tatiana medal - cultura galegaculturagalega.gal/album/docs/15 medal.pdf · saída, encontrar unha...

4
Ignoro se estas palabras ordenadas por Augusto Monterroso para ser dedicadas a Vicente Rojo poden describir a actitude de Tatiana Medal fron- te ao lenzo, pero apostaría a que forma parte dunha ollada primeira, dun pulso xerminal que todo artista desprega cando ten que buscar unha saída, encontrar unha solución a un problema ou, en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser o correcto para continuar paseando. Nesa prolon- gación, a casualidade ou, se se prefire, o azar cobran vital importancia; e esa compoñente de azar atópase moi presente nas teas de Tatiana Medal. Pero non é este un azar inescrutábel, senón que, como aseverou Novalis, tamén está rexido por unha orde. En efecto, se debuxamos o azar como resultado dunha xogada previa, adver- tiremos que todo xogo posúe unha orde, está limitado espacial e temporalmente e procede segundo regras recoñecidas, neste caso, as pictó- ricas. Nos seus anteriores traballos esa disposición obedecía a unha serie de planos de cidades que se vían interrompidos por unha trama de bandas e cores que desvirtuaban o seu pragmático senti- do inicial. Entón crin ver nesta superposición e sedimentación planimétrica unha submisión do espectador ante unha especie de propagación vir- tual. Agora, a partir de planos máis manexábeis que corresponden con espazos interiores, esta realidade en profundidade —chamémoslle pro- xectiva— domina xa de xeito explícito e guía a nosa mirada a través dunha multitude de liñas ou puntos de fuga. E todo é posíbel grazas a un despregue do xeo- métrico, de recuperación da liña recta e dun — non sabemos se momentáneo— abandono do curvo. Pero, sobre todo, dun afán por avanzar e percibir dende a profundidade. Salvadas as obvias distancias, poderiamos pensar que realiza un tránsito parecido ao que tivemos que facer fron- tatiana medal proxeccións interrompidas David Barro te aos pintores renacentistas para coquetear, aínda que xeito leve, coa xeometría proxectiva. Aínda que agora a incerteza procede da inexis- tencia dun punto fixo, por iso o espectador se ve obrigado a especular como nunha sorte de labi- rinto en 3D. Tatiana opera a partir de intersec- cións que dificultan a lectura, ao tempo que a enriquecen de matices, unhas veces deformando, como nas súas tramas máis orgánicas, e outras proxectando incitacións que restan efectividade á busca, como neses novos exer- cicios que non conclúen nin pechan. Este estilo deconstrutivo podíase intuír nas palabras de Italo Calvino que Tatiana reco- llía para ilustrar algunhas das súas obras anos atrás: “Kublai Kan advertira que as cidades de Marco Polo se parecían, como se o paso dunha á outra non implicase unha viaxe, senón un cambio de elementos. Agora, de cada cidade que Marco lle describía, a mente do Gran Kan partía por conta propia e des- montaba a cidade parte por parte, reconstruíaa doutro xeito, substituíndo ingredien- tes, desprazándoos, invertén- doos. Marco, entre tanto, con- tinuaba referindo á súa viaxe, pero o Emperador xa non o escoitaba, interrompíao”. É o de Tatiana, por tanto, un universo labiríntico; agora qui- zais máis atraínte, como todo o abismo. A infinitude espacial que semella dominar nas súas «Non me gusta traballar, pero cando o fago agrá- dame facelo como os pintores. Páranse ante a súa tea, mídena, calculan; logo fan trazos co lapis, asústanse (creo eu) e vanse á rúa ou len (son grandes lectores) e volven, e dende a porta ven aquilo, ao que se achegan, agora cuns pinceis e unha mesiña na que puxeron moitas cores, ou poucas, segundo—: vermello, azul, verde, anil, branco, violeta; pensan, titubean, miran a súa tea, achéganse a ela e poñen unha cor aquí e outra alá; detéñense, fanse a un lado e miran, vacilan, pensan e len ou vanse á rúa até outro momento». AUGUSTO MONTERROSO Sen título. Mixta sobre tea. 100 x 100 cm. 2006. Colección privada Sen título. Acrílico sobre tea. 180 x 200 cm. 2000

Upload: others

Post on 19-Jul-2020

16 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: tatiana medal - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/15 medal.pdf · saída, encontrar unha solución a un problema ou, en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser o

Ignoro se estas palabras ordenadas por AugustoMonterroso para ser dedicadas a Vicente Rojopoden describir a actitude de Tatiana Medal fron-te ao lenzo, pero apostaría a que forma partedunha ollada primeira, dun pulso xerminal quetodo artista desprega cando ten que buscar unhasaída, encontrar unha solución a un problema ou,en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser ocorrecto para continuar paseando. Nesa prolon-gación, a casualidade ou, se se prefire, o azarcobran vital importancia; e esa compoñente deazar atópase moi presente nas teas de TatianaMedal. Pero non é este un azar inescrutábel,senón que, como aseverou Novalis, tamén estárexido por unha orde. En efecto, se debuxamos oazar como resultado dunha xogada previa, adver-tiremos que todo xogo posúe unha orde, estálimitado espacial e temporalmente e procedesegundo regras recoñecidas, neste caso, as pictó-ricas. Nos seus anteriores traballos esa disposiciónobedecía a unha serie de planos de cidades quese vían interrompidos por unha trama de bandase cores que desvirtuaban o seu pragmático senti-do inicial. Entón crin ver nesta superposición esedimentación planimétrica unha submisión doespectador ante unha especie de propagación vir-tual. Agora, a partir de planos máis manexábeisque corresponden con espazos interiores, estarealidade en profundidade —chamémoslle pro-xectiva— domina xa de xeito explícito e guía anosa mirada a través dunha multitude de liñas oupuntos de fuga.

E todo é posíbel grazas a un despregue do xeo-métrico, de recuperación da liña recta e dun —non sabemos se momentáneo— abandono docurvo. Pero, sobre todo, dun afán por avanzar epercibir dende a profundidade. Salvadas as obviasdistancias, poderiamos pensar que realiza untránsito parecido ao que tivemos que facer fron-

ttaattiiaannaa mmeeddaallproxeccións interrompidas

David Barro

te aos pintores renacentistas para coquetear,aínda que xeito leve, coa xeometría proxectiva.Aínda que agora a incerteza procede da inexis-tencia dun punto fixo, por iso o espectador se veobrigado a especular como nunha sorte de labi-rinto en 3D. Tatiana opera a partir de intersec-cións que dificultan a lectura, ao tempo que aenriquecen de matices, unhas veces deformando,como nas súas tramas máis orgánicas, e outrasproxectando incitacións que restan efectividade á

busca, como neses novos exer-cicios que non conclúen ninpechan.

Este estilo deconstrutivopodíase intuír nas palabras deItalo Calvino que Tatiana reco-llía para ilustrar algunhas dassúas obras anos atrás: “KublaiKan advertira que as cidades deMarco Polo se parecían, comose o paso dunha á outra nonimplicase unha viaxe, senón uncambio de elementos. Agora,de cada cidade que Marco lledescribía, a mente do Gran Kanpartía por conta propia e des-montaba a cidade parte porparte, reconstruíaa doutroxeito, substituíndo ingredien-tes, desprazándoos, invertén-doos. Marco, entre tanto, con-tinuaba referindo á súa viaxe,pero o Emperador xa non oescoitaba, interrompíao”.

É o de Tatiana, por tanto, ununiverso labiríntico; agora qui-zais máis atraínte, como todo oabismo. A infinitude espacialque semella dominar nas súas

«Non me gusta traballar, pero cando o fago agrá-dame facelo como os pintores. Páranse ante a súatea, mídena, calculan; logo fan trazos co lapis,asústanse (creo eu) e vanse á rúa ou len (songrandes lectores) e volven, e dende a porta venaquilo, ao que se achegan, agora cuns pinceis eunha mesiña na que puxeron moitas cores, oupoucas, segundo—: vermello, azul, verde, anil,branco, violeta; pensan, titubean, miran a súatea, achéganse a ela e poñen unha cor aquí eoutra alá; detéñense, fanse a un lado e miran,vacilan, pensan e len ou vanse á rúa até outromomento».

AUGUSTO MONTERROSO

Sen título.

Mixta sobre tea.

100 x 100 cm.

2006.

Colección privada

Sen título.

Acrílico sobre tea.

180 x 200 cm.

2000

Page 2: tatiana medal - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/15 medal.pdf · saída, encontrar unha solución a un problema ou, en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser o

últimas obras —que na súa descontinuidade cali-doscópica me leva en moitos casos a entreverrelacións coa últimas achegas do portugués JoséPedro Croft— semella conducir ao baleiro. Unbaleiro onde non existen lugares, nin tempos,onde non distinguimos a pincelada en positivonin en negativo. As súas estruturas xeométricasnon parecen ocupar un lugar definido ou estábel,non ofrecen referencias. Semellan estar en sus-pensión, nunha sorte case aliciante, produto deatravesar o espello. Ese pulso ou equilibrio, delímites e tensións desconcertantes, semella agoramáis leve, despégase e invita a penetrar comonunca antes sucedera coa súa obra. Esa sedución,non cabe dúbida, deriva desa busca en profundi-dade, atópase nesa nova tridimensionalidade queempurra e incita cara ao citado baleiro.

Se efectuamos un paseo retrospectivo pola súaobra, advertimos ese gusto por construír dende oserial, avanzando a partir de mínimas alteracións,quizais delatando esa inicial inclinación polomundo do gravado. Xa neste dominaba un con-xunto de liñas ou raias de aspecto vibrante quesobresaían sobre un fondo neutro de tons escu-ros. Pouco a pouco esta poesía xeométrica foisefragmentando en cuadrículas sobre o lenzo, atéconformar imaxes que ben poderían evocar a dis-tribución racional das cidades militares. Pero estasemellanza coa planimetría urbana non resultaríaabertamente patente até o enmarañado lazo oucontención cromática xurdida a partir da imaxina-da estampación dunha serie de planos urbanísti-cos case sempre enmascarados; aínda nalgúnscasos —lembro especialmente o da cidade deAmsterdam— é posíbel recoñecer, debaixo docolorido disfraz de tramas de aparencia vexetal, asúa orixe.

Certo é que progresa sempre dende unha pos-tura máis limpa. Case se podería cualificar deminimalista, cara a solucións máis complexas quecoquetean co Barroco, ben cargando a tea até unperigoso horror vacui, ben recreando efectos pers-pectivos que, pola súa vez, se ven moitas vecescontrariados por distintos reflexos e transparen-cias. Co acrílico como principal aliado, aínda quetamén dende a rixidez que se adoita asociar aogravado, o que nunca abandonou é o valor líricoque posúen os seus traballos. A luz, o roce pictó-

Sen título.

Acrílico sobre tea.

30 x 30 cm. 2005

Sen título.

Mixta sobre tea.

75 x 150 cm

(díptico). 1999.

Colección privada

Sen título.

Fotografía.

75 x 100 cm.

2005.

Colección privada

rico, o azar simulado, o disimulado, a mudanzacromática, os cubrimentos, os encubrimentos, aturbulencia... Se estudamos as teorías de MichelSerres, é precisamente esta última a que acabapor someter a historia da ciencia; é dicir, para ofilósofo francés a ciencia está suxeita a conexiónsaleatorias de todo tipo entre diversas áreas, eavanza a partir do impredicíbel e inesperado.

En certo modo Tatiana arremete desafiando aríxida ordenación convencional para propor adesorde da poesía, ou, o que é o mesmo, o azare a excepción.

Pero cónstame que esta desorde poética pro-cede dunha orde mental, dunha imaxe quecomeza a experimentar variacións e cruces dexeito similar ao das fantasías ou os soños. Aimaxe mental distínguese do esquema mental enque garda os trazos visuais precisos para o reco-ñecemento dunha cousa ou lugar; neste caso, abusca dun apartamento podería derivar nunhaobsesiva visión de planos interiores que, pouco a

pouco, deformamos e conformamos ao nosogusto. Son imaxes virtuais, forzas dominantesque teñen moito que ver co psíquico, impresiónsde semellanza ou de analoxía que poden chegara ser simples construcións mentais. Quizais poriso se pregunte Deleuze, «non é, en definitiva, adefinición da perfección facer perceptíbeis as for-zas imperceptíbeis para os sentidos, as forzasque poboan o noso mundo, que nos afectandirectamente, que fan que sexamos perceptí-beis?». Aí pode que se atope a fantasía do artis-ta. E é que nesa sorte de potencialidade imper-ceptíbel Tatiana manipula as súas bases estrutu-rais para destapar a súa particular versión, per-turbando toda distinción entre real e virtual, sentraizoar a súa fidelidade a uns presupostos pictó-ricos que se manteñen firmes, con poucas pala-bras e moitos matices, con acentos, con cesuras,intervindo sempre con idénticos instrumentoscromáticos, outra vez dende a pintura. ❚ Tatiana

Medal. Galería VGO. Vigo. 2002

Páxina seguinte:

OF- 4567. Lambda sobre aluminio. 125 x 165 cm. 2005

Page 3: tatiana medal - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/15 medal.pdf · saída, encontrar unha solución a un problema ou, en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser o
Page 4: tatiana medal - Cultura Galegaculturagalega.gal/album/docs/15 medal.pdf · saída, encontrar unha solución a un problema ou, en definitiva, intuír que virtual camiño pode ser o

Tatiana Medal ((A Coruña, 1971)

Licenciada en Belas Artes. Especialidade de Pintura. Universidade de Vigo. Premios e bol-

sas: 1999: Premio Julián Trincado na VI Mostra Unión Fenosa; Bolsa de Creación Artística

Unión Fenosa; Bolsa de Artes Plásticas do Ministerio de Cultura no Colegio de España en

París; Bolsa Artes Plásticas na Academia de España en Roma Bolsa Novos Valores 94; Accé-

sit no IV Salón de Arte Xove de Ourense; Adquisición na IV Mostra de Unión Fenosa; Pre-

mio-Adquisición no IV Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo; Bolsa de Artes Plásticas

da Deputación da Coruña para ampliación de estudos en Ar. Co.; Bolsa Caixa Galicia; Pre-

mio-Adquisición na III Bienal Laxeiro. Exposicións individuais: 2007: Galería SCQ, Com-

postela. 2005: MACUF, A Coruña. 2004: Pinturas, Módulo-Centro difusor da arte, Lisboa;

Capturas, Galería SCQ, Compostela. 2003: Espacios intermedios, Miradas Virxes, Centro

Torrente Ballester, Ferrol. 2002: Galería VGO, Vigo; Wet Paint, ISCP, Nova York. 2001: Pintu-

ra, Módulo-Centro Difusor da Arte, Porto. 2000: Galería SCQ, Compostela; Desvíos, Módu-

lo-Centro Difusor da Arte, Lisboa. 1999: Pinturas, Espacio para a Arte, Caja Madrid, Ponte-

vedra. 1998: Pinturas, Módulo-Centro difusor de Arte, Porto. 1997: Cuadrados. Pazo Munici-

pal. A Coruña. 1996: 4! Cuatro Factorial, Galería Minotauro, Santiago de Compostela. Expo-

sicións colectivas (selección): 2007: Bienal SIART, A Paz, Bolivia; Il Lazio tra il Medite-

rráneo, Museo Vitoriano, Roma; ARCO 07; 2006: Bolseira da Academia de España en Roma;

Urban-Suburban Festival Internacional de Fotografía, Roma. 2005: Sky Shout, A Pintura des-

pois da Pintura, Auditorio de Galicia, Compostela; ARCO 05; Bolseiros de Artes Plásticas,

Colegio España en París IV, Instituto Cervantes, París; Bolsas de Creación Artística Unión

Fenosa MACUF, A Coruña. 2004: ARCO 04; Bolseiros de Artes Plásticas, Colegio de España

en París IV, Madrid. 2003: Generación 2003, La casa encendida, Madrid; XXX Premio Ban-

caixa Pintura e Escultura, IVAM, Valencia; Isocronías, Alternativas na III Trienal de Arte Grá-

fico, Calcografia Nacional, Madrid; FORO SUR. 2002: ARCO 02; O que? Pintura?, Módulo-

Centro Difusor da Arte, Porto; XVIII Premio Arte Contemporáneo L’Oréal, Madrid. 2001:

Generación 2001, Casa de América, Madrid; ARCO 01; V Bienal Laxeiro, Museo Municipal,

Lalín; VII Mostra Unión Fenosa, Estación Marítima, A Coruña; I Premio Auditorio de Galicia,

Auditorio de Galicia, Compostela. 2000: IV Premio José Malvar de Pintura, Museo do Pobo

Galego, Compostela; 45 Salón de Montrouge, 55 Creadores Europeos, París. 1999: PMLJ,

Sociedade de Advogados, Lisboa; IV Bienal Laxeiro, Museo Municipal de Lalín; Novos Cami-

ñantes, Pazo de Cultura, Pontevedra; VII Bienal Ciudad de Pamplona, Ciudadela de Pamplo-

na; Foro Atlántico de Arte Contemporánea. 1998: IV Premio de Pintura de Extremadura,

Mérida; XV Certame de Pintura Concello de Cambre, Biblioteca Municipal, Cambre. 1997:

Galería Abel Lepina, Vigo; Bienal Internacional de Vila Nova de Cerveira; Galicia Terra Única.

Galicia Hoxe, Fundación Barrié, A Coruña; Colección Caixa Galicia, Casa das Artes, Vigo.

1996: IV Certame Isaac Díaz Pardo (exposición itinerante); Bienal d’Art de Tarragona, XXX

Premio Tapiró, Museu d’Art Mode de Tarragona. 1995: IV Certame do Salón de Arte Xove,

Museo Municipal de Ourense; IV Mostra Unión Fenosa, Estación Marítima, A Coruña; I Pre-

mio de Pintura José Malvar, Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela. 1994: Novos

Valores, Teatro Principal de Pontevedra; 30 anos no 2000. Artistas Galegos para un Cambio

de Milenio, Auditorio de Galicia. 1993: Insinuacións, Facultade de Belas Artes, Pontevedra.

1991: Poética do Cotián, Teatro Principal, Pontevedra.

Espacios intermedios. Instalación.

Medidas variábeis. 2003.