· web viewa etapa péchase coa caída do muro de berlín en 1989 pola crise do mundo soviético....

26
Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato TEMA 13 A Guerra Fría: o mundo polarizado Xa nas conferencias previas á caída da Alemaña nazi só o desexo común de derrotar a Hitler mantivera unidos os aliados. Tras a caída de Berlín, empezan a aparecer as primeiras gretas na coalición vencedora. Entre 1946 e 1947 a desconfianza mutua entre americanos e soviéticos, produto de ideoloxías antagónicas, vai desembocar nunha aberta hostilidade que durará ata 1990 e que se coñece como Guerra Fría, sinónimo dun mundo de tensións que non chegan a estalar directamente entre os dous grandes, senón a través de terceiros países. EUA e a URSS buscaron ampliar as súas zonas de influencia, disputándose o control de países para que non caesen no bando contrario. A certeza do ataque do outro podía acaecer en calquera momento xera unha escalada bélica sen precedentes en tempo de paz e un crecemento espectacular do arsenal nuclear coñecido como equilibrio do terror. A guerra pasa por varias etapas onde se alternan momentos de tensión con outros de distensión. Foron crises graves: guerra civil grega, bloqueo de Berlín de 1948, guerra de Corea de 1950 a 1953, a crise dos mísiles de Cuba de 1962... en calquera deles o enfrontamento directo entre os dous superpoderes foi posible. A etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. 1

Upload: ngobao

Post on 08-Nov-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

TEMA 13 A Guerra Fría: o mundo polarizado

Xa nas conferencias previas á caída da Alemaña nazi só o desexo común de derrotar a Hitler mantivera unidos os aliados. Tras a caída de Berlín, empezan a aparecer as primeiras gretas na coalición vencedora. Entre 1946 e 1947 a desconfianza mutua entre americanos e soviéticos, produto de ideoloxías antagónicas, vai desembocar nunha aberta hostilidade que durará ata 1990 e que se coñece como Guerra Fría, sinónimo dun mundo de tensións que non chegan a estalar directamente entre os dous grandes, senón a través de terceiros países. EUA e a URSS buscaron ampliar as súas zonas de influencia, disputándose o control de países para que non caesen no bando contrario. A certeza do ataque do outro podía acaecer en calquera momento xera unha escalada bélica sen precedentes en tempo de paz e un crecemento espectacular do arsenal nuclear coñecido como equilibrio do terror. A guerra pasa por varias etapas onde se alternan momentos de tensión con outros de distensión. Foron crises graves: guerra civil grega, bloqueo de Berlín de 1948, guerra de Corea de 1950 a 1953, a crise dos mísiles de Cuba de 1962... en calquera deles o enfrontamento directo entre os dous superpoderes foi posible. A etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético.

1

Page 2:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989

ORIXE E CARACTERÍSTICAS DA GUERRA FRÍA.Dous mundos antagónicos.A orixe desta situación remóntase á desconfianza existente entre EUA e a URSS durante a II Guerra Mundial e que, inmediatamente despois da vitoria sobre o seu inimigo común, o nazismo, estalará nunha loita de dominio estratéxico.Ambos os dous países entraran na guerra debido ás agresións respectivas de xaponeses e alemáns, abandonando a política arredista do período de entreguerras. Unha vez lograda a vitoria, comezaron as discrepancias.A desconfianza apoiouse ademais en feitos como o monopolio atómico de EUA e as presións soviéticas sobre os gobernos dos países de Europa do leste, reconquistados aos nazis, nos que se implantaron réximes comunistas sen previa consulta ás súas poboacións.A esta desconfianza hai que engadir a rivalidade ideolóxica, expresada a través da propaganda, á que recorreron ambos os dous bandos. Estados Unidos era representado como o máximo expoñente do imperialismo, do capitalismo e da explotación dos máis desfavorecidos e, a Unión Soviética, como símbolo da revolución, do ateísmo e da tiranía. O anticomunismo estaba moi estendido en amplos sectores

2

Page 3:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

políticos e sociais europeos e estadounidenses xa dende 1917 e a URSS fora rexeitada pola diplomacia occidental dende a súa creación.Despois da guerra, a corrente anticomunista intensificouse e foi difundida polos medios políticos e xornalísticos occidentais. En Occidente, e especialmente en EUA, os movementos intelectuais e artistas de ideoloxía esquerdista foron perseguidos durante os anos corenta e cincuenta.Esta reacción anticomunista, ou "caza de bruxas", chegou nalgúns casos a incitar os cidadáns a delatar os seus veciños ou compañeiros de traballo por "comunistas" ou "traidores" ao país (macartismo). Pola súa banda, nos países comunistas a censura era total, sen ningunha liberdade de expresión e, os disidentes co sistema, eran enviados a campos de concentración (Gulag), desterrados; ademais aos cidadáns dos países soviéticos ou de órbita soviética non se lles permitía viaxar ao estranxeiro nada máis que en situacións especiais e baixo supervisión.

Características da Guerra Fría: contención, disuasión e carreira nuclear (equilibrio do terror).A guerra fría iniciouse inmediatamente despois da Segunda Guerra Mundial, entre1946 e 1948, e finalizou en 1991, coa disolución definitiva da URSS e do bloque económico e militar soviético. Neste longo período houbo momentos nos que a tensión alcanzou niveis de máxima intensidade nos cales a guerra parecía inminente. Isto convertía á situación internacional en moi inestable, como entre 1948- 1962 e entre 1975- 1985. Pero tamén houbo períodos de distensión, nos que non parecía existir perigo de guerra e a situación entre os dous bloques era abondo estable como para falar de «coexistencia pacífica», por exemplo entre 1962 -1975 e a partir de 1985.Un trazo importante da guerra fría foi o medo colectivo a unha guerra nuclear, que supoñería a destrución total da civilización. O período de entreguerras caracterizouse por un temor constante ao estalido dunha nova guerra; pero a partir de 1945 o medo foi máis alá: a capacidade tecnolóxica e científica dos exércitos ameazaba coa

3

Page 4:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

aniquilación completa do xénero humano. A conciencia de que o inicio dunha guerra entre Estados Unidos e a URSS podería desembocar nun suicidio colectivo contribuíu a evitar o enfrontamento armado directo entre ambos os dous países.A estratexia da guerra fría consistiu basicamente na contención do inimigo na súa área de influencia e no mantemento dun equilibrio armamentístico entre os dous bloques. Se o potencial militar de ambos os dous bandos era equivalente, garantíase a destrución mutua en caso de conflito, o que servía como elemento de disuasión: como ningún país podería obter a vitoria nunha contenda, ningún a iniciaría.Cando se sospeitaba que o adversario lograba a máis mínima vantaxe, xeográfica (un país que cambiaba de bando ou ameazaba con facelo), estratéxica (creación de novas bases militares nun punto ou outro do planeta) ou tecnolóxica (novas armas ou aumento das existentes, avances na investigación espacial ou no campo das comunicacións), os servizos de espionaxe e intelixencia (defensa nacional) trataban de neutralizala. Para iso, ou ben imitaban as vantaxes do adversario, ou ben incrementaban vertixinosamente os gastos en armamento e investigación, co que a desconfianza e o temor recíproco crecían. Durante a guerra fría producíronse conflitos localizados xeralmente no inestable Terceiro Mundo, nos que se ensaiaban as novas armas e se obtiñan vantaxes limitadas, e crises periódicas nas que EUA e a URSS medían as súas forzas.A ruptura da coalición aliada e os primeiros puntos de fricción.O comezo da guerra fría produciuse entre 1946 e 1948 como consecuencia dunha serie de acontecementos internacionais que foron incrementando a desconfianza e o temor entre os países occidentais e a URSS:O discurso de Churchill en Fulton. En marzo de 1946 Churchill pronunciou un discurso na Universidade de Fulton (Missouri, EUA) no que falou da aparición en Europa dun «pano de aceiro», que a dividía pola metade, e sinalou a necesidade de deter o expansionismo soviético pola forza. Este discurso foi replicado duramente por Stalin.

Doc. 1. Discurso de Winston Churchill en Westminster College, Fulton, Missouri5 de marzo de 1946

Dende Stettin, no Báltico, a Trieste, no Adriático, caeu sobre o continente un pano de aceiro. Tras el encóntranse todas as capitais dos antigos Estados de Europa central e oriental (...), todas estas famosas cidades e as súas poboacións e os países en torno a elas encóntranse no que debo chamar a esfera soviética, e todos están sometidos, dun xeito ou outra, non só á influencia soviética, senón a unha alta e, en moitos casos, crecente medida de control por parte de Moscova(...). É preciso que os pobos de lingua inglesa se unan con urxencia para impedir aos rusos toda tentativa de cobiza ou aventura.

As iniciativas americanas: o plan Marshall. Os primeiros enfrontamentos.a) A doutrina Truman o Plan Marshall.Nesta liña, EUA deu un xiro en 1947 á súa política exterior. O presidente Truman formulou a que se coñecerá como Doutrina Truman: EUA debía apoiar aos países libres (é dicir, capitalistas) e impedir que neles se impuxesen réximes totalitarios (ou sexa, pro soviéticos). O apoio sería tanto militar coma económico, canalizado este último en Europa occidental a través do Plan Marshall. Este programa de axuda económica, financiado por EE.UU e aprobado en abril de 1948, contribuíu decisivamente á

4

Page 5:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

reconstrución de Europa occidental. Desta reconstrución económica esperábase obter beneficios sociais e políticos: pretendíase afastar a poboación europea de calquera tentación comunista e impedir movementos subversivos dentro dos países occidentais. España (polo seu réxime político) e os países do leste non recibiron esta axuda.A crise de Irán. En Irán, país ocupado por tropas británicas e soviéticas durante a guerra, acordouse a retirada común de tropas en 1946. Non obstante, a URSS negouse a facelo. Finalmente cedeu e retirou as súas tropas ante as presións de EUA e de Gran Bretaña.Irán quedou na zona de influencia occidental, constituíndo unha ameaza para a URSS.A entrada do leste de Europa na órbita soviética. En Europa oriental, os partidos comunistas ou, dentro deles, os grupos prosoviéticos, fixéronse co poder mediante golpes de Estado entre 1947 e 1948. Especialmente impactante foi o caso de Checoslovaquia, onde existía unha tradición parlamentaria anterior á guerra. Creáronse así réximes de partido único similares ao da URSS. Só quedou excluída Iugoslavia, na que se implantou un réxime socialista independente de Moscova, aínda que non claramente pro occidental.A marxinación dos comunistas en Europa occidental. Os comunistas, moi activos nos movementos de resistencia antinazi e nas coalicións políticas de posguerra, a partir de 1948 foron marxinados politicamente mesmo en países nos que tiñan grande influencia, como Italia e Francia. En Grecia foron derrotados nunha Guerra Civil (1945-1949) que sostivo contra eles un Goberno apoiado militarmente polos británicos e, tras a retirada destes, polos estadounidenses. Grecia e Turquía quedaron incluídas no bloque occidental, protexendo o Mediterráneo e os estreitos.

Doc2. Discurso de George Marshall Universidade de Harvard 6 de xuño de 1947

Non necesito dicirlles, señores, que a situación mundial é moi seria (...). Ao considerar o que se precisa para a rehabilitación de Europa, as perdas físicas de vida, a destrución visible de cidades, factorías, minas e ferrocarrís, foron correctamente estimadas, pero fíxose obvio nos últimos meses que esta destrución visible era probablemente menos seria que a dislocación de toda a fábrica da economía europea (...).A verdade da cuestión é que as necesidades de Europa para os próximos tres ou catro anos en alimentos e outros produtos esenciais procedentes do exterior, principalmente de América, son tan superiores á súa presente capacidade de pagamento, que teñen que recibir unha axuda adicional substancial ou enfrontarse cunha deterioración económica, social e político dun carácter moi grave.(...)Calquera goberno que estea disposto a axudar na tarefa da recuperación, encontrará, estou seguro diso, plena cooperación por parte do Goberno dos Estados Unidos. Calquera goberno que manobre para bloquear a recuperación doutros países non pode esperar apoio de nós. Máis aínda, os gobernos, partidos políticos ou grupos que traten de perpetuar a miseria humana ao obxecto de aproveitarse dela politicamente ou doutro xeito, encontrarán a oposición dos Estados Unidos. (...)

A resposta soviética ao plan Marshall resúmese na doutrina Djanov pola cal o mundo se dividía en dous bandos enfrontados. Tratábase dunha política cunha finalidade geoestratéxica. Calquera país de órbita soviética que aceptase o plan Marshall de reconstrución debía de ser condenado e aterse ás consecuencias.

5

Page 6:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Doc 3. Andrei Jdanov: Discurso na sesión inaugural da Kominform Szklarska Poreba (Polonia) 22 de setembro de 1947 . A importancia e a autoridade da URSS aumentaron considerablemente despois da guerra. A URSS foi a cabeza reitora e a alma do esmagamento militar de Alemaña e Xapón. As forzas democráticas progresistas do mundo enteiro están agrupadas en torno á Unión Soviética. (...)A finalidade que se formula a nova corrente expansionista dos Estados Unidos é o establecemento da dominación universal do expansionismo americano. Esta nova corrente apunta á consolidación da situación de monopolio dos Estados Unidos sobre os mercados internacionais, monopolio que se estableceu como consecuencia da desaparición dos seus dous maiores competidores -Alemaña e Xapón- e pola debilidade dos socios capitalistas dos Estados Unidos: Inglaterra e Francia. (…)

Principais focos de conflito durante a Guerra Fría

b) A división de Alemaña.As áreas británicas, estadounidense e francesa de Alemaña uníronse, beneficiáronse do Plan Marshall e constituíron a República Federal de Alemaña (RFA, en 1949), non recoñecida pola URSS e cun réxime democrático liberal. Na zona soviética formouse a República Democrática Alemana (RDA, en 1949), non recoñecida polos occidentais, excluída do Plan Marshall e cun réxime comunista de partido único. Austria mantívose unida e declarouse neutral, pero puido beneficiarse do Plan Marshall e da democracia occidental.c) A crise de Berlín (1948-1949) e o comezo da Guerra Fría.A cidade de Berlín quedou dividida en dúas zonas tras a guerra, coa particularidade de que o Berlín occidental estaba rodeado pola Alemaña soviética e distaba 160 km. da Alemaña controlada polos occidentais. Como protesta polo desenvolvemento do Plan

6

Page 7:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Marshall, os soviéticos illaron Berlín occidental, impedindo o paso a calquera transporte terrestre ou fluvial procedente de Occidente. Este bloqueo, iniciado en abril de 1948, provocou a primeira gran crise da guerra fría e foi neutralizado cunha xigantesca ponte aérea organizada polos británicos e estadounidenses para abastecer a cidade. En maio de 1949 a URSS puxo fin ao bloqueo. Posteriormente, en 1961, os comunistas levantaron un muro en Berlín para evitar a fuxida da poboación cara á zona occidental, confirmando así a división da cidade.

A EVOLUCIÓN DO CONFLITO.A primeira guerra fría (1948-1953)Entre 1948 e 1953 viviuse unha época de forte tensión internacional entre o bloque capitalista e o soviético. Tratouse do peor período da guerra fría, no que a propaganda máis radical, a censura e a "caza de bruxas" foron especialmente importantes nos dous bloques. Nesta etapa, despois de que a URSS ensaiase a súa primeira bomba atómica (1949), impúxose a lóxica da carreira de armamentos. Con posterioridade veu a bomba de hidróxeno (a bomba «H»), o despregamento de mísiles con cabezas atómicas en Europa e enAsia (con vantaxe inicial estadounidense) e a carreira espacial (con vantaxe inicial soviética). Así mesmo, consolidáronse os bloques e pactos militares e económicos. Cara a 1962 a situación no Terceiro Mundo permanecía estable en aparencia e os dous bloques, perfectamente delimitados, parecían tolerarse mutuamente.Os principais problemas e crise deste período foron:a) Consolidación da división de Europa.A división do continente en dous bloques converteuse en definitiva. Os países de Europa occidental estableceron pactos e alianzas económicas e militares permanentes

7

Page 8:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

co fin de constituír unha fronte común ante o perigo soviético. Os países europeos beneficiados polo Plan Marshall crearon en 1948 a Organización Europea de Cooperación Económica (OECE, dende 1961 OCDE). Algúns deles, buscando unha maior cooperación e integración económicas, constituíron a Comunidade Económica Europea (1957, Tratado de Roma).A resposta do bloque do leste foi a creación do COMECON ou Consello de Asistencia Económica Mutua (1949), un organismo de cooperación económica entre os países da órbita comunista.Máis importante para a dinámica da guerra fría foi a creación dunha alianza militar permanente entre Europa occidental e Estados Unidos, liderada por estes últimos: a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte), constituída en 1949, con sede en Bruxelas da que orixinalmente formaban parte Estados Unidos, Canadá, Gran Bretaña, Holanda, Bélxica, Luxemburgo, Francia, Portugal, Italia, Islandia, Dinamarca e Noruega. En 1952 incorporáronse Grecia e Turquía; en 1955, a República Federal Alemana; e en 1982, España. A pesar do fin da guerra fría, esta organización militar segue existindo e ampliouse (Rep. Checa, Hungría e Polonia en 1999), producíndose o ingreso doutros países de Europa oriental ao longo do ano 2002.

Doc. 4. Tratado do Atlántico Norte: Washington, abril 1949

Os Estados Partes neste Tratado:

Reafirmando a súa fe nos propósitos e principios da Carta das Nacións Unidas e o seu desexo de vivir en paz con todos os pobos e todos os Gobernos;

Decididos a salvagardar a liberdade, a herdanza común e a civilización de seus pobos, fundadas nos principios de democracia, liberdades individuais e imperio da lei;

Desexosos de favorecer o benestar e a estabilidade na rexión do Atlántico Norte;

Resoltos a unir seus esforzos para súa defensa colectiva e a conservación da paz e a seguridade.

Conviñeron no seguinte Tratado do Atlántico Norte:

Art. 1. As Partes se comprometen, tal e como está establecido na Carta das Nacións Unidas, a resolver por medios pacíficos calquera controversia internacional na que puideran verse implicadas, de modo que a paz e a seguridade internacionais, así como a xustiza, non se poñan en perigo, e a absterse nas súas relacións internacionais de recorrer á ameaza ou ao uso da forza en calquera forma que sexa incompatible cos propósitos das Nacións Unidas. (…)

A réplica soviética consistiu na creación en 1955 do Pacto de Varsovia, unha alianza e organización militar permanente que incluía á URSS, Polonia, República Democrática Alemaña, Checoslovaquia, Hungría, Romanía, Bulgaria e Albania (este último país

8

Page 9:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

abandonou o Pacto de Varsovia en 1968). Esta organización, ao igual que o COMECON, desapareceu en 1991 ao disolverse a URSS.

b) Contención do comunismo en Extremo Oriente: a Guerra de Corea. China En Asia oriental existía un perigo real de expansión do comunismo. En 1949 o Partido Comunista Chinés triunfou na guerra de guerrillas que sostiña dende os anos vinte e creou a República Popular de China, con Mao Zedong á fronte. O derrotado Goberno do xeneral Chiang Kai Chek, apoiado por EUA, estableceuse na illa de Taiwán, creando a República de China Nacionalista. China quedou dividida en dous estados, existentes aínda na actualidade, que non se recoñecían mutuamente.Corea. A división de China imitaba o modelo adoptado en 1948 na península de Corea. Na zona ao norte do paralelo 38°, ocupada por tropas soviéticas durante a Segunda Guerra Mundial, xurdiu a República Democrática Popular de Corea -Corea do Norte-. Na zona ao sur xurdiu a República de Corea, sostida por EUA -Corea do Sur-. Despois da retirada dos exércitos ocupantes, os norcoreanos non tardaron moito tempo en invadir o Estado do sur, iniciándose a Guerra de Corea (1950-1953).

9

Page 10:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Desfile na Praza Vermella

Doc. 5. Fragmento en Historia da Política Exterior da URSS, Moscova. 1974

O 25 de xuño de 1950, as tropas de Corea do Sur, en cumprimento dos designios norteamericanos agrediron a República Democrática Popular de Corea, desencadeando unha guerra civil, e lograron penetrar en varios lugares no seu territorio. Para rexeitar a agresión e garantir a seguridade da República, o Goberno da RDPC ordenou ás súas tropas pasar á contraofensiva, repeler ao inimigo e perseguilo no territorio de Corea do Sur. (...)A diplomacia dos EUA enxeñoullas para encubrir a súa intervención armada, dirixida contra Corea do Norte, coa bandeira da Organización de Nacións Unidas, aproveitando a situación creada no Consello de Seguridade (...)

A guerra de Corea 1950-53

10

Page 11:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

EUA decidiu intervir na guerra e enviar tropas e armamento baixo bandeira da ONU. A balanza inclinouse de inmediato a favor de Corea do Sur, que fixo retroceder as tropas comunistas e invadiu Corea do Norte. Ante a posibilidade da desaparición doEstado norcoreano, China decidiu participar no conflito. O resultado foi que as dúas Coreas continuaron separadas e así permaneceron ata a actualidade.Este feito foi o primeiro exemplo de "guerra limitada", típica da guerra fría, que non desembocou nun enfrontamento xeneralizado nin empregou armas atómicas. Aínda así, pereceron máis de tres millóns de chineses e coreanos (entre eles máis de dous millóns de civís, a causa dos bombardeos sistemáticos).Dla guerra de Corea á crise dos mísiles en Cuba (1953- 1962).Aínda que o conflito de Corea entra en 1951 nunha vía morta, o armisticio oficial firmase en 1953, tras a contenda a tensión relaxase notablemente entre os dous bloques. a) Un intento de fuxir do comunismo en Europa: Hungría 1956.Non obstante, tras a morte de Stalin en 1953 non se suavizou o control que a URSS exercía sobre os seus aliados da Europa do Leste, senón que se continuou reprimindo calquera folga, protesta ou revolta que se producise en Europa oriental. O mellor exemplo desta política foi a intervención en Hungría en 1956 para rematar cunha revolta anticomunista.Os tanques soviéticos invadiron Budapest e restableceron a situación anterior. Máis de200.000 húngaros exiliáronse a Occidente. Os países do bloque occidental non interviñeron, polo que esta crise supuxo o recoñecemento e a consolidación da repartición de esferas de influencia no continente europeo.b) Contención do comunismo en Oriente Medio: a crise de Suez de 1956.Fóra de Europa, a estabilidade internacional foi máis difícil de conseguir, xa que o debilitamento e retroceso dos antigos imperios francés e británico en Asia e enÁfrica xeraban graves problemas. Nos lugares nos que as metrópoles europeas concedían a independencia ás súas antigas colonias, existía o perigo de que os novos estados pedisen axudas económicas ou militares á URSS e aos seus aliados se encontraban grandes dificultades para o seu desenvolvemento. Nas zonas nas que as metrópoles se resistían a outorgar esa independencia, cabía a posibilidade de que as guerrillas e movementos nacionalistas se convertesen en comunistas ou se aliasen con Moscova. Estados Unidos encontrábase, polo tanto, nunha situación difícil: tiña que evitar a influencia soviética e facer fronte á falta de flexibilidade e, en ocasións, á incompetencia dos seus aliados europeos como potencias coloniais.Aínda que os países árabes en Oriente Medio non se mostraron proclives ao comunismo soviético, si aumentou o seu nacionalismo e o seu rexeitamento a Occidente tras a proclamación doEstado de Israel en 1948, consentido e alentado por EUA, Francia e Gran Bretaña. Nesta área, os occidentais tiñan importantes intereses estratéxicos, como o petróleo e a canle de Suez. Estados Unidos formou unha alianza militar permanente, para a contención da URSS, con Gran Bretaña, Turquía, Iraq, Irán e Paquistán, chamada Organización do Tratado Central (CENTO, 1959), ampliación do anterior Pacto de Bagdad de 1955.Por este acordo, calquera intento de atentar contra os intereses occidentais na zona por parte dos dirixentes árabes nacionalistas máis radicais sería identificado cunha posible expansión do comunismo no mundo árabe.

11

Page 12:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Máis importante foi a crise de Suez. O Goberno exipcio de Nasser nacionalizou a canle, en mans do capital francés e británico. A resposta de Francia e Gran Bretaña foi a ocupación militar da canle en 1956. EUA condenou a operación e obrigou os seus aliados europeos a asinar un alto o fogo e a aceptar a decisión do Goberno exipcio. Con iso tomaba o relevo definitivo das vellas potencias na zona e deixaba claro o seu liderado.Aínda que a URSS non conseguiu que nos países árabes se implantasen réximes comunistas, en Oriente Medio seguiu desenvolvéndose un sentimento antioccidental bastante xeneralizado e a zona converteuse nunha das áreas internacionais máis inestables durante as décadas seguintes.

c) A contención en Asia: a guerra de Indochina, antecedente da de Vietnam.Para conter os avances comunistas, EE.UU recorreu a alianzas militares permanentes que protexesen o Pacífico, potenciou o crecemento económico de Xapón, Corea do Sur e Taiwan, e estableceu bases militares nos países aliados, imitando o modelo da OTAN. Entre elas destacaron o Tratado do Pacífico ou ANZUS, entre Estados Unidos, Australia e Nova Zelandia (1951), e a Organización do Tratado do Sueste Asiático ou SEATO, formada polos países citados, máis Grande Bretaña, Francia, Filipinas, Paquistán e Thailandia (1954).Na Indochina francesa tamén se adoptou unha solución similar. Os comunistas, dirixidos por Ho Chi Minh, proclamaron a República Democrática de Vietnam ao termo da Segunda Guerra Mundial. Francia non recoñeceu este Goberno, establecido ao norte do país e apoiado por China. A Guerra de Indochina prolongouse ata 1954, cando se recoñeceu a independencia da rexión e Francia se retirou como potencia colonial. Tamén se decidiu a división de Vietnam en dúas zonas separadas á altura do paralelo 17°: Vietnam do Norte, comunista, e Vietnam do Sur, pro occidental. Non obstante, a situación non se estabilizou, como en Corea ou en China, e as guerrillas comunistas se mantiveron activas en Vietnam do Sur.Isto fixo que Estados Unidos tomase o relevo de Francia e apoiase económica e militarmente ao réxime survietnamita.d) A crise cubana de 1962.Dende comezos do século XX, EUA era a potencia hexemónica no continente americano, onde realizaba intervencións militares en países iberoamericanos, en defensa dos seus intereses, tanto estratéxicos coma económicos. Despois da Segunda Guerra Mundial, o seu liderado incrementouse coa creación da Organización de Estados Americanos (OEA) en 1948, controlada por Estados Unidos. Mediante accións militares directas ou golpes militares promovidos pola CIA derrocábase todo Goberno que intentase nacionalizar empresas ou adoptase medidas excesivamente proteccionistas ou sospeitosas de socialismo (como se fixo en Guatemala en 1954).

12

Page 13:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Bloqueo de Cuba por parte dos EUA

Paradoxalmente, EUA., en nome da democracia, sostivo diversos ditadores en toda lberoamérica e, especialmente, no Caribe.Neste contexto, calquera revolución tiña que mostrarse anti estadounidense para sobrevivir. Isto foi o que aconteceu coa revolución triunfante en Cuba en 1959, que puxo a Fidel Castro á fronte do Goberno da illa. O réxime de Castro, que evolucionou rapidamente cara ao comunismo, estableceu un sistema de partido único e intentou exportar a revolución a outros puntos de lberoamérica. Ante as crecentes presións e o bloqueo económico de Washington (suspensión das compras de azucre cubano), Castro buscou o apoio da URS, que lle proporcionou axuda económica e militar.O perigo e a humillación para EUA parecían evidentes: o "inimigo comunista" estaba a 150 km. das súas costas, nunha illa que fora case unha colonia súa. Por iso, a CIA organizou unha invasión militar con exiliados anticastristas, que desembarcaron na baía de Cochinos (1961) co propósito de derrubar ao réxime de Castro. A operación foi un fracaso total e Cuba converteuse nun estado satélite da URSS. Os soviéticos decidiron instalar mísiles na illa apuntando a Estados Unidos. Trátase da denominada crise dos mísiles (1962). Estados Unidos bloqueou a illa e impediu o establecemento dos mísiles. Finalmente, a URSS cedeu e non os instalou, evitando así o que todo o planeta temía: unha guerra nuclear. Aínda que a URSS e o seu dirixente Kruschev pareceron derrotados ante a opinión pública internacional, hoxe sábese que lograron os seus obxectivos secretos: a retirada de mísiles estadounidenses de Turquía e a promesa do presidente Kennedy de que non se volvería atacar Cuba. Esta ameaza dunha guerra xeneralizada supuxo o comezo dunha etapa de maior diálogo e distensión, caracterizada pola tolerancia mutua entre os dous bloques.

13

Page 14:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

Caricatura de Kruschev e Kennedy durante a crise dos mísiles. 1962

A coexistencia pacífica (1962-1975)Tras a crise cubana, iniciouse unha coexistencia pacífica entre Estados Unidos e a URSS. Esta expresión significa que ambas as dúas superpotencias se resignaron a respectarse e a convivir mantendo cada unha as súas respectivas esferas de influencia e países satélites. Aínda que verbalmente os políticos occidentais seguían facendo alarde de anticomunismo e os políticos soviéticos eran antiimperialistas, na práctica os dous bloques tolerábanse e non se fustrigaban máis alá do razoable. Isto serviu, ademais, para manter un statu quo internacional que perdurou durante os anos sesenta e setenta. Os trazos principais desta coexistencia foron:a) Un diálogo permanente entre Estados Unidos e a URSS e un alto grado de estabilidade internacional.A tensión da primeira guerra fría diminuíu porque o diálogo entre ambas as dúas superpotencias se fixo permanente, o que contribuíu a mellorar o seu mutuo coñecemento e comprensión, independentemente do que se afirmara nos discursos electorais ou públicos.En 1963 estableceuse un "teléfono vermello", un teletipo que poñía en contacto directo o Kremlin coa Casa Branca. Así mesmo, foron frecuentes os encontros persoais entre os máximos dirixentes das dúas potencias. Por último, avanzaron os acordos entre Estados Unidos e a URSS sobre control e limitación das armas nucleares e estratéxicas (acordos SALT).A mellora das relacións entre ambos os dous países estivo relacionada, en boa medida, coa relativa estabilidade alcanzada no panorama internacional. Na Conferencia de Helsinki (1972-1975) recoñecéronse as fronteiras creadas en Europa despois de 1945. Pola súa banda, as dúas Alemañas estableceron relacións diplomáticas e España abriuse cara aos países do leste. Nalgúns países de lberoamérica o exemplo cubano foi imitado por diversas guerrillas, ás veces armadas ou axudadas polos soviéticos ou polos cubanos. Non obstante, EUA promoveu un sistema de ditaduras e contraguerrillas (o que se chamou a "contrainsurxencia") que impediu o contaxio revolucionario. En África, os novos países independentes non se sumaron á causa comunista. En xeral, as antigas potencias coloniais controlaban a situación e EUA e a URSS consideraban a este continente de interese secundario. En Oriente Medio, unha zona moi conflitiva, estableceuse un peculiar statu quo consistente en que Israel recibía armamento e apoio de EUA, e os países árabes (Exipto e Sirya), recibíano da

14

Page 15:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

URSS. Só en Extremo Oriente o conflito de Vietnam enfrontaba abertamente aos comunistas con "o mundo libre" defendido por EUA.

Doc.6. Discurso de Kruschev no Economic Club de Nova York, setembro de 1959

Lin nos vosos xornais que a política de coexistencia pacífica que vos propoñemos significaría en realidade a creación dun «mundo dividido». Nada máis afastado na exacta comprensión da idea da coexistencia pacífica que esta interpretación. Na realidade queremos obter o contrario: a coexistencia pacífica e a competencia das relacións sempre máis amplas entre os pobos, no dominio económico e cultural. Ao contrario a negación da coexistencia e da competencia, significan a ruptura de todas as relacións entre os países e un relanzamento da "guerra fría".Os que non queren pechar os ollos á realidade deben recoñecer que na nosa época a única vía razoable para o desenvolvemento das relacións internacionais é a solución dos problemas e litixios pola negociación. A nosa viaxe a América, e a próxima visita do presidente Eisenhower á Unión Soviética permitirán, así queremos esperalo (...).Vivir en paz, en boa irmandade, ou camiñar cara a unha nova guerra, tal é a elección ante a cal se encontran agora as Unión Soviética e os Estados Unidos, o mundo enteiro. (…)

b) A aparición de movementos de rebeldía e contestación contra o liderazgo da URSS: China e a Primavera de Praga.Estados Unidos e a URSS non deixaron de liderar os seus respectivos bloques, pero nesta época comezaron a xurdir movementos de protesta que dubidaban da lexitimidade do seu poder e, en definitiva, rexeitaban a bipolarización do mundo, que empezaba a verse como algo obsoleto. No bloque comunista, o caso máis evidente foi o da China de Mao Tse Tung, que comezou a afastarse ideoloxicamente da URSS entre1960 y 1962. Segundo os dirixentes chineses, o seu comunismo seguía a liña leninista revolucionaria dunha forma máis auténtica que a "aburguesada" Unión Soviética. Das disputas ideolóxicas pasouse á rivalidade política e militar, converténdose China nunha potencia nuclear e nunha nova ameaza para a URSS. Estados Unidos non tardou en achegarse ao réxime de Mao: o presidente Nixon visitou China en 1972.Que en China se seguise unha liña independente da URSS dividiu de forma definitiva ao movemento comunista internacional. Os partidos comunistas de cada país creron que tiñan dereito a establecer as súas propias políticas e a non depender de Moscova. No leste de Europa tales intentos foron reprimidos polas armas. Así, cando o Partido Comunista de Checoslovaquia ameazou con realizar reformas democráticas desobedecendo as "suxestións" de Moscova, os tanques do Pacto de Varsovia entraron en Praga e restableceron a situación anterior (agosto de 1968). Nos países occidentais a desobediencia dos partidos comunistas cara á URSS foi manifesta, producíndose unha forte crise no movemento comunista, que se dividiu entre prosoviéticos e eurocomunistas.c) A aparición de movementos de rebeldía e contestación contra o liderazgo deEstados Unidos: a Guerra de Vietnam.No bloque occidental foi a Francia de De Gaulle, nos anos sesenta, a que adoptou máis claramente unha postura antiestadounidense. Converteuse nunha potencia atómica e criticou a estrutura da OTAN, mentres pedía maior independencia de acción. As

15

Page 16:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

revoltas do 68 nas universidades occidentais, especialmente nas estadounidenses, así como os movementos pacifistas, criticaron o tipo de liderado mundial exercido por Estados Unidos e, concretamente, a súa implicación na Guerra de Vietnam (1965,1975). Este conflito foi universalmente criticado e orixinou en EUA unha grave crise de confianza sobre a súa capacidade para liderar o mundo. En Indochina, tras os acordos de 1954, Estados Unidos substituíu na práctica a Francia, a antiga metrópole, proporcionando axuda económica e militar aos novos estados de Cambodja, Laos e Vietnam do Sur, que xurdiran fronte ao comunista Vietnam do Norte, o cal contaba co apoio de China e da URSS. Non obstante, os réximes políticos apoiados por Estados Unidos, especialmente o survietnamita, mostráronse incapaces de derrotar ás guerrillas comunistas que comezaron a xurdir en toda a área (o Vietcong en Vietnam do Sur, o Pathet Lao en Laos). Isto levou a EUA a intervir na zona enviando tropas de forma crecente a partir de 1965.

Doc.7. Publicado no diario “El País”, 2003

O defoliante axente laranxa, empregado nos bombardeos estadounidenses sobre Vietnam, e que foi deixado de utilizar en 1971, segue contaminando o país, segundo un estudo publicado en The Journal of Occupational and Environmental Medicine.O informe, realizado en Ben Hoa (a 32 quilómetros ao norte de Ho Chi Mihn, antiga Saigón), mostra altos niveis de TCDD -a dioxina considerada máis tóxica- na poboación, o gando e a pesca. As probas realizáronse en polos, parrulos, porcos, tenreiros e peixes e en mercados cidadáns. Nun lago e nunha base aérea próxima, onde se almacenou o defoliante, encontráronse niveis de dioxina "notablemente elevados".

Vietnam estima que máis dun millón de persoas estiveron expostas ao axente laranxa, usado por Estados Unidos dende 1962 a 1971 para destruír árbores e plantas e impedir a alimentación dos combatentes comunistas. O defoliante recibiu o seu nome pola cor das barras pintadas nos seus envases.

Responsables diplomáticos de Estados Unidos en Ha Noi declinaron facer comentarios polo momento.

16

Page 17:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

A intervención militar estadounidense, que nalgúns momentos chegou a superar o medio millón de homes, non puido lograr unha vitoria decisiva sobre os norvietnamitas. Malia os seus esforzos, os estadounidenses víronse obrigados a abandonar Vietnam en 1973. Con iso deixaron paso ao triunfo comunista, tanto en Vietnam, unificado baixo este réxime, coma en Laos e Cambodja, en 1975.

Vietnam: Estados Unidos bombardea con napalm.

O conflito de Vietnam non só supuxo unha derrota militar e política, senón un desprestixio moi importante para Estados Unidos. Os países comunistas interpretárono como un signo de debilidade; para o Terceiro Mundo a Guerra de Vietnam foi unha vulgar guerra imperialista; e os supostos aliados occidentais criticárona. No propio EUA a intervención en Vietnam suscitou unha espectacular oposición que afectou á súa tranquilidade interna.A segunda guerra fría (1975-1985)a) A aparente ofensiva soviética: a invasión de Afganistán.A partir de 1974 unha serie de revolucións e guerras civís pareceron desafiar ao poder estadounidense no mundo coincidindo co repregamento deste país tras a derrota enVietnam. En África, nas ex colonias portuguesas de Angola e Mozambique e en Etiopía, instaláronse réximes prosoviéticos. En Iemen do Sur, na península arábica, aconteceu o mesmo. En Indochina os comunistas de Vietnam e de Laos eran prosoviéticos, mentres que os khmeres vermellos (grupos comunistas) de Cambodja eran prochineses. En 1978 Vietnam decidiu invadir Cambodja e estalou outra guerra civil neste último país. En Centroamérica a revolución sandinista fíxose co poder en Nicaragua mentres comezou unha guerra civil no O Salvador (1979). En Asia central impúxose un Goberno prosoviético en Afganistán en 1978.A Unión Soviética non participou nestas revolucións nin as alentou, pero, na medida que podían restar aliados ao seu adversario, apoiounas ou converteu en aliados os gobernos xurdidos delas.

17

Page 18:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

A resposta de EUA foi abrir frontes indirectas en todos estes países. En Latinoamérica, por exemplo, apoiáronse políticas golpistas fronte a gobernos de esquerdas (Chile) ou de posible chegada de partidos de esquerda ao poder (Arxentina, Uruguai, Brasil). Os servizos de intelixencia de EUA traballaron financiando e adestrando os exércitos destes países na súa loita contra o "comunismo".Precisamente foron os problemas dun destes gobernos, o de Afganistán, país veciño da URSS, os que impulsaron os soviéticos a levar a cabo unha invasión militar directa neste país, dende 1979 a 1988. A URSS, a pesar da súa superioridade militar, non puido pacificar o país nin rematar cos grupos guerrilleiros, que finalmente lograron controlar Afganistán tras a retirada das tropas soviéticas. Esta intervención (complicada despois polas resistencias locais) non tiña como obxectivo ampliar o poder soviético, senón impedir a expansión do fundamentalismo islámico triunfante no veciño Irán. Este propósito non puido cumprirse, xa que os talibáns (integristas islámicos radicais) triunfaron e gobernaron en Afganistán ata o ano 2001. En calquera caso, a invasión soviética deste país supuxo o inicio formal do que se coñece como segunda guerra fría.b) A resposta estadounidense: a política exterior de Reagan.Esta aparente ofensiva soviética parecía aproveitarse da debilidade estadounidense posterior á crise económica dos anos setenta e á Guerra de Vietnam. Foi un dos factores que contribuíu ao triunfo electoral en EUA do republicano Ronald Reagan en1980. Este, cuxo programa era moi conservador e nacionalista, comprometeuse a combater con toda enerxía o "imperio do mal", identificado coa URSS e os seus aliados, entre os que se incluía de xeito un tanto forzada a novos inimigos, como os integristas islámicos de Irán e de Libia e os dirixentes nacionalistas do Caribe.

Despregamento de armamento das dous superpotencias

Mediante esta política exterior, EUA pretendía reafirmar o seu liderado mundial fronte a todo réxime que atentase contra os seus intereses, e superar o trauma de Vietnam e os anos setenta. Nos anos oitenta, EUA financiou e armou todo tipo de contraguerrillas ("contras"), opostas ás tradicionais guerrillas de esquerdas, fronte a réximes pouco amigables, en Iberoamérica, África e Asia. Realizáronse despregamentos de novos

18

Page 19:  · Web viewA etapa péchase coa caída do muro de Berlín en 1989 pola crise do mundo soviético. Cronoloxía e etapas da Guerra Fría: 1946-1989 ORI XE E CARACTER ÍSTICAS DA GUERRA

Historia do Mundo Contemporáneo 1º Bacharelato

mísiles e experimentos con armas masivas como a bomba de neutróns. EE.UU, para reafirmar o orgullo nacional, levou a cabo varias operacións militares lóstrego contra pequenos países, como Granada, unha pequena illa do Caribe invadida por EUA polo seu suposto esquerdismo en 1983; Libia, bombardeada en 1986 por considerala responsable do terrorismo internacional; e Panamá, invadida en 1989 para impedir un suposto ataque contra a canle.Pero quizais a baza mestra de Reagan foi lanzar a Guerra das Galaxias nome popular dun custoso sistema defensivo para protexerse dos mísiles soviéticos.O final da guerra fría (1985-1991)Foi a consecuencia da crise vivida polo bloque comunista liderado pola URSS e a súa posterior desaparición (1985-1991). A chegada do reformista Mijail Gorbachov ao poder na URSS en 1985 supuxo que o desarme pasase a ser unha prioridade vital para a Unión Soviética. Isto era lóxico pois o país se encontraba estancado e atraso tecnoloxicamente, a economía planificada non daba máis de si e o reto da Guerra das Galaxias de Reagan non podía ser asumido, procedía, pois, un entendemento con EUA para chegar ao desarme e poder centrarse a URSS en arranxar os seus problemas internos.Así, asinouse con EUA en Washington un acordo en 1987 para eliminar os mísiles de alcance intermedio do arsenal de ambos os dous países, o que sinalaba o final da carreira de armamentos. Despois seguiu a retirada da URSS de Afganistán e de boa parte das tropas soviéticas que se encontraban no leste de Europa. Isto impulsou as revolucións democráticas en Europa oriental (caída do muro de Berlín, reunificación alemá) e despois na propia URSS entre 1989 e 1991. A desaparición da Unión Soviética en 1991 supoñía que o bloque comunista deixara de existir e que a guerra fría rematara.

19