traballo nuria reborido varela 1º eso b

13
O Caligrama Nuria Reborido Varela, 1ºEsoB

Upload: nuriarv41

Post on 06-Aug-2015

101 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 2: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Que é o caligrama?• O caligrama é un poema, frase ou palabra cuxo propósito é formar unha

figura sobre o que se nomea no texto. A imaxe creada polas palabras ou palabra expresa de maneira visual o que estas din.

Page 3: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Orixe dos caligramas• Os primeiros caligramas coñecidos se deben a poetas gregos do período

helenístico (século IV- ano 30 a.C.) Esta modalidade poética ten unha raíz relixiosa, pois procede de ofrendas e exvotos sobre os que se inscribían o nome do donante e a ocasión da donación en liñas -ou versos- que, por necesidade adaptábanse á forma do obxecto ofrecido.

• A técnica foi imitada por poetas latinos. Os romanos chamaron a estas poesías- e a outras nas que dalgún modo interviñan factores visuales-technopaegnia(nome proposto por Ausonio) o carmina figurata.

Page 4: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Idade Media • Os caligramas non foron descoñecidos durante a Idade Media. Moitos dos

exemplos desta época que se conservan non son caligramas propiamente ditos porque conteñen elementos pictóricos. É común en esta época encontrar exemplos de caligramas en prosa.

Page 5: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Renacemento• O humanismo do século XVI, tras descubrir os caligramas clásicos, tratou

de imitalos, tanto en grego e latín como en linguas vulgares, de modo que este xénero poético se revitalizou. Un dos autores que cultivou este xénero foi François Rabelais (1494?-1553). En 1572 aparece un curioso libro que recolle numerosos caligramas compostos por alumnos: unha frauta latina, un labirinto, un rombo, unas alas gregas...

Page 6: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Barroco• Se existiu algún caligrama en español, non se conserva. Non se elimina a

posibilidade de que existiran, pero deberon de ser casos illados. O humanismo renacentista dos Séculos de Ouro non foi o suficientemente forte para asimilar esta tradición clásica.Sen embargo, consérvanse moitos exemplos procedentes dos Países Baixos. En Alemaña, os caligramas tamén tiveron unha considerable importancia. Coñécense moitos editados en follas soltas de felicitación, pésame, etc. Nos que predominan as formas de copa e corazón. Os caligramas máis famosos foron os dos poetas da"escola de Nürnberg“. Italia, Francia e Inglaterra tamén deron exemplos do cultivo de esta modalidade poética.

Page 7: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Século XVIII• No século XVIII, en Alemaña síguese prestando moita atención ao

caligrama, incluso na vertente máis popular. Coñecense exemplos de poesías anónimas escritas para acontecementos comúns: vodas,felicitacións...

• En Francia tamén foron correntes este tipo de composicións nas sátiras políticas.

Page 8: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Século XIX e XX• O caligrama segue o seu percorrido histórico. Do século XIX é o

coñecido caligrama que Lewis Carrol incluíu no capítulo terceiro de Alicia no País de las Maravelas (1865).

• Hacía 1913, Wilhelm Apollinaris de Kostrowitsky, máis coñecido como Guillaume Apollinaire (1880-1918), volve a cultivar o technopaegnia. O poeta e crítico francés chamou idéogrammes lyriques as súas primeiras producións, que apareceron na revista Les Soirées de París (1914). No ano 1918 publicouse o libro de Apollinaire titulado xustamente Calligrammes. Poémes de la Paix et de la Guerre (1913-1916). Este libro inicia a revitalización dos caligramas. Co fervor vangardista dos anos 20, estas composicións, consideradas unha novidade absoluta, se puxeron de moda en todo o mundo occidental.

• O caligrama moderno saíu do estrico mundo literario para invadir a publicidade, o cómic, as cubertas dos libros, etc.

Page 9: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Guillaume Apollinaire

Cabalo

Muller

A pompa apuñalada e o surtidor

Page 12: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

O meu propio caligrama• Este caligrama trata sobre a beleza interior, e ten forma da palabra

“beleza”, vai entre comelas como símbolo de que a veces exaxeramos un pouco con esta palabra.

Page 13: Traballo nuria reborido varela 1º eso b

Bibliografía• Información-Wikipedia.

http://www.materialesdelengua.org/LITERATURA/PROPUESTAS_LECTURA/VANGUARDIAS/caligramas/caligramas_historia.htm

• Imaxes- Google imaxes, excepto as da diapositiva número tres (http://leerparaverlassalinas.blogspot.com.es/2013/02/caligramas.html) e as da diapositiva número catro (http://vacioesformaformaesvacio.blogspot.com.es/2012/11/vicente-huidobro.html).