verán de libros, cine e teatro!!

3
Circe ou o pracer azul B. Caamaño. Galaxia 2009 Relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O libro vaise tecendo entre as cartas que ambas protagonistas se escriben a modo de secuencias cinematográficas. O mar é noso Alicia Borrás. Galaxia 2010 Velaquí un lote de contos acabados de pescar, con arrecendo a mar, que respiran a luz, a cor e a vida mesturada con pingas ben dosificadas de fantasía. O pintor do sombreiro de malvas Marcos Calveiro. Xerais 2009 Relato da amizade entre un mozo e un pintor que loita contra os convencionalismos son algunhas das pinceladas que nos aportará a súa lectura. Miguel Hernández Editorial KALANDRAKA 25 artistas plásticos traducen os seus versos á linguaxe das artes. Música no centenario do nacemento de MIGUEL HERNÁNDEZ. Obra Completa: Poesía, Teatro, Prosas e Correspondencia de Miguel Hernández. Colección Espasa Clásicos ChapUZÓNS literarios¡!! TíRáTe do TramPOLíM !!¡ Un verán para LER: lecturas para viaxar sen ter que coller o coche nin o avión.

Upload: bibliotecaiessanxenxo81

Post on 19-Feb-2016

237 views

Category:

Documents


7 download

DESCRIPTION

Guía de suxestións para o verán. Biblioteca IES SANXENXO, xuño 2010.

TRANSCRIPT

Page 1: Verán de libros, cine e teatro!!

Circe ou o pracer azul B. Caamaño . Galaxia 2009 Relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe. O libro vaise tecendo entre as cartas que ambas protagonistas se escriben a modo de secuencias cinematográficas.

O mar é noso Alicia Borrás . Galaxia 2010 Velaquí un lote de contos acabados de pescar, con arrecendo a mar, que respiran a luz, a cor e a vida mesturada con pingas ben dosificadas de fantasía.

O pintor do sombreiro de malvas

Marcos Calveiro . Xerais 2009 Relato da amizade entre un mozo e un pintor que loita contra os convencionalismos son algunhas das pinceladas que nos aportará a súa lectura.

Miguel Hernández Editorial KALANDRAKA

25 artistas plásticos traducen os seus versos á linguaxe das artes.

Música no centenario do

nacemento de MIGUEL HERNÁNDEZ .

Obra Completa: Poesía, Teatro, Prosas e Correspondencia de Miguel Hernández. Colección Espasa Clásicos

ChapUZÓNS literarios¡!!

TíRáTe do TramPOLíM !!¡

Un verán para LER: lecturas para viaxar sen ter que coller o coche nin o avión.

Page 2: Verán de libros, cine e teatro!!

Escribimos

para darnos conta do que pensamos e sentimos.

para que se abran os camiños,

para tender unha ponte entre o pasado e o futuro,

para deixar a nosa pegada como o home primitivo a deixou nas profundidades da súa cova,

para crear, é dicir, para facer que algo belo que non existía, exista.

José Antonio Marina . La magia de escribir.

Gramática da fantasía. Introdución á arte de inventar historias. Editorial Kalandraka Inventar historias para nenos e axudalos a que as inventen eles mesmos, non para que uns e outros sexan artistas, senón para que ninguén sexa escravo. Gianni Rodari

Aprende a redactar con Miguel Delibes. Jorge Urdiales Ediciones Cinca

O libro vai dirixido de xeito especial a estudantes, escritores noveis e cantas persoas sentan o desexo e a curiosidade de aprender a mellorar a súa redacción e a súa forma de expresión escrita.

Ejercicios de estilo. Raymond Queneau Ed. Cátedra. O autor reúne noventa e nove microrrelatos nos que, partindo dunha anécdota trivial, reinventa a narración en diferentes estilos. Segundo confesións do autor, a idea xurdiu tras escoitar as variacións musicais de Bach.

OBRADOIROS DE ESCRITURA CREATIVA:

• Pedro A. Ramos: http://www.4cuentos.com/ • Francisco Castro: http://www.centrosocialcaixanova.com/blogs/literatura/ • Raúl Vacas e Castaño: http://talleresdevacasycastano.blogspot.com/

Un verán para escribir!

Page 3: Verán de libros, cine e teatro!!

Un verán de cine e teatro na rúa …

Dirección: Gerardo Olivares . 14 quilómetros é a distancia que separa o continente africano de Europa polo Estreito de Xibraltar. A pobreza e a fame non entende de fronteiras …

Direción: Marc Forster Adaptación ao cine da novela de Khaled Hosseini. Historia dunha amizade e traizón. Trata o tema da covardía e a culpabilidade dun xeito auténtico e veraz.

Dirección: A. Grasshoff. Baseada na experiencia real sobre un xogo mental realizado por un profesor de historia. Como o pobo alemán non fixo nada mentres millóns de seres inocentes estaban a ser sacrificados?

A Esmorga de Blanco Amor Dirección: Ánxeles Cuña Sarabela Teatro. A traxedia de tres homes marxinais e marxinados que ao longo de vintecatro horas deambulan polos arrabaldes de Auria, Ourense.

As Cuñadas de M. Tremblay Dirección: Roberto Salgueiro Teatro Universitario USC Unha comedia áceda ambientada a finais dos anos 70 que esconde o drama de oito mulleres apreixadas nun mundo de homes.

Máster Class de Terrence McNally Dirección: Xosé M. Rabón Compañía Bengala Mabel Rivera, no papel de María Callas revivirá os últimos pasos da carreira artística da soprano.

BIBLIOTECA 2010