tede coidadiño!¡ticas.pdfo cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “lo shu”...

7
O primeiro e coma sempre espero e desexo que todas e todos sigades tendo o ánimo forte. Agora que xa podemos saír un pouquiño e respirar aire fresco é algo máis doado, pero por favor, non baixedes a garda! Cumpride coa distancia de seguridade e usade as máscaras! E non coma a de Shin Chan!! Tede coidadiño! Esta semana toca algo de Matemáticas, aínda que sei que algún e algunha non é o que máis lle gusta. De todos xeitos, ao mellor atopades algo que vos entretén un ratiño, así que probade!

Upload: others

Post on 02-Oct-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

O primeiro e coma sempre espero e desexo que todas e todos

sigades tendo o ánimo forte.

Agora que xa podemos saír un pouquiño e respirar aire fresco

é algo máis doado, pero por favor, non baixedes a garda!

Cumpride coa distancia de seguridade e usade as máscaras!

E non coma a de Shin Chan!!

Tede coidadiño!

Esta semana toca algo de Matemáticas, aínda que sei que

algún e algunha non é o que máis lle gusta. De todos xeitos, ao

mellor atopades algo que vos entretén un ratiño, así que probade!

Page 2: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

Imos facer matemáticas cos cadrados máxicos, que son

basicamente, distribucións de números enteiros nunha táboa de

tal xeito que a suma dos mesmos en todas as columnas, filas e

diagonais principais é a mesma.

A cantidade que resulta da suma denomínase constante

máxica.

Os números soen ser consecutivos (ou formar unha progresión

aritmética, busca este término para saber máis se queres, aínda que non o precisas para

facer as actividades) e diferentes.

Os cadrados máxicos son moi antigos e hai miles de anos

atribuíanselle propiedades astrolóxicas e máxicas e empregábanse

como amuletos.

(Lenda do río “Lo Shu” e a tartaruga por se queredes saber

máis)

Diagonais principais

Page 3: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

O seguinte gravado, “Melancolía I”, do pintor Alberto Durero

(1514) inclúe un dos cadrados máxicos de 4x4 máis famosos.

Page 4: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

ACTIVIDADES:

- Cal é a constante máxica?

- Este cadrado é moi curioso porque ademais de poder calcular

a constante máxica ao sumar as casas en horizontal, vertical

ou diagonal, está tamén escondida en moitos grupos de catro

números. Es capaz de atopar eses grupos de números?

- Este gravado está cheo de simbolismo e rodeado de

elementos matemáticos referidos á xeometría, tempo,

aritmética… Debes encontrar como mínimo oito elementos.

Un xa o tes, o cadrado máxico!

- Hai máis cadrados máxicos famosos, algúns en monumentos

arquitectónicos, podes buscar algún se che apetece.

Page 5: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

O cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo

Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes

números:

4 9 2

3 5 7

8 1 6

A ACTIVIDADE consiste en buscar as outras 7 solucións

posibles e cando as atopes fixarte en aspectos como cal é o

número central ou relacións entre os números.

MÁIS ACTIVIDADES:

- Busca a relación e resolve:

4 14 12

2

8

20 60

50

40

Page 6: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

- Calcula A, B, C, D y E:

15 A 35

50 B C

25 D E

- Descobre o número K, sabendo que o cadrado é máxico e está

composto por números do 4 ao 12.

K

- Nivel experto:

https://proyectodescartes.org/uudd/materiales_didactico

s/fmd-JS/4x4.htm

Por se queredes rompervos un pouco a cabeza!

Page 7: Tede coidadiño!¡ticas.pdfO cadrado máxico relacionado coa tartaruga da lenda do río “Lo Shu” era de 3x3, cunha constante máxica de 15 e tiña os seguintes números: 4 9 2

- Seguimos en nivel experto!

https://proyectodescartes.org/miscelanea/materiales_did

acticos/reajuegos-JS/cuadrados_mgicos.html

Déixovos a páxina principal para que exploredes, pero se

probades e non vos saen non vos angustiedes, xa vedes que é unha

páxina de Secundaria.

Espero que pasedes un bo rato coas Mates!

Ata a próxima semana!

Intentade manter a calma e gozar todo o que poidades!

¿Sabedes quen é esta futbolista?