tema 2 -voluntariado, infancia e persoas maiores
TRANSCRIPT
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
1/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
INFANCIA
“Un neno/a que medra protexido contra o abuso e a violencia ten máis posibilidades de
medrar san física e mentalmente, con confianza e respecto de si mesmo, e con menos
probabilidades de abusar dos demais ou explotalos.”
1. PRIMEIRA INFANCIA
Denominada de diferentes modos polos autores atendendo ás adquisicións que
se producen entre o segundo e terceiro ano de vida:
Idade acrobática: cando o neno aprende a andar e practica incansable
diferentes movementos.
Etapa egocéntrica: cando o neno se considera o centro de canto o
rodea, pois non é capaz de diferenciar o seu eu do seu non eu.
Idade da linguaxe: por ser unha función desenvolta nesta etapa.
Etapa anal: inicio do control dos esfínteres, ademais do inicio da
comprensión da moral.
O xogo nesta etapa é a actividade principal na vida do neno, ten un carácter
simbólico e pode presentar diversas formas (ilusión ou papel representado,
interese polo mundo que lle rodea, xogos de construción ou ben de destrución).
DESENVOLVEMENTO
FÍSICO
DESENVOLVEMENTO
COGNITIVO/LINGUAXE
DESENVOLVEMENTO
PSICOSOCIAL• Comeza a andar.
• Sóbese ás sillas.
• Constrúe torres.
• Fai garabatos.
• Colle cousas.
• Come só coas mans.
• Mastiga a maioría dos
alimentos.
• Chapurrea de modo
expresivo.
• Comunícase por
xestos.
• Comprende a palabra
non, e pouco despois é
capaz de vocalizala.
• Vocabulario de 10 15
• Quere ter ao coidador
cerca todo o tempo.
• Entende o significado
de eu e meu.
• Distingue entre eu e ti.
• Imita actividades dos
adultos.
• Interese e recelo dos
1
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
2/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
• Vai sendo capaz de
correr.
• Empurra obxectos.
• Séntase só.
• Vístese e íspese.
• Pide comida e bebida
con vocalizacións e
xestos.
• É capaz de dar
pequenos saltos.
• Pode andar de
puntillas.
• Corre.
• Colle cousas
pequenas coas mans.
palabras.
• Sinala partes do seu
corpo ou debuxos.
estranos.
• A autonomía é un
desafío.
• Xoga só ou cerca de
outros nenos.
• Reclama a pertenenza
das súas cousas.
• Inicia as súas
actividades de xogo.
• Pouco a pouco vai
sendo capaz de unirse
a outros nenos no xogo.
2. INFANCIA PREESCOLAR
É o período comprendido entre os catro e os cinco anos. Aquí as diferenzas de
personalidade nos nenos vólvense cada vez máis evidentes debido
fundamentalmente a dous factores:
Crecentes demandas da sociedade a participar nas accións e
relacións dos adultos, de acordo coas súas posibilidades. O adulto
esixe máis do comportamento dos nenos desta idades respecto aocumprimento consciente das regras de conduta comúns ao grupo no que
vive, e incluso respecto a realización de algunhas actividades (escolares
ou laborais elementais).
Este paso vai precedido e acompañado pola aparición de novas
posibilidades cognitivas e motivacionais: o desenvolvemento de
novas formas de pensamento e perfeccionamento da linguaxe oral (e
incluso nalgúns casos o comezo da aprendizaxe da lectoescritura), aadquisición dunha vida interior relativamente máis estable, a maior
2
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
3/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
comprensión do mundo circundante e do lugar que ocupa nel; todo isto
orixina neles novas motivacións e un maior desexo de participar nas
acción e relacións dos adultos.
Esta necesidade de acción e participación atopa a súa expresión máis
privilexiada nesta idade nos xogos argumentais de roles. Pero tamén na
realización das chamadas tarefas produtivas de carácter máis estruturado e
sistemático que as realizadas ata ese momento.
DESENVOLVEMENTO
FÍSICO
DESENVOLVEMENTO
COGNITIVO/LINGUAXE
DESENVOLVEMENTO
PSICOSOCIAL
• Corre velozmente.
• Balancéase sobre un
pé.
• Da volteretas
• Copia.
• Debuxa
espontáneamente.
• Sube e baixa escaleiras
utilizando a barandilla
• Pode intentar escribir o
seu nome.
• Ao final da etapa a
lateralide está
establecida.
• Sigue dúas ordes non
relacionadas.
• Responde ás
directrices verbais.
• Conversa con
oracións.
• Entende e diferenza o
pasado do presente.
• Fai preguntas
constantemente.
• Amosa curiosidade por
todo.
• Comeza a utilizar
quendas de fala.
• Xoga a xogos simples
de
grupo
• Utiliza a linguaxe para
opoñerse ou resistir a
algo
• Intenta agradar
• Ten compañeiros
imaxinarios de xogo
• Comparte si así se lle
di
• Vai o baño só durante
odía
3
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
4/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
3. ¿CANTO APRENDEMOS?
Actualmente, vivimos na era da imaxe (campañas publicitarias, campañas
sobre accidentes de tráfico con imaxes impactantes,...). Todas as nosas
vivencias relacionámolas cunha imaxe, pero non só a imaxe intervén no
proceso de aprendizaxe, senón que ademais debemos ter en conta que cando
aprendemos:
- 20 % ESCOITAMOS
- 35 % VEMOS
- 55 % ESCOITAMOS E VEMOS
- 90 % DEBATIMOS E REALIZAMOS
- 95 % DEBATIMOS, REALIZAMOS E REFLEXIONAMOS
Como podemos ver, onde aparece o dialogo-comunicación, é onde se produce
un máis alto índice de asimilación de conceptos, dialogo-reflexión que ás veces
polo ritmo de vida que levamos, non temos tempo de poñer en práctica.
3.1. A importancia da comunicación.
Porcentaxes Impacto Comunicativo
7 % Comunicación Verbal
38 % Elementos Paralingüísticos
55 % Comunicación Non Verbal
Seica unha imaxe vale máis que mil palabras... É frecuente ver a un pai coas
mans nas costas paseando, e á beira á súa filla pequena, paseando coas mans
na mesma posición.
A idades temperás, os menores imitan, e os proxenitores ou as persoas que
pasan máis tempo con eles son os seus referentes (cando xogan imitan
4
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
5/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
situacións vividas nas que eles/as asumen outro rol, o do profesor/a, o da nai, o
do pai,...).
3.2. Xestos con posibles signi ficados.
Acariciarse Asegurarse a un mesmo
Comer as uñas Ansiedade
Frotarse as mans Esperanza de algo
Garabatear Pouco interese
Inclinarse cara atrás coas mans na nuca Superioridade
Man no peito Sinceridade
Rascarse a cabeza ou a nuca Frustración
Tocarse ou frotarse lixeiramente o nariz ao
escoitar
Dubida e, a miúdo,resposta
negativa
Rascar o pescozo Incertidumbre
Pernas cruzadas Actitude defensiva, resistencia
Mans sobre a boca o falar Asombro,tratar de ocultar a
conversa, mentir
Golpetear levemente cos pés Impaciencia
Pellizcarse e/ou rascarse a cara Culparse
Carraspeo consciente Advertencia
Encollemento de ombros acompañadopolas mans abertas cas palmas cara arriba
Sinceridade e franqueza
Lingua sobre os beizos para humedece-los Tensión
5
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
6/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
4. ESTILOS DE PAIS/NAIS
AUTORITARIO PERMISIVO DEMOCRÁTICO SOBREPROTECTOR
Grao de control do
comportamento
Comunicación
Esixencia de
madurez
Afecto
6
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
7/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
DE AQUÍ XURDEN NENOS/AS...
Pais/nais
autoritarios/as
1. Nenos/as obedentes.
2. Ordenados.
3. Pouco agresivos.
4. Pouco tenaces.
5. Pouco afectuosos.
6. Dependentes do control externo.
7. Con baixa autoestima.
8. Con dificultades para relacionarse.
Pais/nais
permisivos/as
1. Nenos/as con escaso autocontrol.
2. Inmaduros.
3. Frecuentemente con baixa autoestima.
4. Asumen poucas responsabilidades.
5. Vitais.
6. Alegres.
7. Caprichosos.
8. Con dificultades para o traballo en equipo.
Pais/nais
democráticos/as
1. Nenos/as con alto autocontrol.
2. Con alta autoestima.
3. Confiados en sí mesmos.
4. Con iniciativa.
5. Persistentes nas tarefas.
6. Altamente integrados cos demáis.
7. Alegres.8. Valoran as cousas.
Pais/nais
sobreprotectores/as
1. Nenos/as que non toleran a frustración.
2. Con dificultades para independencia.
3. Con pouco autocontrol.
4. Inseguros.
5. Non valoran as cousas.
6. Egoístas e incapaces de agradecer.
7
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
8/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
4.1. Pautas para unha boa convivencia na familia:
1. Escoitar.
2. Normas.
3. Estar atentos.
4. Manteñamos a calma.
5. Non facelo todo.
6. Apoiarnos sempre.
7. Non discutir diante dos nenos/as.
8. Non debemos levarnos a contraria.
9. Se hai un problema, falámolo cando estemos sós.
10. Ninguén o sabe todo.
5. O DESENVOLVEMENTO DA PERSONALIDADE:
O concepto de personalidade foi definido de moi distintas formas, variando
notablemente dunhas correntes a outras. A pesar desta variedade pódese dicir
que hai unha serie de trazos comúns na maioría dos autores.
Podemos dicir por tanto, que a personalidade é o conxunto de trazos que
caracterizan a un suxeito; é algo distintivo e propio de cada individuo.
Unha das definicións máis aceptadas é a de Allport, que identifica a
personalidade como “A organización dinámica interna ao individuo, do sistema
psicofísico que determina o seu axuste único a cada situación.”
A personalidade de cada individuo é complexa, e o seu desenvolvemento
supón un longo proceso que comenza xa no seo materno debido a unha serie
de interrelacións afectivas fillo-nai e o mundo que lle rodea.
No momento do nacemento comeza a lenta apertura cara ao mundo, e
segundo como sexa esta irase formando a súa personalidade.
Por outra banda, hai que ter en conta que na configuración e desenvolvementoda personalidade inflúen 2 aspectos básicos: herdanza e ambiente.
8
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
9/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
Pero, a pesar de que o peso dos factores hereditarios é importantísimo, o home
non depende só deles, senón que depende tamén das condicións nas que vive
e se desenvolve. Dentro destas, a personalidade vese afectada de forma
decisiva por unha serie de factores ou elementos que se poden concretizar en
catro:
- Os adultos.
- O grupo de iguais.
- A actividade.
- A dificultade.
a) Os adultos.
O adulto é para o neno un modelo corrente de imitación, e a través desa
imitación plasma na súa conduta actitudes propias do mundo adulto.
Comprobouse que segundo sexa o nivel de adaptación do neno ao adulto así o
manifestará na súa personalidade:
Cando o neno se sente querido e aceptado vai manifestar unha actitude
de apertura cara aos demáis, e isto reflíctese en que:
- Está contento.
- Séntese ben.
- Comunícase cos outros...
Se, pola contra, se sente rexeitado irá forxando unha personalidade que se
presentará como pechada e introvertida, e isto reflíctese en que:
- Está calado.
- Parece triste.
- Non participa...
O neno de 0 a 6 anos coñece a vida dos adultos por moitos condutos:
observando o seu traballo, escoitando os seus relatos, xogando...; e tomará
como modelos aqueles que gozan do respeto dos demais: a súa nai e o seu
pai, os seus avós, os seus veciños... Mesmo pode dicirse que nun grao máis
alto o mestre.
9
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
10/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
Nestas idades é o momento propicio para que os nenos vaian adquirindo
hábitos e moitos deles gardan estreita relación coa conduta imitativa dos pais
e irmáns maiores:
- Lávase os dentes coma o seu pai ou a súa nai.
- Séntase coma o seu irmán.
- Saúda como o seu curmán.
- Toma froita como...
E a medida que vai avanzando en idade, vaise concienciando de que debe
cumprir unhas normas, e conxuntamente con esas normas vai a asimilación de
modelos de condutas.
b) O grupo de iguais.
O neno/a de 0 a 6 anos necesita comunicarse cos seus coetáneos, e esta
necesidade ven marcada precisamente pola necesidade de xogar e de realizar
actividades grupais.
A influencia do grupo de coetáneos no desenvolvemento da personalidade
débese a que é precisamente nese ambiente onde ten que aplicar as normas
de comportamento cos demais e adaptar esas normas ás distintas situacións.
O neno, a través do grupo, aprende a relacionarse cos demáis e, á vez,
desenvólvese a sí mesmo.
Cando un neno é aceptado polo grupo faise máis comunicativo e espontáneo
pero, pola contra, o que non o é, afianzará polo xeral os seus receos e a súa
introversión.Para favorecer esta interrelación é necesario que se manteña na aula un clima
de seguridade, confianza e afectividade.
c) A actividade.
O adulto inflúe de maneira primordial no neno cando está a desenvolver unha
actividade. E esa actividade ten tal importancia para el que ao sentirse artífice
10
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
11/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
de algo colle confianza en sí mesmo e espértanse nel sentimentos de
autonomía e autoestima.
As actividades máis axeitadas para un bo desenvolvemento da personalidade
son todas aquelas que permiten a libre expresión, pero ademais deben reunir
uns requisitos:
- Ser adecuadas á súa idade.
- Estar de acordo cos seus intereses.
- Combinar o traballo grupal co individual.
- Propiciar o xogo.
d) A dificultade
No desenvolvemento da personalidade infantil hai que ter en conta sempre a
dificultade. Cando observamos que un neno supera unha dificultade, séntese
satisfeito, valórase así mesmo, quere realizalo de novo e así vai madurando no
seu desenvolvemento e afianzándose na súa autoestima persoal.
O adulto debe presentar a dificultade no momento e grao oportunos, á vez que
debe prestar axuda cando o neno a precise.
O neno nunca debe sentirse só ante unha situación difícil, pero tampouco debe
sentirse desprazado polo adulto; é dicir, o adulto observará, axudará e apoiará
ao neno, pero sempre lle deixará facer, para que aos poucos vaia collendo
confianza en sí mesmo e autoafirmándose.
5.1. O DESENVOLVEMENTO AFECTIVO NOS NENOS/AS DE 0 A 6 ANOS
Ao referirnos á vida afectiva estamos a facer alusión aos estados de ánimo.
Son estes estados de ánimo que nos afectan agradable ou
desagradablemente.
Os estados afectivos poden dividirse en dous compoñentes:
• As emocións poden definirse como estados afectivos intensos, con claras
repercusións orgánicas e que duran pouco tempo.
11
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
12/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
• Os sentimentos defínense como estados afectivos moderados que van
asociados a recordos, ideas ou contidos culturais. Non teñen tanta
repercusión orgánica e prolónganse no tempo.
Na vida afectiva do neno de 0 a 6 anos, sobre todo nos 2 primeiros,
predominan os estados emocionais.
O neno de 1 a 2 anos ri, chora, grita... en períodos de tempo moi curtos (pasa
con facilidade da risa ao pranto e viceversa).
Características principais:
A afectividade no neno é cualitativamente distinta da do adulto. As
características ou trazos máis xerais poden resumirse en:
Ao neno gústanlle acontecementos que dende o punto de vista do adulto
carecen de importancia, e producen nel cambios de estado de ánimo
súbitos.
Os estados afectivos (emocionais máis que sentimentais) son máis intensos
que os do adulto, pero, como contrapartida, teñen unha duración máis
breve.
A vida afectiva predomina sobre os procesos de razoamento, posto que as
emocións, mentres duran, ocupan todo a escena psíquica e non deixan sitio
para outros elementos. Moitas veces as emocións pasan totalmente a
situación que as provocou.
Ante situacións semellantes as respostas dos nenos son diferentes, xa que
dependen de múltiples factores:
- Ambiente de seguridade e confianza
- Temperamento- Carácter
- Estímulos ambientais...
As reaccións emocionais dos nenos resultan desproporcionadas e
inxustificadas para os adultos en moitas ocasións.
O neno é incapaz de ocultar as súas emocións, e todos os trastornos se
manifestan de inmediato na súa conduta de diferentes formas:
- Con inquietude.- Con temores.
12
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
13/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
- Con medo.
- Con angustia.
Estas características son máis acentuadas canto máis pequeno é o neno.
Ademais de todas estas características, é preciso considerar na vida afectiva
do neno a denominada conduta de apego.
O apego é o lazo afectivo que se estableces entre o neno e a persoa máis
próxima a el (xeralmente a nai).
J. Bowlby, psiquiatra británico, establece 4 etapas:
Preapego (0 - 6 semanas). O bebé comenza aplicando os seus reflexos
innatos: chora, agarra e orienta a vista cara á persoa que o coida... O
recentemente nado xa reacciona de modo que indica diferenzas entre a voz
da nai e a doutras persoas, debido ás claves emocionais que aparecen na
voz materna, pero aínda non amosa conduta de apego.
Formación do apego (6 semanas- 8 meses). Nesta fase o neno amosa
coa súa conduta que distingue á nai. Sorrí, balbucea e adoita manifestarse
máis tranquilo cando a nai o sostén en brazos.
Apego propiamente dito (6/ 8 meses - 18 meses). Durante este período, as
reaccións de ansiedade e enfado ante a separación da nai constitúen unha
mostra clara do apego que o neno mantén con ela, coa persoa que o coida.
De feito, todas as accións que o neno realiza durante esta etapa (andar agatas, manipular obxectos, axitarse...) están orientados a conseguir unha
maior presenza da nai.
Formación das relacións recíprocas (18 meses - 2 anos, en diante). A
partir dos 18 meses, a capacidade de representar mentalmente á nai cando
esta está ausente e o comezo da fala provocan un cambio na conduta do
neno.
13
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
14/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
Decrece a ansiedade de separación porque empeza a entender que esa
separación non é definitiva e porque a nai pode explicarlle xa como e cando
se vai producir o seu regreso.
Ao redor dos 3 anos, comenza a buscar estratexias para controlar a súa
relación coa nai, tratando de alterar os seus obxectivos. En concreto, forza
á nai a negociar as súas decisións e tenta que esta se adapte ás súas
pretensións.
A culminación óptima destas fases é un lazo afectivo sólido e duradeiro.
Por último sinalar que así como pode ser pernicioso para o neno a falta de
apego, tamén pode resultar pernicioso un apego excesivo e sobreprotector,
porque pode producir problemas nas súas relacións afectivas e, en
definitiva, no desenvolvemento da personalidade.
Pero dentro da vida afectiva cobran tamén extraordinaria importancia a súa
existencia e tratamento adecuado os conflitos.
Principais conflitos emocionais
Os conflitos emocionais maniféstanse a través de trastornos da conduta. A
súa orixe é sempre afectiva. As causas da aparición destes conflitos poden ser
diversas pero, en xeral, adoitan concretizarse en:
- Carencia máis ou menos duradeira nalgún período da vida do neno.
- Acusada predilección dos pais por un determinado fillo, en detrimento
dos outros.
- Cariño excesivo que se prodiga de forma inaxeitada.- Esixencia excesiva por parte de pais e/ou mestres.
- A propia personalidade dos pais/nais.
Imos ver agora cales son eses conflitos que adoitan manifestarse, sobre todo
no medio familiar aínda que moitos deles fano tamén no medio escolar.
Referímonos ás rabietas, celos, medos, ansiedade, problemas relacionados
coa comida, enuresis, encopresis, tics nerviosos, tartamudez,...
14
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
15/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
As rabietas
Preséntanse con relativa frecuencia nesta etapa da vida debido a que o neno
non está aínda integrado plenamente no ambiente en que vive. É incapaz de
comprender algúns razoamentos do adulto e, sobre todo, é absolutamente
egocéntrico.
As rabietas foron definidas como “respostas dos nenos a pequenas frustracións
con estalidos de mal humor”.
En moitas ocasións responden a unha manifestación de autonomía e
independencia e a un intento de medir a súa forza. Hai que ter en conta que ao
redor dos 2’5- 3 anos aparece no neno a crise de oposición e, como
resultado, comenza o desenvolvemento da individualidade.
As rabietas son, en certo xeito normais, pero convén evitar que o neno as tome
como o medio para conseguir os seus desexos, e hai que observalas e vixialas
porque, se son persistentes e moi duradeira,s poden ser a manifestación de
desaxustes emocionais importantes.
Os celos
Son un estado afectivo caracterizado polo medo a verse desposuído do que se
ten (amor da persoa, poder, situación...).
Nun sentido máis estrito, enténdese por celos “o sentimento producido polo
temor a que a persoa amada prefira a outro”.
Os celos son a causa de moitos conflitos que se manifestan na infancia. Os
máis habituais son os dirixidos cara a irmáns máis pequenos, e as idades en
que se manifestan polo xeral son entre o 1º ano e os 5 anos.
Nalgunhas ocasións estes celos maniféstanse en problemas de
comportamento no grupo da clase, debido a que o neno quere chamar a
atención do adulto para compensar así o seu sentimento de abandono.
Os celos poden alterar fortemente a personalidade infantil producindo
inadaptación, tartamudez, enuresis, paralización da evolución lingüística...
15
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
16/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
A actitude dos pais é fundamental para axudar ao neno a resolver o conflito.
Debe ir encamiñada a demostrar ao neno que o sentimento cara a el non
cambiou, ao mesmo tempo que se lle dará a comprender que el non é o único,
e que teñen que aprender a compartir a atención do adulto.
Os medos
O medo é o sentimento de inquietude que se experimenta ante a presenza real
ou a idea dun perigo.
É normal que un neno teña medo como prevención de axentes externos
(castigos, perigos...), pero existe outro tipo de medo que consiste en ver o
perigo onde realmente non o hai, e este pode considerarse patolóxico.
Practicamente o neno non comenza a ter medo ata o 2º ano de vida; este
medo vai aumentando na 2ª infancia e na 3ª lógrase xa unha adaptación.
O medo aparece fundamentalmente en nenos que son psicolóxicamente máis
inseguros, e este síntoma adoita vir acompañado doutros, como rabietas,
trastornos do sono, enuresis...
A forma de afastar o problema é dar á neno seguridade en sí mesmo e no que
lle rodea.
Por último sinalar que aínda que o medo dun neno parézanos inxustificado non
debemos forzalo a enfrontarse co obxecto ou situación que o produce, porque
isto pode traer efectos contraproducentes; debe facerse lentamente.
A ansiedade
É un temor difuso que experimenta o suxeito, e que non depende dun estímulo
externo concreto.
Adoita presentarse con frecuencia cando os nenos empezan a ir ao colexio e
por iso chamouse fobia escolar.
Este tipo de ansiedade (fobia) non é un medo propiamente dito, senón que está
relacionado coa separación da figura de apego. Haberá que tratar o problemanon só co neno, senón tamén coa nai.
16
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
17/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
Problemas relacionados coas comidas
Este tipo de problemas poden xurdir por rexeitamento ou por exceso.
Os problemas por rexeitamento adoitan ter un claro problema afectivo, e as
razóns adoitan ser: horarios ríxidos asfixiantes, esaxerada obsesión materna
pola alimentación do neno... Son nais ansiosas que alimentan ao neno nun
clima de permanente tensión. Este tipo de nenos é bastante usual que coman
ben no comedor escolar, fóra da tensión materna.
Para minorar o problema, habería que estudar o cadro afectivo do neno e tratar
a ansiedade da nai.
Cando o problema é por exceso, a causa adoita ser igualmente de tipo
afectivo. Neste caso adoita ser a carencia afectiva, de modo que a única
satisfacción ao seu alcance é comer. Deste xeito, satisfán a súa ansiedade
íntima e conseguen a aprobación dos pais. O tratamento debe comenzar polo
estudo da situación familiar.
A enuresis
Cando un neno despois dos 3-4 anos non retén os ouriños durante a noite ou
non se esperta cando a necesidade é urxente, dicimos que ten enuresis.
A importancia deste problema será distinta nun neno maior desa idade que nun
máis pequeno:
- nun que molla todas as noites (enuresis regular) que noutro que molla1 ó 2 veces por semana;
- algunha vez ao mes (enuresis esporádica);
- ou nun que molla desde sempre(enuresis primaria);
- que noutro que despois de deixar de facelo volve presentar o
problema(enuresis secundaria).
A enuresis pode ter consecuencias importantes na vida dun neno, e vale apena tratar de resolvela.
17
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
18/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
As consecuencias do problema afectan ao propio neno, que se sinte inseguro e
pode chegar a desenvolver unha idea negativa de sí mesmo. Este feito pode ir
unido moitas veces a outras condutas como: falta de motivación escolar, falta
de autonomía, dificultade nas relacións sociais...
Unha vez descartado que o problema sexa fisiolóxico, é preciso realizar un
tratamento en colaboración: pais-neno-especialista.
Encopresis
Ou defecación involuntaria. O motivo e a orixe adoita ser o mesmo que na
enuresis. Non obstante o problema non é tan habitual.
Os tics nerviosos
Un tic nervioso é un movemento involuntario dun grupo limitado de músculos,
repetido con frecuencia e sen unha finalidade concreta. Maniféstase en moi
diversas partes do corpo.
Os nenos con tics presentan unha serie de trazos:
- Intranquilidade.
- Reaccións do neno consentido.
- Facilidade para irritarse.
- Tensión emocional.
- Rabietas ...
En todos os casos evidencian unha forte tensión emocional dun suxeito. Ao
desaparecer, anúlase o tic.
Un tic moi característico é a onicofaxia (comer as unllas), que aparece non só
en nenos senón tamén en adultos.
Nos nenos esta tensión pode vir do medio familiar ou escolar:
- Unha educación cun nivel de esixencia demasiado alto
- Unha educación demasiado perfeccionista- Unha educación ríxida
18
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
19/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
- Unha agresividade contida
- Un medio social demasiado perfeccionista...
En calquera caso é preciso observar ao neno e facer unha posible análise das
causas.
A tartamudez
É un trastorno no ritmo da linguaxe. Síndrome complexa que afecta o ritmo e á
fluidez da fala. Este problema non adoita herdarse, senón que é un síntoma
dun problema persoal do suxeito.
Posibles causas:
- Descoordinación fono respiratoria
- Trastorno tónico- musculares
- Trastorno psicolóxicos (ansiedade, respostas emocionais negativas...)
Intervención:
- Aprendizaxe de novos modelos de conduta verbal: marco pedagóxico.
- Cambio dos factores emocionais a través do diálogo co suxeito:
marco psicoterapéutico.
19
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
20/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
ENVELLECEMENTO SOCIAL E INDIVIDUALIZADO
1.1. CONCEPTO DE ENVELLECEMENTO E TIPOLOXIA DAS PERSOAS
MAIORES.
O envellecemento das persoas definiuse como "toda modificación que aparece
como consecuencia da acción do paso do tempo sobre os seres vivos".
Pero o envellecemento, considerado como perda irreparable dun determinado
rendimento funcional (fisiolóxico, sensorial, motor ou mental), non constitúe un
patrimonio exclusivo da senectude, ainda que naturalmente, ao atinxir a unha
idade máis avanzada se vaian acumulando un maior número de perdas ou
dificuldades asociadas ao paso do tempo.
1.2. CARACTERÍSTICAS DO ENVELLECEMENTO.
O envellecemento é individual. Un feito fundamental para entender o
proceso de envellecemento é que existen importantes diferenzas
individuais. Todas as persoas envellecen de forma distinta, dependendo
de diversos factores.
Os órganos non envellecen á mesma velocidade dentro dun mesmo
individuo, senón que vai depender da interacción co medio ambiente e
de factores como o traballo, emocionais, nutricionais, etc.
O envellecemento é un proceso dinámico.
A vellez non debería verse como un período desconectado das fases previas
da vida. A situación e as condicións de vida da vellez non se poden describir
nen explicar sen facer referencia ás etapas anteriores da vida.
Por todo iso, a vellez nunca debe ser considerada como un estado patolóxico,
senon como algo natural.
20
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
21/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
1.3. TIPOLOXIA DAS PERSOAS MAIORES
O grupo de poboación ao que nos referimos como "vellos/as", "terceira idade",
"maiores", etcétera., non é un colectivo homoxéneo. Corremos o risco de
xeneralizar utilizando a idade cronolóxica como criterio obxectivo para
establecer unha "tipoloxía" de persoas maiores, cando o impacto que produce
o paso do tempo en cada persoa é diferente. Atoparemos consecuentemente
dificultades para delimitar exactamente a relación entre as idades cronolóxica e
biolóxica das persoas.
Como se dixo anteriormente o envellecemento é un proceso individual, e
este ven determinado para cada persoa pola súa forma de vida anterior.
Factores xenéticos, ecolóxicos, sanitarios, psicolóxicos, sociais, económicos,
culturais, educativos, etcétera., configuran un entramado biopsicosocial que
incide na lonxevidade e na calidade de vida das persoas maiores e permiten
comprender como é o proceso de envellecemento de cada individuo.
O falar das persoas maiores debe considerarase pois que os seus
antecedentes e condicións de vida son diferentes, o que determina á súa vez
calidades de vida distintas.
De forma orientativa poden empregarse algúns criterios que permitirán
comprender a situación en que se atopan as persoas maiores:
- O grado de dependencia ou de autonomía que cada persoa manteña co
paso do tempo na satisfación das súas necesidades básicas, o mantementodas súas relacións e funcións sociais, etcétera
- A autoestima e a percepción do propio proceso de envellecemento de
cada persoa. A vivencia e a actitude coa que cada individuo afronte o paso do
tempo e os trocos que se producen nas distintas ordes da súa vida, así como a
percepción de si mesmo e a valoración en relación ás súas posibilidades e
capacidades, xogan tamén un papel determinante no seu proceso de
envellecemento.
21
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
22/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
2. A IDADE DAS PERSOAS
Socialmente temos establecido que a partir dos 65 anos xa falamos de vellez,
pero debemos ter en conta outros factores e os diferentes conceptos que
podemos ter da idade.
Idade cronolóxica: Ven determinada pola data de nacemento.
Idade biolóxica: Idade efectiva que representa o individuo, e que ven dada
polo paso do tempo, que actúa de diferentes formas en cada persoa e que
depende doutros factores como a calidade de vida, a alimentación, a
atención médica,..
Idade mental: Definida polo paso do tempo subxectivo e polas aptitudes
persoais para afrontar o proceso de envellecemento. Está relacionada co
grao de satisfación de vivir e coa autoestima.
2.1. O FENÓMENO DE ENVELLECEMENTO DA POBOACIÓN
Enténdese por envellecemento da poboación o aumento da proporción de
persoas de idade avanzada en relación ao total da mesma.
O proceso de envellecemento maniféstase nun aumento da idade media da
poboación, así como no número total de persoas de mais de 60 anos. Este
envellecemento é moito mais notorio en países cun maior grado de
desenvolvemento.
O aumento progresivo das taxas de envellecemento depende dunha serie defactores, entre os que destacamos, pola súa maior implicación, as seguintes:
- Diminución da natalidade.
- Diminución da morbimortalidade.
- As migracións.
0
22
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
23/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
3. PROBLEMÁTICA E NECESIDADES DAS PERSOAS MAIORES
En relación ás condicións e modo de vida deste grupo de poboación
obsérvanse grandes diferenzas, xa que non se trata dun colectivo uniforme.
Os principais condicionantes da súa problemática refírense ao o seu nivel
económico, á xerarquía de prioridades que establecen os políticos orientadas
ao seu benestar, á ineficacia e descoordinación dos recursos arbitrarios para
cubrir as súas necesidades, e á falta dun espazo propio no contexto social,
condicionado polo escaseo de cauces de participación, a falta de referentes (os
modelos antigos invalidáronse) e a polémica interxeneracional, especialmente
referida ao tema da ocupación laboral.
De forma esquemática podemos agrupar as necesidades das persoas maiores
en cinco áreas:
Necesidades relacionadas co entorno vivencial: Permanencia no
entorno habitual. Condicións de habitabilidade e acceso á vivenda para as
persoas con dificultades de mobilidade. Apoio técnico no fogar e axuda
externa para facilitar as tarefas da vida diaria. Outros sistemas de
aloxamento adecuados para as persoas con perda de autonomía. Compaña
de familiares e amigos.
Necesidades de autosuficiencia económica: Mantemento dun nivel de
vida paralelo á etapa laboral activa, ou incremento deste nos casos en que
este non fose obxectivamente digno.
Necesidades na área da saúde: Mellora do seu estado de saúde e/oumantemento do benestar físico e psíquico. Medicina asistencial.
Mantemento de hábitos saudables. Apoio psicolóxico. Actividade física.
Vacinacións. Rehabilitación de déficit funcionais, físicos e cognoscitivos.
Prevención do deterioro.
Necesidades na área de información, orientación e asesoramento: Xa
que, como vimos, nun alto grado, os recursos propios non lles permiten
facer fronte ao cambio social.
23
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
24/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
Necesidades relacionadas coa integración e participación social:
Mellora da súa imaxe social. Mellora da autoimaxe. Accesibilidade aos
servizos e edificios públicos. Mantemento dunha presenza activa na
sociedade. Potenciación da súa autonomía. Solidariedade social e
achegamento entre xeracións.
Para analizar a calidade de vida que teñen os nosos maiores temos que ter en
conta, entre outros, os seguintes factores:
A independencia funcional: o grao de funcionalidade física, psíquica e
económica. A persoa independente ten maior calidade de vida que aquela
que depende da súa familia e/ou sociedade.
A convivencia coa familia. A perda dun membro da parella ten unha
repercusión negativa na calidade de vida.
As relacións famil iares e sociais. A soidade obxectiva ou subxectiva é un
factor negativo na calidade de vida.
Para coñecer as necesidades e demandas deste sector da poboación compre
ter en conta unha serie de factores que afectan e definen a súa calidade de
vida tomando como indicadores, entre outros:
a) As condicións da vivenda:
Case a totalidade das vivendas habitadas polos nosos maiores en Santiago de
Compostela contan con auga corrente, tendido telefónico e evacuación deaugas residuais; debemos sinalar, non obstante, que se incluíron, tanto para
auga corrente como para evacuación de augas residuais, as canalizacións
públicas e privadas destinadas a estes fins, predominando estas últimas
segundo nos introducimos na zona rural do noso Concello. Os niveis que
amosan estes indicadores están próximos ao 100%, con lixeiros descensos en
case todos os casos a medida que avanzamos no tramo de idade. Estes dados
permítennos afirmar que a maioría das vivendas santiaguesas contan conconsideradas "dotacións básicas".
24
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
25/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
A calefacción é unha instalación que se manifesta en menor medida,
resultando unha porcentaxe do 64,3% no primeiro quinquenio de idade,
descendo ata o 60,7% nos maiores de 90 anos.
b) Tamaño do fogar:
Atendendo ao tamaño do fogar vemos que 2.172 persoas maiores de 65 anos
viven soas, e 4.203 comparten vivenda só con outra persoa. Unha vez máis,
esta situación de convivencia está moito mais acentuada no sexo feminino, xa
que constitúe o 83,51% dos fogares con un só morador. Tamén atopamos que
un importante número de mulleres conviven con outra persoa, o que as fai mais
vulnerables ante unha posible situación de dependencia.
4. O VOLUNTARIADO
O voluntariado é fundamental na rede de solidariedade cos anciáns e/ou
dependentes e as súas familias. As entidades deben promover a súa
participación, pero eximíndoos de responsabilidades que competen aos
profesionais, e obviamente sen suplir a estes.
Este é un círculo vicioso, xa que o sistema de atención ás persoas
dependentes en parte se nutre grazas a eles, e, á súa vez, a escaseza de
orzamento en moitos casos imposibilita que tales profesionais poidan ser
contratados.
4.1. CUALIDADES PARA SER VOLUNTARIO CON TERCEIRA IDADE
1. Ter sensibilidade polos problemas sociais; que valore e sinta que axudar
aos demais é unha dedicación que dignifica á persoa.
2. Asumir a responsabilidade das tarefas aparelladas a súa labor e nonesquecer a importancia de realizalas con puntualidade e corrección.
25
-
8/19/2019 Tema 2 -Voluntariado, Infancia e Persoas Maiores
26/26
Curso de formación básica en voluntariadoTema 2. Voluntariado, infancia e persoas maiores
3. Consideración cara a persoa maior; non tutelala salvo desexo dela, e tomar
sempre en consideración as súas indicacións e desexos.
4. Respecto pola intimidade da persoa, da súa familia e da súa casa: non
criticar nunca actitudes, aínda que non se compartan; non comentar
intimidades de outras persoas ás que se atenda; non esquecer que se está
nunha casa que non é a propia.
5. Manter o equilibrio e serenidade para facer fronte a situacións conflitivas de
maneira correcta.
6. Actuar como elemento de cohesión entre a persoa maior e a súa familia:
non criticar a falta de colaboración, nin xulgar situacións que poden non ser
coñecidas en profundidade. Pola contra, resaltaranse os elementos que
poidan favorecer unha mellor relación familiar.
NINGUNHA SITUACIÓN PROBLEMÁTICA
DEBE FACERNOS PEDER A CALMA,
SI TEN SOLUCIÓN XA A ATOPAREMOS
E SENON PARA QUE DESESPERAR.
(Proverbio chino )
BIBLIOGRAFÍA:
“Crecer y pensar “ Juan de Val
“Manual de Evaluación y Entrenamiento en Habilidades Sociales” Caballo V.E.
“Comunicación, Estrés y accidentabilidad” J. C. Millán Calenti, J. Teijeiro Vidal
“El Semanal”. Estilos de Padres
“Educación Infantil” Zabalza
“Educación Infantil” . Gallego y otros.
José Ramón González López – Mestre