tema 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · programa de retorno educativo 3 3. escala se queremos...

19
TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

Upload: dangdung

Post on 22-Oct-2018

217 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

TEMA 1 ANALISE Y DESCRIPCIÓN

ANATOMICA DE OBXETOS TECNICOS

Page 2: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

2

TEMA 1. ANALISE Y DESCRIPCIÓN ANATOMICA DE

OBXETOS TECNICOS

1. A TECNOLOXÍA E AS NECESIDADES HUMANAS

Vivimos nunha sociedade que posúe un alto grao de desenvolvemento

técnico. Isto significa que dependemos en boa medida do uso e fabricación dun

grande número de productos que fan posible que disfrutemos dun elevado grao de

benestar.

Para darse conta disto non hai máis que pensar como sería a nosa vida se

non houbera, por exemplo, automóbiles, electrodomésticos, aparatos médicos ou

medios de comunicación. Trataríase dunha vida primitiva, exposta a tódolos perigos

e rigores da natureza: temperaturas extremas, inundacións, malas colleitas,

enfermidades, etc.

A necesidade de resolver estes problemas obrigou ó ser humano a utilizar a

intelixencia e a creatividade para tratar de mellorar as súas condicións de vida.

Descubrimentos ou invencións como a utilización do lume, a domesticación de

animais salvaxes, a cerámica, a invención da roda ou a utilización do ferro,

representaron grandes avances na calidade de vida das seguintes xeracións.

A utilización de novos instrumentos ou aparatos para resolver as necesidades

básicas das persoas, está moi relacionada cos avances da ciencia. A ciencia aporta

os coñecementos xerados polos novos descubrimentos.

2. O MÉTODO DE TRABALLO EN TECNOLOXÍA

A maior parte dos obxectos que utilizamos teñen algún tipo de utilidade, sexa

como equipos e instrumentos de traballo, ou como vestidos e prendas de uso

persoal, obxectos decorativos, etc. Todos eles, antes de ser fabricados, houberon de

ser deseñados para responder, en maior ou menor grao, a unha determinada

necesidade humana.

A resolución de calquera problema técnico, por moi sinxelo que poida parecer,

precisa dun método de traballo ordenado. Cómpre identificar as necesidades, idear

posibles solucións, planificar o traballo, construir o obxecto e avaliar o resultado

obtido trala súa utilización. Estas tarefas pódense agrupar en tres fases: pensar,

facer e comprobar.

Ímo-lo ver cun exemplo práctico. Supoñamos que queremos deseñar un

clasificador que nos sirva para almacenar e ordenar as cartas comerciais, facturas e

recibos que nos chegan a diario á nosa casa.

Page 3: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

3

3. ESCALA

Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos

a utilizar, é necesario que o debuxemos máis pequeño do que é en realidade. Para

que o debuxo manteña as proporcións reais do obxecto debemos realiza-lo debuxo

a escala.

A escala é a relación entre as dimensións dun debuxo e as dimensións do

obxecto na realidade. Escala = medida dibujo:medida realidad

Segundo que o debuxo sexa máis grande ou máis pequeño có obxecto, a

escala pode ser de ampliación ou de reducción. Por exemplo:

A escala 1:5 significa que 1 cm no plano equivale a 5 cm na realidade.

O obxecto é máis grande có debuxo. Trátase dunha escala de reducción.

A escala 5:1 significa que 5 cm no plano equivalen a 1 cm na realidade.

O obxecto é máis pequeño có debuxo. Trátase dunha escala de ampliación.

As escalas de reducción máis utilizadas son: 1:5, 1:10, 1:20, 1:25, 1:50,

1:100, 1:200, 1:500, 1:1000, etc. As de ampliación son: 2:1, 5:1 e 10:1.

Para obter as dimensións reais dun obxecto a partir do seu debuxo basta

multiplicar ou dividir as medidas no debuxo pola escala á que está representado.

Tamén se poden utilizar uns instrumentos chamados escalímetros que

permiten medir directamente sobre o debuxo a unhas determinadas escalas.

O escalímetro é un instrumento de medida que leva impresas varias escalas

gráficas. Unha escala gráfica é un segmento dividido proporcionalmente á escala

natural que permite debuxar ou ler directamente do debuxo as medidas reais do

obxecto. O escalímetro permite efectuar con rapidez e exactitude debuxos a escala,

ou medir directamente sobre eles.

O procedemento para construír a escala será o seguinte:

a) Debuxamos unha recta calquera. A partir dunha orixe 0 trazamos sobre ela

un segmento de 1,5 cm de lonxitude e sinalamos o final do mesmo co número 1.

b) Repetimos a mesma operación sinalando á dereita do segmento anterior

tantos segmentos consecutivos como desexemos, sinalándoos cos números 2, 3, 4,

5...

c) Para debuxar a contraescala trazamos un único segmento igual ós

anteriores á esquerda da orixe e dividímolo en 10 partes.

Page 4: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

4

4. O BOSQUEXO ACOUTADO

Para que un bosquexo ou debuxo estea completo é preciso indicar sobre o

mesmo tódalas dimensións do obxecto representado, de forma que a persoa que o

interprete coñeza as súas medidas para poder fabricalo.

Diremos que se trata dun bosquexo acoutado.

As normas de acoutación son moi precisas, polo que ó acoutar un bosquexo

ou debuxo é mester ter sempre presente as seguintes indicacións:

As liñas empregadas para indicar as medidas deben ser máis finas cás

liñas do debuxo, polo que se deben trazar cun lapis fino e duro.

As liñas de cota débense trazar paralelas ás dimensións que se

acoutan, sen cortarse entre elas.

Tódalas cotas se expresan nas mesmas unidades: mm, cm…Débense

indicar tódalas cotas necesarias para deducir tódalas dimensións do obxecto, pero

sen que se repitan.

Se as frechas ou as cotas non caben dentro da dimensión a acoutar,

debúxanse fóra.

Identificar tódalas formas simples que poidan existir no obxecto como

polígonos, arcos, círculos,etc., e acotar cada unha delas. Os diámetros pódense

indicar por medio do símbolo Ø.

Os eixes de simetría debuxaranse con liñas discontinuas moi finas a

base de trazos e puntos.

5. O DEBUXO A MAN ALZADA

En ocasións, sobre todo cando se trata de traballos creativos, necesitamos

realizar un debuxo sinxelo para darlle forma a unha idea que se nos vén á cabeza ou

para comparar distintas alternativas dun mesmo proxecto.

Un esbozo é unha representación gráfica executada de forma rápida sobre o

papel para expresar as ideas que se nos van ocorrendo. Adoita ir acompañado de

comentarios e anotacións acerca das súas características.

Page 5: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

5

Esbozos

A súa vantaxe principal consiste na facilidade e rapidez coa que se pode

realizar, permitindo comparar diferentes opcións sen perder moito tempo en efectuar

a representación.

Non se debe confundir un debuxo a man alzada cun debuxo mal feito. As

liñas deben ter o mesmo grosor en toda a súa extensión, ser o máis rectas posible,

conservar o paralelismo e a simetría cando existan, etc.

No debuxo a man alzada utilizaremos xeralmente un lapis de dureza 2H para

o trazado de liñas finas e un de dureza HB para o trazado das liñas de maior grosor.

Aínda que o debuxo a man alzada non é difícil, convén exercitarse no mesmo

ata adquirir certa destreza. A este respecto pode ser de utilidade proceder seguindo

estas fases:

1. Trazado de liñas auxiliares nas que encadrar, a grandes rasgos, a figura a

debuxar. Estas liñas poden ser cadros, eixes de simetría, liñas paralelas, etc.

2. Trazado do liñas que definen as formas principais da figura. Nesta fase e

na anterior utilizaremos un lapis de dureza 2H.

3. Trazado de contornos e sombras facendo uso dun lapis de dureza HB.

4. Pódese completar o esbozo resaltando algún aspecto importante con

rotuladores ou utilizando lapis de cores.

Page 6: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

6

6. PERSPECTIVA DE OBXETOS

Se queremos describir o aspecto dun obxecto o máis sinxelo e claro será

debuxalo; un debuxo é moito máis esclarecedor que unha descrición verbal.

Así e todo, podemos atopar dificultades para expresarmos aquilo que temos na

mente ou ben para debuxar nun papel un obxecto real.

Pode tamén ocorrer que aquilo que nós debuxamos non quede claro para outra

persoa que o teña que interpretar.

Para resolver estas dificultades xorden os “sistemas de representación”, que son

unha serie de técnicas e normas que se deben aplicar para debuxar un obxecto.

Entón, podemos dicir que un sistema de representación é unha linguaxe universal.

Non importa o idioma que fale a xente; tampouco importa que a persoa que faga o debuxo e

a persoa que o teña que interpretar non teñan ningún outro contacto á parte deses debuxos,

porque eses debuxos definen perfectamente, por si sós, o obxecto.

Imos ver agora a diferenza entre un debuxo artístico e un debuxo técnico, que é o

que usamos para definir graficamente un obxecto.

Debuxo artístico: ten unha función estética, decorativa; a súa intención é

transmitirnos sensacións, polo que non ten por que representar un obxecto nin unha

situación real. Non cómpre seguir norma ningunha para facer un debuxo artístico nin

hai limitacións canto ao xeito de facelo.

Debuxo técnico: ten unha función máis descritiva, xa que pretende

representar o máis fielmente posible a realidade dun obxecto ou de parte del.

Cómpre seguir unha serie de normas para que sexa entendido por calquera.

Normalización

Ademais do tipo de sistema de representación utilizado, os debuxos

incorporan grande cantidade de signos e símbolos que constitúen unha especie de

alfabeto que todo o mundo entende.

Xa que logo, diremos que a normalización é o conxunto de normas que regulan todos

os elementos que interveñen nun debuxo; entre elas os seguintes:

Tamaño do papel.

Sistema de representación.

Tipo e grosor das liñas.

Page 7: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

7

Xeitos de acotar (acotar significa indicar no debuxo as dimensións reais

do obxecto)

Tipo e tamaño das letras (rotulación: todo o referente aos número e ás

letras que aparecen nun debuxo).

Existen organismos especializados que se encargan de este labor de

normalización. Despois, estas normas son publicadas para que sexan coñecidas e

utilizadas por todos.

Tipos de debuxos

Os debuxos pódense facer ben a man alzada ou ben utilizando instrumentos

especiais de debuxo, como regras, escuadras, compases, etc.

Bosquexo (coñécese en castelán como “boceto”): é a primeira

aproximación a un debuxo técnico; trátase de representacións rápidas, sinxelas e

moi expresivas, previas a outro tipo de representación máis precisa.

É un debuxo feito a man alzada, que pode incorporar mesmo cores e

anotacións. Non ten por que seguir as normas de representación e é máis parecido

a un debuxo artístico que a un debuxo técnico.

Esbozo (coñécese en castelán como “croquis”): tamén é un debuxo feito

a man alzada pero xa utilizando un sistema de representación (segue unha serie de

normas específicas do debuxo técnico); xa é máis parecido ao debuxo definitivo.

Plano: xa non é un debuxo feito a man alzada, senón utilizando os

instrumentos de debuxo axeitados. É o debuxo definitivo; debúxase nalgún dos

sistemas de representación.

Perspectiva

Cando queremos debuxar un obxecto do xeito máis realista posible, o que

imos facer é a súa perspectiva; será un debuxo onde se representen as tres

dimensións (altura, anchura e grosor) malia facerse nun papel que só ten dúas

dimensións. Nesta unidade imos estudar dous sistemas de representación que usan

a perspectiva: a perspectiva isométrica e a perspectiva cabaleira.

Estes sistemas de representación teñen a vantaxe de que calquera persoa, mesmo

sen coñecemento ningún na materia, poida entender doadamente o debuxo e perciba a

sensación de realidade e de relevo.

Page 8: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

8

Perspectiva isométrica

Imaxinemos o seguinte dado situado no chan, pegado nunha esquina.

O chan e as dúas paredes podemos decir que son tres planos; a intersección

entre estes forma tres eixes (X, Y e Z) que se cortan no punto “o”, que representa a

esquina da habitación.

Na realidade, o ángulo que forman as paredes é de 90º. Porén, se medimos neste

debuxo o ángulo que forman os eixes veremos que é de 120º. En realidade, este debuxo

está feito en perspectiva isométrica.

Xa que logo, diremos que a perspectiva isométrica se fundamenta na combinación

de tres eixes coordenados: Z, X, Y. Cada un destes eixes serve para medir as tres

dimensións: o alto, o ancho e o grosor. Forman entre si ángulos de 120º.

Estes tres eixes, á súa vez, determinan tres planos: o XY, que é o plano horizontal; o

XZ, que é o plano vertical, de fronte; o YZ, que é o vertical de perfil.

Ten dúas peculiaridades:

As rectas e os planos paralelos na realidade seguen sendo paralelos

na perspectiva.

Os ángulos non se corresponden cos reais.

Page 9: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

9

Método de debuxo

Imos debuxar a seguinte figura no sistema isométrico:

As medidas están en milímetros, que é o usual en debuxo técnico.

Pasos para seguir

Primeiro pintamos os tres eixes formando ángulos de 120º.

Page 10: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

10

Marcamos as dimensións da altura (20 mm), da anchura (30 mm) e do grosor

(20 mm) nos eixes correspondentes, a partir do punto “o”.

A partir de “b” levamos a altura de 20 mm; como é unha altura, será paralela

ao eixe Z. Facemos o mesmo desde “c”, pero neste caso de 10 mm.

Page 11: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

11

Unimos os puntos “d” e “a”, e xa temos unha das caras da figura.

A partir de “e”, paralela ao eixe Y, trazamos un segmento de 10 mm.

Facemos a partir de “f” unha paralela ao eixe Z e a partir de “a” outra paralela

ao eixe Y. Os dous segmentos de 10 mm córtanse: acabamos de facer outra cara da

figura.

Facemos a partir de “b” e de “c” tamén dúas paralelas, que se cortarán

formando outra cara da figura.

Facemos a partir de “b” e de “c” tamén dúas paralelas, que se cortarán

formando outra cara da figura.

Page 12: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

12

Xa temos tres caras da figura. Agora imos repetir a cara “ocefga” a partir de

“hpd”.

Agora só nos queda pechar peza: unimos os puntos “i” e “e”; “j” e “f”; “k” e “g”.

Se nos fixamos, todas as liñas que trazamos son paralelas a algún dos tres

eixes; iso ten que ser así sempre que non haxa planos inclinados nin

circunferencias.

Page 13: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

13

Perspectiva cabaleira

Só se diferencia da isométrica en dúas cousas: o ángulo dos eixes e o

coeficiente de redución.

Os eixes Z e X forman un ángulo de 90º. Os ángulos que forma o eixe Y cos

outros poden variar dependendo do efecto que queiramos lograr na perspectiva; nós

imos utilizar un ángulo de 135º entre Z e X (xa que logo, tamén entre Y e Z).

Nas seguintes figuras temos debuxado un cubo de 30 mm de lado:

Page 14: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

14

Se nos fixamos, o primeiro cubo aparece deformado (a súa profundidade

parece maior que na realidade), o que non ocorre no segundo cubo. Isto é así

porque na perspectiva cabaleira temos que aplicar un coeficiente de redución nas

medidas no eixe Y; é decir, as medidas reais do eixe Y téñense que multiplicar por

0,5 (ou dividir entre 2) para que o obxecto non apareza deformado. A isto

chámaselle aplicar un coeficiente de redución.

Vistas

Se en vez dun punto se trata dunha figura, entón as proxeccións en cada un

destes planos de proxección chámanse vistas. Obtéñense do mesmo xeito que para

obter as proxeccións dun punto, pero indo de punto en punto.

Page 15: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

15

Xiramos o planos como fixemos co punto “A”.

A proxección no plano vertical chámase vista principal ou alzado.

Adoita ser a vista máis importante da peza, a que máis información achega sobre a

forma da peza.

A proxección no plano horizontal chámase planta.

A proxección no plano de perfil chámase perfil; neste caso perfil

esquerdo, porque aínda que se coloca á dereita representa a parte esquerda da

peza. Obtense tomando como referencia o alzado da peza; se cambiamos o alzado,

tamén o resto das vistas, como se pode ver na seguinte figura:

Page 16: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

16

Este xeito de colocar as vistas pertence ao sistema europeo (existe outro

sistema, o americano, que non imos estudar.

Imos ver un exemplo cun coche:

Este sería o coche en perspectiva.

O alzado sería o seguinte (lembre que o alzado é a vista ollando o coche

desde diante):

A planta e esta (obtense ollando dende arriba):

Page 17: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

17

O perfil esquerdo:

Agora imos colocar as tres vistas nos seus sitios correctos:

Page 18: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

18

O coche en

perspectiva

A tres vistas

Isto mesmo que fixemos cun coche é a dinámica de traballo para obtermos as

vistas das pezas.

Ademais destas tres vistas poderíamos obter outras tres máis.

No dado en perspectiva non se poden ver todas as caras, pero pola

colocación das vistas sabemos que a cara cos seis puntos está por debaixo (na

Page 19: TEMA 1 - esoestudiamos.files.wordpress.com · PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO 3 3. ESCALA Se queremos representar un obxecto de tamaño maior có papel que estamos a utilizar, é necesario

PROGRAMA DE RETORNO EDUCATIVO

19

oposta da cara cun punto), a cara con cinco puntos é a que se acha máis preto do

plano de perfil (na oposta á cara con tres puntos) e a cara con catro puntos é a que

está máis preto do plano vertical (oposta á cara con dous puntos).

Liñas ocultas

Fíxese nas seguintes figuras:

Representan a mesma peza, pero xirada. Imos facer os alzados en ambos os

casos na dirección que marca a frecha.

O segmento AB aparece a trazos no segundo alzado; isto é así porque desde

ese punto de vista non se pode ver esa aresta da peza, pero sabemos que existe:

chámase “liña oculta” e tense que debuxar a trazos.