tema 5.- a cultura e a arte do románico. - edu.xunta.gal eso tema 5... · 4.- a pintura románica....

37
Tema 5.- A cultura e a arte do Románico. Focos e expansión do Románico

Upload: others

Post on 14-Sep-2019

7 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Tema 5.- A cultura e a arte do Románico.

Focos e expansión do Románico

1.- O Románico, unha arte esencialmente relixiosa.

A expansión da arte románica: as grandes rutas de peregrinación

2.- A arquitectura románica. Caracteres xerais.

A planta

Unha igrexa románica: planta e alzado

Bóvedas, muros e arcos.

elementos sustentantes

piar [pilar] columna pilastra contraforte ou estribo

partes dunha columna

3.- A vida monástica.

4.-

4.- A pintura románica.

soportes

Paredes do interior das igrexas: muros e ábsida.

Táboas de madeira cubertas cunha fina capa de xeso: frontais dos altares e cabeceiras das

igrexas.

Libros relixiosos: miniaturas.

caracteres

técnicos

Sinxeleza técnica: representacións planas, sen volume, sen profundidade e sen perspectiva.

A técnica máis utilizada era a pintura ao fresco.

debuxo e

cores

As figuras adoitaban contornarse con grosas liñas.

A cor, con predominio de azuis e vermellos, esténdese de xeito uniforme no seu interior.

trazos das

figuras

Os personaxes preséntanse sempre de forma frontal, tendendo á estilización [simplificación dos

trazos].

Teñen un marcado antinaturalismo e hieratismo [solemnidade, maxestuosidade, rixidez].

Malia iso, amosan unha grande expresividade que chega a convertelos en símbolos que

expresan ideas abstractas.

disposición

das

escenas

As escenas dispúñanse adaptándose ao marco arquitectónico.

Os personaxes ordenábanse xerarquicamente, de modo que o máis importante é o de maior

tamaño.

Tamén tendían a non deixar ningún espazo baleiro (horror vacui).

temas Os motivos máis utilizados eran as escenas da Biblia e os Evanxeos e as vidas de santos.

Tamén se presentan representacións da vida cotiá das persoas, pero sempre cun contido moral.

(ángel)

(toro

(águila)

(león)

Pantocrátor de San Clemente de Tahull (Lérida), século XII.

5.-

Portada de San Pedro de Moissac (s. XII).

definición que se representa

tímpano

espazo delimitado polo dintel e as arquivoltas nas

portadas das igrexas

Cristo en maxestade, rodeado polo

tetramorfos e dous anxos; na base os vinte e

catro anciáns da Apocalipse de San Xoán

lintel

elemento horizontal que soporta unha carga,

apoiando os seus extremos nas xambas; está

colocado sobre portas e ventás O lintel e as arquivoltas están decorados con

motivos vexetais, xeométricos e animais

fantásticos.

arquivoltas

conxunto de arcos inscritos uns nos outros que

organizan unha portada abocinada (a anchura

aumenta ou diminúe progresivamente)

parteluz

elemento vertical que divide a luz dun vano (oco)

en dúas partes

tres parellas de leóns entrelazados en forma

de X sobre un fondo vexetal

xambas

elementos verticais situados a ambos lados dunha

porta ou unha ventá que sosteñen o lintel ou o

arco. No Románico adoitan ter columnas ou

estatuas adosadas.

Nas xambas polilobuladas aparecen

representados San Pedro e o profeta Isaías.

Aos lados hai outras representacións

secundarias: o pobre Lázaro, Anunciación,

Visitación, Fuxida a Exipto, entre outros

personaxes.

Tímpano da portada da igrexa de San Lázaro, Autun, (Francia ), século XII.

6.- O Románico na Península Ibérica.

Arquitectura

Influencia Procede de Sitúase en Caracteres Exemplo

Lombarda

Norte de

Italia

Norte de Cataluña e

Aragón

igrexas de pequeno

tamaño

muros de pedra pequena

decorados con arcos e

bandas lombardas

campanario

San Pedro de Roda (Xerona)

igrexas de Santa María e San

Clemente de Tahull (Lleida)

Francesa

Mosteiro

de Cluny

(Francia)

Ao longo do Camiño

de Santiago

trazos xerais da

arquitectura románica que

xa vimos

catedrais de Santiago de

Compostela, Zamora e

Salamanca

igrexas de San Isidoro de León,

San Martín de Frómista

(Palencia) e Santa María de

Eunate (Navarra)

mosteiros de San Xoán da

Pena (Huesca) e Santo

Domingo de Silos (Burgos).

Mudéxar al-Ándalus

Castela e León,

Castela-A Mancha,

Estremadura e Aragón

uso do ladrillo e polas

arquerías cegas pegadas

nos muros

igrexa de San Tirso de

Sahagún (León).

O Románico lombardo.

Igrexa de san Clemente de Tahull (Lleida), século XII.

Interior da igrexa de San Pedro de Roda (Xirona), século XI.

O Románico francés.

Igrexa de San Martín de Frómista (Palencia), século XI.

O Románico mudéxar.

Igrexa de San Tirso de Sahagún (León), século XII.

7.- A arte románica en Galicia.

Arquitectura

Mosteiros

Santo Estevo de Ribas de Sil (Ourense)

Carboeiro, en Silleda (Pontevedra)

San Clodio, en Leiro (Ourense)

Catedrais Santiago de Compostela, Mondoñedo, Lugo e Ourense

Arquitectura

civil

pazo arcebispal de Santiago de Compostela, levantado polo bispo Diego

Xelmírez no século XII.

Escultura

Portadas

Porta das Praterías e Pórtico da Gloria do Mestre Mateo, modelos para o

resto da escultura en Galicia

Chapiteis

Chapiteis do claustro de Santa María a Real do Sar (Santiago de

Compostela, século XII)

Chapiteis do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense

Retablos Retablo de Santo Estevo de Ribas de Sil en Ourense

Pintura

Mural

As condicións climáticas adversas da Comunidade ocasionaron a práctica

descomposición da pintura mural

Ilustracións de

códices

Libro das Horas de Fernando I

Códice Calixtino ou Liber Sancti Jacobi (1140).

A catedral románica de Santiago de Compostela.