validaciÓn parcial de estudos estranxeiros · suficiente coa legalización única ou...

4
Oficina de Información Universitaria OiU VALIDACIÓN PARCIAL DE ESTUDOS ESTRANXEIROS Curso 2012/2013 Requisitos para a admisión de estudantes con estudos universitarios estranxeiros a) Unicamente se admitirán solicitudes para os mesmos estudos xa iniciados noutro país. b) Para seren admitido deberá recoñecérselles previamente un mínimo de 30 créditos en materias do Grao para o que solicita a admisión. Documentación 1.- Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros, indicando os estudos que se pretenden cursar na USC: formulario de solicitude Prazo e lugar de presentación: do 1 ao 31 de xullo de 2012 na Unidade de Xestión Académica correspondente á titulación 2.- Copia do DNI, NIE ou Pasaporte. 3.- Certificación Académica dos estudos universitarios, na que se inclúa, como mínimo, a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), cualificacións e a escala de cualificacións. 4.- Plan de estudos e programa das materias cursadas. 5.- Declaración Xurada de non ter solicitada a homologación no Ministerio de Educación e Cultura. A validación parcial de estudos estranxeiros só permitirá cursar na USC os estudos para a que se conceda. Non se poderán cursar outros estudos distintos. Requisitos dos documentos Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, segundo o ordenamento xurídico do país de orixe.

Upload: vocong

Post on 03-Dec-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Oficina de Información Universitaria OiU

VALIDACIÓN PARCIAL DE ESTUDOS ESTRANXEIROS Curso 2012/2013

Requisitos para a admisión de estudantes con estudos universitarios estranxeiros

a) Unicamente se admitirán solicitudes para os mesmos estudos xa iniciados noutro país.

b) Para seren admitido deberá recoñecérselles previamente un mínimo de 30 créditos en materias do Grao para o que solicita a admisión.

Documentación

1.- Solicitude de validación parcial de estudos estranxeiros, indicando os estudos que se pretenden cursar na USC: formulario de solicitude

Prazo e lugar de presentación: do 1 ao 31 de xullo de 2012 na Unidade de Xestión Académica correspondente á titulación

2.- Copia do DNI, NIE ou Pasaporte. 3.- Certificación Académica dos estudos universitarios, na que se inclúa, como mínimo, a duración dos estudos, anos académicos, materias cursadas, carga lectiva de cada materia (horas ou créditos), cualificacións e a escala de cualificacións. 4.- Plan de estudos e programa das materias cursadas. 5.- Declaración Xurada de non ter solicitada a homologación no Ministerio de Educación e Cultura.

A validación parcial de estudos estranxeiros só permitirá cursar na USC os estudos para a que se conceda. Non se poderán cursar outros estudos distintos.

Requisitos dos documentos Todos os documentos que se acheguen deberán ser oficiais e estar expedidos polas autoridades competentes, segundo o ordenamento xurídico do país de orixe.

Legalización dos documentos expedidos no estranxeiro A Non se esixe legalización para os documentos expedidos en Estados membros da Unión Europea ou signatarios do Acordo sobre o Espazo Económico Europeo:

• Alemaña • Austria • Bélxica • Bulgaria • Chipre • Dinamarca • Eslovaquia • Eslovenia • España • Estonia • Finlandia

• Francia • Grecia • Holanda • Hungría • Irlanda • Islandia • Italia • Letonia • Liechtenstein • Lituania • Luxemburgo

• Malta • Noruega • Polonia • Portugal • Reino Unido • República Checa • Romanía • Suecia • Suíza

B. Nos demais casos, os documentos expedidos no estranxeiro deberán estar debidamente legalizados de acordo coas seguintes condicións:

B.1 Para a legalización dos documentos expedidos en países que subscribiron o Convenio da Haia é suficiente coa legalización única ou “apostila” extendida polas autoridades competentes do país:

• Acerbaixán • Andorra • Antiga e Barbuda • Armenia • Arxentina • Australia • Bahamas • Barbados • Belice • Bielorrusia • Bosnia-Herzegovina • Botsuana • Brunei Darussalan • Cabo Verde • Colombia • Corea do Sur • Costa Rica • Croacia • Dominica • Ecuador • El Salvador • Estados Unidos de

América • Fidxi

• Granada • Honduras • Hong Kong • Illas Cook • Illas Marshall • India • Israel • Japón • Kazajistán • Lesotho • Liberia • Macao • Macedonia • Malaui • Mauricio • México • Moldova • Mónaco • Mongolia • Montenegro • Namibia • Niue • Nova Celandia • Panamá

• Perú • República Checa • República Dominicana • Rusia • Samoa • San Cristóbal e Nevis • San Marino • San Vicente e Granadinas • Santa Lucía • Santo Tomé e Príncipe • Seixeles • Serbia • Suacilandia • Sudáfrica • Surinam • Tonga • Trinidad e Tobago • Turquía • Ucrania • Vanuatu • Venezuela • Xeorxia

B.2. Os documentos expedidos do resto dos países, deberán legalizarse por vía diplomática.

Esta legalización require o recoñecemento das sinaturas que figuren no documento orixinal.

Para estes efectos cómpre realizar no país de orixe:

1.- O recoñecemento polas autoridades do Ministerio de Educación do país de orixe, das sinaturas que figuren no documento orixinal, cando se trate de documentos acreditativos de estudos.

O recoñecemento polas autoridades do Departamento correspondente do país de orixe, das sinaturas que figuren no documento orixinal, cando se trate de documentos acreditativos de calquera outra circunstancia. 2.- Legalización polo Ministerio de Asuntos Exteriores do país de orixe, do recoñecemento efectuado no suposto anterior.

3.- Recoñecemento da sinatura da anterior legalización polo axente diplomático español no país de

orixe.

Todos os documentos que expidan os servizos consulares do país estranxeiro en España deberán ser

legalizados polo Ministerio de Asuntos Exteriores español.

Tradución dos documentos expedidos no estranxeiro Unha vez legalizados, os documentos acompañaranse, de ser o caso, da correspondente tradución, que poderá facerse:

a) Pola Oficina correspondente do Ministerio español de Asuntos Exteriores.

b) Pola UNESCO.

c) Por calqueira representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

d) Pola representación diplomática ou consular en España do país do que é súbdito o solicitante.

e) Por tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

Compulsas

1.- Achegaranse os documentos orixinais, xunto cunha fotocopia, para a súa compulsa polo Servizo de Xestión Académica. 2.- Se os documentos estiveran xa confrontados ante notario español ou polas representacións diplomáticas ou consulares de España no país de onde procedan os documentos, non será necesaria a presentación simultánea do orixinal. 3.- Non procederá a compulsa ou cotexo de documentos xa compulsados ou que non sexan orixinais.

Titulacións con cota de prazas 2012/2013 As prazas adxudícanse aos alumnos con maior número de créditos recoñecidos. As prazas ofertadas son para toda a titulación, non por curso académico.

Campus de Santiago

• Grao en Medicina: 2 prazas • Grao en Odontoloxía: 2 prazas • Grao en Enfermaría: 2 prazas • Grao en Comunicación Audiovisual: 1 praza • Grao en Traballo Social: 3 prazas

Campus de Lugo

• Grao en Veterinaria: 2 prazas

Nas demais titulacións de Grao non se estableceu cota de prazas, polo que se admitirán todas as solicitudes que cumpran os requisitos.