tristes guerras

11
Unha guía de lectura en Prol da

Upload: biblioleiras

Post on 08-Mar-2016

233 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Unha guía de lectura en prol da paz

TRANSCRIPT

Page 1: TRISTES GUERRAS

Unha guía de lectura

en Prol da

Page 2: TRISTES GUERRAS

Tristes guerras si no es amor la empresa.

Tristes, tristes.

Tristes armas si no son las palabras.

Tristes, tristes.

Tristes hombres si no mueren de amores.

Tristes, tristes.

Cancionero y romancero de ausencias

Miguel HernándezMiguel HernándezMiguel HernándezMiguel Hernández

Page 3: TRISTES GUERRAS

Fran Alonso: O brillo dos elefantes Un neno centroamericano vive nunha aldea de Matagalpa, coa súa nai e a avoa Mirta, nun fermoso país de lagos e volcáns. Na aldea onde viven a penas teñen para comer e unha guerra non declarada ameaza os campesiños. Taquín, o mestre dunha escola á que non vai ninguén, fai que o neno acabe por perderlle o medo á noite e descubra o sentido da vida.

Manuel Rivas: Bala Perdida O pirata Bala Perdida quere atopar aos descendentes dunhas vítimas do nazismo. Desexa entregarlles o tesouro que procedía de fundir os dentes e as moas de ouro arrincados aos miles de prisioneiros xudeus asasinados con gas e logo queimados nos fornos do campo de concentración.

Ninguén está só

10 relatos que abordan dereitos humanos vulnerados en distintas partes do mundo.

Khaled Hoseini: Mil soles espléndidos

Unha historia de amizade e solidariedade feminina coa tráxica historia recente de Afganistán como pano de fondo.

Page 4: TRISTES GUERRAS

Maria Reimóndez: Usha

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india.

M. lourenzo González: Irmán do vento

É a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, ten amigos, unha casa, unha vida, ten un amor, ten proxectos. Ata que, de repente, a guerra...

John Boyne: O neno do pixama de raias

Historia contemplada desde o punto de vista dun neno alemán de 9 anos que se ve forzado a despedirse da súa apracible vida en Berlín para transladarse a unha casa á beira dun campo de concentración.

Miguel Anxo Murado: Ruído. Relatos de guerra

Reflicte o universo da guerra de Croacia do ano 1991.

Page 5: TRISTES GUERRAS

Agustín Fernández Paz: Corredores de sombra

Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?

Marie Féraud: Anne aquí, Sélima allí O día que comeza as súas clases no instituto, Sélima decide chamarse Anne. Non desexa que os seus compañeiros a marxinen pola súa condición de inmigrante alxerina.

Carlos Casares: Os mortos daquel verán

A aparición do cadáver do boticario Ernesto Vilariño Dacal, morto supostamente en accidente ao comezo da Guerra Civil, pon en marcha unha investigación xudicial.

Marjane Satrapi: Persépolis

Neste cómic autobiográfico, a irana Marjane Satrapi comparte con nós a súa vida, de nena a muller, co contorno terrible da guerra entre Irán e Iraq, e da revolución islámica dos aiatolás iranianos.

Page 6: TRISTES GUERRAS

Joseph Joffo: Un saco de canicas

Joffo, un honrado xudeu establecido no París ocupado polos nazis, decide dispersar á súa familia para evitar o cruel e posible destino que lles

Ana Frank: Diário

Diario persoal dunha adolescente xudía escrito nunha bufarda de Ámsterdam durante a ocupación nazi de Holanda .

Julio Llamazares: Luna de lobos

Tres soldados republicanos de León, foxen en plena noite das represalias da fronte vitoriosa que ocupou a súa terra. Refuxiados no monte, tratan de atopar a forma de sobrevivir e de escapar ao inferno da clandestinidade.

Ramón J. Sender: Réquiem por um campesino español

Un dramático episodio da guerra civil nunha aldeíña aragonesa. O cura, Mosén Millán, reconstrúe os sucesos máis importantes da vida de Paco o do Muíño, así como a intriga, a vinganza, o medo e a ira á que se ve sometido.

Page 7: TRISTES GUERRAS

George Orwel: Rebelión en la granja

Os animais da granxa dos Jones sublévanse contra os seus donos humanos e véncenos. Pero a rebelión fracasará ao xurdir entre eles rivalidades e envexas. Unha extraordinaria análise da corrupción que procrea o poder.

Ursula Wölfel: Campos verdes, campos grises

Historias que tratan de marxinados, da opresión e da discriminación racial, da guerra, de conflitos no ámbito individual e social, de prexuízos, de separacións matrimoniais, de famentos, de alcohólicos...

Jordi Sierra i Fabra: En un lugar llamado guerra

Un novo xornalista debuta como correspondente nunha guerra nun país afastado e establece amizade cun neno, disposto a facerlle de intérprete no inferno.

Jordi Sierra i Fabra: La guerra de mi hermano

Marcos márchase en misión de paz a unha zona de conflito. Mentres tanto o seu irmán Gabriel participa en manifestacións contra a guerra na que se vai a ver envolto Marcos. Os dous irmáns van comprobar como as guerras tamén estalan dentro da familia.

Page 8: TRISTES GUERRAS

Mariano Vara: Los derechos torcidos

Sete historias independentes que comparten un feito común, a violación dos dereitos fundamentais : xenofobia, racismo, abandono de menores...

Carol Matas: Después de la guerra

A Segunda Guerra Mundial terminou e o fogar e a familia de Ruth desapareceron. Ao quince anos está soa e sen un lugar onde ir. Os membros dunha organización clandestina atópana e ela úneselles na perigosa tarefa de viaxar ilegalmente con outros moitos nenos e mozos a Palestina.

Devorah Ellis: El pan de la guerra

Parvana é unha moza de once anos que vive coa súa familia en Cabul, a capital de Afganistán, durante a época do goberno talibán. Cando o seu pai é detido, a súa familia -sen recursos para poder vivir-, buscará unha solución desesperada: Parvana, que por ser muller ten prohibido gañar diñeiro, deberá transformarse nun mozo e traballar.

Engelbert Gressl: Grito por ver la luz

Mentres que en Europa a familia de Martín vive na opulencia, en África, o mozo Mbulu sobrevive no medio dunha guerra civil. A comodidade de Martín é posible porque nalgún lugar alguén morre por culpa das armas coas que trafica o seu pai.

Page 9: TRISTES GUERRAS

Gabriel García Márquez: El otoño del Patriarca Unha fábula sobre a soidade do poder. Desenvólvese nun país ficticio gobernado por un anciano dictador que recrea o prototipo das dictaduras latinoamericanas do século XX.

Khaled Hosseini: O cazador de papaventos

Relación de amizade de dous nenos sobre o telón de fondo dun Afganistán nun dos períodos máis cruentos da súa historia.

Pilar Molina Llorente: Ut y las estrellas

Ut é fillo dun dos cazadores mellor considerados dunha tribo prehistórica. Aborrece a caza e a guerra e busca unha explicación á violencia e unha saída para evitar a crueldade.

José María Merino: El oro de los sueños

Magnífica crónica da conquista de América, narrada desde a mirada intelixente e lúcida dun xoven de quince anos.

Page 10: TRISTES GUERRAS

Judith Kerr: Cuando Hitler robó el conejo rosa

A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixará atrás moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche. Con el tamén quedará a súa infancia.

Ricardo Gómez: El cazador de estrellas

Bachir vive nun campamento de refuxiados saharauís. Unha doenza pulmonar obrígalle a permanecer inválido na súa tenda, desde onde escoita atentamente os sons que chegan ata el. A través do oído trata de imaxinar o que sucede ao seu ao redor. Unha noite coñece a Jamida, un sorprendente ancián, mestura de sabio e de guerreiro...

Amin Maalouf: León el Africano

Narración da vida do singular personaxe que viviu durante a época de crise en que dous grandes imperios pugnaban pola supremacía no Mediterráneo. Nacido en Granada pouco antes da caída da cidade en mans cristiás vive unha aventura extraordinaria, unindo na súa experiencia Oriente e Occidente, o mundo cristián e o islam.

Antonio Martinez Menchén: Antonio Martinez Menchén: Antonio Martinez Menchén: Antonio Martinez Menchén: La espada y la rosaLa espada y la rosaLa espada y la rosaLa espada y la rosa

Unha novelUnha novelUnha novelUnha novela de aventuras medievais, baseada en textos literarios da a de aventuras medievais, baseada en textos literarios da a de aventuras medievais, baseada en textos literarios da a de aventuras medievais, baseada en textos literarios da época que traza un completo cadro a través das vicisitudes dun época que traza un completo cadro a través das vicisitudes dun época que traza un completo cadro a través das vicisitudes dun época que traza un completo cadro a través das vicisitudes dun cabaleiro cruzado que peregrina cara a Santiago de Compostela.cabaleiro cruzado que peregrina cara a Santiago de Compostela.cabaleiro cruzado que peregrina cara a Santiago de Compostela.cabaleiro cruzado que peregrina cara a Santiago de Compostela.

Page 11: TRISTES GUERRAS

Robert Westall: Robert Westall: Robert Westall: Robert Westall: Cielo negro sobre KuwaitCielo negro sobre KuwaitCielo negro sobre KuwaitCielo negro sobre Kuwait

Andy é un raparigo que se preocupa de Andy é un raparigo que se preocupa de Andy é un raparigo que se preocupa de Andy é un raparigo que se preocupa de verdade polo que lles sucede aos seus verdade polo que lles sucede aos seus verdade polo que lles sucede aos seus verdade polo que lles sucede aos seus semellantes. Pero cansemellantes. Pero cansemellantes. Pero cansemellantes. Pero cando estala a guerra ddo estala a guerra ddo estala a guerra ddo estala a guerra do o o o Golfo sorpréndelles cun estrañGolfo sorpréndelles cun estrañGolfo sorpréndelles cun estrañGolfo sorpréndelles cun estraño o o o comportamento que transformará por comportamento que transformará por comportamento que transformará por comportamento que transformará por completo as súas vidas.completo as súas vidas.completo as súas vidas.completo as súas vidas.

Gonzalo Moure: El beso del SáharaGonzalo Moure: El beso del SáharaGonzalo Moure: El beso del SáharaGonzalo Moure: El beso del Sáhara

Durante a súa visita a un Durante a súa visita a un Durante a súa visita a un Durante a súa visita a un campamentocampamentocampamentocampamento saharauí, Marta saharauí, Marta saharauí, Marta saharauí, Marta recibe o bico de Nadira, unha moza recibe o bico de Nadira, unha moza recibe o bico de Nadira, unha moza recibe o bico de Nadira, unha moza refuxiada, e a partir dese momento refuxiada, e a partir dese momento refuxiada, e a partir dese momento refuxiada, e a partir dese momento as súas vidas intercámbianseas súas vidas intercámbianseas súas vidas intercámbianseas súas vidas intercámbianse

Arturo Pérez Reverte: Territorio Comanche

Un cámara e un cronista no medio da Iugoslavia dos primeiros anos 90 infórmannos de como é a vida do xornalista de guerra, de como son as guerras detrás das cámaras, e das historias crueis que se van atopando.

Emili Teixidor: Corazón de roble

Buscando afastarse dos perigos da guerra, os baróns de Ter refúxianse na montaña, deixando a súa masía ao coidado de Tinco, un orfo de pasado misterioso cuxa clave está encerrada nunha enigmática medalla que sempre leva ao pescozo. Son tempos de convulsión política: os últimos momentos da terceira guerra carlista e o comezo das loitas obreiras marcan os perigos que axexan ao raparigo.