vii curso de formaciÓn para informadores/as de …...curso homologado pola xunta de galicia, de...

12
                        VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE OFICINAS DE TURISMO E GUÍAS                           A Veiga (Ourense) | 11 15 de xullo www.usc.es/cetur Homologado por Co apoio de Turismo de Galicia

Upload: others

Post on 08-Oct-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

                       

 

 

VII CURSO DE FORMACIÓN PARA

INFORMADORES/AS DE OFICINAS

DE TURISMO E GUÍAS  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Veiga (Ourense) | 11 ― 15 de xullo

www.usc.es/cetur

Homologado por Co apoio de

Turismo de Galicia

Page 2: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

2

Centro de Estudos e Investigacións Turísticas (CETUR)

Centro de Estudos Avanzados Parque de Vista Alegre Rúa das Salvadas, s/n

15782 Santiago de Compostela Teléfono: 881 811 000 ― ext. 16339

Fax: 881 816 339 Twitter: @cetur_usc Email: [email protected]

Facebook: https://www.facebook.com/CeturUSC http://www.usc.es/gl/institutos/cetur

Page 3: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

3

VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE

OFICINAS DE TURISMO E GUÍAS

A VEIGA, 11-15 DE XULLO DE 2016

Lugar de celebración: Biblioteca do Concello da Veiga (Rúa Nova, s/n, 32360 A Veiga), agás as horas prácticas, que se desenvolverán no campo de acordo co programa.

Datas: do luns 11 de xullo de 2016 ao venres 15 de xullo de 2016.

Sesións: entre as 9:30 e as 14:30 e as 16:00 e as 21:00 horas.

Total horas: 35 horas teóricas + 15 horas de saídas prácticas.

Actividade optativa adicional: o sábado 16 de xullo ofrécese unha

actividade optativa a maiores consistente nunha ruta dun día enteiro para aqueles/as inscritos/as que a desexen realizar.

Obxectivos: ― Formar en turismo na natureza en Galicia. Este propósito implica: entender as peculiaridades dese subsector turístico, coñecer o medio natural e os recursos culturais existentes no territorio e promover no alumnado unha actitude sustentábel e respectuosa no desenvolvemento turístico. ― Explorar as posibilidades múltiples, tanto prácticas como empresariais, que ofrecen o sendeirismo, o montañismo e o guiado como actividades específicas de turismo na natureza. ― Transmitir aos/ás informadores/as de oficinas de turismo e guías unha serie de habilidades interpretativas e prácticas, estas segundas nomeadamente en relación co manexo de novas tecnoloxías da información e de cartografía. ― Aplicar os coñecementos e as habilidades prácticas nas Montañas de Trevinca, o sector máis elevado de Galicia e, polo tanto, a única área de alta montaña do país, a través do seguimento e análise de rutas de sendeirismo sobre o terreo.

Directores: ― Prof. Dr. Valerià Paül Carril, Departamento de Xeografía (USC). ― Prof. Dr. Miguel Pazos Otón, Director do CETUR (USC).

Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos para a homologación de cursos que realicen os guías de turismo especializados de Galicia para aos efectos do disposto no artigo 33 do Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo (DOG do 16 de maio do 2011), segundo comunicación notificada o 11 de maio de 2016 pola Axencia Turismo de Galicia.

Page 4: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

4

VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE

OFICINAS DE TURISMO E GUÍAS

PROGRAMA DETALLADO Luns 11 de xullo 9:30―10:30 Inauguración. Entrega de documentación. Introdución ao

Curso. Indicacións prácticas sobre o Curso Mesa de autoridades Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) Prof. Dr. Miguel Pazos Otón (CETUR, USC) 10:30―11:30 Os «turismos alternativos» e a emerxencia do turismo na

natureza Prof. Dr. Miguel Pazos Otón (CETUR, USC) 11:30―12:00 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 12:00―13:15 O turismo na natureza, o turismo da natureza, o

ecoturismo e o uso público dos espazos naturais. Apuntamentos conceptuais e experiencias turísticas

Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de Xeografía, USC)

13:15―14:30 O turismo activo dentro do turismo na natureza Profa. Dra. Noelia Araújo Vila (Facultade de

Ciencias Empresariais e Turismo, UVigo) 14:30―16:00 Descanso 16:00―17:00 A realidade do turismo na natureza en Galicia: un

segmento do turismo rural? Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) 17:00―18:00 As empresas de turismo activo en Galicia Profa. Dra. Noelia Araújo Vila (Facultade de

Ciencias Empresariais e Turismo, UVigo) Profa. Dra. Lidia Blanco Cerradelo (Facultade de

Ciencias Empresariais e Turismo, UVigo) 18:00―18:30 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 18:30―19:45 Valoración da competitividade turística dos espazos

naturais protexidos en Galicia Profa. Dra. Lidia Blanco Cerradelo (Facultade de

Ciencias Empresariais e Turismo, UVigo)

Page 5: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

5

19:45―21:00 O turismo deportivo en montaña en Galicia

Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

Marcos Pérez Rivas (Presidente de TREVIHOST – Asociación de Hostelaría e Turismo de Trevinca-A Veiga)

Martes 12 de xullo 9:30―10:30 Unha lectura turística das paisaxes e do medio natural de

Galicia Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) 10:30―11:30 O potencial climático turístico de Galicia Prof. Dr. Alberto Martí Ezpeleta (Departamento de

Xeografía, USC) 11:30―12:00 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 12:00―13:15 O problemático percorrido dos espazos naturais

protexidos en Galicia: política, conservación ou turismo? Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) 13:15―14:30 O turismo nos espazos naturais protexidos de Galicia Prof. Dr. Alberto Martí Ezpeleta (Departamento de

Xeografía, USC) 14:30―16:00 Descanso 16:00―17:00 A polisemia actual do Camiño de Santiago: turismo na

natureza, turismo cultural ou peregrinación relixiosa? Prof. Dr. Rubén C. Lois González (Departamento

de Xeografía, USC) 17:00―18:00 Actividades técnicas no turismo na natureza en Galicia.

Cuestións de seguridade, riscos e formación específica Fredy Iglesias Graña (Egresado no Máster en

Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo e Técnico Deportivo de Montaña Nivel 2, Guías Malouco)

18:00―18:30 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 18:30―19:45 O papel do medio natural no turismo rural Xiana Rodil Fernández (Diplomada en Turismo e

Egresada no Máster en Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo, Doutoranda na USC)

Page 6: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

6

19:45―21:00 Realidades do turismo rural e do agroturismo en Galicia.

O ecoagroturismo Xiana Rodil Fernández (Diplomada en Turismo e

Egresada no Máster en Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo, Doutoranda na USC)

Mércores 13 de xullo 9:30―10:30 A valoración cultural da natureza galega: xeografía,

literatura e turismo Prof. Dr. Juan M. Trillo Santamaría (Departamento

de Xeografía, USC) 10:30―11:30 A arte de guiar

Fredy Iglesias Graña (Egresado no Máster en Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo e Técnico Deportivo de Montaña Nivel 2, Guías Malouco)

11:30―12:00 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 12:00―13:15 Os procesos de patrimonialización. Información e

interpretación turísticas do patrimonio. O(s) patrimonio(s) das Montañas de Trevinca

Prof. Dr. Juan M. Trillo Santamaría (Departamento de Xeografía, USC)

Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de Xeografía, USC)

13:15―14:30 O deseño de rutas de sendeirismo nas Montañas de

Trevinca Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de

Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

14:30―16:00 Descanso 16:00―21:00 Prácticas no campo de guiado, información e

interpretación turísticas do sendeiro circular Ponte―Lagoa de Ocelo―Lagoa da Serpe―Ponte

Punto de saída (ás 16 horas): Adro da igrexa de Santa Mª Magdalena de Ponte

Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de Xeografía, USC)

Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

Fredy Iglesias Graña (Egresado no Máster en Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo e Técnico Deportivo de Montaña Nivel 2, Guías Malouco)

Page 7: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

7

Xoves 14 de xullo 9:30―10:30 Montañismo, sendeirismo e alpinismo: prácticas,

convencións e definicións Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) 10:30―11:30 O sendeirismo en Galicia: normativa, sinalética,

balizamento e homologación Xosé Manuel Pérez Prego (Director Técnico da

Federación Galega de Montañismo) 11:30―12:00 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 12:00―13:15 Prácticas empresariais de sendeirismo na Ribeira Sacra e

nas Montañas de Trevinca Manuel Rodríguez (Egresado no Máster en

Dirección e Planificación de Turismo pola UVigo, Ambulare)

13:15―14:30 Sendeirismo e novas tecnoloxías: waypoints, routes,

trackpoints e tracks. Aplicacións wikiloc Alejandro Gómez Pazo (Graduado en Xeografía e

Ordenación do Territorio pola USC e Egresado no Máster de Tecnoloxías da Información Xeográfica pola Universidad de Alcalá)

14:30―16:00 Descanso 16:00―20:00 Prácticas no campo de routes e tracks con GPS no

sendeiro circular Xares―Val da Morteira―Xares Punto de saída (ás 16 horas): Hotel «El Ciervo» (Xares) Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de

Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

Alejandro Gómez Pazo (Graduado en Xeografía e Ordenación do Territorio pola USC e Egresado no Máster de Tecnoloxías da Información Xeográfica pola Universidad de Alcalá)

20:00―21:00 Descarga e consulta de resultados en wikiloc Alejandro Gómez Pazo (Graduado en Xeografía e

Ordenación do Territorio pola USC e Egresado no Máster de Tecnoloxías da Información Xeográfica pola Universidad de Alcalá)

Page 8: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

8

Venres 15 de xullo 9:30―10:30 Os folletos turísticos: tipos, usos e obsolescencia Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC) 10:30―11:30 Novas perspectivas para o turismo no uso da cartografía:

infografías, formatos interactivos e linguaxes audovisuais Dr. Martín Barreiro (Arquitecto pola Escola

Superior Gallaecia e Dr. en Goberno e Proxectación do Territorio polo Politecnico di Milano, Estudio Rurban)

11:30―12:00 Pausa-café (incluída na inscrición do curso) 12:00―13:15 A experiencia dos folletos turísticos de penínsulas das

Rías Baixas: novas cartografías e infografías do patrimonio e da mobilidade

Dr. Martín Barreiro (Arquitecto pola Escola Superior Gallaecia e Dr. en Goberno e Proxectación do Territorio polo Politecnico di Milano, Estudio Rurban)

13:15―14:30 Os folletos turísticos da área e dos sendeiros das

Montañas de Trevinca Antón M. Carballo Lomba (Graduado en Xeografía

e Ordenación do Territorio pola USC e Egresado no Máster de Desenvolvemento Territorial pola USC, Doutorando na USC)

Breixo Martíns Rodal (Graduado en Xeografía e Ordenación do Territorio pola USC e Egresado no Máster de Desenvolvemento Territorial pola USC, Doutorando na USC)

14:30―16:00 Descanso 16:00―20:00 Prácticas no campo de observación e recollida de datos

para elaboración de folletos turísticos no sendeiro circular Vilanova―Pé do Maluro (Campiza do Medio)―As Meladas―Mina dos Alemáns―Vilanova

Punto de saída (ás 16 horas): Casa de turismo rural «O Trisquel» (Vilanova)

Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de Xeografía, USC)

Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

20:00―21:00 Debate sobre a elaboración de folletos turísticos:

estrutura, contidos, imaxes e cartografía. Peche do Curso Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de

Xeografía, USC)

Page 9: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

9

Sábado 16 de xullo (actividade optativa e voluntaria) 9:00―19:00 Ascenso e descenso á Pena Trevinca

Punto de saída (ás 9 horas): Casa de turismo rural «O Trisquel», Vilanova

Prof. Dr. Valerià Paül Carril (Departamento de Xeografía, USC)

Antonio «Cholo» Fernández Pena (Instrutor de Montañismo, Alpinismo e Escalada en rocha homologado polo Ministerio de Educación e Ciencia, Casa de turismo rural «O Trisquel»)

19:00―20:00 Pinchos e viños ofrecidos polo Concello da Veiga

Page 10: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

10

VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE

OFICINAS DE TURISMO E GUÍAS

Curso de 50 horas homologado pola Xunta de Galicia

INSCRICIÓN E DIPLOMA

Período de inscrición: do 15 de maio ao 30 de xuño de 2016. Prezo: 195€ a ingresar na C/C, coa referencia 7CURSOCETUR ― IBAN: ES40 0049 2584 9022 1400 2210 ― SWIFT: BSCHESMM

― Entidade: Banco Santander Central Hispano Aloxamento: o custo do aloxamento non está incluído. Facilítase

unha listaxe de estabelecementos turísticos no concello da Veiga, nun rango de prezos a partir dos 8,5€/noite/persoa. Recoméndase a reserva do aloxamento en paralelo á inscrición.

Número máximo de prazas: 40. As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición efectiva (co pago realizado). A partir de 40, comunicarase por Facebook e Twitter que non se dan aceptadas máis inscricións.

Inscrición: só se considerará válida cando se mande o formulario de inscrición e, escaneada, a copia do ingreso bancario (con impresión e selo da entidade bancaria).

Diploma: expedirase a cada participante que asista cando menos ao 85% do tempo. Faranse controis regulares de asistencia ao longo do Curso. No diploma constará a homologación pola Xunta de Galicia. Mandarase por correo ordinario a posteriori, ao enderezo facilitado.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Enviar a [email protected], coa copia do ingreso bancario escaneada Nome Apelidos Doc. de identidade Enderezo Localidade Código postal Teléfono de contacto Teléfono alternativo Correo-e

Relación co sector turístico

Estudante Traballador/a – empresario/a Non ten relación

Entidade na que traballa ou estuda

Page 11: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

11

LISTAXE DE ALOXAMENTOS DO CONCELLO DA VEIGA

Hotel «El Ciervo de Xares» ***

Localización: Xares Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 20 ― Individual 40€ Número de prazas: 40 ― Dobre 30€ Aparcadoiro gratuíto e wifi (Aloxamento e almorzo) Teléfono: 988 35 01 34 http://www.elciervohotel.com/ [email protected]

Pensión «As Chairas» Localización: A Veiga Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 23 ― Individual 25€ Número de prazas: 38 ― Dobre 17,5€ Aparcadoiro gratuíto (Aloxamento e almorzo) Servizos adaptados a persoas

con diversidade funcional Teléfono: 988 35 01 68 [email protected]

Hotel rural «Aira da Petada»

Localización: Corzos Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 8 ― Individual 40€ Número de prazas: 16 ― Dobre 28€ Aparcadoiro gratuíto ― Tripla 26€ Servizos adaptados a persoas ― Cuádrupla 24€

con diversidade funcional (Aloxamento e almorzo) Teléfono: 676 48 29 02 http://www.airadapetada.com/nueva/ [email protected]

Casa rural «Árbores de lenda»

Localización: Xares Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 3 ― Individual 48€ Número de prazas: 6 ― Dobre 29€

(posibilidade de camas supletorias) Aparcadoiro libre (Aloxamento e almorzo) Teléfono: 988 35 01 36 http://www.arboresdelenda.com/ [email protected]

Hospedaría rural «Eido das estrelas»

Localización: Valdín Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 8 ― Individual 28€ Número de prazas: 16 ― Dobre 17€ Aparcadoiro gratuíto Servizos adaptados a persoas con diversidade funcional Teléfono: 988 34 35 54 http://www.eidodasestrelas.es/ [email protected]

Page 12: VII CURSO DE FORMACIÓN PARA INFORMADORES/AS DE …...Curso homologado pola Xunta de Galicia, de acordo coa Orde do 14 de abril do 2011 pola que se estabelecen os criterios e procedementos

12

Casa rural «O Porto do Carro»

Localización: Corzos Número de habitacións: 3 (alúgase a casa completa, 100€/noite) Número de prazas: 6 Aparcadoiro libre Teléfono: 988 29 40 16 http://portodocarro.com/ [email protected]

Casa rural «O Trisquel»

Localización: Vilanova Prezos aprox. (persoa/noite): Número de habitacións: 3 ― Individual 28€ Número de prazas: 6 ― Dobre 20€ Aparcadoiro gratuíto Teléfono: 988 29 48 58 [email protected] www.otrisquel.com

Apartamentos «Eido do Trisquel»

Localización: Vilanova Número de habitacións: 2 apartamentos de 6 persoas (120€/noite) Número de prazas: 12 Aparcadoiro gratuíto Teléfono: 988 29 48 58 [email protected] www.otrisquel.com

Refuxio do Clube de Montaña «O Trisquel de Trevinca»

Localización: Vilanova Número de prazas: 14 Prezo (persoa/noite): 8,5€ Aparcadoiro gratuíto Teléfono: 988 29 48 58 [email protected] www.otrisquel.com

RESTAURANTES

«As Chairas». Localización: A Veiga. Número de prazas: 120. «El Ciervo». Localización: Xares. Número de prazas: 70 + 200 (en

comedor de banquetes). «Río Xares». Localización: A Veiga. Número de prazas: 80. Cóntase ademais coa restauración dalgún dos estabelecementos de

aloxamento como «Eido das estrelas», «A Aira da Petada» e «Árbores de lenda», que suman aproximadamente 100 prazas.

BARES E CAFETARÍAS

Bar Laila, Café-Bar Trevinca, Bar Fontevella, Bar Yáñez, As Chairas,

Río Xares, Bar A Palleira de Seoane. En tempada estival, abren dous estabelecementos a maiores: Bar das

Piscinas (Xares) e Bar O Retiro (Prada do Coiñedo, A Veiga).