xaime varela sieiro

6
ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 43 Galego en Londres: unha experiencia comunicativa nas redes sociais para a comunidade migrante no Reino Unido Xaime Varela Sieiro (IE Cañada Blanch - Londres) Resume Reino Unido é un dos destinos preferentes da emigración dende Galicia neste contexto de crise económica que estamos inmersos. Unha das ferramentas empregadas para visualizar a galeguidade no exterior é a través das redes sociais. Na primeira parte do artigo faise unha contextualización do espazo virtual da comunidade galega en Londres é arredores, describindo páxinas web, blogues, facebook (grupos, páxinas e perfis) e contas de twitter vencelladas á diáspora galega. A segunda parte centráse no proxecto de dinamización educativa e cultura Fala Londres do IE Cañada Blanch a través do seu blogue, perfil en facebook e conta en twitter. Palabras chave: galegos na diáspora, redes sociais, sentimento de comunidade Abstract UK is one of the preferred destination of emigration from Galicia in this economic crisis we are immersed.One of the tools used to analyze the community of Galician emigrants abroad (known as "galeguidade")is through social networks. The first part of this article is devoted to a contextualization of the virtual space of the Galician community in London and surrounding areas, describing web pages, blogs, Facebook (groups, pages and profiles)and Twitter accounts related to the Galician emigration.The second partfocuses on the design of an educational and cultural revitalization project, named "Fala Londres" (London Speak) carried out by the Cañada Blanch high school educative community through its blog, Facebook profile and Twitter account. Keywords: Galicians abroad, social networks, sense of community 1. Introdución As redes sociais como instrumento de comunicación entre as comunidades migrantes permiten, sen dúbida, moitas posibilidades que están empezando a ser exploradas de xeito interesante dende hai xa algúns anos. Un dos paı́ses que está recibindo o maior número de galegas e galegos é o Reino Unido, e sobre todo a súa capital. Ao respecto, nun artigo da web de Cadernos de comunicación e análise revélase que entre o 2008 e o 2012 solicitaron o número da seguridade social inglesa uns 115.000 españois e no que vai de 2013 é o segundo paı́s emisor de emigrantes laborais, por detrás de Polonia. Unha análise pormenorizada da situación elaborouna Duarte Romero na entrada “4 datos para facer unha radiografı́a da emigración do Estado Español ao UK” na web Galiza no UK, xestionada por el mesmo. Para esta ocasión, presentaremos a nosa experiencia traballando coa comunidade galega no Reino Unido a través das redes sociais e tamén como se visualiza Galicia neste paı́s a través das mesmas. Na actualidade, a pouco que nos deteñamos en buscar información sobre a galeguidade no Reino Unido, decatarémonos de que a súa presenza no espazo virtual é moi ampla. Daquela imos facer un breve repaso para presentar a situación.

Upload: anuario-lusocom

Post on 14-Mar-2016

237 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

ANUARIO LUSOCOM 2013

TRANSCRIPT

Page 1: XAIME VARELA SIEIRO

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 43

Galego en Londres: unha experiencia comunicativa nas redes sociais para a comunidade migrante no Reino Unido

Xaime Varela Sieiro

(IE Canada Blanch - Londres)

Resume

Reino Unido é un dos destinos preferentes da emigración dende Galicia neste contexto de crise

económica que estamos inmersos. Unha das ferramentas empregadas para visualizar a

galeguidade no exterior é a través das redes sociais. Na primeira parte do artigo faise unha

contextualización do espazo virtual da comunidade galega en Londres é arredores, describindo

páxinas web, blogues, facebook (grupos, páxinas e perfis) e contas de twitter vencelladas á

diáspora galega. A segunda parte centráse no proxecto de dinamización educativa e cultura

Fala Londres do IE Cañada Blanch a través do seu blogue, perfil en facebook e conta en twitter.

Palabraschave: galegos na diáspora, redes sociais, sentimento de comunidade

Abstract

UK is one of the preferred destination of emigration from Galicia in this economic crisis we are

immersed.One of the tools used to analyze the community of Galician emigrants abroad

(known as "galeguidade")is through social networks. The first part of this article is devoted to a

contextualization of the virtual space of the Galician community in London and surrounding

areas, describing web pages, blogs, Facebook (groups, pages and profiles)and Twitter accounts

related to the Galician emigration.The second partfocuses on the design of an educational and

cultural revitalization project, named "Fala Londres" (London Speak) carried out by the Cañada

Blanch high school educative community through its blog, Facebook profile and Twitter

account.

Keywords: Galicians abroad, social networks, sense of community

1.Introdución

As redes sociais como instrumento de comunicacion entre as comunidades migrantes

permiten, sen dubida, moitas posibilidades que estan empezando a ser exploradas de xeito

interesante dende hai xa alguns anos.

Un dos paıses que esta recibindo o maior numero de galegas e galegos e o Reino Unido, e

sobre todo a sua capital. Ao respecto, nun artigo da web de Cadernos de comunicacion e analise

revelase que entre o 2008 e o 2012 solicitaron o numero da seguridade social inglesa uns

115.000 espanois e no que vai de 2013 e o segundo paıs emisor de emigrantes laborais, por

detras de Polonia. Unha analise pormenorizada da situacion elaborouna Duarte Romero na

entrada “4 datos para facer unha radiografıa da emigracion do Estado Espanol ao UK” na web

Galiza no UK, xestionada por el mesmo.

Para esta ocasion, presentaremos a nosa experiencia traballando coa comunidade galega

no Reino Unido a traves das redes sociais e tamen como se visualiza Galicia neste paıs a traves

das mesmas.

Na actualidade, a pouco que nos detenamos en buscar informacion sobre a galeguidade

no Reino Unido, decataremonos de que a sua presenza no espazo virtual e moi ampla. Daquela

imos facer un breve repaso para presentar a situacion.

Page 2: XAIME VARELA SIEIRO

44 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013

2.Recursoseninternet2.1.Páxinasweb

• Galiza no UK, creada en maio do 2012 en Birmingham por Duarte Romero como parte

dun proxecto académico, inclúe moita información de interese para preparar a viaxe a este país

así como un taboleiro colaborativo de traballo con información fornecida por outras/os

galegas/os xa instalados no Reino Unido.

• Centro galego de Londres leva bastante tempo sen actualizarse e apenas ofrece

información relevante.

• Grupo de Traballo Galego (GTL), formado entre Londres e Lancaster ao redor da

“histórica” Teresa Barro con profesionais do ámbito da comunicación, intenta ofrecer unha

perspectiva reflexiva e crítica sobre Galicia. Ben é verdade que nesta quinta etapa do grupo

afirman abandonar “agora a referencia a Londres, como afirmación de universalidade e de que

Galicia está en calquera parte do mundo onde haxa galegos. Esteamos dentro ou fóra, todos

somos galeguía e todos temos algo que achegar. Por iso, rexeitamos a grande división que

percibimos entre a Galicia de fóra e a de dentro e aspiramos a que desapareza.

2.2.Blogues

Amais do blogue que xestionamos e do que falaremos logo, Fala Londres, existen

numerosos e interesantes blogues particulares de galegas/os en Londres. Non obstante, tan só

nos imos referir a blogues de interese xeral para a comunidade.

• Galego no UK é un blogue en galego con variada, útil e interesante información sobre

este país. O seu equipo de redacción así se presenta: “Chegamos ao Reino Unido na busca dunha

oportunidade, movidos pola necesidade e desexo de traballar dignamente… A situación de crise

económica, político-sindical e social do noso país fixo que tivésemos que probar sorte lonxe da

casa. Somos… Galegos en U.K.”

2.3.Facebook

• Grupo Galegos morriñentos en Londres creado no 2008 por xente do ámbito da

comunicación e da arte son o grupo histórico da nosa comunidade no UK no ámbito das redes

sociais. Contan con preto de 1000 amizades. Sinalan que “o noso obxectivo é celebrar a nosa

galeguidade en Londres. Pra iso, cada tanto xuntámonos pra facer un magosto, unha queimada,

unha romaría, un campionato de ferriños, un acto en defensa da nosa lingua, unha viaxe... O que

nos pete! Somos un grupo aberto, de idades, profesións e gustos variados, con moito apego a

Galicia pero tamén a Londres e ao mundo”

Despois de 5 anos converteuse nun espazo fundamental da comunidade galega de

Londres como punto de encontro no que solucionar todo tipo de dubidas, buscar axuda a

problemas, atopar un cuarto ou, simplemente, compartir experiencias.

• Perfil Galego en Londres (vid. infra) que xestionamos dende a área de galego do IE

Cañada Blanch, conta con preto de 3000 amizades.

• Perfil Galego en Birmingham, asociado ao centro de estudos galegos da universidade de

Birmingham está xestionado pola súa lectora. Difunde as súas actividades e tamén información

de relevo para as súas amizades.

• Perfil Galego en Oxford conta con preto de 400 amizades e está xestionado polo lector

de galego do John Rutherford Centre for Galician Studies do Queen’s College. Difunde

fundamentalmente as súas actividades de promoción da lingua e cultura galega nesa cidade.

• Perfil Centro Galego en Bangor, con case 250 amizades e asociado a esa universidade na

que hai un lectorado de galego.

Page 3: XAIME VARELA SIEIRO

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 45

• Páxina GalizanoUK con preto de 400 gústames é a páxina da web do mesmo nome.

• Grupo Galegos en UK ten aproximadamente un ano e unhas 300 amizades. Preséntase

así “para todos os galegos que estamos nas illas británicas para axudarnos entre nós en todo o

que poidamos. Porque queiras ou non temos unha forma de ser propia que só outro galego

comprendería, polo tanto ninguén mellor que outro compatriota para axudarnos a dar o salto ás

illas”

• Grupo Galegos en Cambridge ten algo máis de un ano e con preto de 50 amizades. A súa

presentación é como segue: “This group is open to ALL backgrounds and languages. Everybody

welcome to make Galician friends!”

• Grupo Galegos en Manchester é bastante recente e conta aínda só cunha ducia de

amizades.

• Grupo Galegos en Glasgow é tamén recente e coma o anterior ten unha ducia de amigos.

Preséntase así: “Grupo para os galegos que viven en Glasgow e arredores”

• Grupo Galegas morriñentas nas Midlands, variante do londiniense, é un grupo creado

hai pouco e conta cunha vintena de amizades xa. A súa tarxeta de presentación “Un punto de

encontro para todos os galegos e galegas vivindo nas Midlands (Inglaterra)”

• Grupo Galeg@s pola soberanía no UK/Ireland é o máis recente. Preséntase como un

“Grupo dirigido a Galeg@s na diaspora, actualmente residentes no UK ou Ireland, que acreditam

na Sobería da Galiza e usariam este grupo como ferramenta de achegamento e ponto de encontro

e discussom com outras pessoas com as mesmas inquedanças nacionais para com a nossa terra”.

• Páxina do Grupo de Traballo Galego (GTL) ten algo máis do centenar de gústames e

serve fundamentalmente para difundir os artigos da súa web. Este ano, polo de agora, amósase

pouco activa.

• Páxina do Centro Galego de Londres que ten preto de 400 gústames e ofrece

información fundamentalmente do seu restaurante. A súa descrición é nidia ao respecto:

“Restaurante Galego de Londres onde hai unha calidade de producto tradicional e un servizo

amigable. Vive as túas festas con nós e desfaite da morriña do teu fogar. Rompe ca pana en

Londres!”

• Grupo do Centro Gallego de Londres ten 145 amizades e escasa actividade en canto a

publicacións. A descrición deste grupo faise en inglés e castelán, excluíndo o galego como

tamén no propio nome. Nela sinálase con claridade a quen vai dirixido e o carácter do mesmo:

“For anyone who danced/played instrument(s), played footie, etc. or just simply belonged (either

by force through parents or voluntarily) to El Centro Gallego London and/or attended the end of

month fiestas...or still do!

• Grupo Celtistas en Londres integrado por máis dunha trintena de seareiros “ca intención

de reunir a todos aqueles que seguimos ao Celta en London”

• O perfil LondonGap MTaibo é parte dunha iniciativa empresarial privada dunha

compostelá. Neste perfil baléiranse ofertas laborais e bolsas de estudos de interese para

españois.

• O perfil O Furancho do Ramón é o de creación máis recente. Responde a outra iniciativa

empresarial centrada na gastronomía galega e no lecer e dirixida en boa medida á galeguidade

de Londres. Ten carácter itinerante pois cada sesión-comida é nun enderezo distinto que

confirman a través das redes sociais horas antes. Xa teñen preto de 400 amigos e como ben

indican “Isto é un furancho. O address só o saben os amigos da casa”.

2.4. Twitter

Amais da conta @galegoenlondres que xestionamos, é de moito interese a asociada ao

blogue Galego no UK, a saber, @galegonouk; do mesmo xeito a asociada a web Galiza no Uk,

Page 4: XAIME VARELA SIEIRO

46 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013

isto, @GalizaNoUK ou @GTGalego asociada ao Grupo de Traballo Galego e na que se presentan

como “Emigrantes galegos no Reino Unido agrupados na 5ª etapa do Grupo de Traballo Galego. O

GTG pretende contribuír a unha Galicia dona de si, activa e resolutiva”. E, tamén nesta rede

social, podemos seguir o Centro Galego de Gales, en Bangor, @CEG_Gales que se presenta desta

maneira “Desde 2006 traballamos no campo da docencia e da investigación pola divulgación da

cultura e lingua galegas en Gales, no Reino Unido, no mundo: e en Galicia.” E tamén por este

medio podemos seguir a Confederación de empresarios de Galicia+Igape nesta cidade en,

@pexga_londres

3.FalaLondres

E agora presentaremos o proxecto que xestionamos: Fala Londres. EQ un proxecto de dinamizacion, accion e intervencion educativa e cultural en galego e, fundamentalmente para a comunidade galega, xurdido en setembro do 2010 dende a area de galego do IE Canada Blanch de Londres, un centro integrado de educacion espanola no exterior. A area de galego foi provista dun docente en 1992 tras ser creada por mor dun convenio asinado entre a Xunta de Galicia e o Ministerio de Educacion (BOE num. 139, de 11 de xuno de 1991). Este convenio ten como finalidade a introducion dos estudos de lingua galega en centros espanois no estranxeiro e foi actualizado na Resolucion de 14 de outubro de 1999, publicada no BOE num. 268, de 9 de novembro de 1999. Con todo, as xestions comezaran xa en 1988 tal e como se recolle nesta nova de La Voz de Galicia (10-06-1988), onde amais se exponen as razons: “El 73 por ciento de los padres de alumnos del colegio español bilingüe emplazado en la

londinense barriada de Portobello han apostado por que sus hijos aprendan también la lengua

autóctona de Galicia el próximo curso,según informan fuentes del centro, donde el 90 por ciento

del alumnado es de origen gallego” Pois ben, 25 anos despois o perfil do alumnado mudou considerablemente en funcion dos cambios normais de tipo xeracional sendo cada vez menor o alumnado de parellas de orixe galega. Aında ası, segundo os datos do Proxecto Educativo do Centro e a terceira lingua falada nel. Daquela dende o ano 1992 hai aulas de galego en todos os niveis educativos do mesmo. En setembro de 2010 comezamos a nosa xeira neste centro e tamen o proxecto Fala

Londres. Este basease en dous piares: o educativo no propio centro e o cultural. Para ambos os dous quixemos involucrar non so a comunidade educativa senon tamen toda a comunidade galega en Londres, coincidindo cun perıodo de emigracion importante de xente nova galega e, xeralmente, moi cualificada. EQ un proxecto que busca a implicacion real da comunidade galega en Londres a traves de duas direccions: cara a fora en tanto que lle mostramos as nosas practicas educativas ademais de difundir noticias e informacions culturais relevantes; e cara a dentro, en tanto que esa mesma comunidade participa no propio proceso educativo ben visibilizandose cada semana no centro educativo ofrecendo diversas actividades (charlas, conferencias, obradoiros, concertos, etc.) ou ben apoiando ou colaborando no proceso a traves da interaccion nas redes sociais. Nestes tres ultimos anos pasaron polas nosas aulas de xeito altruısta 160 galegas/os dos ambitos mais diversos. Con isto pretendemos non so mellorar a competencia linguıstica do noso alumnado senon tamen prestixiar a nosa cultura e a nosa lingua vehiculando calquera tipo de contidos nela con referentes altamente cualificados. Precisamente desta implicacion escola-rua naceu, por exemplo, o noso logo creado polo desenador Ivan Mato despois dun obradoiro de deseno grafico co alumnado de 2ºESO; ou a primeira curta, Portobello, porque me peta! grazas a axuda na realizacion de Carlos Abeijon. Para levar a cabo isto, usamos tres ferramentas:

Page 5: XAIME VARELA SIEIRO

ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013 47

3.1.OblogueFalaLondres

Aberto en setembro de 2010 conta con 320 entradas, mais de 70.000 visitas e preto de 40 subscritores. Nel presentamos as distintas actividades realizadas co alumnado de primaria, secundaria e bacharelato nestes tres ultimos anos, case todas vencelladas con aplicacions da web2.0. Entre elas, sempre hai unha microentrevista a cada galega/o de Londres que cada semana nos visita para compartir connosco os seus conecementos e/ou experiencias. Tamen hai algunha entrada relacionada con eventos de interese para a comunidade galega de Londres ou iniciativas e propostas para que colaboren nelas. Neste punto citaremos tres exemplos de actividades colaborativas: a realizacion dun wikidicionario de galinglish, a confeccion dunha guıa da hostalarıa galega en Londres ou a creacion de vıdeo-poemas para celebrar o aniversario do poeta Celso Emilio Ferreiro. Nos tres casos foron iniciativas xurdidas dende o centro escolar e que traspasaron o mesmo cara comunidade galega de Londres co gallo de participase nelas on line. 3.2.Operfilfacebook:GalegoenLondres Este perfil naceu tamen en setembro do 2010 e, nestes momentos, estamos chegando as 3000 amizades, o 90% galegos que viven no Reino Unido e, sobre todo, nas beiras do Tamesis. EQ , sen dubida, a parte comunicativa por excelencia do proxecto e a que nos permite un contacto mais estreito e diario coa comunidade. Os usos que lle damos son moi diversos como se pode comprobar no muro que e publico:

• Realización ou presentación de actividades que fai o alumnado de galego. Non en poucas ocasións nas actividades didácticas que fai o alumnado colabora incluso toda a comunidade aconsellándoos nos correctos usos lingüísticos.

• Publicidade das entradas do blogue Fala Londres • Comunicación de novas, sobre todo de tipo cultural, que cremos de interese para toda a

comunidade a fin de que non perdan o contacto co sistema cultural orixinario. Neste sentido, por exemplo, todas as fines de semana temos unha saúda musical cun vídeo de música galega.

• Voceiro de actividades ou eventos nos que participan ou realizan galegas/os de Galicia ou galegas/os de Londres ao longo deste país aínda que especialmente na capital. Esta parte está resultando de moito interese se temos en conta que no perfil hai máis dunha centena de creadoras/res galegas/os que traballan nesta cidade.

• Presentación para toda a comunidade virtual do traballo de tantas/os artistas e creativas/os que fan as súas producións en Londres. Ao mesmo tempo, tentamos fornecerlle a cada nova amizade suxestións doutras do mesmo eido instaladas xa neste país.

• Espazo de encontro, de toma de contacto; un espazo tamén para compartir experiencias ou para pedir axuda. Cremos que esta se está a converter nunha das utilidades fundamentais. Daquela é bastante frecuente que no noso muro se publiquen información relativas a temas moi diversos, dende propios do ocio ata laborais ou de aluguer de cuartos; tamén que se pida información sobre aspectos da vida cotiá ou se busque resolver dúbidas e problemas. Con todo, aínda son máis numerosas as mensaxes privadas que recibimos cada día sobre eses mesmos temas ou sobre outras cuestións para a inserción laboral neste país. Lamentablemente non temos a capacidade de axuda en moitos temas mais si tentamos sempre responder e informar na medida dos nosos coñecementos. 3.3.Acontatwitter:@galegoenlondres Mais recente que as anteriores, as suas propias caracterısticas outorgalle certos matices diferenciais con respecto a conta facebook. Contamos con menor numero de seguidores, uns 700 e deles, quizais so o 30% vivan no Reino Unido. Esta conta tamen nos serve de voceiro de todo tipo de actividades se ben non ten esa capacidade de espazo de encontro que nos

Page 6: XAIME VARELA SIEIRO

48 ANUARIO INTERNACIONAL DA COMUNICACIÓN LUSÓFONA I 2013

proporciona o facebook. Agora ben, presenta como vantaxe a posibilidade de seguir outras

persoas,espazosouwebsquenosfornecendeinformacioninteresante.

4.Conclusións

Despoisdovistoquizaisnonsexaarriscadoafirmarquenoespazovirtualestanosnovos

puntos de encontro das comunidades migrantes contemporaneas. Neles acadamos non so

respostas que antes se procuraban en espazos fısicos senon tamen o sentimento de

comunidade. Tocante a estes lugares virtuais de comunicacion galegos no Reino Unido

destacariamoso seunumero, variedade, a amplaactividadeeosdistintosenfoquesnos seus

obxectivos;esempredendeoaltruısmo.Epararematar,ocompromisocoanosaculturaecoa

nosalinguaxaquecompartenousodalinguagalegacomosinaldeidentidade.