sociedade de montaÑa a r t a b r o s teléfono servicio...

2
14 de mayo de 2017 Rio umia e gallo SOCIEDADE DE MONTAÑA A R T A B R O S Descripcion do percorrido Nesta saída imos a Cuntis, concello da provincia de Ponte- vedra, pertencente á comarca de Caldas. Ten fama polos seus balnearios e augas termais, conta ademais cun rico patrimonio arqueolóxico e histórico. O val no que se asen- ta está formado a partir dos ríos Gallo e Umia e protexido por dúas elevacións montañosas, o Xesteiras e o Castro Sebil. No casco antigo destacan a igrexa barroca, a reitoral e os edificios arredor da Praza das Árbores, co antigo Hospitali- llo, agora Casa de Cultura, e por suposto, varias burgas en plena rúa e un lavadoiro comunal con pilons de auga quen- te e fría. O autobús deixaranos perto das escaleiras que dan acceso ao parque Maráns dominado polo monumento ao Sagrado Corazón obra do galego Asorey (unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX). Dende aquí e tras cruzar o río da Patela e aldeíña do mesmo nome, chegamos a Castro Landín, po- blado fortificado de finais da Idade de Ferro, (seculos IV aC a finais do I dC.) para visitalo e deleitarnos coas vistas sobre Cuntis e os montes do Xiabre , Xesteiras e Castro Sebil. Baixamos para cruzar por outro tramo do río da Patela, e achegarrnos a pequena fervenza das Painceiras, camiño de Pazos .Deixamos atrás a aldea e adentramonos na fraga para ascender polo regato do Pazo cara o monte de Laxos, onde teremos as mellores vistas do noso perco- rrido. Baixamos un anaquiño por pista e tras pasar perto da cu- riosa pedra do furado, voltamos a fraga para dirixirnos a Rebordelos e dende ahí, descender cara o Umia. O Che- gar vemos de frente a piscifactoría, seguimos pola beira do río ata os muiños de Louriñao, fermoso lugar onde o Umia baixa encabritado formando rápidos. Apartámonos do río ata chegar a zona do aserradeiro de Novo, onde retoma- mos o Umia ata seu encontró co Gallo. Estamos no último tramo doa nosa andaina, e remontando pola beira do Gallo pasamos os muíños de Taboada e Louriña, A Ponte de Nieto e os pasos de Meira para Che- gar ao noso destino Cuntis, perto do parque da Feira co seu monumento aos canteiros. Distancia aprox.: 16 Km Dificultade: media Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre) PROXIMAS ACTIVIDADES 2017 18 junio: San Estevo de Ribas-Prorato da Cova (LU) 30 junio-2 julio: PP.EE. Macizo de Andara. (CA) 16 julio: Sendeirismo e Canoas polo Eume (LC) 17 septiembre: Reserva Natural Fluvial do Rego do Xantar 1 outubre: Castro Baroña Costa Norte do Barbanza. (LC) 22 outubre: Espasande-Pereirama. Castroverde (LU) 19 noviembre: Po los Vales de Louzara e Rio Pequeño (LU) 17 diciembre: Ruta das Feiras. Friol (LU). e mais Xantar Teléfono: 981 213115 Correo: [email protected]

Upload: others

Post on 28-Jan-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 14 de mayo de 2017

    Rio umia e gallo

    SOCIEDADE DE MONTAÑA

    A R T A B R O S Descripcion do percorrido

    Nesta saída imos a Cuntis, concello da provincia de Ponte-vedra, pertencente á comarca de Caldas. Ten fama polos seus balnearios e augas termais, conta ademais cun rico patrimonio arqueolóxico e histórico. O val no que se asen-ta está formado a partir dos ríos Gallo e Umia e protexido por dúas elevacións montañosas, o Xesteiras e o Castro Sebil. No casco antigo destacan a igrexa barroca, a reitoral e os edificios arredor da Praza das Árbores, co antigo Hospitali-llo, agora Casa de Cultura, e por suposto, varias burgas en plena rúa e un lavadoiro comunal con pilons de auga quen-te e fría. O autobús deixaranos perto das escaleiras que dan acceso ao parque Maráns dominado polo monumento ao Sagrado Corazón obra do galego Asorey (unha das figuras máis relevantes da renovación da arte escultórica española do século XX). Dende aquí e tras cruzar o río da Patela e aldeíña do mesmo nome, chegamos a Castro Landín, po-blado fortificado de finais da Idade de Ferro, (seculos IV aC a finais do I dC.) para visitalo e deleitarnos coas vistas sobre Cuntis e os montes do Xiabre , Xesteiras e Castro Sebil. Baixamos para cruzar por outro tramo do río da Patela, e achegarrnos a pequena fervenza das Painceiras, camiño de Pazos .Deixamos atrás a aldea e adentramonos na fraga para ascender polo regato do Pazo cara o monte de Laxos, onde teremos as mellores vistas do noso perco-rrido. Baixamos un anaquiño por pista e tras pasar perto da cu-riosa pedra do furado, voltamos a fraga para dirixirnos a Rebordelos e dende ahí, descender cara o Umia. O Che-gar vemos de frente a piscifactoría, seguimos pola beira do río ata os muiños de Louriñao, fermoso lugar onde o Umia baixa encabritado formando rápidos. Apartámonos do río ata chegar a zona do aserradeiro de Novo, onde retoma-mos o Umia ata seu encontró co Gallo. Estamos no último tramo doa nosa andaina, e remontando pola beira do Gallo pasamos os muíños de Taboada e Louriña, A Ponte de Nieto e os pasos de Meira para Che-gar ao noso destino Cuntis, perto do parque da Feira co seu monumento aos canteiros.

    Distancia aprox.: 16 Km Dificultade: media

    Teléfono Servicio asistencia 902136524 (Mapfre)

    PROXIMAS ACTIVIDADES 2017

    √ 18 junio: San Estevo de Ribas-Prorato da Cova (LU) √ 30 junio-2 julio: PP.EE. Macizo de Andara. (CA) √ 16 julio: Sendeirismo e Canoas polo Eume (LC) √ 17 septiembre: Reserva Natural Fluvial do Rego do Xantar √ 1 outubre: Castro Baroña Costa Norte do Barbanza. (LC) √ 22 outubre: Espasande-Pereirama. Castroverde (LU) √ 19 noviembre: Po los Vales de Louzara e Rio Pequeño (LU) √ 17 diciembre: Ruta das Feiras. Friol (LU). e mais Xantar

    Teléfono: 981 213115

    Correo: [email protected]