vocabulario tema 5

4
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” MUNICIPIO: Unidade territorial administrativa básica rexida por un concello elixido democraticamente, en que se divide oficialmente do territorio español. Normalmente, a capital coincide cun núcleo de poboación concentrado namentres o resto dos núcleos están dispersos, como no caso de Galiza. SETENTRIONAL: Dise da situación orientada cara ó norte, tamén chamada ártico ou boreal. MERIDIONAL: Dise da situación orientada cara ao sur, tamén chamada antártico ou austral. SILVICULTURA: (do latín silva, selva, bosque e cultura, cultivo) é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo. EMPRAZAMENTO: Espazo concreto no que se asenta unha cidade. SITUACIÓN: Posición relativa da cidade respecto a un contorno xeográfico amplo (ríos, montañas, vías de comunicación). HÁBITAT DISPERSO: Cando no medio rural a disposición das vivendas salpica o espazo con casas illadas ou formando pequenos agrupamentos dunhas poucas casas. HÁBITAT CONCENTRADO: Disposición da expresión física da ocupación humana nun territorio, na que as vivendas se agrupan nun ou en poucos núcleos de tamaño destacado, bastante distantes entre si e separados por espazos despoboados. Cando no medio rural a disposición das casas agrúpase nunha unidade de tamaño xeralmente grande. HÁBITAT URBANO: Conxunto de vivendas e anexos existentes no medio urbano. HÁBITAT RURAL: Conxunto de vivendas familiares e anexos existentes no medio rural. RESIDENCIA SECUNDARIA: Vivenda familiar de uso estacional ou en determinados días ao ano, sen constituír unha vivenda habitual, e xeralmente ligada a actividades de ocio. SECTOR PRIMARIO: É un dos tres sectores nos que C. Clark divide as actividades económicas. Comprende o conxunto de sectores agrícola, gandeiro, forestal, pesqueiro e cazador. Implica unha actividade de explotación de recursos naturais pero sen transformacións Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 10-Mar-2016

216 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Vocabulario do tema 5

TRANSCRIPT

Page 1: VOCABULARIO TEMA 5

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

MUNICIPIO: Unidade territorial administrativa básica rexida por un concello elixido democraticamente, en que se divide oficialmente do territorio español. Normalmente, a capital coincide cun núcleo de poboación concentrado namentres o resto dos núcleos están dispersos, como no caso de Galiza.

SETENTRIONAL: Dise da situación orientada cara ó norte, tamén chamada ártico ou boreal.

MERIDIONAL: Dise da situación orientada cara ao sur, tamén chamada antártico ou austral.

SILVICULTURA: (do latín silva, selva, bosque e cultura, cultivo) é o cultivo dos bosques ou montes e tamén a ciencia que trata deste cultivo.

EMPRAZAMENTO: Espazo concreto no que se asenta unha cidade.

SITUACIÓN: Posición relativa da cidade respecto a un contorno xeográfico amplo (ríos, montañas, vías de comunicación).

HÁBITAT DISPERSO: Cando no medio rural a disposición das vivendas salpica o espazo con casas illadas ou formando pequenos agrupamentos dunhas poucas casas.

HÁBITAT CONCENTRADO: Disposición da expresión física da ocupación humana nun territorio, na que as vivendas se agrupan nun ou en poucos núcleos de tamaño destacado, bastante distantes entre si e separados por espazos despoboados. Cando no medio rural a disposición das casas agrúpase nunha unidade de tamaño xeralmente grande.

HÁBITAT URBANO: Conxunto de vivendas e anexos existentes no medio urbano.

HÁBITAT RURAL: Conxunto de vivendas familiares e anexos existentes no medio rural.

RESIDENCIA SECUNDARIA: Vivenda familiar de uso estacional ou en determinados días ao ano, sen constituír unha vivenda habitual, e xeralmente ligada a actividades de ocio.

SECTOR PRIMARIO: É un dos tres sectores nos que C. Clark divide as actividades económicas. Comprende o conxunto de sectores agrícola, gandeiro, forestal, pesqueiro e cazador. Implica unha actividade de explotación de recursos naturais pero sen transformacións

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 2: VOCABULARIO TEMA 5

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

EXPLOTACIÓN AGRARIA: Terreo no que se desenvolven actividades agrícolas ou gandeiras; Extensión de terreo dividido nunha ou máis parcelas, aínda que non sexan contiguas pero que,en conxunto, forman unha unidade de produción agrícola, gandeira, forestal ou mixta, baixo a dirección dun empresario, independentemente do réxime de tenencia; Unidade técnico-económica da que se obteñen produtos agrarios baixo a responsabilidade dun empresario.

EXPLOTACIÓN INTENSIVA.: Extensión de terreo na que se busca o máximo aproveitamento da superficie agrícola, non deixando terreo en repouso (barbeito).

EXPLOTACIÓN EXTENSIVA: Explotación agraria baseada en baixos rendementos sobre altas extensións de terreo, xeralmente con poucas unidades de man de obra.

DEVESA: Terreo pecuario, con árbores, cercado e máis ou menos dividido para ordenar o pasto, de gran extensión superficial, e propio dos espazos de pouca vocación agrícola na España Seca.

PARCELA: Unidade de explotación agrícola, delimitada por sebes, lindes, etc., que pode estar dedicada a un ou varios cultivos e que pode coincidir coa totalidade dunha explotación, aínda que o normal é que unha explotación se fragmente en varias parcelas.

CONCENTRACIÓN PARCELARIA: Proceso de reorganización de parcelas de diversas explotacións dunha comunidade agraria na que domina o minifundio, co fin de conseguir por adición unidades máis grandes e racionais.

MINIFUNDIO: Pequena propiedade ou pequena explotación agrícola, que expresa un reparto moi fragmentado do terrádego.

LATIFUNDIO: Propiedade agraria de grandes dimensións que en España domina no centro e sur peninsular por diversas causas históricas, e que se acostuma explotar de forma extensiva.

SECAÑO: Terra de labor que non ten rega.

REGADÍO: Dise do terreo que ten auga de rega ou dedicado ó cultivo fertilizado con rega.Conxunto de terras que teñen a condición de se poderen regar por auga que non procede directamente das precipitacións atmosféricas.

BARBEITO: Sistema de cultivo tradicional nos secaños españois que consiste en deixar en descanso a terra un período de tempo determinado, aplicándolle algunhas labores a fin de recuperar a súa capacidade produtiva. Ligado ós sistemas de rotación de cultivos de cereais.(2 veces)

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 3: VOCABULARIO TEMA 5

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

MONOCULTIVO: Sistema de cultivo onde é exclusivo o moi predominante un só cultivo nunca explotación agraria ou en todas as explotacións dunha rexión, dada a súa rendibilidade ou especial adaptación ás condicións ambientais.

POLICULTIVO: Consiste en cultivar no mesmo espazo agrícola varias especies vexetais. É propio de países subdesenvolvidos onde a produción vai destinada ó autoconsumo. Tamén en países desenvolvidos en zonas de horta, igualmente con destino ó autoconsumo.

ROTACIÓN DE CULTIVOS: Sucesión periódica de cultivos nun terreo co fin de logra-los máximos rendementos sen que por isto a terra se esgote.

SUPERFICIE AGRÍCOLA ÚTIL (SAU): Superficie que se pode aproveitar por unha explotación agrícola.

CAMPOS ABERTOS: Parcelas que non teñen límite físico. Propios de zonas de secaño. Denomínanse tamén “Openfield”.

CAMPOS PECHADOS: Paisaxe agraria onde as explotacións ou as parcelas aparecen delimitadas por peches de diversas características (lousas, pedras, sebe vivo, etc.) asociado ao individualismo. Denomínase tamén “bocage”.

AGRICULTURA A TEMPO PARCIAL: Actividade que constitúe un complemento económico duna actividade principal no propio sector primario (pesca), no secundario ou nos servizos, ou ben a ocupación do tempo de ocio na periferia das cidades.(2veces)

CULTIVO FORRAXEIRO: Cultivo dedicado á produción de plantas forraxeiras, destinado á alimentación do gando, coma o millo.

POLÍTICA AGRARIA COMUNITARIA (P.A.C.): Normas directivas de cohesión e coordinación das políticas e actividades agropecuarias entre os países membros da UE.

COTA LÁCTEA: Límite imposto á produción leiteira dun país, neste caso España, por un organismo supranacional, a Unión Europea, para adaptarse ás directrices da P.A.C.

ESTABULACIÓN GANDEIRA: Sistema de explotación gandeira que consiste en manter a cabana total ou parcialmente instalada nun estabulo, onde se procede á súa manutención e explotación.

TRASHUMANCIA: Tipo de pastoreo tradicional que segue o ciclo natural dos pastos, levando o gando alternativamente a áreas de condicións ambientais diferentes e complementarias.

Profesor: Diego Xesús López González.

Page 4: VOCABULARIO TEMA 5

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

RÉXIME DE TENENCIA DA TERRA: Grao de dominio sobre a terra que ten o empresario agrícola. É directa cando o propietario e o empresario son a mesma persoa, ou indirecta cando o propietario cede o dereito á terra a un empresario a cambio dunha porcentaxe da colleita (parcería) ou pago dunha renda (arrendamento).

PROGRAMA LEADER: Iniciativa comunitaria que trata de paliar os efectos da Política Agraria Comunitaria en diversas áreas europeas ás que fomenta mediante inversións, proxectos de desenvolvemento endóxeno, de innovación rural e de revitalización destas zonas deprimidas, etc.

CALADOIRO: Lugar do mar onde os pesqueiros tenden as súas redes debido a súa habitual riqueza de peces.

ACUICULTURA: Conxunto de actividades referidas á cría e coidado de animais e plantas acuáticas (peixes, moluscos, algas) cunha finalidade produtiva e recolección controlada.

REXIÓN PESQUEIRA: Extensión xeográfica que consta dunha serie de especies mariñas (peixes e outros animais acuáticos) en función dunhas características físicas.

PESCA DE ALTURA: Pesca realizada en mar aberto, máis alá das 50 – 60 millas de distancia do litoral. Está regulada por acordos internacionais e a flota que se dedica a esta pesca está formada por barcos de mediana e gran tonelaxe.

PESCA DE BAIXURA: Actividade pesqueira que se realiza entre o litoral e as 50 ó 60 millas dentro das augas xurisdicionais, con embarcacións de pequena tonelaxe.

MARISQUEO: Actividade de recolleita de moluscos bivalvos que se atopan formando bancos naturais en toda a beiramar. Pode realizarse a pé ou dende embarcación, a man ou con axuda dun aparello.

AUGAS XURISDICCIONAIS: Augas mariñas sobre as cales un estado exerce a súa soberanía e cunha extensión que é considerada parte integrante do seu territorio, acorde ao dereito do mar.

FONDOS ESTRUCTURAIS: Instrumento financeiro da Unión Europea consistente no aporte de capital ás rexións máis atrasadas a nivel socioeconómico cos obxectivos de aplicar políticas de reconversión, fomento dos recursos humanos e o desenvolvemento económico.

UNIÓN EUROPEA: Acordo político entre diversos países europeos para crear un mercado único, cunha moeda común e con decisións políticas comúns. Os obxectivos establécense a través de Tratados asinados polos xefes de Estado e de goberno dos países membros. Destacan Maastricht (1992), Amsterdam (1998) e Niza (2000).

Profesor: Diego Xesús López González.