tema 4.- “o feudalismo” 4- a vida... · aínda que o espazo que abarcaba a europa feudal foi...

19
“A VIDA NA IDADE MEDIA” Tema 4.- “O FEUDALISMO”

Upload: others

Post on 25-Jan-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

“A VIDA NA IDADE MEDIA”

Tema 4.- “O FEUDALISMO”

Page 2: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

A.- SITUACIÓN NO TEMPO E NO ESPAZO

Tradicionalmente o inicio da Idade Media sinalábase no momento da caída do Imperio Romano de Occidente a finais do século V. Pero foi realmente a partir do século IX, tras a descomposición do Imperio Carolinxio e a situación de inestabilidade provocada polas invasións de normandos, musulmáns e húngaros, cando se formou en Europa Occidental o sistema económico, social e político que se coñece co nome de Feudalismo.

A.1.- Sinala cando comeza e cando remata a Idade Media.

A.2.- Define o concepto de Feudalismo.

Page 3: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

IDADE MEDIA

ALTA IDADE MEDIA

Inicios do Feudalismo ║

BAIXA IDADE MEDIA

Plena Idade Media Crise

s.V s.VI s.VII s.VIII s.IX s.X s.XI s.XII s.XIII s.XIV s.XV

476 - Caída do Imp. Romano de Occidente Descubrimento de América – 1492

Nos primeiros séculos desta etapa histórica, Alta Idade Media, pódese falar dun mundo basicamente rural, no que a maioría da poboación eran campesiños dependentes dun Señor, que exercía o seu dominio sobre un territorio máis ou menos extenso.

A partir do século XI, Baixa Idade Media, comezaron a renacer as cidades, nas que apareceu un novo estilo de vida e novas profesións.

Pero no século XIV Europa Occidental sufriu unha fonda crise que levou ao remate desta sociedade a finais do século XV.

A.3.- Indica en cantas etapas se pode dividir a Idade Media e explica as súas características.

A.4.- Representa nun eixo cronolóxico a Idade Media e sinala as distintas etapas nas que se pode dividir.

Page 4: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais estados de Francia, Alemaña, Bélxica, Países Baixos, Luxemburgo, Austria, Suiza, o norte da Península Ibérica, centro e norte da Península Itálica e centro e sur das Illas Británicas.

A.5.- Usa o mapa para sinalar os límites da Europa feudal e a localización dos seus pobos inimigos.

Os habitantes da Europa feudal vivían rodeados de inimigos aos que atacaban e polos que eran atacados (sobre todo nos primeiros tempos):

- Nos actuais Países Escandinavos vivían os normandos ou viquingos.- No norte de África e no sur da Península

Ibérica os árabes ou musulmáns.- No leste da Europa medieval os

húngaros ou maxiares.

Page 5: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais
Page 6: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais
Page 7: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

B.- AS ORIXES DO FEUDALISMO

.- Quen foi Carlomagno? Como organizou o seu Imperio? Que sucedeu á súa morte? (Páx.16-19)

- Rei dos ………….. que conquistou gran parte de Europa Occidental, foi coroado ………………. do Imperio Carolinxio no ano 800.

- Condados, gobernadas por ……………….

- Marcas, nas zonas fronterizas, dirixidas por ……..…...

- Para administrar un territorio tan extenso, recadar impostos e facer cumprir as …………., entregou terras aos nobres do reino para que as administrasen e gobernasen no seu nome e se beneficiasen delas:

Os nobres convertíronse así nos vasalos do rei e xurábanlle fidelidade e axuda militar.

- Á morte de Carlomagno no ano 814, a coroa pasou ao seu fillo e despois o Imperio dividiuse en reinos independentes entre os seus netos. As loitas entre eles e as invasións dos musulmáns, normandos e húngaros provocou terror e inseguridade entre a poboación de Europa Occidental desde o século IX.

Page 8: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

B.1.- Por que a situación de Europa occidental era de inseguridade nos séculos IX e X?

B.2.- Por que tiveron os monarcas que pedir apoio aos nobres? Que relacións se establecían entre eles?

B.3.- En que parte da cerimonia de vasalaxe se producía a entrega do feudo? Quen o recibía e que obrigas tiña a cambio?

B.4.- Por que buscaban os campesiños a protección dos Señores feudais? Que debían a cambio desa protección?

Page 9: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

Co paso do tempo os vasalos do monarca (condes, bispos, duques…) foron adquirindo cada vez máis independencia e acabaron por cobrar impostos, administrar xustiza, incluso acuñar moeda… nos feudos que lles tiña cedido o rei. Asemade, estes nobres repartiron parte das súas terras entre nobres menos importantes, cabaleiros, fidalgos, guerreiros…, a cambio dun xuramento de fidelidade e vasalaxe.

Desta maneira o poder político quedou fragmentado en multitude de poderes, pois os Señores feudais convertéronse na práctica en pequenos monarcas dos seus feudos.

B.5.- Por que se di que o poder político estaba fragmentado nesta etapa feudal?

O diagrama mostra como pasaban as terras do rei aos nobres (laicos ou eclesiásticos) e deles a outros nobres menos poderosos e finalmente aos campesiños. Cada nivel da pirámide feudal debía lealdade e obediencia á capa superior e todos debían lealdade ao rei!!

Page 10: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

Para gobernar, o rei contaba coa axuda da Curia ou Consello Real, formado polos nobres máis poderosos (bispos, abades, condes, duques…), que o aconsellaban á hora de tomar decisións.

B.6.- Que era a Curia ou Consello Real?

Page 11: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

B.7.- As relacións de vasalaxe: Que son? Entre que persoas se podían establecer? Que lle debía o Señor ao seu vasalo? E o vasalo ao Señor?

B.8.- Copia e completa o esquema da pirámide feudal, poñendo cada “grupo” no piso ou frecha que corresponda: Alta nobreza laica ou eclesiástica, Campesiños, Señores de…, Servidores de todos, Rei, Baixa nobreza laica ou eclesiástica, Vasalos de…

Page 12: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

Texto nº1

“Eu, Urraca, raíña de toda España, xuntamente co meu fillo Don Alfonso, fago carta a vós, Conde Don Froilaz e á vosa esposa a Condesa Dona Maior, do territorio de Várzena e de todo o que lle corresponde: terras de labradío, bosques, prados, igrexas, castelos…

Eu, a raíña Urraca, dou e concedo aos sobreditos Condes as enriba nomeadas posesións, por razón de que o meu pai Don Alfonso criouvos e coudouvos, e polos moitos servizos que recibín de vós ata hoxe, e porque criastes e coidastes ao meu fillo Don Alfonso. Quero que teñades todo isto como propiedade vosa e da vosa descendencia”.

(Tomado de A. López Ferreiro: “Historia de la Iglesia de Santiago”, 1900)

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

B.9.-Le atentamente o texto nº 1 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? Por que fai o Señor a concesión?

Page 13: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

Texto nº2

“No nome de Deus, saiban todos os presentes … que eu, Bernardo, futuro Señor de Carcasona, recoñézote a ti León, abade de santa María, como meu Señor.

Por todos os dominios que vou a recibir fago homenaxe e fidelidade de manos e boca a ti, meu Señor León, e xuro sobre os Evanxelios que serei sempre un fiel vasalo para ti e os teus sucesores; e defendereite a ti, meu Señor, e ao mosteiro e aos monxes… ás miñas expensas; e prometo servirte a ti e aos teus homes cando queirades pasar por Carcasona… e se non respecto todas as miñas promesas, os mencionados dominios retornarán a ti e ao mosteiro”.

(Tomado de W. Cook: “La visión medieval del mundo”, Ed. Vicens Vives)

B.10.-Le atentamente o texto nº 2 e comenta:

a) Que parte da cerimonia de vasalaxe reflexa o texto?

b) Quen é o Señor e quen é o vasalo?

c) Que recibe o vasalo do seu Señor? A que se compromete o vasalo a cambio?

APRENDENDO COS TEXTOS HISTÓRICOS!

Page 14: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

B.11.- Imaxina que eres un membro da nobreza feudal.

-Debes decidir se queres ser un Señor que concede un feudo ao seu vasalo ou un vasalo que xura fidelidade ao seu Señor. A continuación debes redactar un documento que recolla o compromiso e a relación de vasalaxe que estades a “pactar”.

-Podes usar os textos traballados como modelo para redactar o teu.

Page 15: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

C.- UNHA SOCIEDADE ESTAMENTAL (páx. 49)

Na Europa feudal a sociedade era moi desigual. Estaba dividida en ordes ou estamentos, grupos socias pechados aos que se pertencía por nacemento e para toda a vida, xa que era moi difícil pasar dun estamento a outro. Cada un deses estamentos estaba rexido por unhas normas, leis e dereitos diferentes, e cada un tiña unha función distinta na sociedade, que, conforme di a Igrexa, foi establecida por Deus para asegurar o funcionamento e orde do mundo.

C.1.- Define o concepto de Estamento.

Page 16: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

C.2.- Cantos estamentos se distinguen na sociedade feudal? Que función ten cada un dos estamentos?

C.3.- Que estamentos teñen privilexios? En que consisten eses privilexios?

C.4.- Que estamento non ten privilexios? En que traballan os seus membros?

C.5.- Fai un esquema ou mapa conceptual que represente a sociedade estamental da Europa feudal e representa graficamente a pirámide social da Europa feudal.

Page 17: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

● Segundo a función que tiñan na sociedade, pódese falar de tres estamentos:

- Os nobres (condes, duques...). Eran os que guerreaban e os encargados de manter a paz e defender á poboación... Eran os donos da maior parte das terras e ocupaban os altos cargos do reino...

- Os eclesiásticos (bispos, abades, monxes...). Eran os que rezaban a Deus pola salvación de todos... Posuían terras e cargos ao igual que a Nobreza, e ademais cobraban aos campesiños o décimo (décima parte da colleita que pagaba o perdón dos seus pecados...).

- Os traballadores, eran na súa inmensa maioría campesiños, aínda que tamén había artesáns. Tiñan que traballar e manter aos outros dous grupos, dos que depen-dían e aos que estaban sometidos...

Page 18: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais

● Os dous primeiros estamentos da sociedade medieval (nobres e eclesiásticos) eran os privilexiados. Representaban unha pequena porcentaxe da poboación e eran chamados así porque tiñan certos privilexios: non traballaban, non tiñan que pagar impostos, podían impartir xustiza, podían utilizar armas... Mantiñan os seus privilexios porque as súas funcións na sociedade eran moi importantes, moito máis que traballar!.

● O grupo dos non privilexiados, formado pola maioría da poboación, estaba constituído fundamentalmente por campesiños e artesáns. Todos eles tiñan unha vida miserable, carecían de dereitos e tiñan que pagar impostos ao rei e aos seus Señores e o décimo á Igrexa.

Page 19: Tema 4.- “O FEUDALISMO” 4- A vida... · Aínda que o espazo que abarcaba a Europa feudal foi variando e medrando ao longo do tempo, poderían indicarse como límites os actuais