vocabulario tema 9

2
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” “Vocabulario do Tema 9” URBANIZACIÓN: Termo que relaciona o número de habitantes que viven nunha cidade co total da poboación dun territorio. Proceso de progresiva concentración nas cidades da poboación, das actividades económicas e das innovacións máis destacadas. ÁREA PERIURBANA: Área rural situada na periferia dunha cidade, onde teñen lugar profundas transformacións dos aspectos demográficos, económicos e sociais por efecto da expansión de aquela, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais. FUNCIÓN URBANA: Conxunto de actividades que levan a cabo os habitantes dunha cidade. As funcións urbanas clasifícanse pola súa proxección: actividades dirixidas a subministrar bens e servizos á poboación exterior, e actividades que o fan ós seus residentes (básicas e non básicas). ÁREA DE INFLUENCIA: Extensión territorial sobre a que unha cidade exerce influencia, ó se-lo subministrador de certos bens e servizos. Unha área concreta pode estar sometida á influencia de máis duna cidade. METRÓPOLE: Cidade moi importante pola súa grande poboación e extensión. A súa poboación supera os 250.000 habitantes. CONURBACIÓN: Crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata fundirse nunha única aglomeración urbana. ÁREA METROPOLITANA: Territorio superior ó de unha gran cidade. Normalmente inclúe diversos municipios que comparten os servizos públicos. SOLO URBANO: Cualificación do solo definida polo Plan Xeral Municipal de Ordenación como calquera terreo que teña acceso rodado, abastecemento e evacuación de augas, así como sumidoiros e subministración de enerxía eléctrica, ou que se encontre comprendido en zonas consolidadas pola edificación polo menos nas súas 2/3 partes da superficie. SOLO URBANIZABLE: Terreos declarados como tal polo Plano Xeral de Ordenación Urbana dun municipio, onde se poderá construír no futuro; pode ser programado e non programado. (2 veces) SOLO RURAL: O pertencente ou relativo ó campo (agricultura, silvicultura, gandería, pesca, caza). REDE URBANA: Conxunto xerarquizado de centros urbanos que asegura os servizos a unha rexión, e está dominado por unha cidade máis importante, a metrópole rexional. XERARQUÍA URBANA: Fálase de xerarquía urbana cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu tamaño e funcións, e relaciónanse no espazo formando unha rede urbana xerarquizada na que se sitúa á cabeza a cidade de maior categoría. Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 08-Mar-2016

220 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Selección de Vocabulario do Tema 9

TRANSCRIPT

Page 1: Vocabulario Tema 9

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“Vocabulario do Tema 9”

URBANIZACIÓN: Termo que relaciona o número de habitantes que viven nunha cidade co total da poboación dun territorio. Proceso de progresiva concentración nas cidades da poboación, das actividades económicas e das innovacións máis destacadas.

ÁREA PERIURBANA: Área rural situada na periferia dunha cidade, onde teñen lugar profundas transformacións dos aspectos demográficos, económicos e sociais por efecto da expansión de aquela, transformando tamén os seus usos rurais tradicionais.

FUNCIÓN URBANA: Conxunto de actividades que levan a cabo os habitantes dunha cidade. As funcións urbanas clasifícanse pola súa proxección: actividades dirixidas a subministrar bens e servizos á poboación exterior, e actividades que o fan ós seus residentes (básicas e non básicas).

ÁREA DE INFLUENCIA: Extensión territorial sobre a que unha cidade exerce influencia, ó se-lo subministrador de certos bens e servizos. Unha área concreta pode estar sometida á influencia de máis duna cidade.

METRÓPOLE: Cidade moi importante pola súa grande poboación e extensión. A súa poboación supera os 250.000 habitantes.

CONURBACIÓN: Crecemento paralelo de dúas ou máis cidades ata fundirse nunha única aglomeración urbana.

ÁREA METROPOLITANA: Territorio superior ó de unha gran cidade. Normalmente inclúe diversos municipios que comparten os servizos públicos.

SOLO URBANO: Cualificación do solo definida polo Plan Xeral Municipal de Ordenación como calquera terreo que teña acceso rodado, abastecemento e evacuación de augas, así como sumidoiros e subministración de enerxía eléctrica, ou que se encontre comprendido en zonas consolidadas pola edificación polo menos nas súas 2/3 partes da superficie.

SOLO URBANIZABLE: Terreos declarados como tal polo Plano Xeral de Ordenación Urbana dun municipio, onde se poderá construír no futuro; pode ser programado e non programado. (2 veces)

SOLO RURAL: O pertencente ou relativo ó campo (agricultura, silvicultura, gandería, pesca, caza).

REDE URBANA: Conxunto xerarquizado de centros urbanos que asegura os servizos a unha rexión, e está dominado por unha cidade máis importante, a metrópole rexional.

XERARQUÍA URBANA: Fálase de xerarquía urbana cando as cidades dunha rexión ou dun país están organizadas segundo o seu tamaño e funcións, e relaciónanse no espazo formando unha rede urbana xerarquizada na que se sitúa á cabeza a cidade de maior categoría.

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 2: Vocabulario Tema 9

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

PLANO URBAN: Representación gráfica da paisaxe urbana. O seu estudio vai máis alá da descrición formal da organización do espazo, sendo o reflexo dunha determinada evolución histórica, polo que fai referencia ó pasado.

PLANO ORTOGONAL: Plano urbano no que as rúas se cruzan de forma perpendicular cun aspecto de taboleiro de damas ou taboleiro de xadrez, e aparece en todos os períodos da historia, ligado normalmente a actuacións planificadas.

PLANO RADIOCONCÉNTRICO: Plano urbano formado por rúas que parten do centro a modo de radios e outras que forman círculos concéntricos que as cortan perpendicularmente. Típico da Idade Media.

CASCO ANTIGO (CIDADE HISTÓRICA): Parte urbanizada da cidade desde a súa orixe ata a época industrial do S. XIX.

CBD (CENTRAL BUSINESS DISTRICT): Sector dunha cidade onde o comercio ó por menor de bens e servizos e a presenza de actividades administrativas e financeiras son as dominantes. Soe corresponderse co centro da cidade.

ENSANCHE: Expansión planificada das cidades a partir do derrubo das murallas a finais do XIX, adoptando xeralmente o plano en cuadrícula, debido ao crecemento da poboación urbana e á demanda de vivenda pola burguesía. Sistema de planeamento español ideado a finais del século XIX para solucionar la demanda de solo urbano por la burguesía en las grandes cidades.

CIDADE XARDÍN: Aglomeración urbana (cidade satélite) dependente dunha de rango superior caracterizada por amosar unha gran cantidade de espazos verdes, tódalas edificacións teñen o seu xardín, unha baixa densidade de poboación e unha tipoloxía construtiva de baixa altura.

CIDADE DORMITORIO: Tipo de aglomeración urbana (cidade satélite) no que predomina a función residencial e na que viven persoas que se desprazan a traballar a unha cidade de rango superior. A actividade económica que se desenvolve é escasa.

VIVENDA SOCIAL: Casas construídas por iniciativa pública, destinadas ós estratos máis desfavorecidos da sociedade, que en ocasións serven para facer desaparecer o chabolismo.

ARRABALDE: Aforas, periferia. Espazo que está arredor duna poboación. Suburbios.

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA (PXOU): Proxecto de ordenación integral do territorio dun ou varios municipios. O principal obxectivo é clasificar o solo (urbano, programado, urbanizable, urbanizable non programable e non urbanizable). Inclúe o financiamento e un período de vixencia.

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN URBANA: Instrumento de ordenación integral do territorio que clasifica o solo segundo o seu réxime xurídico: solo urbano, solo urbanizable programado, solo urbanizable non programado e solo non urbanizable.

Profesor: Diego Xesús López González.