textos do imperialismo ii

1
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” (...) Hai un segundo punto que debo igualmente abordar: é o lado humanitario e civilizador da cuestión. É preciso dicir abertamente que, en efecto, as razas superiores teñen un dereito con respecto ás razas inferiores porque existe un deber para con elas. As razas superiores teñen o deber de civilizar as razas. Sr. Maigne: Atrévese vostede a dicir iso no país onde se proclamaron os dereitos do home? Sr. Guilloutet: É xustificación da escravitude e da trata de negros. Jules Ferry: Se o honorable Sr. Maigne ten razón, se a Declaración dos Dereitos do Home foi escrita para os negros de África ecuatorial, entón, con que dereito van vostedes a impoñerlles os intercambios, o tráfico? Eles non os chamaron... As razas superiores teñen o deber de civilizar as razas inferiores. E existe alguén que poida negar que hai máis xustiza, máis orde material e moral na África do Norte dende que Francia a conquistou?" Discurso de Jules Ferry ante a Cámara, París. 1885. A cuestión dos indíxenas debe ser resolta unicamente no sentido da evolución natural da historia universal. É dicir, que a moralidade superior debe estar por encima da civilización inferior. O Estado moderno, en tanto que potencia colonial, comete, de cara a seus cidadáns, o maior dos crimes cando, deixándose levar e hipnotizar por confusas ideas humanitarias, trata ben a expensas dos seus propios súbditos ás razas negras condenadas a desaparecer. Xustificación darwinista del imperialismo. Sen negar que os negros se poidan civilizar, é certo, pero, que a súa civilización sempre será inferior á nosa, porque a forza da mente daquela xente é realmente inferior. Cremos que a raza superior a calquera outra, aquela da que dependerá sempre o destino do mundo, é a raza branca. Farmochi. Curso de xeografía universal, 1850.. Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 08-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Racismo e Socialdarwinismo

TRANSCRIPT

Page 1: Textos do Imperialismo II

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

(...) Hai un segundo punto que debo igualmente abordar: é o lado humanitario e civilizador da cuestión. É preciso dicir abertamente que, en efecto, as razas superiores teñen un dereito con respecto ás razas inferiores porque existe un deber para con elas. As razas superiores teñen o deber de civilizar as razas.

Sr. Maigne: Atrévese vostede a dicir iso no país onde se proclamaron os dereitos do home?

Sr. Guilloutet: É xustificación da escravitude e da trata de negros.

Jules Ferry: Se o honorable Sr. Maigne ten razón, se a Declaración dos Dereitos do Home foi escrita para os negros de África ecuatorial, entón, con que dereito van vostedes a impoñerlles os intercambios, o tráfico? Eles non os chamaron...

As razas superiores teñen o deber de civilizar as razas inferiores. E existe alguén que poida negar que hai máis xustiza, máis orde material e moral na África do Norte dende que Francia a conquistou?"

Discurso de Jules Ferry ante a Cámara, París. 1885.

A cuestión dos indíxenas debe ser resolta unicamente no sentido da evolución natural da historia universal. É dicir, que a moralidade superior debe estar por encima da civilización inferior. O Estado moderno, en tanto que potencia colonial, comete, de cara a seus cidadáns, o maior dos crimes cando, deixándose levar e hipnotizar por confusas ideas humanitarias, trata ben a expensas dos seus propios súbditos ás razas negras condenadas a desaparecer.

Xustificación darwinista del imperialismo.

Sen negar que os negros se poidan civilizar, é certo, pero, que a súa civilización sempre será inferior á nosa, porque a forza da mente daquela xente é realmente inferior. Cremos que a raza superior a calquera outra, aquela da que dependerá sempre o destino do mundo, é a raza branca.

Farmochi. Curso de xeografía universal, 1850..

Profesor: Diego Xesús López González.