unha casa a medida
DESCRIPTION
Faktoría K de Libros. Caixón infantilTRANSCRIPT
Título orixinal: Das kleine Krokodil und die groBe Liebe, 2003
© da edición orixinal: Thienemann Verlag GmbH, 2003© do texto e das ilustracións: Daniela Kulot, 2003© da tradución: Marc Taeger e Pilar Martínez, 2007© desta edición: Faktoría K de Libros, 2007
Urzaiz 125, baixo - 36205 VigoTelf: 986 127 [email protected]
Primeira edición: xullo, 2007Impreso en C/A Gráfica
D.L.: PO-392-07ISBN: 978-84-935122-9-3
Reservados todos os dereitos
Esta é Xirafa.
Xirafa é moi alta.
Este é Crocodilo.
Crocodilo é moi baixiño.
Entre eles hai moita diferenza:
máis de dous metros.
Pero, a pesar disto, son parella:
unha parella de namorados.
A historia de como se coñeceron
cóntase noutro libro.
O importante é que se coñeceron
e que se namoraron.
Un día, como se querían tanto, decidiron vivir xuntos.
Así que marcharon a vivir á casiña de Crocodilo,
que estaba ás aforas da cidade.
Pero non foi unha boa idea
pois Xirafa ía petando coa cabeza en todas as partes.