u n paseo racionalista pola arquitectura de vigo ( ficha 01 )
DESCRIPTION
U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 ). - PowerPoint PPT PresentationTRANSCRIPT
![Page 1: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/1.jpg)
PA S E O R A C I O N A L I S TA P O L A A R Q U I T E C T U R A D E V I G Oh ttp ://x o r n a l.v ig o .o r g /m ed i/x o r n a l/n o tic ia s /d o c/11 7 1 6 3 0 4 3 2 r a cio
a n a lis m o .p d f
![Page 2: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/2.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha 01)
A cidade de Vigo dispón dun repertorio de edificios e construcións racionalistas que están integrados na paisaxe urbana e que se pretende difundir e valorar; nesta síntese recóllese unha selección das obras máis significativas desta corrente da arquitectura marcada polas reinterpretacións locais ao longo dunha década (1934-1944).
O racionalismo como manifesto construtivo asúmese en Vigo, a partir de 1932, polo arquitecto Francisco Castro Represas, quen manifesta que “a arquitectura racionalista é unha arte utilitaria”, en contraposición ás tendencias rexionalistas que primaban ata ese momento. O racionalismo en Vigo establece unha ponte, ata mediados dos anos corenta, coas correntes europeas caracterizadas pola vangarda.
![Page 3: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/3.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha 02)
O Concello de Vigo, co pa-trocinio da Fundación Caixa Galicia, promoveu un progra-ma divulgativo da arquitectura racionalista en Vigo consisten-te na edición dunha publica-ción cuxo autor é o arquitecto Jose L. Varela Alén e na co-locación de placas identificati-vas dos edificios deste roteiro. Convidámosvos a seguir a ruta proposta, paseando polas rúas viguesas imaxinando o contexto das construcións, a época e a forma de vida da-quel momento.
![Page 4: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/4.jpg)
EDIFICIO GALOYA (Ficha I)
![Page 5: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/5.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha I)
A idea de dinamismo, vin-culada a imaxes aerodiná-micas de orixe expre-sionista queda reflectida na forma resultante do edificio dedicado funda-mentalmente a oficinas. Os ocos de ventá repítense marcando franxas verti-cais, amortecidas polo ma-terial cerámico e o seu de-buxo da parte superior, que se mestura cunha cantería con escaso orna-mento nas plantas infe-riores.
EDIFICIO GALOYA Ano 1934 Romualdo Madariaga Céspedes,
arq. r/ Travesía Príncipe, nº 2/Porta do
Sol/Policarpo Sanz.
![Page 6: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/6.jpg)
EDIFICIO SANCHÓN (Ficha II)
![Page 7: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/7.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha II)
EDIFICIO SANCHÓN Ano 1934 Francisco Castro Represas
arq. r/ Travesía Príncipe, nº 2/Porta do
Sol/Policarpo Sanz.
Neste edificio Francisco Castro intenta facer convi-vir dúas linguaxes arquite-ctónicas en principio con-trapostas: o emprego dos modos tradicionais de construción exemplificados pola local utilización do granito e elementos for-mais que proveñen dunha linguaxe renovadora, no que a simplicidade de for-mas se refire. A singula-ridade do portal e escaleira merecen un recoñecemen-to especial.
![Page 8: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/8.jpg)
EDIFICIO CRESPO FILGUEIRA (Ficha III)
![Page 9: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/9.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha III)
Moitos dos elementos empregados no edificio Sanchón reaparecen nesta obra. Mestura motivos de forte ver-ticalidade (remates la-terais) con outros hori-zontais (balcóns e ven-tás). O portal é outro exemplo de xenerosa concesión de espazos a quen accede dende o exterior.
EDIFICIO CRESPO FILGUEIRAAno 1938Francisco Castro Represas, arq.r/ Cuba 2
![Page 10: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/10.jpg)
BANCO DE ESPAÑA/CASA DAS ARTES (Ficha IV)
![Page 11: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/11.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha IV)
O terreo en esquina onde se levanta o edificio atópase fronte ao edificio García Barbón proxectado por A. Palacios, o que condicionou seguramente ao arquitecto na realiza-ción dun chafrán na inter-sección dos dous planos de fachada ás dúas rúas. Fachada sen apenas elementos ornamentais. Dis-tribución arredor dun gran patio iluminado cenitalmen-te, esquema repetido neste tipo de edificios.
BANCO DE ESPAÑA/ CASA DAS ARTES Ano 1938 Romualdo Madariaga
Céspedes, arq. r/ Policarpo Sanz c/v
Reconquista.
![Page 12: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/12.jpg)
EDIFICIO DE CESÁREO GONZÁLEZ (Ficha V)
![Page 13: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/13.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha V)
EDIFICIO CESÁREO GLEZ Ano 1938 Francisco Castro
Represas, arq. Praza de Portugal, 2
Un dos poucos exemplos de emprego de materiais inu-suais na fachada, resolta con fábrica de ladrillo rebo-cado e pintado. A volume-tría exterior encarna unha das mellores versións aero-dinámicas do raciona-lismo na cidade, con gran-de economía formal no seu tratamento: balcóns en cur-va de peto macizo, ollos de boi e ventás e esgrafiados horizontais. Excelente esca-leira de formas aerodiná-micas.
![Page 14: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/14.jpg)
EDIFICIO DE ALONSO GIMÉNEZ(Ficha VI)
Solar do antigo edificio de oficinas Alonso Giménez demolido en 2006 supuestamente para rehabilitar...únicamente su fachada.
![Page 15: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/15.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VI)
EDIFICIO ALONSO GIMÉNEZ Ano 1940 Jenaro de la Fuente
Álvarez, arq. r/ Pontevedra/Areal
Edificio de oficinas de tres fachadas, sendo a do chafrán a que se erixe con maior presen-za e altura. Desprovisto de ornamentación. Os muros portantes de cantería de granito con-dicionarán as dimen-sións dos ocos. O ele-mento da escaleira e os espazos comúns son de brillante execución e xenerosidade.
![Page 16: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/16.jpg)
EDIFICIO CURBERA (Ficha VII)
![Page 17: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/17.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VII)
Introducción na cidade de Vigo dun edificio de grande altura. Fachada principal con acentuada simetría, cun eixe moi marcado vertical-mente, incluso cromáticamente, re-servando as superficies laterais á horizontalidade reflectida nos ocos de ventás e balcóns rematados en curva. Marcada austeridade nos or-namentos. As formas aerodinámi-cas repítense nun xeneroso acceso
EDIFICIO CURBERA Ano 1940 Jenaro de la Fuente Álvarez, arq. r/ Pontevedra/Areal
![Page 18: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/18.jpg)
EDIFICIO IGLESIAS CURTY (Ficha VIII)
![Page 19: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/19.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha VIII)
EDIFICIO IGLESIAS CURTY Ano 1940 Jenaro de la Fuente
Álvarez, arq. r/ Reconquista/Praza de
Compostela
A confluencia de diferentes estilos volve a estar pre-sente: as ideas que prove-ñen do ideario racionalista reflíctense na volumetría e tratamentos exteriores (o-cos apaisados, elementos saíntes sinxelos e super-postos e vidros curvos). Por outra banda xorden liñas verticais e enmar-cados nos ocos de esqui-na. Edificio mutilado no re-mate en esquina o que lle resta presenza. Vidrieras únicas no interior.
![Page 20: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/20.jpg)
EDIFICIO IGLESIAS CURTY (Ficha IX)
![Page 21: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/21.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha IX)
Quizais sexa este edificio onde Je-naro de la Fuente aplica de ma-neira máis sincera as ideas costru-ctivas, espaciais e formais máis afíns ao racionalismo iso si, fóra de contexto polo ano de execución. Combinación de tres prismas dedi-cados a diferentes funcións. Gran-de economía formal e ornamental. Outros dos exemplos onde non se emprega granito na fachada.
ESCOLA DE COMERCIO Ano 1940 Jenaro de la Fuente Álvarez,
arq. Avenida de Torrecedeira.
![Page 22: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/22.jpg)
EDIFICIO DE VIVENDAS PERNAS (Ficha X)
![Page 23: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/23.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha X)
EDIFICIO VIVENDAS PERNAS
Ano 1941
Francisco Castro Represas, arq.
Praza de América.
A posibilidade de realizar un edificio en cuarteirón triangular permitirá ao arquitecto por en práctica moitas das ideas raciona-listas en canto a materiais empregados e na austeri-dade ornamental, con pre-dominio da horizontali-dade no conxunto salvo excepcións de elementos verticais nas frente cen-trais. Claridade na distri-bución das vivendas, dan-do fronte á rúa ou ao gran espazo interior.
![Page 24: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/24.jpg)
EDIFICIO DE VIVENDAS ALBO (Ficha XI)
![Page 25: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/25.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha XI)
A prolongación no tempo na exe-cución do edificio determinou que se realizaran cambios sobre o proxecto orixinal máis acordes co novo réxi-me, adoptando interpretacións neo-clásicas e elementos reinterpretados doutras linguaxes. Pero o edificio mantén as súas franxas horizontais que unifican os ocos de ventá, rema-tados en curva, incluídos os vidros e os pregos das ventás en esquina.
EDIFICIO ALBO Ano 1940 Jenaro de la Fuente
Álvarez,arq. Avenida de Torrecedeira.
![Page 26: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/26.jpg)
REAL CLUB NÁUTICO (Ficha XII)
![Page 27: U N PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO ( Ficha 01 )](https://reader030.vdocumento.com/reader030/viewer/2022033014/568143d2550346895db05e85/html5/thumbnails/27.jpg)
UN PASEO RACIONALISTA POLA ARQUITECTURA DE VIGO (Ficha XII)
REAL CLUB NÁUTICO Ano 1940 Francisco Castro Represas,
arq. Avenida de Torrecedeira.
Edificio estrictamente liga-do ao Club Náutico de San Sebastián, redactado quin-ce anos antes. Ao ser inu-sual reflectir o ideario ra-cionalista na posguerra, o edificio mostra unha apa-riencia de barco a través das formas e elementos ae-rodinámicos que asoman ao mar. Empregouse unha no-vidosa cimentación de pilo-tes baixo a auga que emer-xen unidos por unha sutil estrutura de formi-gón.