verboxido 6

4
Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes CAMIÑO DO POUSO, 2 • 36560 SOUTELO DE MONTES 6 • Outubro 2003 BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES E-mail: [email protected] lSexa a poesía ben vida a Cerdedo ! As fazulas cheas do ar da Penadaigha, outeiro de ·Abelaíndo, sopraron en Cerdedo a poesía. As moufas encheitas do vento soán son presaxio do cambio de tempo e do cambio dos tempos. Non desfalezamos, han vir as chuvias e o fresquío. Tornará a louzanía ao agro e as enchentes turrarán do lixo río abaixo deica ao mar, que alí seica non hai abondo. O refoleo lizquente, o vento que troca pareceres e goberna bátegas e aloveados achégase zoando dende o coto, alanca, acurta o paso, tense coma miñato, dexer- ga as aldeas que esmorecen: os vivos abaixan a testa, os defuntos de mala morte, carne de gabia e foxa común, reméxense nos seus acusadores cadaleitos. Boas xentes da Terra dos Montes, acudide. Vinde ao encontro dos poetas, oficio vello onde os haxa. Acudide sen medo, esconxurade o agoiro que todo o ve, que todo o sabe, que todo o xulga; sexa cadaquén sentinela da súa conciencia. Espelide o andar, estirpes da pedra, seredes testemu- ñas de como, verso a verso, cachote a cachote, se ergue o valo da estrofa; estrofa a estrofa, e lembro a Celso Emilio, a chouza na que nacemos, copulamos e marre- mos, o poemario. Constataredes que hai versos labrados coma perpia- ños, versos espontáneos coma cachotes, versos preci- sos coma rebos, necesarios coma rachos de rachuír e versos-coio de seixo, material abondoso no país, para as intifadas que estean por dispoñer. Sexa a poesía benvida a Cerdedo, sexan benvidos os poetas, sexa benvida a súa aura benéfica. Quen teña a alma limpa, comungue do verso, quen a teña sucia con máis motivo. Feito o labor de cata e espiolle, a poesía voltará a atmosfera, rubirá polas encostas do Seixo, espectador impertérrito das nosas miserias, achando acubillo no Outeiro do Castro, Parnaso das nosas musas, Olimpo do noso acervo mítico, Panteón alternativo, pois nesta terra, os deuses de todos figuran no censo de residentes ausentes. ¡ Sexa a poesía benvida a Cerdedo ! Carlos Solla No deserto de Sara Urna extensao espera por meus passos. Outra os devorou. Deixo pegadas que o vento apaga. Levo um caminho errante e descuidado, urna linha impossível e precisa. Nao sei para onde vou · mas cada passo demonstra-me estar certo sendo firme. É pena fraquejar. E sem embargo ttemem-me os pés olhando na distancia. · O chao é leve. Tento apanhá-lo comas maos e esvai-se. Dou mais um passo e grito para o vento. Quando se chega a linha do horizonte? Inútil perguntar. Ninguém responde. Eugénio Outeiro Canción de berce para un porco acabado de matar Que esquezas: a porta aberta o ararrie a corda o coitelo que a palla prendida te limpe da friaxe dos homes que esteas no Jume coma un neno baixo unha manta quente que os teus ósos acouguen sobre os fieitos que o Jume goberne os montes que che roubamos e o teu bafo que ninguén cho poida comer. Joseph Ghanime

Upload: asociacion-cultural-vagalumes

Post on 23-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Verboxido 6

Verbo Xido Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes

CAMIÑO DO POUSO, 2 • 36560 SOUTELO DE MONTES

Nº 6 • Outubro 2003 BOLETÍN INFORMATIVO DE ECOLOXÍA E CULTURA DA TERRA DE MONTES E-mail: [email protected]

lSexa a poesía ben vida a Cerdedo ! As fazulas cheas do ar da Penadaigha, outeiro de

· Abelaíndo, sopraron en Cerdedo a poesía. As moufas encheitas do vento soán son presaxio do cambio de tempo e do cambio dos tempos. Non desfalezamos, han vir as chuvias e o fresquío. Tornará a louzanía ao agro e as enchentes turrarán do lixo río abaixo deica ao mar, que alí seica non hai abondo.

O refoleo lizquente, o vento que troca pareceres e goberna bátegas e aloveados achégase zoando dende o coto, alanca, acurta o paso, tense coma miñato, dexer­ga as aldeas que esmorecen: os vivos abaixan a testa, os defuntos de mala morte, carne de gabia e foxa común, reméxense nos seus acusadores cadaleitos.

Boas xentes da Terra dos Montes, acudide. Vinde ao encontro dos poetas, oficio vello onde os haxa. Acudide sen medo, esconxurade o agoiro que todo o ve, que todo o sabe, que todo o xulga; sexa cadaquén sentinela da súa conciencia.

Espelide o andar, estirpes da pedra, seredes testemu­ñas de como, verso a verso, cachote a cachote, se ergue o valo da estrofa; estrofa a estrofa, e lembro a Celso

Emilio, a chouza na que nacemos, copulamos e marre­mos, o poemario.

Constataredes que hai versos labrados coma perpia­ños, versos espontáneos coma cachotes, versos preci­sos coma rebos, necesarios coma rachos de rachuír e versos-coio de seixo, material abondoso no país, para as intifadas que estean por dispoñer.

Sexa a poesía benvida a Cerdedo, sexan benvidos os poetas, sexa benvida a súa aura benéfica. Quen teña a alma limpa, comungue do verso, quen a teña sucia con máis motivo.

Feito o labor de cata e espiolle, a poesía voltará a atmosfera, rubirá polas encostas do Seixo, espectador impertérrito das nosas miserias, achando acubillo no Outeiro do Castro, Parnaso das nosas musas, Olimpo do noso acervo mítico, Panteón alternativo, pois nesta terra, os deuses de todos figuran no censo de residentes ausentes. ¡ Sexa a poesía benvida a Cerdedo !

Carlos Solla

~·~

No deserto de Sara Urna extensao espera por meus passos. Outra já os devorou. Deixo pegadas que o vento apaga. Levo um caminho errante e descuidado, urna linha impossível e precisa. Nao sei para onde vou · mas cada passo demonstra-me estar certo sendo firme. É pena fraquejar. E sem embargo ttemem-me os pés olhando na distancia. · O chao é leve. Tento apanhá-lo comas maos e esvai-se. Dou mais um passo e grito para o vento. Quando se chega a linha do horizonte? Inútil perguntar. Ninguém responde.

Eugénio Outeiro

Canción de berce para un porco acabado de matar

Que esquezas: a porta aberta o ararrie a corda o coitelo

que a palla prendida te limpe da friaxe dos homes

que esteas no Jume coma un neno baixo unha manta quente

que os teus ósos acouguen sobre os fieitos que o Jume goberne os montes que che roubamos

e o teu bafo que ninguén cho poida comer.

Joseph Ghanime

Page 2: Verboxido 6

Rebelión da Palabra

Falarei na lingua de Maria Peres, a Balteira, musa prostibularia e tecedeira de cantigas coa quentura por entre as coxas. Falarei na lingua das irmandiñas que arrebolaron con forza berros de liberación aos pais da tiranía, falarei bidueiro, falarei croio, sarabia, laxe, seara, burato, momo sistema de signos, símbolo da memoria que esmorece. Falarei na lingua de Rosalía, de Xaquina Trillo, de María Mariño Carou, a lingua renegada da meniña Carolina Otero violada no camiño, a lingua da miña avoa, canteira anónima,

"Non esquenzas as verbas estirpe que son marte pró estranxeiro opresor, ,etas nos lavar(

X.L. MENDEZ FERRIN

arxina da Terra de Montes, labradora de sucos na pedra de gra e nas conciencias de todas as que soñaron ser amazonas da linguaxe. Para vós, meniñas de augamel, mulleres en froita por madurecer, falarán estes gromos de firmeza que me rebentan nos dentes e son matas de arandeiras. As palabras han ser xermolos nas miñas filias e netas innu­merábeis, despois, os meus ósos falarán na terra para dar vida á terra para dar nome á terra e á prole que me xurdirá coa boca chea do poexo enchoupa­do nas brañas.

Elvira Riveiro Tobío

~~

Sara e os pássaros O poema Beijava a relva com os pés. Passava como urna aragei:n pelo chao molhado. Levemente vincava nos seus passos as nuvens de algodao, o vento vindo do movimento mortecino das minhocas. Pássaros nao voavam: eram hinos chiando sob a pele portas velhas. Pássaros tristemente acordando no ninho. Pássaros interminavelménte tremendo nos corredores do corpo, gritando pássaros nas maos, nos bei9os. Pássaros nos seus olhos onde cabe o mundo.

Passou-se assim. Na noite artificial, onde nao há consciencia, um salto. Urna queda infinita suavemente livre. Urna garra ou quinhentas acariciando o vento. Um movimento que arrastou um melro. U ma boca ou um po90, urna roldana descendo pássaros molhados. Passou-se assim. Os pássaros achegaram-se a boca ou ªº contrário. Chiaram estorninhos, repetiram ' vozes caladas, nebulosos cantos.

Sara mordeu, os pássaros calaram. Urna pena figiu-lhe ainda da boca.

Posso senti-la agora no ar pairando. Eugénio Outeiro

O poema é o entroido da palabra o poema é terra de ninguén voz de todos gargantúa

o poema son formigas no cu tigres rabuñando en· faces de pao maos cheas de farelo morena de Laza

o poema é pingar de chocas berro de lata contra os púlpitos voz travestida e aberta cristo en bragas

o poema é o porco o peido de rabia e o pé na pucharca

o poema é o estéreo da palabra contra dios bafo das voces que veñen de abaixo bicho dos homes

Joseph Ghanime

Page 3: Verboxido 6

/ ' 1

I

Mil imaxes Na pantalla o ceo perde o tramado,

aparece cinsento, monocor, tea opaca en que se proxectan sombras móbiles.

O mar non ten tons, estático reflicte figuras humanas embolsadas en branco

disólvese en nubes de mar moi negro.

Xa non se emiten os sons das marés alicerzando a area. Galicia en branco e negro

vaga peiraos, rostros en ferro, abismo entre o pensamento e os sentidos.

Non se oen conversas, por veces chove chuvia negra

vén de abaixo nunha traslación das leis da física.

O cadro desdebúxase, fundido a roupas brillantes, decorados de seda en cores e grilandas.

Contrasta a festa coa introspección daquelas xentes que algo estrañan cos ollos afundidos na lonxitude mariña

confundidos en periplo sobre tinta chinesa.

No imperio do silencio Galicia en branco e negro compleméntase

con foguetes de artificio sobre Belgrado e Bagdad festa verde contra o teito dunha noite

igual de negra e escancarada coma as paredes das lonxas. O silencio estende no tempo

un deseño de bengalas autómatas.

Ollamos ó redor e parecemos esquecer a fundación dos verbos expropiados.

Nada entendemos na xorda sucesión de imaxes planas, tan lonxe de nós e dentro.

No silencio escintilante vénnos á memoria a precisión ausente das palabras.

Antón Dobao

Page 4: Verboxido 6

., Eramos illas e xa somos arquipélagos

Quero explicarche por qué. durante tres días do mes de agosto se falou en Cerdedo dos vellos oficios, da Ponte e da Calzada Romana e varios poetas e un músico deron un recital. Non sei se che impor­tará moito. Ó fin e ó cabo, son cousas de persoas maiores, pero a min cústame moito traballo escribir para que eles me entendan. En cam­bio, estou seguro de que se ti es capaz de ler esto, a eles tamén lle entrará na cabeza.

Una rioite calorosa de xullo xuntárnonos en Pontevedra uns cantos mozos e mozas que traballamos na Asociación Ecoloxista e Medioambiental da Terra de Montes Verbo Xido. Entre bocados e gro los pasamos as horas falando. Falando un pouco de todo xurdiron unha chea de ideas e decidimos organizar algo. Algo sí, pero qué: unhas xomadas nas que un ano se fale dunhas cousas e outro, dou­tras. E, para rematalas, poesía e música.

Non queriamos que se falase só das cousas que pasan en Galicia, senón que tamén pensámos en face-lo posible por ter entre nós a xen­tes de calquera cidade, pobo, aldea ou poboado do mundo: desde os desertos de xelo da Antártida ata as praias sen mar do Sáhara, dende Ortigueira ata Tui ; dende Porto ata Cádiz, Zamora, 1:3arcelona ... ou China (se podemos).

E de que van falar: Tampouco nos rompemos moito os miolos por­que pensamos que todo é importante porque o que queremos é que outras xentes nos conten cómo viven, cOmo eran os seus avós, os seus monumentos, os seus ríos, as súas fábricas, os seus barcos, a súa arte, as festas, os xogos, as escolas ...

Tamén quedamos dacordo noutra cousa: Como somos <lesa xente que ten o cú nun sitio pero a cabeza vaille dun lado a outro, non puxe­mos fronteiras . Pensamos que hai sitio de ahondo para quenqueira falar ou escoitar. Chamarémoslle a esta historia (esperamos que teña un capítulo por ano) Terra de Todos, e Encontros na Terra de Montes, son os apelidos. Cada edición dedicarémola a un tema, para rematar con poesía e música.

Coa cabeza chea de paxaros, cada quen foise por un lado. Pasaron os días e as semanas. Nunha noite de agosto, máis calorosa aínda que ó día de xullo, xuntámonos outra vez e falamos do tema. A idea pare­céranos moi boa, pero había que arrincar. A verdade é que como cada un anda ocupado nos seus labores non apuramos moito, pero como tampouco queriamos deixar pasar o verán, e tiramos cara adiante.

Asífoi como demos cun mestre de Agolada que acabou dando cla­ses ós rapaces de Cangas e anda polos camiños rabuñando na memo­ria das xentes para que lle conten os segredos dos seus oficios: cam­paneiros de Arcos da Condesa (Caldas de Reis), fabricantes de acei­te de Quiroga (Lugo), carpinteiros de ribeira de Marín .. . e, natural­mente, os canteiros da Terra de Montes, da que saíron a centos para traballar en moitos pobos e cidades de España, igual levantando un muro que una igrexa.

f Papelería ~ Librería

'J'lumli!.,-

ASESORES S. L.

Ctra. de Ourense, 28. Bajo Tel.: 986 75 49 OO. SOUTELO DE MONTES

Sáenz Díez , 21 - 12 • Tel./fux: 988 37 16 24 / 37 16 25 3 2003 OURENSE

Ademais, Xosé Vázquez Pintor, que así se chama, fixo falar a un vello canteiro que nos contou a súa historia. E ata escoitamos as verbas dos arxinas, que era a lingua que usaban neste oficio para que non os entenderan os outros. Iso ocorreu o 8 de agosto.

O día seguinte sentáronse á mesa da Casa da Cultura un arqui­tecto que se chama Luis Gil, e un antropólogo, Constantino González. Os arquitectos pintan cómo se han de face-las casas, os edificios, as rúas e calquera obra, mentras que os antropólogos miran cara atrás e estudian como vivía a xente hai milleiros de anos.

Do que se trataba é de que nos desen as súas ideas para arranxa­la ponte e a calzada romana de San Antón. Porque ós que nacemos en Cerdedo acordanos moito as mañás de domingo, cando os veci­ños de Lourido ouLimeres baixaban ó pobo para ir a misa, mercar comida e ferramentas e falar cós veciños, o único día en que os seus traballos lle-lo deixaba, ou cando as mozas viñan o baile o sábado pala noite.

Agora xa case que non queda xente neses pobos, pero pensamos . que se a arranxasen, a xente volvería pasear pala Calzada e mira­ría as troitas pasar dende a Ponte ou a lúa reflectirse nas augas do río Lérez.

Xa che dixen antes que quedamos en remata-las · xornadas con poesía e música, e como chegamos ó sábado (seguía indo moitísi­ma calor) a Cerdedo chegou unha caravana formada por encanta­dores das palabras: Antón Dobao, desde Vilamartín de Valdeorras; Joseph Ghamine, de Marín; Uxío Outeiro, da Illa de Arousa, unha rapaza de Cerponzóns que se chama Elvira Ribeiro e ti coñeces mellor que ninguén, e un guitarrista que tamén é de A lila, Ramón Suárez.

Todos eles fixéronnos vivir emocións e viaxar a mundos, uns dentro de nós e outros fóra, sen ter que móvernos da cadeira. Aquela tarde estabas' alí. Todos quedamos sorprendidos ó ver que con catro aniños eras unha máis. Ben, sorprendidos non, porque tampouco somos deses que pensan que ós rapaces no lles gusta a poesía e hai que plantalos diante dun televisor a ver Shin Chan ou Operación Triunfo.

Tamén me gustaría que soubeses que Cerdedo é un pobo no que cada día hai menos xente e máis maior. Resulta triste, e para os que nacemos ou vivimos nel foi como eses días de festa na casa dos avós, que se enchen de xente, se reparten bicos e abrazos, bailamos e comemos. Se fose un malabarista das palabras diríache que antes eramos unha illa e agora formamos parte dun arquipélago, pero esta frase escribiuna un vello nacido en Uruguay que se parece ó avó de Heidi e se chama Mario Benedetti . Un bico de todos, Sariña.

Fernando Salgado

<9 lllEU !111R lE51)1ElCJJ1lJ!JJV1lVlE5

lCburrasco

Rúa das Longas, nº 3. Cerdedo - Pontevedra Tel.: 986 75 31 53

fEMETE!flA SOUTELANIJ

Estrada Xeral, nº 23. 36560 SOUTELO DE MONTES Tel. y Fax: 986 75 62 19