teresa moreno: unha das pioneiras veterinarias en … · 2016-02-26 · o exame efectuábase en...

5
TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN GALICIA TERESA MORENO: ONE OF THE VETERINARY PIONEERS IN GALICIA Portela Vázquez, Alberto Manuel Historia Veterinaria Galega (HISVEGA) Congreso Historia Veterinaria Octubre 2008 RESUMO Teresa Moreno García de Las Mestas foi unha das mulleres pioneiras da profesión da veterinaria en Galicia. Desenvolve a súa vida profesional na administración pública de Galicia como veterinaria titular. RESUMEN Teresa Moreno García de Las Mestas fue una de las mujeres pioneras que desarrollaron la profesión de la veterinaria en Galicia. Desarrolló su vida profesional como veterinaria titular en la administración pública en Galicia. ABSTRACT Teresa Moreno García de Las Mestas was one of the pionering women who developed the profession of the veterinary medicine in Galicia. She developed his professional life like titular veterinary in the public administration in Galicia. BIOGRAFIA Teresa Moreno García de las Mestas 1 , é unha das mulleres pioneiras da profesión veterinaria en Galicia, sendo, segundo nos comenta, a primeira muller veterinaria que se xubilaría nesta comunidade. Naceu en Lebrija (Sevilla) o 12 de marzal de 1928 na mesma casa onde viviu Antonio Nebrija pai da primeira gramática española. A súa incursión na veterinaria non foi casual xa que procedía dunha importante tradición familiar, en concreto, o seu pai, Jose Moreno, e o seu avó, Cristobal, foran veterinario e albeitar-ferreiro, 1 Iniciamos a serie de entrevistas a Teresa o 16 de Novembro de 2006. Ademais de quedar abraiados da súa axilidade mental e as gañas de comunicarnos toda a súa experiencia, nos preguntaba sobre a situación actual da nosa querida veterinaria e o certo que os problemas fundamentais seguen no mesmo estado, o recoñecemento social aínda está estancado e non no umbral que se merece. Esperamos que asociacións como HISVEGA plasmen o pasado para poder rectificar as nosas equivocacións, e se consiga un futuro prometedor e con gañas de superación.

Upload: others

Post on 03-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN … · 2016-02-26 · O exame efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un

TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN GALICIA

TERESA MORENO: ONE OF THE VETERINARY PIONEERS IN GALICIA

Portela Vázquez, Alberto Manuel

Historia Veterinaria Galega (HISVEGA)

Congreso Historia Veterinaria Octubre 2008

RESUMO

Teresa Moreno García de Las Mestas foi unha das mulleres pioneiras da profesión da veterinaria en Galicia.

Desenvolve a súa vida profesional na administración pública de Galicia como veterinaria titular.

RESUMEN

Teresa Moreno García de Las Mestas fue una de las mujeres

pioneras que desarrollaron la profesión de la veterinaria en Galicia.

Desarrolló su vida profesional como veterinaria titular en la

administración pública en Galicia.

ABSTRACT

Teresa Moreno García de Las Mestas was one of the pionering

women who developed the profession of the veterinary medicine in

Galicia.

She developed his professional life like titular veterinary in the

public administration in Galicia.

BIOGRAFIA

Teresa Moreno García de las Mestas1, é unha das mulleres pioneiras da profesión veterinaria en Galicia,

sendo, segundo nos comenta, a primeira muller veterinaria que se xubilaría nesta comunidade.

Naceu en Lebrija (Sevilla) o 12 de marzal de 1928 na mesma casa onde viviu Antonio Nebrija pai da

primeira gramática española.

A súa incursión na veterinaria non foi casual xa que procedía dunha importante tradición familiar, en

concreto, o seu pai, Jose Moreno, e o seu avó, Cristobal, foran veterinario e albeitar-ferreiro,

1 Iniciamos a serie de entrevistas a Teresa o 16 de Novembro de 2006. Ademais de quedar abraiados da súa axilidade

mental e as gañas de comunicarnos toda a súa experiencia, nos preguntaba sobre a situación actual da nosa querida

veterinaria e o certo que os problemas fundamentais seguen no mesmo estado, o recoñecemento social aínda está

estancado e non no umbral que se merece. Esperamos que asociacións como HISVEGA plasmen o pasado para poder

rectificar as nosas equivocacións, e se consiga un futuro prometedor e con gañas de superación.

Page 2: TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN … · 2016-02-26 · O exame efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un

respectivamente, na localidade de Benameji (Cordoba).

Pola vía materna adicáronse ao mundo das leis. Esta mezcla sería determinante para a adicción de Teresa

Moreno aos libros e as súas gañas de aprender, que acompañarona durante toda a súa vida.

Da unión de José Moreno Soto e Antonia García de las Mestas naceron, ademais de Teresa, 4 fillos máis

entre os cales estaba Rafael Moreno tamén veterinario que chegaría a ocupar o posto de Xefe de Extensión

Agraria en Alxeciras.

O seu pai D. José traballou coma Veterinario Clínico ata que se trasladou a Córdoba, onde ocupou unha

praza como Profesor de Xenética. D. José tivo boas relacións persoais e de traballo co insigne Profesor

Rafael Castejon y Martinez de Arizala, Catedrático de Fisioloxía da Escola de Córdoba e coñecido arabista.

Tal era a súa amizade, que Rafael Castejón foi padriño do irmán de Teresa, Rafael Moreno.

A súa infancia transcurriu como a doutra nena do seu mesmo “estatus social”. Como curiosidade comentar

que como aprobaba sempre en xuño o seus pais lle obrigaban realizar os estudios de piano, cuxos exames

realizaba no conservatorio, por elo dispoñía de tres pianos na casa de seus pais, un dos cales lo regalaría súa

nai cando tivo un destino fixo na súa vida profesional.

Teresa tiña a idea de estudar a carreira de Medicina, pero foia insistencia da súa nai o que fixo que

ingresara na Facultade de Veterinaria de Córdoba no ano 19452.

No primeiro curso estaban matriculados 100 homes e solo ela coma muller. Cando ingresou tiña 17 años, e

acudía á Facultade acompañada polo que entón se denominaba unha señorita de compañía. Entraba pola

porta dos profesores e sentábase ao lado esquerdo do profesor vendo ao resto dos seus compañeiros, cando

terminaba as clases tiña que ir a sala de profesores. Son realidades temporais que nos deixan estrañados e así

comprobamos que do 0,1% de mulleres que estudaban veterinaria por aquelas datas, temos pasado, a mais do

70% na actualidade. Quen llo diría ao pai de Teresa que sempre lle dicía: “Teresa a veterinaria é unha

carreira de homes”

Non puido matricularse de 2º curso porque non realizara o Servizo Social, que era obrigatorio para as

mulleres antes dos 18 anos3.

2 As Escolas de Veterinaria clásicas, Madrid, Córdoba, León e Zaragoza transformáronse en Facultades en 1943.

3 O Servicio Social en España implantouse para as mulleres tras a guerra civil, có espírito falanxista de Rivera e

consistía en realizar accións sociais tales como servir comida nos comedores de Auxilio Social implantados para paliar

a fame da postguerra. Esta práctica era obrigatoria para as mulleres antes dos 18 anos e quen non a cumprira non lle

permitían continuar os seus estudos universitarios ata que non os realizara. Tivo continuación ata a nova Lei de

Educación de Villar Palasí do ano 70, aínda que ao desaparecer os comedores de Auxilio Social sustituise por traballos

sociais en bibliotecas, compra de roupa para nenos pobres, etc....

Page 3: TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN … · 2016-02-26 · O exame efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un

Teresa, aproveitou este ano para obter o titulo de mestra polo plan do bacharelato entre os meses de xuño e

setembro4.

En Córdoba estudou 3 anos, ata que se trasladou a León para continuar os seus estudos. O motivo do cambio

debeuse á influenza de seu pai que vía un futuro máis prospero para Teresa nos laboratorios que na

actividade clínica. León destacaba por ter laboratorios importantes tales como Ovejero e Syva entre outros,

que non tiña Córdoba xa que, en xeral en Andalucía, o veterinario desenvolvía sobre todo actividade de

clínica

Licenciouse pola Universidade de Oviedo,

na facultade de Veterinaria de León o 9 de

outubro de 1952. Seria en León onde

atoparía ao seu amor, un compañeiro 3 anos

maior que ela de nome Gonzalo Marcos

Florez. Gonzalo, a diferenza da intensa

vocación da súa muller, foi veterinario por

ser de León, xa que a súa ilusión era ter

estudado para arquitecto. Ambos rivalizaron

administración, coa única diferenza que

Gonzalo dispoñía de carné de conducir, algo

vetado para Teresa na sociedade franquista.

Teresa cun afán de superación inusual, realizou os estudos de doutorado en Madrid aínda que non chegou a

ler a súa tese doutoral . Foi bolseira na Escola Nacional de Sanidade e diplomada en Sanidade, especialidade

en Industrias Cárnicas, Lácteas e bromatoloxía con López Yubera.

Gonzalo preparou a oposición de veterinarios titulares e unha vez sacada a praza casáronse en 1955. O seu

destino foron postos de interinidade en Villafranca del Bierzo e Ponferrada. Teresa ocuparía prazas de

interina en Vega de Valcarce e logo en Trabadelo entre 1959 1 1962, marchando logo para Palencia.

Foi nomeada funcionaria de carreira do Corpo de Veterinarios Titulares o 11 de agosto de 1975, tras aprobar

a oposición a cal concorrían 3000 opositores para 500 prazas ofertadas, obtendo o nº 18. O exame

efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un segundo

exercicio que eran probas de laboratorio e un terceiro que se realizaba en matadoiro. Nesas datas os dous

fillos de Teresa contaban con 9 e 10 años e ningún deles seguiría os pasos de seus proxenitores. O primeiro

4 Por aqueles anos era sinxela a obtención do título de Maxisterio para aqueles alumnos que cursaran o bacharelato

superior posto que debían examinarse soamente dunhas cantas asignaturas (fundamentalmente pedagóxicas) para ser

mestres

Page 4: TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN … · 2016-02-26 · O exame efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un

destino foi en Belmonte (Cuenca), colexiándose en Cuenca o 14 de xaneiro do 1976 e deuse de baixa o 12 de

abril do mesmo ano, ao pedir excedencia voluntaria e volver a León.

A marcha de León a Galicia debeuse segundo nos confesa Teresa, a que Gonzalo opositou ás prazas das

poboacións de mais de 250.000 habitantes, as cales aprobou, pero non puido optar as prazas de León e

Valladolid, as cales anhelaba. Nos seus destinos tería que elixir entre Vigo, Melilla ou Sabadell. Na súa

elección interveu, como no, Teresa, que estivera un ano Santo en Compostela, e nas Rías Baixas.

Trasladáronse a Vigo, o 2 de xaneiro de 1978, Teresa coma veterinaria titular con destino provisional por

dereito consorte. Neste momento tiña 50 anos. Colexiouse en Pontevedra co nº189, ocupando a praza do

mercado de Teis distrito nº 7, traballando na inspección do mercado e establecementos da cidade. A actual

cafetería do mercado, era por aquel entón o seu despacho. Nos períodos vacacionais ocupábase tamén da

praza do Inspector do Matadoiro Municipal de Vigo situado en Alcabre. Ao mesmo tempo vacinaba de rabia

na rúa Zamora.

Entre as múltiples anécdotas que nos relatou quedámonos coas seguintes:

• Unha propietaria dun local dispoñía dun solo baño e ante as demandas de Teresa do deber que tiña de

dispoñer de 2 baños, un para homes e outro para mulleres, a dona defendíase dicindo que en Andalucía un

home pode entrar no baño dunha dama pero isto non pasaría en Galicia e que non viñera con cousas raras. Do

mesmo xeito tiña problemas cos donos que poñían serrín no chan, que ela pensaba que o serrín impedía ver

as sucidades debaixo do mesmo.

• Noutra ocasión decomisou unhas excelentes ameixas en perfecto estado por temas administrativos, as

cales donou aos enfermos do Nícolas Peña pero que eles nunca as chegaron a tomar e si o fixeron os médicos

os cales tomaron boa nota delas. Isto motivou que os seu seguinte decomiso (2 xamóns) foran a parar a unha

congregación de caridade, cuxas monxas si repartiron cos seus.

O tempo pasa e en 1991 cando Teresa tiña 63 anos o día de Santiago Apóstolo, Gonzalo morre por un

derrame cerebral, frustrando así a súa idea de regresar a León cando obtivera a xubilación.

Gonzalo contaba con numerosos amigos en León, entre eles o Profesor Miguel Cordero del Campillo,

Catedrático de Parasitoloxía e Enfermidades Parasitarias da Facultade de Veterinaria de León e un de nosos

mais insignes mestres historiadores.

Dous anos máis tarde o 18 de marzal de 1993 Teresa Moreno xubílase, pero o seu amor á profesión obrígalle

a participar nas distintas actividades do colexio profesional e atendernos nesta última e breve entrevista para

HISVEGA, realizada en Xaneiro do 2007, nos que da conta dos momentos máis entrañables da súa vida.

Page 5: TERESA MORENO: UNHA DAS PIONEIRAS VETERINARIAS EN … · 2016-02-26 · O exame efectuábase en Madrid constando de tres partes, un exercicio escrito con posterior lectura oral, un

Poucos meses máis tarde da realización da entrevista Teresa faleceu a idade de 79 anos, debido a problemas

postoperatorios, tras someterse a unha operación de cadeira.

CONCLUSION FINAL

Dende HISVEGA cremos necesario facer mención a traxectoria profesional desenvolvida por Teresa a cal se

fai máis destacable polo feito de ser muller. Isto é debido a que o ámbito da veterinaria foi un sector no que

as mulleres se atopaban subrepresentadas.

Teresa foi unha das precursoras, imaxe e punto de referencia para as novas xeracións de mulleres que na

actualidade desempeñan esta actividade.

Teresa Moreno e Veremundo na celebración de S. Francisco de

Asis o 4 de Octubre do 2006