa de existir. A súa esencia consiste no acto de existir.

Page 127: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

Pola contra, os seres creados, que están compostos de esencia e existencia son continxentes, é dicir, existen, pero poden deixar de existir (por exemplo, coa morte) polo que á súa existencia non pertence necesariamente a súa existencia.

Page 128: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

Os seres creados participan do ser de Deus en graos diferentes, segundo a capacidade de ser das súasrespectivas esencias. O noso autor establece unhaxerarquización entre os diferentes seres, segundo o criterio da proximidade árealidade (Creador). Asítemos:

Page 129: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

• Deus: substanciaprimeira (esencia = existencia)

Page 130: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

• Os anxos: seres inmateriais (esencia = forma sen materia)

Page 131: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

• Os seres humanos: (esencia = materia + forma)

Page 132: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A estructura da realidade

• As cousas: (esencia = materia + forma)

Page 133: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Tomé de Aquino era fundamentalmente un teólogo: tanto naSuma de Teoloxíacomo na Suma contra os Xentiles trata de afianzar o saber humano sobre Deus.

Page 134: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O coñecementohumano ten o seupunto de partida naexperiencia sensible, posto que non éposible un coñecemento intuitivo de Deus (agás visión beatífica).

Page 135: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Mais a intelixenciahumana pode chegarao coñecemento da existencia de Deus a partir dos datos empíricos. Válesepara elo de 5 VÍAS.

Page 136: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Antes de expoñelas énecesario refutar os dous modos de pensar a Deus na súaépoca: o ONTOLOXISMO e o TRADICIONALISMO.

Page 137: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O ONTOLOXISMOconsidera que o primeiroser ten que constituir o obxecto primeiro do coñecemento e xa que logo, atribuía á mente humana a capacidade de coñecer a existencia do Ser supremo de forma evidente e imediata.

Page 138: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Para o de Aquino, sen embargo, o coñecemento humano é PRECARIO, poisnon pode alcanzar de modo satisfactorio a esencia diviñadurante a súaexistencia terrenal.

Page 139: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O representante máisxenlleiro do ontoloxismo é S. ANSELMO DE CANTERBURY (S. XI)que propoñía un “ARGUMENTO ONTOLÓXICO” para demostrar a existencia de Deus.

Page 140: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

S. Anselmo creu atoparunha testemuñairrefutable da existencia de Deus no feito de que todo o mundo o concibe como “o máis inmenso que se pode pensar”. A suposición de que tal ser non exista sería unhacontradicción manifesta, dado que se poderíapensar noutro maior.

Page 141: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Tomé replica a S. Anselmo que existe no seu argumento un tránsito indebido da ordelóxica ao da realidade, pois da idea dun ser, por inmenso que sexa, só se pode concluir a correspondente idea de existencia, nunca a existencia real, a non ser que xa se supoñarealmente existente ditainmensidade.

Page 142: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O TRADICIONALISMOamósase tan desconfiado das posibilidades da intelixencia humana, que lle nega a aptitude para demostrar a existencia dun ser supremo: só se chegapolo camiño da fe.

Page 143: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O “Doctor Anxélico” refuta esta teoría distinguindoentre demostración apriori (aquela que conclúenos efectos a partir das causas) e a posteriori(que, tomando como principio da argumentación certosefectos, chega áexistencia dunha causa).

Page 144: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Para o aquinate éimposible argumentar a priori a existencia de Deus, posto que isto implicaría que o ser incausado éefecto dunha causa superior, o cal éimposible.

Page 145: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Tomé de Aquino aboga por unha demostración a posteriori da existencia de Deus mediante 5 vías. As 5 vías son 5 argumentos que permiten á mente humana acceder aocoñecemento da existencia dun Ser Supremo a partir da experiencia sensible.

Page 146: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Todas as vías recurren aoPRINCIPIO DE CAUSALIDADE: proporciona a trabazón metafísica para enlazar feitos empíricos cunharealidade suprema que transcende toda empiria. Se non se acepta este, desmorónase a argumentación.

Page 147: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Os 5 argumentos manteñen o mesmoesquema:Un punto de partida: parte dun dato da experiencia, algo perfectamente observable.1º grao da vía: a aplicación do principio de causalidade ou razón suficiente a dito punto de partida (os efectos empíricos postulan a existencia das cousas).

2º grao da vía: é imposible que se poda dar unha serie infinita de causas subordinadas unhas a outras: É NECESARIO SUPOÑER UNHA CAUSA 1ª.Termo final: tal causa 1ª éDeus.

Page 148: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

A primeira das vías parte da constatación empírica do movemiento. A existencia de realidades cambiantes no mundo éinnegable. Agora ben, «todo o que se move émovido por outro», porque o que se moveestá en potencia respecto daquello cara o que se move, y nada pode pasar da potencia ao acto se non é en virtude de algo que xa se atopa en acto.

A explicación do movemento, por conseguinte, fai pensar nunha serie de motores móbiles que vanseaccionando uns a outros. E, dado que este proceso non pode ser infinito, énecesario admitir a existencia dun primeiromotor inmóbil: Deus.

Page 149: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

O segundo argumentoestá tomado da causalidade eficiente. No mundo podemos observar series de efectos e causasque, a súa vez, son producidas por outras, pois nada pode ser causa de sí mesmo. Como tales series non poden prolongarse de maneirainfinita, todo fai pensar,

na existencia dunha causa primeiraincausada, que éDeus.

Page 150: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

A terceira vía toma o seupunto de arranque da continxencia dos seres mundanos. Os seres continxentes, como xa se veu, non teñen en símesmos a razón da súaexistencia. Ista só pode devenirlles dalgún ser necesario.

Si este, a súa vez, depende de outro e este doutro, e asísucesivamente, atopámonos de novo abocados a unha cadeainfinita imposible a todas luces. Por elo ha de inferirse a existencia dun ser absolutamente necesario, ao que todos chaman Deus.

Page 151: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

Os diversos graos de perfección nas cousasconstitúe o punto inicial da cuarta vía. A verdade, a bondade, a nobreza e outras perfeccións non se atopan repartidas por igual nos distintos seres do mundo, senón que admiten diversidade de graos.

Pero a gradación nasperfeccións implica relación á perfección absoluta. Logo existe o ser absolutamente perfecto: Deus.

Page 152: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. O argumento ontolóxico ou existencia de Deus

A quinta e derradeira víabaséase na orde que se aprecia no universo. Todo axente obra por un fin. Os axentes dotados de coñecemiento poden perseguir os seus finsconscientemente, asícomo tamén conducir outras cousas cara os seus obxectivos.

Pero a orde admirable que reina entre o resto dos axentes mundanos postula a existencia dunha intelixenciasuprema, á que chamamos Deus.

Page 153: Tomé de Aquino

VÍA Influxos Punto de partida Principio de causalidade

Imposibilidadede retrocesión ao infinito

Termo fina

1ªMOVEMENTO

Aristóteles Todo se move Cadea de movementos

Motor inmóbil DEUS

DEUS

DEUS

DEUS

DEUS

2ª CAUSA EFICIENTE

Aristóteles Existen causas eficientes

Unhas causas están subordinadas a outras

Causa incausada

3ªCONTINXENCIA

Maimónides, Avicena

Existen seres continxentes

Cadea de causas de seres continxentes

Ser necesario

4ª Graos de perfección

Platón, Agostiño e Anselmo

Existen graos de perfección nos seres

Graduación de seres e de causas destesseres

Ser perfecto

5ªFinalidade

Platón, Agostiño

Todo tende a un fin

Necesidade dunSer que dirixa e entenda

IntelixenciaSuprema

Page 154: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Unha vez demostrada a existencia dun Ser Supremo, cómpreinvestigar o que considera accesible árazón humana verbo da natureza divina, é dicir, a esencia de Deus.

Page 155: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Mais o coñecemento humano é precario e “a sustancia divina sobrepasa pola súainmensidade todas as formas do noso entendemento”. Acode á “analoxía do ser”, aínda admitindo que existe unha gran diferencia entre as criaturas e Deus, polo que o noso coñecemento da súaesencia queda escurecido.

Page 156: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Existen tres vías polasque a razón humana intenta aprehender a esencia divina: 1) A VÍA AFIRMATIVA2) A VÍA DE EMINENCIA3) A VÍA NEGATIVA OU DE REMOCIÓN

Page 157: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

1) VÍA AFIRMATIVA OU DE CAUSALIDADE: afirmamos de Deus todo o que o nosoentendemento é capaz de concebir.Nas criaturas danseperfeccións que, en canto tales, non denotan imperfección algunha: a deficiencia que podemos observar nelas débese álimitación da propia criatura.

Page 158: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Tal é o caso das chamadas“perfeccións puras” como a bondade ou a sabiduría. Logo Deus é intelixencia, sabiduría, vida, bondade: se se dan nascriaturas tales perfeccións, non pode o Creador carecer delas. É impensable que a causa esté desprovista das perfeccións atopadas nos efectos.

Page 159: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

2) VÍA DE EMINENCIA: atribuímos a Deus todo o que entendemos de El en grao sumo.A distancia entre as criaturas e Deus é infinita; para falardel recurrimos á vía da eminencia, predicando de Deus as perfeccións en grao supremo.

Page 160: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Así, Deus é un ser omnipotente, omnisciente, suprema bondade, suprema perfección.

Page 161: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

3) VÍA NEGATIVA OU DE REMOCIÓN: exclúede Deus as imperfecciónsobservadas nos seres creados para acceder aopouco que podemos coñecer dos atributos divinos.

Page 162: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Non podemos saber o que é, só o que non é.O aquinate amosa unha clara preferencia por esta vía, seguindo deste modo unhatradición existente desde a Patrística.Deus é simple, perfecto, acto puro, infinito, inmutable, eterno e un.

Page 163: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. A demostración da esencia de Deus

Con todo hai un atributo fundamental: Deus é o mesmo ser subsistente nel: esencia e existencia identifícanse, son a mesma realidade. Esta perfección atañe ádivinidade de forma exclusiva.

Page 164: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

A realidade do mundo e a de todo o que existe, dada a súacontinxencia, non pode ser explicada se non é por creación divina. Ao igual có resto dos filósofos medievais tributarios da tradición cristiá, afirma a creación ex nihilo, é dicir, a creación do mundo mediante un acto de Deus totalmente libre, radical e orixinario.

Page 165: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

A nada non representa unhamateria informe preexistente, senón a inexistencia absoluta, e non pode tomarse como a causa da creación, pois esta é só obra de Deus. O mundo tampouco é creado por “emanación” necesaria da natureza divina, como afirmaba o neoplatónico Plotino. Deus non estásuxeito a ningunhanecesidade, senón que crea libremente.

Page 166: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Todo o mundano estásometido ao cambio. A Cosmoloxía tomista asume de Aristóteles non só a noción de movemento, senóntamén a súaclasificación.

Page 167: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Catro son as modalidades do cambio, como en Aristóteles:1) CAMBIO SUSTANCIAL: unha cousa concreta deixa de ser o que é e se convirtenunha sustancia distinta (unha árbore convertida en carbón por acción do lume).

Page 168: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

E os CAMBIOS ACCIDENTAIS:2) CAMBIO LOCATIVO:

Cando unha cousa muda de lugar.3) CAMBIO CUALITATIVO: cando a sustancia se ve alterada nalgunha das súascualidades.4) CAMBIO CUANTITATIVO: cando a sustancia sufre aumento ou disminución.

Page 169: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

A concepción do movementoestá –tamén como no Estaxirita- íntimamente relacionada coa teoría das causas.Catro son os xéneros de causas:1) CAUSA MATERIAL: oumateria, que “non é principio de acción, senón suxeito que recibe o efecto da acción”.

Page 170: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

2) CAUSA FORMAL: ounova forma que se adquire no cambio.3) CAUSA EFICIENTE: o axente que leva a cabo a mutación.4) CAUSA FINAL: ou fin perseguido polo axentena súa actuación.

Page 171: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Pódese apreciar, tanto a través da explicación do movemento, como no modo de interpretar a causalidade, a importancia que a teoría hilemórfica ostenta naCosmoloxía do Aquinate. Pero tamén interesa subliñaro papel preponderante atribuido á causa final. O sentido teleolóxico que inerva a filosofía de Tomé éinnegable.

Page 172: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

O que está en potencia tendeao acto e o imperfecto trata de alcanzar o correspondentenivel de perfección. Agoraben, o acto, a perfección, ten razón de ben e, en canto tal, de fin que se persegue. Calquera deficiencia aorespecto, entra, por definición, nas coordenadas do mal.

Page 173: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Un dos escollos máis agudos que se presenta en torno ádoutrina da creación e providencia divinas é o problema do mal. Pois, se un Deus omnipotente e infinitamente bo crea tódalascousas e coa súa providencia as mantén no ser e as encamina cara a perfección de seu, como explicar a existencia do mal no mundo?

Page 174: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Santo Tomé, seguindo pautas agustinianas, interpreta o mal en caracteres de negatividade. O mal dasecando nun ser prodúcesealgunha deficiencia en torno a unha perfección que llecorresponde. P. ex. a carencia de visión non é un mal na pedra, pero si nunhome. Logo, o mal non é ser, senón carencia ou defecto no ser.

Page 175: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Deus e o mundo

Polo tanto, non se pode dicirque Deus creara o mal, nin énecesario pensar nalgúnprincipio orixinario do mal en si. Deus creou seres, unsmáis perfectos e outros máisimperfectos. E naimperfección entra a posibilidade da deficiencia e o desorde. Deus permitiunopara obter un beneficio maior: a liberdade da vontade e o perfeccionamento do mundo.

Page 176: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

A antropoloxía de Toméde Aquino evoca as pautas do hilemorfismo aristotélico, pero con matices provocados polanecesidade de facercompatibles a concepción do ser humano coa verdaderevelada.

Page 177: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

Destacaremos dous rasgos principais:1) A UNIDADE HILEMÓRFICA DO SER HUMANO:Fronte ao DUALISMO ESAXERADO característico do platonismo e, matizadamente, do agustinismo, segundo o cal o home é fundamentalmente un alma que se sirve dun corpocomo dun instrumento ao que se atopa vencellada de forma accidental, defende a unidadehilemórfica do ser humano.

Page 178: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

A unidade hilemórfica do ser humano defende a unión sustancial entre o corpo e a alma racional.Corpo e alma non son “sustancias completas” que levan a cabo unha actuación conxunta ao longo da vida, senón “sustancias incompletas” que se relacionan entre si a modo de materia primeira e forma sustancial.

Page 179: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

Só a unión de ámbolos dousprincipios dá lugar ao ser humano. Esta interpretación permite atribuir a un sósuxeito, na súa unidadepsicofísica, tanto as operacións tipicamentecorporais –nutrición, sensacións,...-, como as máiselevadas actividades do espíritu –intelección e volición-.

Page 180: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

O de Aquino, como Aristóteles, admite a existencia de alma vexetativanas prantas, sensitiva nos animais e intelectiva nos humanos. Cada unha das almas de orde superior implica virtualmente as inferiores, é dicir, pode desempeñar as funcións das mesmas. Así, a alma intelectiva, única no ser humano, é o principio formal que posibilita as operaciónsvexetativas e sensitivas do mesmo.

Page 181: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

2) INMORTALIDADE DA ALMA:É unha diferencia coaconcepción psicolóxica de Aristóteles.Dos tres tipos de alma, a única inmaterial, subsistente e incorruptible é a intelectiva. Ten a posibilidade de subsistir trala morte do individuo.

Page 182: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: concepción psicosomática do home.

Mais “á alma correspóndelleesencialmente estar unida aocorpo”. Con isto pretende explicar racionalmente o dogma da resurrección persoal: a alma non estaráseparada do corpoperpetuamente; é preciso que de novo se una ao corpo que é resucitar.

Page 183: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

O ser humano pode coñecer a realidadepero, como se produce e en que consiste?O ser humano é un composto hilemórficoconstituído por un corpomaterial e un alma espiritual (principio da vida sensitiva).

Page 184: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Hai que distinguir dousámbitos distintos –anquecomplementarios- de coñecemento: o coñecemento sensible, do que tamén están dotados os animais, e o coñecemento intelectual, específico do ser humano.

O ser

humano

Corpomaterial

CoñecementoSensible (tamén animais)

CoñecementoIntelectual (específico humano)

Alma espiritual

Page 185: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

O coñecemento sensibleversa sobre o particular, o concreto e o minimamentedesmaterializado.O coñecementointelectual caracterízasepola súa universalidade, abstracción e inmaterialidade.

O ser

humano

Corpomaterial

CoñecementoSensible (tamén animais)

CoñecementoIntelectual (específico humano)

Alma espiritual

Page 186: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

O coñecemento implica sempre unha certa“asimilación do cognoscente aocoñecido”, pero tal asimilación non pode ser absoluta (a vista non se fai “pedra” cando ve a pedra).

O ser

humano

Corpomaterial

CoñecementoSensible (tamén animais)

CoñecementoIntelectual (específico humano)

Alma espiritual

Page 187: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Explicación desa“asimilación”:Entende tal asimilación como unha“INFORMACIÓN” (hai que supoñer no cognoscente a presencia dalgunha“forma” ou “imaxe” que “informe” a este do obxecto coñecido). Son as especies: as formas do obxecto mediante as que este faise presente aosuxeito.

Corpomaterial

CoñecementoSensible (tamén animais)

O ser

humano CoñecementoIntelectual (específico humano)

Alma espiritual

Page 188: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Para o aquinate non hai ideas innatas, a alma ao nacer é como un encerado en branco, é dicir, unhatábula rasa.Ao partir dos sentidos evidencia a orixeempírica do coñecemento.

Corpomaterial

CoñecementoSensible (tamén animais)

O ser

humano CoñecementoIntelectual (específico humano)

Alma espiritual

Page 189: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Describamos o proceso do coñecemento:Con todo o material proporcionado polos sentidos externos e internos, a imaxinación(fantasía) elabora unhaimaxe (pantasma), sobre a que actúa e proxecta a súa“luz” o entendementoaxente, abstraendo a esencia universal das cousas materiais e dando lugar á “especie intelixible”.

Esta “especie intelixible”permite ao entendementopacente pasar da potencia ao acto e coñecer, por medio dela, a esencia universal das distintas realidades. O que o entendementocoñece son as esencias universais, e sóindirectamente, as realidades individuais.

Page 190: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Imaxinación-memoria

EntendementoAxente

Obxecto Sentidos

Imaxe(pantasma)

Especie

Intelixible

Entendemento

Pacente

CONCEPTO

Page 191: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

Polo tanto, Tomé de Aquino distingue un dobre coñecemento:o sensible (sentidos-imaxinación-memoria)O intelectual (entendemento axente e entendemento pacente)

O coñe-cemento

humano

CoñecementoSensible

CoñecementoIntelectual

Sentidos

Imaxinación

Memoria

EntendementoAxente

EntendementoPacente

Page 192: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: o coñecemento.

O entendemento axentesupón a capacidade de desmaterializar, universalizar, e abstraer das imaxes sensibles as esencias universais.O entendementopacente a capacidadede coñecer o universal e abstracto.

O coñe-cemento

humano

CoñecementoSensible

CoñecementoIntelectual

Sentidos

Imaxinación

Memoria

EntendementoAxente

EntendementoPacente

Page 193: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A ética tomista, como a aristotélica, é teleolóxica e eudemonista.A natureza humana persigue un fin: toda acción humana tende a un fin;e o fin é o bendunha acción. Hai un fin último cara ao que tenden as accións humanas: a felicidade.

Page 194: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A felicidade non pode consistir na posesión de bens materiais, senónque ten que identificarse coa posesión do coñecemento dos obxectos máis elevados (teoría oucontemplación).

Page 195: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

No seu denodado intento por achegar aristotelismo e cristianismo, identifica a felicidade coa contemplación beatífica de Deus. Logo para o aquinate a felicidade non éterreal: a bienaventuranza perfecta só pode lograla coavisión da esencia divina, e a visión beatífica non éasequible ao ser humano neste mundo.

Page 196: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

Distingue tres clases de virtudes:1) Corporais (perfección do corpo: a saúde).2) Morais (moderación nos desexos: temperanza, fortaleza e xustiza).3) Intelectuais (perfección no entendemento: sabedoría e prudencia).

Page 197: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

Por virtude entende tamén un hábito selectivo da razón que se forma mediante a repetición de actos bos.Á razón correspóndelle dirixirao home cara ó seu propio fin, e o fin do home ha de estar acorde coa natureza, polo que a actividadepropiamente moral recae sobre a deliberación. Concede, polo tanto, primacía ao entendemento sobre a vontade.

Page 198: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

Un dos primeiros principios que descobre a razón é que ha de facer o ben e evitar o mal. Del síguense todas as esixencias básicas do comportamento moral, emanadas directamente das inclinacións ou tendencias naturais do ser humano: a defensa da vida, a conservación da especie a través da procreación e crianza dos fillos, a búsqueda da verdade relacionada co fin último e a convivencia social.

Page 199: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

Se a humanidade ten unha natureza idéntica e un mesmo fin ségueseque os actos humanos tendentes a ese fin teñen que estar regulados por unhanormativa común: a LEI NATURAL.

Page 200: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A LEI NATURAL é “a participación da lei eterna nacriatura racional”.Por LEI ETERNA refírese aoordenamento que a sabiduría fai, desde a eternidade, de cada cousa cara ao seurespectivo fin.Os seres racionais teñen a ventaxa de paricipar dela dunha forma especial, acorde a súa racionalidade, e esta participación é a lei natural.

Page 201: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A lei natural baséase en tres tendencias:En canto substancia, o ser humano tende a conservar a súa propia existencia, de aquí o deber moral de procurar e conservar a súaexistencia.En canto animal, o ser humano tende a procrear. Diso vén o deber moral de coidar aos fillos.En canto ser racional, o ser humano tende a coñecer a verdade e vivir en sociedade. De aquí a obriga moral de buscar a verdade e respectar as esixencias da xustiza,

Page 202: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A lei natural ten tres características: 1) É evidente (normas facilmente coñecidas polos seres humanos).2) É universal (común a todos os seres humanos).3) É inmutable (permanece sempre igual a pesar dos cambios nas sociedades).

Page 203: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a ética.

A LEI POSITIVA ou HUMANA é a leiescrita promulgada polos gobernos.Esta lei é unha esixencia da leinatural, que impón a vida en sociedade, vida que só é posible se existen normas legais que regulen a convivencia. Por outra banda, a leipositiva constitúe a prolongación da lei natural, polo que debe de concretar as normas morais naturais, que son xerais.

Page 204: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a política.

A convivencia social é unhadas esixencias da LEI NATURAL. O ser humano para o aquinate, como para o estaxirita, é un ser social por natureza.

Page 205: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a política.

A convivencia en sociedaderequire dirección e goberno.Unha autoridade que dirixe os Estados cara ao ben común énecesaria. Dado que a sociedade é unha esixencia da natureza e ista ten a súa orixeen Deus tamén a autoridade éde orixe divina.

Page 206: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a política.

Afírmase a orixe divina da autoridade e que os gobernantes sexanresponsables ante Deus (a tiranía debe ser evitada).Os gobernantes deben promulgar leis xustas que se encamiñen cara ao Bencomún.

Page 207: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a política.

A LEI POSITIVA para ser xusta debe manter a concordancia coa LEI NATURAL.Senón é así, e debén inxustaos súbditos poden desobedecela.

Page 208: Tomé de Aquino

Tomé de Aquino. Antropoloxía: a política.

Así, existen tres tipos de goberno bos ou xustos: democrático, aristocrático e monárquico.E tres son os tipos de gobernoque representan a inxustiza ouson malos: demagóxico, oligárquico e tirano.