traballo maria wonenburger

33
María Wonenbur ger

Upload: belencuerdo

Post on 08-Jul-2016

15 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Traballo sobre Maria Wonenburger

TRANSCRIPT

Page 1: Traballo Maria Wonenburger

MaríaWonenburger

Page 2: Traballo Maria Wonenburger

Indice:➼María Wonenburger➼BIOGRAFÍA➼AS SÚAS OBRAS➼ESTUDOS QUE REALIZOU➼LOGROS COMO MULLER NUN MUNDO DE HOMES➼LOGROS MATEMÁTICOS➼DEDICATORIAS➼O VANGARDISMO

2

Page 3: Traballo Maria Wonenburger

biografía

3

Page 4: Traballo Maria Wonenburger

A matemática galega María Josefa Wonenburger Planells naceu en Montrove (Oleiros, A Coruña) o 19 de xullo de 1927. A súa infancia e adolescencia transcorren en torno á cidade herculina, onde realizará os seus primeiros estudos. Á idade de 10 anos, iniciou os seus estudos de secundaria no coñecido Instituto coruñés Eusebio da Guarda. En 1945 trasládase a Madrid para cursar os estudos universitarios. En 1950, e tras unha brillante carreira, obtén o título de Licenciada en Matemáticas pola Universidade Central de Madrid. María Wonenburger forma parte da primeira xeración de bolseiros Fullbright, ditas bolsas estaban convocadas polo Instituto de Educación Internacional dos EE.UU. de América. Na primavera de 1953 foille concedida unha destas bolsas para estudar na Universidade de Yale, sendo así á primeira española que obtivo dita axuda para realizar estudos de doutorado en Matemáticas.En Canadá permaneceu seis anos, sendo o seu seguinte destino Toronto. Na Universidade de Toronto é a única muller ocupando un posto de profesora de Matemáticas. Aquí, dirixe ´á tese doutoral, defendida en 1966, ao seu primeiro estudante de doutorado, o agora coñecido alxebrista Robert Moody

4

Page 5: Traballo Maria Wonenburger

A liña de investigación de María Wonenburger céntrase principalmente na Teoría de Grupos e Álxebras de Lie, contribuíndo de maneira brillante no desenvolvemento de ambas disciplinas. O seu traballo deu lugar á fructífera teoría hoxe coñecida baixo o nome de ”Teoría de Kac-Moody”. Tamén traballou con grupos de semellanzas na álxebra de Clifford, pero sobre todo foi coñecida polos seus desenvolvementos en álxebras de Lie. María Wonenburger foi unha matemática e alxebrista cuxos logros son recoñecidos dende fai décadas pola comunidade científica internacional, pero que non gozaba do mesmo recoñecemento no seu país (era habitual que os alxebristas galegos citasen o seu nome sen saber o seu lugar de orixe). María Wonenburger morreu na Coruña o 14 de xuño de 2014.

5

Page 6: Traballo Maria Wonenburger

ESTUDOS QUE REALIZOU

María Wonenburger realizou os seus primeiros estudos na Coruña, no Instituto Eusebio da Garda. A pesar da situación das mulleres da súa época, a súa familia sempre a apoiou para

que realizase os seus estudos e ademais, gozou de liberdade para practicar os seus deportes favoritos: hockey sobre patíns e baloncesto.

María estudou inglés e alemán e, a pesar da vontade familiar para que estudase enxeñería e manter o negocio do seu pai na Coruña, obtivo unha licenciatura en Matemáticas, na

Universidade Central de Madrid, en 1950. Alí tamén se doutorou cunha tese dirixida por Germán Ancochea e Tomás Rodríguez Bachiller. No ano 1953 recibiu unha das primeiras

Bolsas Fulbright, o que lle permitiu estudar na Universidade de Yale, nos Estados Unidos. A súa tese doutoral sobre a teoría de grupos foi dirixida polo alxebrista Nathan Jacobson.

Rematouna en 1957 e o seu título foi “On the group of similitudes and its projective group” (Sobre o grupo de semellanzas e o seu grupo proxectivo).

6

Page 7: Traballo Maria Wonenburger

Cando María volta a España, traballa como investigadora no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) durante tres anos. En 1960 regresa ao estranxeiro tras

recibir unha bolsa postdoutoral da University of Toronto, en Ontario (Canadá). Alí dirixiu a tese doutoral de Robert Moody e traballou no que pasou a coñecerse como “A teoría de

álxebras de Kac-Moody”, a cal a tivo como inspiradora.

No ano 1966 trasladouse aos Estados Unidos, e ao ano siguiente, en 1967, conseguiu unha praza definitiva como profesora na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata

1983. Por mor da enfermidade da súa nai regresa á Coruña no 1983, e permanece apartada do mundo académico (salvo no caso de facer algunha colaboración esporádica con algunha

institución como a de AGAPEMA).

7

Isabel Cuntín
Non ten sentido. Hai que redactalo de novo
Page 8: Traballo Maria Wonenburger

AS SÚAS OBRAS● s. Berman, r. Moody, m.j. Wonenburger. 1972. Cartan matrices with null

roots and finite Cartan matrices. Indiana University Math. Journal 21 (12 ): 1091–1099

● m.j. Wonenburger. 1964. A decomposition of orthogonal transformations. Canadian Math Bull. 17 (3 ): 379-383

● 1964. The automorphisms of Un+ (k, f) and PUn+ (k, f). Rev. Mat. Hisp.–Am. (4) 24: 52–65

● 1963. The automorphisms of the group of rotations and its projective group corresponding to quadratic forms of any index. Canad. J. Math. 15: 302–303

● 1963. Matrix ℵ-rings. Proceedings of the American Math Society, 142: 211–215

● 1962. The Clifford algebra and the group of similitudes. Canad. J. Math. 14: 45–59

● 1962. Study of certain similitudes. Canad. J. Math. 14: 60–68

8

Page 9: Traballo Maria Wonenburger

● 1962. The automorphisms of the group of similitudes and some related

groups. Amer. J. Math., 84: 600–614 635–641● 1962. The automorphisms of PS4+ (Q). Rev. Mat. Hisp.–Am. (4) 22: 185–195● 1961. Anillos de división. Gaceta Mat. Madrid 13: 3–8● 1961. The spin representation of the unitary group. Mem. Mat. Inst. “Jorge

Juan” 24● 1960. El grupo simpléctico. Gaceta Mat. Madrid 12: 85–88● 1960. Study of a semi-involutive similitude. Rev. Mat. Hisp.–Am. 420: 34–45● 1960. Irreducible representations of the projective group of unitarian

similitudes. Rev. Mat. Hisp.–Am. (4) 20: 147–176

9

Page 10: Traballo Maria Wonenburger

DEDICATORIAS:O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa por ser unha persoa "pioneira" e "excelente" para a cidade; foi a primeira muller en recibir unha bolsa de estudos Fulbright por conseguir un doutorado en matemáticas nos Estados Unidos.Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros de Montrove, inaugurou un parque no seu nome. O parque de Santa Margarida conta cun monumento no seu nome por ser creadora dunha escola de álxebra.

10

Isabel Cuntín
Quen creou a escola de álxebra
Patricia Rodríguez
María
Isabel Cuntín
María
Page 11: Traballo Maria Wonenburger

OBSTÁCULOS DE XÉNERO QUE SUPEROU

María, enfrontouse aos obstáculos de xénero que na súa época dificultaban o desenvolvemento dunha carreira científica e rebelouse contra a vontade do seu pai, que desexaba que estudara enxeñería industrial para logo facerse cargo da empresa familiar de fundición. Na Universidade de Yale tivo como director de tese ao notable matemático Nathan Jacobson, un dos alxebristas máis destacados do século XX, experto na teoría dos aneis. En 1957 obtivo o grao de doutora cunha memoria titulada On the Group of Similitudes and Its Projective Group. Wonenburger regresou a Madrid, bolsada polo Instituto de Matemáticas Jorge Juan do CSIC, onde debeu enfrontarse á contrariedade de que a súa tese americana non lle fora convalidada, o que a obrigou a redactar outra: Representación espinorial dos grupos de semellanza. As escasas perspectivas laborais e as dificultades que encontraban as mulleres para avanzar na carreira investigadora en España conduciron de novo ao estranxeiro, conseguindo un posto como profesora na Universidade de Toronto (Canadá), nun momento no que era a única muller no claustro do profesorado. En 1967 transladouse á Indiana University (Bloomintong, EE UU), onde tivo por compañeiros a matemáticos moi destacados, como Zorn, Halmos o Azumaya.

11

Page 12: Traballo Maria Wonenburger

A investigación de María Wonenburger está centrada na Teoría do Grupo, unha das áreas máis excitantes das matemáticas. Ten unha morea de resultados, pero quizais o foco máis coñecido é nas chamadas álxebras de Kac - Moody , que teñen importantes aplicacións en matemáticas e física. Pero sobre todo foi coñecida polos seus desenvolvementos en álxebras de Lie. O traballo de María sempre foi moi valorada pola comunidade matemática internacional.

LOGROS MATEMÁTICOS

12

Page 13: Traballo Maria Wonenburger

POR QUE SE FALA DE MARÍA ?

María foi unha gran descoñecida para o noso país ata o seu falecemento.O profesor Federico Gaeza, compañeiro dela , foi o que a deu a coñecer na nosa comunidade matemática nun encontro de xeometría alxebraica na Universidade de Santiago no ano 2002. María saíu á luz grazas ao empeño de Maria José Souto e Ana Doroteo Tarrío Tobar, e foi un personaxe recoñecido entre os matematicos españois.No pazo de Mariñán ( Bergondo, A Coruña) A Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática onde lle foi entregada unha placa de nombramento de socio de honor da RSME.Pero polo que realmente se fala de María é por romper cos esquemas da sociedade do seu tempo estudando e facendo as cousas que nese momento eran impensables para unha muller e por ir abríndose máis e máis portas durante toda a súa vida ata conseguir o que ela máis anhelaba e cumprir cada un dos seus obxectivos e ata superar as súas propias espectativas.

13

Page 14: Traballo Maria Wonenburger

VANGARDISMO

DEFINICIÓN: O termo aplícase a calquera movemento que propoña unha nova visión da arte. Porén, acostúmase a asocialo principalmente aos movementos ocorridos no período post-Impresionismo e anterior á posmodernismo. Nese caso, acostúmase clasificalos en vangardas positivas e vangardas negativas, aínda que moitos movementos (como os expresionismos) fuxan desta división.MOVEMENTOS VANGARDISTAS:

14

● Futurismo ● Cubismo● Dadaismo● Surrealismo● Imaxinismo

Page 15: Traballo Maria Wonenburger

FUTURISMO

15

Nace en 1909 (Italia) data na que se publica un Manifesto asinado por Marinetti. Como ben informa o seu nome, trátase dunha exaltación da máquina, da civilización industrial, do "moderno", no que se inclúe a guerra, a violencia, a forza, a velocidade, o desprezo á muller… Ademais do seu importante desenvolvemento en Italia ,( país no que algunhas das súas ideas e autores serán utilizados polo fascismo) tivo un gran auxe en Rusia , lugar no cal deu orixe a unha serie de grupos que se enfrontaban á tradición realista do XIX, representada por Tolstoy ou Dostoievski. Os autores mais destacados son:

- Vladimir Maiakovski ( poeta e dramaturgo ruso )- Filippo Tommaso Marinetti ( escritor, editor e poeta italiano)- Émile Verhaeren ( poeta belga )- Fernando Persoa ( poeta e escritor portugués )- Joan Salvat - Papasseit ( poeta español )- Oswald de Andrade ( escritor e dramaturgo brasileiro )

Page 16: Traballo Maria Wonenburger

CUBISMO

Nace en 1907, data da obra 'As señoritas de Avignon' de Pablo picasso. Xorde, pois, como estola pictórica, caracterizada pola descomposición da realidade en figuras xeométricas e a representación simultánea de varias perspectivas dun mesmo obxecto. A nivel literario pretende salientar a idea de simultaneidade, dando lugar a unha disposición tipográfica específica baseada nos "Caligramas" de Guillerme Apollinaire, en realidade, poemas que combinan a plástica, o debuxo e a imaxe visual, coa letra escrita.

Impulsores:Pablo Ruiz Picasso (1881-1973)George Braque (1882-1963)Juan Gris (1887-1927)

16

Page 17: Traballo Maria Wonenburger

DADAÍSMOO Dadaísmo foi unha tendencia artística que se formou en Zúrich (Suiza) en 1916. Esta vangarda extendeuse por Europa e chegou ata Estados Unidos. Estaba en contra da arte, dos códigos e valores da súa época, a Primera Guerra Mundial e os sistemas establecidos. Influíu na arte gráfica, na música e na poesía. Presentouse coma unha ideoloxía ou unha forma de vivir. O seu fundador foi Tristan Tzara.

Características:

✣ Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. É o azar quen crea unha obra de arte (un cadro, un poema...).

✣ Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.

17

Page 18: Traballo Maria Wonenburger

SURREALISMO

Trátase dun movemento artístico e literario que intenta trascender o real ao imaxinario a partir do impulso psíquico do imaxinario ao irracional. O termo “surrealismo” foi acuñado por Guillaume Apollinaire en 1917, cando utilizou o marco do programa que escribiu para o musical “Parade”.En Galicia non existe esta corrente en si, pero hai autores que a cultivaron como Alvaro Cunqueiro na súa obra “Poemas do si e do non”.

Autores a destacar en España:- Federico García Lorca- Rafael Alberti -Vicente Aleixandre - Luis Cernuda. .

18

Page 19: Traballo Maria Wonenburger

EXPRESIONISMONo expresionismo denúncianse as miserias da guerra e o rechazo á tecnoloxía.Nel aparece unha clara deformación subxectiva da realidade mediante o emprego de hipérboles,caricaturas,antítesis e humor negro, para expresar a angustia existencial.

19

Page 20: Traballo Maria Wonenburger

AS VANGARDAS E A XERACIÓN DO 25

20

Page 21: Traballo Maria Wonenburger

imaxinismo Principais trazos deste movemento:✣ A temática da natureza é a gran protagonista. O ser humano apenas aparece cando

se funde coa natureza.✣ Emprego abondoso e atrevido de imaxes.✣ Ampla utilización das cores. Predomina a cor amarela a cal simboliza o desacougo

enmascarado pola euforia.✣ Uso do verso octosílabo.✣ Presenza da Sensorialidade con metáforas, símil...✣ Influencia do Ultraísmo no cal o poema é unha resposta instántanea do estímulo✣ O ambiente rural ;con frecuencia o uso de elementos folclóricos, relixiosidade popular

e bucolismo.✣ Presenza do mar visto desde a terra.✣ Uso da toponimia con calidade evocadora e/ou enfática.✣ Presenza de estraxeirimos sobre todo do francés e inglés.

21

Page 22: Traballo Maria Wonenburger

AMADO CARBALLOO fundador deste movemento foi Amado Carballo. O imaxinismo é propio da vanguarda galega.Amado Carballo é coñecido fundamentalmente pola súa creación poética de vangarda e como fundador do hilozoísmo. Tivo moita aceptación lírica no seu tempo. A súa poesía, influída polas vangardas europeas e americanas, ofrece unha mestura das imaxes vangardistas coas formas tradicionais galegas. O elemento cromático está moi presente en toda a súa obra en verso, especialmente o da ría de Pontevedra, unha paisaxe que o autor quere presentar humanizada mediante o uso de prosopopeas. A poesía de Amado Carballo está enormemente conectada cos sentidos,metafóricamente.Por exemplo: Maliaxe (Pontevedra, 1922) Os probes de Deus (Lar, 1925)

22

Page 23: Traballo Maria Wonenburger

O GaloO Galo

Abrell'as portas ao díaco-a chave do teu cantarque xa na fonte da Luaestá lavada a mañán.

Bótall'o teu aturuxoa paisaxe dend'o valqu'o gran balbo das estrelascairá serodio no mar.

23

Aparece en libros como: Proel e O galo.

O campo cheo de fríobusca un anaco de sol,alcéndelle unha fogueiraco lume da tua voz.

Page 24: Traballo Maria Wonenburger

NEOTROBADORISMOCo nome de neotrobadorismo recoñecemos unha dirección da poesía contemporánea que propón unha relectura da lírica galego-portuguesa medieval, utilizando para isto os recursos estilísticos propios dos trobadores.Mais este non é un movemento de vangarda xa que carece dos seus medios e da súa crítica, nin é un movemento como tal, senón unha dirección, unha chamada aos cancioneiros.

A tendencia adopta tres modalidades fundamentais:

-A que recrea a atmosfera, os símbolos, as estruturas e procedementos paralelísticos.

-A que usa fórmulas medievais, ben polo seu carácter falsamente popular ou exótico para construír imaxes vangardistas.

-A que reproduce fielmente os modelos da poesía medieval.Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey foron os dos autores máis representativos. 24

Page 25: Traballo Maria Wonenburger

ÁLVARO CUNQUEIRO

Un dos autores máis influíntes no neotrobadorismo é Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo 1911-1981 Vigo)As súas obras pertencentes ao Neotrobadorismo son: Cantiga nova que se chama Riveira e Dona do corpo delgado, esta última escrita na posguerra froito dun período difícil pero creativo da súa vida. Trátase de versos á amada inspirados na poesía medieval.A temática de Poemas do si e non é unha falsa historia de amor, con influencias do creacionismo.A obra cume e cima da poesía galega é Herba de aquí ou acolá, composta por dúas partes, na primeira trata de mitos e personaxes literarios, e na segunda do paso do tempo e da presenza da morte.

25

Page 26: Traballo Maria Wonenburger

CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA RIVEIRA

Amor de auga lixeira,muiñeira

Amor de auga tardeira,ribeira.

Amor de auga frolida,cantiga.

Amor de auga perdida,ña amiga.

26

Con auga de sede vellanamorar eu namoreina,meu amigo!

Con unha herba lixeiranamorar eu namoreina,meu amigo!

Namorar eu namoreinacon unha cantiga ledameu amigo!

No niño novo do ventohai unha pomba dourada,meu amigo!Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao menceren frauta de verde olivo.Quén poidera namorala,meu amigo!

Ten áers de frol recentecousas de recén casada,meu amigo!Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombrae andar primeiro de río.Quén poidera namorala,meu amigo!

Page 27: Traballo Maria Wonenburger

BOUZA BREY

Tamén destacou Fermín Bouza Brey (Ponteareas 1901-1973 Santiago de Compostela)Coa súa obra Nao senlleira publicada en 1933, iniciou a corrente neotrobadorista da literatura galega, inspirada nas cantigas medievais. Componse de 20 poemas, e trátase dun libro de temática variada: neotrobadorismo, temática mariñeira, cantigas cívicas de afirmación nacionalista e tres elexías.Outro dos seus traballos é Seitura (1955)

27

Page 28: Traballo Maria Wonenburger

TEMAS EN CORAZÓN

Tascadoras do meu liño,teño o corazón lizgairotascaredes a modiño.Prangideiras, a carpir!,teño o corazón lizgairoe pódeseme dormir.Cantadoras, a arrolar!,teño o corazón lizgairoe adoita á se despertar.

28

—Acordade o voso bruidoque durmindo esté despertoe desperto ande durmido—.Sementai, sementadoresno meu corazón lizgairoventos de novos amores.Bule, bule, amor leijadoque o meu corazón lizgairofugirache de contado

Bule, bule, amor perdido...¡Que azo o corazón lizgairopor prisarche de corrido!

Page 29: Traballo Maria Wonenburger

CREACIONISMOO creacionísmo iniciouse en Paris polo poeta chileno Vicente Huidobro e o francés Pierre Reverdy, arredor de 1916. Este movemento considera ao poeta como un pequeno deus e di que non se debe imitar a realidade, senón, crear novas realidades a partir da nada. Tamén utiliza imaxes e conceptos creados polo poeta.Podemos ver as seguintes características:✣ O poeta é un pequeno deus que debe crear, coa palabra, unha arte que non imite

nin traduza a realidade✣ Eliminación do anecdótico e descritivo.✣ Carácter antinarrativo.✣ Antisentimentalismo.✣ Ruptura da secuencia temporal lóxica: instantaneísmo e simultaneísmo.✣ Humor e ironía.✣ Ortografía expresiva: caligramas...

CULTIVADORES:Vicente Huidobro, iniciador e expoñente do movemento estético denominado creacionismo, é considerado un dos máis grandes poetas chilenos, xunto con Gabriela Mistral, Pablo Neruda, Nicanor Parra, Pablo de Rokha ou Manuel Antonio.

29

Page 30: Traballo Maria Wonenburger

Manuel AntonioNo creacionismo destaca Manuel Antonio (Rianxo 1900-1930)Empregaba exclusivamente o galego. Foi o poeta vangardista máis orixinal da literatura galega.Só publicou un libro en vida De catro a catro.Follas d'un diario d'abordo, un poemario que consta de 19 poemas escritos nos anos 1926 e 1927, cando percorría as augas do Mediterráneo. A viaxe descrita no poemario resulta ser unha viaxe cara a ningures. Todos acaban morrendo e perdéndose na soidade do alto mar, convertido nunha illa de auga rodeada de ceo por todas partes.

30

Page 31: Traballo Maria Wonenburger

31

Aparecen en libros como: Foulas, De catro a catro, Sempre… e máis dispois,Viladomar...

Poema Chove na cidade e chove na aldea da obra sempre… e e máis dispois

Page 32: Traballo Maria Wonenburger

TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS DE 4ºESO A-B

32

Page 33: Traballo Maria Wonenburger

MaríaWonenburger