vicerreitoría de responsabilidade social ...3.2.2. axudas adicionais : a contía da bolsa erasmus+...

10
Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais RESOLUCIÓN REITORAL DE 6 DE FEBREIRO DE 2019 POLA QUE SE SE CONVOCAN BOLSAS ERASMUS+ ESTUDOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O CURSO 2019-20 ERASMUS+ é o programa da Unión Europea para a educación, formación , xuventude e deporte, aprobado para o período 2014-2020. A Universidade de Vigo, como institución elixible trala obtención da ECHE (Erasmus Charter for Higher Education) para participar no programa Erasmus+, asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes con outras institucións de ensino superior elixibles para participar neste programa durante o curso 2019-20 no cadro da acción clave 1 (KA103) de mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe. Por outra parte o Banco Santander, segundo o acordo asinado coa Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE) creou o Programa “Becas Santander Erasmus” co obxectivo de axudar aos estudantes universitarios que obteñan prazas Erasmus+ no curso 2019-2020 promovendo a mobilidade e formación de estudantes no ámbito da Unión Europea. En virtude destes convenios e de acordo coas facultades que lle outorgan a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, de Universidades e o artigo 58 do Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos desta universidade e vista a Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, as disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e as súas normativas de desenvolvemento. ESTA REITORÍA RESOLVE: 1. Convocar as bolsas Erasmus+ Estudos da Universidade de Vigo en réxime de concorrencia competitiva destinadas a estudantes da Universidade de Vigo que desexen cursar estudos, 1 cuadrimestre ou un curso completo, durante o curso académico 2019-20 nas institucións de ensino superior que aparecen no anexo I desta convocatoria. 2. Ordenar a publicación desta convocatoria e as bases que a regulan no rexistro xeral, nos rexistros auxiliares e no Portal de bolsas da web da Universidade de Vigo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Así e todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O reitor Por delegación RR 01/12/2018 (DOG 07/12/2018) A vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación (asinada electronicamente por) María Isabel Doval Ruiz Código seguro de Verificación : GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a | Puede verificar la integridad de este documento en la siguiente dirección : https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Upload: others

Post on 03-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

RESOLUCIÓN REITORAL DE 6 DE FEBREIRO DE 2019 POLA QUE SE SE CONVOCAN BOLSAS ERASMUS+ ESTUDOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO PARA O CURSO 2019-20

ERASMUS+ é o programa da Unión Europea para a educación, formación , xuventude e deporte, aprobado para o período 2014-2020.

A Universidade de Vigo, como institución elixible trala obtención da ECHE (Erasmus Charter for Higher Education) para participar no programa Erasmus+, asinou acordos bilaterais de intercambio de estudantes con outras institucións de ensino superior elixibles para participar neste programa durante o curso 2019-20 no cadro da acción clave 1 (KA103) de mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe. Por outra parte o Banco Santander, segundo o acordo asinado coa Conferencia de Rectores de Universidades Españolas (CRUE) creou o Programa “Becas Santander Erasmus” co obxectivo de axudar aos estudantes universitarios que obteñan prazas Erasmus+ no curso 2019-2020 promovendo a mobilidade e formación de estudantes no ámbito da Unión Europea. En virtude destes convenios e de acordo coas facultades que lle outorgan a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, modificada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, de Universidades e o artigo 58 do Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro, polo que se aprobaron os estatutos desta universidade e vista a Lei 9/2007 de Subvencións de Galicia, as disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeral de Subvencións e as súas normativas de desenvolvemento. ESTA REITORÍA RESOLVE:

1. Convocar as bolsas Erasmus+ Estudos da Universidade de Vigo en réxime de concorrencia competitiva destinadas a estudantes da Universidade de Vigo que desexen cursar estudos, 1 cuadrimestre ou un curso completo, durante o curso académico 2019-20 nas institucións de ensino superior que aparecen no anexo I desta convocatoria.

2. Ordenar a publicación desta convocatoria e as bases que a regulan no rexistro xeral, nos rexistros auxiliares e no Portal de bolsas da web da Universidade de Vigo.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998 do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así e todo, as persoas interesadas poderán optar por interpoñer un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso, non caberá interpoñer o recurso contencioso-administrativo namentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O reitor Por delegación RR 01/12/2018 (DOG 07/12/2018) A vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación (asinada electronicamente por) María Isabel Doval Ruiz

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 2: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

ANEXO I

BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE BOLSAS ERASMUS+ ESTUDOS DA UNIVERSIDADE DE VIGO.

CURSO 2019-20

1. OBXECTO

Ofrecer ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado en programas de Grao, Máster ou Doutoramento a posibilidade de cursar estudos nalgunha das universidades coas que a Universidade de Vigo asinou un convenio de intercambio de estudantes.

2. REQUISITOS

Poderá participar na presente convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

2.1. Requisitos académicos

Estar matriculado/a no curso académico 2018-19 en titulacións de Grao ou nos másteres de máis de 60 ECTS que se ofertan da Universidade de Vigo ou nun programa de doutoramento.

O alumnado deberá estar tamén matriculado no curso académico 2019-20 durante o seu período de intercambio.

O estudantado de Belas Artes deberá presentar un proxecto artístico.

O estudantado da Escola de Enxeñaría Industrial deberá contar cun escrito do/a(s) titor/es do(s) destino(s) que solicita confirmando a idoneidade do/a candidato/a para o destino elixido. Non é necesario se a praza non ten un titor adxudicado.

Os requisitos específicos de cada centro aparecerán detallados no anexo II.

2.2. Requisitos específicos das prazas

Os requisitos específicos para cada unha das prazas aparecerán detallados na relación de prazas ofrecidas que se publica no anexo III.

2.3. Requisitos lingüísticos

Acreditar coñecementos do idioma esixido para o país de destino que lle permita desenvolver a actividade académica que vai realizar se se esixe nos destinos publicados no anexo I.

2.4. Requisitos para gozar de dúas bolsas en dous cuatrimestres no curso 2019-20 con dotación económica

Poderánse gozar dúas bolsas Erasmus+ no mesmo curso, 1 en cada cuatrimestre, se se cumplen as seguintes condicións: 2.4.1. Estar matriculado nunha doble titulación 2.4.2. Solicitar destinos en dous países diferentes con linguas de estudo diferentes.

Non poderán obter a condición de beneficiarios as persoas en quen concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Lei Xeral de Subvencións.

3. DOTACIÓN ECONÓMICA 3.1. BOLSA ERASMUS+ Os fondos destinados a esta axuda irán con cargo á aplicación orzamentaria 2019ORI1121DERA482.10 e o importe máximo do crédito orzamentario retido para esta

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 3: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

convocatoria ascende a 900.000,00 € para o que se achega o correspondente certificado de existencia de crédito.

A concesión destas axudas está condicionada á sinatura do convenio de subvención co SEPIE, que é a entidade financiadora, e á súa posterior achega de fondos por ser unha axuda financiada pola Unión Europea co obxecto de sufragar os gastos complementarios por estudar nunha universidade estranxeira. Non ten como finalidade cubrir a totalidade dos gastos dos estudos no estranxeiro.

A contía da bolsa dependerá do país de destino, segundo tres grupos:

Grupo 1 Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido e Suecia.

300 € /mes

Grupo 2 Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal.

250 € /mes

Grupo 3 Antiga República Iugoslava de Macedonia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia e Turquía.

200 € /mes

Poderanse conceder mobilidades sen dotación económica no caso de non dispor de fondos para todos os estudantes.

O pagamento realízase en dous prazos, o primeiro (80 %) efectuarase trala incorporación do estudante á universidade de acollida e o envío do certificado de chegada (modelo de documento que será facilitado pola ORI). O segundo pagamento efectuarase unha vez que se reciba na ORI o documento final de estadía e o beneficiario/a complete a enquisa UE (EU Survey) e realice a proba OLS.

Os/as beneficiarios/as dunha bolsa Erasmus+ con dotación económica percibirán 200 euros adicionais por mes de estadía se son beneficiarios da bolsa xeral de estudos do Ministerio de Educación e Formación Profesional durante o curso 2018-2019.

Financiaranse un máximo de 7 meses de bolsa. De existir dispoñibilidade orzamentaria poderán financiarse máis meses de estadía. O SEPIE establecerá o número de meses máximos financiados

3.2. AXUDAS COMPLEMENTARIAS POR NECESIDADES ESPECIAIS E ADICIONAIS Existen dous tipos de axudas para estudantes con discapacidade:

3.2.1. Axudas especiais: A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada segundo o grado de discapacidade do estudantado previa solicitude segundo o disposto no punto 5:

Segundo o grado: Do 33% ao 49 %

Do 50 % ao 70 %

Mais do 70 %

Grupo 1

Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Reino Unido e Suecia.

400 € /mes 450 € /mes 500 € /mes

Grupo 2

Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos e Portugal.

350 € /mes 400 € /mes 450 € /mes

Grupo 3

Antiga República Iugoslava de Macedonia, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia,

300 € /mes 350 € /mes 400 € /mes

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 4: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

República Checa, Romanía, Serbia e Turquía.

3.2.2. Axudas adicionais: A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de

1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade do estudantado previa solicitude segundo o disposto no punto 5, dependendo do custo real dos gastos incorridos polo beneficiario/a mediante presentación de facturas polos seguintes conceptos: transporte, acompañantes, servizos profesionais, outro tipo de gastos derivados da mobilidade.

3.3. AXUDAS COMPLEMENTARIAS DO BANCO SANTANDER ERASMUS+

Os fondos destinados a esta axuda complementaria irán con cargo á aplicación orzamentaria 2019ORI1121DORI482.10 e o importe máximo do crédito orzamentario retido para esta convocatoria ascende a 25.900,00 € para o que se achega o correspondente certificado de existencia de crédito.

As axudas consistirán en 2 bolsas de 3.200€ cada unha; 27 becas de 500€ cada unha e 40 bolsas de 150€ cada unha.

O pago das axudas realizarase mediante transferencia bancaria á conta dos beneficiarios no Banco Santander S.A. unha vez certificada a chegada a destino.

4. INCOMPATIBILIDADES

A bolsa é incompatible con calquera outra axuda de entidades públicas e privadas para a mesma finalidade e/ou período.

Non poderán solicitar esta bolsa os/as estudantes que gocen doutra bolsa de intercambio promovida pola Oficina de Relacións Internacionais durante o mesmo período.

As tres axudas do Banco Santander Erasmus+ son incompatibles entre si.

Durante o mesmo ciclo de estudos (Grado, Máster ou Doutoramento) non se poden gozar de máis de 12 meses de bolsa Erasmus+ nas diferentes modalidades (estudos e prácticas).

5. SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN

O formulario de solicitude en liña atoparase na Secretaría Virtual (formularios e enquisas) da Universidade de Vigo. As persoas candidatas deberán imprimir unha copia da solicitude e presentala asinada, xunto coa documentación requirida, nos rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas.

O estudantado deberá facilitar como enderezo de correo electrónico o enderezo do dominio alumnos.uvigo.es para os efectos de comunicación.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 28 de febreiro de 2019.

A solicitude deberá vir acompañada de:

-O estudantado de Belas Artes deberá presentar un proxecto artístico.

-O estudantado da E.E. Industrial deberá presentar un escrito do/a(s) titor/es do(s) destino(s) que solicita confirmando a idoneidade do/a candidato/a para o destino elixido. Non é necesario se a praza non ten un titor adxudicado.

-Certificacións oficiais de coñecementos de idiomas se se esixe nos destinos publicados no anexo I. Os coñecementos previos poderán acreditarse mediante a presentación das seguintes certificacións (niveis mínimos): Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 5: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

Inglés, nivel B1:

CertAcles B1 Nivel intermedio 2 da EOI, 3º curso do plan vello Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo PET Cambridge Trinity: ISE I TOEFL: entre 57-86 (req. superación de las 4 macrodestrezas) IELTS: nivel 4.0-5.0 Bulats: 40-59 (req. superación de las 4 macrodestrezas)

Inglés, nivel B2:

CertAcles B2 Nivel avanzado 2 da EOI, 5º curso do plan vello Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo Cambridge First Certificate Trinity: ISE II TOEFL: 87-109 (req. superación de las 4 macrodestrezas) IELTS: nivel 5.5-6.5 Bulats: 60-74 (req. superación de las 4 macrodestrezas)

Inglés, nivel C1

CertAcles C1 Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo Cambridge Certificate of Advanced English Trinity: ISE III TOEFL: 110-120 (req. superación de las 4 macrodestrezas) IELTS: nivel 7.0-8.0 Bulats: 75-89 (req. superación de las 4 macrodestrezas) Nivel C1 da EOI

Alemán, nivel A2:

Nivel básico 2 da EOI Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo Goethe Institut: Start Deutsch 2 (SD2) Bulats: 20-39

Alemán, nivel B1:

CertAcles B1 Nivel intermedio 2 da EOI ou 3º curso do plan vello

Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo Goethe Institut: Zertifikat Deutsch (ZD) Testdaf-Niveaustufe 3 (TDN3) Bulats: 40-59

Francés, nivel B1:

CertAcles B1 Nivel intermedio 2 da EOI ou 3º curso do plan vello C

ódig

o se

guro

de

Ver

ifica

ción

: G

EIS

ER

-a57

c-ee

63-f

a92-

4749

-baf

8-85

83-3

d75-

214a

| P

uede

ver

ifica

r la

inte

grid

ad d

e es

te d

ocum

ento

en

la s

igui

ente

dire

cció

n : h

ttps:

//sed

e.ad

min

istr

acio

nesp

ublic

as.g

ob.e

s/va

lida

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 6: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo TCF: nivel 3 (300-399) DELF B1 Alliance Française CEFP2 Bulats: 40-59

Francés, nivel B2:

Nivel avanzado 2 da EOI ou 5º curso do plan vello Acreditación expedida polo Centro de Linguas da Universidade de Vigo TCF: nivel 4 (400-499) DELF B2 Alliance Française DLF Bulats: 60-74

En caso de estar en posesión doutra certificación de nivel diferente ás aquí mencionadas, consultar a táboa de certificacións de idiomas admitidas pola UVigo en

http://www.cdl.uvigo.es/certificados_cursos.php?idioma=gl

O estudando seleccionado cun grado de discapacidade igual ou superior ao 33% deberá solicitar as axudas complementarias do punto 3.1.2 perante o SEPIE. A solicitude deberá vir acompañada dun orzamento detallado indicando os posibles conceptos: transporte, acompañantes, servizos profesionais, outro tipo de gastos. A ORI informará ao alumnado no momento no que o SEPIE publique a convocatoria destas axudas e axudará a tramitar as solicitudes aos interesados/as.

O alumnado que desexe optar ás contías complementarias Santander Erasmus+ deben inscribirse na páxina web : www.becas-santander.com ata o 28 de febreiro de 2019. Para xustificar o cumprimento do criterio de discapacidade será necesario que con anterioridade ao 15 de febreiro de 2019 remita á Oficina de Relacións Internacionais o Anexo A da presente convocatoria titulado Cláusula de Protección de Datos asociada ao Programa “Becas Santander Erasmus” que poderán descargar da plataforma do Banco Santander. Este documento será custodiado exclusivamente pola Universidade de Vigo.

Co fin de axilizar o proceso, os aspirantes que non presenten as solicitudes directamente no rexistros da Universidade de Vigo deberán comunicar esta circunstancia a [email protected] no mesmo día da súa presentación achegando una copia escaneada da solicitude co comprobante do envío en prazo.

Segundo a normativa de protección de datos, infórmase a cada persoa candidata de que os seus datos formarán parte dun ficheiro do que a Universidade de Vigo é responsable.

Os datos serán tratados para a xestión das subvencións e para finalidades relacionadas co programa de bolsas Erasmus+, tanto informativas como para procesos de selección desta convocatoria e outras con fins semellantes. A persoa candidata poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos datos, dirixindo unha solicitude con copia do seu NIF á Oficina de Relacións Internacionais, Universidade de Vigo.

En relación ás bolsas do Banco Santander Erasmus+, A Universidade de Vigo non facilitará ningún dato de carácter persoal sensible do estudantado seleccionado ao Banco Santander S.A. nin a ningunha das súas filiais. A Universidade de Vigo non facilitará de ningunha forma ningún dato e/ou indicio e/ou documento que puidera permitir ao Banco Santander S.A. nin a ningunha das súas filiais a posibilidade de deducir ou identificar aos bolseiros que puideran obter as axudas por presentar a certificación de discapacidade. C

ódig

o se

guro

de

Ver

ifica

ción

: G

EIS

ER

-a57

c-ee

63-f

a92-

4749

-baf

8-85

83-3

d75-

214a

| P

uede

ver

ifica

r la

inte

grid

ad d

e es

te d

ocum

ento

en

la s

igui

ente

dire

cció

n : h

ttps:

//sed

e.ad

min

istr

acio

nesp

ublic

as.g

ob.e

s/va

lida

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 7: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

A política de privacidade do Banco Santander S.A. poderá consultarse na páxina web: http:www.becas-santander.com/legal/privacy 6. SELECCIÓN E RESOLUCIÓN

6.1. SELECCIÓN BOLSA ERASMUS+

Rematado o prazo de presentación de solicitudes, e unha vez examinadas estas e a documentación presentada, publicarase a listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas, coa mención da causa de exclusión.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación para emendar os erros e a falta de documentación presentando o formulario de alegacións, dirixido á Oficina de Relacións Internacionais, nos rexistros da Universidade.

Unha vez revisadas as alegacións, a ORI enviará aos/ás responsables de relacións internacionais dos centros respectivos as solicitudes presentadas para que en cada centro se efectúe a selección dos/as bolseiros/as segundo o nota media do expediente e o nivel de coñecementos de idioma segundo o destino en todos os centros.

No anexo II detállanse os criterios específicos de cada centro. En todo caso terán preferencia para obter financiación todos/as estudantes que sexan beneficiarios por primeira vez dunha bolsa Erasmus + Estudos.

En cada centro publicarase unha relación provisional de bolseiros/as seleccionados/as e concederase un período de reclamación de 5 días hábiles dirixidas á Comisión de selección do centro, da que será presidente/a a persoa responsable de relacións internacionais dos centros. Os datos das persoas responsables pódense consultar na seguinte ligazón:

https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-11/rrii_galego_0.pdf

Revisadas as alegacións, a Oficina de Relacións Internacionais elevará a proposta de resolución definitiva de bolsas concedidas, denegadas e lista de agarda, á Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación para a súa publicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Todas as resolucións ás que se refire este punto publicaranse nos rexistros da Universidade e no portal de bolsas da web da universidade e na seguinte ligazón:

https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade/estudantes-saintes

Poderán realizarse as comunicacións individuais que resulten necesarias ao correo electrónico sinalado na solicitude, sen que estas teñan a consideración de notificación.

6.2. SELECCIÓN BOLSA DO BANCO SANTANDER ERASMUS+ Estas axudas serán asignadas aos seleccionados/as con bolsa Erasmus+ en función da nota media ponderada coa titulación. Segundo esta media, adxudicaranse as axudas da seguinte forma:

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 8: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

• As bolsas de 3.200 € ao estudantado con maior nota media ponderada, coa condición de ser

bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2018-19. Terá prioridade o estudantado que presente a documentación correspondente por presentar unha discapacidade igual ou superior ao 33 %.

• As bolsas de 500 € ao estudantado con maior nota media ponderada, coa condición de ser bolseiro do Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2018-19.

• As bolsas de 150 € ao estudantado con maior nota media ponderada.

A ORI publicará unha relación provisional de beneficiarios da contía complementaria Santander e concederase un período de reclamación de 5 días hábiles dirixidas á ORI.

Revisadas as alegacións, a Oficina de Relacións Internacionais elevará a proposta de resolución definitiva de contías concedidas, denegadas e lista de agarda, á Vicerreitora de Responsabilidade Social, Internacionalización e Cooperación para a súa publicación.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a contar dende o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Todas as resolucións ás que se refire este punto publicaranse nos rexistros da Universidade e no portal de bolsas da web da universidade e na seguinte ligazón:

https://www.uvigo.gal/estudar/mobilidade/estudantes-saintes

Poderán realizarse as comunicacións individuais que resulten necesarias ao correo electrónico sinalado na solicitude, sen que estas teñan a consideración de notificación.

7. ACEPTACIÓN E RENUNCIA

As persoas beneficiarias das bolsas deberán aceptar por escrito a concesión da bolsa no prazo de 10 días hábiles desde a publicación da resolución definitiva de concesión. De non facelo nese prazo, entenderase que renuncia á bolsa.

Toda renuncia a unha praza xa aceptada con anterioridade, deberá presentarse por escrito.

As renuncias darán lugar á concesión a seguinte persoa da lista de agarda.

8. OBRIGAS

A persoa beneficiaria deberá:

1. Os/as beneficiarios/as serán os responsables de enviar ás universidades de destino toda a documentación requirida no prazo estipulado por estas institucións.

2. O estudantado realizará os trámites de matrícula correspondentes na Universidade de Vigo durante o curso 2019-20, estando exentos do pagamento de taxas na universidade de destino. Algunha das universidades de destino pode esixir ao estudantado algún tipo de taxa en concepto de organización de actividades, material, etc.

3. Deberán entregar na ORI a seguinte documentación para xustificar a duración da súa estadía: 1. Antes do inicio da estadía:

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 9: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

- Presentar copia dun seguro de contratación obrigatoria. Poderá contratar o seguinte seguro ou outro calquera sempre que conteña como mínimo as prestacións do que aquí se detalla: http://www.oncampus.es/. A título informativo, o importe da póliza no curso 2018-2019 foi de 45 euros. - As persoas seleccionadas deberán elaborar un contrato de estudos en colaboración coa persoa responsable de relacións internacionais do seu centro ou da persoa encargada da súa titorización a través da Secretaría Virtual. Este contrato deberá elaborarse antes do inicio do prazo de matrícula para o curso 2019-20. No caso de modificacións do contrato, estas deberán facerse no primeiro mes do cuadrimestre na universidade de destino. Se as modificacións inflúen na matrícula efectuada na Universidade de Vigo no curso 2019-20, estas deberán ser notificadas polo alumnado á secretaría do seu centro na Universidade de Vigo unha vez aprobado o contrato polo coordinador/a. -Asinar un convenio de subvención que lle será remitido desde a ORI e que deberá presentar na ORI antes de iniciar a estadía. -Realizar unha proba de nivel obrigatoria do idioma, OLS, que empregará como idioma de estudo antes de iniciar a súa estadía. Os resultados non impedirán que poida realizar a estadía de mobilidade. En función do resultado obtido poderá ter acceso a unha plataforma de aprendizaxe en liña antes ou durante ou seu periodo de mobilidade. A información sobre estas probas pódese consultar en http://erasmusplusols.eu

2. Ao inicio da estadía: -Certificación de chegada conforme ao modelo que lle será entregado na ORI

3. Unha vez finalizada a estadía: -Certificado de realización da estadía, orixinal e asinado e selado pola universidade de destino sen emendas nen riscaduras. As persoas beneficiarias acreditarán a estadía efectiva así como a súa duración mediante o citado certificado. As datas de chegada e partida definitivas que aparezan neste certificado serán as que se terán en conta á hora de xustificar a estadía real da persoa beneficiaria da bolsa. -Realizar a proba OLS final. -Cumprimentar e enviar a enquisa UE (EU Survey) en liña nos 30 días naturais posteriores á recepción da invitación para cumprimentala. A Universidade de Vigo poderá requirir aos/ás beneficiarios/as que non cumprimenten e envíen a enquisa UE en liña o reembolso da axuda financeira recibida.

4. Os/as beneficiarios/as serán os responsables de tramitar o seu visado e aboar os gastos, se é necesario, e asegurarse das condicións deste sobre todo no caso de estudantes con nacionalidade de países extracomunitarios e sen permiso de residencia permanente en España.

5. O/a beneficiario/a deberá cumprir coas obrigas establecidas no artigo 14.1 da Lei 38/2003 de 17 de novembro Ley General de Subvenciones.

9. REVISIÓN E REINTEGRO DAS AXUDAS

No caso de que o estudantado non leve a cabo a estadía ou parte dela, a Universidade de Vigo resérvase o dereito de reclamar o importe dos gastos que resulten da participación do estudantado no programa.

Son causas de reintegro:

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a

Page 10: Vicerreitoría de Responsabilidade Social ...3.2.2. Axudas adicionais : A contía da bolsa Erasmus+ verase incrementada ata un máximo de 1.000 euros por mes, segundo o grado de discapacidade

Vicerreitoría de Responsabilidade Social, Internacionaliazación e Cooperación Oficina de Relacións Internacionais

- Non cumprir os requisitos e obrigas recollidos na convocatoria. - Ocultar datos, alteralos ou manipular a información solicitada. - Incorrer nalgunha das causas de incompatibilidade establecidas nesta convocatoria

Cód

igo

segu

ro d

e V

erifi

caci

ón :

GE

ISE

R-a

57c-

ee63

-fa9

2-47

49-b

af8-

8583

-3d7

5-21

4a |

Pue

de v

erifi

car

la in

tegr

idad

de

este

doc

umen

to e

n la

sig

uien

te d

irecc

ión

: http

s://s

ede.

adm

inis

trac

ione

spub

licas

.gob

.es/

valid

a

ÁMBITO- PREFIJO CSV FECHA Y HORA DEL DOCUMENTO

GEISER GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a 06/02/2019 13:51:14 Horario peninsular

Nº registro DIRECCIÓN DE VALIDACIÓN Validez del documento

O00008735s1900000792 https://sede.administracionespublicas.gob.es/valida Original

GEISER-a57c-ee63-fa92-4749-baf8-8583-3d75-214a