textos da revolución francesa i

1
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” “Os impostos señoriais eran os máis duros e os máis impopulares. O réxime feudal pesaba sobre todas as terras e levaba consigo a percepción de dereitos (...) Os dereitos propiamente señoriais abarcaban os dereitos de caza, pesca, pombas, peaxes, mercados, traballos principais ao servizo do señor (...) o dereito a que moian no seu muíño (...) o señor conservaba a propiedade directa das terras que cultivaban os campesiños, polas que pagaban réditos anuais (rendas e censos en diñeiro e algunhas gavelas de cereais) das colleitas. Este réxime variaba de intensidade segundo as rexións (...) Para apreciar o seu nivel hai que ter en conta non só os propios impostos, senón tamén as vexacións e abusos aos que daba lugar.” Soboul, A. A Revolución Francesa. O salario dun obreiro variaba considerablemente: un albanel gañaba corenta soldos, un carpinteiro ou un ebanista podían chegar ata cincuenta. Non é moito se temos en conta que o pan de catro libras, indispensable na dieta do obreiro, custaba en tempo normal entre oito e nove soldos, pero en épocas de crise podían acadar os doce e quince soldos, e incluso vinte, é dicir, a metade do salario cotián dun obreiro medio. Por unha parte, o pan representaba normalmente o 50 por 100 dos gastos dun obreiro, as legumes e o viño o 16 por cento, o vestido o 15 por 100, a luz o 1 por 100. Ademais debía alimentar e aloxar á súa familia.” Godechot, J. As orixes da Revolución Francesa. "Aquí o pobre non ten dereito a acender o lume na súa chousa para pórse ao abeiro do frío, se non cómprao ben caro ao señor, por unha contribución descontada dos seus medios de subsistencia e os da súa familia. Este dereito inhumano existe en Broues baixo o nome de dereito de lume. Alí o agricultor non ten nin sequera o dereito de alimentar o seu gando coa herba que medra no seu campo; se a toca, denúnciano e castígano cunha multa que o arruína, e o exercizo máis lexítimo dos dereitos da súa propiedade está subordinado á vontade arbitraria do señor, que ten a pretensión ao dereito universal sobre todos os pastos do territorio. Débense abolir todos os dereitos dos señores (...)." Extracto dos “Cadernos de Queixas”. Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 10-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Selección de Textos

TRANSCRIPT

Page 1: Textos da Revolución Francesa I

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

“Os impostos señoriais eran os máis duros e os máis impopulares. O réxime

feudal pesaba sobre todas as terras e levaba consigo a percepción de dereitos (...)

Os dereitos propiamente señoriais abarcaban os dereitos de caza, pesca, pombas,

peaxes, mercados, traballos principais ao servizo do señor (...) o dereito a que

moian no seu muíño (...) o señor conservaba a propiedade directa das terras que

cultivaban os campesiños, polas que pagaban réditos anuais (rendas e censos en

diñeiro e algunhas gavelas de cereais) das colleitas. Este réxime variaba de

intensidade segundo as rexións (...) Para apreciar o seu nivel hai que ter en conta

non só os propios impostos, senón tamén as vexacións e abusos aos que daba

lugar.”

Soboul, A. A Revolución Francesa.

O salario dun obreiro variaba considerablemente: un albanel gañaba corenta

soldos, un carpinteiro ou un ebanista podían chegar ata cincuenta. Non é moito

se temos en conta que o pan de catro libras, indispensable na dieta do obreiro,

custaba en tempo normal entre oito e nove soldos, pero en épocas de crise

podían acadar os doce e quince soldos, e incluso vinte, é dicir, a metade do

salario cotián dun obreiro medio. Por unha parte, o pan representaba

normalmente o 50 por 100 dos gastos dun obreiro, as legumes e o viño o 16 por

cento, o vestido o 15 por 100, a luz o 1 por 100. Ademais debía alimentar e

aloxar á súa familia.”

Godechot, J. As orixes da Revolución Francesa.

"Aquí o pobre non ten dereito a acender o lume na súa chousa para pórse ao

abeiro do frío, se non cómprao ben caro ao señor, por unha contribución

descontada dos seus medios de subsistencia e os da súa familia. Este dereito

inhumano existe en Broues baixo o nome de dereito de lume. Alí o agricultor

non ten nin sequera o dereito de alimentar o seu gando coa herba que medra no

seu campo; se a toca, denúnciano e castígano cunha multa que o arruína, e o

exercizo máis lexítimo dos dereitos da súa propiedade está subordinado á

vontade arbitraria do señor, que ten a pretensión ao dereito universal sobre

todos os pastos do territorio. Débense abolir todos os dereitos dos señores (...)."

Extracto dos “Cadernos de Queixas”.

Profesor: Diego Xesús López González.