tema7 2010
DESCRIPTION
A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.TRANSCRIPT
Son coñecedores da narrativa europea e americana (Joyce, Kafka, nouveau roman, Faulkner, Dos Passos)
NOVA NARRATIVANOVA NARRATIVA
A Nova Narrativa galega. Características, autores e obras representativas.
Baixo esta denominación acostúmase
encadrar un grupo bastante heteroxéneo de
obras e autores que, sobre todo entre os
anos 60 e 70, propiciaron unha profunda
revisión das tendencias da narrativa
precedente.
Influencias:
1.Monólogo interior, empregado por
James Joyce en Ulises.
2. O límite difuso entre realidade e
ficción, que se percibe en A
metamorfose de Kafka.
3. Linguaxe cinematográfica, utilizada
por Jonh dos Passos en Manhattan
Transfer.
4. O Nouveau Roman francés ( Claude
Simon, Nathlie Sarraute...) e, polo tanto,
tamén na Nova Narrativa Galega.
5. Hai influencias tamén doutras artes
coma a pintura, o cinema ou o cómic.
Fuxida da localización concreta
Espazo
1. Impreciso.
2. Preferencia polo espazo urbano fronte
ao rural.
Tempo
1. É subxectivo, non lineal.
O enfoque múltiple
1.T razos:
a)Diversos personaxes dan perspectivas
da historia que poden chegar a ser
contraditorias.
b) Son personaxes desarraigados,
antiheroes, cousificados.
2. Ten como obxectivo a implicación do
lector:
a) Ten que buscar no subconsciente dos
personaxes as razóns da súa conduta.b) Reconstruír a historia baseándose nas diferentes perspectivas que se lle dan.
c) Empréganse ademais multitude de
contidos filosóficos e simbólicos:
• Influencia da psicanálise, do behaviorismo, do
existencialismo e o marxismo.
• Amosan as frustracións da sociedade.
• Fan que estas novelas teñan pouco éxito
comercial.
O monólogo interiorO monólogo interior
1. É unha influencia de James Joyce e Éduard
Dujardin.
2. Presenta contidos psíquicos
TemáticasTemáticas
A violencia1. O sexo.
2. A morte.
A emigración
Intertextualidade1. Referencias literarias e culturais.
2. Emprego de fragmentos ou temáticas doutros autores
(Kafka).
O absurdo da existencia
1. Visión desacougante da sociedade alienada
franquista, así coma do illamento dos seus individuos que
se reflicte nos personaxes da NNG:
a) Non son quen de delimitar a realidade e o
soño.
b) Non son quen de se comunicar.
c) Non entenden un mundo cun proceso que os
sobrepasa.
2. Manifestacións do subconsciente:
a) Recreación de mitos e lendas.b) Mundos absurdos e
irracionais.c) Perspectiva psicolóxica
( pensamento dos personaxes).
3. A deshumanización da sociedade,
testemuño da problemática social.
4. Antisentimentalismo.
períodosperíodos
1. Período de aparición:
a) Memorias de Tains, de
Gonzalo Rodríguez
Mourullo.
b) Percival e outras
historias, de Méndez Ferrín..
períodosperíodos
2. Período de consolidación:
a) O crepúsculo e as formigas, de
Méndez Ferrín.
b) Lonxe de nós e dentro, de Suárez
– Llanos.
períodosperíodos
3. Período no que predomina o obxectualismo do
Nouveau Roman francés:
a) Como calquera outro día, de Suárez – Llanos.
b) Arrabaldo do Norte, de Méndez Ferrín.
c) A orella no buraco, de María Xosé Queizán.
períodosperíodos
4. Período de feche:
a) Adiós, María, de Xohana
Torres.
b) Retorno a Tagen Ata, de
Méndez Ferrín.
AUTORESAUTORES
Xosé Luís Xosé Luís Méndez Ferrín
Naceu en Vilanova dos Infantes, Ourense, en 1938.
Despois de estudar en Compostela licenciouse en
Madrid e alí cofundou o Grupo de poesía Brais Pinto.
Militou no nacionalismo de esquerdas e sufriu
cárcere por motivos políticos en 1962 e 1972.
PRIMEIRA ETAPAPRIMEIRA ETAPA
CaracterísticasCaracterísticas
1. Rexeitamento do costumismo e o
realismo clásicos.
2. Innovacións:
a) Temática psicolóxica, personaxes
antiheroicos.
b) Formal, fusionando o real e o
fantástico.
Arrabaldo do norteArrabaldo do norte
a) Obxectivismo do Nouveau Roman.
b) Personaxe anónimo cun obxectivo
impreciso nunha cidade descoñecida.
c) Descricións da paisaxe urbana desolada.Arrabaldo do norte, que X. L.Méndez Ferrín publica en 1964, constitúe a súa primeira novela. É unha obra de extraordinarias suxestións. É un kafkiano percorrido por labirintos circulares dun ser empeñado nunha busca transcendental e estéril que o conduce á destrucción. O protagonista busca polo labirinto do arrabaldo, sen atopar nunca o que procura.
Percival e outras historiasPercival e outras historias::
a) Catorce contos.
b) Misterio e terror.
c) Topónimos a antropónimos de resonancia
nórdica e oriental.
d) Mestura do mítico co cotián.
e) Mundo imaxinario celta.
O crepúsculo e as formigas:
a) Libro de relatos escrito en Madrid.
b) Ambiente urbano hostil.
c) Personaxes marxinais e desarraigados.
d) Temática da violencia, a morte, o medo, os
conflitos políticos...
e) Realismo cru ou naturalismo.
SEGUNDA SEGUNDA ETAPAETAPARetorno a Tagen Ata
1. Política –ficción.2. Explica o xurdimento do nacionalismo galego revolucionario dos anos 70.
Elipsis e outras sombras
1. Visión negativa da violencia do estado contra os inconformistas.2. Son relatos que se corresponden co realismo social.
Antón e os inocentes
1. É a súa segunda novela.2. Ambiente urbano compostelán.3. Narra a experiencia dun mozo e unha moza universitarios que se ven obrigados a se enfrontares a unha realidade inxusta ( mocidade dos 50).4. Ten trazos autobiográficos.
Crónica de nós
1. Oito relatos.2. Guerrillas dos 40.3. Ambiente universitario compostelán xa ben entrado o franquismo.4. Ambiente interno na UPG.
TERCEIRA ETAPATERCEIRA ETAPA
AUTORESAUTORES
Carlos Carlos CasaresCasares
Narrador, articulista, crítico literario e editor, Carlos
Casares foi presidente do Consello da Cultura
Galega, director da Editorial Galaxia e da revista
Grial e un dos autores con máis recoñecemento na
narrativa dos últimos anos .
EtapaEtapass
vangardista e anovadora realista
domina o espírito rupturista e experimental da Nova Narrativa Galega
protagonismo da historia sobre o virtuosismo formal.
reconstrución histórica de ambientes e personaxes de xeito realista pero sen renunciar á fantasía.
cunha lingua moi coidada, de sintaxe moi sinxela e léxico preciso.
AUTORASAUTORAS
Mª Xosé Mª Xosé QueizánQueizánSupuxo a vangarda no feminismo nacionalista
galego, e as súas achegas ideolóxicas espállanse en
todas as súas obras.
AUTORASAUTORAS
Xohana Xohana TorresTorresA súa única novela é Adiós, María (1971), ambientada
en Vigo. Na obra a caracterización dos personaxes é
categórica; a denuncia do drama da emigración,
evidente; a recrecaón dunha linguaxe urbana periférica,
mimada. Os críticos discuten se a novela pertence á
Nova Narrativa ou non. Máis alá da técnica, os
problemas sociais derivados da desestruturación laboral
e familiar galega aparecen sinalados de forma sutil pero
incisiva.